100111 d conv axufomgalego centpub

6
292 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 5 Luns, 11 de xaneiro de 2010 Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade públi- ca de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2009-2010 (ED101C). A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, en desenvolvemento das previsións dos artigos 3.2 e 148.1.17 da Constitución española e mais do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Gali- cia, establece a obriga dos poderes públicos de garantiren o uso normal do galego e do castelán (arti- go 2), así como que o galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial no ensino en todos os niveis educativos (artigo 12). Así mesmo, no artigo 14 da citada lei establécese expresamente que a lingua galega é materia de estu- do obrigado en todos os niveis educativos non uni- versitarios e que se garantirá o uso efectivo deste dereito en todos os centros públicos e privados. No parágrafo 3 do mesmo artigo, encoméndaselles ás autoridades educativas da comunidade autónoma garantir que ao remate dos ciclos educativos, nos que o ensino do galego é obrigatorio, o alumnado debe coñecer esta lingua, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán. Deste obxectivo nace a necesidade de adoptar un conxunto de medidas de dinamización dirixidas á promoción da lingua galega nos centros educativos. Igualmente, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parla- mento de Galicia, na súa sesión do día 21 de setem- bro de 2004, reitera a necesidade de promover medidas favorables para o galego para conseguir equiparar o nivel de competencia do alumnado en lingua galega e castelá, así como para corrixir a situación social de desigualdade entre os dous idio- mas, polo que a Administración educativa debe desenvolver e apoiar aquelas medidas que axuden a incrementar o uso da lingua galega na comunidade educativa. O Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo cal se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo desenvolve a Lei de normalización lin- güística para a súa aplicación en todos os centros docentes públicos e privados que imparten as ensi- nanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 125, do 29 de xuño). Pretende reforzar a dimensión comunicativa do gale- go en relación con contextos vivos e facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a per- cibir a utilidade da lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz, afastado de usos sexistas e respectuoso coa situación sociolingüística en que se enmarca cada centro. Con este obxectivo, os centros elaborarán cadanseu proxecto lingüístico, que será avaliado e aprobado polo seu respectivo consello escolar. O devandito decreto regula, no artigo 18 e seguin- tes, o funcionamento dos equipos de normalización e dinamización lingüística e das comisións territoriais de coordinación. No artigo 20, establécese que a Consellería de Educación e Ordenación Universita- ria (CEOU) e a Secretaría Xeral de Política Lingüís- tica (SXPL) divulgarán as experiencias positivas desenvolvidas nos centros educativos no campo da normalización lingüística e avaliarán o grao de cum- primento do Plan de Normalización Lingüística nos centros educativos. Tamén se establece que o Gober- no de Galicia, con periodicidade anual, avaliará os resultados da aplicación deste decreto e desenvolve- rá regulamentariamente cantas disposición fosen necesarias, co fin de que poida achegarse gradual- mente á plena aplicación da Carta europea das lin- guas rexionais e minoritarias. Daquela, e co fin de valorar e apoiar o labor dos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino, considérase necesario, ao igual que en exercicios anteriores, convocar axudas para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego. A achega económica que se asigne a cada proxecto determinarase segundo os criterios estable- cidos nos puntos 10 e 11 desta convocatoria. Neste caso, segundo o establecido no artigo 2.2º d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as achegas económicas que se lles asignen aos proxectos con motivo desta convocatoria non terán carácter de subvención, ao tratarse de achegas monetarias a favor de entidades (os centros de ensi- no públicos) dependentes da Administración auto- nómica, destinadas a financiar actividades da súa competencia e impostas por unha norma emanada da propia Administración outorgante. Tendo en conta que á Secretaría Xeral de Política Lingüística lle corresponde, por unha banda, planifi- car e desenvolver campañas e medidas de fomento do uso, coñecemento e difusión do galego, segundo esta- blece o artigo 6 do Decreto 332/2009, do 11 de xuño, polo cal se establece a estrutura orgánica da Conse- llería de Educación e Ordenación Universitaria; e, por outra, aprobar as bases, a convocatoria e a reso- lución de axudas e subvencións no seu ámbito com- petencial, consonte establece o artigo 3 b) da Orde do 3 de agosto de 2009 de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, RESOLVO: Anunciar a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino públicos de Galicia para o curso escolar 2009-2010, segundo as seguintes bases: 1. Obxecto. A presentación e a realización de proxectos de fomento do uso do galego nos centros públicos de ensino de Galicia, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, promovidos polos equipos de normalización e dinamización lin- güística e polo profesorado responsable do proxecto

