- ud06 a04 verbo perífrases

12
Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais Material para a preparación das probas de acceso a distancia Grao Medio Proba Sociocultural Parte da proba Lingua galega Unidade didáctica 6. O verbo Actividade 6.4. Perífrases verbais Autor Grupo de traballo de elaboración de m para a preparación da proba de acces Nome do arquivo UD06_A04_Verbo_Perífrases.RTF Páxina 1 de 12

Upload: manuelra

Post on 12-Jul-2016

47 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

gallego

TRANSCRIPT

Page 1: - UD06 A04 Verbo Perífrases

Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

Material para a preparación das probas de acceso a distanciaGrao Medio

Proba Sociocultural

Parte da proba Lingua galega

Unidade didáctica 6. O verbo

Actividade 6.4. Perífrases verbais

Autor Grupo de traballo de elaboración de materiais para a preparación da proba de acceso

Nome do arquivo UD06_A04_Verbo_Perífrases.RTF

Páxina 1 de 12

Page 2: - UD06 A04 Verbo Perífrases

Índice

1. Ficha técnica..................................................................................................................3

1.1 Título e descrición............................................................................................................3

1.2 Obxectivos........................................................................................................................3Obxectivos didácticos...............................................................................................3

1.3 Contidos...........................................................................................................................3Conceptuais.............................................................................................................3Procedementais.......................................................................................................3Actitudinais...............................................................................................................3

1.4 Aspectos metodolóxicos...................................................................................................3

1.5 Descrición do que se vai aprender...................................................................................4

2. Descrición da actividade................................................................................................5

2.1 Introdución........................................................................................................................5Definición de perífrase verbal...................................................................................5Tipos de perífrases verbais......................................................................................6

2.2 Tarefas.............................................................................................................................7

2.2.1 Tarefa 1. Identificación de perífrases verbais.....................................................................8

Exercicio...................................................................................................................8Autoavaliación..............................................................................................................8

2.2.2 Tarefa 2. Identificación de perífrases e do seu valor (oracións).........................................9

Exercicio...................................................................................................................9Autoavaliación..............................................................................................................9

2.2.3 Tarefa 3. Identificación de perífrases e do seu valor (texto).............................................10

Exercicio................................................................................................................. 10Autoavaliación............................................................................................................10

2.2.4 Tarefa 4. recapitulación de verbos....................................................................................11

Ejercicio 1...............................................................................................................11Autoavaliación............................................................................................................11

Ejercicio 2...............................................................................................................12Autoavaliación............................................................................................................12

Ejercicio 3...............................................................................................................12Autoavaliación............................................................................................................12

Ejercicio 4...............................................................................................................12Autoavaliación............................................................................................................12

Ejercicio 5...............................................................................................................12Autoavaliación............................................................................................................13

Páxina 2 de 12

Page 3: - UD06 A04 Verbo Perífrases

1. Ficha técnica

1.1 Título e descrición Título: Perífrases verbais.

Descrición: esta actividade ocúpase da forma, a identificación e os valores das perífrasesverbais.

Nome do arquivo da actividade: UD06_A04_Verbo_Perífrases.RTF.

1.2 Obxectivos Reflexionar sobre os mecanismos da lingua e os seus elementos formais para comprender os

textos alleos e mellorar as propias producións.

Obxectivos didácticos

Utilizar con corrección os paradigmas verbais na produción de textos orais e escritos.

Recoñecer e analizar o verbo auxiliar e o verbo auxiliado nas perífrases verbais.

Recoñecer e utilizar con corrección as perífrases verbais.

1.3 Contidos

Conceptuais

Morfoloxía e valores das perífrases verbais.

Procedementais

Identificación e análise do verbo auxiliar e do verbo auxiliado nas perífrases verbais.

Identificación e análise das perífrases verbais.

Conxugación e utilización correcta das perífrases nas producións orais e escritas.

Actitudinais

Aceptación razoada das normas de funcionamento da lingua.

Interese por adquirir un dominio progresivo do uso do verbo.

1.4 Aspectos metodolóxicos Esta actividade componse de tarefas destinadas ao traballo individual do alumno. Pódense

realizar de xeito presencial ou a distancia, a través da internet.

Temporalización: unha hora.

Recursos:

Materiais:

Libro de texto de Lingua galega de 3º de ESO , Proxecto Configura, Anaya, 2004. Autoras: Celia Díaz Núñez e Mercedes Seixo Pastor. ISBN: 84-667-3364-7

Páxina 3 de 12

Page 4: - UD06 A04 Verbo Perífrases

Espazos: o centro educativo de referencia.

