efcodima.files.wordpress.com€¦  · web viewfesta final con baile , música e globos no patio....

28
XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014 Nome do xogo: O dragón Número: 1 Ubicación: Pavillón á esquerda. Encargado/a : Explicación: Divídese ao grupo en subgrupos de cinco persoas. A primeira persoa fará de cabeza do dragón e a última de cola, levando un pano colgado na cintura. A cabeza intentará coller as colas dos demais dragóns. E a cola, axudada por todo o grupo intentará non ser collida. Cando unha cola é collida (conséguese o pano ou pañoleta) o dragón á que pertence unirase ao que a colleu, formándose así un dragón máis longo. O xogo rematará cando todo o grupo forme un único dragón. Variantes: Descrición gráfica: 1

Upload: doanphuc

Post on 29-Jun-2018

212 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: O dragón Número: 1

Ubicación: Pavillón á esquerda. Encargado/a :

Explicación:

Divídese ao grupo en subgrupos de cinco persoas. A primeira persoa fará de cabeza do dragón e a última de cola, levando un pano colgado na cintura. A cabeza intentará coller as colas dos demais dragóns. E a cola, axudada por todo o grupo intentará non ser collida.Cando unha cola é collida (conséguese o pano ou pañoleta) o dragón á que pertence unirase ao que a colleu, formándose así un dragón máis longo. O xogo rematará cando todo o grupo forme un único dragón.

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: 5 panos ( de grupos).

1

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: O Pistoleiro Número: 2

Ubicación: Clase de 5º primaria Encargado/a :

Explicación: Colócanse todos en círculo e no medio o animador. Cando o animador se pare en fronte de alguén dicindo o seu nome, este debe agacharse e os que están ao seu lado deben dicir o máis rápido posible o nome do outro, ao mesmo tempo que colocan as súas mans a xeito de pistola. O que primeiro diga o nome do contrario gaña. O outro queda eliminado. Non vale só con dicir o nome, é necesario facer tamén a pistola coas mans.

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: ningún

2

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: TÚNEL ESCURO Número: 3

Ubicación: aula de 1º de primaria Encargado/a :

Explicación: Se divide a los chicos/as en 3 grupos de 8 persoas, cada un se colocará en fila india coas pernas abertas a un metro de distancia uns doutros. O último da fila se colocará a gatas cos ollos pechados ou tapados e se lle dirá que é un tren que ten que pasar por un túnel moi escuro.Os seus compañeiros mediante as indicacións de esquerda, dereita e centro deberán indicar ao tren para que chegue por debaixo das pernas ata o principio. Cando acabe colocarase como os seus compañeiros e o último da fila realizará o mesmo proceso.

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: 5 antifaces ou panos para tapar os ollos

3

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Aros cooperativos Número: 4

Ubicación: Patio interior Encargado/a :

Explicación:

Póñense en círculo tantos aros como participantes haxa. Ponse música e cando se pare, cada un debe sentarse. Tras cada quenda retírase un aro. Non se elimina xente, senón que poden entrar varios nun aro, aínda que non debe quedar nunca una aro vacío. Continúase ata que todos estean uns enriba doutros nun so aro.

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: 1 aro por alumno e música.

4

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Formar palabras Número: 5

Ubicación: Pavillón no escenario Encargado/a :

Explicación:

Formando subgrupos e tumbados no chan, teñen que formar a palabra que o animador asigne

Descrición gráfica:

Variantes:

Material necesario: palabras inventadas ( distinto nivel de dificultade).

5

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Baile por parellas Número: 6

Ubicación: Aula de música Encargado/a :

Explicación: Todos os participantes se reparten en parellas e únense polas costas. Un participante está no centro, mentres todos se moven arredor do cuarto coas costas en contacto. Cando a música cesa, cada persoa busca unha nova parella, e a persoa libre busca tamén a súa. A persoa que queda desparellada agora, é a que pasa ao centro

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: música

6

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Karaoke Número: 7

Ubicación: aula de 6º de primaria Encargado/a :

Explicación:

SINGSTAR se enfrontarán 2 grupos de chicos e chicas e deberán cantar a canción seleccionada polo xuíz oun tempo determinado. Quen o fai mellor?

