01 plan lector eso bach 09 10 int · flanaganflash-back autora: andreu martín / jaume ribera...

52
XERAIS PLANDELECTURA ESO E BACHARELATO 2009/2010

Upload: others

Post on 25-Sep-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

X E R A I SPLANDELECTURAESO E BACHARELATO2009/2010

Page 2: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

O profesorado ten xa á súa disposición en www.xerais.esproxectos de animación á lectura dos libros sinalados co símbolo �

Page 3: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Xerais, editorial comprometida co proxecto de ofrecer ao profesorado os recur-sos máis axeitados para desenvolver un mellor ensino da lingua galega, presentaunha selección de títulos –das súas coleccións máis representativas– que facili-ten o interese pola lectura nos mozos e mozas de Educación SecundariaObrigatoria e BacharelatoNo presente catálogo ofrécese unha proposta de lectura para cada curso, formadapor tres títulos das últimas novidades, que se completa cunha selección doutrosseis títulos por ciclo e unha ampla escolma de bibliotecas de autores galegos, delibros de relatos e, finalmente, unha selección de novela histórica e outra denovela negra que proporcionan a necesaria diversificación deste plan de lecturas.Esta é unha proposta aberta e plural, onde prima a excelencia e a calidade lite-raria dos textos e un interese temático e de xénero moi diversificado.Os títulos recollidos proceden das coleccións Merlín, Sopa de Libros, Xabaril,Fóra de Xogo, Narrativa, Poesía e Biblioteca Dramática Galega, primando a pre-senza de autores e autoras galegos e a diversidade temática e de enfoques literarios.Este plan de lecturas ofrece un dosier para o profesorado dalgúns dos títulosrecomendados para cada curso, no que se proporciona información completasobre a obra (sinopse argumental e núcleos temáticos), así como unha propostade actividades de animación destinadas a fomentar a creatividade e a reflexióndos lectores e lectoras.Agradecemos o interese do profesorado no fomento da lectura en lingua galega,alicerce dun proxecto común de galeguización educativa e de formación dun cri-terio lector entre o alumnado. Aproveitamos a oportunidade para poñérmonosa disposición do profesorado para ofrecer a nosa colaboración no desenvolve-mento deste plan de lecturas, así como para recoller todas as súas iniciativas paramelloralo e adecualo ás necesidades dos centros.

Xerais, setembro 2009

X E R A I SPLANDELECTURAESO E BACHARELATO2009/2010

Page 4: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118
Page 5: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

PRIM

EIR

ODAESO

LECTURASRECOMENDADAS

Page 6: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Flanagan Flash-BackAutora: Andreu Martín / Jaume RiberaTradutora: Isabel SotoXerais Fóra de Xogo240 páxinas / 4ª ediciónCódigo: 1365118ISBN: 978-84-9782-567-2P.V.P.: 12,45 €

ARGUMENTO

Xusto a primeiros de setembro, coincidindo co cumio de Xefes de Estado que se cele-bra en Barcelona, uns días antes de que Nines lle prepare a festa do seu dezaoito ani-versario, Flanagan sabe polo seu amigo Charche que a policía detivo a Clara Longo, aque fora a súa primeira moza, unha heavi lindísima da que nada sabía dende facía catroanos. A pesar de que os rillotes do Komando Destrutor lle pediran que seguise á profe-sora Xema Obiols, unha oportunidade estupenda para estrear a súa moto nova desegunda man, Flanagan non poderá evitar buscar o rastro de Clara, que recoñece comaunha das mozas máis importantes da súa biografía sentimental. Movido por estas sau-dades inexplicables, Flanagan atopará esa pista na tenda de Todo a Un Euro, propieda-de de Simón Bericart e Margot Longo, unha tapadeira para vender xoias roubadas. Maisa súa perplexidade aumentará cando coñece que a tía de Clara é asasinada. Flanagan,entón, deberá enfrontarse a resolver un dos seus casos máis complexos e perigosos.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventura, intriga, amor e amizade, conflitos sociais, misterio, relacións humanas.

XÉNERO

Novela policial.

Page 7: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Déixao medrarAutor: Silvestre Gómez XurxoIlustrador: Creus DalgàXerais Merlín (11 anos en diante)136 páxinas / 8ª ediciónCódigo: 1343095ISBN: 978-84-8302-619-9P.V.P.: 8,40 €

ARGUMENTO

Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón dorapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto efacerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paioxogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, arapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen Paio nonten interese ningún en separarse. O conflicto xorde cando un equipo dos grandes seinteresa seriamente pola súa fichaxe.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Deporte, familia, relacións humanas.

XÉNERO

Novela.

Fich

ade

lect

ura

Page 8: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Contos por palabrasAutor: Agustín Fernández PazIlustrador: EnjamioPREMIO LAZARILLO 1990LISTA DE HONRA DO IBBY 1992PREMIO LECTURAS GALIX, 2003Xerais Merlín (11 anos en diante)128 páxinas / 13ª ediciónCódigo: 1343027ISBN: 978-84-8302-634-2P.V.P.: 8,65 €

ARGUMENTO

Este libro consta de oito contos. A súa característica é que todos se desenvolven a par-tir dos anuncios por palabras dos xornais. «Unha chave non é suficiente» é o que abreo libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anun-cio indicando que «se duplica calquera chave, con ou sen mostra}. «O caso do unicor-nio azul» conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, paraatopar parella axeitada. «Vanesa e o anuncio da televisión» conta a historia dunha naiempeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. «Un artista de neón»: unfabricante de rótulos luminosos teima en modificar o mal gusto dos seus clientes, cunsresultados desatrosos. ¿Un vampiro pode ser o empregado idóneo dunha fábrica de ata-údes, tal e como se nos conta no relato «O caso do estraño empregado»: Spíderman ouo home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ásofertas dos anuncios por palabras. Isto é o que se narra en «Ser superheroe non édoado» e «Noites de lúa chea». «O libro das infinitas historias», o conto que cerra ovolume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda,que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Humor, fantasía, relacións humanas.

XÉNERO

Contos.

Page 9: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SEGUNDODAESO

LECTURASRECOMENDADAS

Page 10: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

O bosque animadoAutor: Wenceslao Fernández FlórezTradutora: Xela AriasXerais Xabaril304 páxinas / Nova edición revisadaCódigo: 1325507ISBN: 978-84-9914-021-6P.V.P.: 12,95 €

ARGUMENTO

O bosque animado é o grande libro da Fraga de Cecebre, situada no concello deCambre, preto da Coruña. Nestas páxinas vibrantes, Fernández Flórez narra as histo-rias pequenas dos habitantes da fraga: Fendetestas, Xeraldo, Hermelinda, Pilara,Marica etc… Mais tamén dos aparecidos ou fantasmas que pasean polo bosque: a almaen pena de Fiz Cotobelo e por suposto de Hu-Hu e as súas moscas, do clan dos gatosceibes, ou das árbores que cren que un poste de telégrafos é unha compañeira delas.Nesta novela fantástica latexa, algueirante e punxente, o buligar vital, polo común daxente, da multitude de animais e plantas que constitúen o mundo insospeitado da fragade Cecebre, xunto coa tensa andaina humana duns seres conformados indubidable-mente pola cultura galega. Esta tradución galega dunhas das novelas principais deFernández Flórez, preparada por Xela Arias e agora completamente actulizada e revisa-da, constitúe unha invitación afervoada a descubrirmos o ricaz mundo de noso.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Natureza, humor, fantasía, mitos de Galicia.

XÉNERO

Novela fantástica.

PELÍCULAS

El bosque animado (1987). Director: José Luis CuerdaO bosque animado (2001). Director: Ángel de la Cruz e Manolo Gómez (Animación)

Page 11: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

A casa da luzAutor: Xabier P. DocampoIlustrador: Xosé CobasPREMIO LECTURAS GALIX, 2004Xerais Sopa de Libros (12 anos en diante)192 páxinas / 4ª ediciónCódigo: 1384020ISBN: 978-84-8302-884-1P.V.P.: 7,80 €

ARGUMENTO

Alicia é unha rapaza trastísima e todo lle vén do seu desexo de saber, de coñecer e de expe-rimentar. Cando ela e os seus amigos, Álvaro, Aida, Alba e Anxo, se afanaban en constru-ír unha cabana onde planificar os seus xogos, apareceu Pumariño, un vello que andabasempre a picar nas paredes da casa de Eiravella. A panda descubrirá que trala mudez dePumariño, arrástrase unha ferida familiar que vén dos tempos da guerra. O desexo decoñecer que impulsa Alicia levará a panda a amigarse con aquel toliño que vivía nunhacasoupa das aforas, onde gardaba tesouros extraordinarios: saquetiñas de tea que oculta-ban xoais, aneis e brincos, moedas de ouro, reloxos de peto… Pero os maiores segredosque Pumariño desvelará seran os seus debuxos, paisaxes marabillososas e, sobre todo, aentrada á casa da luz, onde se aliñaban unha morea de cadros. Naquela casa, Alicia e osseus amigos poderán entrar nos propios cadros e vivir as aventuras que algún día, Duarteo pintor que descoñecen, imaxinou e non foi quen sequera de pintar. Unha viaxe fantás-tica que permitirá aos rapaces percorrer o labirinto da torre e coñecer aos homes que per-deron as ás. Viaxar dentro de cadros que falan do futuro que nos agarda. A casa da luz reco-lle a aventura dunha panda de rapaces e rapazas que entran en contacto co mundo da artee da memoria da guerra. Unha aventura que vai acabar por modificar a súa forma de estarno mundo e que constitúe unha reivindicación, tamén, da beleza e da arte. Os cadros queatravesan, obra de pintores como Dalí, Escher ou Palo Ucello, son recreados no libro porXosé Cobas, empurrando ao lector xove de forma irresistible cara ao mundo da arte.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventuras, arte, amizade, misterio, relacións humanas.

XÉNERO

Novela.

