7 obradoiros de supervivencia doméstica
DESCRIPTION
Obradoiros de corresponsabilidadeTRANSCRIPT
Obradoiros de CORRESPONSABILIDADE7
OBRADOIROS DESUPERVIVENCIA DOMÉSTICA
ÍNDICE
A COMO COCIÑAR
B RECEITAS PARA NON MORRER
RECEITAS
1 ARROZ CON LEITE
2 BACALLAU CON FEIXÓNS
3 BISCOITO DE CASTAÑAS
4 CALAMARES GUISADOS
5 CALDEIRADA DE PEIXE SAPO
6 CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA
7 CHULAS
8 COELLO Ó RIBEIRO TINTO
9 CREMA DE GRELOS
10 EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN
11 EMPANADA DE ZAMBURIÑAS
12 FIDEOS CON AMEIXAS
13 FLAN DE QUEIXO
14 GUISO DE POLBO
15 OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN
16 PESCADA CON BERBERECHOS
17 SETAS Ó ALLO
18 TERNEIRA GALEGA GUISADA
19 TORRADAS
20 VIEIRAS Ó ALBARIÑO
21 TRUFA DE CASTAÑA
22 PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA
23 TALLARINES AO SALMÓN
24 POLBOS TIPO CEA DO 24
25 PATACAS "A LA IMPORTANCIA"
26 BONITO EN ESCABECHE
27 PASTEL DE CENORIAS
SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS
COMO COCIÑARA
Na cociña de supervivencia só usaremos dúas técnicas:1 Fritir: acción equivalente para un home á depilación con cera. Debedes evitalo
sempre que poidades, consiste en poñer aceite nunha tixola e ir botando cousasdentro para que salpique o aceite quente por enriba. De ahí que se diga que ascousas a prancha son máis sás.
2 Ferver: é unha das mellores opcións para cociñar. Tan só debes quentar auga ataque se fajan burbulliñas, entón botas dentro o que queres cociñar. Só nos servirápara a pasta, o arroz e os ovos. Non metades ningún apéndice na auga, iso none un jacuzzi.
ACCIDENTES DOMÉSTICO NA COCIÑAA cociña e sen dúbida o sitio máis perigoso da casa así que sempre hai que ter moitotino. Evita sempre que poidas os coitelos afiados, as frituras e calqueira receita queinclúa whisky (todos coñeceredes o pavo o whisky). Pasemos a ver os accidentesmais cotias:
• ¡Mamaaaa! ¡Corteime un dedo!: existen dous tipos de cortes, o corte propiamentedito e a amputación. Se o teu e un mero corte non te preocupes demasiado,tarde ou cedo deixará de sangrar. Sen embargo se o que tes e unha amputacióne o teu día de sorte. Aproveita o dedo, estan moi ternos.
• ¡Mamaaa! ¡ Queimeime!: o mellor nestos casos e recurriren a algunha pomadaaposta para queimaduras. Endexamais botar pasta de dentes, só os dentesnecesitan fluor.
• ¡Mamaaa! ¡ Isto está a queimarse¡: algo habitual e que cando estas fritindo algosalga una ráfaga inmensa, en ese caso non te preocupes, quedará mellor feito.Sen embargo se é a túa casa o que está prendendo lume deixa da leer esto echama aos bombeiros.
SOLUCIÓN DE EMERXENCIAS DOMÉSTICAS
RECEITAS PARA NON MORRERB
1 A pasta e o arroz: sen dúbida é a mellor opción, tan só necesitan ferver duranteuns minutos. O problema ben coa salsa, normalmente recurrese o tomate fritido(aínda que vin xente que lle mete ketchup...). Podes comer un día macarróns,outro spaghetis e outro arroz á cubana. Acabarás cansándote do tomate, nestescasos o mellor é pasar a outro plato. Nunca intentes facer unha salsa “secreta”e se o fas non a fagas con mel, avecrem, auga e fariña (está noxenta).Nota: espero que os que se comeron esa salsa, ahora que saben o que contiña,denlle a culpa a Luís non a min.
2 A tortilla: prato español por excelencia. bátense os ovos (os de galiña) e frítensenunha tixola. Se o que queres e facer unha tortilla de patatas recorda que aspatatas deben fritirse antes de botalas na tortilla.
3 As fritiduras (só para masoquistas): simplemente friteas e desfruta.
4 La pizza de casa tarradellas: ¡ fanse no forno e sen o plástico! ¡ non as fagadesno microondas e/ou co plástico!
5 Despois de cociñar:Se NON conseguiches cociñar algo con éxito: mellor que non volvas a consultareste manual e te marches a un restaurante de comida rápida.
Se conseguiches cociñar algo con éxito: noraboa. Agora, despois de ver comodeixaches a cociña, comprenderás porque é mellor ir a un restaurante.
RECEITAS
ARROZ CON LEITE1
Tempada: Todo o ano
Persoas: 3
Ingredientes:• 100 gr. de arroz
• 1 litro de leite
• 100 gr. de azucre
• 1 corteza de limón
• Canela en rama
• Canela en pó
Instrucións:Pónse a coce-lo leite coa corteza dun limón, un pao de canela e o azucre. Ó ferve-lo leite, incorpórase o arroz. Cócese, sen deixar de remexer, ata que estea brando.Retírase do lume e sácanse a canela e a cáscara do limón. Se é necesario pódeseutilizar máis leite xa que ten que quedar caldoso e, ó enfriar, o arroz segue absorbendoo líquido. Sérvese cuberto de canela en pó.
RECEITAS
BACALLAU CON FEIXÓNS2
Tempada: Todo o ano
Persoas: 2
Ingredientes:• 2 tacos de bacallau desalgado
• 400 grs de feixóns cocidos
• 2 dentes de allo
• 1 pemento vermello
• 1 pemento verde
• 1 cebola
• 2 tomates pelados
• Ourego
• 1 folla de loureiro
• Caldo de peixe
• Pemento doce
• Leite
• Aceite de oliva
Instrucións:Escáldase o bacallau en auga quente cun pouco de leite durante uns segundos parafacilitar o desmigado. Resérvase o bacallau desmigado e as peles. Nun fondo deaceite douranse os allos laminados coas peles do bacallau. Cando os allos esteanlistos retíranse as peles e engádese a cebola picada e os pementos cortados en tiras.Cando a verdura estea lista engádense os tomates pelados e cortados en dados, afolla de loureiro, un pouco de ourego, unha cullerada de pemento doce e un poucode caldo de peixe. Logo de 10 ou 15 minutos egádense os feixóns cocidos e o bacallaudesmigado dándolles un golpe de calor e sérvese.
RECEITAS
BISCOITO DE CASTAÑAS3
Tempada: Outono
Persoas: 4
Ingredientes:• 500 grs de puré de castañas
• 500 grs de nata líquida
• 250 grs de azucre branca
• 250 grs de azucre morena
• 1 copa de anís
• raiadura de limón
• 500 grs de farina
• 9 ovos
• 2 sobres de lévedo
Instrucións:Pélanse as castañas e cócense en auga cun chorro de anís ou anís en grao e un chiscode sal. Unha vez frías retíraselle-la pel interior e tritúranse con medio vaso de leite.Ó puré de castañas agréganselle os ovos, a nata líquida e os dous tipos de azucre.Bátese todo xunto e engádese o lévedo e a fariña tamizadas, a raiadura de limón eo anís. Vértese todo nun molde previamente engraxado e empoado con fariña.Enfórnase o biscoito durante 30 minutos a 220ºC.
RECEITAS
CALAMARES GUISADOS4
Tempada: Todo o ano
Persoas: 4
Ingredientes:• 1 kg. de calamares limpos e troceados
• 1 cebola mediana
• 3 tomates pelados (cortados en dados)
• 1 dente de allo picado
• 1 pemento verde grande
• Viño branco /Sal
Instrucións:Cúbrese con aceite o fondo dunha pota en el refóganse o allo picado moi fino e acebola cortada en xuliana. Antes de comenzaren a coller cor, engádese o pementotroceado en anacos non moi grandes e déixase refogar todo xunto uns minutos.Incorpóranse os tomates pelados e cortados en cadradiños moi pequenos e, candoempecen a desfacerse, engádense os calamares limpos e cortados en anacos deixán-doos dourar. Bótase o viño branco, o xusto case para o cubrir, e déixase cocer ataque os calamares estean tenros. Pode acompañarse con patacas fritas ou arroz branco.
RECEITAS
CALDEIRADA DE PEIXE SAPO5
Tempada: Todo o ano
Persoas: 2
Ingredientes:• 750 grs. de peixe sapo
• 1 cebola
• 2 dentes de allo
• kgr. de patacas
• Caldo de peixe
• Pemento doce
• Aceite de oliva
• Sal
Instrucións:Nunha pota póñense a doura-la cebola e os allos picados nun pouco de aceite. Candoestean dourados engádense o pemento doco e as patacas cortadas en rodas ecúbrese todo con caldo de peixe. Sazónase. Cando ás patacas lles falten uns 10minutos incorpórase o peixe sapo. Déixase facer todo ata que as patacas esteanlistas e sérvese.
RECEITAS
CALDO DE CASTAÑAS DA TÍA ANXELA6
Tempada: Outono
Persoas: 4
Ingredientes:• 500 grs. de castañas
• 1 manoxo de verzas ou grelos
• 1 trozo de unto (aprox. 50 grs.)
• 300 grs. de fabas cocidas
• 1 litro de caldo de cocido
Instrucións:Monda-las castañas, escaldalas en auga fervendo e quitarlle-la segunda pel. Reservar.Lavar ben a verdura, troceala e escorrela. Reservar.Nuha pota poñer a coce-lo caldo co unto. Cando rompa a ferver, bota-las castañase a verdura e deixar cocer ata que estean feitas. Retir-lo unto cun pouco de caldo aun prato e incorpora-las fabas cocidas.Mentres coce o resto, faise o rustrido do unto, machacándoo cun garfo. Cando esteaben desfeito, retíranse os anacos de tripa e o resto incorpórase á pota. Déixase coceruns minutos e sérvese.
RECEITAS
CHULAS7
Tempada: Todo o ano
Persoas: 6
Ingredientes:• 2 ovos
• 170 grs. de fariña
• Vaso de leite
• 50 grs. de azucre
• Aceite para fritir
• Azucre para empoar
Instrucións:Bátense os ovos co azucre. Engádese o leite, mesturando ben, e vai incorporándosea fariña, sen deixar de bater ata conseguir unha masa semilíquida. Vánse botandopequenas cantidades de masa nunha tixola con abundante aceite quente, fritíndoasata que estean douradas. Sácanse e escórrense nun papel de cociña para quitar oexceso de graxa e empóanse con azucre. Utilizando unha culler (sopeira) comomedida para botar a masa na tixola, con estas cantidades saen unhas 40 chulas.
RECEITAS
COELLO Ó RIBEIRO TINTO8
Tempada: Todo o ano
Persoas: 2
Ingredientes:• 1 coello enteiro
• 2 cebolas
• 2 follas de loureiro
• Tomiño
• Ourego
• Allo picado
• 1 botella de ribeiro tinto
• Brandy
• Aceite de oliva
• Sal
Instrucións:O día anterior trocease o coello, reservando o fígado libre de fel, e sazónase. Alíñasecoa pementa, o allo picado, o tomiño e o ourego e cúbrese cun pouco de brandy eco ribeiro tinto. Engádese ó aliño media cebola troceada e dúas follas de loureiro.O día seguinte escórrense os trozos de coello e cóase o adobo, que se reserva.Dourase en aceite ben quente o coellos, retírase do lume e, nese mesmo aceite, alume lento, refógase o resto da cebola cortada en xuliana. Unha vez dourada a cebolaincorpórase de novo o coello e cúbrese co caldo coado do adobo. Déixase cocer ateque estea tenro, engadíndolle, a media cocción, o fígado previamente machacado.Pódese acompañar de arroz branco.
RECEITAS
CREMA DE GRELOS9
Tempada: Todo o ano
Persoas: 2
Ingredientes:• 300 grs de grelos
• 180 grs de patacas
• 100 grs de cebola
• 50 grs de aceite de oliva
• litro de auga
• Pementa
• Sal
Instrucións:Pícase a cebola e refógase en aceite de oliva. Cando a cebola estea lista engádenseas patacas troceadas e os grelos, cúbrense coa auga, salpeméntase e déixase cocerata que os grelos estean tenros. Tritúrase todo, pásase por un coador fino e sérvese.