Variantes:

Descrición gráfica:

7

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014 Material necesario: , pantalla dixital, ordenador

Nome do xogo: Elefante,xirafa e palmeira Número: 8

Ubicación: Aula de 2º de primaria Encargado/a :

Explicación: Se dispoñen todos de pé en círculo, e un xogador no centro. Hase de xogar rápido. O que a queda vai sinalando aleatoriamente aos seus compañeiros dicíndolles "Elefante", "Xirafa" ou "Palmeira", e estes deberán actuar rapidamente. Quen se equivoque ou reaccione tarde, quédaa.Para facer un elefante: o xogador sinalado inclínase cara a diante agarrando o nariz cunha man e introducindo o brazo contrario polo oco que se forma. Os compañeiros de ambos os dous lados forman as orellas, facendo un semicírculo vertical cada un, agarrando unha perna abaixo, e unindo as mans arriba.Para facer unha xirafa: o xogador sinalado colócase os puños á altura das tempas cos dedos índices levantados a xeito de cuernecillos. Os compañeiros de ambos os dous lados agáchanse e agárranlle os nocellos.Para facer unha palmeira: o xogador sinalado ponse firme e estira os brazos rectos cara a arriba, mentres que os de ambos os dous lados os estiran igualmente pero se inclinan tocando coas súas mans ás do xogador madeiro, a xeito de follas.

Variantes:

Descrición gráfica:

8

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014 Material necesario: ningún

Nome do xogo: Relevos Número: 9

Ubicación: Pavillón medio Encargado/a :

Explicación: realizaranse distintas carreiras de relevos “raros”. Grupos de 5 nenos/as.

1. Relevos rodando con pelotas xigantes.2. Relevos siameses, por parellas atados polas perna dereita dun e esquerda doutro.3. Baloncesto pañuelito

Variantes: todos en fila india dando palmas ata a seguinte proba… ( o primeiro da fila o elixen os xuíces).

Descrición gráfica:

Material necesario: cordas, pelotas xigantes, pelota de baloncesto

9

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Marcianito Número: 10

Ubicación: aula de 4º de primaria. Encargado/a :

Explicación: Todos os participantes se dispoñen en círculo, numerados.O xogo consiste en pasar unha chamada dun a outro, facendo un xesto. A chamada é "Marcianito número un chamando marcianito número catro", á vez que se colocan ambas as dúas mans na cabeza, polgares apoiados nas tempas e movendo as mans adiante e atrás. Os xogadores a ambos os dous lados do que emite a chamada deben facer o mesmo xesto pero só cunha man, aquela que corresponda ao lado dese xogador.O xogador chamado continúa o xogo, chamando outro. Elimínase o xogador que non responda pronto, que se equivoque de xesto ou que non o faga, ou que chame a un marcianito xa eliminado.

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: ningún

10

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: A princesa o dragón e o cabaleiro Número: 11

Ubicación: 3º de primaria Encargado/a :

Explicación:

Un voluntario toma asento nunha cadeira: é a princesa. Átaselle á cadeira cun cordel (mans e pés)Diante sentarase outro xogador cos ollos vendados: este representa o dragón.Os demais xogadores representarán os cabaleiros desexosos de liberar a princesa.O director do xogo sorteará a quenda dos cabaleiros. O designado poñerase en marcha para liberar a princesa. O xogo consiste en chegar onde a princesa e desatala, pero sen facer o mínimo ruído.O dragón en canto perciba un ruído sinalará co brazo a dirección de onde proceda e se acerta o cabaleiro sinalado queda eliminado.A continuación, outro cabaleiro ha de continuar a misión.

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: corda, 1 antifaz ou pano e unha cadeira.

