30 · ían viñan achegando teoría e información. ... a masiva participación electoral na...

16
úmprense tres décadas da toma de posesión da primeira Corporación democrática coa que se abriron as portas do Concello á cidadanía. Ao longo destes trinta anos a administración municipal fixo un percorrido realmente histórico na prestación de servizos aos cidadáns. Partimos dun punto no que o Goberno municipal vivía tutelado esencialmente pola Deputación provincial e o goberno do Estado, sen apenas competencias, e percorremos un camiño cheo de esperanzas e dificultades cara a unha xestión cada vez máis propia e independente. Nestes trinta anos a transformación dos Concellos foi unha das bases da consolidación da democracia en España e unha escola aberta á participación política. As Corporacións configuraron espazos de aprendizaxe ao tempo que asumían o compromiso de achegar unha administración máis eficaz e próxima ao administrado. Ás veces sen os recursos necesarios, os Gobernos municipais enfrontaron retos de transformación da vida pública que deron como resultado cambios necesarios e urxentes en beneficio dunha maior calidade de vida das cidades. Para Santiago de Compostela, estes trinta anos de Corporacións democráticas representan a transformación máis espectacular da súa historia desde os tempos do barroco. Entre todos, políticos e cidadáns, conseguimos que a Capital de Galicia sexa hoxe un referente internacional en aspectos tan importantes como a cultura, o turismo, a comunicación, o urbanismo e a conservación do medio ambiente. Nos planos do comercio, a industria e a economía situámonos como a terceira área industrial e comercial de Galicia. No aspecto das infraestruturas aeroportuarias, viarias e ferroviarias nos próximos anos Compostela afianzará a súa situación estratéxica de punto central de Galicia nas comunicacións entre todas as capitais da comunidade autónoma e o resto da península. Nestes trinta anos conseguimos que Santiago de Compostela sexa un exemplo de cidade con calidade de vida. Un hábitat en óptimas condicións para vivir e traballar, con espazos de lecer saudables, no que a universalización dos servizos sociais é un camiño de solidariedade e convivencia polo que camiñamos con pasos decididos na actualidade. A nosa é unha das cidades máis seguras do Estado, non obstante de recibir milleiros de visitantes cada ano, de todo tipo de clase e condición. Tres décadas despois de constituída a primeira Corporación democrática, podemos dicir que a Compostela moderna tamén é, en gran medida, produto do diálogo establecido con outras administracións e organismos. O diálogo e o consenso foron neste tempo liñas de actuación que permitiron importantes inversións; execución de obras e infraestruturas; aprobación de plans de ordenación, como instrumentos de xestión eficaces; creación de organismos de cooperación, como o Consorcio de Santiago; ou a consecución do Estatuto de Capitalidade, entre outros logros. Nesta publicación, dende o Goberno Municipal, botamos unha ampla mirada sobre o camiño recorrido, que desexamos compartir con todos os composteláns, co agradecemento pola colaboración prestada por todas e todos, e polo esforzo colectivo que representa manter viva unha cidade que cada día escribe unha nova páxina do seu futuro. Xosé A. Sánchez Bugallo Alcalde de Santiago de Compostela C 30 anos de corporacións democráticas

Upload: trinhlien

Post on 16-Oct-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

úmprense tres décadas da toma de posesión da primeira Corporacióndemocrática coa que se abriron as portas do Concello á cidadanía. Ao longodestes trinta anos a administración municipal fixo un percorrido realmentehistórico na prestación de servizos aos cidadáns. Partimos dun punto no que o Goberno municipal vivía tutelado esencialmente pola Deputaciónprovincial e o goberno do Estado, sen apenas competencias, e percorremos un camiño cheo de esperanzas e dificultades cara a unha xestión cada vezmáis propia e independente.

Nestes trinta anos a transformación dos Concellos foi unha das bases daconsolidación da democracia en España e unha escola aberta á participaciónpolítica. As Corporacións configuraron espazos de aprendizaxe ao tempo queasumían o compromiso de achegar unha administración máis eficaz e próximaao administrado. Ás veces sen os recursos necesarios, os Gobernos municipaisenfrontaron retos de transformación da vida pública que deron como resultadocambios necesarios e urxentes en beneficio dunha maior calidade de vida das cidades.

Para Santiago de Compostela, estes trinta anos de Corporacións democráticasrepresentan a transformación máis espectacular da súa historia desde os tempos do barroco. Entre todos, políticos e cidadáns, conseguimos que a Capital de Galicia sexa hoxe un referente internacional en aspectos tanimportantes como a cultura, o turismo, a comunicación, o urbanismo e a conservación do medio ambiente. Nos planos do comercio, a industria e a economía situámonos como a terceira área industrial e comercial de Galicia.No aspecto das infraestruturas aeroportuarias, viarias e ferroviarias nos próximos anos Compostela afianzará a súa situación estratéxica

de punto central de Galicia nas comunicacións entre todas as capitais da comunidade autónoma e o resto da península.

Nestes trinta anos conseguimos que Santiago de Compostela sexa un exemplode cidade con calidade de vida. Un hábitat en óptimas condicións para vivir e traballar, con espazos de lecer saudables, no que a universalización dosservizos sociais é un camiño de solidariedade e convivencia polo quecamiñamos con pasos decididos na actualidade. A nosa é unha das cidadesmáis seguras do Estado, non obstante de recibir milleiros de visitantes cadaano, de todo tipo de clase e condición.

Tres décadas despois de constituída a primeira Corporación democrática,podemos dicir que a Compostela moderna tamén é, en gran medida, produtodo diálogo establecido con outras administracións e organismos. O diálogo e o consenso foron neste tempo liñas de actuación que permitironimportantes inversións; execución de obras e infraestruturas; aprobación de plans de ordenación, como instrumentos de xestión eficaces; creación deorganismos de cooperación, como o Consorcio de Santiago; ou a consecucióndo Estatuto de Capitalidade, entre outros logros.

Nesta publicación, dende o Goberno Municipal, botamos unha ampla miradasobre o camiño recorrido, que desexamos compartir con todos os composteláns,co agradecemento pola colaboración prestada por todas e todos, e poloesforzo colectivo que representa manter viva unha cidade que cada díaescribe unha nova páxina do seu futuro.

Xosé A. Sánchez BugalloAlcalde de Santiago de Compostela

C

30anosde corporacións

democráticas

Page 2: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

No final do franquismo

O Santiago predemocrático do final do sesenta eprincipios da década seguinte era un fervedoirode ideas e ansias de liberdade. Na Universidadee nos barrios da cidade aconteceron actuaciónsque despois deron paso ao que coñecemoscomo a Xeración do 68, un movemento demozas e mozos, que cambiou radicalmente ossistemas políticos e as estruturas dos Estados entodo o mundo, e que en España marcou o prin-cipio da fin da ditadura de Franco.

A finais dos anos sesenta, mentres Ferrol, A Co-ruña e Vigo lideraban o movemento obreiro,Santiago apoiábase na Universidade, agro-mando un fermento de cambio que aproveita-ban as formacións políticas na clandestinidadepara organizar actos en colaboración cos estu-dantes. Había unha notable presenza do Par-tido Comunista de España, pero tamén dosseus “parentes” maoístas (alcumados os chine-ses), de sectores progresistas cristiáns, articula-dos na Agrupación Democrática de Estudantes,de socialistas e dun incipiente nacionalismo representados polo PSG e a UPG. “Se ben áhora de despregar estratexia –afirma Luís Pasínveterano loitador do movemento veciñal e con-celleiro desde a primeira corporación ata o2003– os estudantes actuaron sempre moi uni-dos, superando as siglas, que naqueles mo-mento ocupaban un lugar secundario”.

Personaxes, que máis tarde terían responsabi-lidades de goberno en todos os ámbitos, eranentón mozos que xermolaban en Compostelacomo Vicente Álvarez Areces, Emilio PérezTouriño, Xosé Manuel Beiras, Fausto Dopico,Félix Sarmiento, Pancho Álvarez Fontenla,Tuco Cerviño, Pedro Mariño, Francisco Can-dela, Carlos Casares e un longo etcétera queposteriormente achegaron as súas ideas, o seutempo e traballo na consolidación da demo-cracia. A Universidade compostelá estaba navangarda dos movementos estudantís de Es-paña e mesmo con respecto a Francia ondeían viñan achegando teoría e información. LuísPasín lembra que “na Universidade Santiagoorganizouse no ano 64 o primeiro acto en Es-paña en recoñecemento a Machado. Facerlleunha homenaxe ao poeta naquel momento eraunha temeridade, de feito cando se intentou

30 anos de corporacións democráticasFoi na local, no ámbito das administracións públicas, na que os cidadáns

percibiron con maior claridade o paso da ditadura franquista á nova realidade

democrática, chegada na década dos setenta do pasado século. A vida municipal

e as xestións dos municipios cobraron un protagonismo sen precedentes dende

a Segunda República. Porén, mentres as súas competencias crecían, non o facían

do mesmo xeito os recursos. En Santiago de Compostela acadaba, ademais,

una dimensión maior ao ser instituída capital de Galicia sen ser, como no resto

das autonomías, agás Mérida, capital de provincia.

Primeira Corporación democrática, 1979

2

Page 3: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

outro, un mes despois en Baeza, houbo pause detencións e non se puido celebrar”. Foi otempo no que naceu Voces Ceibes, seguindo aestela dos cantautores da Nova Cançó cata-lana, e a época de concertos ilegais, como ode Raimon, no ano 66, ao que acudiron máisde 2.000 universitarios a pesar de ser unha ac-tuación non autorizada.

O movemento veciñal

Na loita para conseguir a democracia taménxogou un papel fundamental o movemento ve-ciñal, conectado con outros movementos cida-dáns de Madrid e Barcelona, como os curasobreiros de El pozo del tío Raimundo. Mesmoos grupos e clubs deportivos se utilizaron comocentros de debate e discusión de problemasveciñais ante a falla de espazos legais. Candochegou o momento da legalización xa existíaunha coordinadora e as asociacións veciñaisconsiderábanse movementos progresistas e de vangarda.

En Santiago o movemento cidadán empezou nobarrio de Conxo, onde existía un conflito en re-lación coa derruba de máis de 300 vivendas.Nas reunións clandestinas participaron comoasesores un grupo chamado Oikos, integradopolos arquitectos Xerardo Estévez, Pedro deLlano e o urbanista Ánxel Viña. Os veciños con-seguiron evitar a derruba e tamén lograron queos plans parciais da Choupana e de Volta deCastro fosen adiante. Naquel momento as auto-ridades non propoñían alternativas de realo-xamento para os afectados, unha das reivindi-cacións máis importantes do movemento veci-ñal. Despois do triunfo dos veciños de Conxo,organizáronse os do Castiñeiriño, San Lázaro eSanta Marta. Destas asociacións saíron líderesque xogaron un papel clave na política munici-pal democrática da cidade.

Primeira Corporación

O 3 de abril de 1979, tras o referendo da cida-danía á Constitución de 1978, celebráronse asprimeiras eleccións municipais que abriron ocamiño da normalización democrática en Es-paña e a vertebración política da sociedade es-pañola. O anuncio de convocatoria publicouseen febreiro cun prazo dun mes escaso parapresentar as candidaturas. Cumpría acreditarpolo menos 700 sinaturas de apoio ante notario.A moitos grupos resultoulles imposible confec-cionar as listas, recoller as sinaturas necesariase presentar a candidatura a tempo. Aínda así, asopa de siglas foi espectacular.

