entroido · 2021. 4. 24. · tempo de mÁscaras “recordo que eran dous homes vestidos dunha...

13
O ENTROIDO O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos. Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).

Upload: others

Post on 13-Aug-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

O ENTROIDO

O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas. Non se sabe con certeza a súa orixe, algúns pensan que vén da tradición celta, outros afirman cós comezos desta festa, pódense atopar na adoración a Baco ou Dionisos. Coa chegada do cristianismo, moitas das festas pagás, que eran antigamente celebradas foron tomadas e cristianizadas. Deste xeito, esta celebración que tiña posiblemente o seu significado na despedida dos longos e duros días do inverno, mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstinencia da Coresma que comeza no día mércores de Cinza (é dicir "corenta días antes do domingo de Ramos).

Page 2: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

A FESTA DO ENTROIDO EN GALICIA

En Galicia o Entroido celébrase dende sempre. Existen manifestacións dunha moi fonda tradición e que aínda perduran hoxe, especialmente na provincia de Ourense, e nalgunhas partes de Lugo, mesturando esas tradicións ancestrais con outros elementos máis novos.

Os disfraces no medio rural sempre foron moi variados, a súa simbolización é a da volta ó mundo do revés... Por iso hai homes vestidos de mulleres e mulleres vestidas de homes, de curas ou monxas... Moitas veces os que non tiñan disfrace, vestíanse coa roupa do lado do revés. No Entroido todo está permitido. Son moi comúns os discursos coma os testamentos, os chamados arranques ou as coplas, que son sátiras da realidade e de feitos sucedidos durante o ano, incluíndo ós referidos ós veciños e ás institucións públicas.

Dende o século XIX, comezou a celebrarse nos liceos de cidades e vilas un entroido máis burgués, con disfraces e bailes máis elaborados. Xa no século XX, e durante a época da guerra e da posguerra o entroido foi perseguido, polo que algunhas das tradicións perdéronse. Pero, dende os anos 70 deu comezou un proceso de recuperación destas tradicións máis ancestrais, tanto nas aldeas coma nas cidades; nestas ultimas con desfiles, concursos e disfraces nas rúas acompañados con música. Pero o que sempre primou do Entroido, e o espírito de crítica contra todo, e a posibilidade de dicir esas cousas con ton de sátira.

Page 3: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

TEMPO DE MÁSCARAS

“Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou de algo polo estilo. Foi hai bastantes anos, cando eu era neno, e a memoria non está xa moi fresca para lembrar sucesos tan lonxanos. O que si recordo con precisión é que a Garda Civil andaba detrás deles, metralleta en man, e que eles fuxían polos tellados. Eu vinos precisamente preto da miña casa, escondidos detrás dunha mansarda.

Como quedaban apenas a un tiro de pedra, a pesar de que levaban a cara pintada de negro, recoñecín a un dos dous, era o Juan Manuel Tejada, un veciño noso, porta con porta, fillo da Lucita Peláez, amiga da miña nai.

Nun primeiro momento, como non había ninguén na casa, a non ser Maruxa, que estaba limpando e non lle prestaba moita atención ó que naqueles intres sucedía fora, eu pensei que debían ser atracadores, pois daquela, a presencia da Garda Civil armada asociábase case sempre co problema dos atracos, que era como se lle chamaba ás accións dos fuxidos a guerra no monte, anos despois de que esta rematara nos frontes regulares de batalla. Alí, na comarca da Limia actuaba, entre outras, a partida de Casto Cabezas, a que eu consideraba un heroe lexendario. De xeito que, durante algún tempo, ata que se aclarou todo cando os meus pais chegaron á casa, eu pensei que o meu veciño Tejada andaba metido no lío aquel dos atracos. Por suposto non era así. O que ocurría é que estabamos no entroido e a Garda Civil, supoño que por órdenes superiores, prohibía calquer tipo de disfraces. Debeu ser entón cando eu aprendín que, ó chegaren as festas de carnaval de cada ano, a vila de Xinzo de Limia se puña en pé de guerra, por máis que ó principio, durante algún tempo, se chegase a unha especie de solución intermedia. Salvo no caso de algúns tipos arriscados e destemidos, xeralmente a xente moza, que facián cuestión de honor de saír á rúa vestidos de entroido en contra da prohibición e do perigo de pasar unhas horas na cárcere ou de pagar unha multa gubernativa, a maior parte dos habitantes da vila limitábanse a disfrazarse dentro das casas.