11

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Relevos de botóns Número: 12

Ubicación: Biblioteca Encargado/a :

Explicación:

Fórmanse equipos de 5. Colócase nun extremo do campo un prato con tantos botóns como participantes por equipo haxa. A un sinal dado sae un concursante de cada equipo cun fío na man e ao chegar ao prato introduce un botón no fío e volve ao punto de partida, onde entregará o fío co botón ao seguinte do seu equipo. Se a algún dos participantes se lle cae o botón, deberá buscalo e introducilo de novo no fío. Gaña o equipo que primeiro introduce os botóns no fío e regresa.

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario: 30 botóns e la.

12

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Carreiras de coches Número: 13

Ubicación: Pavillón á dereita. Encargado/a :

Explicación: Fanse grupos de cinco e numéranse. A cada número dáselle o nome dun coche. Cando se di o número ou o nome do coche, teñen que correr ata un punto (previamente indicado) e volver ao seu sitio, usando o método que se lles dixo.Exemplo:1- Renault - gatear2- Wolkswagen - saltando3- Mercedes - á pata coxa4- Citroën - andar de lado5- Audi - saltando cos pes xuntiños

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario:

13

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Nome do xogo: Número:

Ubicación: Encargado/a :

Explicación:

Variantes:

Descrición gráfica:

Material necesario:

14

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Explicación da actividade en ESO e primaria

Nos xogos deste ano participarán os alumnos/as de educación primaria e 1º, e 2º da ESO e consisten nunha serie de probas ou xogos que se levan a cabo en distintos sitios do noso colexio pavillón polideportivo, aulas, patios…coa axuda de algúns alumnos de 3º e todos os de 4º da ESO. Se algún alumno de 3º prefire participar nos xogos poderá unirse ao grupo de 2º da ESO.

Como o lema deste curso é “Escoita a miña voz” os xogos terán como obxectivo primordial a escoita, de tal forma que se non escoitan farán mal o xogo e perderán 1 punto do carnet de puntos que se lle entregará a cada curso ó inicio da actividade.O carnet terá 10 puntos ó inicio da actividade e gañará a actividade o curso que máis puntos teña no seu carnet al final da actividade.

Os alumnos /as dun mesmo curso deberán desprazarse co seu titor ou titora buscando sitios onde non fixeran as probas, non hai unha orde establecida porque non é a mesma duración nuns xogos que noutros. Se o lugar onde ían está ocupado poden esperar se lle falta pouco para rematar ao grupo anterior ou ben buscar outra proba que non fixeran. (Para facilitar, cada titor terá unha relación de todas as probas e a súa ubicación).

Regras:

1. O grupo estará sempre unido, excepto se nalgunha proba o xuíz lle permite o contrario.

2. Sempre irá acompañado dun mestre.3. Deberán de escoitar aos axudantes ou xuíces das probas para coñecer a proba .4. Algunha probas son cooperativas, o obxectivo é traballar xuntos cun obxectivo

común.5. Outras probas son competitivas entre grupos da mesma clase. O obxectivo é facer

o mellor posible a proba sen facer trampas.6. Recordade que o principal premio é que o pasen ben nos xogos. 7. Os xogos comezarán as 9:30 horas aproximadamente co timbre de aviso e

faremos unha parada para o recreo de 11:00 ata as 11:30, ahí voltamos aos xogos de novo ata a hora de remate ás 13:00/13:15 aproximadamente.

8. Os alumnos de 3º e 4º da ESO colaborarán na explicación e desenvolvemento dos xogos. Pregamos a colaboración de todos para con eles ou elas.

9. Os mestres que non sexan titores deberán incorporarse a algún grupo tendo preferencia os cursos máis pequenos.

10. Os titores de 3º e 4º da ESO colaborarán no control dos alumnos que exercen de xuíces coordinados pola persoa encargada dos xogos.

15

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Os xogos de educación infantil desenvolveranse nas aulas de educación infantil e no seu patio.

