1. a atmosfera 2. elementos e factores do clima 3. os ... · a atmosfera é a capa de gases que...
TRANSCRIPT
![Page 1: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/1.jpg)
1. A atmosfera
2. Elementos e factores do clima
3. Os climas e a súa distribu-ción xeográfica
4. Os climas cálidos
5. Os climas temperados
6. Os climas fríos
![Page 2: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/2.jpg)
40
1. A ATMOSFERA A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa
dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen ela sería imposible a vida neste planeta.
O nitróxeno e o osíxeno son os compoñentes básicos da atmosfera.
A atmosfera está formada por unha serie de capas. A que está en contacto coa superficie terrestre é a Troposfera e a máis afastada de nós é a Exosfera.
Na atmosfera teñen lugar numerosos fenómenos, como a humidade, o vento, a temperatura, as precipitacións...
• Asnubes,asnéboaseasprecipitacións(choiva,neve,sara-bia) son os relacionados coa condensación do vapor de auga
• A brisa, o vento, ou os fu-racáns, son os fenómenos provocados polo movemen-to do aire.
• O raio,o lóstregoeo tronoson os fenómenos que se deben á electricidade que hai na atmosfera.
• Oarcodavellaéunefecto óptico que se produce can-do os raios solares atrave-san un lenzo de chuvia.
• Abrumaeoposonfenóme-nos provocados por partícu-las non acuosas que están en suspensión na atmosfera e que producen certa opaci-dade.
As capas da atmosfera.
![Page 3: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/3.jpg)
Actividades
41
1. Que é a atmosfera?
A envoltura sólida da capa de gases
A capa líquida da estratosfera
A capa de gases que rodea e protexe a Terra
A parte líquida que rodea a Terra
A capa máis exterior da Exosfera
2. En que capa da atmosfera realizan os voos os avións? E os satélites artificiais? Fíxate no debuxo.
•Os avións na .........................................................................
•Os satélites artificiais na .......................................................
3. Cales son os gases máis abundantes na atmosfera?
Hidróxeno e osíxeno
Ozono e nitróxeno
Nitróxeno e cobre
Nitróxeno e osíxeno
Osíxeno e ozono
4. Como se chama a capa da atmosfera que está en contacto coa superficie terrestre? ...........................................................
..................................................................................................
5. Une con frechas estes fenómenos atmosféricos coa súa causa.
•Furacán •Ovapordeauga
•Raio •Omovementodoaire
•Nube •Aelectricidade
![Page 4: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/4.jpg)
42
2. ELEMENTOS E FACTORES DO CLIMA Que diferenzas existen entre tempo e clima?
• Tempo é o estado da atmosfera nun lugar e momento con-creto e determinado. Así, dise que o tempo é seco, chuvioso, ventoso, frío...
• Clima é a sucesión de tipos de tempo atmosférico caracte-rísticos dun lugar e que se poden observar nun período duns 30 anos.
Cales son os elementos do clima? Os elementos do clima son os fenómenos que se poden medir:
• Atemperatura é o grao de calor da atmosfera debido á ra-diación solar. Mídese en graos centígrados mediante os ter-mómetros e represéntase nos mapas coas isotermas ou liñas que unen puntos de igual temperatura. A diferenza en-tre a temperatura máxima e mínima denomínase oscilación térmica.
• Aprecipitación é a caída de auga á superficie terrestre en forma sólida ou líquida. Mídese en mm ou litros por metro ca-drado mediante o pluviómetro e represéntase nos mapas coas isohietas ou liñas que unen puntos de igual precipitación.
• Ahumidade é a cantidade de vapor de auga que contén a atmosfera. Mídese co higrómetro.
• Apresión atmosférica é o peso do aire sobre a superficie te-rrestre.Mídeseenmb(milibares)medianteunbarómetroere-preséntase nos mapas coas isóbaras ou liñas que unen pun-tos de igual presión. As áreas de alta presión, superior a 1015 mb, chámanse anticiclóns e as de baixa presión borrascas ou depresións; nos mapas indícanse coas letras A e B.
