1. introduciÓn e contextualizaciÓn³n... · programaciÓn economÍa 1º bacharelato 1....
TRANSCRIPT
PROGRAMACIÓN ECONOMÍA 1º BACHARELATO
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
A programación didáctica de Economía de 1º Bacharelato pretende a concreción dos elementos do currículo actual, coa finalidade de lograr os obxectivos así como o
desenvolvemento das competencias clave expresadas na normativa, contribuíndo, do xeito que esta determina, ao logro das finalidades do bacharelato nos ámbitos
de aplicación da LOMCE.
Esta programación redáctase de acordo cos criterios preceptivos expresados na normativa vixente:
• L.O.M.C.E. (Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora de Calidade Educativa)
• Real Decreto 1105/2014, de 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato. (B.O.E. 3 de
xaneiro de 2015).
• Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da ESO e do Bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. (D.O.G. 29 de xuño de
2015).
• Orde ECD/65/2015, de 21 de xaneiro, (B.O.E. 29 de xaneiro) pola que se describen as relacións entre as competencias, os contidos e os criterios de
avaliación da educación primaria, a educación secundaria obrigatoria e o bacharelato.
Nos últimos anos a economía está ocupando un importante espazo de interese público, de tal sorte que moitos indicadores económicos como o paro, a inflación, o
PIB, o déficit público, a prima de risco, etc. despertan unha atención permanente dos medios de comunicación. A importancia destes asuntos e a forma tan directa na
que nos afectan xerou unha crecente demanda de información e formación acerca de decisións e situacións económicas nas que nos sentimos implicados: a xeración
de emprego, a determinación dos prezos dos bens e servizos no mercado, as causas da inflación e a deflación e as súas negativas consecuencias, como e en que
contía se crea o diñeiro, como se pode propiciar o crecemento e o desenvolvemento económico, como facer compatible o desenvolvemento económico e o benestar
colectivo co respecto ao medio ambiente, etc. Cuestións como a recente crise e as súas consecuencias, as desigualdades crecentes, a necesidade de protexer o
medio ambiente ou a importancia da ética empresarial, xeran cada día máis interese e preocupación entre unha grande parte da poboación. Estes e outros moitos
exemplos ilustran a necesidade dunha formación económica como base imprescindible para poder comprender, participar e tomar decisións nun mundo globalizado
como o actual no que os fenómenos económicos adquiren unha presenza cada vez maior.
A economía está presente en todos os aspectos da nosa vida cotiá, a calquera cidadán, por tanto, pode resultarlle útil coñecer as regras básicas que explican os
acontecementos económicos e a linguaxe específica que utilizan os economistas e os medios de comunicación para analizar estes feitos. A realidade non pode
entenderse correctamente sen considerar o comportamento económico, individual e colectivo, das persoas na procura da satisfacción das súas necesidades a partir
de recursos escasos, así como a produción e organización dos bens e servizos que se necesitan con tal fin.
O estudo da economía axuda a percibir e coñecer o mundo que nos rodea, e posibilita analizar e profundar nas relacións humanas desde aspectos micro e
macroeconómicos, incluíndo diferentes variables de contexto; facilita a comprensión dos conceptos utilizados habitualmente na economía e no mundo empresarial,
potencia as habilidades e destrezas de razoamento, abstracción e interrelación, e proporciona ferramentas para examinar de forma crítica a sociedade na que nos
desenvolvemos; ademais, contribúe a desenvolver a curiosidade intelectual, a capacidade analítica, o rigor e a amplitude de perspectivas ao facer fronte ao estudo e
investigación de diversos temas como o crecemento económico, a política fiscal e monetaria, o papel do sistema financeiro, o subdesenvolvemento e a pobreza, etc.,
así como as habilidades de comunicación oral e escrita para explicar e transmitir as ideas e conclusións con argumentos e evidencias empíricas, un sólido sentido da
ética e respecto ao ser humano.
A día de hoxe cobran máis valor, se cabe, os coñecementos económicos pola importancia de contar con cidadáns solventes e informados e pola relevancia dunha boa
administración dos recursos dun país, o que mostra a grande transcendencia social da economía pois o seu coñecemento contribúe a fomentar a mellora na calidade
de vida, o progreso e o benestar social. O estudo da economía proporciona ademais da formación técnica, unha serie de competencias en traballo en equipo,
habilidades de comunicación, iniciativa e liderado, así como un estímulo ao espírito emprendedor.
A materia de Economía de 1º de bacharelato emprega un esquema mixto de presentación, herdado de deseños curriculares anteriores e baseado principalmente na
análise da economía como ciencia, do papel dos axentes económicos e do funcionamento das principais institucións económicas e os seus elementos. Estrutúrase en
sete bloques: no primeiro abórdase a o principal problema orixe da ciencia económica, a economía e a escaseza, continuando coa organización da actividade
económica para estudar a estrutura dos sistemas económicos; nun segundo bloque ("A actividade produtiva") descríbese a produción como principal actividade
económica; no terceiro ("O mercado e o sistema de prezos") repásase a principal institución na fixación de prezos e asignación de recursos; o seguinte bloque ("A
macroeconomía") céntrase na medición da actividade económica e no estudo do mercado de traballo; no quinto ("Aspectos financeiros da economía") faise un repaso
da vertente financeira da actividade económica; o sexto ("O contexto internacional da economía") aborda a análise do sector exterior e dos fenómenos de integración
económica e globalización; e, finalmente, no bloque titulado "Desequilibrios económicos e o papel do Estado na económica", reflexiónase sobre o carácter cíclico da
actividade económica e o papel do Estado para mitigar e corrixir os desequilibrios xurdidos do funcionamento económico.
A grande transcendencia social da economía queda reflectida na súa contribución ao fomento da mellora na calidade de vida, ao progreso e ao benestar social. Os
coñecementos económicos teñen cada día máis valor, pola importancia de contar cunha cidadanía formada e pola relevancia dunha boa administración dos recursos.
Neste sentido, os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) constitúen unha excelente referencia en relación coas necesidades cuxa satisfacción
deberíamos priorizar cos recursos ao noso alcance. A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o
Desenvolvemento), asinada en setembro de 2015 por un grande número de países (193) para poñer ao mundo camiño á erradicación da pobreza e a sostenibilidade
do planeta (17 obxectivos e 169 metas que conxugan as tres dimensións do desenvolvemento sostible: a económica, a social e a ecolóxica) é probablemente un dos
maiores retos aos que nos enfrontamos neste século XXI, un reto tamén para o noso alumnado que debera ter un papel protagonista con accións encamiñadas á
consecución de ditos obxectivos. En base a isto, a Axenda 2030 vai constituír o marco xeral e a fonte de recursos e inspiración no desenvolvemento desta
programación, tratando de favorecer un rol activo do alumnado a través da aprendizaxe baseada en proxectos (ABP).
Esta programación vai dirixida ao alumnado de 1º bacharelato do IES David Buján de Cambre que cursa a materia de economía como troncal no Bacharelato de
Humanidades e Ciencias Sociais ou como específica noutras modalidades de bacharelato. Os/as alumnos/as que estudan bacharelato no noso centro proceden
fundamentalmente dos concellos de Cambre e Carral, municipios situados na área metropolitana da Coruña, a 10 minutos do aeroporto de Alvedro e a pouco máis de
20 minutos do centro da cidade herculina, entre a Nacional VI e a Nacional 550 (A Coruña – Tui), con entrada e saída para a autoestrada A-9 (A Coruña – Santiago) e
para a A-6 (A Coruña – Madrid). Ademais, Cambre está atravesado polo trazado ferroviario A Coruña – Lugo e A Coruña – Ferrol. Na estación de ferrocarril de Cambre
e no apeadeiro de Cecebre fan parada algúns trens procedentes da Coruña ou de Vigo. Cambre está atravesado de leste a oeste polo río Mero, que alimenta o encoro
de Cecebre. En Carral atopámonos con dous vales que acollen os ríos Barcés e Brexa, ámbolos dous afluentes do Mero. Cambre ten aproximadamente 24.000
habitantes, Carral conta aproximadamente con 6.000 habitantes.
Cambre e Carral son concellos cun interesante emprazamento na área metropolitana da Coruña, con boas vías de comunicación, lugares de paso para os peregrinos
que se dirixían a Santiago polo Camiño Inglés. Economicamente Cambre conta con parte do polígono industrial do Espírito Santo e Carral co polígono industrial Os
Capelos, núcleos económicos dos concellos; aínda que a maior parte das empresas ubicadas nestes municipios pertencen ao sector servizos.
Os municipios de Cambre e Carral, con Culleredo, Arteixo e Oleiros, son dous dos municipios da área metropolitana coruñesa que experimentaron un maior
crecemento demográfico nos últimos anos. A pirámide de poboación é atípica, relativamente nova se temos en conta a tendencia cara ao envellecemento que
experimentan a maioría dos municipios galegos. No entanto, é o outro instituto situado en A Barcala (IES Alfonso X O Sabio), o que escolariza maioritariamente aos
nenos/as procedentes das poboacións máis novas do municipio de Cambre (O Temple e A Barcala). No IES David Buján estudan a ESO fundamentalmente mozos e
mozas procedentes da poboación de Cambre (capital do municipio) e das parroquias máis rurais que conforman o concello (Sigrás, Anceis, Brexo – Lema, Bribes,
Cecebre, Pravio, Santa Mª de Vigo, ...); pero no bacharelato conflúen no centro tamén os alumnos/as procedentes do municipio veciño de Carral. De aí a d ualidade
existente na procedencia e no perfil do noso alumnado. Por unha parte alumnos/as que viven en pequenas aldeas, herdeiros das tradicións e costumes do medio rural;
por outra parte, alumnado que proceden dos núcleos urbanos de Cambre e Carral, de orixe máis diverso.
Por outra parte, a proximidade do noso centro á A-6 permite a conexión en pouco máis de 15 minutos co Polígono de Sabón (Arteixo) onde se atopa a sede da
multinacional téxtil Inditex, S.A., que cada curso temos a oportunidade de visitar.
2. CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE
De acordo coa LOMCE todas as materias do currículo deben participar no desenvolvemento das distintas competencias do alumnado. Estas son:
1º Comunicación lingüística (CCL).
2º Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e
tecnoloxía (CMCCT).
3º Competencia dixital (CD).
4º Aprender a aprender (CAA).
5º Competencias sociais e cívicas (CSC).
6º Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
7º Conciencia e expresións culturais (CCEC).
A materia de Economía en 1º de bacharelato potencia o desenvolvemento da competencia de comunicación lingüística (CCL). Esta competencia
desenvolve as habilidades de escoita, comprensión e exposición de mensaxes orais e escritas, que nesta etapa requiren un maior nivel de desenvolvemento e
uns recursos máis complexos para manexarse nuns contextos comunicativos máis diversos e de nivel cognitivo superior.
A materia de Economía emprega unha terminoloxía propia que permitirá ao alumnado incorporar esta linguaxe e os seus termos para utilizalos nos momentos
axeitados coa suficiente propiedade. Así mesmo, a comunicación dos resultados de pequenas investigacións e outros traballos que realicen favorece o
desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística. As lecturas e os debates que se levarán a cabo nas unidades didácticas da materia permitirán
familiarizarse co uso da linguaxe económica e contribuirán a fomentar as habilidades sociais e unha maior motivación do alumnado.
En canto á competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT) tamén se traballan na materia. Para desenvolvelas, o
alumnado aplicará estratexias para definir problemas, resolvelos, deseñar pequenas investigacións, elaborar solucións, analizar resultados, etc., valorando en
todo o proceso a importancia do método científico na área das ciencias sociais.
A competencia dixital (CD) desenvólvese fomentando a procura, selección e utilización de información en medios dixitais, ademais de permitir que o
alumnado se familiarice cos diferentes códigos, formatos e linguaxes nas que se presenta a información (datos estatísticos, representacións gráficas,
táboas...). A utilización das tecnoloxías da información e a comunicación na aprendizaxe da economía para comunicarse, obter información, simular e
visualizar situacións, para a obtención e o tratamento de datos, etc., é un recurso útil que contribúe a mostrar unha visión actualizada da situación económica
dun país.
O amplo caudal de información que se pode obter de internet, en permanente aumento, debe ser adquirido, seleccionado axeitadamente e asimilado para
transformalo nun coñecemento axeitado. Tratarase de mellorar a busca selectiva de información (oral, impresa, audiovisual, dixital o multimedia), a súa
análise, ordenación e interpretación, para proceder á síntese e á elaboración de pequenos informes, para ser expostos e debatidos na aula.
A adquisición da competencia para aprender a aprender (CAA) fundaméntase nesta materia no carácter instrumental de moitos dos coñecementos
adquiridos. Ao tempo de operar con modelos teóricos tamén se fomenta a imaxinación, a análise, as dotes de observación do contorno, a iniciativa, a
creatividade e o espírito crítico, o que favorece a aprendizaxe autónoma. Expóñense os diferentes paradigmas existentes sobre temas económicos clave,
como son a inflación, o desemprego ou a intervención do Estado na economía. O alumnado vai construíndo o seu propio coñecemento e fundamentando as
súas argumentacións a favor e en contra de cada un deles.
