2 lingua - back-edupack.santillana.es · palabras con c e qu poema: por moitos anos! escribir unha...

20
O libro Lingua 2 para segundo curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO Teresa Broseta Fandos (lecturas «Tempo para ler») Ánxela Carril Caldelas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz Natalia Vázquez García ILUSTRACIÓN Jesús Aguado EDICIÓN Ánxela Carril Caldelas EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero PRIMARIA Lingua 2 1

Upload: others

Post on 14-Oct-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

O libro Lingua 2 para segundo curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO Teresa Broseta Fandos (lecturas «Tempo para ler») Ánxela Carril Caldelas Luísa March Soler Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz Natalia Vázquez García

ILUSTRACIÓN Jesús Aguado

EDICIÓN Ánxela Carril Caldelas

EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro Amparo Tortosa Sanz

DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero

PRIM

AR

IA

Lingua2

1

Page 2: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:
Page 3: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

Comezamos ......................................................... 119

Unidade 1. Feliz aniversario! ............................... 113

Unidade 2. Unha vista magnífica ........................ 127

Unidade 3. Xogamos? ......................................... 141

Unidade 4. Amigos especiais ............................... 155

Cooperamos ..................................................... 168

Unidade 5. Estamos de festa! ............................... 171

Unidade 6. A natureza viva ................................. 185

Unidade 7. De paseo polo centro ........................ 199

Unidade 8. Un recanto verde ............................... 113

Cooperamos ..................................................... 126

Unidade 9. Divertímonos no río .......................... 129

Unidade 10. A reciclar! ........................................ 143

Unidade 11. Viaxamos ao pasado ....................... 157

Unidade 12. Eliximos un xoguete ........................ 171

Cooperamos ..................................................... 184

Saber máis ........................................................... 188

O meu álbum de Lingua .................................... 200

Índice

Page 4: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

Cadro de contidos

UnidadesTempo para falar e escoitar

VocabularioTempo para ler

Comezamos9

• Falar da volta ao colexio

A xerra do lago

1. Feliz aniversario! 13

• Identificar persoas • Dar as grazas

O parque infantil A festa de Escarlata

2. Unha vista magnífica 27

• Ordenar un itinerario • Xustificar unha elección

A excursión ao miradoiro

Unha familia numerosa

3. Xogamos?41

• Identificar un xogo • Convidar a alguén

Os xogos tradicionais

Domingo no Regueiriño

4. Amigos especiais 55

• Reter información básica

• Animar a alguén

A clínica veterinaria

Sol e Lúa

SABER MÁIS: Repaso trimestral. Celebro o Nadal. O meu primeiro dicionario AUDICIÓNS

5. Estamos de festa! 71

• Identificar unha escena • Expresar preferencias

Os espectáculos de rúa

Un concerto accidentado

6. A natureza viva 85

• Recoñecer o significado dunha palabra

• Dar pistas

Os insectos Campo de papoulas

7. De paseo polo centro 99

• Identificar un edificio • Describir unha persoa

O centro da cidade

O bosque sen árbores

8. Un recanto verde 113

• Manter a atención • Falar sobre unha planta

O coidado do parque

Libros para a primavera

SABER MÁIS: Repaso trimestral. O meu primeiro dicionario AUDICIÓNS

9. Divertímonos no río 129

• Comprender normas • Dar argumentos

As actividades no río

A viaxe de Carolina

10. A reciclar!143

• Entender unha explicación• Expresar posibilidades

A reciclaxe Un frasco de perfume

11. Viaxamos ao pasado 157

• Identificar un obxecto • Facer preguntas

A escavación arqueolóxica

Un achado inesperado

12. Eliximos un xoguete 171

• Ordenar instrucións • Facer un anuncio

Os xoguetes A viaxe secreta

SABER MÁIS: Repaso final. Obradoiro de teatro. O meu primeiro dicionario O MEU ÁLBUM DE LINGUA

Page 5: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

Aprendo e practico(Gramática)

Tempo para escribir mellor(Ortografía)

Máis tempo para ler

Saber facer (Escritura)

• Escribir datos persoais• Ordenar sílabas

As letras. O abecedario

Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos!