• Osventos son masas de aire en movemento, que se orixinan polas diferenzas de presión e que se desprazan desde as al-tas ás baixas presións. O nome dos ventos indican a súa orixe (ventodonorte,dosur...).Mídensecoanemómetroeexpré-sanse en km/hora. O catavento indica a dirección do vento.
![Page 5: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/5.jpg)
Actividades
43
6. Queindicanasseguintesexpresións:tempo(T)ouclima(C)?
Anuncian que mañá fará sol todo o día
Durante trinta anos a temperatura media do mes de xaneiro foi de 10o
Hoxe saíu o sol pola mañá
A semana pasada fixo moito frío
En Galicia chove todo o ano, pero máis no inverno
7. Completa este cadro dos elementos do clima.
Elementos do clima Definición Unidade de medida Aparato de medida
8. Une con frechas estes conceptos e a súa definición.
• Liñasqueunenpuntos •Isohietas de igual temperatura
•Liñasqueunenpuntos •Isóbaras de igual humidade
•Liñasqueunenpuntos •Isotermas de igual presión atmosférica
9. Que é a oscilación térmica? .................................................................................................
.................................................................................................
![Page 6: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/6.jpg)
44
Os factores do clima son os axentes que modifican os seus elementos. Os factores do clima son:
• Alatitude, que é a distancia ao Ecuador, inflúe fundamen-talmente na temperatura, que será máis elevada canto máis cerca estea un punto do Ecuador.
• Aaltitude, que é a altura sobre o nivel do mar, matiza a temperatura porque cada 1.000 m de altura diminúe 6oC.
• Ainfluencia do mar é un factor climático moi importante. O mar tarda máis tempo en quentar e arrefriar que a terra, por iso suaviza as temperaturas, de xeito que no interior dos continentes sempre fai máis frío ou máis calor que na costa.
• Ascorrentes mariñas son masas de auga dos mares que se desprazan por efecto da rotación terrestre e os ventos. Unhas son cálidas e outras frías, e inflúen no clima das costas que bañan temperando ou arrefriando as tempera-turas.
• Osanticiclóns, que son centros de alta presión, traen tem-po despexado e estable; e as borrascas, que son centros de baixas presións, traen tempo nubrado e inestable.
• Asmasas de aire teñen características propias: as tropicais son cálidas e as de orixe polar son frías. Cando percorren os océanos son húmidas, mentres que se atravesan os continentes son secas.
![Page 7: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/7.jpg)
Actividades
45
10. Que efecto producen os factores do clima?
Diminúen os perigos de incendio Modifican os elementos do clima Aumentan as precipitacións Non afectan ao clima
11. Como afecta a latitude nas temperaturas?
Diminúen os perigos de incendio A temperatura é maior canto máis cerca estea o punto do
Ecuador A temperatura é maior canto máis afastado estea do
Ecuador A temperatura non se ve afectada pola latitude A temperatura é menor se o punto está sobre o Ecuador
12. Onde é máis elevada a temperatura: na base ou no cume dunha montaña? Por que? ....................................................... .................................................................................................
13. As zonas costeiras teñen un clima con temperaturas máis suaves que as zonas do interior. Por que? .............................. .................................................................................................
