20-01-2010. novas da xustiza nº 148

46
n n o o v v a a s s d d a a x x u u s s t t i i z z a a Número 148 20 de xaneiro de 2010 Tamén estamos na internet en http://ccooxustiza.blogspot.com/ Nova Oficina xudicial Sumario A negociación da implantación da nova Oficina xudicial en Galicia (III) Nesta última entrega sobre a nova Oficina xudicial en Galicia recollemos as alegacións presentadas por CCOO aos borrado- res dos Proxectos de Ordes polas que se constitúen os servizos comúns procesuais, as unidades técnico- administrativas e as unidades de apoio ás presidencias de tribunais e decanatos dos xulgados A nova Oficina xudicial ....... 1 Alegacións de CCOO ás Ordes de Servizos Comúns e Unida- des técnico-admtvas. Ámbito non transferido ....... 9 Nota informativa da reunión do 18 de xaneiro Formación para a NOX Oposicións .......................... 14 Xestión. Prazas en Galicia Revista de prensa ............... 16 Xulgados do contencioso Servizos .............................. 18 Taboleiro de avisos ............. 19 Anexo Ordes de Servizos Comúns e Unidades técnico-admtvas. Edita CCOO de Xustiza de Galicia

Upload: xaime-meilan

Post on 23-Mar-2016

222 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Boletin informativo de CCOO de Xustiza

TRANSCRIPT

nn oo vv aa ss dd aa xx uu ss tt ii zz aa NN úú mm eerr oo 114488

22 00 dd ee xxaa nnee ii rr oo dd ee 2200 1100

Tamén es tamos na in te rne t en http://ccooxustiza.blogspot.com/

Nova Of ic ina xudic ia l

Sumar io

A negociación da implantación da nova Oficina xudicial en Galicia (III)

Nesta última entrega sobre a nova Oficina xudicial en Galicia

recollemos as alegacións presentadas por CCOO aos borrado-

res dos Proxectos de Ordes polas que se constitúen os

servizos comúns procesuais, as unidades técnico-

administrativas e as unidades de apoio ás presidencias de

tribunais e decanatos dos xulgados

A nova Oficina xudicial ....... 1

Alegacións de CCOO ás Ordes

de Servizos Comúns e Unida-

des técnico-admtvas.

Ámbito non transferido ....... 9

Nota informativa da reunión

do 18 de xaneiro

Formación para a NOX

Oposicións .......................... 14

Xestión. Prazas en Galicia

Revista de prensa ............... 16

Xulgados do contencioso

Servizos .............................. 18

Taboleiro de avisos ............. 19

Anexo

Ordes de Servizos Comúns e

Unidades técnico-admtvas.

Edi ta

CCOO de Xustiza de Galicia

2 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Ao final do boletín reproducimos o texto completo das ditas Ordes

Deste xeito completamos o repaso á situación actual da negociación coa Dirección Xeral de Xustiza,

dos documentos presentados e das propostas que fixemos.

Como xa dixemos noutras ocasións, a negociación, que non fixo máis que comezar, preséntase

complexa e difícil, polo que é necesario que esteamos sempre en condicións de responder aos ata-

ques que por parte da administración se poidan producir aos nosos dereitos laborais e profesionais.

O que si está claro é que chegamos a un punto de non retorno e que a nova Oficina xudicial, máis

tarde ou máis cedo, é o noso futuro profesional. Por iso, neste proceso é fundamental a informa-

ción e a participación. CCOO, pola súa parte, por escrito ou mediante asembleas, porá a disposi-

ción das compañeiras e dos compañeiros toda a información de que dispoña.

A negociación co Ministerio de Xustiza (ámbito non transferido)

Neste boletín tamén publicamos unha nota informativa sobre a reunión da Mesa Sectorial para a

implantación da Oficina xudicial no ámbito non transferido, celebrada no Ministerio de Xustiza o

día 18 de xaneiro.

Da dita reunión saíu a convocatoria para a selección de formadores que impartirán os cursos espe-

cíficos sobre a nova Oficina xudicial (ferramentas informáticas, leis procesuais) no ámbito non

transferido. As ditas convocatorias están publicadas na nosa páxina web.

Como queira que a implantación da NOJ non vai seguir o mesmo ritmo en todas as comunidades

autónomas, manteremos sempre esa distinción entre a negociación no territorio do Ministerio de

Xustiza (ámbito non transferido e que non afecta directamente aos funcionarios de Galicia) e a ne-

gociación que se desenvolve en Galicia.

Ir ao Sumario

FSC-CCOO Novas da Xustiza

3

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Alegacións e propostas aos proxectos de Orde polos que se constitúen os servizos comúns procesuais, as unidades técnico-administrativas e as unidades de apoio ás presidencias de tribunais e decanatos dos xulgados

Sr. Director Xeral de Xustiza

Edificio Administrativo Xunta de Galicia- San Caetano

Santiago de Compostela

Na reunión do 23 de decembro deuse traslado por parte da Administración dos borradores de "Pro-

xecto de Decreto polo que se constitúen as unidades técnico-administrativas nos edificios xudiciais

e unidades de apoio a presidencias de tribunais e decanatos dos xulgados" e do "Proxecto de De-

creto polo que se constitúen servizos comúns procesuais xerais na Administración de Xustiza", ás

Organizacións Sindicais para realizar alegacións aos mesmos.

Queremos recordarlle que as alegacións realizadas polas organizacións sindicais deberán ser nego-

ciadas en Mesa Sectorial monográfica, tal e como solicitou ese mesmo día CCOO, solicitude que

vostede aceptou.

Esta Mesa deberá ser convocada á maior brevidade posible, comezando con ela a verdadeira nego-

ciación da Nova Oficina Xudicial (NOJ) cos traballadores e que permita alcanzar un modelo consen-

suado, que mellore considerablemente este Servizo Público fundamental, recollido na Constitución.

Non convocar esta Mesa por parte da Administración o considerariamos un ataque directo á nego-

ciación e como dixemos moitas veces, cos traballadores a reforma é posible, pero contra eles, é

irrealizable.

Para poder realizar unha verdadeira valoración tanto dos borradores de "proxectos" presentados

como dos que vostedes mesmos chaman "textos informativos" sobre a primeira fase de implanta-

ción da Nova Oficina Xudicial é imprescindible que se nos dea traslado dos equipos actuais afecta-

dos coa entrada en vigor dos novos Servizos Comúns Procesuais e as distintas Unidades Adminis-

trativas así como a nova proposta de cadro de persoal para estes novos servizos. Sobre todo se

temos en conta que nos seus propios documentos se di claramente que "no caso hipotético de dis-

crepancia entre este documento e o texto dos proxectos de Decreto se estará á redacción regula-

mentaria".

4 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

É evidente, que os cadros de persoal nestes novos Servizos Comúns e Unidades Administrativas se

deben ver ampliadas con respecto ás actuais, xa que as funcións que se formulan nos "proxectos"

son maiores que as que se viñan desempeñando antes, Arquivo de Xestión, Acceso Base de Datos,

Rexistro Xulgados de Garda, Depósito de Efectos.

A pesar de que xa o expresamos na propia reunión do día 23 de decembro, volvemos reiterar a ne-

cesidade de negociar, de xeito paralelo á NOJ, as Relacións de Postos de Traballo (Rpt´s) dos pos-

tos afectados pola implantación da primeira fase da NOX. Dende CCOO opoñémonos á negociación

por separado destes dous conceptos, por considerar que están intimamente ligados. Non ten senti-

do negociar os distintos Servizos Comúns e cadros de persoal se non se define de xeito claro cal

vai ser a función de cada un dos corpos e traballadores dentro da oficina xudicial. A forma de reali-

zalo é a través das Relacións de Postos de Traballo, onde se definen as funcións que cada un debe

desempeñar ou a posibilidade de crear postos singularizados.

De xeito inmediato débese dar traslado por parte da Administración ás organizacións sindicais do

estado da totalidade do cadro de persoal en Galicia, coas vacantes existentes, reforzos, adscricións

provisionais, comisións de servizo, número e localización de persoal interino, e calquera outra si-

tuación que afecte aos procesos de redistribución e reordenación de efectivos. Así mesmo daráse-

nos traslado dos estudos realizados para recompilar a información tida en conta pola Administra-

ción para definir o modelo de oficina xudicial (análise de cadros de persoal, datos estatísticos, as-

pectos organizativos, carga de traballo, etc.), incluíndo a avaliación de riscos psicosociais e o estu-

do e diagnóstico da situación en que se encontran os arquivos xudiciais.

Para alcanzar un acordo na implantación da NOX, para CCOO, é imprescindible, antes da posta en

funcionamento de calquera Servizo Común ou Unidade Administrativa, a firma dun acordo entre a

Administración e as organizacións sindicais, no que se recollan os seguintes puntos:

Non haberá ningún tipo de amortización de cadros de persoal, nin por corpo nin por partido

xudicial, non estando xustificadas posibles diminucións de efectivos aproveitando a implan-

tación da reforma. Conversión dos reforzos de longa duración en cadros de persoal.

Nos Servizos Comúns que se creen é imprescindible que as RPT´s conteñan a diferencia-

ción dos postos de traballo por seccións e/ou equipos, que debe determinar a posibilidade

para os traballadores que o desexen de optar, a través dos concursos de traslado, aos pos-

tos dos ditas seccións e/ou equipos e permitindo a mobilidade voluntaria posterior entre di-

ferentes seccións do mesmo Servizo. Todo iso é imprescindible para evitar Servizos inmen-

sos, con multitude de funcións e unha gran mobilidade funcional. Tamén se debe recoller

que nas atribucións de funcións polo xefe ou responsable da unidade ou centro de destino

(art.º 39.2 do Regulamento de Ingreso) dos funcionarios que ocupen con carácter definiti-

vo postos de traballo xenéricos, estarán limitadas á Sección ou no seu caso á orde xurisdi-

cional.

Reserva de 100% dos postos de traballo das Unidades Administrativas para ser cubertas

por traballadores da Administración de Xustiza en exclusiva, salvo os postos técnicos de

lingüistas, tradutores e peritos.

FSC-CCOO Novas da Xustiza

5

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Descrición detallada nas Rpt´s das tarefas que se han de realizar en cada un dos postos de

traballo que se cree. As Rpt´s deberán definir as funcións a desempeñar por cada un dos

corpos ao servizo da Administración de Xustiza de conformidade co previsto nos artigos

476, 477, 478 da LOPX. Deberán desaparecer as expresións do tipo "natureza análoga....

que lle sexan encomendadas polos seus superiores xerárquicos" ou "outras funcións que se

lles encomenden, acordes coa cualificación profesional requirida para o acceso e desempe-

ño do posto de traballo".