A primeira campaña desenvolveuse, sen moitosrecursos nin experiencia, en quince intensosdías de mítins nos que cada partido expuxo osseu programa aos cidadáns dispostos a escoi-talos. Dúas semanas que perduran na memoriacolectiva de moitos composteláns como un dosperíodos máis ilusionantes da historia da ci-dade. Había un interese enorme porque se pro-ducise o cambio, a xente estaba esperanzada eanimada. Acudían en masa aos mítins máis di-versos, que se celebraban tanto nos barrioscomo no rural, ansiosos por saber o que se íafacer e por coñecer os candidatos.

A masiva participación electoral na xornada, su-puxo o mellor apoio ao cambio político e ao des-exo de inaugurar unha nova etapa democráticana historia de España. A constitución dos pri-meiros concellos foi unha festa da liberdade eda democracia que demostrou a madurez dasociedade española. Co resultado do 3 de abrilde 1979 en Santiago reproduciuse o esquemadas sete grandes cidades galegas. Os votantesnon outorgaron maioría absoluta a ningunha dasmúltiples siglas que concorrían. Enviaban asíunha mensaxe, unha chamada ao consensoque, no caso de Compostela, foi entendido in-mediatamente polos encargados de rexer o des-tino da cidade.

A Unión de Centro Democrático (UCD), conJosé Antonio Souto Paz á fronte, foi a forza máis

votada e obtivo dez concelleiros; Unidade Ga-lega (UG), cinco; o PSOE e Coalición Democrá-tica (CD) conseguiron tres cada un; e o PartidoComunista de Galicia (PCG) e o Bloque Nacio-nal Popular Galego (BN-PG) acadaron douscada un. Souto Paz repartiu responsabilidadesde xestión entre todos os grupos, agás os na-cionalistas que quedaron fóra por vontade pro-pia.

O 20 de abril de 1979 na ala esquerda do Pazode Raxoi –onde hoxe se atopan as dependen-cias da Presidencia da Xunta de Galicia– cons-tituíase a primeira Corporación democrática eproclamaba alcalde de Santiago de Compostelaa José Antonio Souto Paz.

Daqueles vinte e cinco responsables da polí-tica municipal, o primeiro en dimitir foi ManuelRemuñán, quen abandonou o escano no pri-

Primeiro pleno democrático

Visita de Xoán Paulo II, 1983

3

Page 4: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

meiro pleno ao non cumprirlle o alcalde a pro-mesa de nomealo presidente da Comisión Per-manente de Urbanismo “para poder velar polaconservación do patrimonio artístico da zonavella de Santiago e controlar a especulación doEnsanche”, como era o seu propósito.

A cidadanía esperaba moito da democracia edos novos políticos. Partíase dunha situación dedesigualdade e de carencias, e moitos cidadánsagardaban solucións automáticas imposibles.Os medios dos que dispuña o Concello, asícomo os orzamentos, eran bastante exiguos.Con catrocentos millóns de pesetas anuais tiñaque facer fronte aos gastos correntes e aos in-vestimentos. Luís Pasín lémbranos que a pri-meira protesta democrática na rúa foi contra asúa persoa, “como concelleiro de Tráfico pro-puxen a supresión do aparcadoiro na praza doObradoiro que daquela estaba chea de coches,e deseguido pediron a miña dimisión”.

O primeiro alcalde democrático é recordadocomo un exemplo de coherencia e responsabi-lidade política polos seus compañeiros de Cor-poración. Foi quen de presentar a dimisión o 3de setembro de 1981, despois de que o Go-berno central, nas mans da UCD de Calvo So-telo, non cumprise a promesa de crear enSantiago o Real Padroado, que era esperado

como unha ferramenta fundamental para poderdesenvolver os proxectos importantes da ci-dade. A Souto Paz, sucedeuno Marcial CastroGuerra, tamén da UCD.

Corporacións con gobernos socialistas

As segundas eleccións municipais tiveron lugaren 1983. Por primeira vez o PSdeG-PSOE for-mou goberno en solitario. Apoiado polos votosda UCD, o socialista Xerardo Estévez Fernándeztomou posesión como alcalde e exerceu estecargo ata o 29 de abril de 1986, momento noque foi deposto por unha moción de censuraprovocada pola retirada do apoio dos centristas.O Goberno en minoría tiña serias dificultadespara sacar adiante a meirande parte dos pro-xectos e asuntos. A pesar disto, durante aquelcurto mandato tiveron lugar acontecementostan importantes como a visita do Papa no 82, aconcesión do Premio Europa ou a cesión da aladereita do Pazo de Raxoi á Xunta de Galicia en1983, nun xesto necesario para consolidar apresenza do Goberno galego en Compostela.

Neses anos de xestión e de sementar proxec-tos, mentres crece a súa popularidade e acep-tación, Xerardo Estévez sofre un intenso procesode acoso político por parte da oposición, queculmina coa moción de censura e a constitu-ción dun novo goberno o 5 de maio de 1986.Ernesto Viéitez Cortizo, de Alianza Popular (AP),toma o mando como novo alcalde. A respostacidadá chegará nas eleccións de 1987 nas queXerardo Estévez acada a primeira maioría abso-luta para a lista presentada polo PSdeG-PSOE,que revalidou catro anos despois, no 1991.

As políticas do PSdeG-PSOE naquel momentoobedecen a unha serie de obxectivos claros. Noprimeiro lugar aprobar un Plan Xeral de Orde-nación Municipal, co que fixar os criterios domodelo de cidade que Compostela necesita;deseñar un Plan Especial de Rehabilitación doCasco Histórico; humanizar o Ensanche; sanearos barrios e dotalos das infraestruturas básicasde que carecían; activar o Real Padroado e aca-dar o Estatuto de Capitalidade. No ano 89 apró-base o PXOM e partir de aí, empezaron a

distribuírse dun xeito ordenado e coherente asinfraestruturas sanitarias, deportivas, culturais,novos parques e xardíns, novas comunica-cións… Coa xestión do Plan, a cidade comezoua progresar con infraestruturas tan importantescomo o Auditorio de Galicia e a sorprendente re-modelación do barrio de Vite; o inicio do novoensanche no barrio das Fontiñas; a ampliaciónde zonas verdes ata superar amplamente os 10m2 por habitante que fixa a Unión Europea; co-mezou da execución das chamadas “infraes-truturas invisibles”, tan complicadas, necesariase custosas como son a rede de saneamento eabastecemento; procedeuse a apertura denovos viais e o inicio da peonalización e rehabi-litación do núcleo histórico.

No segundo mandato de Xerardo Estévez ponseen marcha un ambicioso programa denominadoCompostela 93-99, que marca a transformaciónmáis importante da cidade desde o barroco.Partindo da tradición o Concello dá un paso ámodernidade sen precedentes tomando comoreferencia as datas dos dous Anos Santos in-mediatos. Con dous instrumentos de traballoesenciais, o PXOM e o Plan Especial do CascoHistórico; co Real Padroado, presidido polo Rei,en funcionamento; creando un órgano adminis-trativo inédito, o Consorcio da Cidade de San-tiago (no que se integran representantes do

Corporación de 1995

4

Page 5: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

Estado, da Autonomía e do Concello); e cunharesposta cidadá de apoio extraordinario, o pro-grama executouse case na súa totalidade antesda data prevista.

Paralelamente á apertura urbana e á implanta-ción de infraestruturas tan importantes como oCentro Galego de Arte Contemporánea; a am-pliación do Aeroporto; a apertura do periférico;a edificación do Palacio de Congresos; a im-plantación dun programa de creación de cen-tros socioculturais en todos os barrios; a totalpeonalización do núcleo histórico; o inicio dahumanización e remodelación do Ensanche; aposta en funcionamento de novas zonas co-merciais no Restollal e Área Central; a execu-ción de novos aparcadoiros soterrados en XoánXXIII, Galeras, San Clemente e tras do Parla-mento; a edificación do Mercado de Gando enAmio, do novo Hospital Clínico, do Multiusos ePiscinas de Fontes do Sar e do Estadio deportivode San Lázaro; a posta en servizo do Monte doGozo como centro de acollida de peregrinos eauditorio de grandes espectáculos; agromannovos parques e xardíns en Belvís, San Do-mingos de Bonaval, Almáciga, Parque da Mú-sica, Paxonal e adecúase a Alameda; o Plan deAcción Municipal (PAM) realiza un importantelabor de planificación para a achega de servizose modernización dos barrios e do rural, daquela totalmente esquecidos pola administración

municipal do pasado; Santiago de Composteladespega no concerto turístico internacional,pasa a formar parte dos circuítos culturais máisimportantes do Estado e a súa nova realidadedefine a imaxe de Galicia cara ao exterior. A ce-lebración do Ano Santo do 93 constituíu un éxitosen precedentes na historia de Galicia.

Entre os fenómenos culturais salientables desteperíodo está a creación da Real Filharmonía deGalicia. Presentouse ao público baixo a direc-ción do mestre Helmuth Rilling o 29 de febreirode 1996. Desde o 1 de xaneiro de 2001 a di-rección titular corresponde ao mestre AntoniRos Marbà, contando con Maximino Zuma-

lave como director asociado e Paul Daniel comoprincipal director convidado. Detrás da creaciónda RFG, puxéronse os alicerces para o soste-mento desta por medio da creación da Escolade Altos Estudos Musicais de Galicia, a travésdun convenio entre a Consellería de Cultura daXunta de Galicia e o Concello de Santiago. Unhaparte importante do profesorado da Escola é aomesmo tempo membro da orquestra.

Aos primeiros oito anos de maioría absoluta doPSdeG-PSOE seguíronlle catro anos de maioríasimple, nos que Xerardo Estévez continuou aofronte da Alcaldía ata o 17 de xuño de 1998.Tres anos despois de gañar as eleccións facíapública a súa decisión de retirarse da vidapolítica e a súa intención de non presentarsenovamente á reelección. A retirada fíxose efec-tiva o 19 de decembro de 1998 e substituíunoo actual alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo,quen tomou posesión o 23 de decembro desemesmo ano.

Gobernos de coalición

Nas eleccións de 1999 o PSdeG-PSOE conse-guiu nove dos vinte e cinco concelleiros queconforman o pleno municipal e Sánchez Buga-llo tomou posesión como alcalde co apoio doscinco concelleiros do Bloque Nacionalista Ga-lego (BNG), co que se iniciou un novo períodode gobernos en coalición que perduran ata

hoxe. Reeditouse no seguinte mandato, no queos resultados das eleccións municipais de 2003lle outorgaron once concelleiros ao PSdeG-PSOE, que foi novamente apoiado polos catroconcelleiros do BNG e retomaron o goberno decoalición a partir do acordo asinado o 12 de fe-breiro de 2004. Renovouse no actual mandato,despois dos resultados saídos das eleccións do27 de maio de 2007 e do acordo de Gobernoasinado antes do Pleno de toma de posesión.