PELÍCULAS

A casa da luz (próxima estrea). Director: Carlos Amil

Fich

ade

lect

ura

Page 12: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

A Cova das Vacas MortasAutor: JaureguizarPREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA DE LITERATURA XUVENIL, 2006Xerais Fóra de Xogo144 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1365095ISBN: 978-84-9782-480-4P.V.P.: 10,45 €

ARGUMENTO

Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunhacomuna na aldea de Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña conpoder marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o día en que oseu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega dende Berlín para reatoparse coa filla.Entre a equipaxe, trae unha maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8.O vello cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de cine alemá LeniRiefenstahl, acusada de simpatizar co réxime nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria,filla dun dos antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar assúas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo accesible o lugar. Entreeles nacerá unha historia de amor enfrontado. Iria, defende o dereito dos antigos pro-pietarios de Foxo a recuperaren as súas propiedades e ademais representa a crítica aonazismo e a calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que mantiña o avóde Xoel ao axudar na filmación de escenas nazis.Unha novela atractiva, interesante, que utiliza elementos fantásticos e de misterio sendeixar de ser crible, con final intenso, que nun momento en que semella que a tramaestá resolta, abre outra nova incógnita que convida á reflexión.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

O amor adolescente. Historia do cine. Ecoloxía. A liberdade.

XÉNERO

Novela realista.

Fich

ade

lect

ura

Page 13: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

A expedición do PacíficoAutora: Marilar AleixandrePREMIO MERLÍN, 1994PREMIO DA CRÍTICA GALEGA, 1995Xerais Fóra de Xogo160 páxinas/ 8ª ediciónCódigo: 1365047ISBN: 978-84-9782-501-6P.V.P: 10,45 €

A expedición do Pacífico é unhanovela de aventuras que contaas peripecias dunha nena de doce

anos, Emilia, que se agachacomo polisón nunha expedicióncientífica que parte para exploraro Pacífico. A acción que se desen-volve no século XIX, non renunciaa estar escrita desde este finde século. As ideas feministas,a polémica entre o darwinismoe o creacionismo a paixónpolo coñecemento estánnas páxinas desta excepcionalnovela.

PoetízateAutor: Fran AlonsoXerais Fóra de Xogo216 páxinas/ 6ª ediciónCódigo: 1365089ISBN: 978-84-9782-402-6P.V.P: 10,45 €

A POESÍA non morde. E, aínda quehaxa quen pense o contrario, noné aburrida, romanticona nin difícil.Esta divertida antoloxía poéticademostra o contrario.

De Rosalía de Castro ás poetasnovas, propoñémosche unha viaxepolos poemas máis próximos,divertidos e desenfadados da poesíagalega. Poetízate é un libro pensadopara as persoas que non estánafeitas a ler poesía. ¿Para que?Para cantar, berrar, recitar, rapear,musicar, rebelarse contra o mundoou só para falar suave na orella.

1ºCICLODAESOOUTRAS LECTURAS RECOMENDADAS

Fich

ade

lect

ura

Fich

ade

lect

ura

Proxecto BolboretaAutora: Andra MaceirasPREMIO CERTAME DE MICRONOVELA

CONCELLO DE SOUTOMAIOR, 2007Xerais Fóra de Xogo120 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1365114ISBN: 978-84-9782-824-6P.V.P: 10,45 €

Hadrián Barcés, matemático e gransoñador, decide realizar unha viaxedende Pequín a Nova York coa

intención de comprobar a veracidadedo conxunto de teorías coñecidascomo «Efecto Bolboreta», acuñadaspor científicos como James Gleick eEdward Lorenz a partir do proverbiochinés: «o bater das ás dunha bolbo-reta pódese sentir ao outro lado domundo». Hadrián recollerá no seudiario as detalladas anotacións destaaventura científica e solitaria polomundo enteiro, na que conseguiráresolver algunhas das súas incógnitas,pero tamén sufrirá moitas penurias.

Fich

ade

lect

ura

Page 14: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Irmán Rei ArturAutor: Carlos G. ReigosaXerais Fóra de Xogo160 páxinas/ 5ª ediciónCódigo: 1365053ISBN: 978-84-8302-606-9P.V.P: 10,45 €

Tres relatos curtos que constitúenunha nova invención galega dostemas do ciclo da Táboa Redonda.Tres narracións que completana vella historia do rei Artur e os

cabaleiros da Táboa Redondacon cadansúa recreación persoalque Carlos G. Reigosa fai dalgúnepisodio desde unha novaperspectiva moi libre.

Fich

ade

lect

ura

Cartas de invernoAutor: Agustín Fernández PazPREMIO RAÑOLAS, 1995Xerais Fóra de Xogo152 páxinas/ 23ª ediciónCódigo: 1365806ISBN: 978-84-9782-543-6P.V.P: 10,45 €

Despois dunha longa estadíaen Québec, o escritor XabierLouzao volve a Galicia e atopaas cartas que o seu amigo Adrián

lle escribira na súa ausencia.Unhas cartas que, nunha espiralde enigmas, descobren os estrañossucesos que está a vivir Adriánna súa nova casa e que levana Xabier a acudir na súa axuda.Pero alí, na vella casa colonial,os dous amigos terán queenfrontarse a misterios que tal vezas persoas nin tan sequera somosquen de imaxinar.

Fich

ade

lect

ura

A noite que Wendy aprendeu a voarAutor: Andreu MartínTradutor: Ignacio ChaoPREMIO BANCAIXA

DE LITERATURA XUVENIL, 2007Xerais Fóra de Xogo160 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1365113ISBN: 978-84-9782-809-3P.V.P: 10,45 €

Roger Dueso e Wendy Aguilarinician a garda cun sesenta,

o código que na comisaría alertadun asasinato, mais este casonon será de xente corrente.O homicidio levaráos a descubrirunha cámara secreta ondedesapareceu unha valiosa alfaiaenvolta nun misterio, cuxo roubonon foi denunciado por ninguén.Esta é unha novela trepidante naque a moza policía deberá enfron-tarse por si mesma con asasinosperigosos; terá que correr, loitar efacer uso da pistola.

Fich

ade

lect

ura

Page 15: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

TERCEIR

ODAESO

LECTURASRECOMENDADAS

Page 16: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Ás de bolboretaAutor: Rosa AneirosPREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA DE LITERATURA XUVENIL, 2009Xerais Fóra de Xogo232 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365123ISBN: 978-84-9914-028-5P.V.P.: 12,50 €

ARGUMENTO

Na «Luzada», a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os per-sonaxes d’As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación CaixaGalicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen llemorreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola eEusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difícilesdecisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de paispaquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza conque a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por partedo goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentanatravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todosos días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E taméno de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulle-res como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade ogalardón a esta novela, sinalou que «Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarqui-zada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais,un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes danovela»; salientando, ademais, que «mediante a conexión do cotián con outras historiasque poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada poloacertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que con-forman a novela». Para concluír que «Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador aomesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.»

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Relacións humanas, conflitos sociais.

XÉNERO

Novela.

Page 17: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Sansón TroleyroEstudante de pan e sardiñaAutor: Enrique Vázquez PitaXerais Fóra de Xogo304 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365121ISBN: 978-84-9914-011-7P.V.P.: 12,45 €

ARGUMENTO

Sansón Troleyro, estudante de Medicina, posiblemente sexa o veciño máis intelixentee espelido de Santiago en 1672. Pero ninguén recoñece a súa agudeza. O seu señor, ocolexial don Baltasar, obrígao a compoñer poemas, móeo a couces e trátao coma uncan. O bacharel Sansón tamén ten enredos coa Inquisición, que o persegue porque dis-que é bisneto dunha meiga de Cangas e porque lles anda a vender herbas da risa aosperegrinos. Os seus profesores e compañeiros téñeno por burricán e búrlanse das súasnovas teorías sobre a circulación do sangue. Ademais, Troleyro vive atormentrado polosospeitoso pasado da súa familia de menciñeiros e curandeiros, pese a que el interé-sanlle máis as ciencias e a razón que ilumina Europa. É un inadaptado, un rebelde fórade tempo e lugar que ve como a vida pasa e se lle escorre entre as lecturas prohibidaspolo Santo Oficio. Pero grazas ao seu enxeño e a novos aparellos como o microscopiogaña fama pola súa agudeza para resolver crimes e salvar a vida de inocentes, que nonde doentes. Sansón Troleyro. Estudante de pan e sardiña, primeira novela de EnriqueVázquez Pita no catálogo de Xerais, é a primeira entrega dunha serie protagonizada poreste inquedo e rebelde bacharel compostelán do século XVII.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Aventuras, ciencia, conflitos sociais, relacións humanas.

XÉNERO

Novela histórica.

Page 18: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

PoderosaDiario dunha rapaza que tiña o mundo na manAutor: Sérgio KleinTradutora: Mercedes PachecoXerais Fóra de Xogo256 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365115ISBN: 978-84-9782-823-9P.V.P.: 12,45 €

ARGUMENTO

Joana Dalva vive cos seus pais, cun irmán pequeno, que é o neno máis pesado domundo, e coa súa avoa, que pasa os días na cama sacando a pintura da parede coasunllas e que non se decata do que pasa ao seu redor. Este é o ambiente no que viveunha rapaza que soña con ser escritora.Un día fai unha redacción sobre Xoana de Arco e provoca unha reviravolta na historiae nela mesma. Se unha simple redacción podía cambiar o pasado, por que non usar aliteratura para cambiar o presente? Joana Dalva non dubida en converter a ficción enrealidade. O problema é que cada texto que ela escribe provoca consecuencias impre-vistas, orixinando outros textos que traen novos problemas. É o xogo do gato e do ratoque acaba escapando do seu control. Para participar nese xogo non é preciso ter a idadede Joana Dalva, nin sentir na pel os conflitos e as espiñas da adolescencia.Esta novela de Sérgio Klein, que obtivo enorme éxito no Brasil, é para todos os lecto-res e lectoras que cren no poder transformador das palabras.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Fantasía, adolescencia, relacións humanas.

XÉNERO

Novela.