Non existirán postos de libre designación. Unicamente se poderá utilizar esta figura para os

Directores dos Servizos Comúns, nunca se aplicarán para os postos singularizados.

A singularización dos postos obedecerá só e exclusivamente a labores procesuais e compe-

tenciais. Deberase especificar cales coas funcións e tarefas que se desenvolverán en cada

un dos diferentes postos singularizados, incluídos os dos Secretarios Xudiciais. Para iso é

necesaria a negociación e elaboración dun Manual de Valoración de postos de traballo, que

estableza con carácter previo, dun xeito obxectivo e exhaustivo os factores que inflúen en

cada un dos postos de traballo (dificultade técnica, mando ou xefatura responsabilidade,

penosidade, horarios especiais, etc.).

Os postos de traballo con funcións ou tarefas similares non terán diferenzas retributivas

non xustificadas

As bases dos concursos específicos dos postos singularizados deben ser negociadas coas

organizacións sindicais e así ser evitado arbitrariedades.

Garantía de que ningún funcionario ou funcionaria sufrirá perda nas súas retribucións ac-

tuais por todos os conceptos durante o proceso de acoplamento á nova oficina xudicial

(gardas, penosidade, etc.)

A asignación de postos de traballo con horarios especiais será sempre con carácter volunta-

rio.

Negociación dos procesos de acoplamento aos novos postos de traballo, xirando esta en

torno a varios criterios:

a) Máxima voluntariedade.

b) Recoñecemento do dereito a manterse na localidade de orixe.

c) Establecemento claro das distintas preferencias para ocupar determinados postos de

traballo (garantía para os traballadores que veñen realizando servizos de gardas, dili-

xencias de actos de comunicación ou calquera outra que leve consigo un complemen-

to retributivo superior de que poderán seguir realizándoo).

6 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Negociación dun complemento que retribúa as substitucións sen relevación de funcións. Po-

tenciación tanto das substitucións verticais coma horizontais (potenciación da carreira pro-

fesional vertical e horizontal).

Debe negociarse a modificación dos sistemas de prestación do servizo de garda.

A Xunta debe de presentar un proxecto de formación para os funcionarios e funcionarias en

relación coa reforma que se vai acometer. A formación orientarase cara aos postos de tra-

ballo e cara a carreira profesional e impartirase durante a xornada laboral ordinaria. Conte-

rá necesariamente accións formativas sobre as modificacións lexislativas que afecten ás

funcións de cada corpo e sobre a introdución de novos sistemas de traballo.

Débese de realizar por parte da Xunta unha avaliación de riscos nos edificios xudiciais e, en

concreto, de riscos psicosociais motivados pola organización do traballo nas novas oficinas

que se vaian implantando. Trasladar á ficha de cada un dos postos de traballo todos aque-

les aspectos que sexan relevantes para a seguridade e saúde laboral. Adopción de medidas

correctoras dos riscos que se determinen.

Deberase garantir que os actos de comunicación serán asignados de xeito exclusivo aos

funcionarios do corpo de Auxilio Xudicial e, en ningún caso aos Procuradores.

Negociación dos Protocolos de Actuación coas organizacións sindicais, sobre todo cando

afecten aos dereitos dos traballadores e así evitar as arbitrariedades nas ordes e mandatos

realizados polos superiores xerárquicos, establecéndose fórmulas para o seu control tanto

xudicial coma administrativo.

Creación dunha Comisión de Seguimento do despregamento da Nova Oficina Xudicial en

cada partido xudicial afectado pola reforma. Nesta Comisión deben estar representadas as

organizacións sindicais.

Traslado ás organizacións sindicais do proxecto, con prazos, presuposto, etc., das obras a

realizar nas distintas sedes xudiciais con motivo a implantación da NOJ.

Con respecto ao "Proxecto de Decreto polo que se constitúen as unidades técnico-administrativas

nos edificios xudiciais e unidades de apoio a presidencias de tribunais e decanatos dos xulgados" e

do "Proxecto de Decreto polo que se constitúen servizos comúns procesuais xerais na Administra-

ción de Xustiza", non imos realizar ningunha alegación concreta, porque como expresamos ao lon-

go de todo este documento, para iso necesitamos a entrega por parte da Dirección Xeral de Xustiza

do estado da totalidade do equipo en Galicia, coas vacantes existentes, reforzos, adscricións provi-

sionais, comisións de servizo, número e localización de persoal interino, relación do persoal afecta-

do coa entrada en funcionamento dos NOVOS SERVIZOS COMÚNS, os equipos que se propoñen

para estes novos servizos e calquera outra situación que afecte aos procesos de redistribución e

reordenación de efectivos.

FSC-CCOO Novas da Xustiza

7

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Outro motivo que nos impide a realización de alegacións é a ausencia dun Borrador de Rpt´s dos

postos afectados pola "Primeira Fase de Implantación da Oficina Xudicial". Para CCOO é imprescin-

dible que as funcións se determinen claramente por corpos e por cada unha das UPAD´s así como

por cada unhas das seccións e/ou equipos que cren nos Servizos Comúns e con suxeición ao dis-

posto na LOPJ. É por iso que esiximos a entrega por parte da Dirección Xeral do devandito borrador

para poder entrar en fondo da negociación.

De todos os xeitos queremos adiantar que en absoluto compartimos a intención por parte desa Di-

rección Xeral de suprimir os Servizos Comúns de Ferrol, Ourense, Santiago, Pontevedra e Lugo,

para ser incluídos no Servizo Común Xeral, senón todo o contrario, os Servizos Comúns deben am-

pliar a súa competencia a todas as xurisdicións, dotándoos do persoal necesario para iso e mante-

los como Servizos Comúns independentes.

A especificidade das Oficinas de Atención á Vítima, xa mesmo na súa propia creación, e dende logo

nas súas funcións de asistencia ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual, é tal,

que merecen un apartado propio dentro da Nova Oficina Xudicial. Por iso, consideramos que na

NOX debe ir separada da Oficina de Atención ao Cidadán.

Ante o claro posicionamento da Xunta de Galicia de asumir a TRANSFERENCIA PLENA dos funciona-

rios da Administración de Xustiza de Galicia, queremos recordarlle que para CCOO é imprescindible

a defensa dos Dereitos Consolidados dos traballadores na NOJ e calquera intento de VULNERACIÓN

destes nos abocaría á convocatoria de mobilizacións. Entre estes dereitos, recollidos na propia LOPJ

podemos destacar os seguintes:

a) Especificidade das tarefas e funcións dos funcionarios da Administración de Xustiza. Neste

sentido, CCOO esixe o cumprimento escrupuloso da reserva de función recollido na LOPJ.

b) Dereito, xa consolidado, de todos os traballadores a poder participar en igualdade de con-

dicións, e coas garantías debidas, nos concursos de traslado de ámbito de todo o Estado,

que se deben convocar, polo menos, con carácter anual, no primeiro trimestre de cada

ano.

c) Que a oferta de emprego público, tanto na quenda libre coma no de promoción interna, se-

xa única e se convoque con carácter anual, e inclúa as prazas non cubertas por persoal ti-

tular, asegurando o respecto aos principios de igualdade, mérito e capacidade, así como o

de publicidade. Así mesmo, as bases das convocatorias deben garantirse que sexan únicas

para todo o Estado.

d) Estrutura retributiva única para todos os funcionarios xudiciais do Estado, integrada polo

soldo, antigüidade, que deberá seguir sendo o 5% do soldo para cada trienio.

Dito o anterior, esperamos que para a Mesa Sectorial, na que se estudarán as alegacións da OOSS,

se nos dea traslado por parte da Administración de: equipos, reforzos, prolongacións de xornada,

estudos cargas de traballo, relación Rpt´s, funcións e todo o necesario para comezar unha verda-

deira negociación da NOX.

8 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Tamén solicitamos que para esa Mesa Sectorial se nos explique o proxecto que ten a Dirección Xe-

ral con respecto as Agrupacións de Xulgados de Paz e cos Rexistros Civís, ante o anteproxecto da

nova Lei do Rexistro Civil.

15 de xaneiro de 2010

Asdo. Pablo Valeiras Ríos.

Responsable Sector Xustiza de CCOO en Galicia.

Ir ao Sumario

FSC-CCOO Novas da Xustiza

9

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Ámbi to non t ransfer ido

A negociación da nova Oficina xudicial no ámbito non transferido

Nota informativa da reunión celebrada o 18 de xaneiro

Paralelamente a la discusión sobre cada una de las funciones, el Ministerio de Justicia

debe comprometerse previamente a respetar todos los derechos de los trabajadores

CCOO HA EXIGIDO AL MINISTERIO QUE LA NEGOCIACIÓN DE LOS DERECHOS

ESENCIALES DE LOS TRABAJADORES SE LLEVE A CABO CON CARÁCTER PREVIO

A LA APROBACIÓN DE LA ORDEN DE RPTs

En la reunión de hoy de la mesa sectorial, continuación de la celebrada el pasado martes, 12 de

enero, se ha seguido con la discusión sobre las funciones de los Cuerpos, incluidas las de los Secre-

tarios Judiciales, pero, en su transcurso, el Ministerio de Justicia ha dado muestras de que preten-

de acabar la negociación sobre el contenido de la Orden sobre las RPT, y su aplicación a las 8 ciu-

dades de las llamadas experiencias piloto (Burgos, Palma de Mallorca, Murcia, Cáceres, Logroño,

Ciudad Real, Ceuta y Melilla), más la Audiencia Nacional, antes de comprometerse a garantizar los

derechos de los trabajadores en la Nueva Oficina Judicial (NOJ).

La actitud del Ministerio de Justicia negando desde el comienzo de la reunión a aceptar la propues-

ta de CCOO para que se discutieran las funciones, separándolas y diferenciándolas por cada una de

las secciones y equipos de los Servicios Comunes, ha puesto luz sobre las verdaderas intenciones

del Ministerio de Justicia: pretende aprobar la Orden sobre las RPT antes de que se garanticen los

derechos esenciales de los trabajadores en la reforma.

10 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

CCOO le ha advertido que es imprescindible que:

En los servicios comunes, además de la diferenciación de las funciones por secciones y equi-

pos, el Ministerio debe garantizar también que en el acoplamiento cada trabajador debe ser

adscrito a un puesto concreto de una sección de un servicio común (no de forma general a to-

do el Servicio Común), con las garantías adicionales de impedir la movilidad funcional discre-

cional de una sección a otra del mismo Servicio Común y de asegurar el derecho de los traba-

jadores de poder optar en los concursos de traslado por otra sección distinta del mismo Servi-

cio Común, sin ninguna restricción.