Contorno de comunicación necesario para a actividade: internet e prácticas presenciais, nacompaña dun profesor.

1.5 Descrición do que se vai aprenderNesta actividade imos aprender o concepto de perífrase verbal. Se tomamos como exemploa oración “Levo feito moitos exames”, observamos que hai dúas palabras que son formasverbais. A primeira palabra (“levo”) indica que se trata da primeira persoa do singular dopresente de indicativo e a segunda palabra (“feito”) é un participio que sinala unha acciónrealizada polo suxeito. “Levo feito” é unha perífrase, é dicir, unha forma verbal que ten dousverbos, dos cales o primeiro vai conxugado e o segundo é un infinitivo, un xerundio ou unparticipio. Entre ambos pode aparecer unha preposición ou unha conxunción (como porexemplo en “está a chover” e en “hai que viaxar”).

Páxina 4 de 12

Page 5: - UD06 A04 Verbo Perífrases

2. Descrición da actividade

2.1 Introdución

Libro de texto de Lingua galega de 3º de ESO, da editorial Anaya, páxinas 171 a 173.

Nas unidades anteriores sobre os verbos estudáronse as súas formas internas naqueles queson regulares (os que teñen sempre os mesmos lexemas) e nos que son irregulares (os quepresentan dous ou máis lexemas), así como aquelas formas específicas que poden funcionarcomo categorías gramaticais diferentes, é dicir, como outros tipos de palabras; este é o casodo infinitivo (que pode actuar como un substantivo), do xerundio (que pode actuar como unadverbio) e do participio (que pode actuar como un adxectivo). Todos estes datos van ser deutilidade no tema que nos ocupa: as perífrases.

Definición de perífrase verbal

Unha perífrase é unha forma verbal composta por dous verbos que lle achega á oración unsignificado conxunto e que destaca aspectos dunha acción que non poden ser expresados porunha forma verbal normal. Vexamos o seguinte exemplo:

“Levo feito moitas viaxes”

Nesta oración hai dúas formas verbais:

“Levo”: primeira persoa de singular do presente de indicativo do verbo levar. Este verbosignifica “trasladar consigo, cambiar de sitio, acompañar, ter algo consigo” como se pode vernos exemplos seguintes: “leva isto para a sala”, “que levas na man?”

“Feito”: participio do verbo facer. Este verbo significa “producir, fabricar”, como na oración“o debuxo xa está feito”.

Pero a combinación verbal “levo feito” non implica a suma dos significados de cada unhadas formas verbais que compoñen a perífrase (“trasladar unha cousa realizada”), senón queesas dúas formas verbais combinadas teñen un significado propio e diferente, que é o de“acción rematada e repetida”. Daquela, aínda que a perífrase poida substituírse pola formaverbal simple “fixen moitas viaxes” o significado de ambas formas verbais non é idéntico.

Visto o anterior, dedúcese que unha perífrase verbal é unha combinación de dúas formasverbais:

Tarefa 1: Identificación de perífrases verbais.

A primeira está en forma persoal, é dicir, conxugada; actúa como auxiliar e expresa osvalores propios que coñecemos dos verbos: persoa (1ª, 2ª, 3ª), número (singular ou plural),tempo (presente, imperfecto, futuro), modo (indicativo, subxuntivo, imperativo), aspecto (sea acción está rematada ou non) e voz (activa ou pasiva). A segunda está en forma nonpersoal (infinitivo, xerundio ou participio).

É moi importante sinalar que a forma conxugada da perífrase perde o seu significado: naperífrase “vou estudar”, a forma “vou” indica a disposición mental de facer algo, pero nonsignifica “desprazarse ou ir a un sitio”.

A forma auxiliada (infinitivo, xerundio ou participio) achega o significado léxico.

Páxina 5 de 12

Page 6: - UD06 A04 Verbo Perífrases

En moitas ocasións, os dous elementos que forman a perífrase están unidos por unhaconxunción ou unha preposición: teño que facer, hei de vir, houbo de caer.

As perífrases adóitanse agrupar segundo o seu significado en temporais, modais easpectuais.

PERÍFRASES VERBAIS

TIPO VALOR

TemporaisFuturidade

Inminencia

ModaisObriga

Probabilidade

Aspectuais

Imperfectivas

Perfectivas

Reiterativas

Incoativas

Terminativas

Deseguido imos analizar cada tipo de perífrase explicando os valores e os significados quepoden ter.