Upload: cenlf

Post on 25-Jan-2015

319 views

Category:

Education


1 download

DESCRIPTION

Convocatoria de axudas para o fomento do galego en centros públicos de ensino non universitario de Galicia. Curso 2009-10

TRANSCRIPT

Page 1: 100111 D Conv Axufomgalego Centpub

292 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 5 � Luns, 11 de xaneiro de 2010

Resolución do 4 de xaneiro de 2010, daSecretaría Xeral de Política Lingüística,pola que se anuncia a convocatoria para apresentación de proxectos de fomento do usodo galego dos centros de titularidade públi-ca de Galicia, que imparten ensinanzasregradas de niveis non universitarios, para ocurso escolar 2009-2010 (ED101C).

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalizaciónlingüística, en desenvolvemento das previsións dosartigos 3.2 e 148.1.17 da Constitución española emais do artigo 5 do Estatuto de autonomía de Gali-cia, establece a obriga dos poderes públicos degarantiren o uso normal do galego e do castelán (arti-go 2), así como que o galego, como lingua propia deGalicia, é lingua oficial no ensino en todos os niveiseducativos (artigo 12).

Así mesmo, no artigo 14 da citada lei establéceseexpresamente que a lingua galega é materia de estu-do obrigado en todos os niveis educativos non uni-versitarios e que se garantirá o uso efectivo destedereito en todos os centros públicos e privados. Noparágrafo 3 do mesmo artigo, encoméndaselles ásautoridades educativas da comunidade autónomagarantir que ao remate dos ciclos educativos, nosque o ensino do galego é obrigatorio, o alumnadodebe coñecer esta lingua, nos seus niveis oral eescrito, en igualdade co castelán.

Deste obxectivo nace a necesidade de adoptar unconxunto de medidas de dinamización dirixidas ápromoción da lingua galega nos centros educativos.

Igualmente, o Plan Xeral de Normalización daLingua Galega, aprobado por unanimidade no Parla-mento de Galicia, na súa sesión do día 21 de setem-bro de 2004, reitera a necesidade de promovermedidas favorables para o galego para conseguirequiparar o nivel de competencia do alumnado enlingua galega e castelá, así como para corrixir asituación social de desigualdade entre os dous idio-mas, polo que a Administración educativa debedesenvolver e apoiar aquelas medidas que axuden aincrementar o uso da lingua galega na comunidadeeducativa.

O Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo cal seregula o uso e a promoción do galego no sistemaeducativo desenvolve a Lei de normalización lin-güística para a súa aplicación en todos os centrosdocentes públicos e privados que imparten as ensi-nanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 demaio, de educación (DOG nº 125, do 29 de xuño).Pretende reforzar a dimensión comunicativa do gale-go en relación con contextos vivos e facilitarlle aoalumnado unha oferta educativa que o axude a per-cibir a utilidade da lingua e que o capacite para oseu uso correcto e eficaz, afastado de usos sexistas erespectuoso coa situación sociolingüística en que seenmarca cada centro. Con este obxectivo, os centroselaborarán cadanseu proxecto lingüístico, que seráavaliado e aprobado polo seu respectivo conselloescolar.

