33º domindo tob 2015 bene pagola

14
15 Novembro 2015 33º Tempo Ordinario Marcos 13, 24-32 2015

Upload: nuria-m-nunez-elissetche

Post on 21-Jan-2017

170 views

Category:

Spiritual


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 33º domindo tob  2015  bene pagola

15 Novembro 2015 33º Tempo Ordinario Marcos 13, 24-32 2015

Page 2: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Pouco a pouco ían morrendo os discípulos que coñeceran a Xesús.

Os que quedaban, crían nel sen telo visto. Celebraban a súa presenza invisible nas eucaristías, pero, cando verían o seu

rostro cheo de vida? Cando se cumpriría o seu desexo de encontrarse

con el para sempre?

Page 3: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Seguían recordando con amor e con fe as palabras de Xesús.

Eran o seu alimento naqueles tempos difíciles de persecución.

Page 4: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Pero, cando poderían comprobar a verdade que encerraban?

Non se irían esquecendo pouco a pouco? Pasaban os anos e non chegaba o Día Final tan

esperado, que podían pensar?

Page 5: 33º domindo tob  2015  bene pagola

O discurso apocalíptico que encontramos en Marcos quere ofrecer algunhas conviccións que

han de alimentar a súa esperanza. Non o temos que entender en sentido literal, senón tratando de descubrir a fe contida nesas imaxes e

símbolos que hoxe nos resultan tan estraños.

Page 6: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Primeira convicciónPrimeira convicción..A historia apaixonante da Humanidade chegará un día á súa fin. O «sol», que sinala a sucesión dos anos, apagarase.

Page 7: 33º domindo tob  2015  bene pagola

A «lúa», que marca o ritmo dos meses, xa non brillará. Non haberá días e noites, non haberá tempo.

Page 8: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Ademais, «as estrellas caerán do ceo», a distancia entre o ceo e a terra borrarase, xa non haberá espazo.

Page 9: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Esta vida non é para sempre. Un día chegará a Vida definitiva, sen espazo nin tempo. Viviremos no Misterio de Deus.

Page 10: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Segunda convicción. Xesús volverá e os seus seguidores poderán ver por fin o seu rostro desexado: «verán vir o Fillo do Home». O sol, a lúa e os astros apagaranse, pero o mundo non se quedará sen luz.

Page 11: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Será Xesús quen o iluminará para sempre Será Xesús quen o iluminará para sempre poñendo verdade, xustiza e paz na historia poñendo verdade, xustiza e paz na historia humana tan escrava hoxe de abusos, humana tan escrava hoxe de abusos, inxustizas e mentiras.inxustizas e mentiras.

Page 12: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Terceira convicción. Xesús traerá consigo a salvación de Deus. Chega co poder grande e salvador do Pai. Non se presenta con aspecto ameazador. O evanxelista evita falar aquí de xuízos e condenas. Xesús vén «reunir os seus elixidos», os que esperan con fe a súa salvación.

Page 13: 33º domindo tob  2015  bene pagola

Cuarta convicción. As palabras de Xesús «non pasarán».Non perderán a súa forza salvadora.Han de seguir alimentando a esperanza dos seus seguidores e o alento dos pobres. Non camiñamos cara á nada e o baleiro. Espéranos o abrazo con Deus.

Page 14: 33º domindo tob  2015  bene pagola

CONVICCIÓNS CRISTIÁS 

Pouco a pouco ían morrendo os discípulos que coñeceran a Xesús. os que quedaban, crían nel sen telo visto. Celebraban a súa presenza invisible nas eucaristías, pero, cando verían o seu rostro cheo de vida? Cando se cumpriría o seu desexo de encontrarse con el para sempre?

Seguían recordando con amor e con fe as palabras de Xesús. Eran o seu alimento naqueles tempos difíciles de persecución. Pero, cando poderían comprobar a verdade que encerraban? Non se irían esquecendo pouco a pouco? Pasaban os anos e non chegaba o Día Final tan esperado, que podían pensar?

O discurso apocalíptico que encontramos en Marcos quere ofrecer algunhas conviccións que han de alimentar a súa esperanza. Non o temos que entender en sentido literal, senón tratando de descubrir a fe contida nesas imaxes e símbolos que hoxe nos resultan tan estraños.

Primeira convicción. A historia apaixonante da Humanidade chegará un día á súa fin. O «sol», que sinala a sucesión dos anos, apagarase. A «lúa», que marca o ritmo dos meses, xa non brillará. Non haberá días e noites, non haberá tempo. Ademais, «as estrelas caerán do ceo», a distancia entre o ceo e a terra borrarase, xa non haberá espazo. Esta vida non é para sempre. Un día chegará a Vida definitiva, sen espazo nin tempo. Viviremos no Misterio de Deus

Segunda convicción. Xesús volverá e os seus seguidores poderán ver por fin o seu rostro desexado: «verán vir o Fillo do Home». O sol, a lúa e os astros apagaranse, pero o mundo non se quedará sen luz. Será Xesús quen o iluminará para sempre poñendo verdade, xustiza e paz na historia humana tan escrava hoxe de abusos, inxustizas e mentiras.

Terceira convicción. Xesús traerá consigo a salvación de Deus. Chega co poder grande e salvador do Pai. Non se presenta con aspecto ameazador. O evanxelista evita falar aquí de xuízos e condenas. Xesús vén «reunir os seus elixidos», os que esperan con fe a súa salvación.

Cuarta convicción. As palabras de Xesús «non pasarán». Non perderán a súa forza salvadora. Han de seguir alimentando a esperanza dos seus seguidores e o alento dos pobres. Non camiñamos cara á nada e o baleiro. Espéranos o abrazo con Deus. 

José Antonio Pagola