Fich

ade

lect

ura

Page 19: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

CUARTODAESO

LECTURASRECOMENDADAS

Page 20: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

O derradeiro irmánAutora: Nathacha AppanahPREMIO DE NOVELA FNAC 2007PREMIO DOS LECTORES DE L’EXPRESS, 2008PREMIO CULTURA E BIBLIOTECAS PARA TODOS, 2008Xerais Fóra de Xogo192 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365119ISBN: 978-84-9782-879-6P.V.P.: 12,45 €

ARGUMENTO

Cando David se lle aparece en soños, Raj prende na memoria da súa infancia: os camposverdísimos da illa tropical onde naceu, o arrecendo e o sabor das froitas e das bágoas, oseu pai e a súa violencia tan previsible, a tenrura da súa nai, os dioivos destrutivos e aquelsol abrasador, os seus irmáns desaparecidos na enchente e a instalación da familia pretoda cadea onde vivían uns misteriosos refuxiados. O 26 de decembro de 1940, o Atlanticatraca en Port-Louis, con 1.500 xudeus a bordo, rexeitados de Palestina e deportados áilla Mauricio, entón colonia británica. Daquela Raj non sabía moito sobre o mundo, nintampouco sobre as traxedias que estaban acontecendo. Tiña dez anos. A curiosidadelevouno xogar no bosque da cadea onde traballaba o seu pai e desde alí viu a David nopatio da cadea. Sabía que deberían ser amigos. Unha novela conmovedora, que posúe asonoridade dunha canción triste, onde cada frase pode chegar a emocionar. Unha nove-la aclamada polos lectores en Francia, onde obtivo os premios de novela FNAC 2007, odos lectores de L’Express 2008 e o Cultura e Bibliotecas para Todos 2008.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Relacións humanas, conflitos sociais, amizade.

XÉNERO

Novela.

Page 21: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

A Cabeza de MedusaAutora: Marilar AleixandrePREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA DE LITERATURA XUVENIL, 2008PREMIO THE WHITE RAVENS

(INTERNATIONALE JUGEND BIBLIOTHEK), 2009Xerais Fóra de Xogo224 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1365116

ISBN: 978-84-9782-900-7P.V.P.: 12,50 €

ARGUMENTO

A novela arrinca con contundencia: «O venres en que ía ser violada amenceu bochorno-so». É unha obra que nos sitúa na historia de Sofía, unha estudante de bacharelato que,xunto coa súa amiga Lupe, vai ser violada por un descoñecido. Violada, como as mulleresdos mitos clásicos que estudan na clase de Latín; como Medusa, a máis fermosa dasGórgonas, forzada por Neptuno. E se na mitoloxía a deusa Minerva, no canto de castigaro violador, castiga a Medusa transformándolle a cabeleira nun niño de serpes e conde-nándoa a converter en pedra a quen a mire, Sofía e Lupe tamén sentirán o castigo da parteda sociedade que pensa que «as rapazas en minisaia están pedindo a berros que as violen».Dende a noite da agresión comeza para as mozas o pedregoso camiño da busca da xusti-za. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ouaferrarse aos que as alentan a seguir na procura da dignidade e do dereito a superar o suce-dido. Narrada en terceira persoa, conxuga a descrición, a narración, o diálogo e o xéneroxornalístico, para conseguir, en palabras do xurado que lle outorgou o premio, «unha prosaáxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acon-tecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve». Os personaxes, enmaior medida adolescentes, son tratados cunha elaborada caracterización que os identifi-ca coa mocidade actual, o cal lle imprime verosimilitude. A verosimilitude verase taménapoiada por unha localización espacial concreta. A amizade, a solidariedade e a esperanzaenchen as páxinas dunha obra comprometida que aborda con rigor e coñecemento untema difícil, o da violencia, neste caso sexual, exercida contra as mulleres.

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Violencia sexual, amizade, solidariedade.

XÉNERO

Novela.

Fich

ade

lect

ura

Page 22: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Quen matou a Inmaculada da Silva?Autora: Marina MayoralXerais Fóra de Xogo192 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365117ISBN: 978-84-9782-566-5P.V.P: 10,45 €

ARGUMENTO

Etelvina de Silva, orfa de nacemento, educada en Madrid dende moi nova polo seu tíoAlberte, durante o curso escolar e o verán que pasou en Brétema, na casa das súas trestías avoas, descubre a súa vocación literaria. Axudada pola súa curmá Catara e porJuancho, un compañeiro do instituto con ansias de artista do que se namora, acome-terá unha investigación no seu pasado familiar, que a levará a tratar de averiguar quesucedeu realmente aquela noite na casa familiar da Braña, onde hai tres décadas morre-ron Antón do Cañote, un fuxido, un loitador sen esperanza, e Inmaculada de Silva,unha antepasada, unha beleza, unha cazadora de primeira, a quen todos din que elamoito imita. Tras esta experiencia, Etel sabe que será escritora, a súa maneira de deixarunha pegada do seu paso polo mundo, ao tempo que se decata de que na literaturacomo no amor sempre hai cabos soltos

NÚCLEOS TEMÁTICOS

Amor e amizade, conflitos sociais, relacións humanas.

XÉNERO

Novela.

Page 23: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

MakinariaAutor: Carlos NegroXerais Fóra de Xogo80 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1365120ISBN: 978-84-9782-553-5P.V.P: 10,45 €

Makinaria de Carlos Negro é unhaaceleración poética de cero a cenen tres segundos. Se tes arredor dequince anos, vas de malote e mallasna música, este pode ser o teu libro;

un libro de versos co depósito cheode gasolina, testosterona e alcohol;un libro de versos tuneados,maqueados de furia xuvenil,sen máis límite que o docontaquilómetros que sinala unharuta suicida; un libro de versossen final feliz: porque a Morteconverte a euforia en chatarra,porque só admite como metao destino cemiterio.

Unha primavera para AldaraAutora: Teresa MourePREMIO DE TEATRO RAFAEL DIESTE, 2007PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES

EN LINGUA GALEGA, 2008PREMIO MARÍA CASARES

AO MELLOR TEXTO ORIXINAL, 2009Xerais Fóra de Xogo248 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1365122ISBN: 978-84-9914-027-8P.V.P: 10,45 €

Peza teatral que se desenvolve nointerior dun mosteiro, na Galiciado século XV. No exterior estoupa aRevolta Irmandiña contra os abusosdos nobres feudais. Ao conventochega Don Nuno, un cabaleiroirmandiño ferido gravemente nabatalla. As regras non permitenpresencia masculina no mosteiro,porén Aldara, a abadesa decidepoñer por diante a misericordiae acoller ao forasteiro.

Bartleby, o escribenteAutor: Herman MelvilleTradutora: Eva Díaz RodríguezXerais Xabaril88 páxinas/ 1ª ediciónCódigo: 1325506ISBN: 978-84-9914-020-9P.V.P: 10,00 €

Bartleby é un escribente excelenteque despacha unha cantidadeextraordinaria de documentos na ofi-cina de Wall Srett onde traballa ás

ordes dun avogado. Porén, un bo día,cando o seu xefe lle pide que examinecon el un documento, Bartleby senega con total serenidade dicindo:«Preferiría non facelo». Dende entón,diante de calquera requerimentodo abogado, o narrador do relatode nome descoñecido, contesta coamesma frase: «Preferiría non facelo».O avogado descubre que Bartlebyquedou vivir na oficina e, comose nega a obedecerlle e despoisa escribir máis, o despide.

2ºCICLODAESOOUTRAS LECTURAS RECOMENDADAS

Page 24: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Veleno tintoAutor: Ramón CarredanoXerais Fóra de Xogo192 páxinas/ 2ª ediciónCódigo: 1365111ISBN: 978-84-9782-723-2P.V.P: 10,45 €

Naquela mañá de inverno de 1319,Frei Samuel, o humilde monxesandador do mosteiro de Toxosoutos,camiñaba cara a Noia cunha dorde frieiras que case o facía chorar.

No castelo de don Rui de Sogade Lobeira, agardábao o bispoBerenguel de Landoire coaintención de agradecerlle unimpagable servizo que o freire lleofrecera na súa loita contra os quepretendían apartalo do bispado deCompostela. Mais, a morte dundos criados de don Rui, envelenadopor beber dunha xerra de viñoquente, obrigará ao pícaro e inteli-xente freire a realizar unha concien-ciuda investigación.

Fich

ade

lect

ura

Corredores de sombraAutor: Agustín Fernández PazIII PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO

Xerais Fóra de Xogo232 páxinas/ 7ª ediciónCódigo: 1365091ISBN: 978-84-9782-425-5P.V.P: 10,45 €

Verán de 1995. No pazo dosSoutelo, ao facer unhas obras derestauración, descúbrese un esqueletodentro dunha alfombra enrolada,

oculto entre dous tabiques.Un cadáver emparedado hai máisde cincuenta anos, cun furadode bala na cabeza. Quen é o morto?Que man empuñou a pistola queo asasinou? Clara Soutelo, testemuñainvoluntaria da descuberta, asumeo reto de desvelar o misterio quese agocha tras as dúas preguntas.Unha investigación complexa,que a levará a indagar no pasadoda súa familia.

Fich

ade

lect

ura

A Pomba e o DegoladoAutora: Fina CasalderreyXerais Fóra de Xogo176 páxinas/ 3ª ediciónCódigo: 1365100ISBN: 978-84-9782-559-7P.V.P: 10,45 €

A André foron demasiadas cousasás que non lle sentaron ben nos tresanos que leva no instituto, ondenin sequera podía refuxiarse noaseo para coller alento. Os recreos

estaban tomados por Héctor Solla eRaúl Pernas, unha sorte de matónsclandestinos que lle facían a vidaimposible a el e a súa compañeiraHalima Atif. Por fortuna na casa,onde tamén se viven tempos moidífíciles, atopará acougo ás súascoitas facéndose cargo dos paxarosdo seu avó e chateando, baixo onick de «Degolado», con «Pomba»,unha amiga cibernética que oaxudará a descubrir que pagaa pena confiar na xente.