Escribir unha invitación de aniversario

Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo: Paisaxes curiosas

Explicar unha ruta

A oración. Clases de oracións

O punto, a interrogación e a admiración

Poema: Un paseo en bici

Explicar un xogo

O suxeito e o predicado

Palabras con mp e mb Poema: O gato

Describir un animal

Os pronomes persoais

Palabras co son R forte e con son R suave

Texto informativo: Un monicreque famoso

Anunciar un acto

O substantivo. Clases de substantivos

Palabras con maiúscula Poema: A xoaniña

Escribir un conto

O xénero e o número dos substantivos

Palabras con c e z Texto informativo: Unha praza moi animada

Describir un lugar

Os determinantes Contraccións do artigo Poema: O parque na primavera

Describir un personaxe fantástico

O adxectivo Palabras con br e bl Fábula: O can e a súa imaxe

Escribir unha carta

O verbo en presente Palabras con x Cómic: Unha boa lección

Elaborar carteis

O verbo en pasado Palabras con i e con ll Texto informativo: Os castros e os castrexos

Facer un catálogo

O verbo en futuro A coma Poema: Naiciña

Escribir instrucións

SABER MÁIS: Repaso final. Obradoiro de teatro. O meu primeiro dicionario O MEU ÁLBUM DE LINGUA AUDICIÓNS

Page 6: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

Símbolos utilizados neste libro

Sombreiros de cores

Sinala as actividades en que vas traballar co teu compañeiro ou compañeira.

Para realizar estas actividades, vas ter que traballar en equipo.

Indica que actividades debes realizar escoitando unha gravación.

É o sombreiro do pensamento. Valo poñer para reflexionar e sacar conclusións.

É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

É o sombreiro das emocións. Valo usar para expresar o que sentes e poñerte no lugar dos demais.

PENSAMENTO

CREATIVIDADE

EMOCIÓNS

Page 7: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

Estamos de festa!

Anuncio un acto.

5

SABER FACER

Para resolver Que fan as persoas da imaxe? Que cres que están celebrando?

Como son os vestidos que levan? Que obxectos teñen?

Que fai o público? Como cres que o están pasando?

Algunha vez asistiches a un espectáculo parecido? Que outros espectáculos de rúa coñeces?

71

Page 8: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

72

Tempo para falar e escoitar

Agora contesta

Que dous actos se están celebrando á vez nesta rúa?

Que personaxes hai no desfile? E na obra de teatro?

Como é este teatro: de actores ou de monicreques?

PENSAMENTO

Que vexo? Que penso? Que me pregunto?

Hoxe

Aladino e a lámpada

marabillosa

Page 9: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

5

73

1 A que escena pertence o diálogo? Escoita e marca.

Que pasará despois? Como acabará todo? Imaxina e responde.

2 Que espectáculo preferirías ver? Escolle e explica.

3 VALORES. Comenta coa clase.

• Como tes que comportarte en lugares públicos (rúa, teatro...)? Por que?

• Que lle dirías a alguén se o molestases co teu comportamento?

xogos malabares actuación dos pallasos espectáculo de maxia

Palabras sobre os espectáculos de rúa

• Para que serve un altofalante?

• Que é unha comparsa? E unha charanga?

• Como se moven os monicreques? Como o fan os xigantes e os cabezudos?

cabezudo

charanga

xigante

comparsa

altofalante

monicreques

pano

público

Page 10: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

74

Un concerto accidentado

Todo estaba a punto para as festas. As rúas,

coas fachadas ben limpas, estaban adornadas con

bandeirolas e grilandas de luz. Aquí e alá había

postos de froitos secos, de larpeiradas, de churros,

de flocos de millo, de algodón de azucre... Ulía a gloria!

Á tardiña, a praza do concello comezou a encherse

de xente mentres os obreiros acababan a instalación

da tarima para o concerto e probaban a megafonía:

–Probando! Probando! Un, dous, tres!

Á hora prevista, a alcaldesa saíu ao balcón

con cara de ferreiro. Colleu o micrófono e falou

solemnemente:

–Veciñas e veciños! Sinto dicirvos que este ano as festas

van comezar sen o tradicional concerto da banda municipal.

–Que?

–E logo por que?

A voz da alcaldesa cortou o rebumbio que formara a xente.

–A banda volvía en autobús desde Lisboa, despois de participar

nun concurso internacional. A tres quilómetros de aquí picaron

unha roda e teñen que esperar a que a empresa envíe un

mecánico. Total, que a banda non vai dar chegado a tempo!

Tempo para ler

Melloro a lectura

Numera estas oracións segundo a orde en que as oias e despois

pronúnciaas coa entoación axeitada.

Imos á festa! Imos á festa. Imos á festa?

Le o texto entoando adecuadamente as oracións con ? e con !.

Page 11: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

5

75

Unha voz alzouse entre a multitude.

–Están só a tres quilómetros? Pois logo

que veñan andando!