RECEITAS
EMPANADA DE GRELOS E XAMÓN10
Tempada: Todo o ano
Persoas: 6
Ingredientes:• Vaso de leite
• Vaso de viño branco
• Un pouco menos de vaso de aceite de oliva
• 400 grs. de fariña aproximadamente
• Sal
• 250 grs. de grelos cocidos
• 2 dentes de allo
• 200 grs. de xamón serrano
Instrucións:Nun bol mestúranse o leite, o viño e o aceite de oliva e engádese un pouco de sal.Vai incorporándose a fariña ata que a masa se despegue, momento no que se pasaa unha superficie lista e continúase amasando ata que non admita máis fariña. Debequedar unha masa suave e elástica. Divídese en dúas mitades, extendendo unhadelas sobre unha fonte de forno engraixada ou cuberta cun papel d forno para quenon se pegue.
Unha vez feito isto, dóuranse os allos nun pouco de aceite de oliva e incorpóranseos grelos cocidos ben escorridos e o xamón cortado en lascas non moi grosasrefogándoos uns momentos. Retíranse os allos poñendo os grelos e o xamón sobrea masa extendida. Tápase coa outra mitade da masa, tamén extendida, e sélasepolos bordes facendo un burato no medio a modo de cheminea. Píntase con ovobatido e enfórnase a 180ºC durante 35-40 minutos aproximadamente.
RECEITAS
EMPANADA DE ZAMBURIÑAS11
Tempada: Todo o ano
Persoas: 6
Ingredientes:
Instrucións:Primeiro prepárase o recheo. Faise un sofritido co aceite (abondo para poder utilizarlogo medio vaso na masa), a cebola e o allo picados e o pemento troceado. Candoestea todo refogado, retírase o medio vaso de aceite e resérvase. Entón, engádeseó sofritido o tomate troceado, as zamburiñas limpas e retiradas das cunchas, o xamónen tacos pequeniños e o azafrán, deixando que se refogue todo xunto uns minutos.Retírase do lume e déixase arrefriar.
Mentres, prepárase a masa. Nunha cunca ponse a fariña e faise un buraco no medio.Dentro bótanse a auga morna coa sal, o aceite de prepara-lo recheo, o lévedoesmiuzado e unha culleradiña de pemento doce. Mestúrase e trabállase todo benata que a masa se despegue facilmente das máns (uns 10 minutos). Deixase reposarunha hora para que suba e logo vólvese a amasar.
Para monta-la empanada divídese a masa en dous anacos e estíranse de formarectangular. Nunha bandeixa de forno previamente engraxada con aceite e enfariñada,colócase unha das metades da asa e sobre ela o recheo. Tápase coa outra metadee sélase polos polos bordes dobrando a parte inferior sobre a superior, sobre a quedebe facerse, no centro, un buraco a modo de cheminea. Cos restos da masa pódensefacer uns adornos. Píntase con ovo batido e métese no forno, con calor por arribae por abaixo, a 180-200º durante 35-45 minutos.
Para a masa:
• kgr. de fariña
• 1 vaso de auga morna con sal
• 1 noz de lévedo de panadería
• Vaso de aceite do guiso
• 1 culleradiña de pemento doce
Para o recheo:
• 1,5 kgr. de zamburiñas con cuncha
• 1 tomate
• 2 cebolas
• 3 dentes de allo
• 1 pemento vermello
• 2 sobres de azafrán
• Aceite
• Sal
RECEITAS
FIDEOS CON AMEIXAS12
Tempada: Todo o ano
Persoas: 2
Ingredientes:• 500 grs. de ameixas
• 250 grs. de fideos
• 2 dentes de allo
• 1 cebola mediana
• 4 tomates
• 1 papeliño de azafrán
• Auga
• Sal
• Aceite de oliva
Instrucións:Unha vez limpas as ameixas, ábrense en auge e resérvanse. O caldo de abrilas cóasee tamén se reserva. Nunha pota, con aceite de oliva, póñense a sofriti-los allos, acebola e o tomate, todo moi picadiño. Sazónase. Cando estea todo ben sofritido,engádese o caldo que reserváramos, os fideos e o papeliño de azafrán. Rectifícasede sal se é necesario. Cando os fideos estean listos e o caldo case evaporado na súatotalidade, engádense as aeixas e déixase cocer todo xunto de 2 a 3 minutos.