As políticas postas en marcha e desenvolvidaspolos gobernos de Xosé A. Sánchez Bugallo coapoio do grupo nacionalista, encabezado suce-sivamente por Encarna Otero, Néstor Rego e

Socorro García Conde, manteñen catro eixesfundamentais. A conclusión e consolidación dosproxectos emprendidos nos anteriores gober-nos; a expansión urbana con especial atencióná vivenda de protección e a promoción de soloindustrial; a universalización dos servizossociais; e a proxección e execución de novosproxectos e infraestruturas necesarias para en-frontar os retos do novo século. Para levaradiante estas políticas foi necesario redactar unnovo Plan Xeral de Ordenación Municipal, apro-bado só cos votos dos dous grupos que integrano Goberno, que define a cidade das dúas pró-ximas décadas cunha expansión ordenada eracional; completa os proxectos existentes;achega novas dotacións e infraestruturas; esitúa a Santiago de Compostela no punto centraldas comunicacións de Galicia. O segundo do-cumento base para as novas políticas munici-pais é o Plan Estratéxico, xa aprobado, quedefine as fortalezas e as debilidades da cidade,feito que permite ter unha visión dos posiblescamiños que debe seguir a política municipalpara acertar nos diagnósticos e execucións.

O Goberno de Xosé A. Sánchez Bugallo puxoespecial empeño na aprobación do Estatuto deCapitalidade, unha vella aspiración da cidadeque lle permite reivindicar recursos para poderexercer as funcións, demandas e compromisospropios da capital de Galicia e de sede das ins-

Corporación de 2007

5

Page 6: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

titucións do Goberno autónomo. O Consello daCapitalidade quedou constituído en febreirode 2003. Como consecuencia, a Xunta con-templou por primeira vez, nos seus orzamentospara 2004, unha partida suplementaria de1.500.000 euros, que se foi incrementandoanualmente ata os 3.000.000 euros do presenteexercicio. Esta achega complementaria anual doGoberno autónomo ás arcas municipais tencomo finalidade contribuír a sufragar os gastosextraordinarios que o municipio afronta polasmúltiples responsabilidades e servizos deriva-dos da súa condición de capital de Galicia.

A vixencia do Plan Especial do Casco Históricode 1997 e os acordos acadados no seo do Con-sorcio da Cidade permitiron durante os noveanos de gobernos de coalición continuar coaspolíticas de rehabilitación do núcleo histórico,emprendidas nos gobernos anteriores, que xaconta con máis do sesenta por cento das súasvivendas rehabilitadas, ao tempo que a mei-rande parte dos edificios públicos e relixiososgozan de intervencións grazas ao Plan.

Neste tempo quedou practicamente conclu-ído o proxecto de humanización do Ensanche,no que a nova función urbana da praza Roxa,cun grande aparcadoiro soterrado, e o parqueinfantil do Agro de Ramírez marcan un fito noproceso de cambio dunha zona da cidade naque o comercio e a calidade de vida evolu-cionaron moi positivamente grazas ao esforzoinvestidor realizado polo Concello. Neste ba-rrio hai que salientar a posta en funciona-mento dos aparcadoiros da Rosa e RomeroDonallo e a apertura do Centro Socicultural darúa Frei Rosendo Salvado. Co recentementeaprobado Plan de Infraestruturas Municipais,popularmente coñecido como Plan E de Zapa-tero para os concellos, no vindeiro ano a prác-tica totalidade do Ensanche cambiará a súavella fisionomía.

Sen perder a perspectiva histórica consoli-douse o modelo de cidade dun xeito global.Nos últimos dez anos Compostela deu un saltoenorme nese proceso, considerado un exem-plo nos planos nacional e internacional, dentrodo cal supuxo un paso fundamental a constru-ción dos novos polígonos residenciais, espe-cialmente os de vivenda protexida. No ano2000, coa constitución de EMUVISSA concapital integramente municipal, o Goberno do-touse dun órgano co que a cidade experimen-tou un pulo definitivo. Planificou e edificáronseos ensanches de Conxo, Santa Marta, Chou-pana e San Lourenzo. Están en execución osde Meixonfrío, Salgueiriños, Fontiñas, Resto-llal, O Castiñeiriño e A Pontepedriña entre ou-tros. Aproveitouse o proceso construtivo parair pechando e compactando o tecido urbano,para dotalo en todos os barrios de equipamen-tos, zonas verdes, infraestruturas de todo tipo,redes de comunicación internas e externas econseguir unha imaxe xeral saudable e mo-derna, que é algo perfectamente visible paratodos os cidadáns.

Os gobernos presididos por Sánchez Bugalloveñen realizando un grande esforzo en mate-ria de solo industrial e neste período abriron equedaron consolidados os parque empresa-

riais de Costa Vella, Boisaca e a ampliación doPolígono do Tambre. Coa nova planificaciónposta en marcha para Costa Vella, A Sionlla,Formarís e San Marcos, Compostela acadarános próximos anos máis de catro millóns demetros cadrados de usos empresariais situán-dose como a terceira área industrial e comer-cial de Galicia.

Nos últimos dez anos, a cidade celebrou conéxito os dous anos santos de 1999 e 2004, asícomo o importante reto de ser Cidade Europeada Cultura do ano 2000, consolidando destexeito o obxectivo de ser destino turístico de ca-lidade para todo o mundo. A desestacionali-zación do turismo é xa unha realidade paraCompostela, mesmo en tempos de crise.

A cidade actual, trinta anos despois de consti-tuída a primeira Corporación democrática, é engran medida produto do diálogo establecidocon outras administracións e organismos. Ossucesivos gobernos municipais foron capacesde concibir ideas, logo transformadas en pro-xectos, que acadaron o respecto e apoio dosgobernos do Estado, da Xunta e da DeputaciónProvincial reiteradamente. Todas as actua-cións, agás a Cidade da Cultura, foron suxes-tións e demandas do Goberno municipal.Grazas a ese sentido do diálogo e da coopera-ción con institucións de todo tipo teñen sedescos correspondentes edificios en Compostela,as Televisión de Galicia e Televisión Española,a SGAE, as fundacións de Caixa Galicia, To-rrente Ballester e Eugenio Granell, o novo cen-tro cultural de Caixanova, a residencia paramaiores de José Otero, a nova sede de Portosde Galicia, etc. Recentemente se inaugurou anova Biblioteca Pública Ánxel Casal, está enpleno rendemento o novo Conservatorio Supe-rior de Música, contamos con catro novas Es-colas Infantís e tres máis están en execución,ademais dunha ludoteca en Fontiñas, chega-mos a cifra de corenta centros socioculturaisde barrio en funcionamento, etc. Como conse-cuencia dunha longa xestión coherente etransparente, dotacionalmente, a Compostelaactual está situada á cabeza de Galicia.

Dezasete concelleiras anteriores á Corporación de 2007

6

Page 7: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

Dous claros expoñentes de que Compostelaconseguiu ser unha cidade para vivir e convi-vir con calidade de vida son o seu alto nivel deseguridade e as políticas sociais, en moitoscasos pioneiras, desenvolvidas polo Concelloe priorizadas na actual etapa dos gobernos decoalición. A estas hai que sumar ás políticasde promoción de emprego, de apoio ás em-presas e aos emprendedores.

No horizonte do futuro inmediato, o Gobernomunicipal mantén o pulo de crecemento e ásinfraestruturas tan importantes para a cidadexa inauguradas neste mandato como o vialSar-A Pontepedriña e o cuarto xiro de Cornesno periférico, agora hai que engadir a inme-diata execución da rotonda soterrada deConxo; o túnel que unirá, baixo a rotonda deGaluresa e o Hórreo, o vial Antón Fraguas coaavenida de Lugo; o plan de travesías queachegará unha nova fisionomía ás entradas dacidade; a nova terminal do Aeroporto de Lava-colla e a Estación Intermodal do AVE, segura-mente a obra máis transformadora do ámbitourbano da actual década, entre outros pro-xectos en marcha ou en execución.

A participación

A consolidación dos concellos foi unha das cla-ves do acelerado avance da democracia en Es-paña, converténdose nunha escola de liderado enun importante viveiro do que se nutriron des-pois outras administracións públicas. En cidadescomo a nosa foi necesario facer un grande es-forzo de transformación da Administración pú-blica que creceu máis lentamente que ascompetencias acadadas. No mandato actual deSánchez Bugallo abordáronse reformas admi-nistrativas para mellorar a transparencia na xes-tión en consonancia coa adaptación á Lei deGrandes Cidades.

Na procura da igualdade, a presenza femininanos concellos aumentou considerablemente nes-tes trinta anos. O número de concelleiras elixidasen toda España nas últimas eleccións municipaisrepresentan o 30,91% do total de representan-tes nos concellos. Tamén aumentou o número dealcaldesas, que pasou das 96 de hai trinta anosás 1.221 en 2007. Isto debeuse en gran medidaá aplicación da Lei de Igualdade que obriga a queas candidaturas non teñan menos dun 40% demulleres ou homes. Na historia democrática de

Compostela, foron 30 as mulleres que formaronparte dos gobernos municipais, unha cifra quese foi incrementando co paso dos anos.

O movemento veciñal mantivo a súa presenzaactiva e participativa en permanente diálogo coascorporacións democráticas. Coa entrada en vigordo Regulamento de Participación Cidadá e coaproveitamento das novas tecnoloxías para a cre-ación de redes veciñais estase a producir un novocambio á hora de concibir a estrutura destes co-lectivos que impulsan a revalorización do local eo próximo, de cara á descentralización institucio-nal. Hoxe, as asociacións veciñais contan cunnovo lugar de encontro na Casa do Asociacio-nismo, situada na antiga estación do tren de Cor-nes, que ofertará diversos servizos e centros dereunión aos colectivos composteláns nunha sedede 1.200 metros cadrados.

Trinta anos despois da constitución da primeiraCorporación democrática pódese afirmar que oprogreso da cidade é indiscutible pero tamén haique salientar que sen a participación e o esforzode todos, políticos, empresarios, profesionais,universitarios, relixiosos, intelectuais, cidadáns enxeral, os resultados non terían sido os mesmos.

Santiago de Compostela foi designadade feito Capital de Galicia e sedeGoberno da Xunta polo pleno doParlamento galego no ano 1982. Esta decisión outorgoulle á cidadeunha responsabilidade e importanciainstitucional que non sempre foicorrespondida economicamente polasinstitucións superiores ata aaprobación do Estatuto daCapitalidade e a constitución do seuConsello. Doutra banda, a declaraciónpola UNESCO de Cidade Patrimonioda Humanidade engadiu novoscompromisos e responsabilidadestanto ao Goberno municipal como aospropios cidadáns que habitan acidade, sinalada deste xeito como unmonumento vivo, obrigado a unhaconservación especial, seria erigorosa. Semellante declaracióninternacional é un orgullo pero aotempo unha gran responsabilidadepara todos os composteláns. É unpatrimonio que achega riqueza peroque necesita de orzamentos

específicos para a súa conservación e dunha filosofía política eadministrativa que a manteña viva enon a converta nun decorado paravisitantes, como aconteceu con outroscentros históricos. Con estas premisasnaceu o Plan Especial do CascoHistórico e foron formuladasreivindicacións as administracións do Estado, do Goberno autónomo e,nalgúns casos, a proxectos europeos.