A xente aplaudiu, pero

a alcaldesa explicou:

–Imposible! Terían

que cargar as maletas

e os instrumentos, e algúns

deles pesan moitísimo.

A mesma voz de antes dixo:

–Aquí somos moitos, non? Pois podemos

axudalos!

Meu dito, meu feito! Deseguida se organizou

unha expedición de coches e furgonetas e, pouco

despois, un terremoto de bucinas resoou por toda

a praza.

–Xa volven! Xa están aquí! –berraban algúns.

Os cincuenta membros da banda entraron triunfantes na praza,

cada un co seu instrumento. Detrás deles, os voluntarios arrastraban

maletas, mochilas e bolsas variadas. A xente estalou en calorosos

aplausos e os músicos ocuparon o escenario. E, con pouco máis

dunha hora de atraso, as festas comezaron como mandaba a tradición:

cun magnífico concerto da banda municipal!

Busca as palabras destacadas en

O meu primeiro dicionario, ao final do libro.

EMOCIÓNS

Póñome no lugar dos demais

Imaxina que es un veciño ou unha veciña que quería asistir ao concerto e che din que non se vai celebrar. Como te sentirías?

Que outras solucións propoñerías ti?

Page 12: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

76

1 Lembra e responde.

• Quen fala desde o balcón?

• Que lle comunica á xente?

2 Que deciden facer as veciñas e os veciños? Marca.

Esperar a que os músicos da banda volvan camiñando.

Ir cos seus vehículos a buscar os músicos da banda.

Suspender a festa e deixar a celebración para outro día.

3 Onde ía tocar a banda? Arrodea.

Ao final, canto tempo se atrasou o concerto? Responde.

4 VOCABULARIO. Como saíu ao balcón a alcaldesa? Subliña a opción correcta.

Saíu ao balcón contenta.

Saíu ao balcón de moi mal humor.

Veciñas e veciños...

A alcaldesa saíu ao balcón con cara de ferreiro.

Tempo para ler

Page 13: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

77

1 Que palabra destacada se usa para referirse a cada un? Le e escribe onde corresponda.

Ao rapaz que fala

Ás persoas que o escoitan

Os pronomes persoais

Os pronomes persoais son as palabras que serven para nomear as persoas sen dicir o seu nome. Os pronomes persoais son eu, ti, el, ela, nós, vós, eles, elas.

2 Arrodea os pronomes persoais do seguinte texto.

Invitación ás festas

Xoán e mais eu convidamos a Ana e a Fuco

ás festas do barrio. Tanto ela coma el dixeron

que ían vir. Queres vir ti tamén? Será fantástico!

3 Que pronome persoal usarías para nomear as persoas destacadas en cada oración? Colorea.

Martiño e Mateo son irmáns.

Antón e ti ledes moi ben.

Uxío e eu vivimos no centro.

Eles Elas

Nós Vós

Nós El

5APRENDO E PRACTICO

De maior, eu vou ser músico.

E vós, que queredes ser?

Page 14: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

78

1 Le e subliña as palabras

que teñen r e rr.

Clasifica as palabras subliñadas segundo o son do r.

R forte

R suave

Palabras co son R forte e co son R suave

O son R forte, que está en roda, pódese escribir con r ou con rr.

• Escríbese r ao comezo de palabra e despois de consoante.

• Escríbese rr entre vogais.

O son R suave, que está en director, escríbese sempre con r.

2 Arrodea a palabra de cada parella que conteña o son R suave.

• carroza / careta • rosa / margarida • sardiña / enreixado

3 En cal non soa R forte? Risca a palabra que sobra en cada grupo.

rocha caracol enredar ferro terra río correa faro

4 Completa con r ou rr estas palabras que conteñen o son R forte.

ato pa ulo H¬en ique

Tempo para escribir mellor

Alcaldesa? Son o director da banda. Estamos parados na beira do barranco da Enramada. O autobús picou unha roda!

rr

Page 15: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

5

79

5 Copia substituíndo cada símbolo por r ou rr, segundo corresponda.

✤ son R forte ✱ son R suave

Fe✤eol pa✱ticipa✱á nunha ca✤ei✱a popula✱.

Cla✱a so✤iu cando viu chega✱ a ✤aquel.

Inaugu✱a✱on un ca✤il bici no meu ba✤io.

6 DITADO. Prepara o ditado para facelo no caderno. Fíxate nas palabras que teñen r ou rr.

Festas no barrio

Esta tarde no noso barrio hai festa rachada.