Fich

ade

lect

ura

Page 25: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

PRIM

EIR

OBACHARELATO

LECTURASRECOMENDADAS

Page 26: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

O único que queda é o amorAutor: Agustín Fernández PazIlustrador: Pablo AuladellPREMIO XOSÉ NEIRA VILAS AO LIBRO XUVENIL DO ANO, 2007PREMIO ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 2007V PREMIO LITERARIO FREI MARTÍN SARMIENTO

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA XUVENIL, 2008176 páxinas / 4ª ediciónCódigo: 1334501ISBN: 978-84-9782-628-0P.V.P: 14,25 €

ARGUMENTO

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro derelatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo,Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento podero-sísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles a vida doutro xeito. Mais taménexperimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amoren todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata que se mantén máisalá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese senti-mento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, comoescribe Orhan Pamuk en Neve, «na vida o único que queda é o amor». E sempre, oslibros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

A CRÍTICA DIXO

Un libro excelente, con claves de recoñecemento para todos os lectores e lectoras amantes daboa literatura.

Isabel Soto, Protexta

Entendo este libro (…) como un dos máximos logros que o autor nos deu ata o de agora.(…) Fernánde Paz confirma con creces a súa paixón e talento como narrador de amploespectro.

Ramón Nicolás, La Voz de Galicia

Amorosas luzadas de tenrura: o resaibo do desamor anda a pairar na práctica totalidadedestes contos.

Page 27: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

PeaxesAutor: Santiago LopoXerais Narrativa96 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331271ISBN: 978-84-9782-958-8P.V.P: 15,80 €

ARGUMENTO

Desde a súa ventá ao mundo, un caixeiro de peaxe da autoestrada bota unha ollada ásfraccións de vidas que se cruzan con el acotío. Esas instantáneas compoñen unha cola-xe que lle axuda a fuxir da soidade. A partir destes encontros fugaces, ceiba a súa ima-xinación e crea un universo ao ritmo da música que sae dos nosos vehículos cando bai-xamos a xanela para pagar, un planeta movido por anacos de conversas que desapare-cen a cen quilómetros por hora. Desde a cabina, o narrador obsérvanos, temeroso demergullarse na nosa rutina, mais contento de que rompamos a súa. Os usuarios daautoestrada erixímonos en protagonistas dun relato áxil que acelera nas curvas perigo-sas. En Peaxes conflúen todas as Galicias existentes e as imaxinadas, demostrando querealidade e ficción comparten a miúdo o noso destino. Unha novela breve, coa queSantiago Lopo debuta no catálogo de Xerais, que fará gozar a lectores e lectoras.

A CRÍTICA DIXO

Un relato que engancha, inzado de cancións de moitos estilos, de diálogos intrascendentes,de reflexións sobre a sociedade contemporánea.

Lorena Domínguez Mallo, Lg3. Culturagalega.org

A novela, mercé á súa atinada estrutura, tamén fotografa o noso momento contemporáneo,e non só por esa banda sonora continua que rodea cada vida e que caracteriza ou identifi-ca a tantos deles (…), facendo gala dunha salientable capacidade imaxinativa e esculcado-ra de actitudes e intereses, onde non se omite a presenza do humor e da ironía no deseñoduns personaxes que finalmente, deixan de ser ficción para converterse en seres de carne eóso.

Ramón Nicolás, La Voz de Galicia

Page 28: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

O xardín das pedras flotantesAutor: Manuel Lourenzo GonzálezPREMIO XERAIS DE NOVELA, 2008Xerais Narrativa528 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331258ISBN: 978-84-9782-908-3P.V.P: 22,50 €

ARGUMENTO

O xardín das pedras flotantes, a obra de Manuel Lourenzo González, gañadora do XXVPremio Xerais de Novela, é o relato dun amor extraordinario de dous adolescentes,Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a IdadeMedia e nos conduce até a actualidade. Unha historia fermosa gobernada por unhagran imaxinación e ateigada de riquísimas crónicas que acaban encaixando na engra-naxe da novela coa precisión da maquinaria dun reloxo. Botando man de elementos daliteratura fantástica ou da traxedia e sen esquecer nunca un sutil e estimulante sentidodo humor, esta novela potente homenaxea esa literatura que viaxa de Lovecraft a Poe,e adobíase, desde as roupas da contemporaneidade, cos intensos sentimentos humanosque o amor provoca nos comportamentos dos personaxes. Desde o discurso memoria-lístico inicial, que o personaxe realiza e que preside toda a narración –orixinándosemoito antes da súa propia infancia– até o desenlace final, o lector non perde de vistaen ningún momento que a historia de Simón e Anabel é o auténtico motor que tece oentramado singular desta novela entretida, viva, vizosa e sedutora.

Blog da novela: http://batume.blogspot.com

A CRÍTICA DIXO

Unha novela na que a palabra ten forza creadora e na que podemos viaxar a través dotempo e do espazo ata límites insospeitados. Temos un relato inzado de imaxes orixinais eimpactantes a sucedérense nun burbullar ininterrompido…

Lorena Domínguez Mallo, Lg3. Culturagalega.org

É unha novela que pode pór medo pola súa extensión e a complexidade das múltiples tra-mas, pero abondo ben tecida como para que sexa das que enganchan, mergullan entre assúas páxinas, e non deixan soltala até o final.

Lara Rozados, Protexta

Page 29: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Nin che contoPara coñecer e gozar da micronarrativaAutor: Xosé Manuel Eyré ValXerais Facer Escola216 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1349066ISBN: 978-84-9782-946-5P.V.P: 16,00 €

ARGUMENTO

Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a carac-terización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máisexpectativa está creando no comezo deste século e que está a provocar a remodelacióndo sistema narrativo e mesmo de todo o sistema literario. Este tipo de discursos son unexercicio de exquisita pureza, porque na brevidade o xenuinamente literario brilla conluz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen. Pero paraconseguir descifrar o seu código, os microtextos precisan dun lector específico, capazde representar na súa mente todo o que non figura por escrito, de aí a importancia quese lle concede neste estudo á actitude dinámica, activa, creativa e lúdica dos lectores electoras. Ademais de realizar un percorrido polos textos breves canónicos da literaturauniversal, en Nin che conto ofréceselle un extenso espazo aos autores e textos máis repre-sentativos da micronarrativa galega.

O AUTOR DIXO

Un consello para aquelas persoas que queiran practicar este modelo literario.

Pode parecer unha práctica cultista. E non. É moi democrática. Calquera pode crear boamicronarrativa. Por exemplo, aí están os chistes. Cómpre non ter medo. E coma sempre,reler e resescribir moito, puír constantemente, ser perfeccionista, ambicioso, rebelde.

Entrevista de César Lorenzo Gil co autor, A Nosa Terra

Page 30: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Festina lenteAutor: Marcos S. CalveiroXerais NarrativaPREMIO DA CRÍTICA, 2008PREMIO IRMANDADE DO LIBRO AO MELLOR LIBRO GALEGO DO ANO, 2009288 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331254ISBN: 978-84-9782-786-7P.V.P: 17,10 €

ARGUMENTO

Devagar, un carro baixa chirlando polo Preguntoiro ateigado de libros prohibidos e expur-gados polo Santo Oficio. Estamos en Compostela no ano do Noso Señor de 1627 e esteé o colofón do códice que o encadernador Ambrosio Cavaleiro coseu no seu obradoiro darúa da Armada dende que era un aprendiz. As campás, tristeiras, repenican a defunto, ovento zoa nas rúas e esparexe o capítulos todos da súa existencia. As páxinas de pergami-ño, como faíscas, danzan sobre os tellados e os campanarios furtando á voraz desmemoriaas lembranzas fuxidías, os acenos, mecos e rostros dunha vida. O coñecemento, como apedra gravada polos arxinas a cicel e maceta dende a noite dos tempos, permanece no alen-to dunha idade incerta asolagada polo silandeiro andazo da intolerancia. Festina lente é aprimeira novela para público adulto de Marcos S. Calveiro, unha das maiores descubertasda narrativa galega recente. Novela histórica, ambientada na Compostela do século deza-sete, escrita con enorme alento e prosa inusualmente depurada, propón ao lector unhaintrigante viaxe polo mundo dos libros e o coñecemento nun tempo de intolerancia.

Blog da novela: http://ambrosiocavaleiro.blogspot.com

A CRÍTICA DIXO

Festina lente devórase a modo e, ao tempo, deleita a ritmo trepidante. A áncora retén aolector desexoso de non rematar a historia e o golfiño empúrrao ao final, interesado, intriga-do coa vida de Ambrosio Cavaleiro e a dos seus libros. Cando ambos se entrelazan no final,o lector comprende o significado derradeiro da empresa. Está diante dun dos libros máis fer-mosos que leu nos últimos tempos. Ogallá o seu éxito (que eu aventuro e desexo) sexa o daliteratura galega, necesitada sempre de libros desta estirpe, gozosos, divertidos e cheos detalento narrativo. «Fortuna audaces iuvat.»

Blog Arume dos Piñeiros

Dime un bo conselleiro: tes que lelo. E entre a viaxe no avión a estas últimas horas alí avai, unha novela moito máis ca fabulosa.

Blog As túas balas

Page 31: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SEGUNDOBACHARELATO

LECTURASRECOMENDADAS

Page 32: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Sol de InvernoAutoar: Rosa AneirosPREMIO XERAIS DE NOVELA, 2009Xerais Narrativa512 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331275ISBN: 978-84-9914-032-2P.V.P: 22,00 €

ARGUMENTO

Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha nove-la comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha per-sonaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde aperdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás cir-cunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cuba-no; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba ondeatopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infi-nita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenarioclave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes.

Para o xurado do Premio Xerais 2009 «Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico emáxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso,que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súasferidas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela quedestaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.»