Se deben singularizar los puestos de trabajo que en la NOJ estén afectados por horarios dis-

tintos, o con mayor responsabilidad…, y esa diferenciación debe incluir obligatoriamente un

mayor complemento específico además de que los puestos deben cubrirse de forma comple-

tamente voluntaria.

Deben existir puestos singularizados en todos los Cuerpos

No puede haber libres designaciones de los puestos genéricos o singularizados de los Cuerpos

Generales

Se deben respetar todas las retribuciones adicionales que en la actualidad se perciben como

las guardias, la penosidad, la peligrosidad, los Planes de Actuación que se establecieron liga-

dos al puesto de trabajo (juzgados de Violencia…..)

Debe negociarse el incremento del complemento específico de todos los puestos de trabajo,

tanto genéricos como singularizados

Las Unidades Administrativas deben cubrirse con funcionarios de la Administración de Justicia

Los procesos de acoplamiento deben realizarse con criterios de voluntariedad

La actitud del Ministerio de Justicia dilatando la discusión acerca de esta reclamación nos preocupa

seriamente y así se lo hemos manifestado, sin perjuicio de que seguimos defendiendo una negocia-

ción pausada y minuciosa de todos los aspectos de la reforma, incluido el de las funciones de los

Cuerpos.

Sobre las funciones:

El Ministerio ha rechazado hoy también nuestra propuesta sobre una redacción precisa sobre mu-

chas de las funciones (hemos abordado desde el artículo 4 hasta el 14 de la orden), intentando im-

FSC-CCOO Novas da Xustiza

11

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

pedir que quedaran nítidamente expresadas en la Orden que las funciones de los Secretarios deben

fijarse claras, y deben tener su corresponsabilidad con las tareas de la NOJ.

Así, como uno de los ejemplos discutidos hoy, el Ministerio se ha opuesto a formular con una re-

dacción precisa la función de la Estadística Judicial que es evidente que corresponde al Secretario

Judicial. Por eso, ha insistido torpemente en que la redacción máxima que aceptarán es que “serán

responsables de la elaboración de la Estadística Judicial”, diciendo que es lo mismo que decir que

entre sus funciones está la de “elaborar la Estadística Judicial y ser los responsables de su elabora-

ción conforme a los criterios que establezca la Comisión Nacional de Estadística Judicial”, como

hemos propuesto CCOO. Todos los trabajadores sabemos que la primera redacción es la imprecisa

de la LOPJ que ha permitido que muchos secretarios se hayan desembarazado de esa función y se

la hayan ordenado realizar al resto de los integrantes de la oficina, a pesar de que las competen-

cias de éstos últimos se limitan a suministrar los datos para su elaboración.

Para CCOO es imprescindible acabar con prácticas abusivas en las funciones de la NOJ.

Eso implica necesariamente delimitar las funciones expresamente, y no permitir la inter-

pretación unilateral por el superior jerárquico de tareas que finalmente se otorgan irre-

gularmente al resto de funcionarios de la Administración de Justicia, utilizando el princi-

pio de jerarquía.

El Ministerio nos trasladará una nueva redacción a los artículos 4 al 14 de la Orden de las RPT an-

tes de la próxima reunión, viernes, 22 de enero, donde comprobaremos si verdaderamente han

mejorado efectivamente la precisión sobre la redacción de las funciones.

Madrid, 18 de enero de 2010

Ir ao Sumario

12 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

A formación no ámbito non transferido

Nota informativa da reunión celebrada o día 18 de xaneiro

El Ministerio obligado a realizar los cursos exclusivamente en horario de mañana

CURSOS DE FORMACIÓN PARA TODOS LOS FUNCIONARIOS DEL ÁMBITO NO

TRANSFERIDO SOBRE NUEVAS TECNOLOGÍAS Y LAS REFORMAS PROCESALES DE

LA NOJ

El Ministerio de Justicia remitirá inmediatamente la convocatoria pública y el baremo para la parti-

cipación como FORMADORES en los cursos de formación específica sobre NOJ, abriendo un plazo

de presentación de instancias desde mañana 20 hasta el viernes 22 de enero, remitién-

dose al Secretario Coordinador Provincial, con el fin de proceder la semana próxima a su

selección y el curso de formación de formadores en Madrid (probablemente en El Escorial)

comenzará el 8 de febrero.

Ante la presión sindical, el Ministerio se ha visto obligado a modificar su posición y ha aceptado:

Que los cursos se celebren exclusivamente en horario laboral (mañana)

Que los formadores puedan ser de cualquier Cuerpo (Gestión, Tramitación y Auxi-

lio), cuando pretendía excluir a este último Cuerpo, siempre que cumplan con el baremo: Se

impartirán por 81 formadores de estos Cuerpos, 60 formadores informáticos y por 8 o 9 Se-

cretarios

Aunque mantiene que el Secretario Coordinador elaborará un informe de idoneidad sobre los

candidatos, propuesta que desde CCOO hemos rechazado frontalmente, éstos serán seleccio-

nados en la Comisión Central de Formación la semana próxima, con participación sindical.

FSC-CCOO Novas da Xustiza

13

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Tras un turno de preguntas, dudas y demás información solicitada, el Ministerio ha precisado que:

Los cursos se impartirán a todos los trabajadores del ámbito no transferido antes del 5 de

mayo sin distinción ni de Cuerpos ni de relación laboral (funcionarios titulares e interinos),

incluso se realizará un curso On line de refuerzo para los que se encuentren en excedencia,

bajas, etc..

El contenido será de carácter tecnológico (Minerva-NOJ) y de carácter procesal sobre la re-

forma de las leyes. Tras solicitar CCOO que se ampliara el contenido tecnológico a todos los

programas informáticos que se utilizan en la NOJ (SIRAJ, LEXNET…), el Ministerio asegura

que en el segundo semestre del 2010 se llevarán a cabo más cursos de formación con este

contenido tecnológico.

Se celebrarán 800 cursos, repartidos en 10 semanas, y comenzando el 22 de febrero

Se impartirán a 13.000 funcionarios, divididos en grupos de 15 personas por curso

Los cursos tendrán una duración de 30 horas lectivas reales

Se impartirán en la inmensa mayoría de los Partidos Judiciales, en aulas informáticas y fue-

ra del órgano judicial; aquellos que hayan de desplazarse fuera de su municipio se les

compensarán los gastos de desplazamiento.

Se están elaborando materiales específicos con el contenido de los cursos.

Se aprobarán comisiones de servicio para los seleccionados como formadores con releva-

ción de funciones, que durarán desde 1mes 1/2 hasta 3 meses.

Se emitirán certificados de asistencia o de aprovechamiento a los alumnos aplicando la

normativa general de los cursos de formación.

A los formadores seleccionados se les abonará un complemento de no menos de 500 eu-

ros/mes,

Los puestos de los formadores se cubrirán, en primer lugar, en el órgano judicial mediante

sustitución, y, posteriormente, mediante nombramiento de personal interino.

Madrid, 18 de enero de 2010

As convocatorias (só para o ámbito non transferido) están publicadas na nosa páxina web

Ir ao Sumario

14 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Oposic ións

Oposicións 2008. Xestión. Prazas de Galicia

A Dirección Xeral de Xustiza deunos traslado da relación de prazas desertas que se ofrecerán na

oposición ao corpo de Xestión, convocatoria do 2008. Son as seguintes:

ORGANO XUDICIAL LOCALIDADE PROVINCIA NUM

PRAZAS

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 ARZUA A CORUÑA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 MUROS A CORUÑA 2

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 NOIA A CORUÑA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 PADRON A CORUÑA 2

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 RIBEIRA A CORUÑA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 RIBEIRA A CORUÑA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 3 (VSM) RIBEIRA A CORUÑA 1

DEC.-SERV. COMÚN DE APOIO SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 2

XDO, 1ª INSTANCIA Nº 2 SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 1

XDO, 1ª INSTANCIA Nº 3 SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 2

XDO. 1ª INSTANCIA Nº 6 SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 1

XDO, PENAL Nº 2 SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 1

XDO. SOCIAL Nº 1 SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 1

XDO. CONTENCIOSO-ADTVO. Nº 1 SANTIAGO DE COMPOSTELA A CORUÑA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 CHANTADA LUGO 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 MONDOÑEDO LUGO 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 MONDOÑEDO LUGO 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 A POBRA DE TRIVES OURENSE 1

FSC-CCOO Novas da Xustiza

15

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 O BARCO DE VALDEORRAS OURENSE 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 O BARCO DE VALDEORRAS OURENSE 2

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 CALDAS DE REIS PONTEVEDRA 2

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 (VSM) CALDAS DE REIS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 CAMBADOS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 CAMBADOS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 3 (VSM) CAMBADOS PONTEVEDRA 2

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 4 CAMBADOS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 CANGAS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 3 CANGAS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 LALIN PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR N’ 1 MARIN PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 (VSM) MARIN PONTEVEDRA 2

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 O PORRIÑO PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 3 (VSM O PORRIÑO PONTEVEDRA 2

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 (VSM) PONTEAREAS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 3 PONTEAREAS PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INSTANCIA Nº 1 PONTEVEDRA PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1 REDONDELA PONTEVEDRA 3

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 2 (VSM) REDONDELA PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 1(VSM) TUI PONTEVEDRA 1

XDO. INSTRUCIÓN Nº 3 VIGO PONTEVEDRA 1

XDO. PENAL Nº 1 VIGO PONTEVEDRA 1

XDO. 1ª INST E INSTR Nº 3 VILAGARCIA DE AROUSA PONTEVEDRA 2

TOTAL PRAZAS 54

Ir ao Sumario

16 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Revis ta de prensa

Con el 'reprise' del carro de la Cibeles

El proceso contencioso abreviado es más lento que el ordinario

Un articulo e José Yoldi publicado en www.elpais.com

Hay un proverbio chino que asegura que

cuanto más grande es el caos, más cerca

está la solución. Y si eso fuera cierto, la

solución debería ser inminente, porque

¿cómo se explica que, con un procedi-

miento denominado abreviado y pensado

para dar una respuesta en un plazo

máximo de dos meses, algunos juzgados

de lo contencioso-administrativo de Ma-

drid estén señalando vistas para dentro

de cuatro años?

Sí, ya se sabe que la justicia nunca ha

sido como el Ferrari de Fernando Alonso,

pero de ahí a que tenga el reprise del

carro de La Cibeles...