14. Completa este cadro definindo brevemente os factores do clima.
Factores do clima Definición
Latitude
Altitude
Correntes mariñas
Anticiclón
Borrasca
![Page 8: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/8.jpg)
46
3. OS CLIMAS E A SÚA DISTRIBUCIÓN Segundo a temperatura, na Terra diferéncianse tres zonas:
• Cálida, a comprendida entre os dous trópicos
• Temperada, entre os trópicos e os círculos polares
• Fría, entre os círculos polares e os polos
Os climas cálidos teñen alta temperatura media anual, superior a 20oC. Segundo sexan as precipitacións, diferéncianse tres variedades:
Ecuatorial Tropical Desértico cálidoTemperatura media anual
Superior aos 25oC Superior aos 20oC Superior aos 25oC
Oscilación térmica
Baixa, inferior aos 3oC
Entre os 3oC e os 10oC
Alta: días calorosos e noites frías
Precipitacións Regulares e abundantes todo o ano, superiores aos 2.000 mm
Unha estación seca e outra, a das chuvias, entre 3 e 7 meses, na que se recollen entre 400 e 1.500 mm
Moi escasas, non superan os 200 mm anuais
Os climas fríos caracterízanse por ter temperaturas moi baixas todo o ano, non superando os 10oC o mes máis cálido. A va-riante máis extrema é o clima po-lar na que, ademais das baixas temperaturas, as precipitacións non superan os 250 mm e caen en forma de neve.
* Para comprender mellor as razóns dos diferentes climas e a súa distribución podes ver estes breves vídeos:
http://www.youtube.com/watch?v=JL82raPWj3Y&feature=player_embeddedhttp://www.kalipedia.com/video/climas-tierra.html?x=20070531klpgeogra_8.Ves
![Page 9: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/9.jpg)
Actividades
47
15. Para representar de forma gráfica os dous elementos básicos dos climas –temperatura e precipitacións– realízanse os climogra-mas. As precipitacións de cada mes repre-séntanse en forma de barras e as tempera-turas cunha liña.
Faiunclimogramacosseguintesdatos. (Porse tesdúbidasde como construílo podes ver este vídeo: http://educacion.practicopedia.com/como-elaborar-un-climograma-2617)
MES X F M A M X X A S O N D
TEMP. 26 26 26 26 25 24 23 23 24 24 25 26
PREC. 104 148 250 329 262 255 93 298 657 461 255 64
Temperatura media anual: 25,5oC
Total de precipitacións: 3.176 mm
16. Analiza o climograma que realizaches, se-guindo estas orientacións:
•Como se representan as precipitacións?..............................
•Como son as precipitacións: abundantes ou escasas? Chove todos os meses? ...................................................................
•Como se representan as temperaturas? ..............................
•Como é a temperatura media anual: elevada, moderada ou baixa? ...................................................................................
•Cal é a oscilación térmica? Como é: grande ou pequena? ..
..............................................................................................
•A que tipo de clima pertence: cálido, temperado ou frío? Por que? ......................................................................................
•A que variedade climática pertence? Por que?.....................
..............................................................................................
![Page 10: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/10.jpg)
48
Os climas temperados teñen como característica más desta-cable a existencia de catro estacións, definidas polas tempe-raturas e as precipitacións. Existe unha gran diversidade que depende de factores como a latitude, a influencia do mar, a altitude ou a situación no leste ou oeste dos continentes. As principais variedades dos climas temperados son:
Variedades Temperaturas Precipitacións
Mediterráneo Moderadas, os veráns son cáli-dos e os invernos temperados
Escasas, entre 300 e 800 mm anuais, irregulares e caen concen-tradas en primavera e outono
Chinés Altas, os veráns son cálidos, entre 25o e 30oC, e os invernos suaves, non baixan dos 10oC.
Abundantes, poden superar os 1.000 mm anuais e prodúcense sobre todo no verán
Oceánico ou atlántico
Moderadas todo o ano, entre os 20oC do mes máis cálido e os 10oC do mes máis frío
Son regulares e abundantes, su-perando os 800 mm, cun máximo en inverno
Continental Veráns calorosos, superiores aos 20oC de media, e invernos moi fríos, con medias inferio-res aos 0oC
Intermedias, en torno aos 500 mm anuais e danse sobre todo no verán, en forma de choivas torrenciais, e no inverno en forma de neve
Desértico frío Moi baixas en inverno, por debaixo dos 0oC, e moi altas no verán
Irregulares e moi escasas, inferio-res aos 250 mm anuais
Paisaxe de clima oceánico. Paisaxe de clima mediterráneo.