Haberá 2 ou 3 alumnos de secundaria por aula para levar a cabo os xogos.

Educación primaria e secundaria

Núm. Nome do xogo Ubicación Xuíces1 O dragón Pavillón parte esquerda

2 O Pistoleiro Aula de 5º de primaria

3 Túnel escuro Aula de 1º de primaria

4 Aros cooperativos Patio interior

5 Formar palabras Pavillón no escenario

6 Baile por parellas Aula de música7 Karaoke Aula de 6º de primaria8 Elefante,xirafa e palmeira Aula de 2º de primaria

9 Relevos Pavillón parte central

10 Marcianito Aula de 4º de primaria

11 Princesa, dragón e cabaleiro Aula de 3º de primaria

12 Relevos de botóns Biblioteca

13 Carreiras de coches Pavillón parte dereita

16

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

Educación infantil

TEMPOS XOGOS DE EDUCACIÓN INFANTIL CURSO1º tempo Abracadabra AULA 3 ANOS 3 anos1º tempo Corro AULA 4 ANOS 4 anos1º tempo A caza da cobra AULA 5 ANOS 5 anos2º tempo Abracadabra AULA 3 ANOS 5 anos2º tempo Corro AULA 4 ANOS 3 anos 2º tempo A caza da cobra AULA 5 ANOS 4 anos3º tempo Abracadabra AULA 3 ANOS 4 anos3º tempo Corro AULA 4 ANOS 5 anos3º tempo A caza da cobra AULA 5 ANOS 3 anos 4º tempo Cantamos AULA 3 ANOS 3 anos4º tempo Debuxos en equipo AULA 4 ANOS 4 anos4º tempo Carreira das follas AULA 5 ANOS 5 anos5º tempo Cantamos AULA 3 ANOS 5 anos5º tempo Debuxos en equipo AULA 4 ANOS 3 anos 5º tempo Carreira das follas AULA 5 ANOS 4 anos6º tempo Cantamos AULA 3 ANOS 4 anos6º tempo Debuxos en equipo AULA 4 ANOS 5 anos6º tempo Carreira das follas AULA 5 ANOS 3 anos FINAL Paracaídas PATIO EXTERIOR 3/4/5 anosFINAL Zapatito inglés PATIO EXTERIOR 5/3/4 anosFINAL Caza ó raposo PATIO EXTERIOR 4/5/3 anos

Festa final con baile , música e globos no patio.

AXUDANTES PARA EDUCACIÓN INFANTIL1. 4. 7.2. 5. 8.3. 6. 9.

17

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

EXPLICACIÓN DOS XOGOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

ABRACADABRA

Se poñen varios (según as idades) obxectos no chan debaixo dunha manta. Os nenos colócanse ao redor. Levántase a manta e déixalles un ratiño para mirar o que hai. Cando pasa este tempo se teñen que dar a volta para non ver os obxectos, mentres o monitor saca un obxecto. Di ABRACADABRA e todos dan a volta. Deben adiviñar o obxecto que falta, así ata que non quede ningún.

Material: manta, sábana ou plástico, vaios obxectos Aula: Encargados:

CAZA AO RAPOSO

Na parte de atrás do pantalón colócase un rabo feito co papel dun xornal. O xogo consiste en coller o maior número de rabos sen que te collan o teu.

Material: xornais Aula: Encargados:

CANTAMOS

Tallarín, Ayer fui al pueblo a ver a la Mari, Todos los negritos, Que lo baile, Todo el mundo en esta fiesta….

Material: música Aula: Encargados:

18

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

CORRO

Xogamos ao corro dándonos as mans, xirando todos para o mesmo lado e cantando:

A la rueda, ruedade pan y canela.Damos un besito(dan un beso a la de al lado)y vamos a la escuela.Si no quieres ir,te pones a aplaudir.Gesticulamos imitando lo que dice laletra especialmente lo que está subrayado. Al repetir la canción, podemos sustituir losubrayado por: te pones a escribir, saltar, bailar,

tusira soplar, te acuestas a dormir

Material: música Aula: Encargados:

PARACAÍDAS

- Que se cambien de sitio os que teñan……- Para o centro vai o neno ou a nena que o seu nome empeza por…que ten unhas

gafas de cor….- Tratamos de manter o balón no paracaídas sen que se escape.

