25 de novembro 2012 unidades didácticas educación secundaria · xan e maría saen desde fai un...
TRANSCRIPT
25 de Novembro 2012Unidades DidácticasEducación Secundaria
25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller
ACTIVIDADES SECUNDARIA 2011
2
VIOLENCIA DE XÉNERO, NON! 25 de novembro
3
ACTIVIDADE 1
SOMOS ACTRICES. SOMOS ACTORES, ACTUAMOS
OBXECTIVO
1.- Aprender a manexar as emocións.
2.- Desenmascarar de forma práctica os mecanismos do machismo patriarcal impresos de maneira inconsciente.
3.- Conseguir resolver os conflitos de maneira positiva.
ACTIVIDADE 1
Preséntase á clase diferentes situacións que teñan que ver coa vida cotiá dos alumnos e alumnas. Por exemplo,
Situación a:
Xan e María saen desde fai un mes. Van á casa dunha amiga común escoitar música. Xan sae do cuarto onde se atopan e María vai buscar o seu su móbil para chamar a súa nai.
María non atopa o móbil por ningunha parte. Cando volve Xan, pregúntalle e el dille que llo colleu. Ela pregunta por que o fixo e el di : “para nada”. Ela sospeita que quere controlala e empezan a discutir.
Situación b:
Sabela chama a súa mellor amiga e dille que necesita falar con ela. O seu mozo non a deixa falar con outros amigos da clase e atópase con outro, insúltaa e dille que non a quere.
2
25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller
ACTIVIDADES SECUNDARIA 2012
3 3
A súa amiga dille que el está celoso porque a quere moito, que é o normal, que se non lle importase ela, non o faría.
Situación c:
Lois e Pepe están no patio do instituto falando. Lois dille a Pepe que lle gusta unha moza pero que esta tivo moitos mozos e que por iso non está seguro de se lle convén achegarse a ela. Pepe dille que el tamén tivo moitas mozas pero Lois contéstalle que non é o mesmo.
Situación d:
A Sabela gústanlle dous mozos. Un é tenro e agradable, fálalle de música e literatura e trátaa amigablemente. O outro é o gamberro da clase, atractivo e rebelde, con fama de ligón.
Sabela consulta coas súas amigas e non sabe que facer. Unhas opinan que o primeiro é un pouco “marica” e que os mozos deben ser un poco “malos”; as menos, opinan que lle convén máis o primeiro.
1.- Unha vez presentadas as situacións, facer grupos mixtos. Cada grupo escolle unha situación. Se hai algún grupo ao que no lle guste ningunha situación, que expoña unha nova.
2.- En grupo, que se inventen os diálogos para cada situación.
3.- Unha vez inventados os diálogos, cada grupo imaxina a escenificación: decorados, entradas e saídas, personaxes, etc.
4.- Escóllese unha directora ou director de escena.
5.- Escenifícase a escena
6.- Despois de escenificar cada escena, coméntanse e extráense conclusións.
25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller
ACTIVIDADES SECUNDARIA 2011
4
VIOLENCIA DE XÉNERO, NON! 25 de novembro
5
ACTIVIDADE 2
Faránse grupos de 4 alumnos/as. Cada grupo ha de escoller un anuncio audiovisual de xoguetes, outro de bebidas, outro de coches, outro de materiais para o fogar, outro de c o l o n i a … I n t e n t a r e m o s que cada grupo elixa anuncios distintos para que haxa variedade nas análises que deles se realice.
De cada anuncio han de analizar e completar a seguinte táboa:
ANUNCIO
A quen vai dirixido?
Que mensaxe transmite?
Quen o protagoniza?
Que estereotipos se dan no anuncio?
Que roles de xénero se manteñen na mensaxe ?
Trala análise dos anuncios cada grupo elixirá un deles e gravarano entre eles intentando eliminar todos aqueles aspectos, que unha vez analizado, se observe que van en contra da igualdade entre homes e mulleres.
4
25 de novembro - Día Internacional Da Eliminación da Violencia Contra A Muller
ACTIVIDADES SECUNDARIA 2012
5 5
1º sesión
Pídese ao alumnado que elabore un guión en grupos de tres ou catro para gravar un vídeo de denuncia e concienciación contra a violencia que se exerce cara as mulleres.
2º sesión
Preséntanse os guións e entre todas e todos elixen o máis idóneo e motivador.A partires deste guión gravarse un vídeo duns 8 minutos,para o que disporán dunhas dúas semanas.
3º sesión
Cando o vídeo estea acabado expónse na clase e ofrécese a todo o centro a posibilidade de velo nas súas horas de titoría
ACTIVIDADE 3