Esta materia favorece o traballo en equipo para a resolución de actividades fomentando o desenvolvemento de actitudes como a cooperación, a solidariedade
e o respecto cara as opinións dos demais, o que contribúe á adquisición das competencias sociais e cívicas (CSC). Así mesmo, os coñecementos
económicos son unha parte fundamental da cultura cidadá, sensibilizada cada vez máis con estes temas pola súa presenza nos medios de comunicación e a
súa importancia nas economías familiares. A materia de economía de bacharelato permite formarse una opinión fundamentada en feitos e datos reais sobre os
problemas económicos reais.
A materia de economía cimenta as bases do sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE), xa que educa en actitudes e capacidades
emprendedoras e garante a comprensión dos conceptos económicos básicos, que inclúe o desenvolvemento de certas calidades persoais: a elección de
recursos, a planificación, a resolución de problemas e a revisión de resultados. Todo isto fomenta a iniciativa persoal e a motivación por un traballo organizado
e con iniciativas propias.
A elaboración de modelos simples que representen a realidade económica na materia de economía de 1º de Bacharelato, contribúen tamén ao
desenvolvemento da conciencia e expresións culturais (CCEC).
3. OBXECTIVOS, CONTIDOS, CRITERIOS DE AVALIACIÓN, ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E COMPETENCIAS CLAVE4. GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA
No Bacharelato, a materia de Economía afonda e desenvolve os coñecementos adquiridos na Educación Secundaria Obrigatoria, analizando con maior detalle moitos
deles, como é o papel do estado na economía, a dinámica dos mercados, a explicación de problemas económicos básicos como a inflación ou o desemprego; para ir
introducindo tamén multitude de novos coñecementos, e conformando así unha visión ampla e realista do funcionamento do noso sistema económico.
A Economía de bacharelato serve tamén como introdución á materia de Economía da Empresa que se estuda en 2º de bacharelato. Introdúcense os elementos
básicos para facilitar a comprensión das funcións e o funcionamento das empresas.
Concretamente como obxectivos xerais da materia en 1º de bacharelato nos formulamos os seguintes:
1. Identificar e comprender o ciclo da actividade económica.
2. Distinguir os diferentes sistemas económicos e formar un xuízo persoal acerca das vantaxes e inconvenientes de cada un deles.
3. Comprender o funcionamento do sistema de economía de mercado, sinalando as súas vantaxes e inconvenientes, así como as interrelacións entre o sistema
e os acontecementos sociais.
4. Describir o funcionamento dos mercados e os seus límites, utilizando ferramentas conceptuais, analíticas e gráficas, e formulando un xuízo crítico do sistema e
do papel regulador do sector público.
5. Reflexionar de xeito crítico acerca do funcionamento do sistema financeiro e da necesidade da súa regulación.
6. Manifestar interese por coñecer e interpretar con sentido crítico e solidario os grandes problemas económicos actuais, en especial as desigualdades
económicas, a sobreexplotación de recursos naturais e os derivados da globalización da actividade económica.
7. Relacionar feitos económicos significativos co seu contexto social, político e cultural e natural aplicando a reflexión ás situacións cotiás, formulando xuízos de
valor fundamentados.
8. Coñecer e comprender os trazos característicos da situación e perspectivas da economía española e de Galicia, analizando os efectos da súa integración ou
participación no contexto económico internacional, e no europeo en particular.
Economía. 1º de bacharelato
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Grao mínimo de consecución Unidadedidáctica
Procedementose instrumentosde avaliación
Bloque 1. Economía e escaseza. A organización da actividade económica
B1.1. Escaseza, eleccióne asignación de recursos.Custo de oportunidade.
B1.1. Explicar o problema daescaseza: recursos escasose necesidades ilimitadas.
ECB1.1.1. Recoñece a escaseza e a correspondentenecesidade de elixir entre decisións alternativas,como problema máis determinante para afrontar entodo sistema económico.
CAA
CMCCT
Recoñece cal é o problemaeconómico básico:recursos escasos vs.necesidades ilimitadas.
1EO, PE, PT, OM,OB, PR
B1.2. Mecanismos deasignación de recursos.
B1.3. Análise ecomparación dossistemas económicos.
B1.2. Observar os problemaseconómicos dunhasociedade, así como analizare expresar unha valoracióncrítica das formas deresolución desde o punto devista dos sistemaseconómicos.
ECB1.2.1. Analiza as respostas ás preguntas clavesobre a organización dos principais sistemaseconómicos.
CSC
CMCCT
CD
É quen de responder aque, como e para quen seproduce en cada sistemaeconómico.
1EO, PE, PT, OM,OB, PR
ECB1.2.2. Relaciona, para a súa interpretación, oscambios máis recentes no escenario económicomundial coas circunstancias técnicas, económicas,sociais e políticas que os explican, a partir de casosconcretos de análise.
CSC
CD
CAA
É quen de interpretar calesson as circunstanciaspolíticas, económicas,sociais e tecnolóxicas queexplican determinadassituacións económicas.
1EO, PE, PT, OM,OB, PR
ECB1.2.3. Compara sistemas económicos, utilizandoexemplos actuais do ámbito internacional.
CAA
CD
CSC
Compara axeitadamentedous países con sistemaseconómicos distintos.
1EO, PE, PT, OB,PR
B1.4. Economía comociencia: actividadeeconómica e sociedade.
B1.5. Principios na tomade decisións económicas.
B1.6. Modeloseconómicos. Economíapositiva e normativa.
B1.7. Informacióneconómica: interpretaciónde datos e gráficos.
B1.3. Comprender o métodocientífico que se utiliza naárea da economía, así comoidentificar as fases dainvestigación científica eneconomía e os modeloseconómicos.
ECB1.3.1. Distingue as proposicións económicaspositivas das proposicións económicas normativas.
CAA
CMCCT
Distingue entre “o que é”en Economía e “o quedebera ser”.
1EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
ECB1.3.2. Interpreta os modelos de representaciónda realidade económica, e emprega os termos e ametodoloxía apropiados para analizar problemaseconómicos concretos.
CCL
CMCCT
CD
Interpreta e comentamodelos simples darealidade económica.
1EO, PE, PP, OM,OB, PR
Bloque 2. A actividade produtiva
B2.1. Proceso produtivo efactores de produción.
B2.1. Analizar ascaracterísticas principais doproceso produtivo.
ECB2.1.1. Expresa unha visión integral dofuncionamento do sistema produtivo partindo doestudo da empresa e a súa participación en sectoreseconómicos, así como a súa conexión einterdependencia.
CAA
CCL
CSC
Expresa de xeito correctocales son os factores deprodución e comointerveñen no proceso deprodución.
1,2EO, PE, PT, OM,OB, PR
Economía. 1º de bacharelato
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Grao mínimo de consecución Unidadedidáctica
Procedementose instrumentosde avaliación
B2.2. División técnica dotraballo, produtividade einterdependencia.
B2.2. Explicar as razóns doproceso de división técnica dotraballo.
ECB2.2.1. Relaciona o proceso de división técnicado traballo coa interdependencia económica nuncontexto global.
CSC
CMCCT
Relaciona a división dotraballo coa necesariainteracción económica queisto supón.
2EO, PE, PT, OM,OB, PR
ECB2.2.2. Clasifica e define os factores produtivos, edescribe as relacións entre produtividade, eficienciae tecnoloxía.
CMCCT
CCL
Identifica os factoresprodutivos, analiza a súaprodutividade.
1,2PE, PT, PP, OM,OB, PR
B2.3. Globalización:cambios no sistemaprodutivo ou naorganización daprodución.
B2.3. Identificar os efectos daactividade empresarial para asociedade e a vida daspersoas.
ECB2.3.1. Analiza para explicar as repercusións daactividade das empresas, tanto nun ámbito próximocoma nun ámbito internacional.
CSIEE
CCL
Analiza algunha dasrepercusións da actuacióndas empresas. 2
EO, PE, TA, OM,OB, PR
B2.4. Empresa:obxectivos e funcións.
B2.4. Expresar os obxectivose as funcións principais dasempresas, utilizandoreferencias reais do ámbitopróximo e transmitindo autilidade que se xera coa súaactividade.
ECB2.4.1. Distingue e interpreta os obxectivos e asfuncións das empresas.
CSIEE
CAA
Interpreta e diferencia osobxectivos e as funciónsdas empresas.
2EO, PE, PT, OM,OB, PR
ECB2.4.2. Explica a función creadora de utilidadedos bens das empresas.
CD
CCL
Explica en que consiste acreación de valor engadidopolas empresas.
2EO, PE, OM,OB, PR
B2.5. Eficacia, eficiencia eefectividade.
B2.6. Eficiencia naprodución: eficienciatécnica e económica.
B2.5. Relacionar e distinguir aeficiencia técnica e aeficiencia económica.
ECB2.5.1. Determina e interpreta a eficiencia técnicae económica a partir dos casos formulados.
CD
CMCCT
Distingue procesos deprodución eficientes eineficientestecnicamente/economicamente.
2PT, PP, OM, OB,PR
B2.7. Custos deprodución. Cálculo eanálise dos custos deprodución e dosbeneficios.
B2.6. Calcular e controlar oscustos e os beneficios dasempresas, e representar einterpretar gráficos relativos aeses conceptos.
ECB2.6.1. Calcula, clasifica e utiliza diversos tipos decustos, fixos e variables, totais, medios e marxinais,e representa e interpreta gráficos de custos.
CMCCT
CD
Calcula e clasifica oscustos en fixos e variables,totais e medios.
2PE, PT, PP, OM,OB, PR
ECB2.6.2. Calcula, analiza e interpreta os beneficiosdunha empresa a partir de supostos de ingresos ecustos dun período.
CMCCT
CD
A partir de datos deingresos e custos, calcula einterpreta correctamente osbeneficios ou perdas dunhaempresa.
2PE, PT, PP, OM,OB, PR
B2.8. Función deprodución.
B2.7. Analizar, representar einterpretar a función deprodución dunha empresa apartir dun caso dado.
ECB2.7.1. Representa e interpreta gráficos deprodución total, media e marxinal, a partir desupostos dados.
CMCCT
CD
Interpreta gráficos deproduto total, medio emarxinal.
2PE, PT, PP, OM,OB, PR
Bloque 3. O mercado e o sistema de prezos
Economía. 1º de bacharelato
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Grao mínimo de consecución Unidadedidáctica
Procedementose instrumentosde avaliación
B3.1. Curva de demanda.Movementos ao longo dacurva de demanda edesprazamentos na curvade demanda. Elasticidadeda demanda.
B3.2. Curva de oferta.Movementos ao longo dacurva de oferta edesprazamentos na curvada oferta. Elasticidade daoferta.
B3.3. Equilibrio domercado.
B3.1. Interpretar, a partir dofuncionamento do mercado,as variacións en cantidadesdemandadas e ofertadas debens e servizos en funciónde distintas variables.
ECB3.1.1. Representa graficamente os efectos dasvariacións das variables no funcionamento dosmercados.
CMCCT
CD
Interpreta os motivos dedesprazamento das curvasde oferta e demanda demercado.
3EO, PE, PT, PP,OM, OB, PR
ECB3.1.2. Define e expresa matematicamente asvariables que determinan a oferta e a demanda.
CMCCT
CCL
Define as variables queafectan á oferta e ademanda de mercado.
3EO, PE, PT, PP,OM, OB, PR
ECB3.1.3. Analiza as elasticidades de demanda e deoferta, interpretando os cambios en prezos ecantidades, así como os seus efectos sobre osingresos totais.
CMCCT
CD
Analiza correctamente osignificado de supostos deoferta e demanda elásticase inelásticas.
3EO, PE, PT, PP,OM, OB, PR
B3.4. Estruturas demercado e modelos decompetencia.
B3.5. Competenciaperfecta. Competenciaimperfecta. Monopolio.Oligopolio. Competenciamonopolística.
B3.2. Analizar ofuncionamento de mercadosreais e observar as súasdiferenzas cos modelos, asícomo as súasconsecuencias para os/asconsumidores/as, asempresas ou os estados.
ECB3.2.1. Analiza e compara o funcionamento dostipos de mercados, e explica as súas diferenzas.
CMCCT
CCL
Explica as diferenzasexistentes entre osdistintos tipos demercados.
4EO, PE, PT, OM,OB, PR
ECB3.2.2. Aplica a análise dos tipos de mercados acasos reais identificados a partir da observación doámbito máis inmediato.
CAA
CSC
É quen de poñer exemplosdos distintos tipos demercado a partir de casosreais.
4EO, PE, OM,OB, PR
ECB3.2.3. Valora de forma crítica os efectos que sederivan sobre os axentes intervenientes nos diversosmercados.
CSC Analiza criticamente osefectos da existencia demercados de competenciaimperfecta para osconsumidores.
4 EO, PE, OB, PR
Bloque 4. A macroeconomía
B4.1. Macromagnitudes:produción. Renda. Gasto.
B4.2. Equilibriomacroeconómico:demanda e ofertaagregadas.
B4.3. Inflación e tipos dexuro.
B4.4. Os vínculos dos
B4.1. Distinguir as principaismagnitudesmacroeconómicas, operarcon elas e analizar as súasinterrelacións, valorando osinconvenientes e aslimitacións que presentancomo indicadores dacalidade de vida.