No ano 1991 o Goberno municipaltivo o acerto de activar o RealPadroado da Cidade e crear oConsorcio da Cidade de Santiago deCompostela como órgano executivodas súas decisión. Esta instituciónestá xa consolidada como uninstrumento de especial importanciapara o desenvolvemento de grandesproxectos de futuro para a cidade,nos que participan o Gobernocentral, a Xunta de Galicia e oConcello, baixo a presidencia doalcalde. Conta con orzamentospropios procedentes das tres

administracións e as decisiónstómanse por unanimidade dosrepresentantes das mesmas. Esteorganismo, pioneiro en Españadunha fórmula que tentaron poñeren funcionamento outras cidadeshistóricas, acaba de cumprir amaioría de idade o pasado 1 demarzo e nestes dezaoito anos deexistencia tivo ao seu cargo, entreoutras importantes xestións, a darehabilitación do núcleo histórico.

Desde o exercicio de 2006, froitodun convenio de colaboración, oConcello pasou a ser o encargado deconvocar as axudas á rehabilitación,recibe as solicitudes, ocúpase dasúa tramitación, autoriza as licenzase xestiona os programas. OConsorcio actúa como soportetécnico e financeiro achegandorecursos profesionais e económicos.Concello e Consorcio unificaroncriterios técnicos e estéticos paratodas as intervencións a desenvolverna cidade histórica. Froito deste

convenio, logo da recuperación doedificio do antigo concello na prazade Cervantes, instalouse nel a Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación (OCiHR), eabriuse unha delegación da mesmano Pazo de Vaamonde, na rúa do Vilar, sede do propio Consorcio.En ambas as dúas oficinas oscidadáns da zona vella dispoñen dun servizo de asesoramento gratuíto para a rehabilitación dassúas propiedades.

Froito destas políticas, o Consorciopuxo en marcha novos proxectosentre os que cómpre salientar oPrograma de Edificios Tutelados,iniciativa única no Estado, pararehabilitar edificios deshabitados do casco antigo, que os seuspropietarios poñen baixo da tutela da Administración, para alugárllelosaos cidadáns con menos recursos.Transcorridos un mínimo de doce anos os propietariosrecuperarán os inmobles restauradose libres de cargas.

Neste compromiso coa capital,que as Administracións amosanpor medio do Consorcio, o seuConsello de Administraciónaprobou no presente mandatouns orzamentos de máis deoitenta e dous millóns de eurospara o desenvolvemento denovos programas entre 2007 e 2010. De especial importanciapara o inmediato futuro dacidade vai ser a adquisición de600.000 m2 de zona verde coaexpropiación das Brañas do Sar e a compra da Selva Negra noMonte do Pedroso. Outrasactuacións corresponden ácompra e rehabilitación da Casado Cabido, a creación do Museodas Peregrinacións e da Cidadeno antigo edificio do Banco deEspaña, o acondicionamento doXardín Botánico ou a compra de50.000 m2 de terreos que rodeano castelo da Rocha, en procesode escavación.

O Consorcio de Santiago, unha institución pioneira

Real Patronato presidido polos Reis

7

Page 8: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

José A. Souto Paz (UCD)A Corporación constituíuse o 20 de abril de 1979 e José Antonio Souto Paz, candidato da Unión de Centro Democrático (UCD), foi elixido alcalde co apoio de Alianza Popular. En setembro de 1981, Souto Paz presentou a súa dimisión e foi substituído por Marcial Castro Guerra, concelleiro da UCD.

Partido UCD UG PSOE AP

Concelleiros 10 5 3 3

Partido PCG BNG OUTROS

Concelleiros 2 2 –19

79

Xerardo D. Estévez Fernández (PSdeG-PSOE)O PSdeG-PSOE triplica os resultados de 1979, e así pode formar goberno co apoio do Partido Liberal e do Partido Comunista de Galicia.Xerardo Estévez toma posesión como alcalde, ocupando a alcaldía ata abril de 1986, momento en que foi deposto por unha moción de censuraprovocada pola ruptura do pacto por parte do Partido Liberal. O novo goberno municipal constituíse o 5 de maio de 1986 e a alcaldía recaeu,grazas ao apoio do Partido Liberal e a UCD, en Ernesto Viéitez Cortizo, voceiro de Alianza Popular (AP) no concello compostelán.

Partido AP PSOE PCG OUTROS

Concelleiros 11 10 1 3

19

83

Xerardo D. Estévez Fernández (PSdeG-PSOE)Xerardo Estévez retorna á alcaldía arroupado pola primeira maioría absoluta acadada polo PSdeG-PSOE.

Partido AP PSOE CDS OUTROS

Concelleiros 10 13 2 –

19

87

Xerardo D. Estévez Fernández (PSdeG-PSOE)O PSdeG-PSOE volve a revalidar nas urnas a maioría absoluta con Xerardo Estévez.

Partido PP PSOE BNG OUTROS

Concelleiros 11 13 1 –

19

91

Xerardo D. Estévez Fernández (PSdeG-PSOE)O PSdeG-PSOE non acada a maioría absoluta. Xerardo Estévez continúa como alcalde ao encabezar a lista máis votada e goberna ensolitario. En xuño de 1998 anuncia a súa decisión de retirarse da vida política. A súa retirada fíxose efectiva o 19 de decembro de 1998,sendo substituído polo socialista Xosé A. Sánchez Bugallo.

Partido PP PSOE BNG OUTROS

Concelleiros 11 12 2 –

19

95

Xosé A. Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE)Sánchez Bugallo toma posesión como alcalde co apoio do BNG, que se integrou no goberno municipal con 5 concelleiros.

Partido PP PSOE BNG OUTROS

Concelleiros 11 9 5 –

19

99

Xosé A. Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE)Reedítase o pacto de goberno entre PSdeG-PSOE e BNG, confirmando novamente a Xosé A. Sánchez Bugallo na alcaldía.

Partido PP PSOE BNG OUTROS

Concelleiros 10 11 4 –

20

03

Xosé A. Sánchez Bugallo (PSdeG-PSOE)Reelíxese a Xosé A. Sánchez Bugallo como alcalde. Seguindo un acordo de goberno establecido o 16 de xuño de 2007, o PSdeG-PSOE goberna de novo en coalición co BNG.

Partido PP PSOE BNG OUTROS

Concelleiros 11 10 4 –

20

07

1941 Declarada Conxunto Histórico de Interese Nacional.

1985 Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

1985 Premio Europa 1985. Distinción do Consellode Europa.

1987 Declaración do Camiño de Santiago comoPrimeiro Itinerario Cultural Europeo poloConsello de Europa.

1987 Bandeira de Honra do Consello de Europa. 1992 Premio Firenze pola Comune de Florencia. 1993 Premio Real Fundación de Toledo.

1993 O Camiño de Santiago foi declaradoPatrimonio da Humanidade pola UNESCO.

1994 Premio Europa Nostra á rehabilitación daantiga fábrica de curtidos de Carme de Abaixo.

1996 Premio Gubbio ao programa Ponte deRehabilitación de Vivendas da CidadeHistórica de Santiago de Compostela.

1996 Premio Europa Nostra pola política de rehabilitación do patrimonio.

1997 Medalla da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa.

1998 Premio Europeo de Urbanismo. 2001 Premio Europa Nostra 1999-2001

polas obras de rehabilitación da Catedral. 2001 Premio Torre Guinigi.2002 Premio Buenas Prácticas Urbanas

concedido pola ONU. 2003 Premio Archival. 2003 Medalla do Eixo Atlántico. 2004 Premio Príncipe de Asturias á Concordia

ao Camiño de Santiago. 2005 Primeiro Premio Cidade Patrimonio da

Humanidade 2005. Concedido polo Ministeriode Cultura.

2006 Premio ISR 2006, que outorga o Instituto para a Sostibilidade de Recursos (ISR).

2006 Premio Bandeira Verde-Cidade Sostible. 2007 Premio Reina Sofía de Accesibilidade

Universal 2006. 2007 Premio ao Mellor Destino Turístico

Internacional 2007. Otourgado en Brasil. 2007 Premio ARQAno ao fomento da Arquitectura.

Outorgado polos Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España.

2008 Premio Europeo de Arquitectura Philippe Rothier, polo deseño do barrio de Fontiñas e a súa integración na cidade.

PREMIOS E RECOÑECEMENTOS ACADADOS

8

Page 9: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

Que motivos o levaron a asumir a responsabilidade da alcaldía?

A transición política só se pode compren-der desde a gran mobilización cidadá quesupuxo a saída dunha ditadura e a espe-ranza de asentarnos nunha democraciaavanzada. Así, a grande operación políticarealizada co consenso dos diferentes gru-pos políticos, baixo a autoridade do Rei eo acerto do Goberno de Adolfo Suárez, es-tivo sustentada na vontade decidida da ci-dadanía de acadar unha convivencia de-mocrática pacífica. Nese contexto, moitoscidadáns decidiron participar activamentenesa operación política, o que explica que,aquí en Galicia, un grupo de cidadáns deperfil centrista decidísemos crear un par-tido político, o Partido Galego Independente,que nas primeiras eleccións xerais de1977 se incorporou á Coalición electoral deUCD. No primeiro Congreso do Partido, seno meu coñecemento, fun elixido presiden-te e, quizais por ese motivo, ofrecéronmeser candidato ao Congreso dos Deputadose ao Senado nesas primeiras eleccións xe-rais. Como neses momentos non era a miñaintención acceder a cargos públicos de na-tureza política, agradecín a oferta pero de-clineina. Cando se anunciaron as elecciónsmunicipais para a primavera de 1979, al-gúns dirixentes locais de UCD, convertidoxa en partido político e ao que eu non per-tencía, pensaron en min para encabezar alista municipal de UCD. Durante varios me-ses declinei aceptar a oferta pero, ante a in-sistencia dos propoñentes e a negativa dou-tros candidatos alternativos aos que se lleofreceu a candidatura, acabei reconside-rando a miña postura e aceptei a oferta.

En que situación se atopaba o Concello

naqueles momentos? Refírome ásituación económica, aos principaisproblemas que tivo que afrontar ou aoscambios que tivo que introducir.

Os concellos durante o réxime franquistaconstituían o último elo da Administracióndo Estado coa conseguinte dependenciaxerárquica, funcional e económica. Esta si-tuación explica a ausencia total de auto-nomía municipal e, tamén, o déficit finan-ceiro, de equipamentos e de servizos queatopamos as primeiras corporacións de-mocráticas ao incorporarnos á xestiónmunicipal. O magro orzamento municipalnon permitía facer investimentos, perotampouco era suficiente para abonar osgastos correntes, o que deu lugar a que asdébedas municipais cos subministradores–electricidade, auga, farmacia, etc.–, fosenendémicas. Foi preciso adecuar o orza-mento municipal ás necesidades primariase xerar os ingresos necesarios para cadraro orzamento. Por outra banda, fíxose ur-xente buscar os recursos necesarios paraque puidesen funcionar adecuadamente al-gúns servizos fundamentais: policía local,bombeiros, atender as necesidades dos ba-rrios, etc. É importante recordar que a leipola que se rexeron os municipios, nesa pri-meira etapa, era preconstitucional e aíndaque se eliminaron algúns preceptos ma-nifestamente inconstitucionais, os princi-pios que inspiraban a lexislación desco-ñecían a autonomía local e a capacidademunicipal para unha xestión económica au-tónoma suficiente para atender as nece-sidades da cidade.

Como era o traballo ordinario da corporación naqueles momentos?

Os concelleiros elixidos polos nosos conci-dadáns accedemos á corporación munici-pal coa ilusión de estrear a democracia, coaambición de converter Santiago nunha ci-dade amable na súa contorna, próspera noseu desenvolvemento cultural, social eeconómico, capital na construción de Ga-licia e instrumento útil na recuperación dadimensión internacional da cidade. Estasideas compartidas por todos fixeron que osconcelleiros, desde posicións ideolóxicasmoi diversas, se dedicasen con grande es-forzo a traballar nas comisións (ordinariase permanente) e no pleno sen recibir nin-gunha retribución, dado que a situacióneconómica do Concello non permitía nin-gún incremento do gasto. Malia estas limi-tacións orzamentarias, case todos os con-

celleiros aceptaron asumir un traballo en-gadido: desempeñar unha delegación da al-caldía nun área de actividade concreta. Oque podería parecer unha anomalía no fun-cionamento político goberno-oposición,converteuse nunha realidade cotiá, na quetodos prestaron os seus mellores esforzosen servir á cidade desinteresadamentedesde as tarefas encomendadas. O pleno,en cambio, serviu para escenificar as po-sicións ideolóxicas dos diferentes grupos po-líticos, é dicir, para facer política partidaria.

Naquel momento había moitos máisgrupos políticos con representación quena actualidade Como eran as relaciónsentre eles?

Se a memoria non me falla, había seis gru-pos municipais, pero dado que varioseran coalicións (Unidade Galega, AlianzaPopular, o Bloque), o número de partidosrepresentados na corporación municipal al-canzaba o número de once. Aínda quecada grupo tiña que defender a súa iden-tidade e facer chegar aos seus votantes otraballo que realizaban no Concello, ocerto é que o ambiente de cordialidade ea boa relación incrementou a medida quepasaba o tempo e, cando concluíu o seumandato, tivemos a oportunidade de com-probar que se estableceron relacións deamizade e cordialidade verdadeiramenteexemplares que aínda hoxe perduran.

Como era Compostela naqueles anos?

Durante séculos a vida local xirou arredorde dous referentes: a catedral e a Univer-sidade. O avance económico dos anos se-senta cambiou lentamente a fisionomía dacidade cunha tímida urxencia do sector in-dustrial e un maior desenvolvemento do co-mercio e do turismo. Simultaneamente seiniciou o transvasamento da vida cotiá dazona monumental ao Ensanche, tan criti-cado urbanisticamente como poboado e vi-vido durante ese novo período. O incre-mento de estudantes universitarios deixousesentir nese novo ambiente, así como nos no-vos edificios universitarios, situados nasúa maior parte no campus universitario. Opulso da cidade acompasouse ao novo rit-mo da nacente democracia e das liberda-des recobradas. O incremento do turismosupuxo, igualmente, unha importante ache-ga ao desenvolvemento económico da ci-dade, pero moi afastado do que alcanzouna actualidade.

Que balance faría dos seus anos de xestión en Raxoi?

Penso que entre todos conseguimos nor-malizar a convivencia e o pluralismo de-mocrático, mellorar a situación económicae a prestación de servizos, planificar o des-envolvemento da cidade a longo prazo e, so-bre todo, facer unha transición suave e sentraumas cara á xestión municipal autónomae democrática. Non puidemos cumprirmoitas das propostas que estaban presen-tes no noso programa electoral, pero vin consatisfacción que o lograron outras corpora-cións e que, na actualidade, Santiago é unhacidade que recuperou a súa posición in-ternacional, mellorou extraordinariamente assúas infraestruturas, soubo combinar a ci-dade monumental coa arquitectura máismodernista, racionalizouse o desenvolve-mento urbanístico e consolidouse como acapital de Galicia. Cando un ve realizado aocabo dos anos o que puido soñar na súaxestión para a súa cidade, a satisfacción étan grande coma se o fixese persoalmente,aínda que loxicamente o mérito sexa dou-tros.

Por que aspectos lle gustaría ser recordado?

Como un cidadán que, nun momento di-fícil e, ao mesmo tempo, moi atractivo, sepuxo ao servizo da cidade e procurou cum-prir coa misión encomendada con lealda-de, dedicación e liberalidade, é dicir, tal ecomo o entendían os clásicos, co rigor esi-xido a un xestor de intereses alleos e senánimo de lucro.

Podería recordarnos algunha anécdotaque lle ocorreu durante os seus anos en Raxoi?

Nos primeiros días do meu mandato, men-tres camiñaba por unha rúa da zona mo-numental, observei que se rompeu uncano e saía auga abundantemente. Regre-sei ao Concello e chamei o responsable doservizo para que ordenase a rápida repa-ración da avaría. Para a miña sorpresa,contestoume que non se podía porquenon había persoal nin había cemento. O persoal da Brigada de obras constabade tres persoas: unha estaba enferma delonga duración, outra estaba de curta du-ración e a terceira atopábase de vacacións.“Pois, entón, vostede mesmo”, dixen. “Éque non hai cemento!”. “Cómpreo”. “Nonhai diñeiro”. “Que llo fíen”. “Ao Concello nonlle fía ninguén…”. A avaría arranxouse, aín-

C O N V E R S A C O N

A José Antonio Souto Paz correspondeulle ser o primeiro Alcalde democrático

nuns momentos moi difíciles e, aínda que o seu paso pola alcaldía foi breve,

deixou un excelente recordo tanto nos seus compañeiros de Corporación

como no resto da cidadanía.

“O magro orzamentonon permitía facer investimentos”

José Antonio Souto Paz

9

Page 10: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

Cales foron os seus pasos para chegar ao Concello?

Eu nunca me metera en ningunha activi-dade política ata despois de aprobada aConstitución. Nas primeiras eleccións de-mocráticas de 1979 faláronme da posibili-dade de presentarme e pareceume ben par-ticipar, porque era moi novidoso e moi ilu-sionante. Atopei un grupo de persoas queestaban imbuídas do mesmo sentimento camin, independentemente do partido políti-co no que militasen. Eramos idealistas, e en-tramos no Concello co afán de facer algopola nosa cidade e sen beneficio ningún,porque non iamos cobrar. De feito, pasoutempo antes de que recibir un soldo de ape-nas 15.000 pesetas, e dábanos case ver-goña entrar nesa dinámica de cobrarlle osnosos servizos á cidade. Eu estaba daque-la nun partido moi importante, UCD, que foio que fixo a transición, pero foise a pique porun exceso de facer a democracia de pro-tagonismo; había demasiados arquitectos emoi poucos peóns para facer a obra. Fomosdez os primeiros compoñentes da primei-ra corporación.

Como atoparon o Concello?

Parecía máis ben do século XIX que de fi-nais do XX. Non había ingresos e tíñasemedo a incrementalos. Creo recordar queo presuposto era duns 400 millóns de pe-setas, e ademais de que era raquítico, ha-bía débedas coos provedores. É dicir, queno aspecto económico era insostible. Po-rén, a realidade é que a primeira corpora-ción democrática salvou a situación, puxoao día as contas e cedeulle á segunda cor-poración un Concello saneado. Ademais,todos os concelleiros tiñan algunha dele-gación da alcaldía, algo que non volveu re-petirse.

Non tiñamos dedicación exclusiva ningún,nin o alcalde, e non cobrabamos nada, aín-da que despois do primeiro ano empeza-mos a percibir algo en concepto de dietas.Os plenos eran tremendos, porque habíaunha gran cantidade de grupos, e cada unlevaba as súas razóns políticas. Había au-ténticas liortas dialécticas nos plenos. Le-vábamonos ben, pero eramos adversarios,e tiñamos claramente unhas frontes moidefinidas. O curioso é que tamén iso, coconcurso do tempo, foi diminuíndo, e nacorporación acabamos todos sendo amigos.Rematado o mandato fixemos unha cea áque asistiron todos, todos, os concelleiros.

Como lembra a cidade daquela época?

Tiña tres zonas absolutamente diferencia-das: a cidade histórica, o Ensanche e os ba-rrios. Era máis pequeno, coñeciámonos to-dos, porque aínda que en realidade, desdeo punto de vista censual non creceu moi-to, antes a xente que traballaba en Santia-go vivía aquí, e hoxe moita, un terzo polo me-nos, faino nos municipios da contorna.

Cando se produciu a súa entrada na alcaldía?

Ao marchar Souto Paz no 1981, fun elixidoalcalde co voto unánime dos meus com-pañeiros de grupo. Durante este tempo oco-rreron en Santiago moitas e moi importan-tes cousas. Por exemplo, a capitalidade au-

tonómica estableceuse nese momento.Aínda lembro a tremenda batalla que esta-blecera A Coruña, e á que respondemos moiben, precisamente non entrando na bata-lla. Foi Galicia quen decidiu que a capita-lidade residise en Santiago. Custoume tra-ballo en determinados momentos porquehabía xente na corporación que queríaentrar tamén na guerra porque o alcalde daCoruña insultara a Santiago. Pero nósadaptámonos ao que Galicia dispuxese. Ta-mén naquel mandato, aínda en tempos deSouto Paz, nos colleu o 23-F, e o alcalde euns cantos concelleiros pasamos a noite noConcello porque consideramos que era anosa obrigación. Outro acontecemento im-portante foi a visita de Xoán Pablo II, a pri-meira vez que un Papa viña a España, e pe-chou a súa viaxe en Santiago. Por certo, queme vén á memoria que aí unha parte da cor-poración non se portou, e por un voto nonconseguimos aprobar no pleno unha axu-da dun millón de pesetas que nos pedira oarcebispado para colaborar no financia-mento da visita. Nestes anos tamén se in-augurou a depuradora de augas residuaise o primeiro pavillón polideportivo, o de San-ta Isabel, a ampliación da estrada de cir-cunvalación, a reurbanización da praza deGalicia, e empezouse o Plan Xeral, sen es-quecer o Ano Santo, no que se produciu unconsiderable incremento no número de pe-regrinos. Dentro da limitación de mediosconseguíronse facer grandes cousas.

Algún problema especial ou importanteque o marcase?

Varios, pero por exemplo, recordo un.Como todos estabamos tan contentos deque a Xunta quedase aquí, había xente queesaxeraba a nota, e empecei a recibir unhaserie de presións para que lle cedésemoso Pazo de Raxoi ao Goberno autonómico.A min aquilo non me pareceu ben porque,nós a quen representamos? Á cidade. Eque cousa máis representativa da cidadeque o Pazo de Raxoi? O cal non quere di-cir que non colaboremos ao máximo coa

Xunta, como así fixemos. Ao final, o acor-do que se adoptou foi que lles cedemos aparte dereita, pero sen que aquilo deixa-se de ser o edificio representativo munici-pal. Despois, ninguén volveu falar doasunto, o que quere dicir que a decisiónnon era mala.

Quedoulle algo pendente, algún asunto que non puido solucionar?

Home, só estiven dous anos. O que pasa éque despois entrou Xerardo Estévez, e conmáis tempo fixo cousas que, eu desde fóra,quedei encantado de que se fixesen. Al-gunhas puideron gustarme menos, pero enxeral, creo que se avanzou a medida que fo-ron pasando as corporacións e que Santiagohoxe está máis dotado con infraestruturasmoito mellores, sen que iso signifique queestá todo feito.