O devandito decreto regula, no artigo 18 e seguin-tes, o funcionamento dos equipos de normalización edinamización lingüística e das comisións territoriaisde coordinación. No artigo 20, establécese que aConsellería de Educación e Ordenación Universita-ria (CEOU) e a Secretaría Xeral de Política Lingüís-tica (SXPL) divulgarán as experiencias positivasdesenvolvidas nos centros educativos no campo danormalización lingüística e avaliarán o grao de cum-primento do Plan de Normalización Lingüística noscentros educativos. Tamén se establece que o Gober-no de Galicia, con periodicidade anual, avaliará osresultados da aplicación deste decreto e desenvolve-rá regulamentariamente cantas disposición fosennecesarias, co fin de que poida achegarse gradual-mente á plena aplicación da Carta europea das lin-guas rexionais e minoritarias.

Daquela, e co fin de valorar e apoiar o labor dosequipos de normalización e dinamización lingüísticados centros de ensino, considérase necesario, aoigual que en exercicios anteriores, convocar axudaspara a presentación de proxectos de fomento do usodo galego. A achega económica que se asigne a cadaproxecto determinarase segundo os criterios estable-cidos nos puntos 10 e 11 desta convocatoria.

Neste caso, segundo o establecido no artigo 2.2º d)da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións deGalicia, as achegas económicas que se lles asignenaos proxectos con motivo desta convocatoria nonterán carácter de subvención, ao tratarse de achegasmonetarias a favor de entidades (os centros de ensi-no públicos) dependentes da Administración auto-nómica, destinadas a financiar actividades da súacompetencia e impostas por unha norma emanada dapropia Administración outorgante.

Tendo en conta que á Secretaría Xeral de PolíticaLingüística lle corresponde, por unha banda, planifi-car e desenvolver campañas e medidas de fomento douso, coñecemento e difusión do galego, segundo esta-blece o artigo 6 do Decreto 332/2009, do 11 de xuño,polo cal se establece a estrutura orgánica da Conse-llería de Educación e Ordenación Universitaria; e,por outra, aprobar as bases, a convocatoria e a reso-lución de axudas e subvencións no seu ámbito com-petencial, consonte establece o artigo 3 b) da Orde do3 de agosto de 2009 de delegación de competenciasnos órganos superiores e periféricos da Conselleríade Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a presentación deproxectos de fomento do uso do galego nos centrosde ensino públicos de Galicia para o curso escolar2009-2010, segundo as seguintes bases:

1. Obxecto.

A presentación e a realización de proxectos defomento do uso do galego nos centros públicos deensino de Galicia, dependentes da Consellería deEducación e Ordenación Universitaria, promovidospolos equipos de normalización e dinamización lin-güística e polo profesorado responsable do proxecto

Page 2: 100111 D Conv Axufomgalego Centpub

Nº 5 � Luns, 11 de xaneiro de 2010 293DIARIO OFICIAL DE GALICIA

naqueles centros de ensino de menos de tres unida-des, durante o curso escolar 2009-2010, e o estable-cemento de axudas que apoien o seu financiamento.

2. Destinatarios.

Os centros de titularidade pública de Galicia queimparten ensino regrado de nivel non universitario.

3. Requisitos.

Poderanse presentar a esta convocatoria todos oscentros públicos de ensino de Galicia. Os proxectose as actividades desenvolvidas ao abeiro desta con-vocatoria deberanse presentar e desenvolver deacordo coa vixente normativa ortográfica e morfoló-xica do idioma galego fixada pola Real AcademiaGalega o 12 de xullo de 2003, tal e como se estable-ce na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 dexuño, de normalización lingüística (DOG nº 84, do14 de xullo). Así mesmo, coidarán o respecto datoponimia oficial nos termos previstos no artigo 10da citada lei.

4. Dotación orzamentaria.

O crédito destinado ao financiamento dos proxec-tos de fomento do uso do galego nos centros de ensi-no públicos ascende á cantidade de 800.000 euros.Este crédito financiarase con cargo á aplicaciónorzamentaria 09.03.151A.640.4 dos orzamentosxerais da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o1 de febreiro.

6. Forma de presentación das solicitudes.

As solicitudes para participar nesta convocatoriarealizaranse segundo o formulario que figura anexo aesta resolución.