ECB4.1.1. Mide, interpreta e expresa as principaismagnitudes macroeconómicas como indicadores dasituación económica dun país.
CMCCT
CD
CSC
CCL
Interpreta correctamente osignificado das principaismacromagnitudes comoindicadores da situacióneconómica dun país.
7
EO, PE, PT, PP,TA, OM, OB, PR
ECB4.1.2. Relaciona as principais macromagnitudese utilízaas para establecer comparacións concarácter global.
CAA
CSC
Compara asmacromagnitudes dedistintos paísesaxeitadamente.
7 EO, PT, PP, OB,PR
Economía. 1º de bacharelato
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Grao mínimo de consecución Unidadedidáctica
Procedementose instrumentosde avaliación
problemasmacroeconómicos e a súainterrelación.
ECB4.1.3. Analiza de forma crítica os indicadoresestudados e valora o seu impacto, os seus efectos eas súas limitacións para medir a calidade de vida.
CSC É quen de observar ecriticar as limitaciónsdalgunhasmacromagnitudes comoindicadores de calidade devida.
7EO, PE, TA, OB,PR
B4.5. Indicadores dodesenvolvemento dasociedade: asmacromagnitudes e assúas limitacións.
B4.2. Interpretar datos eindicadores económicosbásicos e a súa evolución.
ECB4.2.1. Utiliza e interpreta a información contidaen táboas e gráficos de variables macroeconómicase a súa evolución no tempo.
CMCCT
CD
Interpreta táboas e gráficosde variablesmacroeconómicascorrectamente.
7EO, PE, PT, PP,TA, OM, OB, PR
ECB4.2.2. Considera investigacións e publicaciónseconómicas de referencia como fonte de datosespecíficos, e recoñece os métodos de estudoutilizados por economistas.
CAA
CD
É quen de pescudar nasfontes de datos algúns dosprincipais indicadoreseconómicos.
5,6,7PE, PT, PP, TA,OM, OB, PR
ECB4.2.3. Opera con variables económicasmediante aplicacións informáticas, analízaas einterprétaas, e presenta as súas valoracións decarácter persoal.
CD
CMCCT
É quen de traballar nunhafolla de cálculo con táboase gráficos para analizar osdistintos indicadores e asúa evolución.
5,6,7PE, PP, TA, OB,PR
B4.6. Mercado de traballo.Desemprego: tipos ecausas.
B4.3. Valorar a estrutura domercado de traballo e a súarelación coa educación e aformación, analizando dexeito especial o desemprego.
ECB4.3.1. Examina e interpreta datos e gráficos decontido económico relacionados co mercado detraballo.
CMCCT
CD
Interpreta correctamente osprincipais datos domercado de traballo.
5EO, PE, PT, PP,TA, OM, OB, PR
ECB4.3.2. Valora a relación da educación e aformación coas probabilidades de obter un empregoe mellores salarios.
CSC
CAA
Valora educación eformación con maiorempregabilidade futura.
5 EO, TA, OB, PR
ECB4.3.3. Investiga e recoñece viveiros deocupación e tendencias de emprego.
CAA
CD
Recoñece cales son astendencias de emprego naactualidade.
5EO, PE, TA, OB,PR
B4.7. Políticas contra odesemprego. Odesemprego en Galicia.
B4.4. Estudar as opcións depolíticas macroeconómicaspara facer fronte á inflación eao desemprego.
ECB4.4.1. Analiza os datos de inflación edesemprego en España e as alternativas para loitarcontra o desemprego e a inflación.
CD
CSIEE
É quen de valorar distintasalternativas para solucionaro problema dodesemprego.
Recoñece asconsecuencias negativasda inflación e a deflación ea importancia neste sentidodo papel do BCE comogarante da estabilidade de
5,6 EO, PE, PT, PP,TA, OM, OB, PR
Economía. 1º de bacharelato
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Grao mínimo de consecución Unidadedidáctica
Procedementose instrumentosde avaliación
prezos.
Bloque 5. Aspectos financeiros da Economía
B5.1. O diñeiro naeconomía: tipoloxía efuncionamento.
B5.2. Proceso de creacióndo diñeiro.
B5.1. Recoñecer o procesode creación do diñeiro, oscambios no seu valor e aforma en que estes semiden.
ECB5.1.1. Analiza e explica o funcionamento do diñeiroe do sistema financeiro nunha economía.
CSC
CMCCT
CD
CCL
Explica cal é o papel dodiñeiro e analiza aimportancia do bofuncionamento do sistemafinanceiro para a economíadun país.
6EO, PE, PT, OM,OB, PR
B5.3. Teorías explicativasda inflación.
B5.2. Describir as teoríasexplicativas sobre as causasda inflación e os seusefectos sobre os/asconsumidores/as, asempresas e o conxunto daeconomía.
ECB5.2.1. Recoñece as causas da inflación e valora assúas repercusións económicas e sociais.
CSC
CD
Recoñece as principaiscausas de inflación.
Recoñece as principaisconsecuencias negativas dainflación.
6EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
B5.4. Sistema financeiro.Novas formas definanciamento.
B5.3. Explicar ofuncionamento do sistemafinanceiro e coñecer ascaracterísticas dos seusprincipais produtos emercados.
ECB5.3.1. Valora o papel do sistema financeiro comoelemento canalizador do aforro ao investimento, eidentifica os produtos e os mercados que o compoñen.
CAA
CSC
CD
Identifica a importancia dosistema financeiro e é quende comprender algúns dosprincipais produtosfinanceiros, mercadosfinanceiros e intermediariosfinanceiros que o integran.
6EO, PE, PT, OM,OB, PR
B5.5. Política monetaria:instrumentos.
B5.4. Analizar os tipos depolítica monetaria.
ECB5.4.1. Razoa de forma crítica, en contextos reais,sobre as accións de política monetaria e o seu impactoeconómico e social.
CAA
CMCCT
CSC
Razoa correctamente calesson as consecuenciasdunha política monetariaexpansiva ou restritiva.
6EO, PE, PT, OM,OB, PR
B5.6. Banco CentralEuropeo.
B5.7. Mecanismos daoferta e demandamonetaria: efectos sobreos tipos de xuro.
B5.5. Identificar o papel doBanco Central Europeo e aestrutura da súa políticamonetaria.
ECB5.5.1. Identifica os obxectivos e a finalidade doBanco Central Europeo, e razoa sobre o seu papel e oseu funcionamento.
CSC
CMCCT
CD
Identifica a estabilidade deprezos como obxectivoprincipal do BCE.
6EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
ECB5.5.2. Describe os efectos das variacións dos tiposde xuro na economía.
CMCCT
CCL
Comprende algunhasconsecuencias dasvariacións dos tipos de xuro.
6EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
Bloque 6. O contexto internacional da economía
B6.1. Comerciointernacional: causas e
B6.1. Analizar os fluxoscomerciais entre dúas
ECB6.1.1. Identifica e describe os fluxos comerciaisinternacionais.
CSC
CCL
Entende os conceptos deexportación e importación
9 EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
Economía. 1º de bacharelato
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Grao mínimo de consecución Unidadedidáctica
Procedementose instrumentosde avaliación
teorías.
B6.2. Balanza depagamentos, con especialreferencia á española.
economías. CMCCT axeitadamente.
B6.3. Cooperación eintegración económica.
B6.4. Unión Europea(UE).
B6.2. Examinar os procesosde integración económica edescribir os pasos que seproduciron no caso da UniónEuropea.
ECB6.2.1. Explica o proceso de cooperación eintegración económica producido na Unión Europea,e reflexiona para valorar as repercusións e asimplicacións para España nun contexto global.
CSC
CCL
Recoñece as principaisinstitucións e políticas noámbito económicodesenvolvidas pola UE.
10EO, PE, PT, TA,OB, PR
B6.5. Globalizacióneconómica e financeira:causas e consecuencias.
B6.6. Organismoseconómicosinternacionais:mecanismos deregulación.
B6.3. Analizar e valorar ascausas e as consecuenciasda globalización económica,así como o papel dosorganismos económicosinternacionais na súaregulación.
ECB6.3.1. Expresa as razóns que xustifican ointercambio económico entre países.
CSC
CCL
É quen de argumentarcausas que expliquen odesenvolvemento docomercio internacional.
9 EO, PE, OB, PR
ECB6.3.2. Describe as implicacións e os efectos daglobalización económica nos países e reflexiona sobrea necesidade da súa regulación e da súa coordinación.
CAA
CD
CMCCT
CSC
Describe que entende porglobalización e identifica opapel dalgunhas instituciónseconómicas a nivelinternacional (FMI, BancoMundial, OMC).
9EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
Bloque 7. Desequilibrios económicos e o papel do Estado na economía
B7.1. Ciclos económicos:crises na economía.
B7.2. Políticasmacroeconómicas decrecemento, estabilidadee desenvolvemento.
B7.3. Ambiente: recursosensible e escaso.
B7.4. Pobreza esubdesenvolvemento:causas e posibles vías desolución.
B7.1. Reflexionar sobre oimpacto do crecemento e ascrises cíclicas na economíae os seus efectos nacalidade de vida daspersoas, o ambiente e adistribución da riqueza anivel local e mundial.
ECB7.1.1. Identifica e analiza os factores e asvariables que inflúen no crecemento económico, nodesenvolvemento e na redistribución da renda.
CSC
CMCCT
CD
Identifica os factores quefavorecen o crecementoeconómico e odesenvolvemento dun país.
7EO, PE, PT,OM,, OB, PR
ECB7.1.2. Diferencia os conceptos de crecemento ede desenvolvemento.
CCL
CMCCT
Diferencia crecemento(concepto cuantitativo) edesenvolvemento(concepto cualitativo).
7EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
ECB7.1.3. Recoñece e explica as consecuencias docrecemento sobre a repartición da riqueza, sobre oambiente e sobre a calidade de vida.
CSC
CCL
Explica algunhas dasconsecuencias docrecemento económicosobre o medio ambiente ea calidade de vida.
7EO, PE, TA, OB,PR
ECB7.1.4. Analiza de forma práctica os modelos dedesenvolvemento dos países emerxentes e asoportunidades que teñen os países en vías dedesenvolvemento para crecer e progresar.
CAA
CSC
CD
Analiza cales son osmodelos dedesenvolvemento daspotencias emerxentes.
7 EO, PE, TA, OB,PR
Economía. 1º de bacharelato
Contidos Criterios de avaliación Estándares de aprendizaxe Competencias clave
Grao mínimo de consecución Unidadedidáctica
Procedementose instrumentosde avaliación
ECB7.1.5. Reflexiona sobre os problemas ambientaise a súa relación co impacto económico internacionalanalizando as posibilidades dun desenvolvementosustentable.
CSC
CMCCT
Reflexiona sobre aimportancia de conseguirun desenvolvementosustentable.
7EO, PE, PT, TA,OB, PR
ECB7.1.6. Desenvolve actitudes positivas en relaciónco ambiente e valora a consideración da proteccióndo ambiente na toma de decisións económicas.
CSC
CAA
Desenvolve unha actitudepositiva de cara ánecesaria protección domedio ambiente cando setoman decisiónseconómicas.
7EO, PE, PT, TA,OB, PR
ECB7.1.7. Identifica os bens ambientais como factorde produción escaso, que proporciona inputs erecolle refugallos e residuos, o que supón valorar oscustos asociados.
CSC
CMCCT
Identifica o medio ambientecomo xerador de recursose receptor de refugallos (oenfoque da Economíaecolóxica).
7EO, PE, TA, OB,PR
ECB7.1.8. Recoñece a evolución cíclica daactividade económica, describe as fases, asrepresenta graficamente e considera as súasconsecuencias sociais.
CMCCT
CSC
Recoñece a existencia deciclos económicos einterpreta correctamente osgráficos que osrepresentan.
7,8EO, PE, PT, PP,TA, OM, OB, PR
B7.5. Política fiscal eorzamentos públicos.
B7.6. O Estado naeconomía: funcións.
B7.7. Os fallos domercado e a intervencióndo sector público.
B7.8. Redistribución derenda e riqueza:igualdade deoportunidades.
B7.2. Explicar e ilustrar conexemplos significativos asfinalidades e as funcións doEstado nos sistemas deeconomía de mercado, eidentificar os principaisinstrumentos que utiliza,valorando as vantaxes e osinconvenientes do seu papelna actividade económica.
ECB7.2.1. Distingue e explica as funcións do Estado:fiscais, estabilizadoras, redistributivas, reguladoras eprovedoras de bens e servizos públicos.
CCL
CMCCT
Explica algunhas dasprincipais funcións doSector público.
8EO, PE, PT, OM,OB, PR
ECB7.2.2. Identifica os principais fallos do mercado,as súas causas e os seus efectos para os axentesque interveñen na economía, e as opcións deactuación por parte do Estado.
CSC
CMCCT
CD
Identifica a existenciadalgúns dos denominadosfallos de mercado: asexternalidades negativasna produción, acompetencia imperfecta oua información asimétrica.
4EO, PE, PT, OM,OB, PR
ECB7.2.3. Clasifica e describe os elementosintegrantes dos orzamentos públicos e argumenta anecesidade de prever os ingresos e os gastos, econtrolar a súa execución.