Porque el procedimiento abreviado en lo

contencioso se creó para dar una respuesta

ultrarrápida a cuestiones aparentemente sen-

cillas que no requerían demasiados trámites.

Se trata de un proceso eminentemente oral

que pretendía agilizar la demora provocada

por los expedientes escritos en el procedi-

miento ordinario. Pero claro, para evitar la

papelería documental es preciso que se cele-

bre una vista pública y esa vista, lejos de ce-

lebrarse rápidamente, en algunos juzgados,

como el número 5, se está convocando para

finales de 2013, es decir, a cuatro años vista.

La paradoja es de tal calibre que los casos

ordinarios van mucho más rápido que los

abreviados y la ley ya no sirve para nada.

La jurisdicción de lo contencioso-

administrativo está pensada para que el ciu-

dadano reclame a la Administración lo que

crea que le adeuda o ha hecho mal, en mu-

chos casos, sanciones por cualquier concepto.

Ahora, tenga en cuenta que para que usted

FSC-CCOO Novas da Xustiza

17

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

haya ido a los juzgados,

la sanción ya es firme en

vía administrativa y usted

ha tenido que pagarla pa-

ra no ser embargado,

aunque crea que la sanción es injusta y la

haya recurrido. Mientras tanto, la

ción correspondiente cuenta con su dinero por

lo menos hasta que la justicia se pronuncie

cuatro años después. Eso quiere decir que si

la ley tuvo sentido en un principio, cuando se

dictaba sentencia en dos meses, ahora es

completamente ineficaz para el ciudadano.

El juez decano de Madrid, José Luis Gonzá-

lez Armengol, admite que la media del retraso

en los 32 juzgados de lo contencioso de Ma-

drid es de dos años, pero achaca el problema

a la reforma legislativa de 2003, cuando hubo

una reasignación de competencias y adjudica-

ron a los juzgados los casos de extranjería y

las multas de tráfico. "Los asuntos se multipli-

caron y unos juzgados que eran los que mejor

funcionaban, se colapsaron", precisa Armen-

gol. En 2009 entraron 41.289 asuntos, y el

año anterior, 44.528; y tuvieron que respon-

der a 139.114 y 128.838 escritos, respecti-

vamente. Una barbaridad. Está claro que nun-

ca se desvía uno tanto ni

tan lejos como cuando

cree conocer el camino.

La vocal del Poder Ju-

dicial Margarita Robles

sostiene que cuando se pactó la reforma algu-

nos con mano en el poder negociaron "aliviar"

la Sala de lo Contencioso de la Audiencia Na-

cional, donde la carga de trabajo ha disminui-

do exponencialmente, por lo que ahora se vi-

ve notablemente mejor.

Claro que si prospera la idea del Gobierno

de encomendar a esa sala el cierre de las

páginas web que vulneren derechos de autor,

lo mismo los que ahora viven bien tienen que

pedir cambio de destino como consecuencia

de las denuncias de la SGAE.

Decía el humorista catalán Jaume Perich:

"Un optimista es el que cree que todo tiene

arreglo. Un pesimista es el que piensa lo mis-

mo, pero sabe que nadie va a intentarlo".

Y, de momento, no parece que nadie vaya

a remediarlo.

Como afirma el ajedrecista Gary Kaspárov,

no te puedes quejar de que llueve, tienes que

coger un paraguas.

Ir ao Sumario

El colapso llegó cuando les asigna-ron multas y extranjería

18 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Servizos CCOO

Oferta de servizos para afiliadas e afiliados

Comisións Obreiras conta cunha ampla oferta de servizos para os afiliados con empresas e

organizacións coas que CCOO estableceu condicións vantaxosas

Para ampliar a información, preme aquí

FSC-CCOO Novas da Xustiza

19

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

Tabole i ro de avisos

Cursos de formación

a distancia 2010

O prazo de inscrición comeza o

3 de xaneiro e finaliza o 25 de

xaneiro

Listaxe de cursos e ficha de

solicitude, aquí

Mutualidade: Cambio de

entidade médica

O prazo para solicitar o cambio or-

dinario é do 1 ao 31 de xaneiro e

surtirá efectos dende o 01/02/2010

Máis información, aquí

Listaxe de cursos e ficha de solici-

tude, aquí

Escalas (ano 2003)

Axentes (Auxilio), preme aquí

Auxiliares (Tramitación), preme aquí

Oficiais (Xestión), preme aquí

Escala pechada a 09-03-2003

O Ministerio ten outra escala, pechada a 11-04-2009

e contabilizada por días, pero non é publica

20 Novas da Xustiza

20

d

e

xa

ne

ir

o

de

2

01

0

CCOO na in ternet

Contacto

A nosa páxina web

Estamos na internet nas seguintes direccións:

http://ccooxustiza.blogspot.com/

http://ccoojusticia.blogspot.com/

http://ccooenmugeju.blogspot.com/

Se queres publicar un artigo ou un comentario

no boletín, se queres realizar unha consulta ou

unha suxestión ou se queres recibir o boletín

remítenos un correo electrónico a

[email protected]

A CORUÑA

Raquel e Estrela

981.18.20.32

[email protected]

FERROL

Manolo e Mati

981.33.73.25

[email protected]

SANTIAGO

Mati

981.54.03.63

[email protected]

OURENSE

Carlos e Justo

988.68.71.92

[email protected]

PONTEVEDRA

Belén

986.80.39.79

[email protected]

VIGO

Mercedes e Pablo

986.81.78.35

[email protected]

LUGO

José Antonio

982.40.21.95

[email protected]

Versión .0 1

Proxecto de Decreto polo que se constitúen servizos comúns procesuais

xerais na Administración de xustiza

Dentro da nova estrutura prevista para a Administración de xustiza na Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial (LOPX), tras a reforma introducida pola Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, o artigo 438 da LOPX regula os denominados “servizos comúns procesuais”. Segundo o dito artigo, enténdese por servizo común procesual toda aquela unidade da oficina xudicial que, sen estar integrada nun órgano xudicial concreto, asume labores centralizados de xestión e apoio en actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais. Engade o dito artigo que os servizos comúns procesuais prestarán o seu apoio a todos ou a algún dos órganos xudiciais do seu ámbito territorial, con independencia da orde xurisdicional a que pertenzan e da extensión da súa xurisdición. En virtude das competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de medios ao servizo da Administración de xustiza a través dos reais decretos 2166/1994, 2397/1996 e 233/1998, correspóndelle a Administración autonómica o deseño, creación e organización dos servizos comúns procesuais, segundo establece o artigo 438.3 da LOPX. As circunstancias en que se está a desenvolver a Administración de xustiza en Galicia aconsellan con urxencia a introdución de cambios organizativos que fortalezan os medios postos á disposición dos xulgados e tribunais, que favorezan un funcionamento máis eficiente das oficinas e que lles faciliten aos cidadáns unha relación máis satisfactoria coa organización xudicial. Con esta finalidade apróbase o presente decreto, que forma parte dun plan de primeiras medidas para a posta en marcha da nova oficina xudicial, centrado naquelas unidades e servizos que dende hai anos veñen sendo obxecto de demanda por parte de diversos sectores profesionais, e que contan neste ámbito cun importante grao de consenso. Primeiras medidas que constitúen, así mesmo, un anticipo do profundo proceso modernizador que persegue a reforma organizativa denominada “nova oficina xudicial”. Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; tras seren oídas as organizacións sindicais máis representativas; tras cadanseu informe do Consello da Avogacía Galega, do Consello Galego de Procuradores dos Tribunais e do Consello Xeral do Poder Xudicial; de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia; e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día … de … de …, DISPOÑO:

Título I. Regras xerais

Artigo 1.- Obxecto

1. O presente decreto ten por obxecto o deseño, creación e organización de

determinados servizos comúns procesuais xerais, consonte o previsto no artigo 438

da Lei orgánica 6/1985, do poder xudicial.

Versión .0 2

2. Para os efectos deste decreto considéranse servizos comúns procesuais xerais os

que asumen as funcións de rexistro e repartición, de atención á cidadanía e á

vítima, de actos de comunicación, de arquivamento e mais de depósito de efectos,

así como tamén outras funcións auxiliares. Exclúense desta consideración os

servizos comúns con funcións de ordenación do procedemento e mais os servizos

comúns de execución de resolucións xudiciais.

3. As exclusións do apartado anterior teñen como excepción o previsto no artigo

9.3 deste Decreto respecto dos servizos comúns procesuais de partido xudicial.

Artigo 2.- Deseño e organización dos servizos comúns procesuais xerais

1. No exercicio das súas competencias de deseño e organización dos servizos

comúns procesuais, a Xunta de Galicia, situando sempre en primeiro plano a

satisfacción das necesidades dos cidadáns, impulsará o proceso de modernización

da Administración de xustiza a través do establecemento de estruturas que

potencien a eficiencia das unidades e que faciliten a mellora continuada cara a un

servizo próximo e de calidade que deberá ser respectuoso cos principios recolleitos

na Carta de dereitos dos cidadáns ante a Xustiza.

2. Dentro do marco da Lei orgánica do poder xudicial, dos regulamentos que a

desenvolven, das leis procesuais, das normas organizativas establecidas pola

Administración autonómica, das funcións asignadas aos postos na relación de

postos de traballo e dos criterios xerais aprobados polo Consello Xeral do Poder

Xudicial, o funcionamento e actividade diaria dos servizos comúns regularanse a

través dos protocolos de actuación aprobados polos órganos competentes do corpo

de secretarios xudiciais.

3. Os protocolos de actuación incluirán o establecemento de controis de calidade,

controis que levará a cabo un funcionario diferente a aquel que realizara as

dilixencias ou tarefas sometidas a control. A función dos controis de calidade será a

de comprobar a conformidade das dilixencias ou tarefas coa normativa ou protocolo

de actuación aplicable. No caso de se detectaren deficiencias trasladáraselle o

resultado do control ao director do servizo para que adopte as medidas oportunas,

que poderán incluír, se fose o caso, a repetición da dilixencia ou tarefas.

Artigo 3.- Da misión e configuración dos servizos comúns procesuais

Versión .0 3

1. Os servizos comúns teñen por misión a realización, de forma centralizada, de

funcións de actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais.

2. Estes servizos asumirán exclusivamente as funcións que se lles asignen nas súas

normas de creación, e realizarán todas as tarefas da oficina xudicial precisas para o

cumprimento dos seus obxectivos.