Tarefa 2: Identificación de perífrases e do seu valor (oracións).

Tarefa 3: Identificación de perífrases e do seu valor (texto).

Tipos de perífrases verbais

Temporais: indican unha acción que se vai producir axiña. Presentan tres variantes, todas coninfinitivo:

Ir + infinitivo: vou mercar un caderno.

Haber (de) + infinitivo: hei volver mañá, hei de vir cedo. Cando o auxiliar está en tempo pasado, expresa unha acción que estivo a piques de suceder pero que non sucedeu: houben de morrer naquel accidente.

Estar a + infinitivo: o partido está a rematar.

Modais: constrúense todas con infinitivo e poden indicar obriga ou probabilidade.

As que indican obriga son as seguintes:

Haber (de) + infinitivo: mañá se non chove has cortar a herba.

Haber que + infinitivo: hai que pór a roupa ao clareo.

Ter que + infinitivo: teño que volver antes das doce.

Deber (de) + infinitivo: debes ser bo para que os Reis che traian un agasallo.

As que indican probabilidade tamén se constrúen con infinitivo; cómpre pór atención nelas,pois teñen unha forma moi semellante ás anteriores:

Haber (de) + infinitivo: colle o teléfono, que ha de ser a túa irmá.

Deber de + infinitivo: deben de ser as sete, que xa é noite.

Aspectuais: son as máis numerosas e as que presentan maior variedade. Como vimos no

cadro, clasificámolas en imperfectivas, perfectivas, reiterativas, incoativas e terminativas.Imos ver cada unha delas.

Páxina 6 de 12

Page 7: - UD06 A04 Verbo Perífrases

As imperfectivas refírense a accións que están sen rematar. Constrúense con xerundios, aíndaque poden ter equivalentes nun infinitivo precedido de preposición:

Estar + xerundio (estar a + infinitivo): Non me molestes, que estou estudando (estou a estudar).

Andar + xerundio (andar a + infinitivo): Xabier está cavando na viña (está a cavar).

Levar + xerundio (levar a + infinitivo): Levo esperando por ti unha hora (levo a esperar).

Seguir + xerundio (seguir a + infinitivo): O parte do tempo segue dando chuvias (segue a dar).

Ir + xerundio: nós xa imos indo diante.

Vir + xerundio: veño facendo cen quilómetros diarios con este coche.

As perfectivas refírense a accións que están xa rematadas e constrúense con participios einfinitivos:

Acabar de + infinitivo: acabo de ler o libro que me regalaches.

Dar + participio (con valor negativo): non dou feito o traballo para entregar no prazo marcado.

Levar + participio: levo feito moitos traballos para esa empresa.

As reiterativas indican unha acción que se realiza varias veces:

Ter + participio: está tranquilo, que esa viaxe xa a teño feito.

Volver (a) + infinitivo: Volveu caer na bebida e a muller deixouno.

As incoativas refírense a accións que están no seu inicio e todas se constrúen con infinitivo:

Botar a + infinitivo: botaron a andar o negocio e agora xa lles vai ben.

Pórse (ou poñerse) a + infinitivo: Cubriuse o ceo e púxose a chover nunha hora.

Comezar a + infinitivo: Cubriuse o ceo e comezou a chover nunha hora.

Dar en + infinitivo: Saber o resultado do exame e dar en saltar de alegría foi todo un.

As terminativas refírense a accións que están no seu remate e tamén se constrúen todas coninfinitivo:

Chegar a + infinitivo: despois de moito esforzo chegou a conseguir o título.

Acabar por + infinitivo: estaba amargado e acabou por deixar aquel traballo.

2.2 Tarefas Tarefa 1: Identificación de perífrases verbais.

Tarefa 2: Identificación de perífrases e do seu valor (oracións).

Tarefa 3: Identificación de perífrases e do seu valor (texto).

Tarefa 4: Recapitulación de verbos.

2.2.1 Tarefa 1. Identificación de perífrases verbais

Como se viu na introdución, as perífrases forman unha estrutura verbal que achega ásoracións e aos textos valores especiais de significados que os verbos nas súas formashabituais non poden expresar. Daquela, pódese deducirse que non toda combinación deverbos ten que ser unha perífrase, senón que cómpre que o verbo que actúe como auxiliarnon teña o seu significado habitual. Por exemplo, na oración “Pepe chegou suando á meta”

Páxina 7 de 12

Page 8: - UD06 A04 Verbo Perífrases

non hai perífrase porque o verbo conxugado indica precisamente a acción de ‘chegar a unsitio’ e o xerundio funciona como complemento circunstancial de modo.