CAA
CMCCT
CD
Describe correctamente asprincipais partidas degastos e ingresos nosOrzamentos Xerais doEstado.
8EO, PE, PT, TA,OM, OB, PR
5. SECUENCIACIÓN E TEMPORALIZACIÓN DAS UNIDADES DIDÁCTICAS
PRIMEIRA AVALIACIÓN:
UNIDADE 1: ACTIVIDADE ECONÓMICA E SISTEMAS ECONÓMICOS
Temporalización: 10 sesións lectivas
Contidos:
A ciencia económica. O conflito entre recursos escasos e necesidades ilimitadas.
Como elixir en Economía.
Actividades económicas: consumo, produción e distribución.
Os factores de produción.
Os axentes económicos. O fluxo circular da renda.
A fronteira de posibilidades de produción.
Concepto de sistema económico. Trazos diferenciadores dos sistemas económicos.
Evolución do pensamento económico.
UNIDADE 2: A PRODUCIÓN E A EMPRESA
Temporalización: 10 sesións lectivas
Contidos:
A empresa como unidade de produción.
A empresa e a distribución.
Os obxectivos da empresa.
Tipos de empresas.
Elementos da empresa.
O funcionamento económico das empresas.
O financiamento da empresa.
A teoría da produción e a análise dos custos. Os custos de produción.
Produción a l/p: os rendementos de escala.
A eficiencia técnica e a eficiencia económica.
Os sectores de actividade. A interdependencia das empresas.
UNIDADE 3: O FUNCIONAMENTO DO MERCADO. A OFERTA E A DEMANDA
Temporalización: 12 sesións lectivas
Contidos:
O mercado e os seus elementos.
A demanda: variables que a determinan.
Desprazamentos da demanda de mercado.
A elasticidade da demanda.
A oferta: variables que a determinan.
Desprazamentos da oferta de mercado.
Elasticidade da oferta.
O equilibrio de mercado.
SEGUNDA AVALIACIÓN:
UNIDADE 4: CLASES DE MERCADOS
Temporalización: 10 sesións lectivas
Contidos:
O mercado de competencia perfecta.
A competencia imperfecta: o monopolio, o oligopolio e a competencia monopolística.
A discriminación de prezos.
Os fallos de mercado.
UNIDADE 5: O MERCADO DE TRABALLO
Temporalización: 10 sesións lectivas
Contidos:
O mercado de traballo: a oferta e a demanda de traballo.
Aspectos cuantitativos do factor traballo: poboación activa, inactiva. Cálculo das taxas de actividade e paro.
O problema do desemprego.
A intervención do Estado no mercado de traballo.
Os sindicatos.
UNIDADE 6: O DIÑEIRO E A INFLACIÓN
Temporalización: 12 sesións lectivas
Contidos:
O troco, o diñeiro e a inflación.
A definición do diñeiro. Funcións.
A historia do diñeiro. O diñeiro na actualidade.
A demanda de diñeiro.
Os bancos e a creación de diñeiro bancario.
A oferta monetaria.
O sistema financeiro.
O Banco Central Europeo (BCE) e o BDE. A Unión Económica e Monetaria. O euro.
A estabilidade de prezos e a política monetaria.
A inflación: concepto, causas e consecuencias. A deflación.
O Índice de Prezos ao Consumo (IPC).
Anexo: A Bolsa de valores.
TERCEIRA AVALIACIÓN:
UNIDADE 7: O PIB E OUTRAS MACROMAGNITUDES. CRECEMENTO E DESEVOLVEMENTO
Temporalización: 14 sesións lectivas
Contidos:
A Macroeconomía e as macromagnitudes.
A medición da actividade económica: o PIB como magnitude de síntese da
actividade económica.
As tres vías de cálculo do PIB: gasto, renda e valor engadido.
O PIB a prezos de mercado e o PIB a custo dos factores.
O consumo de capital fixo: de magnitudes brutas a netas.
Outras macromagnitudes macroeconómicas.
Magnitudes correntes ou nominais e magnitudes constantes ou reais.
O deflactor do PIB.
A distribución da renda.
Crecemento e desenvolvemento económico.
O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).
Factores que contribúen ao crecemento económico. Teorías do crecemento económico.
O subdesenvolvemento. A pobreza. A débeda externa.
Os problemas medioambientais. Medidas para resolvelos.
O desenvolvemento sostible.
Economía do medio ambiente e Economía ecolóxica.
UNIDADE 8: A INTERVENCIÓN DO ESTADO NA ECONOMÍA.
Temporalización: 12 sesións lectivas. Contidos:
As funcións do Sector público na economía.
A oferta e a demanda agregadas. Compoñentes da DA. Os desprazamentos da oferta e a demanda agregadas.
A política fiscal.
A política monetaria.
Os Orzamentos Xerais do Estado. O ciclo orzamentario.
Clasificación de ingresos e gastos.
O déficit público e seu financiamento.
UNIDADE 9: O CONTEXTO INTERNACIONAL DA ECONOMÍA
Temporalización: 10 sesións lectivas. Contidos:
A Economía internacional.
O comercio internacional. Teorías clásicas do comercio internacional.
Obstáculos ao libre comercio entre países. O libre comercio fronte ao proteccionismo.
Formas de relacións económico-comerciais entre países.
O mercado de divisas. O sistema monetario inernacional.
A Balanza de Pagamentos.
UNIDADE 10: A UNIÓN EUROPEA
Temporalización: 8 sesións lectivas. Contidos:
O proceso de construción da UE.
Principais institucións da UE.
O orzamento da UE.
Políticas comúns da UE.
A Unión Económica e Monetaria. O euro.
Tendo en conta a metodoloxía de aprendizaxe por proxectos que se aplicará ao longo do curso, a temporalización das unidades didácticas será flexible en función do
traballo desenvolvido no proxecto e a súa vinculación cos estándares de aprendizaxe asociados a cada bloque de contido. A modo de referencia inclúese o cadro
anterior.
6. CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS
Tomando como referencia os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030 da ONU para “Transformar o noso mundo”), e de acordo coas liñas
establecidas no Plan de Acción Axenda 2030 desenvolvido polo Goberno de España para contribuír á consecución de tales obxectivos e en liña coas Estratexias
Española e Galega de Economía Circular, destinadas a impulsar a transición cara un modelo económico e produtivo no que o valor dos produtos, os materiais e os
recursos se manteña na economía durante o maior tempo posible e minimice a xeración de residuos e facéndonos eco por outra parte ademais das demandas do
movemento estudiantil nacido en Europa en 2018 da man da moza sueca Greta Thunberg, “Youth for Climate” e que se estendeu ao resto do mundo a través dos
chamados “Fridays for Future”; esta proposta metodolóxica consiste na creación dun espazo de emprendemento sostible dirixido inicialmente ao alumnado que cursa
as materias de Economía que desperte a creatividade e o desenvolvemento de iniciativas que contribúan ao desenvolvemento sostible, con capacidade de traspasar a
aula para converterse en proxectos interdisciplinares. Trátase dunha proposta aberta e global, na que a través da metodoloxía de traballo por proxectos (ABP, PBL
-Project Based Learning-) e a aprendizaxe colaborativa, desenvolveranse iniciativas de emprendemento sostible vinculadas aos ODS (Obxectivos de
Desenvolvemento Sostibles). Para esta materia, centrarémonos fundamentalmente nos ODS máis relacionados cos contidos de carácter económico que establece o
currículo da materia:
ODS 1: Fin da pobreza.
ODS 2: Fame cero.
ODS 8: Traballo decente e crecemento económico.
ODS 10: Redución das desigualdades.
ODS 12: Produción e consumo responsables.
ODS 13: Acción polo clima. ...
O traballo por proxectos favorece un aprendizaxe orientado á acción no que os estudantes poñen en xogo un amplo conxunto de coñecementos, habilidades ou
destrezas, considerando especialmente a integración das TIC no proceso de ensinanza-aprendizaxe. A tal fin farase uso dun contorno común virtual de traballo
(Google apps for education) a partir das ferramentas asociadas ao correo corporativo do centro (iesdavidbujan.com), tales como a creación de espazos virtuais
creados a través de Blogger ou de Google Sites, sen esquecer a potencialidade da propia web do centro e da súa Aula virtual.
A aprendizaxe colaborativa e significativa require crear na aula un clima que favoreza a autonomía do alumnado na toma de decisións, a participación na organización
do proceso de ensino-aprendizaxe, a responsabilidade como persoa pertencente a un grupo, a coordinación de intereses e a superación de calquera tipo de
discriminación, entre outras cuestións. Con tal fin, a proposta queda aberta tamén á utilización doutras metodoloxías que axuden a contextualizar a aprendizaxe tales
como a aprendizaxe baseada en problemas, o estudo do caso, aprendizaxe e servizo...
O eixe da materia será o desenvolvemento dun proxecto “Axenda 2030 Economía IES David Buján” ligado á proposta ou seguimento de iniciativas que se vaian
desenvolvendo na aula para avanzar na consecución dos ODS coas contribucións do propio alumnado ao longo do curso, as cales serán publicadas nun blogue/web
con ligazón á web do centro, e tendo como referencia en todo momento o currículo da materia.
Esta metodoloxía didáctica favorece a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, para traballar en equipo e para subliñar a relación dos aspectos teóricos
das materias coas súas aplicacións prácticas. En Bacharelato, a relativa especialización das materias determina que a metodoloxía didáctica estea fortemente
condicionada polo compoñente epistemolóxico de cada materia e polas esixencias do tipo de coñecemento propio de cada unha. Ademais, a finalidade propedéutica e
orientadora da etapa esixe o traballo con metodoloxías que comporten un importante grao de rigor científico e de desenvolvemento de capacidades intelectuais de
certo nivel (analíticas, explicativas e interpretativas). En relación co exposto anteriormente, os criterios metodolóxicos que guiarán o desenvolvemento desta
programación son os seguintes:
• Adaptación ás características do alumnado de Bacharelato, ofrecendo actividades diversificadas de acordo coas capacidades intelectuais propias da etapa
(analíticas, explicativas, interpretativas).
• Autonomía: facilitar a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo.
• Actividade: fomentar a participación do alumnado na dinámica xeral da aula, combinando estratexias que propicien a individualización con outras que
fomenten a socialización.
• Motivación: procurar a participación activa do alumnado no proxecto e despertar o interese do alumnado pola aprendizaxe que se propón.
• Integración e interdisciplinariedade: presentar os contidos cunha estrutura clara, formulando as interrelacións entre os contidos da Economía e os doutras
disciplinas, como por exemplo, a historia, as matemáticas, etc.
• Funcionalidade: fomentar a proxección práctica dos contidos e a súa aplicación ao ámbito, co fin de asegurar a funcionalidade das aprendizaxes en dous
sentidos: o desenvolvemento de capacidades para ulteriores adquisicións e a súa aplicación na vida cotiá.
Para conseguir estes obxectivos e abordar todos os contidos do currículo resulta conveniente utilizar estratexias didácticas variadas, complementando o traballo no
proxecto con estratexias expositivas e de indagación. As estratexias expositivas serán empregadas para presentacións introdutorias e para ensinar feitos e conceptos;
especialmente aqueles máis abstractos e teóricos, que dificilmente o alumnado pode alcanzar só con axudas indirectas. No entanto, resulta moi conveniente que esta
estratexia se acompañe da realización polo alumnado de actividades ligadas ao proxecto de aplicación ou indagación, que posibiliten o engarzamento dos novos
coñecementos cos que xa posúe.
Estruturarase a aprendizaxe dos contidos desde o xeral ao particular, desde a teoría á práctica; e desde os conceptos e feitos aos procedementos e actitudes. As
estratexias de indagación serán empregadas para que o alumnado se enfronte a situacións problemáticas nas que debe poñer en práctica e utilizar reflexivamente
conceptos, procedementos, actitudes e valores para así adquirilos de forma consistente. Estas estratexias poden consistir en:
• Tarefas sen unha solución clara e pechada, nas que as distintas opcións son igualmente posibles e válidas, para facer reflexionar o alumnado sobre a
complexidade dos problemas humanos e sociais, sobre o carácter relativo e imperfecto das solucións achegadas para eles e sobre a natureza provisional do
coñecemento humano; encamiñadas a fomentar a concienciación, o debate, o xuízo crítico, a tolerancia, a solidariedade...
• Estudo de casos ou feitos e situacións concretas como instrumento para motivar e facer máis significativo o estudo dos fenómenos xerais e para abordar os
procedementos de causalidade múltiple.
• Os proxectos de investigación, estudos ou traballos habitúan ao alumnado a afrontar e a resolver problemas con certa autonomía, a formularse preguntas, e a
adquirir experiencia na busca e a consulta autónoma. Ademais, facilítanlle unha experiencia valiosa sobre o traballo dos especialistas na materia e o
coñecemento científico.
As actividades seleccionaranse de acordo cos seguintes criterios:
• Que desenvolvan a capacidade do alumnado para aprender por si mesmo, que proporcionen situacións de aprendizaxe que esixan unha intensa actividade
mental e leven a reflexionar e a xustificar as afirmacións ou as actuacións.
• Que estean perfectamente interrelacionadas cos contidos teóricos e dean unha proxección práctica aos contidos, aplicando os coñecementos á realidade.