De que aspecto se sente máis satisfeito?

De todo, porque creo que cada cousa teno seu aquel. A capitalidade foi quizais omáis importante, e a consolidación daConstitución porque, repito, ao principio ti-vemos un embate contra ela, o 23-F, quepouco faltou para levala por diante. Algomoi importante durante o tempo que tivena honra de ser alcalde foi a concesión aSantiago da Bandeira de Honor do Con-sello de Europa, e que foi o xermolo, a ori-xe da protección europea do Camiño e detodos os restantes recoñecementos. Taménrecordo intentar algo que entendín que íaser moi importante, a creación dunha es-pecie de consorcio de cidades cun patri-monio histórico importante, e convocara-mos unhas reunións cos alcaldes de To-ledo, Salamanca, Cáceres, Granada eSantiago. Foi unha idea miña, co obxec-tivo de solicitar axudas para estas cidadesque, cun enorme patrimonio, non eran ca-paces de mantelo cos seus ingresos nor-mais. O grupo constituíuse comigo e polamiña iniciativa.

C O N V E R S A C O N

Marcial Castro Guerra

foi o segundo alcalde da democracia

en Compostela, cando aínda todo

estaba por facer. Chegou ó Goberno

nas listas da UCD na primeira

corporación democrática e relevou

a Souto Paz tras a súa dimisión no 1981

ata completar o mandato dous anos

máis tarde.

Marcial Castro nun acto oficial

“Non quixen ceder ás presións para entregar o Pazo de Raxoi á nova Xunta”

Marcial Castro Guerra

10

Page 11: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

Que razóns o levou a presentarse ás eleccións municipais?

Iso pregunteimo eu moitas veces, e por que.Podo dicirlle que durante case seis meses es-tiveron a presionarme constantemente para queaceptase a proposta de ir de número un polopartido que daquela se chamaba Alianza Po-pular. Total, que acabei rendéndome e conse-cuencia diso foi a miña aparición na vida pú-blica. Presenteime a unhas eleccións nas queo pobo de Santiago me votou a min preferen-temente, pero despois as circunstancias pro-vocaron que ocupase a alcaldía Xerardo Esté-vez. A vida municipal era un mundo novo. Vaiapor diante que teño que dicir que para min foiunha honra moi grande ser alcalde de Santia-go. Recordo como curiosidade que a primeiravisita que recibín foi a do embaixador de Ca-nadá, e que a prensa recolleu aquela visita des-tacando “o alcalde recibe en inglés o embai-xador de Canadá”.

Como lembra o funcionamento da vida municipal?

En xeral, había moito traballo, pero bastante derutina. Afortunadamente, contaba cun secretario,un interventor e un depositario de fondos, todoun equipo que era realmente excepcional, quefacilitaba o labor de forma extraordinaria. E asrelacións co resto da corporación eu diría queeran boas. Relacións moi fluídas. Daquela nonhabía máis que dous ou tres partidos con re-presentación no Concello. Hai que ter en con-

ta que Santiago non era nin moito menos o queé agora. Era unha cidade que aspiraba semprea máis e que polas súas características sempreatraeu o interese nacional e internacional, peroera unha cidade pequena.

Segue a manter relación cos seus compañeiros da época?

Non. A miña vida seguiu por outros camiños, de-diqueime á miña carreira profesional, a investiga-ción. Tiven moi boas relacións cando estaba noConcello, pero despois non houbo ocasión de con-tinualas, máis alá das homenaxes que se fan to-dos os anos.

Cal foi o problema máis importante que tivoque afrontar? Que aspecto destacaría do seumandato?

Houbo algúns problemas, naturalmente. Quizaiscertas relacións que crearon algunha dificultadeinnecesaria, e diría que no seo do propio grupopolítico ao que pertencía. No demais non hou-bo grandes problemas. Como dixen, tiña un gru-po de moi bos profesionais e daquela boa partedo traballo chegaba xa preparado. Eu tomaba asdecisións tranquilamente porque tiña plena con-fianza nos informes que me proporcionaban. Oaspecto máis importante para min, eu diría quefoi o feito de ser alcalde de Santiago. Tiven moi-tas actividades na miña vida, algunhas interna-cionais, pero entre todas, digo con orgullo que foiser alcalde desta cidade. A experiencia foi sa-tisfactoria, pero non quixen repetir. Decateime deque non era o meu camiño. Cada un ten o seu

nesta vida, e preferín elixir outro. Recordo quecando accedín ao cargo un xornal puxo na súacabeceira: “Viéitez Cortizo, sin proponérselo, vaa ser alcalde”, creo que resume perfectamenteaquela realidade, porque estaba alleo a aquelmundo. Agora, arrepíntome? Non, nin moito me-nos, porque me permitiu coñecer moitas cousasde Santiago que doutra forma non coñecería. Per-mitiume facer moitas amizades que doutra for-ma non faría. Realmente foi positivo, non paraarrepentirse, senón para estar contento. Pero, ¿re-petiría? Non. Prefiro a miña carreira profesional,e quedarme co orgullo de contribuír ao desen-volvemento da cidade.

Quedoulle algún aspecto pendente?

A verdade é que non tiven demasiado tempo. Ga-ñei unhas eleccións, pero atrasaron ata o máxi-mo o momento da miña posesión, así que o meumandato foi un espazo moi curto. Iso si, que-doume pena por non poder desenvolver o meuproxecto para o espazo das Hortas. A miña ideaera convertela nunha praza, a quinta praza dazona. Contaba co apoio unánime de todos os ve-ciños, pero ao final non se puido levar a cabo por-que ma torpedearon e acabouse. Esas cousasque ás veces hai intereses ocultos. Facíame moi-ta ilusión ver toda aquela parte abandonada, queestaba feita unha porcallada, transformada nun-ha praza pública, e aos veciños cónstame que ta-mén, pero desgraciadamente non puido ser.

O período de goberno de Ernesto Viéitez Cortizo foi un dos máis breves

destes trinta anos de corporacións democráticas. Cabeza de lista de AP no ano 1983

accedeu á alcaldía logo da moción de censura presentada xunto coa UCD a Xerardo Estévez no 1986

pero non volveu presentarse ás eleccións do ano seguinte.

“Quixen converter As Hortas nunha praza,pero non foi posible”

C O N V E R S A C O N

Ernesto Viéitez Cortizo

Xerardo Estévez Fernández, Marcial Castro Guerra, Xosé A. Sánchez Bugallo e Ernesto Viéitez Cortizo

11

Page 12: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

Que recordo ten da súa entrada no Pazo de Raxoi?

Eu entrara como concelleiro aos vinte e noveanos. Trabamos unha grande amizade naquelacorporación entre todos os grupos políticos, condebates moi ideolóxicos, pero cunha grande ami-zade, e teño un gran recordo de todos. José An-tonio Souto Paz foi o primeiro alcalde, e tivo unperfil ideal para o posto. Era un gran demócrata,e fixo un goberno de concentración, no que cadaconcelleiro tiña unha responsabilidade. José An-tonio vaise e entra Marcial Castro, que cumpreun papel importante co Ano Santo.

Como tomou a decisión de presentarse á alcaldía?

Cando se marcha José Antonio, que era amigomeu, voume eu tamén, pretendendo non volver,e entro no Parlamento galego. Pero reclámanme,preséntome e o día da elección de alcalde voucon dous discursos: o de gañar, no peto dereito,e o de perder no da esquerda. Eu non sabía se osdous votos do Partido Demócrata Liberal me íanapoiar. Un sabíao, o de Marcial, e o outro non, ehoxe en día non sei quen foi, pero votoume. Nonme equivoquei e lin o discurso de alcalde. Des-pois deixei a alcaldía, e volvín nas seguintes elec-cións con maioría absoluta. Repetín outra vez,tamén con maioría absoluta, e nas seguinteseleccións perdina.

Como eran as corporacións de entón?

Había moitos máis grupos dos que hai agora,pero moi bo ambiente. Home, moi tenso, moiideolóxico, pero moi, moi bo. A esquerda tiña undiscurso máis reivindicativo, e a UCD un discursomáis de goberno. Nós pensabamos que tiña queproducirse unha ruptura democrática no Conce-llo, entre o que fora e o que era. A UCD víaocomo unha cousa máis continuista, malia queera claramente antifranquista. Pero aos tres oucatro meses de entrar como concelleiro dinmeconta de que eses discursos ideolóxicos nontiñan sentido, e deseguido púxenme a traballarna Delegación de Parques e Xardíns, que tiñaalgo que ver coa arquitectura, e que me entu-siasmou. Nas seguintes eleccións os cidadánspremiáronnos, e pasamos de tres concelleiros adez, e traballei cun grande entusiasmo.

En que situación se atopaba o Concello?

Facía falta de todo. Dirasme, ¿era todo culpa daditadura? Home, eu imaxínome que habería con-celleiros que dedicaron entusiasmo e tempo, peroé que non había un peso. A situación política eramala, porque falamos xa do tardo-tardo fran-quismo, polo tanto, xa sabían que se ían, e nonhabía un peso. Os orzamentos paréceme queeran, no ano 1979, sobre cincuenta millóns depesetas. Non había con que pagar as nóminas.Foi un pouco remangarnos e poñernos ao choio.Había uns debates acalorados no pleno, pero ásaída, pinchos, comidas, reunións, encontros bi-laterais. Aquilo foi como unha engrenaxe que sefoi facendo, e fomos todos adaptándonos aosnosos condicionantes, ao pensamento. O Conce-llo era unha UCI. Se estás nunha UCI ou nuncuartel de bombeiros, non estás para florituras, aver se o traxe está ben colocado ou non. Se esta-mos ante unha situación de urxencia, pois aochoio e acabouse. Esta foi a consigna, ao choio.

Cales foron os seus primeiros proxectos cando accedeu á alcaldía?

No 83, cando entrei de alcalde, empecei a pen-sar que a cidade necesitaba un Plan Xeral. Euescribino moito, dixera moito, que as cidadesnon crecen ben sen un Plan Xeral, pero nesa le-xislatura non houbo posibilidade de redactalo,

porque foi un tempo moi inestable e non tiñamaioría absoluta, foi o momento da moción decensura, da que prefiro non falar, porque hoxeen día son os meus amigos, e é un episodio quexa pasou. En 1989, coa maioría absoluta, tívenoclaro: Santiago necesita tres patas, un PlanXeral, estruturas administrativas superiores aoConcello, que é cando nace o Consorcio, e, aterceira pata, o Camiño de Santiago. Eu tiña ointerese polo Camiño desde a primeira corpora-ción, e montamos o triunvirato de MarcelinoOreja, Javier Solana e eu. Tanto é así, que candoeu deixo a alcaldía pola moción de censura, oMinisterio noméame asesor para toda España doCamiño de Santiago, e facemos un libro queagora quero publicar, entre Serafín Moralejo, Ma-nuel Díaz e Díaz, José Carlos Val, Fernando LópezAlsina e José Carlos Sierra. Facemos un libro noque afrontamos desde distintas facetas para tra-tar de explicar como había que entender no sé-culo XXI o Camiño de Santiago. Imosdesenvolvendo plans estratéxicos e situándoos enfunción dos anos santos para desenvolver as di-rectrices urbanísticas e económicas do Plan Xeral.