As solicitudes, xunto coa documentación indicadano punto 7, dirixiranse aos gabinetes provinciais denormalización lingüística e presentaranse, preferen-temente, nos rexistros destas delegacións ou taménen calquera outro rexistro administrativo propio ouconcertado da Comunidade Autónoma de Galicia,conforme o Decreto 164/2005, do 16 de xuño (DOGdo 24 de xuño). Sen prexuízo de que tamén poidanpresentarse segundo o previsto no artigo 38.4º daLei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídi-co das administracións públicas e do procedementoadministrativo común. A data de entrada válida é ade entrada nalgún dos rexistros anteriores. Para osefectos deste cómputo non ten validez a data de saí-da do rexistro do centro de ensino. De enviar a docu-mentación mediante o servizo de correos, será nece-saria a súa presentación en sobre aberto para que ofuncionario do servizo postal poida selala e facerconstar a data de presentación antes de certificala.

7. Documentación que se xuntará á solicitude.

Á solicitude xuntarase a seguinte documentación:

7.1. Copia impresa do proxecto, asinado polo coor-dinador ou coordinadora do equipo de normaliza-ción, co visto e prace do director ou directora docentro. O proxecto deberá analizar a realidade con-

creta do centro e, a partir dela, establecer os obxec-tivos e deseñar as actividades que permitan modifi-car a situación de partida. Desenvolverá os seguin-tes puntos:

a) Breve estudo sociolingüístico actualizado aten-dendo:

-O contorno sociolingüístico do centro.

-A situación do profesorado.

-A situación do alumnado.

-A situación lingüística do centro.

b) Descrición de obxectivos adecuados a cada undos catro puntos anteriores.

c) Descrición detallada das actividades de dinami-zación lingüística para cada un dos obxectivos pro-postos.

7.2. Cadro resumo de actividades asinado polocoordinador ou coordinadora, co visto e prace dodirector ou directora do centro, no cal figure expre-samente o compromiso de desenvolvemento das acti-vidades programadas no caso de obter o financia-mento. No cadro teñen que constar de forma resumi-da a temporalización, o nome da actividade, respon-sable/s, destinatarios/as e departamento/s a quepertence, así como o orzamento previsto. O modelodeste cadro resumo figura no anexo II desta resolu-ción.

7.3. Certificación bancaria, selada e asinada polaentidade correspondente, en que consten os datos daconta do centro en que se solicita o ingreso da axu-da, se é a primeira vez que recibe este financiamen-to da Xunta de Galicia.

8. Procedemento.

Recibidas as solicitudes nos gabinetes provinciaisde normalización lingüística desta secretaría xeral,revisarase a documentación e, se se apreciasen errosou omisións, comunicaráselles aos solicitantes paraa súa emenda, de acordo co previsto no artigo 71, daLei 30/1992.

9. Análise e cualificación dos proxectos.

Comisión de cualificación. Unha vez completos osexpedientes administrativos, procederase á cualifi-cación dos proxectos que resulten admitidos porseren presentados en tempo e forma. Con este fin,constituirase en cada gabinete provincial destasecretaría xeral unha comisión provincial integradapor:

*Presidencia: o xefe ou a xefa do gabinete provin-cial de normalización lingüística.

*Vogais:

-O coordinador ou coordinadora provincial dosequipos de normalización e dinamización lingüísti-ca.

-Un/unha representante da Inspección Educativa,que será designado/a polo xefe ou xefa territorial daConsellería de Educación e Ordenación Universita-ria.

Page 3: 100111 D Conv Axufomgalego Centpub

294 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 5 � Luns, 11 de xaneiro de 2010

-Un/unha especialista en planificación lingüística,designado/a pola Secretaría Xeral de Política Lin-güística. Cando o número de proxectos o aconselle,poderán designarse ata 3 especialistas máis porcomisión.

-Un profesor ou profesora con experiencia nosequipos de normalización e dinamización lingüísti-ca, designado/a pola Secretaría Xeral de PolíticaLingüística.

*Secretaría:

Desenvolverá estas funcións un funcionario oufuncionaria do gabinete ou delegación territorial.