• Que sexan variadas e permitan afianzar os conceptos; traballar os procedementos, desenvolver actitudes que colaboren á formación humana e atender á
diversidade na aula (distinto grao de dificultade).
• Que sexan motivadoras e conecten cos intereses do alumnado, por referirse a temas actuais ou relacionados co seu ámbito.
Ao longo do curso tamén se fará uso do modelo pedagóxico denominado “Flipped classroom”, un modelo que transfire o traballo de determinados procesos de
aprendizaxe fóra da aula e utiliza o tempo de clase, xunto coa experiencia do docente, para facilitar e potenciar outros procesos de adquisición e práctica de
coñecementos dentro da aula, procurando que o tempo de clase quede liberado para que se poida facilitar a participación dos estudantes na aprendizaxe activa a
través de preguntas, debates e actividades aplicadas que fomenten a exploración, a articulación e a aplicación de ideas, permitindo así unha atención máis
individualizada e dedicar máis tempo á atención á diversidade, ademais de crear un ambiente de aprendizaxe máis colaborativo na aula.
En relación coa metodoloxía descrita neste apartado, o alumnado poderá facer uso puntualmente do teléfono móbil na aula nos termos que estableza o profesor cunha
finalidade exclusivamente didáctica e de acordo co establecido na normativa educativa vixente e nas Normas de organización e funcionamento do centro (NOF).
7. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
Os alumnos/as de 1º de bacharelato utilizarán como materiais de referencia os elaborados e recompilados polo profesor da materia e que poñerá a disposición do
alumnado tanto en formato papel como en formato dixital na aula virtual do centro. Ditos materiais foron elaborados durante unha licenza de formación no ano 2009,
sendo despois, ano tras ano, actualizados e adaptados ao currículo vixente.
Coa irrupción de manuais gratuítos e recursos abertos na rede dispoñibles para o estudo da materia, o libro de texto tradicional pasa a ser só unha referencia máis
entre os demais manuais e recursos dispoñibles ao noso alcance:
Os manuais gratuítos que ofrecen na súa web algúns profesores. Por exemplo:
José Sande: http://josesande.com/ Javier Martínez Argudo: http://www.econosublime.com/p/libro-gratuito-4-eso-economia.html
Acceso a textos xornalísticos da prensa diaria ou especializada e uso da prensa dixital, así como documentais espazos televisivos onde se traten temas
relacionados coa materia e que presenten propostas concretas de actividades que sirvan para vincular os contidos desenvolvidos na aula cos acontecementos
económicos cotiáns. A integración das tecnoloxías da información e comunicación serán fundamentais ao longo de todo o curso: consulta de páxinas web de
determinados organismos públicos, institucións ou empresas que poden proporcionar información interesante para a materia coa finalidade da realización de
traballos individuais ou en grupo do alumnado, con exposición posterior das ideas propias ou dos resultados dos traballos realizados.
A utilización da aula virtual da páxina web do centro (plataforma Moodle) permitirá complementar a ensinanza presencial no centro co reforzo e aprendizaxe
das ferramentas proporcionadas por un contorno virtual destas características, cuxa utilización é perfectamente compatible desde o centro ou fóra de el, en
horas lectivas ou non. En calquera momento o alumnado pode consultar os documentos almacenados por unidades didácticas, os cuestionarios realizados,
cualificacións, ligazóns, ...
http://www.edu.xunta.es/centros/iesdavidbujan/aulavirtual/
OUTROS LIBROS DE USO PARA O ALUMNADO: algúns deles se encontran a disposición do alumnado na Biblioteca do centro ou no departamento de Economía.
Nº Autor Título Editorial1 Aguilella Albella, Salvador e outros Manual básico de Economía en galego La Voz de Galicia, S.A.
2 Amat Salas, OriolLa Bolsa: Funcionamento y técnicas parainvertir Deusto
3 Galbraith, J.K. Introdución á economía Ed. Crítica
4 Pulido, A. Viaxes por Econolandia Ed. Pirámide
5 Pintado Conesa, Juan José Exercicios de Economía Xeral e de Empresa Ed. CEF
6 Rodrigo, Nuño La Bolsa contada con sencillez Maeva
7 Sampedro, José Luis El mercado y nosotros Penthatlon edicións
8 Sampedro, José Luis El mercado y la globalización Edicións Destino
9 SetemUnidade Didáctica para Bacharelato Comerciojusto, consumo responsable Campaña Ropa Limpia
10 Tamames, Ramón Diccionario de Economía y finanzas Alianza Editorial.
11 Trujillo Ruíz, Fco. de Borja Pasatiempos de introducción a la Economía Ed. Univ. Polit. Valencia
12 Ziegler, Jean Los nuevos amos del mundo Edicións Destino.
13 Trías de Bes, Fernando El vendedor de tiempo Empresa Activa
BANDA DESEÑADA
1 Sande, José e Calvo, Juan Carlos Bolsa en ½ hora Compartiendo Conocimiento, S.L.
2 Sande, José e Calvo, Juan Carlos Economía en ½ hora Compartiendo Conocimiento, S.L.
3 Sande, José e Calvo, Juan Carlos Emprender en ½ hora Compartiendo Conocimiento, S.L.
4 Sande, José e Calvo, Juan Carlos Empresa en ½ hora Compartiendo Conocimiento, S.L.
5 Sande, José e Calvo, Juan Carlos Finanzas en ½ hora Compartiendo Conocimiento, S.L.
6 Sande, José e Calvo, Juan Carlos Historia de la Economía en ½ hora Compartiendo Conocimiento, S.L.
BIBLIOGRAFÍA DE APOIO:Nº Autor Título Editorial
1 Aguilella Albella, Salvador e outros Manual básico de Economía en galego La Voz de Galicia, S.A.
2 Bajo y Monés Curso de Macroeconomía Antoni Bosch Editor
3 Bajo & Monés & Escobedo Ejercicios de Macroeconomía Antoni Bosch Edito
4 Baldwin, Carlos e Jiménez, Emilio Cómo dominar la Economía. Introduccióngeneral a la Economía
Editorial Playor
5 Barber, William J. Historia del pensamiento económico Alianza Universidad
6 Belzunegui, Bernardo e outros Macroeconomía McGraw-Hill (Schaum)
7 Bergstrom y Varian. Ejercicios de Microeconomía intermedia Antoni Bosch Editor
8 Blanco Ramos, Ignacio Economía Everest
9 Bradley R. Schiller Principios Esenciales de Economía McGraw-Hill
10 Caro Carretero, Raquel. Introducción a la Economía. Cien preguntasclave y sus respuestas.
Dykinson, SL
11 Carrasco Pradas, Amparo e outros Cuestiones tipo test de Introducción a laEconomía
Pearson Prentice-Hall
12 Castejón Montijano, Rafael e outros. Acceso a la Economía Ed. UNED
13 Castro, A. e Lessa, C. Introducción a la Economía (Un enfoqueestructuralista)
Siglo Veintiuno de España Editores,SA
14 Conway, Edmund 50 cosas que hay que saber sobre Economía Ariel
15 Cuervo, Arango y Trujillo Introducción a la Economía McGraw-Hill
16 Delgado, Mª Jesús e outras Ejercicios de Economía aplicada Ariel Practicum
17 Estefanía, Joaquín Qué es la globalización? Aguilar
18 Frank, Robert El economista naturalista Ed. Península
19 Galbraith, John Kenneth Historia de la Economía Ariel
20 Galbraith, John Kenneth Introducción a la Economía. Una guía paratodos o casi.
Ed. Crítica
21 Galeano, Eduardo Las venas abiertas de América Latina S. XXI de España edit.
22 Garvie, Alejandro Economía para principiantes Era Naciente
23 Gimeno, Juan e Guirola, José Introducción a la Economía: Libro de prácticas McGraw-Hill
24 González Laxe, Fernando Estructura económica de Galicia Espasa Calpe
25 González Rabanal, Concepción Las elasticidades en economía Ed. UNED
26 Harford, Tim El economista camuflado Ed. Temas de Hoy
27 Krugman, Paul Vendiendo prosperidad Ariel Sociedad Económica
28 Krugman, Paul El retorno de la economía de la depresión Crítica
29 Landeta Basterrechea, M.J. Elementos de Economía Larrauri
30 Lipsey, Richard G. Principios de Economía Positiva Ed. Vicens Vives
31 Martín Simón, José Luis Principios de Economía Pearson Prentice Hall
32 Martínez Peinado, Javier e Vidal Villa,José
Economía mundial Ed. McGraw-Hill
33 Massiá, José Vicente e outros Introducción a la Macroeconomía ESIC Editorial
34 Méndez Pérez, Esther e outra Introducción a la Economía: Ejercicios yPrácticas
Pearson/Prentice-Hall
35 Mochón, Francisco Economía. Teoría y política. Ed. McGraw-Hill
37 Mochón, Francisco Principios de Economía (+ Libro de problemas) Ed. McGraw-Hill
38 Moslares, Carlos e González, Higinio Elementos prácticos para la enseñanza de laEconomía
Horsori Editores
39 Muñoz Cidad, Cándido Introducción a la Economía aplicada. Cuentas Ed. Espasa Calpe. Biblioteca de
nacionales, tablas input-output y BP. Economía
40 O´Kean, José María Análisis del entorno económico de los negocios. McGraw-Hill
41 Pampillón Fernández, Fernando Ejercicios de Sistema Financiero Español Editorial Dykinson
42 Pérez Zabaleta, A.; Méndez Pérez, E.;Castejón Montijano, R. e MartínezMerino, J.L.
Medios y técnicas en la Enseñanza de Cursosintroductorios de Economía
Textos de Educación Permanente.UNED.