3. As funcións non centralizadas en servizos comúns permanecerán nas secretarías

dos órganos xudiciais.

4. Os postos de traballo dos servizos comúns procesuais poderán distribuírse entre

os edificios xudiciais dos tribunais e xulgados de cada cidade.

Artigo 4.- Funcións asumibles polos servizos comúns procesuais xerais

Para os efectos deste decreto considerarase que as funcións asumibles polos

servizos comúns procesuais xerais teñen os seguintes contidos:

a) Rexistro xeral de entrada. Recoller, clasificar e rexistrar todos os escritos e

documentos que se presentan na sede xudicial; introducir na aplicación informática,

de conformidade co código de conduta de usuarios, os datos identificadores do

escrito e das partes, e remitilos informática e fisicamente aos xulgados; formar os

expedientes, compulsar copias de documentos tras cotexalos cos orixinais e

documentar os apoderamentos apud acta; colaborar, segundo o marco normativo,

co servizo de recepción de copias de escritos e notificacións (SERCEN) do colexio de

procuradores e recoller os escritos presentados neste servizo; e manter, actualizar

e xestionar a axenda de sinalamento de xuízos rápidos penais.

b) Repartición. Distribuír, aplicando as normas de repartición vixentes, os asuntos

de novo ingreso entre os xulgados ou seccións, a través de operacións informáticas

ou manuais.

c) Información e atención ao cidadán. Recibir e dirixir os cidadáns dentro da sede

xudicial; atender as demandas de información xeral presenciais, telefónicas e

escritas, así como contestar ás cuestións formuladas polos cidadáns por correo

ordinario, correo electrónico ou fax; xestionar o servizo de cita previa para trámites

ante as oficinas xudiciais; atender persoalmente os profesionais e cidadáns en

xeral, coñecer e valorar a súa satisfacción polo servizo e velar pola boa imaxe da

Versión .0 4

Administración de xustiza; tratar as queixas e suxestións; e crear os carteis,

elementos e documentos informativos necesarios.

d) Actos de comunicación e de execución. Recibir as cédulas de notificación,

citación, emprazamento e requirimento, así como os mandados de embargo e

desaloxamento e os actos de execución; e practicar as dilixencias de comunicación

e execución fóra da sede do órgano xudicial.

e) Arquivo único de xestión. Recibir os expedientes e documentos xudiciais

remitidos ao arquivo de xestión; clasificar, rexistrar, arquivar e desarquivar física e

informaticamente os expedientes; etiquetar, organizar e custodiar os cartafoles e

caixas de arquivo; confeccionar e presentar as relacións de expedientes que deben

pasar aos arquivos territoriais ou á xunta de expurgación; empaquetar e remitir

expedientes e documentos aos órganos xudiciais, aos servizos comúns e aos

arquivos territoriais; e entregar, para os efectos correspondentes, os expedientes

sometidos a procedemento de expurgación.

f) Depósito de efectos. Rexistrar, empaquetar, etiquetar, trasladar, controlar,

remitir e darlles destino ás pezas de convicción, aos efectos intervidos e aos

obxectos que deben custodiar os órganos xudiciais.

g) Arquivo territorial. Recibir, rexistrar, clasificar, ordenar e custodiar os

documentos e expedientes xudiciais que deban ser conservados nos arquivos

territoriais; remitir os documentos e expedientes solicitados polos órganos xudiciais

e servizos comúns; confeccionar e remitirlle ao órgano competente as relacións de

causas, autos e procedementos afectados polo transcurso dos prazos legais de

prescrición ou caducidade; e entregar as series, expedientes e documentos

determinados pola xunta de expurgación.

h) Apoio local. Adscribir funcionarios de carreira para prestaren servizos nas

oficinas xudiciais dos xulgados da localidade a fin de proporcionarlles apoio en

situacións de atraso ou de suplir as ausencias temporais.

i) Apoio territorial. Adscribir funcionarios de carreira para prestaren servizos nas

oficinas xudiciais do tribunal e nos xulgados das vilas a fin de proporcionarlles apoio

en situacións de atraso ou de suplir as ausencias temporais.

Versión .0 5

j) Funcións auxiliares da oficina xudicial. Desenvolver as tarefas que teñan carácter

de auxilio á actividade dos órganos xudiciais, entre elas as de:

I. Preparar e realizar as xestións precisas para a correcta celebración das

vistas e xuízos e, se é o caso, para a súa gravación audiovisual; así como

acoller e atender os intervenientes, asistir o tribunal e manter a orde na

sala.

II. Procurar unha xestión eficiente da utilización das salas de vistas.

III. Producir as copias de soportes audiovisuais e de escritos, documentos e

expedientes voluminosos.

IV. Recoller, trasladar e entregar os expedientes, escritos, comunicacións,

documentos e obxectos entre as unidades da oficina xudicial da localidade,

así como na fiscalía, unidades administrativas, instituto de medicina legal e

servizos da Administración de xustiza.

V. Recoller nas unidades da oficina xudicial as copias de resolucións e

dilixencias e mais as cédulas de notificación, citación, emprazamento e

requirimento (xunto cos documentos anexos a todos estes escritos, se fose

o caso) destinadas á notificación aos procuradores; entregalas ao servizo de

recepción de copias de escritos e notificacións (SERCEN) do colexio de

procuradores; e recoller neste servizo os xustificantes de recepción das

notificacións, citacións, emprazamentos e requirimentos entregados e

trasladalos ás unidades de procedencia.

VI. Confeccionar, a través de medios manuais ou automatizados, os sobres, os

xustificantes de recepción, as listaxes e os paquetes para a entrega ao

servizo de correos.

k) Sinalamento inmediato de xuízos civís. Sinalar vistas, comparecencias e

actuacións nos xuízos civís rápidos; xestionar e actualizar a axenda informática de

sinalamentos; e expedir as cédulas de citación e oficios para a súa entrega ao

servizo de actos de comunicación ou ao procurador.

l) Programación e xestión de vistas, xuízos e sinalamentos. Xestionar e actualizar,

para todos órganos da sede, a axenda informática de sinalamentos e de uso das

salas de vistas e comparecencias.

m) Acceso ás bases de datos das administracións e rexistros públicos. Acceder ás

bases de datos das administracións ou rexistros públicos nos casos acordados polas

autoridades xudiciais para a indagación patrimonial ou de enderezos, cando o

Versión .0 6

acceso estea establecido dende puntos centralizados; e comunicarlles os resultados

aos requirentes da información.

Título II. Creación de servizos comúns procesuais xerais

Artigo 5.- Do servizo común procesual xeral do Tribunal Superior de Xustiza de

Galicia

1. Con sede no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia créase un servizo común

xeral que desenvolverá, respecto de todas as salas xurisdicionais do tribunal, da

Sala de Goberno, da Secretaría de Goberno e da Unidade de Apoio á Presidencia, as

seguintes funcións:

a) Rexistro xeral de entrada.

b) Repartición.

c) Atención ao cidadán.

d) Arquivo único de xestión.

e) Depósito de efectos.

f) Apoio local.

2. Ademais, o servizo común procesual xeral da Coruña asumirá a función de

soporte administrativo da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de

Galicia.

Artigo 6.- Dos servizos comúns procesuais xerais con funcións de ámbito provincial

1. Con sede nas audiencias provinciais da Coruña e Pontevedra créase cadanseu

servizo común de apoio provincial, os cales, ademais do soporte administrativo da

secretaría de coordinación provincial, asumirán respecto das oficinas da audiencia

provincial, dos xulgados da provincia –sen distinción de clase nin orde

xurisdicional– e dos servizos comúns procesuais as funcións de:

a) Apoio local.

b) Apoio territorial.

2. Tamén con sede nas audiencias provinciais da Coruña e Pontevedra se crea

cadanseu servizo común de arquivo territorial, os cales proporcionarán o soporte

administrativo para o funcionamento do respectivo arquivo territorial, regulado no

Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos xudiciais territoriais e a

Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia. Este servizo común

Versión .0 7

desenvolverá as funcións previstas na letra g) do artigo 4 deste decreto e as

demais precisas para o funcionamento do arquivo territorial.

3. Con sede nas audiencias provinciais de Lugo e Ourense créase cadanseu servizo

común de apoio provincial e cadanseu servizo común de arquivo territorial, que

asumirán, no respectivo ámbito provincial, as funcións previstas nos dous puntos

anteriores.

Artigo 7.- Dos servizos comúns procesuais xerais das sedes xudiciais das cidades

1. Nas cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense,

Pontevedra e Vigo constituirase cadanseu servizo común procesual xeral, que

asumirán respecto de todos os órganos xudiciais con sede na cidade as seguintes

funcións:

a) Rexistro xeral de entrada.

b) Repartición.

c) Atención ao cidadán.

d) Arquivo único de xestión.

e) Depósito de efectos.

2. Os servizos comúns procesuais xerais de Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo,

Ourense e Pontevedra prestarán, con ámbito territorial do partido xudicial, a

función de actos de comunicación e de execución.

3. De acordo co Ministerio de Xustiza, e tras informe do Consello Xeral do Poder

Xudicial, a consellería competente por razón da materia poderá atribuírlles a

función de sinalamento inmediato de xuízos rápidos civís aos servizos comúns

procesuais xerais mencionados no punto 1 deste artigo.

4. Os servizos comúns procesuais xerais de Santiago de Compostela e Ourense

realizarán de forma centralizada as funcións auxiliares da oficina xudicial, previstas

na letra j) do artigo 4 deste decreto.

Artigo 8.- Dos servizos comúns de actos de comunicación e execución

Constituiranse servizos comúns de actos de comunicación e execución nas cidades

da Coruña e Vigo, que asumirán, no ámbito territorial dos seus partidos xudiciais, a

función prevista no artigo 4.d) anterior para todos os órganos xudiciais e servizos

comúns procesuais da cidade, sen distinción de clase nin orde xurisdicional.

Versión .0 8

Artigo 9.- Dos servizos comúns procesuais de partido xudicial

1. Constituirase cadanseu servizo común de partido xudicial, con ámbito territorial

na dita circunscrición, nas vilas de Betanzos, Carballo, Ribeira, Cambados, Cangas,

Ponteareas, O Porriño, Tui e Vilagarcía de Arousa.

2. Correspóndelles a estes servizos prestar de forma centralizada, para todos os

xulgados de primeira instancia e instrución, as funcións de:

a) Rexistro xeral de entrada.

b) Repartición.

c) Información xeral ao público.

d) Arquivo único de xestión.

e) Depósito de efectos.

f) Actos de comunicación e de execución.

g) Funcións auxiliares da oficina xudicial.

