4eso b historia semana 3 - edu.xunta.gal · na europa de comezos do s. xx vaise creando un estilo...
TRANSCRIPT
4ESO B HISTORIA SEMANA 3
Ola, queridos alumnos de 4º ESO:
Envíovos o material para esta semana.
Como xa rematamos os temas de historia para a avaliación
pareceume que podía ser interesante seguir traballando cos
temas de arte, así que vos paso apuntamentos de arquitectura
contemporánea.
-Mirádeos con calma con intención de aprender e non de
chapar para pasar exames, creo que é un tema interesante e do
que paga a pena saber. Parte do do principio sería para
repasar, todo o resto é novo.
-Mirade os vídeos que vos inclúo: están moi ben e
aprenderedes máis.
-Ao rematar tedes unha serie de actividades, fíxenvolas para
que pensedes un pouco, non son de facer mecanicamente a
partir dos apuntes. Así que, xa sabedes, pensade e poñede
libremente o que vos pareza.
-Ao final tedes as solucións das actividades da semana 2.
-Por último, podedes enviarme as presentacións que vos
encarguei a semana pasada, consultarme dúbidas,
suxerencias,… a [email protected]
MOITO ÁNIMO!!!
A ARQUITECTURA DESDE O FINAL DO S. XIX ATA
1945
A fins do XIX comeza unha ruptura coa arquitectura tradicional que chegará ata o día de
hoxe. Así abandoanse os estilos baseados na antigüidade como o historicismo por estilos que non
deben nada ao pasado e que utilizan materiais completamente distintos aos tradicionais.
O primeiro paso é a utilización do ferro e o cristal para a construción de
edificios. Así xurdirán obras coma o Pazo de Cristal de Paxton (Londres) ou a Torre Eiffel (París).
Posteriormente aparecerá o chamado estilo modernista que ten as seguintes
características:
-Normalmente as obras deixan ver a súa estrutura
-Sentido decorativo
-Racha coas normas e elementos habituais na arquitectura tradicional
-É unha arquitectura ao servizo da burguesía enriquecida coas actividades industriais.
-Varias cidades son os centros onde se desenvolve o estilo (Glasgow, Bruxelas, Barcelona, Viena).
Dentro do modernismo barcelonés o arquitecto máis importante é Gaudí que crea un estilo persoal
que aínda hoxe convirte a visita ás súas obras nun dos principais atractivos da cidade.
Casa Batlló Casa Milá “A
pedrera”
Parque Güell
Obras de Gaudí:
Se queredes ver un video de cómo será a Sagrada Familia terminada:
https://www.youtube.com/watch?v=ABr1j_aAjLI
Templo da Sagrada Familia:
-Está construíndose con suscripción popular
-Foi comezado polo ábside nun estilo neogótico e logo continuado por
Gaudí
-Gaudí só realizou a Fachada da Natividade
-Os seus continuadores intentan seguir as intencións de Gaudí
-Agárdase rematar sobre 2026
Fachada da Natividade
Fachada da
Paixón
Fachada da Gloria
rematada
(está en
construción)
Naves
Mentres en Europa trunfaba o modernismo en EEUU desenvolvíase o estilo da Escola
de Chicago. Trátase dun grupo de arquitectos que participan na reconstrución da cidade de
Chicago despois dun gran incendio. Ten como características esenciais:
-Nacemento dos edificios en altura (rañaceos) debido ao elevado prezo dos solares e ao recente
invento do ascensor.
-Os edificios contarán cun esqueleto de ferro e formigón e logo pecharanse con materiais lixeiros
(ladrillo,…) Xa que os muros non son portantes podemos abrir grandes ventás.
O arquitecto F. LLoyd Wright, discípulo dos arquitectos da Escola de Chicago, creará un
novo estilo arquitectónico chamado organicismo porque busca a adaptación da
arquitectura á natureza usando ademáis do ferro e o formigón materiais característicos da zona onde
se ubica (madeira, pedra característica da zona) e a integración das obras na paisaxe con formas
apaisadas e grandes aleiros. Os interiores buscan a calidez e crear ambientes non opresivos. As
súas últimas obras intentan imitar as formas curvas propias dos organismos vivos.
Guaranty Trust Building-Sullivan
Casa da fervenza- (F. LLoyd
Wright) Museo Guggenheim de N. York
(F.Lloyd Wright)
Vídeo da Casa da Fervenza: https://www.youtube.com/watch?v=2AIPbJRP71E
Na Europa de comezos do S. XX vaise creando un estilo chamado racionalismo,
funcionalismo ou movemento moderno (ollo! Non confundir co
modernismo) Despois da IIGuerra Mundial extendeuse a todo o planeta ata o punto de que moitos o
denominaron estilo internacional. As características esenciais son as seguintes:
-Economía: edifícase con interese social e trátase de edificar barato. Todo adorno é superfluo.
-As vivendas deséñanse para cumprir unha función, non para ter unha fachada bonita. Por tanto, o
aspecto exterior depende do interior.
-Uso de novos materiais ( formigón armado).
-Formas rigurosamente rectas, cadradas.
Le Corbusier é posiblemente o arquitecto máis importante do racionalismo e un gran urbanista que
deseñou o que debía ser o modelo de cidade do racionalismo. Defende unha arquitectura baseada
en cinco puntos que veremos na Vila Saboia.
Edificio da Bauhaus (W.
Gropius)
Edificios de Mies Van der Rohe, arquitecto
caracterizado pola busca da sinxeleza absoluta
e o uso de materiais luxosos (bronce,
mármore):
1. Pabellón de Alemania na
Exposición Universal de Barcelona
de 1929
2. Seagram Building
Os mellores exemplos de urbanismo racionalista son os deseños de Le Corbusier para
cidades e Brasilia, a nova capital de Brasil, planificada por Lucio Costa e Óscar Niemeyer.
Pilotis: Columnas que sosteñen a vivenda.
Permiten espazos abertos baixo a vivenda.
Fachada libre: os muros da fachada non son
portantes, por tanto podemos extender a
fachada cara o exterior e abrir grandes
ventanais.
Ventanas horizontais: aumentan a claridade.
Planta libre: ao utilizar columnas de formigón
para soster a vivenda podemos modificar a
estrutura interior como nos conveña.
Cuberta-xardín: recolle as augas ao interior e ten
un xardín na azotea.
Unidade de
habitación de
Marsella: Bloque
para uns 1800
habitantes.
Debía ser
prácticamente
autónomo.
Ao final da súa vida Le Corbusier utiliza formas
orgánicas. Un exemplo é esta igrexa de Notre
Dame du Haut
Video Vila Saboia:
https://www.youtube.com/watch?v=RR
WQG3fpucM
Video 5 puntos nova arquitectura:
https://www.youtube.com/watch?v=mnl
Y4ryJZpw
ACTIVIDADES 1
2
3.
4
5. Onde preferirías vivir. Na casa da fervenza ou en Vila Saboia? Por que? Cal cres que
sería máis barata de construír? Por que?
6. Pensa no edificio do IES de Ortigueira. Con cal dos estilos arquitectónicos que vimos no
tema o identificarías?
CORRECCIÓN EXERCICIOS SEMANA 2
1-D, 2-i, 3-j,4-b, 5-H, 6-E,7-A,8-C,9-F,10-G
2. Por favor, enviádeme os powerpoint a [email protected]