Xerardo-Denís Estévez Fernández naceu en Santiago de Compostela en 1948.

Estudou Arquitectura e Socioloxía en Barcelona e ao seu regreso entrou

en contacto co contexto político municipal, onde permaneceu desde a primeira

corporación democrática de 1979 ata o ano 98. Durante os seus mandatos,

a cidade rexistrou un notable impulso no terreo urbanístico, na actividade

cultural e na proxección internacional de Santiago e o seu Camiño.

C O N V E R S A C O N

“Estou moi orgulloso de todos os proxectosdesenvolvidos”

Xerardo Estévez Fernández

Toma de posesión

12

Page 13: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

O Palacio de Congresos, o Auditorio, o perifé-rico ou o hospital non estaban onde se lle oco-rreu ao alcalde, senón onde o Plan Xeral dicíaque debían de estar. Cando iamos vernos cosde Madrid ou con Fraga e cando nos pregunta-ban que queredes facer, podiamos dicir queroisto. E para conseguilo montamos un lobby quetiña dúas partes: unha era directamente FelipeGonzález, Javier Solana e Pepe Borrell, a Mon-cloa, directamente implicada, e a outra unha re-lación institucional con Fraga realmenteexcelente. Como Fraga –criticaban os seus– faio que lle di o alcalde? E Fraga supoño que pen-saría por que o Concello é o que me trae as pro-postas máis razoables. Eran un lobby nacional,outro autonómico e outro internacional. Eu em-pecei a viaxar por toda Europa, a percorrer o Ca-miño á inversa, de Santiago cara a Estrasburgo,de Santiago a… Póñome en relación e en con-tacto con todas as cidades europeas, vou a Pe-ruggia, a Pistoia, a Parides, Bruxelas, Oslo,Estocolmo. E tamén, coa ponte americana, cogrupo de cidades co topónimo Santiago. Foiunha época dunha grande intensidade cultu-ral, política, institucional, humana, porque ofactor humano inflúe moitísimo.

É dicir, que á parte da xestión tamén as relacións exteriores de Raxoi contaban moito?

Teño que dicilo, eu despachaba co Rei. Ía áCasa Real, á Zarzuela, a preparar a orde do díado Padroado. Dicía: “Señor, está reticente paraa convocatoria do Padroado Felipe González” –é verídico, está nas miñas memorias– e o Reipedía que lle pasasen con Felipe González e so-licitáballe que o convocase, porque ía ser AnoSanto, ía vir o Papa… Con Fraga, tiña unha re-lación espléndida. Cada mes e medio comía conel no Vilas. Tiña unha relación política con Fe-lipe, con todo o staff de economía, tiña unha re-lación política directa, e tamén con Europa.Mitterrand cando veu aquí con quen quixo falarfoi co alcalde de Santiago. Non por min, senónpola cidade.

Considera que esta xestión foi debidamente valorada?

Están os premios, os recoñecementos, perotamén houbo a súa incomprensión, e forte.Como co Camiño, que nos dicían “Pero quenos contas aquí, con todos os problemas quehai?” Tamén cando se fixo peonil a cidade his-tórica, cando se levou a cabo a reforma fiscale cando se deron de alta unha chea de pisos.Houbo unha certa incomprensión, de enfado,

ata se me acusou ata de certa altiveza, que íapola rúa demasiado teso. Pero logo, chegadaa hora da verdade, eu era unha persoa próximacos cidadáns, e dábanme a maioría absoluta.Era unha relación de amor e reparo.

E que valoración fai vostede do seu paso pola alcaldía?

Eu estiven unha vez na Moncloa cunha enquisado CIS sobre as persoas que tiñan tirón políticoen Galicia e eu era unha das que tiña máis.Cheguei a ter de valoración un 7,2. A min ofre-céronme ser candidato á Xunta, e non quixen,porque quería ser alcalde. Pero a cambio pedínunha cousa: o Auditorio. Mentres estiven noConcello tiñamos unha cesta de propostas. Édicir, anos antes de que xurdise a ocasión xa es-tabamos facendo proxectos. Non había queestar elaborándoos despois. Logo, cando reu-niamos o Consorcio, a xente víalles coherenciaaos proxectos. Queriamos rehabilitar a cidadehistórica, e había un plan de rehabilitación, dearquitectura, de monumentos e por iso conse-guiamos que fosen aliados nosos os socios dastres administracións. Foron anos moi bonitos.

De que aspecto se sente máis orgulloso?

De todos os proxectos desenvolvidos quedo coPlan Xeral. Eu pensei que se non empezaba-mos polas infraestruturas, se non colocaba-

mos antes o periférico, creceriamos igual queo Ensanche. O primeiro foron as grandes in-fraestruturas, colocar en cada barrio un inputque tirase das plusvalías: en Conxo, un hospi-tal; arriba, o mercado de Gando; en San Lá-zaro, o campo de fútbol, e cada barrio tirandopara arriba á beira do periférico. Iamos me-tendo novas residencias, novos equipamentos,e rodeamos a cidade histórica de 600.000 me-tros cadrados de zonas verdes. Todo o que vesé Plan Xeral, no público e o privado. Vas a SanLázaro e tes Palacio de Congresos, campo defútbol, edificios de sindicatos e zonas residen-ciais. Zonas residenciais que empezan agorano terreo de galletas Cuétara e o edificio doSergas. Para arriba tes a zona industrial cotirón do mercado de gando. Non é a miña vi-sión urbanística, senón dun equipo esplén-dido. Estou moi orgulloso.

E que cambiaría se puidese?

Tería marchado antes. Intenteino cando per-dín a maioría absoluta. A última lexislatura foidura, non tanto por non ter a maioría, senónporque estaba canso. Foron dezaseis anos nosque me involucrei en corpo e alma, e mereceua pena. Para min, que non fun un político,senón alcalde de cidade, foi unha experienciacomo arquitecto, como cidadán, como santia-gués, excepcional. Coñecín cousas das gran-dezas e as miserias da cidade como ninguén.Porque estaba o chabolismo, en Conxo , na Al-máciga, e como arquitecto foi poder levar acabo o que pensaba. Foi satisfacción, perotamén é verdade que o cansazo final era moipotente. Quizais lamento que me fallase a di-plomacia. Cando un está sobrecargado de tra-ballo, vénche alguén a incordiar e fáltache fairplay para admitir a crítica. Non é ser fachen-doso, senón cansazo. A primeira corporaciónrecórdoa cun agarimo tremendo. Logo foroncorporacións dialecticamente potentes, perosempre mantiven un bo ton. As partes amar-gas esquécelas, porque se non, non sobrevi-ves, afúndeste na amargura. Esquéceste e ataris dos malos momentos, e podo dicir quegardo un magnífico recordo tanto das corpo-racións, como de Souto Paz, Marcial Castro eViéitez Cortizo.

Delegado rexio no Día do Apóstolo

Inauguración do Periférico

13

Page 14: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

Como viviu a chegada da democracia e asprimeiras eleccións municipais no ano 79?

Eu vivino de forma moi activa, posto que formeiparte da candidatura socialista no ano 79 e tra-ballei na coordinación daquela campaña electo-ral na que Xerardo Estévez era o cabeza de lista.Eran momentos dunha grande ilusión por trans-formar a sociedade e o ámbito da política muni-cipal representaba o primeiro escano, o máis pre-to dos cidadáns. Sabiamos que non había mediospero tiñamos moitos proxectos e un extraordina-rio sentido da responsabilidade histórica que noscorrespondeu vivir. Todo estaba por facer. Paramin, no plano persoal, supuxo unha oportunida-de de descubrir zonas da cidade que, a pesar devivir dende ben pequeno en Santiago, non coñe-cía. De tocar a realidade viva da cidade, de ava-liar as súas carencias e necesidades. Asuntos quehoxe semellarían tirados do terceiro mundo es-taban ás portas de Compostela, nos barrios, nasrúas, mesmo nun núcleo histórico nun proceso dedegradación que semellaba imparable ou vivíamoscoa carga dun Ensanche no que a especulaciónurbanística primaba sobre o hábitat e a calidadede vida. Percorremos todos os barrios, ata o máispequeno curruncho habitado, e presentamos unprograma electoral moi ambicioso, achegando so-lucións e ideas novidosas. Moitas daquelas, an-dando o tempo, foron as solucións que deron lu-gar á cidade que hoxe gozamos.

Na convocatoria do 79 Xerardo Estévez

non acadou a alcaldía. Desilusión?Un pouco si. Nós estabamos convencidos de queiamos gañar. Especialmente Xerardo, porque onoso programa era o máis completo, o máis re-alista… A verdade é que era excesivo aínda quenecesario. De vinte e cinco, os socialistas só con-seguimos tres concelleiros. Daquela os orza-mentos do Concello non daban para nada e Sou-to Paz, alcalde coa lista de UCD, fixo unha es-pecie de gran coalición, sen ningún tipo de pac-to, e agás os dous representantes do BN-PG osoutros vinte e tres concelleiros asumiron algunharesponsabilidade de goberno. Nós seguimos tra-ballando, imaxinando un proxecto de cidade ena convocatoria do 83, co apoio de UCD, XerardoEstévez acadou a alcaldía e eu entrei a formarparte do seu equipo como xefe de gabinete.

O 29 de abril do 1986, a UCD retirou aconfianza a Estévez e presentou unha mociónde censura. Tiveron que abandonar a alcaldía.Como viviu eses acontecementos?Pois vivímolo como unha inxustiza bastantegrande. Tamén é verdade que naquel momen-to a tradición política que había de mocións decensura era tan escasa que a de Santiago debeuser a primeira da democracia en Galicia. Polo tan-to non había precedentes nin para os que a pre-sentaban nin para os que a recibiamos, e vímo-la como unha inxustiza. Desde moitos aspectosresultaba incomprensible, porque había perso-as que inicialmente apoiaran unha opción e, senque sucedese nada politicamente relevante, derepente aparecían nunha posición contraria.Foi unha cuestión que nun primeiro momento le-vantou moitas suspicacias, desconfianzas, ru-xerruxes… pero pasando o tempo comprobamosque a moción de censura, esencialmente, pre-xudicou aos que a presentaron. Máis lles vale-ría ter un pouco de paciencia e esperar ás elec-cións. En pouco máis dun ano perderon todo ocrédito diante dos cidadáns e na convocatoriade1987 o PSdeG-PSOE acadou a maioría abso-luta e Xerardo Estévez volveu á Alcaldía para con-tinuar ata a súa dimisión por vontade propia enxuño de 1998.

Cales son ao seu entender os momentos máis relevantes nestes 30 anos de historia

municipal democrática?