3. Por resolución da Dirección Xeral de Xustiza, e tras informe do Consello Xeral do

Poder Xudicial, poderáselles atribuír a estes servizos outras funcións de entre as

previstas no artigo 4 deste decreto.

Título III. Organización da atención ao cidadán, da asistencia á vítima e do

tratamento de suxestións e queixas

Artigo 10.- Do persoal para a atención ao cidadán e asistencia ás vítimas

1. Os servizos comúns procesuais previstos nos artigos 5, 7 e 9 deste decreto

contarán con persoal que terá como funcións específicas a de lle proporcionar

información xeral e atención personalizada ao cidadán, tanto persoal coma

telefonicamente, e a de atender as vítimas dos delitos, con especial consideración

para as mulleres vítimas de violencia de xénero.

2. Nesta función os ditos servizos comúns actuarán en coordinación coa Unidade de

Atención ao Cidadán do Consello Xeral do Poder Xudicial, cos presidentes dos

tribunais e cos xuíces decanos, aos que lles prestarán soporte administrativo para o

tratamento de suxestións e queixas.

Versión .0 9

3. A través dos funcionarios de atención ao cidadán poderase concertar entre o

cidadán e a respectiva oficina xudicial unha cita previa para as demandas de

información que excedan do ámbito do artigo seguinte ou para a realización de

trámites.

Artigo 11.- Atención personalizada e información xeral

1. A atención personalizada ao cidadán supón a recepción e acollida dos usuarios

que acudan á sede xudicial para facilitarlles a orientación e axuda que precisen,

tanto se o fan por instancia do órgano ou servizo xudicial coma se é por iniciativa

propia. Esta atención debe ser personalizada, isto é, adaptada ás características de

cada un dos cidadáns.

2. A atención personalizada implica a actividade de información xeral, e así mesmo

esixe a colaboración do servizo para cubrir os formularios ou solicitudes que os

interesados poidan poñer directamente sen necesidade de representación ou

asistencia letrada.

3. A información xeral comprende a identificación e localización de calquera órgano

ou servizo da Administración de xustiza, e especialmente dos situados na mesma

sede; e tamén abrangue, igualmente, a resposta ás demandas concretas de

información sobre competencia dos órganos ou sobre procedementos, trámites,

requisitos e documentación para as actuacións que o cidadán desexe realizar.

4. En ningún caso a atención e información facilitada debe entrañar interpretación

normativa, consideración ou asesoramento xurídicos nin valoración económica

ningunha, senón que debe consistir nunha simple exposición de carácter xeral

sobre posibles procedementos legais e órganos competentes, sobre os requisitos

que a normativa vixente lles impoña ás actuacións que o interesado poida precisar

e sobre as características xerais dos distintos tipos de procedemento.

O funcionario informará os cidadáns acerca da existencia dos servizos de

orientación xurídica dependentes dos colexios de avogados, e dirixiraos cara a eles

respecto das consultas referidas ao seu ámbito de actuación.

Versión .0 10

5. A información de carácter particular sobre o estado de actuacións procesuais e a

consulta sobre requisitos concretos para un trámite, comparecencia ou vista

acordados por un órgano xudicial correspóndelles ás oficinas dos órganos xudiciais

e servizos comúns procesuais, sin perjuicio de trasladar aos cidadáns interesados

información, obtida da aplicación de xestión procesual, exclusivamente referida á

fase ou estado no que se atopa o expediente informático.

Artigo 12.- Asistencia ás vítimas

1. En materia de asistencia ás vítimas dos delitos e faltas –e sen prexuízo das

funcións atribuídas aos xuíces, fiscais e secretarios xudiciais–, estes funcionarios

facilitaranlles ás vítimas información sobre as posibilidades de obter a través do

proceso penal a restitución, a reparación do dano e/ou a indemnización dos

prexuízos materiais e morais, e daranlles así mesmo noticia dos seus dereitos en

relación co proceso penal. Tamén facilitarán información sobre as axudas e medidas

de asistencia ás vítimas establecidas polos poderes públicos e orientarán as vítimas

de delitos en relación cos servizos sociais e recursos públicos dispoñibles para a súa

atención, e, se fose o caso, dirixiranas cara aos servizos de orientación xurídica dos

colexios de avogados.

2. A Xunta de Galicia, a través de convenios e acordos –e, se fose o caso, de

contratación administrativa–, procurará a colaboración con este persoal de

psicólogos e traballadores sociais nos termos precisos para garantir unha asistencia

efectiva e de calidade. Así mesmo, a través dos ditos instrumentos ou de protocolos

procurará a coordinación cos centros e unidades doutras administracións con

competencia en materia de información, de asistencia e de tratamento e

prestacións económicas a favor das vítimas.

3. A asistencia ás vítimas prestarase sempre nun ámbito reservado que permita

garantir a intimidade.

Artigo 13.- Tratamento de suxestións e queixas polo funcionamento da

Administración de xustiza

1. O tratamento de suxestións e queixas por parte do persoal de atención ao

cidadán comprende a recepción das iniciativas formuladas polos cidadáns para

mellorar a atención aos usuarios ou a calidade do servizo prestado, así como a das

Versión .0 11

queixas por dilacións, por atención incorrecta ou por calquera outra cuestión

relativa ao funcionamento dos órganos ou oficinas xudiciais.

2. En ningún caso o dito persoal coñecerá das denuncias que expresamente se

refiran a cuestións disciplinarias.

3. No momento da presentación da queixa ou denuncia, o funcionario advertiralle

ao cidadán que esta non terá en ningún caso a cualificación de recurso

administrativo, que a súa interposición non paralizará os prazos establecidos na

normativa vixente e mais que tampouco condicionará o exercicio das accións,

recursos ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada

procedemento, poida exercitar o interesado.

4. Esta materia rexerase polo previsto no Regulamento 1/1998, do Consello Xeral

do Poder Xudicial, de tramitación de queixas e denuncias relativas ao

funcionamento dos xulgados e tribunais, sen prexuízo das facultades que aquel lle

atribúe ao xuíz decano ou ao presidente do tribunal.

Título IV. Organización doutras funcións centralizadas en servizos comúns

procesuais xerais

Artigo 14.- Organización da función de rexistro xeral de entrada e relación co

servizo de traslado de escritos

1. Para todos os efectos previstos nas leis reguladoras dos procesos civil, penal,

contencioso-administrativo e social, os servizos comúns xerais que presten a

función de rexistro xeral de entrada son as oficinas de rexistro xeral de escritos e

demandas de todos os órganos xudiciais da localidade.

Para estes efectos, e respecto da xurisdición penal, persoal do servizo común

integrarase, xunto con persoal dos xulgados de instrución, no servizo de garda co

fin de rexistrar os escritos, atestados, comunicacións, obxectos e documentos que

se presenten durante a prestación do dito servizo.

2. Co obxecto de proporcionar unha información completa, actualizada e fiable do

rexistro xeral e da repartición de asuntos, os servizos comúns xerais rexistrarán as

demandas, escritos, expedientes, obxectos e pezas utilizando de xeito constante,

Versión .0 12

habitual, homoxéneo e normalizado as aplicacións e programas informáticos

instalados, tras aprobación do Consello Xeral do Poder Xudicial, pola Consellería de

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

3. Respecto de cada escrito presentado, o servizo común introducirá no rexistro

informático a totalidade dos datos que deban incorporarse ás aplicacións

informáticas. Todos os intervenientes serán identificados de maneira individual,

evitando o seu rexistro duplicado ou múltiple, mediante o seu número de

identidade (DNI ou pasaporte para as persoas físicas e CIF para as xurídicas). Por

cada interveniente rexistraranse ou actualizaranse tamén os datos dos profesionais

(avogado, procurador, graduado social) que, se é o caso, o asistan ou representen.

4. Os escritos que, de conformidade co artigo 276.2 da Lei de axuizamento civil,

sexan entregados polos procuradores para o seu traslado aos procuradores das

demais partes serán presentados ante o servizo común xeral para seren datados,

selados e rexistrados informaticamente. Logo da expedición dos xustificantes

oportunos e do rexistro informático do escrito, procederase á súa entrega ao

Servizo de Recepción de Copias de Escritos e Notificacións (SERCEN), organizado

polo colexio de procuradores.

5. Nesta materia será de aplicación a Instrución 1/2009, do 26 de marzo, do Pleno

do Consello Xeral do Poder Xudicial, sobre normas para o rexistro de asuntos nos

sistemas de xestión procesual, ou, se fose o caso, a normativa do Consello Xeral do

Poder Xudicial que a substitúa ou modifique.

Artigo 15.- Organización das funcións de apoio local e territorial aos órganos

xudiciais

1. Os funcionarios que ocupen os postos de apoio local poderán desempeñar as

súas funcións en todas as unidades da oficina xudicial da cidade.

2. Os funcionarios que ocupen os postos de apoio territorial poderán desempeñar as

súas funcións en todas as unidades da oficina xudicial da provincia.

3. A adscrición nun xulgado, unidade, oficina ou servizo común determina a

colaboración temporal do funcionario na respectiva oficina, baixo a dependencia

funcional do director da unidade de adscrición. Esta adscrición realizarase mediante

un acordo da unidade administrativa competente tras proposta do secretario

Versión .0 13

coordinador provincial. Á falta de proposta, o funcionario continuará prestando

funcións no servizo común de procedencia, agás que a Dirección Xeral de Xustiza,

por causa xustificada e logo de oír o secretario coordinador, acorde a colaboración

funcional noutra unidade.

4. A dita colaboración funcional realizarase por un período de 3 ou 6 meses para

atender situacións de sobrecarga de traballo por causas conxunturais, pendencia de

asuntos, existencia de expedientes complexos, posta en marcha de novos servizos,

desenvolvemento de programas de actuación ou outras circunstancias que o

xustifiquen.

5. Os funcionarios de apoio local teñen tamén como misión realizar substitucións

para ocupar postos baldeiros en casos de baixas por enfermidade, permisos,

licenzas ou ausencias dos funcionarios titulares. A substitución acordaraa a unidade

administrativa competente segundo a quenda que se estableza, e terá preferencia

respecto da adscrición temporal. Cando o titular se reincorpore ao posto de

traballo, o funcionario de apoio reintegrarase ao xulgado, unidade, oficina ou

servizo común no que estivese prestando a súa colaboración funcional en calidade

de reforzo.