E de todos estos que recurrían a unha versión tan doméstica e familiar do entroido, habíaos de varias categorías. Os máis tranquilos permanecían no interior dos pisos, sentados na cociña ou no salón ou o pe do lume, facendo tertulia cos amigos, comendo o cocido e as filloas, e bebendo. Pero de repente, como si lles entrase o formiguillo, cada pouco, puñan a careta, preferentemente a pantalla característica de Xinzo, daban un par de voltas batendo coas vexigas de porco contra a man, movendo a cintura para que soasen as chocas e os axóuxeres, emitindo aquel berro gutural típico, tan parecido a un pequeno aturuxo, e durante un par de segundos convertían a casa nun carnaval. Logo quitaban a careta, puñan de novo a cara de todos os días e proseguínan con toda serenidade a conversa que deixaran interrumpida.

Page 4: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

PROHIBICIÓN Había outra especie, dentro desta mesma categoría dos que non se atrevían a saír a rúa por culpa da prohibición, pero que tampoco renunciaban a celebrar o entroido dentro das casas, que elexían unha solución intermedia, entre o estrictamente privado e o público.Estos saían disfrazados as ventás e ós balcóns, facían as monadas que se lle ocurrían ou que eran inherentes ó tipo de disfrace elexido e logo saudábanse discretamente entre eles, de casa en casa, dun lado ó outro da rúa, en silencio, con movementos de mans ou de cabeza. Era como unha festa de mudos. Polas rúas, mentras tanto,non circulaban máis que a Garda civil e a xente aburrida. Houbo un momento no que, ou ben por cansancio das autoridades, que se vían incapaces de frear aquel trebón de vitalidade irrefrenable, ou ben porque alguén con sentido común debeu chegar á conclusión de que non tiña sentido de ningún tipo, nin común nin do outro, prohibir o carnaval, o caso foi que este pasou a ser definitivamente tolerado. Polo tanto, nos anos cincuenta, o entroido celebrábase en Xinzo de Limia polo grande, con miles de persoas lanzadas á rúa e vestidas de todas as loucuras inimaxinables, incluídas algunhas tan pouco santas que aínda hoxe parece imposible que non foxen obxecto de algún tipo de sanción ou de censura. Cando se tiña conquistado aquela especie de bula especial concedida de xeito tácito pola autoridade civil, apareceu polo medio o señor cura párroco. Era daquela Don Cesáreo, un home alto e delgado, cunha certa semellanza física co Papa Pio XII, elegante e solemne, un pouco altivo, que decretou desde o púlpito que disfrazarse era un gravísimo pecado mortal. Como eu estaba aínda na edade da inocencia, non entendín ben os motivos daquel anatema, pero polo que lle poiden escoitar ós maiores, a cousa tiña que ver co xeito de que algunhas persoas pouco decentes aproveitaban o anonimato e a impunidade que lles otorgaba levar a cara tapada, para pecar. Xa se sabe contra que mandamento. Durante algún tempo, algunhas persoas aceptaron o novo código de xeito radical, o que supiña non poder disfrazarse de ningunha maneira, nin sequera coa cara destapada porque, segundo a doctrina moral, na versión xupiterina interpretada por don Cesáreo, o simple feito de participar no entroido implicaba cooperar activamente no pecado dos demáis. Pouco a poco , sen embargo, a fidelidade á rixidez da norma empezou a afroxar, incluso con fieis bastante fieis, como podían ser o caso da miña nai e as súas amigas, que non estaban dispostas a renunciar a algo tan inocente como era vestir os seus fillos de figuríns e levalos de adorno ós bailes para nenos do casino. ORGULLO E VERGOÑA

Aquela relaxación da miña nai, tan escrupolosa sempre cos mandatos da Igrexa, a non ser en cuestións políticas, que nunca acatou nin siquera na época franquista, foi unha verdadeira desgracia para min. Ainda recordo como se fixe onte, un dos días máis tristes da miña vida, entrando pola porta do salón nobre do casino, dandolle o brazo á miña irmá, eu vestido de cordobés e ela vestida de non sei que. Incapaz de chorar por orgullo, sentía unha rabia insoportable, que me levaba a non responder cando me falaban, a fulminar á miña irmá con ollos de lume e convertirme nunha especie de túzaro que se negou reiteradamente, polo procedemento de arrimarse contra unha parede, mirar ó chan e non dicir palabra, a saír ó medio da pista de baile para bailar a raspa. Aquel día acabaron para sempre as miñas posibilidades de aprender a bailar nin siquera o pasodobre. Esa foi tamén a razón de que máis adiante, cando era adolescente e os meus compañeiros de pandilla empezaban a ir ós bailes dos maiores no casino, vestidos coa pecaminosa mascarita, durante anos centro dos ataques de don Cesáreo desde ó púlpito, eu permanecese á marxe, privándome por ese motivo das festas que eles logo me describían con toda clase de detalles, dándolle así a razón indirectamente ó señor cura párroco. É decir, que nos bailes, con aquela túnica negra, que cubría todo, desde a cabeza ata os pés, e que aseguraba un anonimato total, se pecaba.

Page 5: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

Coincidiu aquel descubremento cunha etapa de fervor adoslescente, o cal me levou a instalarme nunha posición moral de intensidade baixa, unha decisión que implicaba que, por un lado, non me puña a terrible mascarita pero polo outro tampouco aceptaba o que se podería chamar con bastante propiedade "a doctrina Cesáreo" que como dixen antes, na súa formulación extrema establecía que un non se podía disfrazar nin siquera coa cara descuberta. A primeira vez que decidín violar a norma, púxenme de acordo cun compañeiro daquelos anos, Manolito Dobaño, encargamos nun carpinteiro unhas caixas de limpiabotas e con elas na man nos botamos á rúa. Sucedeu , sen embargo, que aquelo que nós concebíramos nun principio só como unha broma, acabou convertíndose nun negocio, prácticamente sin inversión económica de ningún tipo, pois en vez de betún ou crema, o único que gastabamos os dous limpiabotas era un pouco de chuspe que lle botabamos ós clientes nos zapatos. Aqueles foron os primeiros cartos que gañei pola miña conta e non o atribuín tanto ó mérito propio nin a disposición especial para os negocios, como unha especie de premio otorgado polo ceo. De xeito que aquel botín foi a proba e a confirmación de que don Cesáreo non interpretaba correctamente a moral cristiana nos asuntos realacionados co entroido. Ó ano seguinte puxen a mascarita e fun ó casino con ela, sen intención de bailar. De súpeto, en cambio, non se me ocurre outra cousa que sacar a bailar a miña nai, que estaba sentada co meu pai nun sofá. Para despistala, dinlle a man cambiada, como se eu foxe tamén muller, e finxín, poñendo aquela voz de rato característica das mascaritas, que era amiga do seu fillo, é decir, de min, e que estaba namorada. De primeiras, noteina preocupada, como sorprendida de que eu, un rapaz de quince anos, tivese unha moza e ela non soubese nada, pero de seguida se repuxo e empezou a eloxiarme con discreción e con elegancia, pero igualmente con paixón de nai. Gustoume cando dixo que era un fillo estupendo. Nese instante quixen quitar a máscara e darlle un bico, pero non me atrevín. Acababa de descobrir , eso si, que o entroido non era pecado.”

Carlos Casares Mouriño, "La Voz de Galicia", 5 de marzo de 2000.

Page 6: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

Podedes atopar máis información e textos sobre a festa e as súas tradición nestas

direccións:

O entroido galego

• http://es.wikipedia.org/wiki/Entroido

• http://entroido.galiciadigital.com/es

• http://vello.vieiros.com/especial/entroido99.html

• http://edu.aytolacoruna.es/ga/recursos/monograficos/entroido/el_carnaval_gallego

• http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/02/26/guia-rapida-entroido-galicia/00031393444223648812684.htm

Relación de noticias periodísticas relacionadas co Entroido disponibles en http://www.lavozdegalicia.es/temas/carnaval O entroido en Ourense

• http://welcometogalicia.blogspot.com.es/2012/02/el-carnaval-gallego-o-entroido-na.html

• http://www.galeon.com/sloren/carnaval_ourense/textoscar.htm

• http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/

Page 7: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

O entroido en Pontevedra

• http://www.visit-pontevedra.com/esp/8/253/carnaval.html

Page 8: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

Outra interesante fonte de información está disponible na web http://www.culturagalega.org/especiais/entroido/index.php na cal o alumnado pode investigar máis sobre a festa.

Page 9: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

Na web http://www.chiscos.net/almacen/lim/entroido4/lim.swf?libro=entroido.lim atopamos un interesante LIM sobre o entroido na provincia de Ourense

Outro LIM atopámolo en https://dl.dropboxusercontent.com/u/13783708/librolim_entroido_tradicional/lim.swf?libro=o_entroido_tradicional_galego.lim

Page 10: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

En http://phpwebquest.org/wq26/caza/soporte_mondrian_c.php?id_actividad=84724&id_pagina=1 temos unha webquest para empregar co alumnado. Nas seguintes direccións temos contos e xogos variados sobre o Entroido.:

• http://www.chiscos.net/almacen/lim/entroido-anam/entroido-anam.html

• http://engalego.es/almacen2010/lim10/c39/entroido1/entroido.html

• https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/ENTROIDO/entroido.html

• http://chiscos.net/f1/entroidocolaborativo/lim.swf?libro=entroidocolaborativo.lim

Page 11: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

A COMIDA DO ENTROIDO Dentro da filosofía do Entroido está a de comer e beber ata o límite. En Galicia a comida sempre foi un elemento fundamental, sendo as máis tradicionais as filloas, a cachucha, a bica, as orellas a androlla ou tamén os doces, os chourizos, o lacón ou o caldo que son consumidos en masa e son ideais para estas datas do inverno.

Filloas de Carnaval: recuperamos a receita

Hoxe queremos recuperar para unha das receitas con máis tradición e popularidade no carnaval de Galicia. O Entroido coa súa propia gastronomía descóbrenos a receita desta sobremesa típica galega, para que calquera persoas poida preparalo durante as festas que veñen xa tocando á porta. Esta é a receita das nosas avoas que sempre se elaborou nas cociñas galegas durante o tempo que dura o Entroido: Ingredientes - Caldo de cocido ou en caso de non dispoñer del, poderán conseguir tamén leite. - 6 ovos - 20 gramos de manteiga - 200 gamos de fariña - Sal - Manteiga ou aceite de oliva para a tixola. Elaboración Mestúrase no batedor o caldo, os ovos, o sal e a manteiga. Cando estea todo ben batido engádeselle a fariña baténdoa ben e déixase repousar media hora. Nunha tixola ponse manteiga ou aceite de oliva e cun cullerón engádeselle a masa. Cando estea ben estirada ponse no lume. Nuns segundos despégase e dáselle volta. Así é a receita tradicional pero tamén se poden facer filloas con recheo de mel, azucre, crema, de crema de castañas ou cunha mestura de leituga, ovo e atún.Una vez preparadas aproveitade para comelas recén saídas da tixola. Canto máis quentes, mellor.