RECEITAS
FLAN DE QUEIXO13
Tempada: Todo o ano
Persoas: 5
Ingredientes:• 450 grs. de leite
• 8 quesiños
• 1 sobre de callada
• 90 gr. de azucre
• Azucre para caramelizar
Instrucións:Caramelizar un molde e reservar. Nun robot de cociña, tipo thurmix, mesturar todosos ingredientes ata que estean ben integrados, convén ir botando os quesiños deun en un para que se desfagan ben. Verquer a mestura sobre o molde caramelizadoe cocer no forno ao baño maría ata que estea callada. Comprobar cunha agulla quedebe saír limpa.
RECEITAS
GUISO DE POLBO14
Tempada: Todo o ano
Persoas: 4
Ingredientes:• 1 polbo cocido
• 400 grs. de patacas
• 2 tomates
• 1 cebola pequena
• 1 pemento vermello
• Aceite de oliva
• Auga ou caldo de coce-lo pulpo
• Sal
Instrucións:Nunha tarteira sofrítense a cebola picada, o pemento troceado e os tomates cortadosen dados pequenos, deixando que se fagan uns minutos. A continuación incorpóranseas patacas troceadas. Cúbrense con auga ou caldo de coce-lo pulpo e sazónase.Cando falten uns minutos para terminar de facer as patacas engádese o pulpo cortado,mesturando ben, e déixase cocer todo xunto ata que as patacas estean listas.
RECEITAS
OVOS CON CHÍCHAROS E XAMÓN15
Tempada: Todo o ano
Persoas: 1
Ingredientes:• 2 ovos
• 40 grs. de xamón serrano
• 40 grs. de chícharos en conserva
• 100 grs. de salsa de tomate
• Sal
Instrucións:Cubrir coa salsa de tomate unha fonte ou recipiente resistente ó forno e dispoñersobre ela os chícharos e o xamón serrano cortado en taquiños. Cascar os ovos un aun nun vaso para evitar sorpresas desagradables e poñelos na fonte, encima da salsa.Meter no forno a 180º ata que callen os ovos. Sazonar os ovos ó sacalos do forno.
RECEITAS
PESCADA CON BERBERECHOS16
Tempada: Todo o ano
Persoas: 2
Ingredientes:• 4 rodas de pescada cortadas finas
• 1 dente de allo
• 1 cebola pequena
• 200 grs. de berberechos
• Un pouco de viño branco (mellor Albariño)
• Auga
• Sal
• Aceite
• Perexil picado
Instrucións:Lavar ben os berberechos e deixalos unhas horas en auga con sal para que soltenas areas. Nunha pota poñer a quentar auga con sal e abrir nela os berberechos. Unhavez abertos, retirar e reservar. Filtra-lo caldo resultante e reservar tamén.
Nunha tarteira tipo paella ou nunha cazola de barro poñer a dourar nun fondo deaceite a cebola e o allo moi picados. Cando estean, incorpora-lo caldo de abri-losberberechos e a pescada. Sazonar. Deixar coce-la pescada e cando casi estea feita,regar cun pouco de viño branco e incopora-los berberechos. Acabar de facer, botarlleun pouco de perexil picado e servir.
RECEITAS
SETAS Ó ALLO17
Tempada: Outono / Inverno
Persoas: 2
Ingredientes:• 400 grs. de Pleurotus
• Guindilla (opcional)
• 4 dentes de allo
• Aceite de oliva
• Sal
Instrucións:Nunha tixola, ou cazola de barro, póñense a dourar en aceite os allos fileteados.Cando estean dourados, engadi-la guindilla, as setas troceadas e sazonar. Face-lassetas, remexendo, ata que estean tenras. Sérvese axiña.
RECEITAS
TERNEIRA GALEGA GUISADA18
Tempada: Todo o ano
Persoas: 4
Ingredientes:• 500 grs. de terneira galega
• Cebola
• 4 cenorias
• 1 taza de tomate fritido
• 4 patacas
• 200 grs. de chícharos cocidos
• Aceite de oliva
• Auga
• Azafrán
• Ourego
Instrucións:Córtase a carne en dados e ponse a dourar en aceite oliva coa cebola picada. Unhavez dourada, cúbrese de auga e déixase cocer a lume lento ata que empece a estartenra. Entón engádense as cenorias, cortadas en dados, e déixanse cocer coa carne.Logo de cinco minutos engádense as patacas (cortadas un pouco máis grandes queas cenorias), o tomate fritido, ourego ó gusto e unha pizca de azafrán. Cando aspatacas e as cenorias estean tenras incorpóranse os chícharos cocidos e o prato estálisto para comer.
RECEITAS
TORRADAS19
Tempada: Todo o ano
Persoas: 4
Ingredientes:• 1 barra de pan
• Leite
• Azucre
• Ovos
• Aceite
• Canela
Instrucións:Córtase o pan en rebanadas de 2 a 3 cm. de grosor. É mellor que sexa do día anteriorpara que non se desfagan as torradas. Somérxense uha mestura de leite, previementequentada cunha ramiña de canela, e azucre, deixando que se empapen ben. Logoescórrense, pasámolas por ovo batido e fritímolas en aceite de oliva. Sérvensesalferidas de azucre.
RECEITAS
VIEIRAS Ó ALBARIÑO20
Tempada: Inverno
Persoas: 2
Ingredientes:• 4 vieiras limpas
• litro de viño Albariño
• 1 culleradiña de fariña
• Uns anaquiños de xamón do país
• 1 cebola pequeniña
• Sal
Instrucións:Nunha tixola poñer a doura-la cebola picada moi fina. Salgar. Cando estea transparenteengadir unha culleradiña de fariña refogándoa para que non saiba a crú. Agrega-loviño Albariño e deixar reducir ata que espese un pouquiño a salsa. Engadi-los taquiñosde xamón e cubri-las vieiras, previamente sazonadas, coa salsa. Enfornar durante15-20 minutos a 180º.
RECEITAS
TRUFA DE CASTAÑA21
Ingredientes:• 500 gr de castañas
• 1/2 vaso de leite
• 200 gr de manteiga
• Fideos de chocolate
• 2 culleradas de mel
• 100 gr de azucre en pó
• 1/2 copa de brandi
• Cacao en pó
• 1 tableta de chocolate de repostería
Instrucións:Antes de nada dicir que esta receita é para forno microondas, pero dada a súasinxeleza é moi doado convertir os tempos para un forno normal.
Lávanse as castañas e fáiselles unha incisión, póñense nunha cunca grande e cóbrensecon auga fervendo.. Introdúcense durante seis minutos no forno, conectado ao 100%de potencia. Despois escórrense e pélanse en quente. Logo bótanse nun recipientee cóbrense de leite cociñándoas outra vez durante outros seis minutos. Unha vezfeitas faise unha masa, engádese o mel e resérvase.
Noutra cunca ponse o chocolate troceado e a manteiga, quentándoo no forno ao100% durante un minuto. Bátese ben e bótaselle ó puré de castañas que temos feito.Despois engádese o brandi e mailo azucre, facendo unha mistura que deixaremosenfriar na nevera. Unha vez fría fanse as trufas e rebózanse primeiro nos fideos dechocolate, logo no cacao e... ñam!
RECEITAS
PASTEL DE PESCADA Á MODA A TROITA ARMADA22
Ingredientes:• Medio quilo de pescada
• 100 Gramos de bonito en aceite
• Cuarto litro de salsa bechamel
• Tres culleiradas de salsa de tomate
• Tres ovos
• Sal
• Pementa
• Unha culleiriña de mostaza
Instrucións:Cócese a pescada e desfaise xunto co bonito. Bátense os ovos e engadense ó peixe.Salpeméntase. Engadese e mostaza, a bechamel e o tomate. Reméxese todo benremesido e métese nun molde untado con manteiga (xa sabedes, quentade a manteigae pasádea por todo o molde).
Cocédeo primeiro 15 minutos ó estilo "baño María" e segundo 20 minutos no forno.Gárdase no frigorífico ata o momento de comelo. Sérvese cuberto con salsa de tomateou maionesa. Se queredes que quede bonito podédelo servir nun leito de leituga.