Artigo 16.- Organización da función de acceso ás bases de datos das

administracións e rexistros públicos

O acceso ás bases de datos das administracións e rexistros públicos realizarase nos

termos previstos nos convenios de colaboración asinados polo Consello Xeral do

Poder Xudicial. Respectaranse, en todo caso, as normas de seguridade informática

que estableza o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a

Administración cedente dos datos.

Artigo 17.- Da organización da función do arquivo único de xestión

1. Os servizos comúns procesuais xerais recollerán cada día hábil, en todas as

oficinas xudiciais do seu ámbito de actuación, os expedientes que deban pasar ao

arquivo xudicial único de xestión.

2. No prazo dun día hábil o servizo común procesual xeral entregará nas oficinas

xudiciais os expedientes, conservados no arquivo único de xestión, que os

directores funcionais das oficinas reclamen. Se concorre causa xustificativa de

Versión .0 14

urxencia, o desarquivamento e entrega do expediente realizarase de forma

inmediata.

3. Trimestralmente o servizo común procesual xeral confeccionará e presentaralle

ao responsable funcional competente a relación de expedientes que proceda remitir

ao arquivo territorial. Semestralmente confeccionarase a relación de expedientes

que deben ser sometidos ao procedemento de expurgación.

Artigo 18.- Organización da función de depósito de efectos

1. Os servizos comúns procesuais xerais organizarán e xestionarán o depósito

unificado dos obxectos intervidos en causas criminais e dos efectos do delito.

2. Cada obxecto ou lote depositado será obxecto de rexistro, identificación e

etiquetaxe, e expedirase un resgardo xustificativo que se incorporará ao expediente

xudicial. No expediente informático e no cartafol do expediente físico farase a

anotación do depósito.

3. Semestralmente o servizo común procesual xeral consultará o estado dos

procedementos que orixinasen o depósito e, se é o caso, solicitará do órgano

xudicial competente que se adopten os acordos necesarios para lles dar aos efectos

o destino legal correspondente. Como resultado das consultas confeccionarase unha

listaxe dos obxectos depositados e do estado dos devanditos procedementos.

Artigo 19.- Organización das funcións de arquivo territorial e de soporte da Xunta

de Expurgación da Documentación Xudicial

A xestión dos arquivos xudiciais territoriais levarase a cabo de conformidade co

establecido no Real decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos

arquivos xudiciais, e mais no Decreto 46/2009, do 26 de febreiro, sobre os arquivos

xudiciais territoriais e a Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de

Galicia. Dentro do mesmo marco normativo desenvolveranse as funcións de soporte

da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial.

Artigo 20.- Da organización das funcións de actos de comunicación e execución

1. Os servizos comúns que teñan encomendada a función prevista na letra d) do

artigo 4 deste decreto practicarán todos os actos de comunicación e de execución

Versión .0 15

que sexan acordados polos órganos xudiciais e que esixan a práctica de dilixencias

fóra da sede xudicial.

2. O servizo levará a cabo os actos de comunicación por entrega, agás aqueles

actos que por disposición legal deban realizarse en presenza xudicial. Tampouco lle

corresponderá ao servizo a práctica de actos de comunicación que deban realizar os

procuradores nin os que corresponda realizar a través dos servizos de recepción de

copias de escritos e notificacións, organizados polos colexios de procuradores.

3. O servizo exercerá as súas funcións en todo o ámbito territorial do partido

xudicial, realizando todos os actos de comunicación e de execución emanados dos

tribunais, xulgados e servizos comúns procesuais da localidade da súa sede –sen

restricións por razón da clase de órgano ou da orde xurisdicional de procedencia–,

así como os solicitados por outros tribunais, xulgados e servizos comúns procesuais

a través de auxilio xudicial.

4. As oficinas dos xulgados de paz colaborarán na realización dos actos de

comunicación por entrega, función que realizarán coordinamente cos servizos

comúns procesuais aos que se refire o apartado 1 deste artigo.

Artigo 21.- Do plan de transporte

1. Os responsables dos servizos comúns de actos de comunicación e de execución

elaborarán un plan de transporte que se someterá á aprobación do departamento

territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

2. O departamento territorial poderá adicionar o plan de transporte coas previsións

necesarias para o desenvolvemento da función de colaboración das oficinas dos

xulgados de paz prevista no apartado 4 do artigo anterior.

3. O transporte deberá escollerse en función da maior eficacia e eficiencia do

servizo e do uso racional dos medios de locomoción.

Título V. Dos postos de traballo, da relación de postos

Versión .0 16

Artigo 22.- Da súa reserva á función pública ao servizo da Administración de

xustiza, do complemento específico e doutras características dos postos de traballo

1. Os postos de traballo nos servizos comúns procesuais están regulados para

seren adscritos con exclusividade ao persoal ao servizo da Administración de

xustiza.

2. O complemento específico destes postos, a súa forma de provisión, os requisitos

esixidos para o seu desempeño e os méritos específicos avaliables serán os que se

determinen nas relacións de postos de traballo.

Artigo 23.- Relacións de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza

en Galicia

1. Correspóndelle á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a

aprobación inicial e mais a modificación dos cadros de persoal dos servizos comúns

procesuais, así como a súa remisión ao Ministerio de Xustiza para a aprobación

definitiva. Os cadros de persoal e as súas modificacións serán publicados no Diario

Oficial de Galicia.

2. Con carácter previo á aprobación inicial dos cadros de persoal e das súas

modificacións solicitarase un informe da Consellería de Economía e Facenda, que

será vinculante en caso de que a aprobación ou a modificación supoña incremento

do gasto.

3. Estes cadros de persoal integraranse, xunto cos cadros de persoal das unidades

técnico-administrativas e das unidades de apoio ás presidencias de tribunais e

decanatos dos xulgados, e no seu día das unidades de apoio directo a xulgados e

tribunais, na “Relación de postos de traballo da Administración de xustiza en

Galicia”, que se financiará con cargo aos créditos comprendidos no programa

orzamentario 131-B: “Persoal ao servizo da Administración de xustiza”. Tamén se

integrarán na dita relación de postos de traballo os cadros de persoal das oficinas

de fiscalía, dos rexistros civís, do instituto de medicina legal e das secretarías e

agrupacións de secretarías de xulgados de paz.

Artigo 24.- Provisión de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza

en Galicia

1. A provisión de postos de traballo do persoal funcionario ao servizo da

Administración de xustiza realizarase segundo o previsto no Regulamento sobre

Versión .0 17

ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal

funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto

1451/2005, do 7 de decembro, ou, se fose o caso, na normativa que o substitúa ou

complemente.

2. A provisión inicial de postos será contemplada nun plan de recursos humanos,

que abranguerá os aspectos precisos para a adaptación dos funcionarios ás novas

tarefas e relacións.

Disposición transitoria primeira.- Desenvolvemento da estrutura organizativa dos

servizos comúns procesuais xerais

A estrutura organizativa prevista neste decreto desenvolverase de forma progresiva

segundo o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición transitoria segunda.- Organización dos servizos comúns de actos de

comunicación e execución

Entrementres o Consello Xeral do Poder Xudicial non estableza os criterios xerais

previstos no artigo 438.7 da Lei orgánica do poder xudicial, os servizos comúns de

actos de comunicación e execución, para o non previsto neste decreto, aplicarán

como criterios de organización os recolleitos no Protocolo de servizo para a

coordinación, conexión e interrelación entre os xulgados e tribunais e os servizos

comúns de actos de comunicación e execución, aprobado polo dito órgano a través

da súa Instrución núm. 2/2001, do 9 de maio.

Disposición final primeira.- Entrada en funcionamento dos servizos comúns

Os servizos comúns previstos neste decreto entrarán en funcionamento, de forma

gradual, a través de resolucións da Dirección Xeral de Xustiza, nas datas que nelas

se establezan.

Disposición final segunda.- Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, ...

Versión .0 18

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Versión .01 1

Proxecto de Decreto polo que se constitúen unidades técnico-

administrativas nos edificios xudiciais e unidades de apoio a presidencias

de tribunais e decanatos dos xulgados

Dentro da nova estrutura prevista para a Administración de xustiza na Lei orgánica

6/1985, do poder xudicial (LOPX), tras a reforma introducida pola Lei orgánica

19/2003, do 23 de decembro, o artigo 439 da LOPX regula as denominadas “unidades

administrativas”.

Segundo o dito artigo, enténdese por unidade administrativa aquela que, sen estar

integrada na oficina xudicial, se constitúe no ámbito da organización da Administración

de xustiza para a xefatura, ordenación e xestión dos recursos humanos da oficina

xudicial sobre os que se teñen competencias, así como sobre os medios informáticos,

novas tecnoloxías e demais medios materiais.

Engade o artigo que así mesmo, dentro das ditas unidades, se poderán establecer

oficinas comúns de apoio a unha ou varias oficinas xudiciais para a prestación de

servizos cuxa natureza non esixa a realización de funcións encomendadas como

propias pola dita lei orgánica aos funcionarios dos corpos da Administración de xustiza,

e que se consideren necesarios ou convenientes para o bo funcionamento daquelas.

En virtude das competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia en

materia de medios ao servizo da Administración de xustiza a través dos reais

decretos 2166/1994, 2397/1996 e 233/1998, correspóndelle á Administración

autonómica o deseño, creación e organización das unidades administrativas e das

oficinas de apoio, segundo establece o artigo 439.2 da LOPX.

As circunstancias en que se está a desenvolver a Administración de xustiza en

Galicia aconsellan con urxencia a introdución de cambios organizativos que

fortalezan os medios postos á disposición dos xulgados e tribunais, que favorezan

un funcionamento máis eficiente das oficinas e que lles faciliten aos cidadáns unha

relación máis satisfactoria coa organización xudicial.

Con esta finalidade apróbase o presente decreto, que forma parte dun plan de

primeiras medidas para a posta en marcha da nova oficina xudicial, centrado

naquelas unidades e servizos que dende hai anos veñen sendo obxecto de demanda

por parte de diversos sectores profesionais, e que contan neste ámbito cun

importante grao de consenso. Primeiras medidas que constitúen, así mesmo, un

Versión .01 2

anticipo do profundo proceso modernizador que persegue a reforma organizativa

denominada “nova oficina xudicial”.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas

e Xustiza; tras seren oídas as organizacións sindicais máis representativas; tras

cadanseu informe do Consello da Avogacía Galega, do Consello Galego de

Procuradores dos Tribunais e do Consello Xeral do Poder Xudicial; de acordo co

ditame do Consello Consultivo de Galicia; e logo da deliberación do Consello da

Xunta de Galicia na súa reunión do día … de … de …,

DISPOÑO:

Artigo 1.- Obxecto

O presente decreto ten por obxecto exercer as competencias da Xunta de Galicia en

materia de constitución, creación e regulación das unidades administrativas para a

xestión dos medios persoais e materiais ao servizo dos xulgados, tribunais e

fiscalías, así como das unidades de apoio ás presidencias dos tribunais e aos

decanatos dos xulgados das cidades.