Page 12: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

Orellas en honor a Don Carnal

“Para martes lardeiro, aparte de las filloas, se hacen flores y orellas, con masa de harina, huevos”

Álvaro Cunqueiro

Chega o Carnaval, época de tradicionais doces en Galicia como son as filloas ou as orellas. Hoxe tócalle a quenda a unha das receitas preferidas de Don Carnal, que deberán ir sempre precedidas dun dos pratos típicos en Galicia polo "antroido", o cocido de lacón con grelos ou chourizos con patacas.

As orellas que elaboraremos están feitas con manteiga de vaca cocida que lle dá un sabor estupendo, aínda que tamén se pode substituír por manteiga xa que a manteiga non está ao alcanza de todo o mundo.

Estas porcións de masa crocante e frita, recubertas dunha fina capa de azucre teñen un aspecto irresistible e fan as delicias de todos/ás na casa. A súa forma adoita ser similar ás orellas do porco.

Ingredientes - 500 gramos de fariña - Fermento - 3 ou 4 ovos - Unhas gotas de licor de anís - Un pouco de sal - 130 gramos de azucre - Un limón relado - 200 ml. de auga morna - 200 gramos de margarina - Aceite de oliva para fritir as orellas

Preparación

Empézase botando auga morna nun recipiente, un pouco de sal e o fermento. A continuación engádenselle os ovos, o azucre, a ralladura de limón, as gotas de licor de anís e a margarina. Unha vez que se teña ben batido os ingredientes anteriores váiselle botando pouco a pouco a fariña e séguese batiendo.Cuando a masa xa estea un pouco consistente, pasámola a unha superficie plana espolvoreada cun chisco de fariña e amasámola un par de minutos ata que nos quede elástica e que apenas se nos pegue ás mans. Se fose necesario podemos engadir un chisco máis de fariña. Vaise collendo os anacos da masa e vaise cortando en anacos pequeños.Mientras botamos un pouco de aceite nun tixola coa casca dun limón dentro. Cando estea quente pódese sacar e comezar a botar os anacos de masa cortados na tixola. Unha vez fritas as orellas, sácanse un prato e espolvorea se con azucre por enriba. Pódeselle botar canela tamén.

Page 13: ENTROIDO · 2021. 4. 24. · TEMPO DE MÁSCARAS “Recordo que eran dous homes vestidos dunha maneira estrafalaria. Non sei se ían disfrazados de mulleres, de sotas de bastos ou

COMER NO ENTROIDO

Toda esta festa régase co mellor viño e cheo de pratos tipicos para repoñer forzas.

O máis caracteristico desta época é comer un bo lacón con grelos (senón sabedes nin o

que é nin un nin os outros... non tedes perdón! O se aínda sabendo que se trata das patas

dianteiras do porco con verdura galega... non sabedes a dor que me dá dicir "verdura" a

un manxar como os grelos! pero bo todo sexa por que vós herexes gastronómicos

tomedes conciencia do que vos estades a perder).

Ademais tomamos "cachucha" ou cabeza de porco, as orellas, os chourizos, soá... imos...

que do porco se aproveita todo! Adóitase comer esta carne porque ao ser o carnaval a

entrada na coresma (40 dias antes de Semana Santa) despois hai que absterse de comer

carne, segundo manda a igrexa, porque antigamente era o mellor que había.

Claro que eu iso de absterse de comer carne e pegarse durante a coresma enchentes de

marisco... non sei eu.

Suponse que cada un deberia facer abstinencia de algo que lle guste, como sacrificio... xa

sabedes... portarvos ben! (malpensados).

E de sobremesa, cuns ovos, fariña e azucre... voilá! Orellas ou orellas. E cun pouco de

fariña, leite e sal... No non facemos crépes! Dixen! Facemos "filloas", "filloas" repítocho?

Que vale, fanse igual... pero son galegas.

Outras sobremesas son as flores de tixola, que son doces con forma de flor e rosquillas.