![Page 11: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/11.jpg)
Actividades
49
17. Que define as estacións nos climas temperados?
As temperaturas e a humidade As temperaturas e as precipitacións As temperaturas e os ventos As precipitacións e a altitude
18. Completa o seguinte cadro.
MEDITERRÁNEOTemperaturaPrecipitacións
CHINÉSTemperaturaPrecipitacións
OCEÁNICOTemperaturaPrecipitacións
CONTINENTALTemperaturaPrecipitacións
DESÉRTICO FRÍOTemperaturaPrecipitacións
19. Observa os climogramas e indica a que variedade dos climas temperados corresponden:
............................ ............................
...........................
............................
............................
![Page 12: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/12.jpg)
50
AutoavaliaciónTema 3
A atmosfera e os fenómenos atmosféricos
Responde a estas cuestións.
1. Relacionaosseguintestermoscoasúadefinición:• clima •capadegasesquerodeaaTerra• atmosfera •sucesióndetiposdetempoatmosférico dun lugar nun período duns 30 anos• higrómetro •sonmasasdeaireenmovemento• vento •aparatoparamedirahumidadedoaire
2. Como se chaman as liñas que unen puntos de igual tempera-tura?
3. Como afecta a latitude nas temperaturas?
A temperatura é maior canto máis cerca estea o punto do Ecuador
A temperatura é maior canto máis lonxe estea do Ecuador A temperatura non se ve afectada pola latitude A temperatura é menor se o punto está sobre o Ecuador
4. Elabora un climograma cos seguintes datos. De que tipo de clima se trata?
MES X F M A M X X A S O N D
TEMP. 26,3 26,6 26,2 26,0 25,7 24,9 23,7 23,6 24,2 24,4 25,5 25,9
PREC. 104 148 250 329 262 255 93 298 657 461 255 64
Temperatura media anual: 25,5oC. Total precipitacións: 3.176 mm
5. Define os seguintes termos: tempo, isóbara, troposfera.
• ...............................................................................................
• ...............................................................................................
• ...............................................................................................
* Neste enderezo atoparás actividades sobre a atmosfera e os climas realizadas no progra-ma interactivo de Hot potatoes: http://ieslamadraza.com/elena/websociales/3eso/clima/clima3.html
![Page 13: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/13.jpg)
51
AutoavaliaciónTema 3
A atmosfera e os fenómenos atmosféricos
Para comprobar a túa aprendizaxe, consulta a información do tema e anota o
número de: Acertos Erros
6. Que é a atmosfera?
A envoltura sólida da capa de gases A capa líquida da estratosfera A capa de gases que rodea e protexe a Terra A parte líquida que rodea a Terra
7. Indica algún fenómeno atmosférico no que interveña, comoelemento principal:
•O vapor de auga: .................................................................
•O movemento do aire: ..........................................................
•A electricidade: .....................................................................
8. Queindicanasseguintesexpresións:tempo(T)ouclima(C)?
Anuncian que mañá fará sol todo o día Durante 30 anos a temperatura media de xaneiro foi de 10o Hoxe saíu o sol pola mañá A semana pasada fixo moito frío En Galicia chove todo o ano, pero máis no inverno
9. As zonas costeiras teñen un clima con temperaturas máis sua-ves que as zonas do interior. Por que? ...................................
.................................................................................................
10. Completa este cadro dos elementos do clima.
Elementos Definición Unidade de medida Aparato de medida
Temperatura
Precipitación
Humidade
Presión atmosférica
![Page 14: 1. A atmosfera 2. Elementos e factores do clima 3. Os ... · A atmosfera é a capa de gases que rodea a Terra protexéndoa dun excesivo quecemento e dos raios solares nocivos; sen](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022071217/604c7b065d0272051b510c8c/html5/thumbnails/14.jpg)