Deste xeito, cómpre pór atención no aspecto do significado e tamén na construción daperífrase. Na presente tarefa, deberase identificar as perífrases nunha serie de oracións.Exemplo: “como sigas invitando a todos vas quedar sen cartos”; nesta oración, a perífrase é“vas quedar”.

Exercicio

Nas oracións seguintes identifique as perífrases:

Estaba segura de que aquela chaqueta lle había servir para a festa.

Cando teñas tempo a ver se vés botar unha man no choio.

Temos que espelirnos se queremos chegar a tempo á voda.

Han dar as once e a túa nai sen vir.

Non damos chegado, Manolo; vas quedar composto e sen noiva.

Botouse a rir como un parvo e logo deu en chorar coma un meniño: non había quen entenderanada.

Cando chegamos á casa rural comezou a nevar forte; menos mal que había leña na lareira epuidemos quentarnos.

Desde que o médico lle dixo que tiña alto o colesterol, a miña nai leva feito máis de cenquilómetros.

Cando amenceu seguía a nevar e non puidemos saír a pasear.

E ti de quen vés sendo, rapaz?

Levamos chamando á dona da casa toda a mañá, pero debe estar cortada a liña co temporal.

Autoavaliación

Estaba segura de que aquela chaqueta lle había servir para a festa.

Cando teñas tempo a ver se vés botar unha man no choio.

Temos que espelirnos se queremos chegar a tempo á voda.

Han dar as once e a túa nai sen vir.

Non damos chegado, Manolo; vas quedar composto e sen noiva.

Botouse a rir como un parvo e logo deu en chorar coma un meniño: non había quen entenderanada.

Cando chegamos á casa rural comezou a nevar forte; menos mal que había leña na lareira epuidemos quentarnos.

Desde que o médico lle dixo que tiña alto o colesterol, a miña nai leva feito máis de cenquilómetros.

Cando amenceu seguía a nevar e non puidemos saír a pasear.

E ti de quen vés sendo, rapaz?

Levamos chamando á dona da casa toda a mañá, pero debe de estar cortada a liña co temporal.

Páxina 8 de 12

Page 9: - UD06 A04 Verbo Perífrases

2.2.2 Tarefa 2. Identificación de perífrases e do seu valor (oracións)

Para unha correcta interpretación do sentido dunha oración é moi importante coñecermos osignificado dos verbos, pero máis aínda cando se trata de perífrases. Neste tarefa, ademaisde identificar as perífrases, deberase indicar o seu valor (temporal, modal ou aspectual) e oseu sentido (de futuro, de probabilidade ou obriga, imperfectivo, perfectivo, reiterativo,incoativo ou terminativo). Exemplo: en “Volveu entrar na taberna e pagou a última rolda”, aperífrase é “volveu entrar” e ten un valor aspectual reiterativo.

Exercicio

Nas oracións seguintes, identifique as perífrases e indique o seu valor:

Botamos a correr para que non nos pillase a chuvieira.

Ao final, acabou por admitir que aquel era un mal negocio.

O promotor da festa chegou a ofrecer montes e moreas polo aluguer.

O cantante da orquestra deu en interpretar só cancións lentas.

Despois da chuvieira volveu saír o sol e todos se puxeron máis optimistas.

Teño lido ese libro tres veces, pero segue a facerme rir coma un neno.

Os feridos ían chegando ao hospital e dicían que a bomba estalara por sorpresa.

Se andas a facer fume, rematarás por mexar na cama.

Non sei se darei rematado este exercicio antes das oito.

Había ser eu o que estivese alí para achantar daquela maneira.

Autoavaliación

Botamos a correr para que non nos pillase a chuvieira. Aspectual incoativa.

Ao final, acabou por admitir que aquel era un mal negocio. Aspectual terminativa.

O promotor da festa chegou a ofrecer montes e moreas polo aluguer. Aspectual terminativa.

O cantante da orquestra deu en interpretar só cancións lentas. Aspectual incoativa.

Despois da chuvieira volveu saír o sol e todos se puxeron máis optimistas. Aspectualreiterativa.

Teño lido ese libro tres veces, pero segue a facerme rir coma un neno. Aspectual imperfectiva.

Os feridos ían chegando ao hospital e dicían que a bomba estalara por sorpresa. Aspectualimperfectiva.

Se andas a facer fume, rematarás por mexar na cama. Aspectual imperfectiva.

Non sei se darei rematado este exercicio antes das oito. Aspectual perfectiva.

Había ser eu o que estivese alí para achantar daquela maneira. Modal de probabilidade.

2.2.3 Tarefa 3. Identificación de perífrases e do seu valor (texto)

Esta tarefa pretende reforzar a anterior e insistir na necesidade de identificar correctamenteas perífrases para chegar á comprensión do sentido dun texto. Daquela, ademais deidentificar as perífrases, deberase indicar o seu valor (temporal, modal ou aspectual) e o seu

Páxina 9 de 12

Page 10: - UD06 A04 Verbo Perífrases

sentido (de futuro, de probabilidade ou obriga, imperfectivo, perfectivo, reiterativo,incoativo ou terminativo). Exemplo: en “Antón non dá chegado, eu aquí morrendo de frío eagardando como un parvo”, a perífrase é “dá chegado” e ten un valor aspectual perfectivo.

Exercicio

No texto seguinte, sinale as perífrases e indique o seu valor:

Mónica dime: “Este ano quero ir traballar vestida de gherrilleira”. É profe de instituto eenténdoa. Pero teno difícil, porque esta tempada precisamente só se vende roupa conencaixes e abalorios. Non hai roupa de gherrilleira en ningures, nin un pantalón militarnin nada parecido.

Teño que erguerme e non hai quen me esperte. Nin sequera os gatos dándome patadiñasna cara ao ritmo do pi-pi-pi do espertador. Cinco minutos despois do espertador actívaseo equipo de música. ¡Que parviña son!: cría que os Beatles habíanme volver á vida comoos paxariños na aldea: doce acordar co canto do galo, doce espreguizarse entre as sabascon Let it be mentres o sol asoma pola ventá. Érgome, bebo unha cocacola e volvo ácama despois e poñer US3. Nin así. Volvo erguerme e busco o meu querido Honky Tonk.Nada, non quero ir traballar.”

Anxos Sumai: Anxos de garda. Ed. A Nosa Terra.

Autoavaliación

Mónica dime: “Este ano quero ir traballar vestida de gherrilleira”. É profe de instituto eenténdoa. Pero teno difícil, porque esta tempada precisamente só se vende roupa conencaixes e abalorios. Non hai roupa de gherrilleira en ningures, nin un pantalón militarnin nada parecido.

Teño que erguerme e non hai quen me esperte. Nin sequera os gatos dándomepatadiñas na cara ao ritmo do pi-pi-pi do espertador. Cinco minutos despois do espertadoractívase o equipo de música. ¡Que parviña son!: cría que os Beatles habíanme volver ávida como os paxariños na aldea: doce acordar co canto do galo, doce espreguizarse entreas sabas con Let it be mentres o sol asoma pola ventá. Érgome, bebo unha cocacola evolvo á cama despois e poñer US3. Nin así. Volvo erguerme e busco o meu queridoHonky Tonk. Nada, non quero ir traballar.”

Anxos Sumai: Anxos de garda. Ed. A Nosa Terra.

As perífrases do texto teñen os seguintes valores:

Ir traballar: temporal de futuro.

Teño que erguer: modal de obriga.

Habíanme volver: modal de probabilidade.

Volvo erguerme: aspectual reiterativa.

Ir traballar: temporal de futuro.

2.2.4 Tarefa 4. recapitulación de verbos

Lea o texto e responda ás cuestións que se indican deseguido:

Faláballe o pai: “¿E logo seica estás compondo o xardín para recibires o noivo? Chegaráde a cabalo pola congostra, dará unha onza á Corda para que che veña avisar e xa diránna parroquia que eses son cabaleiros e non o Doncos e mais eu, fidalgotes de refugallo e