No seo das comisións provinciais, poderanse cons-tituír unha ou varias comisións técnicas para facili-tar a análise polo miúdo dos proxectos.

Homoxeneización de criterios. Coa finalidade dehomoxeneizar a aplicación dos criterios de valora-ción con anterioridade ao inicio das sesións dascomisións provinciais, na Secretaría Xeral de Políti-ca Lingüística levarase a cabo unha sesión conxun-ta na cal participen o presidente/a e o coordinador/ade cada comisión provincial e un técnico da Secre-taría Xeral de Política Lingüística, para a valoraciónen común de cinco proxectos de cada unha das pro-vincias elixidos ao azar.

10. Criterios para a cualificación dos proxectos.

Para a concesión de incentivos de apoio ao finan-ciamento dos proxectos de fomento do uso do galego,as comisións terán en conta fundamentalmente acalidade do proxecto e ponderarase o número deestudantes do centro.

10.1. A calidade do proxecto terá un peso do 80%.Quedarán desestimadas aquelas solicitudes que nonreúnan un mínimo de 6 puntos nesta epígrafe. A por-centaxe do 80%, correspondente á calidade, serápuntuada de 0 a 24 puntos. As variables que se ava-liarán coas respectivas puntuacións serán as seguin-tes:

a) Implicación activa dos membros da comunidadeno proxecto (pais/nais, profesorado de distintosdepartamentos, alumnado de distintos ciclos, etapase niveis, así como persoal de administración e servi-zos): de 0 a 3 puntos.

b) Orixinalidade nas propostas para incidir nosusos reais, orais e escritos, da comunidade educati-va: de 0 a 3 puntos.

c) Potenciación das competencias activas sobre aspasivas, con especial atención a aquelas que fomen-ten a oralidade: de 0 a 3 puntos.

d) Utilización de novas tecnoloxías: de 0 a 3 pun-tos.

e) Colaboración con outras institucións, entidadesou asociacións externas ao centro, co obxectivo depotenciar o uso da lingua galega fóra do centro: de 0a 3 puntos.

f) Colaboración con outros centros educativos nodeseño da planificación lingüística e/ou realizaciónde actividades: de 0 a 3 puntos.

g) Realización de actividades plurianuais: de 0 a 3puntos.

h) Diversificación de actividades ao longo do cur-so, número e coherencia entre estas e os obxectivoscorrespondentes: de 0 a 3 puntos.

10.2. O número de estudantes terá un peso do20%. A cada centro concederánselle 0,30 puntospor cada 50 estudantes ou fracción, ata un máximode 6 puntos.

11. Contías máximas por proxecto.

a) O financiamento máximo que poderán recibir oscentros cunha matrícula superior a 50 alumnos ealumnas é de 2.500 euros.

Aos proxectos destes centros que conten con 20puntos ou máis no apartado 10.1 outorgarásellesautomaticamente a cantidade máxima permitida de2.500 euros.

b) O financiamento máximo que poderán recibiraqueles centros con matrícula comprendida entre 25e 50 alumnos e alumnas é de 600 euros.

c) O financiamento máximo que poderán recibiraqueles centros con matrícula inferior a 25 alumnose alumnas é de 400 euros.

12. Criterios para a repartición das axudas conce-didas.

Unha vez que as comisións provinciais avalíen eestablezan a puntuación que ten cada proxecto, etras descontar as axudas máximas concedidas, se ashouber, establecidas na alínea a) do número ante-rior, fixarase un valor económico por punto obtidonos proxectos. A multiplicación dese valor polo totalde puntos acadados por cada proxecto dará comoresultado a contía económica da axuda que recibirácada un que, en ningún caso, poderá exceder as con-tías máximas establecidas no punto 11 nin o custototal do proxecto.

Se para o mesmo proxecto se solicitase algunhaaxuda ou subvencións ante calquera outra Adminis-tración ou ente público, deberá xuntarse á solicitudeunha declaración na cal se exprese o conxunto dassolicitudes efectuadas ou concedidas.

