15_gracielapaz_01_liques.pdf
TRANSCRIPT
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 1/11
OS LIQUES NO SEU MEDIO. OS LIQUES COMO BIOINDICADORES
Graciela Paz Bermúdez. Escola de Enxeñería Forestal da Universidade de Vigo Que son os liques?
Os liques son organismos que, coa aparencia dun individuo simple, son en realidade o
resultado da asociación dun fungo e unha alga, pero cun aspecto e comportamento moi diferente aodos seus dous integrantes illados. Algo similar ao que sucede cos compostos químicos de
propiedades moi diferentes ás dos elementos que os forman.
Dentro do lique o fungo denomínase micobionte e a alga fotobionte. Os fotobiontes, son
cianobacterias ou clorofíceas. Os xéneros Nostoc entre as primeiras e Trebouxia e Trentepohlia,
entre as verdes, son os máis frecuentes. A maioría dos fotobiontes poden atoparse, tanto na natureza
vivindo libres como na asociación liquénica.
En cambio, os micobiontes son incapaces de desenvolverse se non están asociados a un
fotobionte porque obteñen os seus nutrientes, case por completo, dos compostos sintetizados por
este. Esta característica, xunto co feito de que o micobionte conserva a capacidade de reprodución
sexual, fai que moitas veces se interprete a asociación como un parasitismo suave máis que como
unha simbiose mutualista.
Imaxe na que se mostra o micobionte (M) como carcereiro das células do fotobionte Como son os liques?
O corpo dos liques denomínase talo, son moi variados en tamaño, forma e cor pero podemos
clasificalos atendendo á forma, en tres categorías (biotipos) fundamentais: 1.- Talos en costra ou crustáceos, forman costras tan pegadas ao substrato (pedra ou codia
xeralmente) que son imposibles de desprender del. Son o tipo máis estendido e presentan moitas
variacións. Poden formar unha costra superficial máis ou menos grosa, ou estar case por completo
incluídos no substrato do que destacan como manchas de cor diferente.
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 2/11
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 3/11
3.- Talos fruticulosos teñen aspecto de pequenos arbustos. Están moi ramificados e únense
ao substrato por un ou poucos puntos. Poden ter pequenas pólas cilíndricas ou estar formados por
cintas estreitas. A ramificación abondosa e a facilidade para desprendelos son as súas características
diferenciais.
Talos fruticulosos
Onde podemos atopalos? Os liques son organismos cosmopolitas e ubiquistas, podemos atopalos en calquera lugar da
superficie terrestre e en moitos substratos naturais sendo os máis comúns as codias das árbores
(liques epífitos, sendo variables nas distintas especies arbóreas e segundo a idade da árbore), sobre
madeira en descomposición (liques lignícolas), nas codias moi recubertas por briófitas (liques
muscícolas), directamente sobre a terra (liques terrícolas), ou sobre as rochas (liques saxícolas,tamén sobre cemento). Estes últimos teñen un importante papel como primeiros colonizadores das
rochas, polo que interveñen nas primeiras etapas de formación dun solo ao producir alteración física
e química delas.
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 4/11
Talos lignícolas sobre pau Talos saxícolas sobre granito
Evidentemente, os liques non diferencian se as pedras que colonizan están nun medio
natural ou se están formando parte dalgunha construción importante para o patrimonio cultural
(dolmens, igrexas, castelos, cruceiros...). Isto lévanos ao concepto de biodeterioro; é dicir, a alteración por parte de seres vivos (liques, briófitas, algas...) do substrato rochoso que forma parte
de construcións interesantes para o ser humano.
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 5/11
Parede de granito dun castelo colonizada por talos foliáceos de cor laranxa
Pero os liques tamén poden vivir sobre substratos artificiais como cemento, sobre sinais de
tráfico, en bancos de prazas e xardíns, etc. A súa ausencia é rara e case sempre é debida a unha alta
contaminación atmosférica.
Liques colonizando un enreixado
Coche abandonado no Courel colonizado por liques
Que aplicacións interesantes teñen para o ser humano? Ao longo da historia da humanidade o ser humano empregou distintas especies de liques
para diferentes cuestións: como alimento en zonas do planeta onde son os produtores primarios
dominantes (zonas árticas e desertos), para tinxir tecidos, na industria da perfumería como fixadores
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 6/11
de determinadas sustancias aromáticas, en farmacia como anticatarrais.
Tecidos tinxidos con liques xunto coas especies empregadas
Pero hoxe en día se teñen unha aplicación importante é a de bioindicadores; os liques son
excelentes indicadores da contaminación do ar. A súa sensibilidade coñécese dende finais do século
XIX e, desde entón, téñense empregado como bioindicadores de moitos tipos de contaminantes con
métodos moi diferentes. Algunhas características da fisioloxía dos talos liquénicos explican a súa
sensibilidade e o seu amplo uso como bioindicadores: carecen de mecanismos que impidan a
absorción e a eliminación de compostos tóxicos e son perennes con actividade ao longo do ano, de
xeito que acumulan elementos e compostos de todo tipo no seu talo.
Existen métodos moi variados para avaliar a contaminación mediante liques, algúnsrealízanse no laboratorio (por exemplo, análise do contido do contaminante, da relación entre
clorofila e feofitina, etc.), outros coma a análise cuantitativa da biodiversidade liquénica dunha área
e as análises cualitativas que analizan as especies presentes, realízanse con mostraxes no campo e
normalmente sobre os liques epífitos. As escalas cualitativas baséanse no coñecemento do distinto
limiar de tolerancia ao SO2 das especies. Algunhas son tan sensibles que só son capaces de vivir en
lugares de ar puro, outras toleran concentracións que serían tóxicas para moitos seres vivos.
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 7/11
Lámina editada polo Natural History Museum of London onde se mostran diferentes especies de
liques epífitos presentes en función do grao de contaminación
OBXECTIVOS
+ Observar a presenza de liques en distintos hábitats, tanto naturais como artificiais, aprendendo a
empregar a terminoloxía ecolóxica axeitada.
+ Coñecer a utilidade destes organismos como bioindicadores.
MATERIAL
+ Unha zona con árbores (xardíns ou paseos) na que se poden observar “in situ” talos de liques en
distintos hábitats (saxícolas, epífitos, lignícolas, etc.)
+ Lupas de man.
+ Caderno de campo para anotar e/ou debuxar
ACTIVIDADES
1.-Observar os liques en diferentes substratos aplicando os termos axeitados (saxícola, epífito,
terrícola, etc.). En xeral preséntanse sobre as codias unha gran variedade de crustáceos e foliáceos e,
en menor medida, fruticulosos. O grao de diversidade varía en función da especie arbórea e a idade
do individuo; por exemplo, nas novas ou sobre especies de codia lisa predominan os talos en
costra; nos chopos ou pradairos de codia pouco ácida atópanse especies que non aparecen en
carballos e menos nas coníferas, etc.
2.-Identificar os tipos morfolóxicos con axuda dunha lupa, observar a presenza de rizinas nos
biotipos foliáceos
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 8/11
3.-Aplicar unha escala simple de medida de contaminación aceda (Escala adaptada da proposta para
Galicia por Carballal & García Molares (1987-88) actualizada por González-Torres et al. (2006)
ESCALA SIMPLE Unha escala simplificada na que non é necesario identificar as especies, pódese aplicar en árbores
de mediana idade que presenten unha biodiversidade liquénica ben desenvolvida.
1. Non hai liques ou só algúns crustáceos de cor amarela
Máis de 70 µgr de SO2 / m3 de ar
Candelariella vitellina, un lique crustáceo que resiste contaminacións altas
2. Ademais de talos crustáceos amarelos aparecen outros crustáceos de cor branca, gris ou verdosa
moitas veces. Poden atoparse algúns talos foliáceos amarelos, ou grises con lóbulos estreitos
Aproximadamente 60 µgr de SO2 / m3 de ar
Talos crustáceos de cores claras 3. Poden aparecer as especies anteriores e, ademais, talos foliáceos verdosos ou grises de lóbulos
anchos …………………………………. Aproximadamente 40 µgr de SO2 / m3 de ar
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 9/11
Os talos foliáceos de lóbulos anchos preséntanse a contaminacións baixas 4. Os talos foliáceos fanse dominantes e empezan a aparecer talos fruticulosos, ás veces de pequeno
tamaño ………………………………… Menos de 30 µgr de SO2 / m3 de ar
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 10/11
7/24/2019 15_GracielaPaz_01_liques.pdf
http://slidepdf.com/reader/full/15gracielapaz01liquespdf 11/11
BIBLIOGRAFÍA
Carballal, R .- 2003- Líquenes. In: Rodríguez Iglesia, F. ed. Galicia Naturaleza. Vol. XLII: 18-75.
Hércules de ediciones S.A. A Coruña.
Carballal Durán, M. R. & García Molares, A.-1987-88-Líquenes epífitos como indicadores de la
contaminación atmosférica, II.- Utilización de una escala cualitativa en la ciudad de Vigo (España)- Lazaroa, 10:243-251.
González-Torres, D., M.E. López de Silanes & G. Paz-Bermúdez-2006-Determinación de la
contaminación atmosférica en la ciudad de Pontevedra mediante bioindicadores liquénicos. Nova
Acta Científica Compostelana (Bioloxía), 15:37-46.Izco, J., E. Barreno, M. Brugués, M. Costa, J. Devesa, F. Fernández, T. Gallardo, X. Llimona, E.
Salvo, S. Talavera & B. Valdés -2004-. Botánica. McGraw-Hill Interamericana de España, S.A.U.
Madrid.
Llimona, X. (Ed.) -1985- Plantes inferiors. En “Enciclopedia Catalana”. Barcelona.
Nash III, T.H. (Ed.) -1996- Lichen Biology. Cambridge Univ. Press. Cambridge.
Pérez-Valcárcel, C.;López Prado, M.C. & López de Silanes Vázquez, M. E.-2003-Guía dos liques
de Galicia.-Baía Edicions. A Coruña.
Purvis, W. -2000- Lichens- Natural History Museum .London
Recursos en Internet www.lichen.com Lichens of North America
www.lichens.ie Lichens of Ireland
www.thebls.org.uk British Lichen Society
http://dbiodbs.units.it/carso/chiavi_pub21?sc=310 Los macrolíquenes epifitos de España. Una guía
interactiva
www.botany.hawaii.edu/cpsu/lichen1.html Welcome to the world of lichenologywww.sharnoffphotos.com Fotos de liques
www.ucm.es/info/seliquen/ Página web de la Sociedad Española de Liquenología (SEL)
http://ocid.nacse.org/lichenland/ Fun with lichens