Páxina 10 de 12

Page 11: - UD06 A04 Verbo Perífrases

miseria. Non, como chegue ventando cartos ben aviado irá o demo do cortexador:¡quizais teña mentes de lamber as onzas das tías, que din que estarán no burato dun rato!Se elas viviran, ¡miña xoia!, non andarías tan ceibe, elas educaríante como unhamadamita, de mírame e non me toques, sempre no estrado ou na novena”. A rapazadoíase do rir do pai; era moi bo, mais figuraba ás veces cheo por un espírito infernal,sempre falando mal dos cregos, dubidando das mulleres e el, o pobre, “vivindo comoninguén se vexa”. Cavilando nisto, choraba. Era estraño o seu carácter; dezaoito anos,forte, dobre. Mal retrato: pelello corado de máis cunha cor basta de home, cabelos comaa barbadela do millo das herdades, que é o máis esbrancuxado e frouxo, ollospequeneiros, mans e pés grandes, como dun carretón de culeiros. Peito raso como unhatáboa. Andaba sempre de aquí para alí sen se apurar, falando o preciso. Facíase respetar.Atopou un neto do señor Tenacio, un larafuzas esbragolado, comendo nos figos dafigueira retorta que fora plantada pola naiciña apenas coñecida: pegoulle un cantazo nolombo que por pouco o guinda no chan. Gracias a ela non se inzaban as toxeiras entódolos eidos da casa. Erguíase para lles dar a parva ós homes e coa pinga de augardenteespetáballes unhas instruccións tan ben faladas que os homes traballaban a rego, sabendoque había na casa quen entendía de labranza. [...] “É xenio de amo”, dicían caseiros,xornaleiros e pagadores. Con todo, na casa non bailaban os cartos; nin unha area de salvalía o don Xosé María para gobernala. Pola dilixencia da filla tiñan legumanzas parairen comendo. ¡Con tanta partida de monte, nabeira e herbas para manter unha lucidafacenda!

Ramón Otero Pedraio: Os camiños da vida. Ed. Galaxia.

Ejercicio 1

Defina morfoloxicamente as seguintes formas verbais (persoa, tempo e modo):

Compondo.

Viviran.

Andarías.

Toques.

Esbrancuxado.

Atopou.

Guinda.

Bailaban.

Autoavaliación

Compondo: xerundio do verbo compor.

Viviran: terceira persoa de plural do pretérito pluscuamperfecto, modo indicativo do verbovivir.

Andarías: segunda persoa de singular do condicional, modo indicativo, do verbo andar.

Toques: segunda persoa de singular do presente de subxuntivo o verbo tocar.

Esbrancuxado: participio do verbo esbrancuxar.

Atopou: terceira persoa de singular do pretérito perfecto, modo indicativo, do verbo atopar.

Guinda: terceira persoa de singular do presente, modo indicativo, do verbo guindar.

Páxina 11 de 12

Page 12: - UD06 A04 Verbo Perífrases

Bailaban: terceira persoa do plural do pretérito imperfecto, modo indicativo, verbo bailar.

Ejercicio 2

Indique no texto as formas de verbos irregulares e o infinitivo do verbo ao que pertencen.

Autoavaliación

Faláballe o pai: “¿E logo seica estás compondo o xardín para recibires o noivo? Chegará dea cabalo pola congostra, dará unha onza á Corda para que che veña avisar e xa dirán naparroquia que eses son cabaleiros e non o Doncos e mais eu, fidalgotes de refugallo emiseria. Non, como chegue ventando cartos ben aviado irá o demo do cortexador: ¡quizaisteña mentes de lamber as onzas das tías, que din que estarán no burato dun rato! Se elasviviran, ¡miña xoia!, non andarías tan ceibe, elas educaríante como unha madamita, demírame e non me toques, sempre no estrado ou na novena”. A rapaza doíase do rir do pai;era moi bo, mais figuraba ás veces cheo por un espírito infernal, sempre falando mal doscregos, dubidando das mulleres e el, o pobre, “vivindo como ninguén se vexa”. Cavilandonisto, choraba. Era estraño o seu carácter;

Ejercicio 3

No texto aparecen dúas formas do infinitivo conxugado. Indique cales son.

Autoavaliación

Ao principio aparece a forma “ recibires”, que é a segunda persoa de singular do infinitivoconxugado do verbo recibir. Cara ao final aparece a forma “iren”, que é a terceira persoa deplural do infinitivo conxugado do verbo ir.

Ejercicio 4

No texto aparece a forma “erguía”, imperfecto de indicativo do verbo “erguer”. Este verboposúe dúas formas de participio. Cales son?

Autoavaliación

As formas de participio do verbo erguer son “erguido” e “ergueito”.

Ejercicio 5

Nas tres primeiras liñas hai unha perífrase verbal. Indique cal é diga o seu significado(temporal, modal, aspectual) e o seu valor.

Autoavaliación

A perífrase verbal que aparece nas tres primeiras liñas é a seguinte: “estás compondo”,perífrase aspectual imperfectiva, formada por “estar + xerundio” e equivalente a “estar + a +infinitivo”.

Páxina 12 de 12