Page 33: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

A batalla do paraíso tristeAutor: Xosé Ramón PenaXerais Narrativa264 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331264ISBN: 978-84-9782-922-9P.V.P: 16,50 €

ARGUMENTO

Entre 1940 e 1941 Europa arde baixo as lapas da II Guerra Mundial. Fuxindo das bom-bas e da barbarie nazi, milleiros de refuxiados acoden a Lisboa na procura dun visado quelles permita atinxir a liberdade. No medio daquela multitude está Antoine de Saint-Exupéry. O autor d’O principiño residiu na capital portuguesa antes de marchar cara aAmérica e definiuna como un paraíso triste. Fuxindo do París ocupado, Fernando Freitas–antigo oficial portugués– retorna ao seu país co obxectivo de cruzar o Atlántico. Contodo, os días son eternos na angustia da espera. Descuberta a súa verdadeira identidade,vese involucrado no medio da batalla que se está a librar na cidade entre os distintos ser-vizos secretos, convertindo Lisboa nun niño de espías: un espazo de ambigüidades que secomplica coa relación que Freitas vive coa actriz de revistas Catarina Gusmão. A batalla doparaíso triste é unha novela de acción e de espionaxe, pero tamén un relato de amores, espe-ranzas e desenganos; de amizades e traizóns: a crónica dunha Lisboa pobre e gris que aditadura salazarista tenta ocultar co centileo dos hoteis de luxo e os espectáculos musicais.

A CRÍTICA DIXO

Pena preséntanos nesta novela unha recreación da Lisboa dos anos da II Guerra Mundial,onde conviven salazaristas, axentes nazis e ingleses, conspiradores fascistas portugueses eaproveitados que tentan facer boa feira á conta dos xudeus perseguidos e dos seus bens. Penagradúa a intigra de forma apropiada e ata asistimos, no desenlace, á fustración dun aten-tado contra Salazar, na liña cinematográfica de Chacal, ou crea ambiente de persecucións,cafés e interiores onde se desenvolven os feitos, que nos lembran obras mestras do cine comoCasablanca ou O terceiro home.

Manuel Rodríguez Alonso, Cartafol. Vieiros

Pena non sirve á historia senón que se sirve dela, no senso máis nobre, o que veñen empre-gando certos novelistas rigorosos a partir de Pérez Galdós (…) Eses novelistas honestos, comoXosé Ramón Pena, o que fan é deseñar personaxes de verdade con argumentos pespunteadospolos feitos históricos que interese contar.

Vicente Araguas, Nordesía. Diario de Ferrol

Page 34: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

PirataAutora: María ReimónezXerais Narrativa344 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331273ISBN: 978-84-9782-557-2P.V.P: 17,00 €

ARGUMENTO

A Mark Read levoulle moito tempo atopar o seu lugar. Mais aquí está, na cuberta doWilliams. Despois da guerra en Flandres, da súa infancia como criado, das súas aven-turas na mariña mercante, á fin atopou a súa identidade como pirata. Mais se cadra asúa busca non está completa, se cadra aínda lle queda moito por contar. Na súa histo-ria falta aínda a coraxe de Anne Bonney e as preguntas que nin sequera Madame Ébanofoi capaz de contestar. Están todas aínda abertas no mar. Pirata de María Reimóndezé unha novela que fala da busca da identidade, da loita atroz pola liberdade en temposdifíciles e da esperanza de poderse sentir no fogar, mesmo nos lugares máis insospeita-dos. No marco real do século XVIII as súas personaxes deixan no mar estelas que falandas múltiples posibilidades da vida.

Blog da novela: http://pirata.blogaliza.org

A CRÍTICA DIXO

Un entretido e apaixoante retrato de persoas que non se pregaron aos férreos designios sociaisda Europa do século XVIII.

A. Losada, Xornal de Galicia

Page 35: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Monbars o ExterminadorAutor: Hixinio PuentesIX PREMIO EIXO ATLÁNTICO

DE NARRATIVA GALEGA E PORTUGUESA, 2006Xerais Narrativa488 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331263ISBN: 978-84-9782-87-1P.V.P: 19,00 €

ARGUMENTO

Monbars o Exterminador de Hixinio Puentes é unha novela de aventuras, con alento deStevenson ou John Steinbeck, escrita con certa tinta aceda. O protagonista rebélase eopina sobre conceptos como a lei, autoridade, monarquía, liberdade, moralidade… erealiza un canto ao mar e as súas extraordinarias peripecias vitais. Monbars, alcumado«o anxo exterminador’» pola súa xenreira aos españois é un xentilhome languedocianoda segunda metade do século XVII, que pasa a súa xuventude como filibusteiro da illaTartaruga, no tempo dos grandes piratas do Mar Caribe, o Olonés, Morgan, etc. Desdeo seu retiro nas illas anglonormandas, zona tradicional do matute entre as dúas ribei-ras do Canal da Mancha, vai referindo ao seu criado as lembranzas dunha vida preña-da de violencias, un mundo marcado pola pertenza ao credo hugonote, as guerras derelixión, as monarquías absolutas, o ambiente corsario bretón, a xenreira contra osespañois e o seu vivir diario na illa Jersey e na xeografía do golfo de Saint-Malo, bur-lándose das leis e mostrando o seu gusto pola poesía goliardesca de François Villon.Unha novela para gozar da lectura que mereceu o Premio Eixo Atlántico de Narrativagalega e portuguesa na súa última edición.

A CRÍTICA DIXO

Esta é unha extraordinaria novela. Extraordinaria na súa documentación, peripecias con-tadas, desenvolvemento e, fundamentalmente, orixinalidade dentro do noso corpus narra-tivo. Hai aventura, reflexión, piratas, violencia, perversidade e bondade. Unha novela queratifica a prevalencia da literatura galega. Unha novela que nos completa e alimenta consólida ficción. Magnífica, sen dúbida.

Xosé Carlos Caneiro, Culturas. La Voz de Galicia

…manifestamos abertamente o noso entusiasmo por unha obra de moitísimo mérito reco-mendando a súa lectura para os que estean desexosos de boa literatura.

Héitor Mera, Faro da Cultura. Faro de Vigo

Page 36: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

RioferoAutor: Xelís de ToroXerais Narrativa248 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331268ISBN: 978-84-9782-947-2P.V.P: 16,50 €

ARGUMENTO

O río marca unha dirección e abre unha viaxe. As personaxes de Riofero, a última nove-la de Xelís de Toro, suben río arriba: fuxidas e búsquedas. Vidas fracasadas ou aventu-reiras, todo serve de alimento ao espírito voraz do río. Un Riofero de lendas e pantas-mas. Un Riofero de humanos que tornan feras e vidas que esvaen ata converterse ensombras. Con Riofero, Xelís de Toro, lánzase na compaña dunha curiosa tropa de per-sonaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán, en palabras doautor «eu apuntar apuntei ao corazón da literatura, mais era de noite e a besta movía-se, pero eu apuntar apuntei e disparar disparei, iso é o único que importa».

Blog da novela: http://laboratoro.net/riofero_blog

A CRÍTICA DIXO

Falamos dunha novela ricamente ambientada. Maila tratarse dun lugar inconcreto, dunlugar de ficción, esa fronteira, ese Riofero fronteirizo, a atención ao detalle é permanente.O narrador, coma se fose un lector de píxeles non deixa recuncho de cada un dos fotogra-mas, de cada unha das escenas, por describir, por comentar, por apuntar.

Héitor Mera, Faro da Cultura. Faro de Vigo

Novela visceral, escrita por un autor de pouso literario profundo que escribe coa mesma pro-fundidade e vehemencia. Novela de marxinados, apaixonados, derrotados.

Xosé M. Eyré, A Nosa Terra

Page 37: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

PARASEGUIR

LENDO

LECTURASRECOMENDADAS

Page 38: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

A claseAutor: F. BégaudeauTradutores: XavierSenín / Isabel SotoXerais Narrativa256 páxinas / 2ª ed.Código: 1331267ISBN: 978-84-9782-942-7P.V.P: 18,50 €

ARGUMENTO

François Bégaudeauconstrúe unha crónicado seu labor como profesor,engadindo as súas dúbidase poñendo de manifesto asdificultades que xorden nasaulas, nos claustros, entre osadolescentes e tamén entreos adultos. Este é o relatoda vida nunha clasemulticultural da bisbarraparisina, con todas astensións entre profesorese alumnos, que en certamaneira traducen o conflitoentre ricos e pobres, entreaqueles que posúen o sabere aqueles que non o teñen.Unha adaptación da novelafoi levada ao cine porLaurent Cantet, e obtivo aPalma de Ouro do Festivalde Cannes 2008.

Mal de escolaAutor: Daniel PennacPREMIO RENAUDOT, 2007Xerais Narrativa312 páxinas / 2ª ed.Código: 1331265ISBN: 978-84-9782-909-0P.V.P: 20,50 €

ARGUMENTO

Mal de escola abordaa cuestión da escola e daeducación dende o puntode vista dos malos alumnos.O autor, un dos máiscelebrados das letrasfrancesas contemporáneas,un pésimo estudanteadolescente, estuda estafigura do folclore popularoutorgándolle a nobleza quese merece e restituíndolle acarga de angustia e dolorque a acompaña. Mesturaas testemuñasautobiográficas conreflexións sobre a pedagoxíae as disfuncións dainstitución escolar, o papeldos pais e da familia copapel da televisión e dosmedios de comunicaciónactuais, a sede de aprendiza-xe coa dor de ser un malestudante.

Mondoe outras histoirasAutor: Le ClézioPREMIO NOBEL

DE LITERATURA. 2008Xerais Narrativa296 páxinas / 1ª ed.Código: 1331266ISBN: 978-84-9782-943,4P.V.P: 18,00 €

ARGUMENTO

En Mondo e outrashistorias, protagonistas denomes exóticos (Mondo,Lullaby, Alia, DanielSindbad…), rapazase rapaces que arelanexperimentar toda castede sensacións, descobrenas súas propias fantasíasgrazas a viaxes que realizana poder de imaxinación.Suxeridoras viaxes que noslevan a Barasali, DahlarKebir ou Hazaran, ondea luz, a cor, o sol, rexenas súas vidas que precisansaír ó mar, botárense ómundo á procura dos seussoños. Son adolescentes,cos seus problemas,que procuran a naturezacomo elemento liberador.

Page 39: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Herba mouraAutora: Teresa MoureP. XERAIS DE NOVELA, 2005P. DA ASOCIACIÓN DE

ESCRITORES EN LINGUA

GALEGA, 2005P. IRMANDADE DO LIBRO Á

AUTORA DO ANO, 2005P. BENITO SOTO Á MELLOR

NOVELA DO ANO, 2005P. DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 2005Xerais Narrativa448 páxinas / 5ª ed.Código: 1331217ISBN: 978-84-9782-347-0P.V.P: 20,00 €

ARGUMENTO

Herba Moura é un cantoás paixóns: á paixónamorosa, dende logo, maistamén a outras paixónsdeostadas como a do amorpolo coñecemento,a da amizade, a damaternidade, a da lectura ea da palabra. Unha novelaque deita unha olladacrítica sobre o devir dasmulleres na historia,dándolles voz e recuperán-doa para elas.

O club da calcetaAutora: M. ReimóndezP. DE NOVELA

SAN CLEMENTE, 2007Xerais Narrativa272 páxinas / 4ª ed.Código: 1331231ISBN: 978-84-9782-437-8P.V.P: 17,10 €

ARGUMENTO

Seis mulleres moidiferentes entre si acodena clases de calceta, un lugaronde converxen as súasfrustracións pero, tamén,un lugar onde tomanconciencia da súa situacióne da necesidade desuperala. Inspiradasna figura liberadora da tíaDavina, Matilde, Anxos,Rebeca, Elvira, Luze Ferananda van facendoás lectoras e lectorespartícipes da súahistoria desde unmultiperspectivismo quedesfai os fíos dunhasociedade machista.

ResistenciaAutora: Rosa AneirosP. DE NOVELA

SAN CLEMENTE, 2003Xerais Narrativa304 páxinas / 8ª ed.Código: 1331183ISBN: 978-84-8302-925-1P.V.P: 19,70 €

ARGUMENTO

Resistencia é unha novelade amores afastados na quetodo o move o amor, quecase sempre nace inocentee que axiña se vaitornando complexoé difícil. Unha novelamemorable que se moveentre a exaltación daresistencia política exercidapor algúns personaxese o amor entendido comoalgo cruel que converte aspersoas en escravas. Novelaapaixonante, escritaco ímpeto da vida, difícilde esquecer; Resistencia é,pois, toda unha singraduraa través da historiaportuguesa da man dedúas familias maldicidaspola escravitude do amor,a morte e o silencio.

Cade

rnode

crític

as

Page 40: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Galván en SaorPREMIO XERAIS DE NOVELA, 1989Xerais Narrativa / 176 páxinas / 17ª ediciónCódigo: 1331047 / ISBN: 978-84-9782-328-9 / 15,80 €

O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos daBretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro,aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graale das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura, homenaxeaos antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece.

Cándido Branco e o Cabaleiro NegroXerais Narrativa / 180 páxinas / 4ª ediciónCódigo: 1331072 / ISBN: 978-84-9782-299-2 / 15,80 €

Cándido Branco xa estaba canso de camiñar e decidiu pasar a noite ao raso. Escolleu unsitio ao abrigo dun piñeiro, e merendou do pan e do queixo que lle quedaba. Aínda falta-ba un bo pedazo para a noite. O mar estaba tranquilo e brillaba baixo os inxergados raios,do sol. Aló abaixo, na pequena baía ao pé dos penedos, había un dragón varado na area.

Vidas senlleirasPREMIO CIDADE DE LUGO, 1992Xerais Narrativa / 140 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331079 / ISBN: 978-84-9782-300-5 / 15,80 €

A parroquia de Rozas déitase ás beiras do río Anllo no verdadeiro corazón da terra Cha.O Anllo, que polas terras de Abadín é aínda un río de curso decidido e semellante dosoutros, ao entrar en Goá faise repousado e dubidoso, tanto que no preciso límite entreesta parroquia e a de Moncelos divídese en dous, e o brazo menor colle o nome deGuisande para ir facer a famosa lagoa de Valverde, onde disque xace asolagada unha cida-de con lousados de ouro, verdes polo tempo e o lidro das augas.

Fortunado de TrasmundiXerais Narrativa / 240 páxinas / 8ª ediciónCódigo: 1331058 / ISBN: 978-84-9782-438-5 / 15,80 €

É a historia dun curioso personaxe dun fantástico país, o paraíso secreto das Sete parro-quias, que sae a percorrer o mundo pola Galicia toda e, aquí e acolá, coñece tipos, his-torias e situacións que permiten ó autor a caricatura de todos nós, figuración e parodiado tempo e da sociedade que vivimos.

SELECCIÓ

NCABANA

Page 41: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NDETORO

Tic-TacPREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1994 / PREMIO SAN CLEMENTE, 1994Xerais Narrativa / 320 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331188 / ISBN: 978-84-9782-002-8 / 21,35 €

Xa van máis de dez anos dende que se publicara Tic-Tac por primeira vez, unha obra queo seu autor definiu entón nalgunha entrevista cos epítetos «perturbadora», «patética» e«sinistra», e que supuxo un terremoto nas axitadas augas literarias galegas. A presente deXerais é a edición definitiva, revisada polo autor, dun texto que se converteu en clásicocontemporáneo da narrativa galega.

Home sen nomeXerais Narrativa / 400 páxinas / 3ª ediciónCódigo: 1331225 / ISBN: 978-84-9782-447-7 / 20,70 €

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello ter-minal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigmainvadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enun-ciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria.

Non volvasPREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 2001Xerais Narrativa / 190 páxinas / 6ª ediciónCódigo: 1331155 / ISBN: 978-84-8302-498-0 / 15,80 €

Non volvas recupera a historia dunha muller que abandona a súa vida na cidade recla-mada polo seu pasado e volve ao lugar que lle está prohibido, a aldea da súa infanciaonde súa nai lle pediu que non volvese.

Trece badaladasPREMIO NACIONAL DE NARRATIVA, 2003Xerais Narrativa / 354 páxinas / 8ª ediciónCódigo: 1331174 / ISBN: 978-84-8302-788-2 / 21,05 €

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha produtora de cine ecoñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue,averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao produtor, quen identificará no argu-mento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida.A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunhahistoria de dous amantes sen esperanza.

Cade

rnode

crític

as

Cade

rnode

crític

as

Page 42: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Tempo de centeoXerais Narrativa / 232 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331274 / ISBN: 978-84-9914-004-9 / 16,50 €

Xosé Fernández Ferreiro, que con tanto acerto narrou a traxedia dos paseos e dos fuxi-dos galegos, ofrécenos en Tempo de centeo outra magnífica novela sobre a posguerra.Transcorre naquel pequeno Ourense, clerical e clasista, dos anos corenta e cincuenta dopasado século cando todo eran atrancos e miserias para o pobo.

Agosto do 36PREMIO XERAIS DE NOVELA, 1991Xerais Narrativa / 160 páxinas / 11ª ediciónCódigo: 1331067 / ISBN: 978-84-8302-782-0 / 15,80 €

En Agosto do 36, Xosé Fernández Ferreiro aborda, con todo o dramatismo que compor-ta, o tema da guerra civil en Galicia, relatando, a partir dun feito real, o «paseo» do quefoi víctima unha parella de mestres rurais nunha aldea da serra de Ourense nos primei-ros días do alzamento militar.

Os últimos fuxidosXerais Narrativa / 248 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331209 / ISBN: 978-84-9782-239-8 / 16,60 €

En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todasas mulleres entre dez e setenta anos da parroquia. Decontado achegaríase Robertiño aospenedos da Casa da Moura, onde se agochaba o seu pai, Roberto Ferreño, o seu tío Marciale os seus compañeiros, Severo e Fermín, para contarlles aquela aldraxe e asegurarlles que osdous gardas civís e o falanxista prometeran que «as fusilarían a todas se non lles dicían ondevostedes se esconden».

Millo verdeXerais Narrativa / 176 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331181 / ISBN: 978-84-8302-824-7 / 15,80 €

Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noti-cia de que Xosé Manuel Ortiz Cancela,un profesor dun coñecido instituto de ensinomedio da cidade, foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade. Todoo mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acu-sado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Como era posible seme-llante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia?

SELECCIÓ

NFERREIR

O

Page 43: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NFERRÍN

Arraianos / PREMIO DA CRÍTICA GALEGA, 1992 / PREMIO LOSADA DIÉGUEZ, 1991 /PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1992 / Xerais Narrativa / 200 páxinas / 9ª edición /Código: 1331062 / ISBN: 978-84-9782-128-5 / 15,80 €

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concasdo Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés e Laboreiro, para moitos descoñecido;un mundo a trasmán, separado de todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitadopor xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo,incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os dous lados da raia.

O crepúsculo e as formigas / Xerais Narrativa / 112 páxinas / 15ª ediciónCódigo: 1331056 / ISBN: 978-84-9782-127-8 / 15,80 €

É o intre do crepúsculo. Agora é cando morre a lus e os perfiles das cousas deixan de serconcretos. Achego a miña cara á fiestra, aos vidrios da fiestra, e vexo a rúa longa, ateiga-da de xente informe, coma un carreiro de formigas que fervera estreitamente, escura-mente. Os homes son coma formigas, na vila sen nome. E eu, niste intre do crepúsculo,véxoos desdebuxados, esvaídos, pois o alento da miña boca vai embazando progresiva-mente o cristal que se interpón antre os homes e a miña ollada.

Amor de Artur / Xerais Narrativa / 138 páxinas / 9ª ediciónCódigo: 1331055 / ISBN: 978-84-9782-252-7 / 15,80 €

Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións deMéndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedanteespacio lírico. O mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólve-nos aos territorios da lei da cabalería e do amor cortés. A recuperación dos vellos hero-es, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín… supón o anovamento do pulo creativo, datensión imaxinaria.

Crónica de nós / Xerais Narrativa / 142 páxinas / 5ª ediciónCódigo: 1331071 / ISBN: 978-84-9782-246-6 / 15,80 €

Hogano a nosa cidade estoupa en cachos; cen barricadas cortan cada serán o trafego inso-portábel; fogueiras, lumeiras, fachos de luz e moxenas ao vento coma confeti de deses-pranza (Galicia, desespranza, Cribeiro) mostran a cara dunha patria de cada vez máis con-tra o fondal de si, procurando cega avante; e velos están aí eles, os obreiros, conmovendoas rúas co seu esgutío de vermello e sombra porque é mil novecentos setenta e oito, aíndaque ti non queiras e non ames a faciana proletaria do futuro, patriota de merda.

Cade

rnode

crític

as

Page 44: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NFONTE Os meus ollos

PREMIO LOSADA DIÉGUEZ, 2004Xerais Narrativa / 368 páxinas / 1ª edición /Código: 1331197 / ISBN: 978-84-9782-074-5 / 21,05 €

Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá dePontedeume, Ramiro Fonte converte as páxinas destas memorias primeiras nun relatoemocionante no que recrea ó detalle, cunha prosa esencial, cristalina e precisa, dotadadunha conmovedora ollada poética, a vida dunha vila galega nos anos sesenta.

O ollos da ponteXerais Narrativa / 352 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331208 / ISBN: 978-84-9782-244-2 / 21,05 €

Con Os ollos da ponte, segunda entrega da triloxía «Vidas de infancia», Ramiro Fontevolve reconstruír meticulosamente un espazo físico e moral, a vila de Pontedeume nosúltimos sesenta, desenvolvendo cumpridos panoramas sociais, ao estilo das novelas doXIX.

As pontes do ceoXerais Narrativa / 568 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331248 / ISBN: 978-84-9782-679-2 / 22,80 €

Con As pontes no ceo péchase a monumental triloxía «Vidas de infancia» que RamiroFonte decidiu emprender para reconstruír os ecos dunha vila galega, o Pontedeume dasúa infancia, contrastándoos co rumor dun tempo histórico. Se nos dous primeiros volu-mes o relato primaba a vida familiar e o ámbito da escola, nesta terceira entrega o focoargumental alumea as voces da colectividade.

ReversosXerais Poesía / 168 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1354058 / ISBN: 978-84-9782-921,1 / 16,50 €

Reversos. Días adiados constitúe o derradeiro poemario do poeta Ramiro Fonte.Continuando co ciclo de poemas complementarios de formas clásicas, recompilado enA rocha dos poscritos (Xerais 2005). Cento quince poemas, onde o autor xogando cunhaprolífica secuencia de formas, nas que se emparella o culto e o popular, volve a demos-trar as simetrías entre o clasicismo e a modernidade que caracterizou a toda a súa obra.

Cade

rnode

crític

as

Page 45: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NMIR

ANDA

VestioPREMIO MANUEL GARCÍA BARROS, 1990Xerais fóra de Xogo / 104 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365110 / ISBN: 978-84-9782-690-7 / 10,45 €

A doutora Eva García, destinada no remoto lugar de Viana das Veigas, atópase cun cadáversen rostro e coas mans esmagadas. Xunto ao cadáver aparecen unha carta e un diario. Lendoo diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontece-mentos que non só se refiren as habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súafilla desaparecida hai anos.

As mans do medoXerais Fóra de Xogo / 168 páxinas / 3ª ediciónCódigo: 1365102 / ISBN: 978-84-9782-598-6 / 10,45 €

Desde o día que puxo os pés na casa da praia comezaron a sucederlle dúas cousas que pare-cían non estar relacionadas: empezou a proerlle, arderlle a man esquerda e comezou a pensaren cambiar de lugar o pozo negro. Máis tarde, notou que os dedos perderan sensibilidadecando cavaba un foso no cemiterio, onde atopará unha caixa que atesoura unha man viva.

A biblioteca da iguanaXerais Narrativa / 120 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331089 / ISBN: 97884-9782-414-9 / 15,80 €

Este primeiro libro de contos de Xosé Miranda, agora reeditado, revisado e actualizado poloautor, recolle oito pezas de impecable construción e gran forza argumental que van engaio-lando ao lector a cada paso. Un libro plural, aberto, no que os relatos parten do cotián paraadentrarnos nas perplexidades da vida que sempre acaban por marcar o desenlace.

Morning StarPREMIO XERAIS, 1998Xerais Narrativa / 272 páxinas / 12ª ediciónCódigo: 1331149 / ISBN: 978-84-8302-330-3 / 15,80 €

Unha novela de odios e amores, de sangue, crimes, tiros, coitelos, persecucións, paixóns eesperanzas, gavelas de bandoleiros do século XIX, da busca dun tesouro e de dous rapacesprocurando a liberdade, dun cego que toca a gaita e o violín e fala en verso, dun can bran-co burgalés, dun portugués con tres pegas amestradas e un ollo coma un ovo cocido, dunpozo cun esqueleto, da aprendizaxe da vida, dunha saudade coma un furaco no que can-tan os grilos e dunha afastada estrela que brilla cada día soamente para quen sabe ollala.

Cade

rnode

crític

as

Fich

ade

lect

ura

�Fi

cha

dele

ctur

a

Page 46: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NREINÚÑEZ

Monte Louro / PREMIO BLANCO AMOR, 2009Xerais Narrativa / 688 páxinas / 2ª edición /Código: 1331280 / ISBN: 978-84-9782-557-3 / 24,00 €

Unha muller casa e, tras quedar embarazada, é abandonada polo home, ao que idolatra,no tempo da proclamación da República. O fillo criase como un orfiño nun Muros deposguerra de onde tamén el vai acabar dimitindo polo tempo da súa estrea na mocida-de. O destino tenlle reservada cita en Barcelona cun nome falso, cunha amante que llepermitirá atisbar a plenitude e, de propina, cun crime que o condena a fuxir para sem-pre. Provisto dunha nova identidade desembarcará daquela en Bos Aires, onde a expe-riencia da emigración se verá decontado premiada co éxito e cun grande amor.

O señor Lugrís e a negra sombra / PREMIO DA CRÍTICA, 2007 / PREMIO IRMANDADE DO LIBRO, 2007Xerais Narrativa / 384 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331244 / ISBN: 978-84-9782-641-9 / 19,15 €

Novela ou realidade? A pregunta que moitos lectores deste libro se formularán é a mesmaque sen dúbida se lle presentou milleiros de veces ó gran pintor e escritor Urbano Lugrís(A Coruña, 1908-Vigo, 1973) mentres era arrastrado polo río dunha existencia someti-da a toda clase de vaivéns.

Toda a vidaXerais Narrativa / 384 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331218 / ISBN: 978-84-9782-975-3 / 20,00 €

En Toda a vida, seguimos a historia de Mar Deus e Telmo Andrade, unha parella devellos amantes que sosteñen o seu amor sobre a traizón, na atmosfera moral dun tempode posguerra que conspira contra a entrega física, aínda que non pode evitar que se deana alma desde o seu primeiro encontro. Á fin, a súa firmeza ao longo de cinco décadasacaba redimíndoos na plenitude do derradeiro ano das súas vidas.

A estrela dos polisónsXerais Narrativa / 264 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331192 / ISBN: 978-84-9782-039-4 / 16,60 €

Recaredo Rey, o torreiro soñador e único habitante da illa bocana, recolle nunha praia aAmaro Mengoti, un rapaz de trece anos de familia acomodada que naufragou na gamelaBarandoñas cando saíu a pescar ao facho con Minguiños, o seu amigo de Beluxo. Amaroaprenderá deste fareiro astrónomo e panteísta, de espírito robinsoniano e tocado polo malda melancolía, a identificar no firmamento Liberia, a estrela que guiará a sorte deste rapaz.

Cade

rnode

crític

as

Page 47: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NREIG

OSA

Crime en CompostelaPREMIO XERAIS DE NOVELA, 1984Xerais Narrativa / 248 páxinas / 15ª ediciónCódigo: 1331001 / ISBN: 978-84-9782-229-9 / 15,80 €

Protagonizada polo aventureiro Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde, a obra pre-senta as pescudas arredor dun escuro asasinato na capital de Galicia. Un dos seus maio-res logros é o de converter en coprotagonistas os dous investigadores, as persoas vence-lladas co suceso e a propia cidade de Santiago, retratada aquí coas súas grandezas e mise-rias. Un crime arrepiante sacude á comunidade compostelá e amosa o rostro ocultodunha cidade aínda esotérica e misteriosa.

Pepa A LobaXerais Narrativa / 224 páxinas / 5ª ediciónCódigo: 1331230 / ISBN: 978-84-9782-466-8 / 17,10 €

Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa nove-la de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá degavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia.

IntramundiXerais Narrativa / 312 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 133185 / ISBN: 978-84-8302-922-0 / 19,15 €

O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media atao século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represiónda dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estradaque puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór enmarcha.

A vida do outroPREMIO TORRENTE BALLESTER, 2008Xerais Narrativa / 264 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331269 / ISBN: 978-84-9914-002-5 / 16,50 €

A vida do outro é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O pro-tagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas paraas súas preguntas esenciais. As experiencias e as teimas da súa existencia rematan nunberro radical de afirmación e redención. Porque Miguel, xornalista de éxito e testemuñainsubornable do seu tempo, acaba por dexergar un descoñecido no propio espello.

Cade

rnode

crític

as

Page 48: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

Os libros arden mal / PREMIO ÁNGEL CASAL AO LIBRO DO ANO, 2006 / PREMIO IRMANDADE DO LIBRO

AO MELLOR LIBRO GALEGO, 2006 / PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 2007 / PREMIO AO MELLOR LIBRO DO

ANO LIBREIROS DE MADRID, 2006 / PREMIO DA CRÍTICA GALEGA, 2007 / PREMIO LOSADA DIÉGUEZ, 2007 /PREMIO DA ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 2007Xerais Narrativa / 752 páxinas / 3ª ediciónCódigo: 1331228 / ISBN: 978-84-9782-461-3 / 25,65 €

A novela desenvólvese nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemen-to de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. A protagonista é a lin-guaxe, as verbas que forman parte do corpo, a igual que os ósos, os ollos e os dedos. A loitaentre as palabras feitas para dominar e as palabras eivadas. Entre a linguaxe do poder auto-ritario e a linguaxe que sobrevive na penumbra. A linguaxe bélica e o latexo da fala popular.