Hai un momento evidente que agora conmemo-ramos, o da constitución da primeira corporacióndemocrática. Logo temos outros dous moi impor-tantes para a transformación da cidade, que forona aprobación dos plans xerais de ordenación mu-nicipal, porque neles definimos o modelo de cidadeque queríamos, o concepto urbano que na actua-lidade é exemplo para outras moitas cidades domundo. Chegar a ese modelo e á súa aprobaciónforon procesos enormemente complexos. O primeiroPXOU foi un camiño moi complicado e o segundo,o PXOM acabado de aprobar, foi bastante máis ma-duro, pero os dous foron actuacións moi decisivaspara a nosa historia contemporánea. Outro mo-mento importante foi a aprobación do Estatuto daCapitalidade, que se revelou como un tema de ex-traordinaria importancia para Santiago. Taménconvén salientar os Anos Santos, que dende o 93veñen marcando feitos históricos na cidade, sobretodo ese primeiro que marcou as liñas de actua-ción e obtivo un resposta internacional sen prece-dentes para Santiago de Compostela e contribuíuás recuperacións dos camiños de Santiago. NosAnos Santos do 99 e do 2004 afondamos nesas ide-as conseguindo a desestacionalización do turismo,o completado da infraestruturas e equipamentos,e poñendo en marcha novos retos. E por supostoa Capitalidade Europea do ano 2000 foi un mo-mento extraordinariamente importante porqueCompostela se afirmou como a imaxe de Galicia nomundo. Tampouco podemos esquecer o momen-to no que na UNESCO nos concedeu o título de Pa-trimonio da Humanidade, nin outros moitos reco-ñecementos nacionais e internacionais recibidos.

Dende 1987, vostede pasou por case que todas as responsabilidades de goberno. En cal dos ámbitos da política municipal tense sentido máis a gusto?Gustoume poder coñecer e desempeñar todaselas, pero loxicamente o que máis enche é ser al-calde porque é a máis completa, non teño a máismínima dúbida. Síntome moi contento de poderter esta responsabilidade e trato de facelo o me-llor posible, nunca se pode contentar a todos por-que non hai medios para facelo e moitas vecesnon todo o mundo ten razón, pero simplemente

Xosé A. Sánchez Bugallo acadou a alcaldía de Santiago de Compostela no ano 1998

e revalidou o seu mandato nas eleccións das tres convocatorias seguintes. Pero antes,

como concelleiro, tivo responsabilidade en case que todas as áreas de Goberno

o que lle da unha perspectiva e coñecemento extraordinario da cidade e das tarefas

municipais. Non lle gustan as présas na xestión nin improvisar e prefire as cousas ben feitas

porque “os erros en Compostela poden durar centos de anos”.

“A obriga dun Alcalde é administrar o presente e planificar o futuro”

C O N V E R S A C O N

Xosé A. Sánchez Bugallo

14

Page 15: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

a posibilidade de intentalo e ir deseñando e cons-truíndo unha cidade que ten moito que ver coasinquedanzas e preocupacións propias, xa pagaa pena. Unha cidade que procuramos que sexasolidaria, que sexa amable, que estea chea de zo-nas verdes, equipamentos como centros socio-culturais e escolas infantís, parques, instalaciónsdeportivas, bos colexios e boas infraestruturas decomunicacións… é un motivo de satisfacción paratodos nós. Eu quero para a miña cidade a cali-dade de vida que eu desexo para min mesmo. Fa-celo posible, coa responsabilidade que implica,é tamén unha gran satisfacción.

Agardaba vostede ser o sucesor de Xerado Estévez?

Pois non, todo aquel cambio me colleu moi de sor-presa. Primeiro porque eu non esperaba a re-nuncia de Xerardo e en segundo lugar porquesempre me imaxinei máis na rebotica que des-pachando. Tanto é así, que intentei convencer aoutro compañeiro de corporación para que acep-tase ser alcalde pero negouse. Finalmente me de-cidín a dar o paso.

Cóntao como se fose un sacrificio. Foi un paso duro?

Ser alcalde ten moito de sacrificio persoal. Esixe

unha gran dedicación e soportar unha gran res-ponsabilidade as vinte e catro horas do día os tres-centos sesenta e cinco días do ano. Para min foiduro, porque eu sempre fun unha persoa moiamante da privacidade, e no ámbito no que máisperdín foi no da liberdade persoal, ese foi un con-dicionante moi grande. O tema institucional e pro-tocolario, que ao principio me resultaba moipouco atractivo, ao final encaixeino sen problemae foise desenvolvendo con normalidade. Non podonegar que hoxe teño unha gran satisfacción pordesempeñar este traballo, por ter dado o paso.

Que diferenzas hai entre o Concello herdado e o actual?En primeiro lugar, eu creo que en Santiago nonhoubo unha ruptura nestes últimos 26 anos senónque houbo unha continuidade, e polo tanto o Con-cello que collemos no ano 87 –porque o 83 foi unmandato de moi boas intencións, pero de escasasrealizacións– era un Concello que tiña como úni-ca zona verde a Alameda e como instalacións de-portivas só contabamos con Santa Isabel. E de terun só parque e un só centro deportivo e nin un sócentro sociocultural pasamos á situación actual naque temos case 20 polideportivos, ducias de par-ques con case dous millóns de metros cadrados,máis de 40 centros socioculturais… iso expresa

unha magnitude de cambio absolutamente es-pectacular. Creo que é unha transformación enor-me na vida da cidade. Cando empezamos e can-do nos comentaban que Londres tiña 12 m2 dezona verde por habitante, a nós parecíanos unhafantasía. Hoxe nós temos máis de 20 m2 e do-bramos a Londres, así que o camiño percorrido éinmenso… e co novo Plan Xeral acabaremos ten-do máis de 30 m2 por habitante. Isto so é un exem-plo do feito. Non hai máis que comparar as fotosde hai trinta ou vinte anos coa realidade do pre-sente. Os que afirman que a cidade non cambioudeben estar cegos ou teñen o reloxo parado.

Cales son as propostas políticas feitas dende o seu Goberno?

Creo que os grandes esforzos feitos nos meusmandatos, e que agardo que se vexan coroadospolo éxito, van dirixidos fundamentalmente ás po-líticas de vivenda, que teñen como obxectivo fa-cilitar que a poboación que vén a Santiago se es-tableza na cidade, as grandes infraestruturas deacceso e o solo industrial. Porque estas políticasson fundamentais para a sustentabilidade da ci-dade. Calquera que bote unha ollada pola Chou-pana, Santa Marta, Conxo, O Castiñeiriño, San Lá-zaro ou Meixonfrío verá que esta cidade está in-mersa nun proceso de transformación especta-cular. Estamos a asistir ao nacemento dunha novacidade espléndida, unha cidade ben construída,con dotacións, equipamentos e servizos. Temosdous parques empresariais inaugurados e estamostraballando noutros catro que van transformar asposibilidades de traballar aquí. E seguimos man-tendo a política de rehabilitación do núcleo his-tórico a pesar das dificultades que ten. E imos am-pliando esa política a novas zonas coas declara-cións dos ARIS en Vista Alegre e A Pontepedriña,que espero que no sucesivo se vaia estendendocara ao conxunto da cidade. E sobre todo, tratode facer o máis importante que hai que facer navida municipal: xestionar o presente e planificaro futuro. Neste senso, hai dous elementos quequedan aí como avais: o Plan Estratéxico e o novoo Plan Xeral de Ordenación Municipal, que des-eñan a cidade do ano 2020. Santiago é un dos es-casísimos concellos de Galicia que ten un Plan Xe-ral adaptado á lei, e unha perspectiva trazada deque modelo de cidade queremos ter no futuro. Unmodelo que non rompe co que estamos a falar se-nón que se consolida e eleva para lograr unha ci-dade compacta, integrada, con amplas dotacións,equipamentos, servizos, zonas verdes e respec-tuosa coa conservación do medio ambiente.

E cales son os proxectos de futuro máis ilusionantes?

Por exemplo o AVE, que vai ser o proxecto quemáis vai contribuír a transformar a vida da cida-de. Vai ter unha influencia decisiva porque con-solida a Santiago como punto nodal das comu-nicacións de Galicia. Vai supoñer un cambio quehoxe é difícil de imaxinar. Máis alá de que che-gue en 2012, como esperamos, ou en 2013, ouen 2014 –porque tampouco vexo ningunha razónpara que se demore máis diso– é evidente queSantiago quedará convertido no punto central dascomunicacións entre todas as cidades de Galicia,a 25 minutos de Coruña, a 35 de Vigo, a 21 deOurense, a dúas horas e media de Madrid… Isovai ser un cambio radical. Hai que entender queSantiago de Compostela tiña cinco estacións detren: A Susana, Laraño, Berdía, A Sionlla e a es-tación actual. E mesmo chegamos a ter seis es-tacións cando aínda funcionaba a de Cornes. Ago-ra, para o AVE prográmanse catro estacións entoda Galicia e en realidade estacións AVE de ver-dade só dúas, que son Ourense e Santiago. Isovai supoñer unha revolución que converterá anosa cidade no punto central de comunicacións

da comunidade autónoma. Isto unido ás autoví-as que se abriron cara á Estrada, ao Barbanza,a Noia, a Ourense, e cara a Lugo… todo conflúepara converter a Santiago nese punto nodal. E odeseño das grandes áreas empresariais ten moi-to que ver con ese papel que pensamos que vaicumprir a cidade. Nun momento coma este, dun-ha certa recesión económica atopámonos no me-llor intre para construír esas áreas industriais e te-las listas para cando chegue a expansión e estarpreparados para progresar.

Cumprirá todos eses propósitos?

A min gustaríame realizalos todos mentres os ci-dadáns me outorguen a confianza, pero a partirde aí eu teño unha teoría que todos os que tra-ballan comigo coñecen. Eu digo que é preferibleque determinadas cousas tarden un pouco máise que se fagan ben, que actuar precipitadamen-te ao prezo de facelas mal. Nunha cidade comaesta, con máis de 1.200 anos de historia, o malfeito tende a durar moito tempo. Mire canto estáa custar desfacer os erros da urbanización do En-sanche ou do abandono que padeceu a cidadehistórica durante décadas. Un exemplo presen-te é a estación do AVE, non podemos permitir unhasolución deficiente porque quedará aí e deberádarlle servizo á cidade do futuro durante décadas.É preferible tardar dous ou tres anos máis, aíndaque iso implicara que non me correspondera a mina honra de poñela en funcionamento. Cousa quesi agardo facer. De calquera xeito, Compostela éunha cidade viva en permanente crecemento epolo tanto ningún alcalde deberá dala por con-cluída. Sería un mal síntoma.

Intervención no Consello de Europa

Día da Árbore cos nenos

15

Page 16: 30 · ían viñan achegando teoría e información. ... A masiva participación electoral na xornada, su- ... Unidade Ga-lega (UG),

XXX ANIVERSARIO DAS CORPORACIÓNS DEMOCRÁTICASSábado 18Xornada de Portas Abertas na Casa das Asociacións (antiga estación de tren de Cornes). Haberá xogos inchables (de 12 a 14 h. e de 17 a 19 h.), exposicións e outras actividades.

19.00 h.INAUGURACIÓN OFICIAL da Casa das Asociacións.

Luns 20 e martes 21De 10.00 h. a 13.00 h. Xornadas de Portas Abertaspara alumnado de Primaria.

De 16.00 h. a 19.00 h.Xornadas de Portas Abertas ao público xeral.

Martes 2118.00 h. Pleno municipal con alumnado do IES Antón Fraguas.

Mércores 2219.00 h. O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ascorporacións democráticas desde 1979 a 2007.Recoñecemento aos alcaldes do Concellode Santiago desde 1979.

Xoves 2320.00 h. Presentación do libro La vida musical en Santiago a finales del siglo XIX no Auditoriodo Museo do Pobo Galego. Actuación musical.