43 Piketty, Thomas El capital en el siglo XXI Fondo de Cultura Económica
44 Piketty, Thomas Capital e ideología Deusto
45 Pulido San Román, Antonio Economía para entender Ed. Pirámide
46 Riechmann, J.; Naredo, J. M.; Bermejo,R. e outros.
De la Economía a la Ecología Editorial Trotta
47 Rifkin, Jeremy La economía del hidrógeno Paidós
48 Rodríguez Sáiz, L.; Parejo, J.A.; Cuervo,Á. e Calvo, A.
Manual de sistema financiero español Ariel Economía
49 Sachs, Jeffrey El fin de la pobreza. Como conseguirlo ennuestro tiempo.
Debate
50 Samuelson, Paul A. e Nordhaus, WilliamD.
Economía McGraw-Hill
51 Sebastián, Miguel e García-Pardo,Jimena.
Ejercicicios de introducción a la Economía McGraw-Hill
52 Simón Segura, Francisco Manual de Historia Económica Mundial y deEspaña
Ed. Centro de Estudios RamónAreces
53 Sloman, John Introducción a la Microeconomía Prentice Hall
54 Stiglitz, Joseph E. Cómo hacer que funcione la globalización Taurus
55 Stiglitz, Joseph E. El malestar en la globalización Taurus
56 Sutcliffe, Bob 100 imágenes de un mundo desigual Icaria Editorial
57 Sylos Labini, Paolo Subdesarrollo y economía contemporánea Ed. Folio
58 Tamames, Ramón Curso rápido de Economía y Finanzas. Ediciones 2010
59 Tamames, Ramón La Economía española. De la transición a laUnión Monetaria.
Ed. Temas de Hoy
60 Tamames, R. e G. Huerta, B. Estructura económica internacional Alianza Editorial-Ciencias Sociales
61 Travé, Gabriel Didáctica de la Economía en el Bachillerato Síntesis
62 Urrutia, Juan Economía en porcións Prentice-Hall
63 Varian Microeconomía intermedia. Un enfoque actual. Antoni Bosch Editor
WEBGRAFÍA:
Educación financeira:
Finanzas para todos:
http://finanzasparatodos.es/
Portal do cliente bancario:
https://clientebancario.bde.es/pcb/es/
Finanzas para mortales:
https://www.finanzasparamortales.es/
Portal Banco de España:
https://portaleducativo.bde.es/educa/es/
Concurso Generación Euro BDE:
https://www.generationeuro.eu/index.php?id=1&L=6
Banco Central Europeo:
https://www.ecb.europa.eu/ecb/html/index.es.html
A Bolsa virtual:
https://www.labolsavirtual.com/
Bolsa de Madrid:
http://www.bolsamadrid.es/esp/aspx/Portada/Portada.aspx
Educación tributaria:
Portal de educación cívico-tributaria da Axencia Tributaria:
https://www.agenciatributaria.es/AEAT.educacion/HomeEducacion
_es_ES.html
Axencia Tributaria:
https://www.agenciatributaria.es/
Consellería de Facenda:
https://www.xunta.gal/facenda
Portal da Unión Europea:
https://europa.eu/european-union/index_es
Recursos para estudantes de Economía:
Olimpiadas galegas de Economía:
http://www.universidadelaboral.es/olimpiadas/
Econolandia:
http://www.econolandia.es/
Econosublime:
http://www.econosublime.com/
Compartiendo conocimiento:
https://josesande.com/
Dobeconomía:
http://dobeconomia.blogspot.com/
D’Economia blog:
https://deconomiablog.blogspot.com/
Ecodubi:
http://ecodubi.blogspot.com/
Jramajo.com
http://www.jramajo.com/
Para profes de Economía:
https://paraprofesdeconomia.com/
El profe de Eco:
https://elprofedeeco.blogspot.com/
Econoweb:
http://econoweb.es/
Ecobachillerato:
http://www.ecobachillerato.com/
Educatube:
https://www.educatube.es/videos/economia/
Videos de Economía e Empresa:
http://videoseconomia.blogspot.com/
Flipped Classroom (videos):
https://www.youtube.com/channel/UCZVjLChWpn6l8rn864L0bMg
Economía visual:
http://www.economiavisual.com/
Datos estatísticos:
INE (Instituto Nacional de Estadística):
https://www.ine.es/
IGE (Instituto Nacional de Estatística):
https://www.ige.eu/web/index.jsp?paxina=001&idioma=gl
Eurostat:
https://ec.europa.eu/eurostat/statistics-
explained/index.php/Main_Page/es
Estatísticas OCDE:
https://data.oecd.org/
Datosmacro.com:
https://datosmacro.expansion.com/
Información laboral:
Portal da Seguridade Social:
http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Inicio
Servizo Público de Emprego Estatal:
https://www.sepe.es/HomeSepe
Consellería de Economia, Emprego e Industria:
https://www.xunta.gal/ceei
Instituto Nacional de Seguridad e Higiene en el Trabajo:
https://www.insst.es/
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia:
http://issga.xunta.gal/portal/index.html
Guía Laboral:
http://www.mitramiss.gob.es/es/Guia/texto/
Recursos FOL (Tempos modernos):
http://www.tiemposmodernos.eu/
Economía internacional:
Instituto Español de Comercio Exterior:
https://www.icex.es/icex/es/index.html
Banco Mundial:
https://www.bancomundial.org/
Fondo Monetario Internacional:
https://www.imf.org/external/spanish/index.htm
Organización Mundial do Comercio:
https://www.wto.org/indexsp.htm
MATERIAL AUDIOVISUAL:• Documentos TV: “Consumidos”, “O crédito dos
pobres”, “Subprime, a crise da economía lixo”.• A estabilidade de prezos, por que é importante
para ti?• Vídeos sobre o Banco Central Europeo (BCE).• “ Good bye, Lenin”, “Inside Job”...
REVISTAS:• CEF-Gestión: Revista de Actualización
Empresarial.• Actualidade económica http://www.actualidad-
economica.com/• Emprendedores www.emprendedores.es• Forbes: http://www.forbes.es/
PRENSA:• 5 Días http://www.cincodias.com/• Expansión http://www.expansion.com/• El Economista http://www.eleconomista.es/• El País http://www.elpais.com/economia/• La Opinión A Coruña
http://www.laopinioncoruna.es/
8. AVALIACIÓN: CRITERIOS DE AVALIACIÓN, PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN E CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
No cadro realizado para os apartados 3 e 4 desta programación aparecen incluídos os criterios de avaliación e os procedementos e instrumentos de avaliación. Neste
apartado, descríbense os procedementos e instrumentos de avaliación así como os criterios de cualificación:
PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:
Nome Descrición
Exposición oral (EO) Instrumentarase a través da defensa dun traballo, unha presentación en grupo, unha entrevista profesor-alumno ou un debate ou posta en común.
Proba escrita de resposta aberta (PE)
Control no que o alumno constrúe a súa resposta ao redor dun tema. Pódese conceder o dereito a consultarmaterial de apoio.
Proba obxectiva (tipo test) (PT)
Exame escrito estruturado con diversas preguntas nas que o/a alumno/a non elabora a resposta, só terá quesinalala ou completala, pero que permite avaliar sobre unha ampla base de coñecementos.
Proba práctica (PP) Análise e resolución dunha situación práctica para que se expoña unha solución apropiada.
Traballo académico (TA)
Desenvolvemento dun proxecto que pode ir desde traballos breves e sinxelos até traballos amplos e complexos.
One minute paper (OM)
Son preguntas que se realizan durante ou ao finalizar unha clase, útiles para aprender a escoitar e aprender namesma clase.
Proxecto (PR) Os estudantes desenvolven un produto novo e único mediante a realización dunha serie de tarefas e o usoefectivo de diversos recursos.
Observación (OB)Estratexia baseada na recollida sistemática de datos no propio contexto de aprendizaxe: execución de tarefas,mapas conceptuais, casos prácticos… observables a través do caderno, traballo na aula, traballos realizados naaula virtual...
Nas devanditas probas ou traballos observaranse os seguintes aspectos:
• A correcta utilización de conceptos, definicións e características propias do mundo económico e empresarial.
• Xustificacións teóricas axeitadas que se acheguen no desenvolvemento das respostas.
• Claridade, orde e coherencia na exposición.
• Precisión na aplicación práctica dos conceptos teóricos.
• Deberán figurar as operacións de modo que poida reconstruírse a argumentación lóxica e os cálculos do alumno/a.
• Nos traballos terase en conta o desenvolvemento, a presentación, a exposición, o uso de conceptos e a orixinalidade.
En cada unha das avaliacións parciais e na avaliación final en xuño, serán tidos en conta a participación e o traballo desenvolvido polos alumnos/as ao longo do curso
no proxecto “Axenda 2030 Economía IES David Buján” (PR). O traballo no proxecto complementarase con:
◦ A participación activa na aula, a realización de exposicións e presentacións orais empregando as TIC, a correcta intervención e argumentación nos
debates que se propoñan, o interese polas actividades complementarias propostas... ; de todo o cal se desprenda o desenvolvemento das competencias
e o cumprimento dos mínimos de consecución dos estándares de aprendizaxe (PR, EO, OB).
◦ A realización de pequenos traballos de investigación, resumes, comentarios, casos prácticos (exercicios e problemas), ben en material impreso ou ben en
soporte dixital, arquivando de forma cronolóxica todo o material correctamente ordenado (PR, TA, OB).
◦ A realización das lecturas obrigatorias que se propoñan ao longo do curso en relación cos temas desenvolvidos (PR, EO, OB).
◦ A observación sistemática do alumnado a través de preguntas directas na aula, do traballo individual do alumno, da súa actitude fronte ao traballo en
equipo, a posta en común da información solicitada, as súas explicacións e participación en clase ou nas actividades realizadas fóra do centro, os hábitos
de traballo, a súa iniciativa e interese. A estes efectos, o alumnado empregará ademais dun caderno ou arquivo cronolóxico en formato papel, un espazo
virtual web a modo de caderno dixital e portfolio (PR, OB).
• Ademais da avaliación continua por parte do profesorado, favoreceranse os procesos de:
◦ Coavaliación: para algunhas tarefas terase en conta a valoración respectuosa sobre o traballo e actitude dos compañeiros (PR, OM).
◦ Autoavaliación: que será unha reflexión crítica que cada alumno debe facer sobre a súa propia aprendizaxe (OB).
Para valorar o grao de consecución dos estándares de aprendizaxe fixados para esta materia realizaranse ademais probas específicas de avaliación con preguntas
curtas e/ou tipo test por cada unidade didáctica desenvolvida. Estes controis poderán ser realizados a través da aula virtual do centro pero de forma presencial nas
instalacións do mesmo. Ademais serán realizadas tres probas ao longo do curso, unha por cada avaliación. Estas probas estarán estruturadas en tres partes:
1. Cuestións sobre conceptos teóricos e/ou cuestións tipo test. (PT)
2. Algunhas cuestións abertas relacionadas cos contidos abordados. A través da súa redacción os alumnos deberán mostrar os seus coñecementos teóricos, a
súa capacidade para expoñelos de xeito claro, a axeitada utilización dos termos económicos aprendidos, así como a emisión de xuízos persoais e valoracións
críticas debidamente argumentados. (PE)
3. Casos prácticos e exercicios dos que se deduza a asimilación correcta dos coñecementos teóricos, así como o desenvolvemento axeitado dos procedementos
aprendidos. (PP)
SISTEMA DE CUALIFICACIÓN:
A cualificación de cada avaliación parcial e da avaliación final obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos:
1. En cada avaliación realizarase unha proba baseada no emprego dos indicadores de avaliación referidos aos estándares de aprendizaxe estruturada en tres
partes:
Partes: Contidos:1ª parte Preguntas curtas e/ou tipo test (PT)2ª parte Cuestións e/ou temas a desenvolver (PE)3ª parte Casos prácticos e/ou comentarios (PP)
Para superar cada unha das probas é necesario alcanzar 5 puntos. A cualificación media obtida nestas probas representará o 30% da cualificación da
avaliación.
2. Os controis realizados por cada unidade didáctica terán un peso do 40% na cualificación da avaliación. Algúns destes controis serán realizados na Aula de
Informática do centro empregando a Aula virtual da web do centro e/ou outras aplicacións informáticas para a súa execución. Cada control avaliará os estándares
de aprendizaxe da unidade sobre a que se realice en base a cuestións tipo test e/ou preguntas abertas (PT, PE, PP).
3. Por último, valorarase a participación activa na aula e o traballo desenvolvido no proxecto (produción do alumnado: exposicións orais e/ou traballos),
outorgándoselle unha ponderación do 30% da cualificación da avaliación. (PR, EO, TA, OM, OB) Dado que na acta de avaliación esíxese un número enteiro
como cualificación, aos efectos do redondeo teranse en conta as actitudes e valores desenvolvidos polo alumnado.
SISTEMA DE RECUPERACIÓN:
O proceso de avaliación será continuo para todo o alumnado. Dado que os estándares de aprendizaxe serán valorados con distintos instrumentos, non haberá
probas específicas de recuperación durante o curso. A medida que avance o curso, os instrumentos de avaliación poderán referirse a unidades anteriores. Ao
longo da 2ª e 3ª avaliación, abriranse prazos para que o alumnado cunha avaliación negativa poidan entregar as tarefas pendentes, ou repetilas, no caso de non
ter obtido unha puntuación suficiente para aprobar. O obxectivo é o de conseguir que o alumnado sexa constante e manteña un traballo continuado ao longo do
curso, que lle permita desenvolver hábitos de estudo que impidan que se descolgue da materia e que favorezan unha aprendizaxe secuenciada en termos de
dificultade e de integración e interrelación dos novos coñecementos adquiridos cos anteriores.
Aqueles alumnos/as que pola súa evolución ao longo do curso non acaden unha cualificación final de 5 ou superior, deberán realizar unha proba de recuperación
extraordinaria no mes de setembro a fin de acreditar ter alcanzado os obxectivos xerais do curso. Esta proba extraordinaria do mes de setembro terá o mesmo
formato que as tres probas realizadas ao longo do curso. A parte teórica de dita proba poderá ser substituída por unha batería de preguntas tipo test ou de
resposta curta a realizar na Aula virtual do centro.
9. INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE
Os indicadores de logro a empregar refírense a catro ámbitos: a planificación das clases, a motivación do alumnado, o desenvolvemento do proceso de ensinanza e oseguimento e avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe.PLANIFICACIÓN:
PL
AN
IFIC
AC
IÓN
INDICADORES
1. Programa a materia tendo en conta os estándares de aprendizaxe previstos na normativa educativa.
2. Programa a materia tendo en conta o tempo dispoñible para o seu desenvolvemento.
3. Selecciona e secuencia de forma progresiva os contidos da programación de aula tendo en conta as particularidades de cada un dosgrupos de estudantes.
4. Programa actividades e estratexias en función dos estándares de aprendizaxe.
5. Planifica as clases de modo flexible, preparando actividades e recursos axustados ás necesidades e aos intereses do alumnado.
6. Establece os criterios, procedementos e os instrumentos de avaliación e autoavaliación que permiten facer o seguimento do progreso deaprendizaxe dos alumnos e alumnas.
7. Coordínase co profesorado doutros departamentos que poidan ter contidos afíns á súa materia.
CIÓN ALUMNADO
MO
TIV
AC
IÓN
DO
AL
UM
NA
DO
INDICADORES
1. Proporciona un plan de traballo ao principio de cada unidade.
2. Formula situacións que introduzan a unidade (lecturas, debates, diálogos…).
3. Relaciona as aprendizaxes con aplicacións reais ou coa súa funcionalidade.
4. Informa sobre os progresos conseguidos e as dificultades atopadas.
5. Relaciona os contidos e as actividades cos intereses do alumnado.
6. Estimula a participación activa dos estudantes en clase.
7. Promove a reflexión dos temas tratados.
INDICADORESD
ES
EN
VO
LVE
ME
NT
O D
AS
UN
IDA
DE
S
1. Resume as ideas fundamentais discutidas antes de pasar a unha nova unidade ou tema con esquemas, mapas conceptuais, ...
2. Cando introduce conceptos novos, os relaciona, se é posible, cos xa coñecidos; intercala preguntas aclaratorias; pon exemplos, ...
3. Ten predisposición para aclarar dúbidas e ofrecer asesorías dentro e fóra da aula.
4. Optimiza o tempo dispoñible para o desenvolvemento de cada unidade didáctica.
5. Utiliza axuda audiovisual para apoiar os contidos na aula.
6. Promove o traballo cooperativo e mantén unha comunicación fluída cos estudantes.
7. Desenvolve os contidos dunha forma ordenada e comprensible para os alumnos e as alumnas.
8. Propón actividades que permitan a adquisición dos estándares de aprendizaxe e as destrezas propias da etapa educativa.