Un río de xente percorre as rúas de arriba

abaixo animadas polo grupo de gaiteiras e gaiteiros Os Xuncos. E ti, non queres

participar? Anímate, que agardamos por ti!

Melloro a ortografía

Copia corrixindo os erros que hai no uso de r e rr.

H¬enrrique gañarrá: core moi rrápido!

Page 16: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

80

1 Copia cada palabra onde corresponda e completa a descrición de Pinocchio.

mentiras

madeira

monicreque

nariz

Pinocchio é un de a quenlle medra o cando conta .

2 Que tipo de monicreques son? Numera.

1 Monicreque de fíos.

2 Monicreque de guante.

3 Monicreque de pau.

Máis tempo para ler

Un monicreque famoso

Oíches falar do neno a quen lle medra o nariz

cando conta mentiras? Se é así, coñeces un dos

personaxes máis famosos do mundo: Pinocchio!

Segundo o conto As aventuras de Pinocchio,

creado polo escritor italiano Carlo Collodi,

Pinocchio é un monicreque de madeira

que ao final se converte nun rapaz de verdade. E sabes

como o fai? Pois demostrando que ten bo corazón.

A historia de Pinocchio ten xa máis de cen anos.

Cóntase en moitos idiomas e tamén se fixeron películas e obras

de teatro. Na cidade do seu creador, en Italia, pódese visitar o Parque

Pinocchio: un gran museo ao aire libre. Gustaríache visitalo?

Page 17: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

5

81

3 Escribe V se é verdadeiro ou F se é falso.

A historia de Pinocchio foi creada por un escritor italiano.

A historia de Pinocchio comezou sendo unha película.

O conto de Pinocchio ten só cinco anos.

O Parque Pinocchio atópase en Francia.

Hai películas e obras de teatro sobre a historia de Pinocchio.

4 Responde.

• Que lle pasa a Pinocchio ao final?

• Como o consegue?

5 En grupo, buscade máis información sobre Pinocchio e comentádea na clase.

Podedes localizar o conto na biblioteca, na vosa casa, en Internet…

EMOCIÓNS

Coñezo as miñas emocións

Contaches algunha vez unha mentira? Que pasou? Como te sentiches?

Cres que é bo contar mentiras? Por que? Que lle pode pasar a alguén que conte mentiras a miúdo? Que pensarán as outras persoas?

Page 18: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

82

Anuncio un acto

1 Le este cartel e responde.

• Onde se realiza esta actividade?

• Que días de que mes se proxectan as películas?

• Que películas vai haber?

2 Con que frase ou slogan se anima a xente a acudir ao acto? Colorea.

I XORNADAS DE CINE DE ANIMACIÓN

Todos os sábados do mes de xaneiro ás 7 da tarde no Centro Cultural Lueiro vanse proxectar as seguintes películas de animación:

1.º Sábado. Piratas

2.º Sábado. Amigo dinosauro

3.º Sábado. O extraterrestre perdido

Valo pasar de cine!

Entrada

de balde!

I Xornadas de cine de animación.

Todos os sábados do mes de xaneiro.

Valo pasar de cine!

SABER FACER Escritura

Page 19: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

83

3 Pensa e responde como queiras para celebrar o Día da Paz.

• Cando se vai celebrar o Día da Paz?

• Onde se vai celebrar?

• Que actividades se van celebrar? Subliña tres.

Actuación musical Concurso de debuxos

Lectura de poemas Obradoiro de traballos manuais

Mercado solidario Representación teatral

4 Elabora o teu cartel para anunciar o Día da Paz seguindo o modelo da actividade 1 e decórao.

Non esquezas acabar cun slogan que anime a xente a asistir.

Día da Paz

5

Page 20: 2 Lingua - back-edupack.santillana.es · Palabras con c e qu Poema: Por moitos anos! Escribir unha invitación de aniversario Palabras e sílabas Palabras con g, gu e gü Texto informativo:

84

COMPROBO O MEU PROGRESO 5

COMO O FIXEN? Colorea , ou .

Utilicei os pronomes persoais.

Escribín palabras con r e rr, tendo en conta o son.

Elaborei un cartel para anunciar un acto.

1 Relaciona e forma oracións con pronomes persoais.

2 Completa co pronome persoal que corresponda.

A¬na e Iria son moi amiga∫: pásano moi ben.

3 Completa con r ou rr.

osa xe a to ada∫ flo e∫

pe a eloxo a oz se eaArrodea as palabras que conteñan o son R forte.

xogan ao fútbol.

facemos os deberes.

Nós

Ti

escoitas música. Elas