Un millón de vacas / PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1989Xerais Narrativa / 94 páxinas / 11ª ediciónCódigo: 1331842 / ISBN: 978-84-9782-606-8 / 13,85 €

Este libro nace da observación. Aquí somos así, señores. A través destes relatos, comofogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contras-tes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos.

O lapis do carpinteiro / PREMIO ASOCIACIÓN DE ESCRITORES EN LINGUA GALEGA, 1999 / PREMIO

LITERARIO ARCEBISPO SAN CLEMENTE, 1999 / PREMIO DA CRÍTICA ESPAÑOLA, 1999 / PREMIO LITERARIO

AMNISTÍA INTERNACIONAL, 2001Xerais Narrativa / 148 páxinas / 23ª ediciónCódigo: 1331145 / ISBN: 978-84-8302-261-0 / 15,80 €

Unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e pos-guerra entre Marisa Mallo, unha fermosa moza de Fronteira filla dunha familia reacciona-ria, e o médico republicano Daniel Da Barca, posuídor da beleza tísica e seguidor da teoríada realidade intelixente do doutor Nóvoa Santos.

En salvaxe compaña / PREMIO DA CRÍTICA GALEGA, 1994Xerais Narrativa / 192 páxinas / 4ª ediciónCódigo: 1331063 / ISBN: 978-84-9782-122-3 / 15,25 €

Os círculos agochados da realidade emerxen como espirais de fume, en inesqueciblesimaxes poéticas, pero tamén en forma de refachos de vento e chuvia, de tormentas quedesvelan perturbadores segredos e vidas conmovedoras. A señora do pazo, Misia, relatacomo os trescentos corvos que debuxan a paisaxe do ceo son os poetas-guerreiros do últi-mo rei de Galicia.

Cade

rnode

crític

as

SELECCIÓ

NRIVAS

Page 49: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NQUEIZ

ÁN

Amor de tangoXerais Narrativa / 192 páxinas / 5ª ediciónCódigo: 1331873 / ISBN: 978-84-9782-593-1 / 15,80 €

Novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recor-dos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os espe-ranzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir omundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira, atlán-tica e liberal que era o Vigo de preguerra.

Ten o seu punto a fresca rosaXerais Narrativa / 296 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331156 / ISBN: 978-84-8302-533-8 / 15,80 €

Un manifesto antisentimentalista, no que se desmitifica o concepto tradicional dematernidade, tanto biolóxica como social. Abórdanse, tamén, cuestións como a perver-sidade da pedofilia, os abusos sexuais, os perigos da reproxenética, os problemas do inter-namento psiquiátrico. Tampouco quedan fóra a presencia dos movementos revoluciona-rios do Vigo dos setenta e o papel dalgúns párrocos, nin a formación do movementofeminista, nin o cambio de mentalidade policial que chegou coa democracia.

CóleraXerais Poesía / 64 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1322214 / ISBN: 978-84-9782-612-9 / 13,85 €

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistenciacontra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebel-día en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confronta-cións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio… A autora reflicte un proceso his-tórico que viviu e padeceu.

O Segredo da Pedra FigueiraXerais Fóra de Xogo / 120 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1365069 / ISBN: 978-84-7507-884-7 / 10,45 €

Lazo, unha rapaza de doce anos, emprende viaxe coa súa tribo dos Amala desde a illa deRocasul cara ao Sur. No barco, a avoa Sensatanai cóntalle a historia dos terroríficosLurpios, que botaran a tribo da illa de Tule por atopar unha espada coa que mataron oGran Dragón. O segredo da pedra figueira é, ao mesmo tempo, relato iniciático, parábo-la contra o poder e evocación de certos aspectos da nosa xeografía, historia e mitoloxía.

Fich

ade

lect

ura

Page 50: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

O recendo das mimosas, Agustín AgraXerais Narrativa / 208 páxinas / 1ª edición /Código: 1331276 / ISBN: 978-84-9782-927-4 / 16,50 €

Unha ducia de relatos forman esta primeira entrega de Agustín Agra en Xerais Narrativa,que se abre coa narración da irremediable metamorfose, que tras a subida das augas, con-verte ás protagonistas de «A tarasca», de forma sucesiva en cobras, serpes, serpentas, e,finalmente, en cocas ou tarascas voadoras; e que se pecha con «Teseo no labirinto», ondese convocan os protagonistas da mitoloxía clásica.

Incertos, Antón DobaoXerais Narrativa / 152 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331251 / ISBN: 978-84-9782-705-8 / 15,80 €

Estes contos incertos de Antón Dobao apuntan ao horizonte do que non é predicible. Sontrece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca dis-tintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real e a realida-de habita outras dimensións.

Para seguir bailando, Francisco X. Fernández NavalXerais Narrativa / 152 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331270 / ISBN: 978-84-9782-975-1 / 15,80 €

Dez magníficos relatos constitúen este novo libro de Francisco X. Fernández Naval, queabre con «Noite de pallabarro», a descuberta adolescente dunha realidade calada, silen-ciada, que alentaba e confundía un tempo sen memoria histórica; e que pecha con «Paraseguir bailando», un relato que amosa a condición fantástica do cotián nun xogo de múl-tiples caras, coma o espello de Rafael Dieste, como o reflectir dos cristais do espello.

Palabras contadas, Camilo FrancoXerais Narrativa / 170 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1331233 / ISBN: 978-84-9782-509-2 / 15,80 €

Inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais decinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da lite-ratura breve, o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melan-colía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor oua alegría. Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane.

SELECCIÓ

NRELATOS

Page 51: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

SELECCIÓ

NNARRADORAS

Cardume, Rexina VegaPREMIO XERAIS DE NOVELA, 2007Xerais Narrativa / 200 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331246 / ISBN: 978-84-9782-655-6 / 16,60 €

Ambientada nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evo-lucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Cunha gran capacida-de expresiva e unha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilís-tica, Rexina Vega reivindica a memoria como conformación da identidade do presente.

As mellores intencións, Begoña PazXerais Narrativa / 120 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331255 / ISBN: 978-84-9782-729-4 / 15,80 €

As vidas de Gabriel e Lis encóntranse en Aldara, a cativa a quen el quere salvar, a quenela só sabe odiar. Amor e odio, verdade e mentira son os alicerces duns personaxes quese debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, porunha vez, todo poida ira a mellor. As mellores intencións é unha historia de amores obse-sivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, Lis polo «miñoca».

A venus de cristal, Chelo SuárezXerais Narrativa / 144 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331249 / ISBN: 978-84-9782-694-5 / 15,80 €

Pietro Puliani é un afamado vidreiro veneciano que posúe grandes coñecementos sobrealquimia e poderes adiviñatorios aprendidos no Exipto. Todo o que rodea a figura dePietro é un gran misterio: vive nun dos illotes de Venecia e habita un suntuoso palacioao que case ninguén accedeu nunca; agocha a súa face baixo unha máscara carnavalesca;goza do respecto da alta nobreza e da protección do Dogo; ninguén sabe a súa idade emoitos pensan que é o mesmo demo.

Case perfecto, Marina MayoralV PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO

Xerais Narrativa / 296 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1331238 / ISBN: 978-84-9782-530-6 / 10,70 €

Un científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecennunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusaá nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta.

Page 52: 01 plan lector eso bach 09 10 int · FlanaganFlash-Back Autora: Andreu Martín / Jaume Ribera Tradutora: Isabel Soto Xerais Fóra de Xogo 240 páxinas / 4ª edición Código: 1365118

III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico /Xerais Teatro / 96 páxinas + CD / 1ª edición /Código: 1396087 / ISBN: 978-84-9914-010-0 / 15,55 €

Rubén Ruibal e César Candelas foron os gañadores do IIIº Premio de Teatro Radiofónico«Diario Cultural» da Radio Galega pola súa obra Peter Buckley, protagonizada polo boxea-dor Peter Buckley, un eterno perdedor que procuraba ser o campión mundial en derrotas.O libro cedé, ademais da obra gañadora, inclúe os textos e as gravacións das outras dúas fina-listas, Servizo de Información de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Ferreira.

Sempre quixen bailar un tango, Teresa González Costa / PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO, 2008Xerais Biblioteca Dramática Galega / 88 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1337056 / ISBN: 978-84-9782-506-1 / 12,25 €

O xurado salientou desta peza a solidez da súa estrutura dramática, cualificándoa comounha obra «moi coidada» e «moi ben construída», así como a súa intención de ridiculi-zar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as apa-rencias, a superficialidade ou o materialismo, en contraste co «poder salvador dos soños».

Historia da chuvia que cae todos os días, Roberto Salgueiro / PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO, 2007Xerais Biblioteca Dramática Galega / 48 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1337051 / ISBN: 978-84-9782-746-1 / 13,30 €

Nun espazo pechado dous personaxes espidos descobren a súa violencia. Un pai e un fillosen adornos, coa dureza dunha realidade que non é tan allea ao país para o que se conta.

Nachtmahr, Raúl DansXerais Biblioteca Dramática Galega / 88 páxinas / 1ª ediciónCódigo: 1337053 / ISBN: 978-84-9782-891-8 / 12,50 €

Un novelista en crise creativa e a viaxe que emprende a través do subconsciente, na procu-ra da súa obra definitiva. O sexo, a morte, as fontes da creación. Monten con Alicia e PeerGynt no cabalo de Mefistófeles e galopen a metraxe de After Hours de Scorsese e os lenzosque soñou De Chirico, galopen até a porta trala que se agocha o enigma da orixe do mundo.

Limpeza de sangue, Rubén RuibalPREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO, 2005 / PREMIO NACIONAL DE LITERATURA DRAMÁTICA, 2007Xerais Biblioteca Dramática Galega / 176 páxinas / 2ª ediciónCódigo: 1337045 / ISBN: 978-84-9782-522-1 / 13,30 €

Os protagonistas, Fernando e Pantaleón, procedentes de mundos aparentemente opos-tos, coinciden, á espera do seu transplante ou do inevitable pasamento, na sala de diáli-se dun hospital. Igualados pola situación e obrigados a facerse compañía, coñecen outrosaspectos da vida aos que a rutina diaria non lles permitiu que lles prestasen atención.

SELECCIÓ

NTEATRO