Material: paracaídas, balón Aula: Encargados:

19

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

ZAPATITO INGLÉS

Faise unha marca a unha distancia de máis ou menos dez pasos da persoa que queda. Esta estará de espalda nunha parede e dirá: Un dous tres zapatito inglés sen mover as mans nin os pés. Mentres el di eso os demais vanse achegando pouco a pouco. Cando o que queda remata a canción da a volta e os outros teñen que parar o que se mova terá que volver para atrás. Cando un dos participantes chega ao que queda di “chourizo” e este vai correndo para pillar aos demais.

Material: ningún Aula: Encargados:

DEBUXOS EN EQUIPO

Fanse equipos segundo o número de participantes e o material que se dispoña (recoméndase non máis de 6 por equipo). Estes equipos fórmanse en fila, un equipo xunto ao outro, onde é primeiro de cada fila ten un lapis. Fronte a cada equipo, a uns 7-10 metros colócase un prego de papel ou folla grande. O xogo comeza cando o scouter nomea un tema, por exemplo "a cidade", logo o primeiro de cada fila corre cara ao papel do seu equipo cunha penuxe na man e comeza a debuxar sobre o tema nomeado, neste caso "a cidade", logo de +-10 segundos o scouter berra "xa" e os que estaban a debuxar corren a entregar a penuxe ao segundo da súa fila que rapidamente corre a continuar o debuxo do seu equipo, logo de +-10 segundos....

O xogo para cando o scouter o estime e outórganselle puntos ao equipo que mellor debuxou sobre o tema nomeado. Pódese repetir varias veces cambiando o tema do debuxo.

Material necesario: Un lapis por equipo. 5 ou máis pregos de papel por equipo.

Aula: Encargados:

CARREIRA DAS FOLLAS

Primeiro pídeselle a cada neno que busque unha folla, sen dicilo para que será. O xogo consiste en que as súas follas competirán nunha carreira e para que avancen cada un soprará a súa.

Material: follas de árbores Aula: Encargados:

20

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

A CAZA DA COBRA

No chan e dispersas, situaranse tantas cordas como número participantes. Todos corren entre as cordas, e, ao sinal, deben apoderarse dunha, quedando eliminado o que non o consiga. Unha vez eliminado, retírase unha corda, tíranse todas as demais ao chan e vólvese empezar. Se 2 troperos collen a mesma corda, faise unha pequena proba de velocidade, poñendo a corda portada a certa distancia dos 2; ao sinal, os 2 corren a por ela gañando quen a colla primeiro (como o pano, pero arrancando os 2 en paralelo).

Material: cordas Aula: Encargados:

PARA REMATAR TODOS XUNTOS NO PATIO (Se o tempo o permite)

Poñemos música para bailar (Bailamos con eles) e despois imos soltando globos e non poden tocar o chan, deben estar sempre no aire.

Material: globos Aula: Encargados:

21

XOGOS DO DIVINO MAESTRO 2014

CARNET DE ESCOITA

CLASE: ………………… PUNTOS TOTAIS: ……………….

1 2 3 4 5

6 7 8 9 10

Os xuíces das probas terán que tachar os números desde o 10 ata atrás se os participantes do curso non realizan correctamente esa proba por non facer unha boa escoita en xeral.

Nalgún xogos as clases teñen que dividirse en equipos de 5/6 alumnos. Esta táboa pode axudarte a distribuílos. Cada un vai dunha cor distinta e peden vir disfrazados desas cores ou pintados. Tamén podedes cambiar os nomes aos equipos e que se caractericen da forma que lles apeteza.

GRUPO I GRUPO II GRUPO III GRUPO IV GRUPO V

22