13. Proposta de resolución.

Rematadas as sesións, as comisións provinciaiselaborarán a listaxe coa puntuación outorgada acada proxecto e a xefatura de gabinete de normaliza-ción lingüística correspondente formulará unha pro-posta de resolución de adxudicación do financia-mento de cada proxecto.

Estas propostas faranse públicas na web www.xun-ta.es/linguagalega. Nelas expresarase a contía pro-posta para cada proxecto admitido, así como as cau-sas que determinaron a exclusión das restantes soli-citudes. Os centros interesados disporán de 10 díashábiles para formular as alegacións que considerenoportunas sobre esta proposta ante a xefatura degabinete de normalización lingüística.

Page 4: 100111 D Conv Axufomgalego Centpub

Nº 5 � Luns, 11 de xaneiro de 2010 295DIARIO OFICIAL DE GALICIA

14. Resolución.

Correspóndelle ao secretario xeral de Política Lin-güística a competencia para resolver esta convocato-ria, segundo se establece no artigo 3º b) da Orde do3 de agosto de 2009 de delegación de competenciasnos órganos superiores e periféricos da Conselleríade Educación e Ordenación Universitaria.

A resolución definitiva publicarase no Diario Ofi-cial de Galicia e na web www.xunta.es/linguagalega.

As solicitudes entenderanse desestimadas de nonrecaer resolución expresa no prazo de seis meses,contados a partir da publicación desta convocatoriano DOG.

15. Xustificación de gastos.

A data límite para a xustificación dos gastoscorrespondentes aos centros que obtiveron financia-mento mediante esta convocatoria para o curso2009-2010 é o 1 de xullo de 2010. Deberá presen-tarse ante os gabinetes provinciais de normalizaciónlingüística.

A forma de presentación é a mesma que a sinala-da no punto 6, a propósito da presentación das soli-citudes.

A xustificación incluirá a seguinte documentación:

a) Unha memoria descritiva e gráfica en que, porunha banda, se analice en detalle o desenvolvemen-to de cada unha das actividades para as que se con-cedeu a asignación económica e, por outra, se rela-cione cada gasto en que se incorreu coa actividadedo proxecto a que vai imputado.

Esta memoria deberá dar conta dos cambios reali-zados con respecto á programación inicial e nelaavaliarase, ademais, a consecución ou non dosobxectivos previstos e proporanse actuacións demellora para vindeiros proxectos.

b) Facturas orixinais correspondentes aoano 2010, ou copias compulsadas expedidas a nomedo centro educativo, en que se exprese, de xeitoexplícito, o concepto e a súa relación coas activida-des programadas. Non se admiten facturas compul-sadas polo propio centro educativo.

c) Xunto coas facturas enviarase unha relación detodas elas en que se especifique: emisor, número defactura e importe desta.

16. Perda do dereito ao cobramento do financia-mento.

O centro perderá o dereito ao cobramento do finan-ciamento concedido polas seguintes causas:

-Xustificación presentada fóra do prazo (con pos-terioridade ao 1 de xullo de 2010).

-Non realización das actividades e/ou incumpri-mento dos fins, obxectivos ou variación substancialna realización do proxecto, sen o xustificar debida-mente.

-Incumprimento do requisito previsto no punto 3.4desta convocatoria sobre o uso correcto do galego eo respecto á toponimia oficial.

17. Pagamento.

O pagamento non poderá ser superior á contía con-cedida na resolución da convocatoria, nin aos gastosrealmente realizados, de seren estes inferiores aoimporte concedido.

Os pagamentos serán efectuados a través das res-pectivas xefaturas territoriais da Consellería Educa-ción e Ordenación Universitaria.

18. Seguimento e avaliación da realización dosproxectos.

O seguimento e a avaliación da realización dosproxectos de fomento da lingua galega que presentenos equipos será realizado polos coordinadores ecoordinadoras territoriais sobre a base das memoriasde xustificación.

19. Delegación de competencias e desconcentra-ción de créditos.

Para unha máis eficaz xestión, a Secretaría Xeralde Política Lingüística desconcentrará os créditosnecesarios para sufragar os gastos desta convocato-ria e delegaranse as facultades correspondentes pararesolver e pagar os importes correspondentes a cadacentro de ensino nas correspondentes xefaturasterritoriais da Consellería Educación e OrdenaciónUniversitaria, en que teñen establecida a súa sedeos gabinetes de normalización lingüística de cadaprovincia.

20. O secretario xeral de Política Lingüísticapoderá ditar, no ámbito das súas competencias, asinstrucións e aclaracións precisas para o desenvol-vemento desta resolución.

21. Esta convocatoria tramítase ao abeiro da Ordedo 11 de febreiro de 1998 pola cal se regula a trami-tación anticipada de expedientes de gasto, modifica-da pola Orde do 27 de novembro de 2000 e polaOrde do 25 de outubro de 2001, con base nas previ-sións de dotacións orzamentarias que figuran no pro-xecto de orzamentos xerais da comunidade autóno-ma para o ano 2010, aprobado polo Consello daXunta o día 15 de outubro de 2009. De acordo conisto, a convocatoria queda sometida á condición sus-pensiva de que exista crédito axeitado e suficientepara financiar as obrigas que dela se derivan na Leide orzamentos xerais da comunidade autónoma parao ano 2010.

22. Contra esta resolución caberá interpoñerrecurso de reposición, no prazo dun mes, perante aSecretaría Xeral de Política Lingüística ou, directa-mente, o recurso contencioso-administrativo, no pra-zo de dous meses, perante o Tribunal Superior deXustiza de Galicia, contados os prazos, en ambos oscasos, desde o día seguinte ao da publicación destaresolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2010.

Anxo M. Lorenzo SuárezSecretario xeral de Política Lingüística

Page 5: 100111 D Conv Axufomgalego Centpub

296 DIARIO OFICIAL DE GALICIA Nº 5 � Luns, 11 de xaneiro de 2010

PROCEDEMENTO CÓDIGO DO PROCEDEMENTO DOCUMENTO

SOLICITUDEFINANCIAMENTO PARA OS PROXECTOS DE FOMENTO DO USO DO

GALEGO DOS CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA QUE IMPARTEN ENSINO REGRADO DE NIVEL NON UNIVERSITARIO

ED101C

ANEXO ICONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA Secretaría Xeral de Política Lingüísitca

LEXISLACIÓN APLICABLE

VISTO E PRACE DO/A DIRECTOR/A DO CENTROSINATURA DO/A COORDINADOR/A DO EQUIPO

Resolución do 4 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola cal se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2009-2010 (ED 101 C).

Gabinete de Normalización Lingüística de

Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

, de de , de de

NOME DO CENTRO EDUCATIVO Nº DE UNIDADES Nº DE ALUMNOS/AS CURSO 2009/2010

ENDEREZO PROVINCIA

CONCELLO TELÉFONO NIF ENDEREZO ELECTRÓNICO

Don / Dona coordinador/a do

equipo de normalización e dinamización lingüística do centro antes mencionado,

SOLICITA:Financiamento para a realización das actividades que se mencionan no proxecto que acompaña a esta solicitude, acolléndose ao disposto na resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2009-2010.

CANTIDADE SOLICITADA

De conformidade coas epígrafes 3º e 4º do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial a relación de beneficiarios e o importe das axudas concedidas ao abeiro desta resolución; e incluirase igualmente a dita axuda e as sancións, que puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos. A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos beneficiarios e a referida publicidade.

Page 6: 100111 D Conv Axufomgalego Centpub

Nº 5 � Luns, 11 de xaneiro de 2010 297DIARIO OFICIAL DE GALICIA

ANEXO II Cadro-resumo da actividade

Temporalización Título actividade (incluídas as que non teñen custo

económico)

Responsable/s e departamento/s ao

que pertence

Destinatarios/as Orzamento

O/a coordinador/a do proxecto... Nome e apelidos: Visto e prace O/a director/a do centro... Nome e apelidos