Artigo 2.- Principios

No exercicio das súas competencias de deseño e organización das unidades creadas

a través deste decreto, a Xunta de Galicia, situando sempre en primeiro plano a

satisfacción das necesidades dos cidadáns, impulsará o proceso de modernización

da Administración de xustiza a través do establecemento de estruturas que

potencien a eficiencia das unidades e que faciliten a mellora continuada cara a un

servizo próximo e de calidade que deberá ser respectuoso cos principios recolleitos

na Carta de dereitos dos cidadáns ante a Xustiza.

Artigo 3.- Das unidades técnico-administrativas de Xustiza

1. Nas sedes xudiciais da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense,

Pontevedra e Vigo existirá cadanseu órgano administrativo, denominado “unidade

técnico-administrativa de xustiza”, que desenvolverá as súas funcións no marco das

competencias que en relación coa Administración de xustiza en Galicia lle

corresponden á Consellería competente en materia de xustiza.

2. A estrutura e funcións destas unidades axustarase ao que dispón este decreto.

Versión .01 3

Artigo 4.- Dependencia orgánica e funcional

As unidades técnico-administrativas de Xustiza a que se refire este decreto

dependerán organicamente, a través dos servizos de Xustiza –ou, se fose o caso,

de Xustiza e Administración local–, dos departamentos territoriais da consellería

competente en materia de xustiza, e funcionalmente da Dirección Xeral de Xustiza.

Artigo 5.- Ámbito territorial

1. O ámbito territorial destas unidades é o seguinte:

a) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza da Coruña: o seu ámbito de

actuación abrangue os partidos xudiciais da Coruña, Betanzos, Carballo e

Corcubión.

b) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Ferrol: o seu ámbito de

actuación abrangue os partidos xudiciais de Ferrol e Ortigueira.

c) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Santiago de Compostela: o

seu ámbito de actuación abrangue os partidos xudiciais de Arzúa, Muros,

Negreira, Noia, Ordes, Padrón, Ribeira e Santiago de Compostela.

d) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Lugo: o seu ámbito territorial

é a provincia de Lugo.

e) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Ourense: o seu ámbito

territorial de actuación é a provincia de Ourense.

f) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Pontevedra: o seu ámbito de

actuación abarca os partidos xudiciais da Estrada, Lalín, Caldas de Reis,

Cambados, Cangas, Marín, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa.

g) Unidade Técnico-Administrativa de Xustiza de Vigo: o seu ámbito de

actuación abrangue os partidos xudiciais de Ponteareas, Redondela, O

Porriño, Tui e Vigo.

2. Como excepción ao previsto no punto anterior, a asistencia pericial e as demais

funcións do persoal integrante das oficinas de apoio técnico destas unidades

prestaranse en todo o ámbito da comunidade autónoma segundo a distribución do

traballo que estableza a Dirección Xeral de Xustiza.

Artigo 6.- Funcións das unidades técnico-administrativas de Xustiza

Versión .01 4

1. As unidades técnico-administrativas de Xustiza exercerán as súas funcións en

materia de xestión de recursos humanos, de administración de medios económicos

e materiais e de soporte de medios audiovisuais e informáticos.

2. Nestas unidades poderán existir oficinas comúns de apoio que, integradas por

persoal de carácter técnico, prestarán as funcións de asistencia pericial, tradución,

interpretación, corrección e asesoramento lingüístico que lles sexan requiridas por

parte dos órganos xudiciais ou fiscais. Este persoal prestará tamén a asistencia e

colaboración que lle encomende a Dirección Xeral de Xustiza nas materias propias

da súa disciplina profesional.

3. As unidades técnico-administrativas de Xustiza, logo das comprobacións que

sexan necesarias, subministraranlles aos servizos centrais da consellería

competente en materia de xustiza cantos datos, informes ou estudos lles sexan

solicitados ou consideren oportuno remitir, de acordo coas instrucións recibidas.

Artigo 7.- Xestión de recursos humanos

En materia de xestión de recursos humanos, as unidades técnico-administrativas

desempeñarán as seguintes funcións:

a) Xefatura de persoal, respecto dos centros de destino comprendidos no seu

ámbito territorial, para os efectos de atribución de funcións e de

substitucións, reguladas respectivamente nos artigos 39.2 e 74 do

Regulamento orgánico de ingreso, promoción profesional e provisión de

postos de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza,

aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

b) Xestión das funcións de titoría de funcionarios titulares e interinos de novo

ingreso, e colaboración na formación de reciclaxe.

c) Control horario e do absentismo laboral.

d) Colaboración co servizo e unidades de prevención de riscos laborais.

e) Xestión operativa e notificacións das resolucións dos órganos competentes

en materia de recursos humanos.

f) Coordinación e colaboración coas unidades competentes en materia de

nóminas e xestión de persoal.

g) Outras funcións que se lles poida encomendar por delegación.

Artigo 8.- Xestión de medios económicos e materiais

Versión .01 5

En materia de xestión de medios económicos e materiais, as unidades técnico-

administrativas:

a) Asesorarán os cidadáns e asistiranos respecto dos requisitos e documentos

precisos para reclamar as indemnizacións económicas que lles correspondan

percibir pola intervención en procesos xudiciais como testemuñas ou peritos,

que se tramitarán ante o departamento territorial da Consellería competente en

materia de xustiza.

b) Organizarán, xestionarán e coordinarán todas as cuestións relativas á

constitución e funcionamento do xurado en aspectos alleos aos estritamente

procesuais.

c) Administrarán a utilización e consumo do equipamento, dos fornecementos e

do material de oficina e non inventariable que resultan necesarios para o

funcionamento dos órganos xudiciais, das fiscalías e das unidades da oficina

xudicial.

d) Desempeñarán as demais funcións que en materia de xestión económica e

medios materiais lles encomende a Dirección Xeral de Xustiza.

Artigo 9.- Área de soporte de medios audiovisuais e informáticos

En materia de soporte de medios audiovisuais e informáticos, as unidades técnico-

administrativas:

a) Prestarán asistencia na utilización dos sistemas de videoconferencia e

dos medios de gravación audiovisual de vistas e comparecencias.

b) Asesorarán, informarán e resolverán as dúbidas dos usuarios respecto

das aplicacións informáticas da Administración de xustiza.

c) Realizarán as tarefas para o mantemento, a seguridade e a xestión

informática ou de equipos que lles encomende o centro directivo competente

en materia de tecnoloxías da información e da comunicación da

Administración de xustiza.

Artigo 10.- Das unidades de apoio aos órganos de goberno

1. Nas sedes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das audiencias provinciais

e mais dos xulgados das cidades da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo,

Ourense, Pontevedra e Vigo créase cadansúa unidade de apoio aos órganos de

Versión .01 6

goberno, as cales atenderán as necesidades organizativas e gobernativas dos

presidentes dos tribunais e dos maxistrados xuíces decanos e xestionarán as

bibliotecas xudiciais.

2. Os funcionarios destinados nos postos destas unidades dependerán

funcionalmente, segundo o caso, do presidente do tribunal ou do maxistrado xuíz

decano.

Artigo 11.- Dos postos de traballo nas unidades técnico-administrativas de Xustiza

e nas unidades de apoio a presidencias de tribunais e decanatos

1. En función das súas características, os postos de traballo para as unidades

previstas neste decreto serán adscritos ao persoal laboral da Administración

autonómica ou aos funcionarios da Administración de xustiza en Galicia, segundo se

especifique na relación de postos de traballo da Consellería competente en materia

de xustiza e mais na relación de postos de traballo da Administración de xustiza en

Galicia.

2. O complemento específico destes postos, a súa forma de provisión, os requisitos

esixidos para o seu desempeño e os méritos específicos avaliables serán os que se

determinen nas relacións de postos de traballo.

Artigo 12.- Relacións de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza

en Galicia

1. Correspóndelle á Consellería competente en materia de xustiza a aprobación e

modificación dos cadros de persoal das unidades contempladas neste decreto. Os

cadros de persoal e as súas modificacións serán publicados no Diario Oficial de

Galicia.

2. Con carácter previo á aprobación dos cadros de persoal e das súas modificacións

solicitarase un informe da Consellería de Facenda, que será vinculante en caso de

que a aprobación ou a modificación supoña incremento do gasto.

3. Estes cadros de persoal integraranse, xunto cos cadros de persoal dos servizos

comúns procesuais, e no seu día das unidades de apoio directo a xulgados e

tribunais, na “Relación de postos de traballo da Administración de xustiza en

Galicia”, que se financiará con cargo aos créditos comprendidos no programa

orzamentario 131-B: “Persoal ao servizo da Administración de xustiza”. Tamén se

Versión .01 7

integrarán na dita relación de postos de traballo os cadros de persoal das oficinas

de fiscalía, dos rexistros civís, do instituto de medicina legal e das secretarías e

agrupacións de secretarías de xulgados de paz.

Artigo 13.- Provisión de postos de traballo do persoal da Administración de xustiza

en Galicia

1. A provisión de postos de traballo de persoal funcionario ao servizo da

Administración de xustiza realizarase segundo o previsto no Regulamento sobre

ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal

funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto

1451/2005, do 7 de decembro, ou, se fose o caso, na normativa que o substitúa ou

complemente.

2. A integración nestas unidades do persoal funcionario ou laboral da Xunta de

Galicia realizarase consonte a normativa autonómica aplicable.

Disposición transitoria primeira.- Desenvolvemento da estrutura organizativa das

unidades administrativas

A estrutura organizativa prevista neste decreto desenvolverase de forma progresiva

segundo o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición transitoria primeira.- Ámbito territorial provisional

O ámbito territorial das unidades técnico-administrativas de Xustiza limitarase ao

partido xudicial da súa sede ata que, a través da aprobación das correspondentes

relacións de postos de traballo, se produza a incorporación en partidos xudiciais

distintos dos da súa sede de postos singularizados que asuman tarefas de enlace e

coordinación coas ditas unidades.

Disposición final primeira.- Entrada en funcionamento das unidades administrativas

As unidades previstas neste decreto entrarán en funcionamento, de forma gradual,

a través de ordes da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

nas datas que nelas se establezan.

Disposición final segunda.- Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia.

Versión .01 8

Santiago de Compostela, ...

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza