3 feísmo final [reparado]
TRANSCRIPT
O FEÍSMO
O feísmo na paisaxe tradicional galega comeza na fase pre-
industrial, o que leva en todo este tempo, a aparición
dunha masa enorme de construcións desordeadas e
antiestéticas que perduran nas nosas áreas urbanas e
rurais, animadas pola neglixencia das autoridades, a
falta de control e o desprezo polo entorno. A idea
xeralizada e que na nosa propiedade podemos construir
o que queremos.
-O fenómeno do feísmo adquiriu gran importancia, debido á
proliferación de novas construcións ou novas dependencias ou
arrimos a outras xa existentes. É unha culpa compartida dos
desenvolvedores, construtores, arquitectos, técnicos,
entidades municipais e tamén polos propietarios.
-Non é só a fachada de ladrillos sen revogar ou de mal gusto
dalgúns edificios, totalmente contrarias á tradición do país
senon tamén os propios proxectos, as técnicas de
construción, os materiais utilizados....
CARACTERÍSTICAS
-Gran impacto visual na nosa paisaxe porque as
edificacións non se integran no noso medio.
Coexistencia de ordes e estilos arquitectónicos non
harmoniosas, e mestura de materiais de construción.
-Falta de poxas e acabados exteriores.
-Falta de aliñamento dos edificios.
-Coexistencia de distintas alturas nas construcións,
edificios inacabados ou cuxa construción estenderase
por décadas.
-O uso de ornamentacións desproporcionadas ou
inconsistentes.
CONSECUENCIAS
-Gran impacto visual na nosa paisaxe e edificacións que
non se integran no medio polo uso de materiais
foráneos, pola falta de adecuación á topografía que
rompe bruscamente os volumes…
-Actuacións desgrazadas sobre o noso patrimonio
arquitectónico sen criterios rigurosos.
-Ruptura da continuidade visual entre espazo natural e
espazo construido.
-Descenso das intervencións e rehabilitacións: a
arquitectura popular admite cambio de uso.