9. Formula actividades complementarias atractivas.
SEGUIMENTO E AVALIACIÓN DO PROCESO DE ENSIPRENDIZAXE
INDICADORES
SE
GU
IME
NT
O
1. Realiza a avaliación inicial ao inicio do curso para axustar a programación ao nivel dos estudantes.
2. Detecta os coñecementos previos en cada unidade didáctica.
3. Revisa os traballos propostos na aula e fóra dela.
4. Proporciona a información necesaria sobre a resolución das tarefas.
5. Corrixe e explica de forma habitual os traballos e as actividades dos alumnos e as alumnas, e da pautas para a mellora das súasaprendizaxes.
6. Utiliza suficientes instrumentos de avaliación que atendan de xeito equilibrado a avaliación dos diferentes contidos.
7. Favorece os procesos de autoavaliación e coavaliación.
8. Propón novas actividades que faciliten a adquisición de obxectivos cando estes non foron alcanzados suficientemente.
9. Propón novas actividades de maior nivel cando os obxectivos foron alcanzados con suficiencia.
10. ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES
As probas de recuperación correspondentes á convocatoria extraordinaria do mes de setembro e á convocatoria extraordinaria para alumnos/as de 2º de
bacharelato que teñan a materia de Economía de 1º suspensa, constarán de tres partes:
1ª parte: Unha proba obxectiva, cuestionario tipo test (PT) sobre cuestións básicas que poñan de manifesto un grao mínimo de consecución dos estándares de
aprendizaxe máis significativos.
2ª parte: Preguntas abertas a desenvolver por escrito ou oralmente (PE). Esta parte consistirá nunha redacción escrita na que se valorará a claridade e a
corrección no uso dos termos económicos empregados na exposición de ideas respecto de cuestións básicas que se propoñan entre as estudadas ao longo do
curso. A través da mesma o/a alumno/a deberá poñer de manifesto que cumpre cos mínimos esixidos en relación cos estándares de aprendizaxe aos que se
refiran os contidos de ditas cuestións.
3ª parte: Casos prácticos (PP): consistirá na resolución de dous ou máis casos prácticos significativos en relación cos contidos da materia e cos estándares de
aprendizaxe. Cada caso práctico contará con varios apartados cunha presentación igual ou moi similar aos resoltos na aula ao longo do curso e aos propostos nas
probas escritas realizadas ao longo do mesmo. A través da súa resolución o/a alumno/a deberá poñer de manifesto que coñece, comprende e emprega
axeitadamente os procedementos estudados.
O alumnado que promocione a 2º de bacharelato coa materia pendente de Economía de 1º bacharelato, poderá acollerse á opción da avaliación continua,
consistente na realización das actividades que se lle propoñan a través do curso virtual da web do instituto. A utilización da plataforma Moodle, dispoñible na web
do noso instituto, ademais de permitir o reforzo da aprendizaxe, permite ser utilizada desde o centro ou fóra de el, en horas lectivas ou non. En calquera momento
o alumnado pode consultar os documentos almacenados por unidades didácticas, os cuestionarios, ligazóns, tarefas, ...
A realización das tarefas e/ou probas propostas a través da aula virtual será cualificada de 0 a 10 puntos e ponderará un 50% na cualificación final, é dicir, fará
media coa puntuación obtida na proba extraordinaria anteriormente descrita.
11. ORGANIZACIÓN DOS PROCEDEMENTOS QUE LLE PERMITAN AO ALUMNADO ACREDITAR OS COÑECEMENTOS NECESARIOS EN DETERMINADAS MATERIAS
Non procede.
12. DESEÑO DA AVALIACIÓN INICIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS OU COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO CONSECUENCIA DOSSEUS RESULTADOS
Ao comezo do curso realizarase unha proba de tipo obxectivo ao alumnado que cursa esta materia en 1º Bacharelato. Dita proba estará baseada nos estándares de
aprendizaxe do currículo da materia de Economía en 4º ESO. Dado que na aula pode haber alumnos/as que non tivesen cursado dita materia, analizaranse os
resultados tendo en conta dita circunstancia e sen ningún efecto sobre o desenvolvemento da materia, en cada unidade didáctica desenvolvida non se require de
coñecementos previos específicos da materia de Economía.
13. MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
A lexislación contempla o tratamento específico aos alumnos que polas súas circunstancias e capacidades así o precisen. Para iso a programación dos diferentes
contidos faise de xeito construtivo e progresivo. En todo caso, trataranse de adecuar os contidos ás características e capacidades do alumnado, e, en caso de
precisalo, sería demandado o apoio do departamento de orientación do centro.
Prestarase atención a aqueles alumnos/as que dentro do grupo destaquen polo seu alto nivel de asimilación, en cuxo caso proporánselle actividades de ampliación
para aproveitar o seu potencial; ou ben, polo seu baixo nivel de asimilación, en cuxo caso proporánselle actividades de reforzo.
En xeral, mediante a utilización de actividades diversas, serán detectadas as carencias do alumnado e proporanse as tarefas e procedementos oportunos para lograr o
grao mínimo de consecución dos estándares de aprendizaxe establecidos para superar a materia.
Un dos principios básicos que ha de ter en conta a intervención educativa é o da individualización, ofrecer a cada estudante a axuda pedagóxica que este necesite en
función das súas motivacións, intereses e capacidades de aprendizaxe. No bacharelato, etapa na que as diferenzas persoais en capacidades específicas, motivación e
intereses adoitan estar bastante definidas, a organización do ensino permite que o propio alumnado resolva esta diversidade mediante a elección de modalidades e
optativas. Non obstante, é conveniente dar resposta, xa desde as mesmas materias á diversidade de intereses, motivacións, capacidades e estilos de aprendizaxe que
o alumnado manifesta. É preciso, entón, ter en conta os estilos diferentes de aprendizaxe do alumnado e adoptar as medidas oportunas para afrontar esta diversidade.
Hai estudantes reflexivos (detéñense na análise dun problema) e estudantes impulsivos (responden moi rapidamente); estudantes analíticos (pasan lentamente das
partes ao todo) e estudantes sintéticos (abordan o tema desde a globalidade); uns traballan durante períodos longos e outros necesitan descansos; algúns necesitan
ser reforzados continuamente e outros non; hai os que prefiren traballar sós e os hai que prefiren traballar en pequeno ou gran grupo. Dar resposta a esta diversidade
non é tarefa doada, pero si necesaria, pois a intención última de todo proceso educativo é lograr que o alumnado alcance os obxectivos propostos.
Como actividades de detección de coñecementos previos realizaranse:
• Debates e actividades pregunta-resposta sobre o tema introducido, co fin de facilitar unha idea precisa sobre de onde se parte.
• Repaso das nocións xa vistas con anterioridade e consideradas necesarias para a comprensión da unidade, tomando nota das lagoas ou dificultades
detectadas.
Como actividades de consolidación:
• Realización de cuestionarios e exercicios apropiados e todo o abundantes e variados que sexa preciso, co fin de afianzar os contidos traballados na unidade.
Esta variedade de exercicios inclúe actividades de recuperación-ampliación, para atender non só ao alumnado que presenta problemas no proceso de
aprendizaxe, senón tamén a aqueles que alcanzaron no tempo previsto os obxectivos propostos.
• Entendendo o proceso educativo como un desenvolvemento comunicativo, é de grande importancia ter en conta o traballo en grupo, recurso que se aplicará
en moitas das actividades que se vaian realizar, por exemplo, nos pequenos traballos a realizar ou nos debates propostos, pois a posta en común de
conceptos e ideas individuais xera unha dinámica creativa e de interese no alumnado.
• Concederase, no entanto, grande importancia noutras actividades ao traballo persoal e individual; en concreto, aplicarase nas actividades de síntese e nas de
consolidación, así como nas de recuperación e ampliación.
Acometerase pois, o tratamento da diversidade no bacharelato desde dúas vías:
1. A atención á diversidade na programación dos contidos, presentándoos en dúas fases: a información xeral e a información básica, que se tratará mediante
esquemas, resumos, glosarios, etc.
A atención á diversidade na programación das actividades. As actividades constitúen un excelente instrumento de atención ás diferenzas individuais do alumnado. A
variedade e a abundancia de actividades con distinto nivel de dificultade permiten a adaptación ás diversas capacidades, intereses e motivacións.
14. ELEMENTOS TRANSVERSAIS
A Economía comparte coas demais ciencias sociais un importante papel na formación cívica do alumnado. Inclúense valores e actitudes de igualdade e solidariedade
de forma constante ao longo do curso, e incídese na igualdade entre homes e mulleres. Especialmente desenvólvense actividades que suscitan hábitos de
solidariedade, tales como as relacións no mercado nacional e internacional, os sistemas de mercado e a redistribución da renda. Así mesmo, enfócase con estes
criterios a exposición do papel económico do sector público, como asignador e redistribuídor da renda, corrixindo algúns dos fallos do mercado.
O coñecemento de diversos problemas económicos, como o paro e o subdesenvolvemento, préstanse tamén á transmisión de valores cívicos. No tratamento destes
temas inclúense actividades que poden fomentar hábitos de integración social, participación cívica e educación para o desenvolvemento e para os dereitos humanos.
O que permite afirmar que hai tamén unha educación para a igualdade entre os individuos e razas en xeral, e entre os sexos en particular.
Salientar os seguintes elementos a fomentar ao longo de todo o proceso de ensino-aprendizaxe:
• O desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a importancia do fomento da igualdade de oportunidades e os valores inherentes ao
principio de igualdade de trato e non discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou social. Ao estudar, por exemplo, o mercado de traballo,
abordaranse os temas das desigualdades e discriminacións no ámbito laboral.
• A aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como dos valores que sustentan a
liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto aos dereitos humanos, o respecto aos homes e mulleres por igual, ás
persoas con discapacidades e o rexeitamento de calquera tipo de violencia.
• A prevención da violencia de xénero, da violencia contra as persoas discapacitadas, da violencia terrorista e de calquera forma de violencia, racismo,
xenofobia ou aporofobia.
• O estudo do desenvolvemento sostible e o medio, dos riscos de explotación e abuso sexual, o abuso e maltrato ás persoas pertencentes a minorías étnicas ou
sociais, as situacións de risco derivadas da inadecuada utilización das TIC, así como a protección ante emerxencias e catástrofes.
• A educación medioambiental será abordada a partir dos efectos negativos que sufre o medio natural como consecuencia de certos métodos de produción e
certos hábitos de consumo. Un tema que reclama a reflexión e o posicionamento dos alumnos/as para lograr o desenvolvemento sostible.
• O desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor e a importancia de levar a cabo este tipo de actuacións baixo principios de ética empresarial e
responsabilidade social.
• Os problemas dos países subdesenvolvidos: aludirase aos factores que orixinan as desigualdades entre nacións e que deron lugar a dous grupos de países,
ricos e pobres, e sobre todo á responsabilidade dos primeiros na acentuación do problema dos segundos.
• Educación en consumo: entre os contidos da materia estúdase o consumo como actividade económica necesaria para a satisfacción das necesidades
humanas, abordándose a existencia de institucións públicas e asociacións de consumidores como resposta aos abusos e poder das empresas. Por outra parte
estúdase a publicidade como medio de comunicación de masas entre consumidores e empresas, ao tempo que se reflexiona sobre a súa utilización para
influír sobre a demanda das familias. Noutras unidades trátase o consumo en clave macroeconómica e as grandes desigualdades en canto a consumo entre
os diferentes países e/ou clases sociais. Ademais procúranse deslindar os conceptos de consumo e consumismo.
• Por último, salientar a nivel xeral a intención de despertar o espírito crítico nos alumnos e alumnas ao longo do desenvolvemento das distintas unidades
didácticas, especialmente tomando como referencia o sistema económico capitalista, as grandes desigualdades que xera e as limitacións que presenta o
funcionamento do mercado como mecanismo coordinador da actividade económica.
15. CONTRIBUCIÓN DO DEPARTAMENTO AO PROXECTO LECTOR
Entre os materiais e recursos didácticos para o desenvolvemento da programación das materias que dependen deste departamento, citáronse expresamente
a prensa xeral e, máis especificamente, a prensa económica que serán utilizadas como recursos didácticos que contribuirán a achegar ao alumnado á
actualidade económica ademais de desenvolver a súa comprensión lectora e enriquecer o seu vocabulario.
Por outra parte, no marco do Plan Lector, en relación coa promoción da lectura, tendo en conta os fondos existentes na biblioteca do centro (A3P),
recoméndase ao alumnado que cursa algunha das materias que imparte este departamento, a lectura e/ou consulta dalgunha das obras que aparecen a
continuación das que existen algúns exemplares dispoñibles na biblioteca do centro:
Alumnado Economía 1º bacharelato:
• Aporofobia: el rechazo al pobre: un desafío para la sociedad democrática. Adela Cortina. Ed. Paidós.
• El libro prohibido de la Economía. Lo que las marcas, los bancos, las empresas, los gobiernos, ... no quieren que sepas. Fernando Trías de
Bes. Espasa.
• El mercado y la globalización. José Luís Sampedro. Ed. Destino.
• El mercado y nosotros. José Luís Sampedro. Ed. Destino.