RECEITAS
TALLARINES AO SALMÓN23
Ingredientes:• 300 gr de tallarines
• 100 gr de salmón fresco por persoa
• Sal, pementa
• Romero ó gusto
• Unha copa de tona líquida
• Un chorriño de coñac
Instrucións:Poñer a cociña-la pasta. Asemade, corta-lo salmón en anacos pequenos e sofritilosnunha tixola. Flamear cun pouco de coñac e apagar cunha copa (das de viño) de tonalíquida. Engadi-los tallarines e remexer para mesturalos ben co salmón. Dificultademínima. Tempo aproximado 20 minutos.
RECEITAS
POLBOS TIPO CEA DO 2424
Ingredientes:Para cachelada
• Un polbo enteiro para cada tres xóvenes
• 200 Gr. De patacas por persoa
• Media cebola por persoa
• Loureiro
• Sal e pementón picante
• Un chorriño de aceite de oliva
Para caldeirada
• Igual cantidade de polbo
• Unha cebola por persoa
• Allo
• Pementón doce
• Medio pemento roxo por persoa
• 250 Gr. De tomate triturado por persoa
Instrucións:Para cacheladaCoce-lo polbo uns 45 minutos con cebola e loureiro. Na mesma auga coceremosdespois as patacas. Picamos o polbo, as patacas e cebola cruda. Botámoslle pementónpicante e aceite de oliva. Así de sinxelo.
Para caldeiradaCocémo-lo polbo igual que o anterior e gardámo-la áuga. Nunha tixola sofritimos acebola e o allo, cando estea a cebola transparente botámoslle un pouco de pimentóndoce, o tomate e o pemento en tiras. Deixámolo facendo durante 45 minutos co lumesuave e engadimos a áuga de coce-lo polbo se vemos que seca. Despois botámoloenriba do polbo xa cortado e misturamos.
RECEITAS
PATACAS "A LA IMPORTANCIA"25
Ingredientes:• 1 Kg. de patacas
• Perexil
• Azafrán
• 4 ovos
• Fariña
• 1 cebola
• Aceite
• 1 dente de allo
• Sal
Instrucións:Lavamos, mondamos e curtamos as patacas en toros un pouco grosos. Botámosllessal, rebozámolas na fariña e nos ovos e fritímolas nunha tixola. Nun morteiroesmagamos o allo picado, o azafrán, un pouco de sal e un pouco de auga. Cubrimosunha pota co aceite que nos sobrou de friti-las patacas e douramos a cebola picadamoi pequena, engadimos unha cullerada de fariña, o do morteiro, un litro de auga,sal e remexémolo. Mesturamos este mollo coas patacas, botamos o perexil picado,edeixámolo que coza a lume manso media hora e xa están prontas.
RECEITAS
BONITO EN ESCABECHE26
Ingredientes:• 1 Kg. de bonito en toros
• 4 cebolas
• 6 dentes de allo
• Pementa negra
• Loureiro
• Vinagre
• Auga
• Aceite
• Sal
Instrucións:Cóllese unha pota ancha e no fondo bótase unha capa de cebola, enriba unha capade bonito en toros e así sucesivamente ata acabar co bonito. Bótanse os dentes deallo en láminas, pementa ó gusto, sal e unhas follas de loureiro. Cóbrese con auga,vinagre e aceite en partes iguais e cócese de 20 a 25 minutos a lume manso. Deixaserepousar mínimo 12 horas e xa se pode tomar. Dura varios días, e canto máis tempoestea máis rico. Aproveitade agora que é a época do bonito.(da miña tía Isabel)
RECEITAS
PASTEL DE CENORIAS27
Ingredientes:• 16 galletas rectangulares (“cuétara” ou semellante)
• 1 sobre pequeno de coco
• 1/4 kg de cenorias
• Xerez doce.
• 7 culleradas de sucre
Instrucións:Cocer as cenorias e esmagar coa batedeira. Mesturar co sucre e o coco reservandoun pouco de coco para adornar. Mollar a metade das galletas co xerez para preparara base. Nunha bandexa colocamos as galletas ata cubrir o fondo. Enriba, colocarunha capa da mestura feita, por riba, outra capa de galletas co xerez e por riba outracapa da mestura. Salferir co coco que deixamos apartado, meter no frigorífico e xa!
NOTAS
NOTAS