• Mejor con menos. Necesidades, explosión consumista y crisis ecológica. Joaquim Sempere. Editorial Crítica.
• Vivir mejor con menos. Descubre las ventajas de la nueva Economía colaborativa. Albert Cañigueral. Conecta.
• Stop basura: la verdad sobre reciclar. Alex Pascual.
• A Bolsa. Funcionamento e técnicas para investir. Oriol Amat. Deusto.
• Viajes por Econolandia. A. Pulido. Ed. Pirámide.
• Os novos amos do mundo. Jean Ziegler. Ed. Destino.
• El capital en el siglo XXI. Thomas Piketty. Ed. Fondo de Cultura Económica.
• El economista naturalista. Robert Frank. Ed. Península.
• Como facer que funcione a globalización. Joseph E. Stiglitz. Taurus.
Páxina 33 de 39
• La era del desarrollo sostenible. Jeffrey Sachs. Deusto.
• El economista camuflado. Tim Harford. Ed. Temas de Hoy (Grupo Planeta).
• La Renta Básica. Un derecho para todos y para siempre. Guy Standing. Pasado y presente.
• Pasatempos de introdución á Microeconomía. Ed. Universidad Politécnica de Valencia.
16. CONTRIBUCIÓN DO DEPARTAMENTO AO PLAN TIC
En todas as materias impartidas por este departamento fomentarase o uso das novas tecnoloxías da información para obter o máximo aproveitamento á hora
de realizar as actividades e traballos propostos, así como para os proxectos que se leven a cabo. A utilización das tecnoloxías da información e a
comunicación na aprendizaxe da economía para obter información, simular e visualizar situacións, para a obtención e o tratamento de datos, etc., é un
recurso útil que contribúe a mostrar unha visión actualizada da realidade económica. Neste sentido como recursos didácticos foron recompiladas na
webgrafía que aparece no apartado de recursos e materiais didácticos desta programación, un conxunto de sitios web de interese para o alumnado. Tamén
hai un espazo web creado por este departamento na páxina web oficial do instituto desde o que acceder a estas ligazóns así como a outros recursos e
actividades realizadas polo departamento:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdavidbujan/taxonomy/term/59
A realización guiada de procuras na web constitúe un medio para o desenvolvemento da competencia dixital e desenvólvese fomentando a procura,
selección e utilización de información en medios dixitais, ademais permite que o alumnado se familiarice cos diferentes códigos, formatos e linguaxes nas
que se presenta a información (datos estatísticos, representacións gráficas, táboas...) Tamén se procura desenvolver no alumnado a capacidade de utilizar a
información de maneira crítica e sistemática, salvagardando en todo caso a súa necesaria privacidade así como o debido respecto aos dereitos de autor (en
relación coa utilización de imaxes por exemplo).
Nas aulas, o profesor fará uso dos encerados dixitais dispoñibles cando así o requira a unidade didáctica a desenvolver, invitando ao alumnado a participar
activamente facendo un uso apropiado do mesmo. En función da dispoñibilidade das Aulas de Informática do centro, o alumnado traballará cos equipos
informáticos do centro baixo as directrices do profesor.
Páxina 34 de 39
Desde o departamento promoverase así mesmo a utilización das contas de correo propias do centro (@iesdavidbujan.com) e as ferramentas colaborativas
inherentes a dito dominio (Google Drive para compartir moitos arquivos, Google sites para a creación de páxinas web simples, Google docs...), ferramentas
imprescindibles para desenvolver o proxecto “Axenda 2030 Economía IES David Buján”.
Por outra parte, os contidos, criterios e estándares de avaliación da materia incorporan o coñecemento e uso das principais aplicacións informáticas: os
programas de tratamento de textos, follas de cálculo, presentación de diapositivas, etc. Neste sentido o departamento promocionará a utilización de software
libre á hora de utilizar programas de tratamento de textos, follas de cálculo, presentacións de diapositivas ... en consonancia coa utilización do sistema operativo
Linux na práctica totalidade dos ordenadores a disposición do alumnado do centro.
Outra capacidade potenciada é a de utilizar ferramentas informáticas para producir, presentar e comprender información de complexidade progresiva e ter a
habilidade necesaria para acceder a servizos baseados en Internet, buscalos e utilizalos; pero, ao mesmo tempo, tamén a capacidade de saber como
empregar as TIC en apoio do pensamento crítico, a creatividade e a innovación.
A utilización das Tecnoloxías da Información e a Comunicación faise imprescindible para a adquisición de actitudes e destrezas no manexo de ferramentas e
programas informáticos e na correcta utilización de software específico de xestión empresarial, así como para alcanzar algúns dos obxectivos establecidos nas
actividades ou tarefas que se programen ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe e para a creación e difusión de contidos que permitan expoñer os
resultados dos traballos realizados.
Este departamento ten catro cursos dados de alta na Aula virtual da web do centro (plataforma Moodle):
• Economía 4º ESO
• Economía 1º BAC
• Economía da empresa 2º BAC
• Fundamentos de administración e xestión 2º BAC
É interesante que o alumnado se introduza no uso de Aulas virtuais e que aproveite os recursos e tarefas que pode consultar en calquera momento, contribuíndo
en todo momento a facilitar e mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
Outras ferramentas TIC utilizadas polo departamento nalgunhas unidades didácticas:
• En relación coa visualización e subida de vídeos á rede:
https://www.youtube.com/?gl=ES&hl=es https://vimeo.com/
• En relación coa elaboración de murais e outras tarefas colaborativas: Padlet, Pinterest.https://es.padlet.com/dashboard https://www.pinterest.es/
• Prezi, ferramenta utilizada para algunhas presentacións:
Páxina 35 de 39
https://prezi.com
• Para pequenos traballos proxectos de investigación, poderanse utilizarse blogues ademais de Google Sites: https://www.blogger.com https://es.wordpress.com/
• Para a xeración de códigos QR: https://www.unitag.io/es/qrcode
• Para a introdución da gamificación na aula, ferramentas como Socrative, Kahoot...
17. CONTRIBUCIÓN DO DEPARTAMENTO AO PLAN DE CONVIVENCIA
O plan de convivencia de centro enténdese como unha ferramenta para que o noso centro, desde a súa situación particular, estableza, aplique e avalíe as
medidas que se consideran máis axeitadas para promover procesos que permitan a mellora das relacións a nivel de centro, co entorno, nas aulas e a nivel
individual entre os distintos membros da comunidade educativa. Nese sentido, este departamento colaborará co Departamento de Orientación e co Equipo
de Convivencia e Mediación no labor de concienciación sobre a importancia dunha axeitada convivencia escolar que permita unha mellor realización do
proceso de ensinanza-aprendizaxe, na detección o antes posible de conflitos que poidan xurdir nas aulas para que poidan ser resoltos de maneira pacífica,
establecer normas de funcionamento e organización das clases, da aula ou de calquera espazo utilizado para impartir a materia, motivar ao alumnado para
interiorizar a cultura do diálogo e a mediación, previr as actitudes violentas no ámbito escolar, tratar de facilitar a integración do alumnado novo no centro,
detectar e actuar en casos de exclusión de alumnado e, sobre todo, colaborar na prevención, detección e intervención ante situacións de acoso escolar,
fomentando unha educación en valores para a mellora da convivencia e o respecto entre todos os membros da comunidade, a colaboración na resolución de
conflitos de forma construtiva, a educación emocional cando as situacións que xurdan na aula o propicien e colaborar no mantemento do centro como un
centro agradable, fomentando a limpeza, a orde e o coidado das instalacións, promover a igualdade de xénero, con vistas a erradicar actitudes machistas e
formar persoas solidarias e comprometidas co seu entorno.
A través da participación activa do alumnado no proxecto proposto “Axenda 2030 Economía IES David Buján” e de acordo cos principios metodolóxicos do
traballo por proxectos e a aprendizaxe colaborativa, desde este departamento fomentarase o traballo cooperativo para contribuír a un maior coñecemento
entre si de todos os estudantes a través do desenvolvemento de actividades nas que interactúen nun clima de respecto e tolerancia, a través das exposicións
orais, os debates, lecturas, visualización e comentarios de vídeos ou películas que se utilicen como recursos, sempre na procura da mellora da convivencia
dentro e fóra das aulas, etc., co obxectivo de fomentar unha educación de calidade baseada en valores como a cooperación, a solidariedade, a tolerancia, a
pluralidade o respecto, a non discriminación, a responsabilidade, a igualdade, a liberdade, a xustiza e a cooperación.
Páxina 36 de 39
18. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
• Visitas para o alumnado que cursa a materia de Economía 1º bacharelato:
◦ Un grupo visitará a sede de Pull&Bear, en Narón, do grupo multinacional do sector téxtil Inditex, S.A., prevista para o segundo trimestre do
curso (Data: 6 de marzo de 2020).
◦ Outro grupo visitará Zara e á sede central de Inditex en Arteixo, prevista tamén para o 3º trimestre (Data: 2 de abril de 2020).
• Visita para o alumnado que cursa a materia de Economía en 4º ESO:
◦ Pendente. Será proposta na CCP cando teña sido concertada.
• Ao longo do curso, en función das iniciativas que xurdan en relación co proxecto “Axenda 2030 Economía IES David Buján”, este departamento
poderá propoñer á CCP actividades adicionais para a súa aprobación. Valorarase, no seu caso, a posibilidade de participar na convocatoria anual do
Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer da AECID (Asociación Española de Cooperación Internacional para o
Desenvolvemento), tendo en conta que a súa convocatoria trata de recoñecer accións, experiencias educativas ou propostas pedagóxicas
destinados a sensibilizar, concienciar, desenvolver o espírito crítico, e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha cidadanía
global, solidaria, comprometida coa erradicación da pobreza e as súas causas e o desenvolvemento humano e sostible.
• Promoverase a participación do alumnado de 1º bacharelato na convocatoria anual do concurso organizado na Aula Virtual do Banco de España
“Concurso Generación Euro” que ten por obxecto dar a coñecer a política monetaria do Eurosistema e o papel que desempeña este como garante
da estabilidade de prezos.
• Traballarase co Portal de Educación Cívico-Tributaria creado pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, dirixido ao alumnado de
Secundaria, e que ten como obxectivo primordial transmitir valores e actitudes favorables á responsabilidade fiscal e contrarios ás condutas
defraudadoras.
• Así mesmo, os alumnos/as terán a oportunidade de traballar parte do resto dos contidos da materia a través doutros portais como o Portal do
Cliente bancario, creado polo Banco de España; o Portal da Unión Europea, Gepeese (Programa de Ed. Financeira do Banco de España e a
CNMV)...
Páxina 37 de 39
19. MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E MODIFICACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA EN RELACIÓN COSRESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA
Conxuntamente cos indicadores de logro para avaliar o proceso do ensino e a práctica docente expostos no apartado 8 desta programación, os mecanismos
de revisión, avaliación e modificación da programación didáctica irán encamiñados á incorporación, cambio ou supresión de aqueles elementos que poidan
mellorar a programación. Neste sentido os mecanismos que se propoñen recollen tres aspectos fundamentais relacionados coa programación: o proceso de
planificación, a aplicación e desenvolvemento da programación e os resultados obtidos. A partir da súa análise, permitirán establecer un proceso de “feed-
back” ou retroalimentación coa finalidade tanto de mellorar os resultados como de modificar aqueles aspectos susceptibles de mellora.
Aspectos susceptibles de analizar como parte da revisión, avaliación e modificación da programación didáctica:
Planificación:
Os estándares de aprendizaxe avaliables están organizados e secuenciados oportunamente en relación ás unidadesdidácticas previstas.
Definíronse os indicadores de logro vinculados aos estándares de aprendizaxe.
Asociáronse aos estándares de aprendizaxe avaliables os instrumentos de avaliación e indicadores de logro.
Deseñouse a avaliación inicial e definíronse as consecuencias dos resultados.
A temporalización e secuenciación planificada para cada unidade didáctica foi axeitada.
Establecéronse canles de coordinación co resto do profesorado que imparte clase no mesmo grupo.
Aplicación:
Definíronse actividades de apoio, reforzo e recuperación vinculados aos estándares de aprendizaxe.
Contémplanse medidas de atención á diversidade axeitadas.
Presentáronse artigos, revistas e libros relacionados coa materia para a animación á lectura e o desenvolvemento dacompresión e expresión oral e escrita.
Adoptáronse medidas para incorporar as TIC aos procesos de ensinanza e aprendizaxe
Aplicouse a metodoloxía didáctica establecida na programación.
Páxina 38 de 39
Realizouse unha selección axeitada dos recursos didácticos.
Desenvolvéronse os temas transversais nas diferentes unidades didácticas programadas.
Houbo unha oferta desde o departamento de economía axeitada de actividades complementarias e/ou extraescolares.
Resultados:
Informouse ao alumnado sobre os estándares de aprendizaxe avaliables, os procedementos e instrumentos de avaliación eos criterios de cualificación.
Empregáronse procedementos e instrumentos de avaliación variados.
Identificáronse os instrumentos de avaliación aplicables a cada estándar de aprendizaxe.
Os criterios de cualificación resultaron comprensibles para o alumnado.
Houbo algunha reclamación as cualificacións finais por parte do alumnado?
Páxina 39 de 39