86 - altamira nº 86

24
Recollida de alimentos A solidariedade dos veciños e veciñas superou todas as espectativas. Brioneses Marcelino Lema Lobato, unha vida adicada á madeira en Brión. PÁXS. 12 - 13 PÁX. 14 BO NADAL e venturoso ano 2013 Variante AC-300 para o ano 2013 O IES de Esparís nos xulgados Altamira decembro2012 Nº 86 - DECEMBRO 2012 - ANO XXVII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN A Xunta retrasa a apertura da variante ata o primeiro trimestre do vindeiro ano. O concello denuncia a Xunta polos desperfectos do antigo instituto de Viceso. PAX. 5 PAXs. 6-7

Upload: concello-de-brion

Post on 07-Apr-2016

320 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Revista Altamira Nº 86

TRANSCRIPT

Page 1: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Recollida dealimentosA solidariedade dos veciños e veciñas superou todas as espectativas.

BrionesesMarcelino Lema Lobato, unha vida adicada ámadeira en Brión.

PÁXS. 12 - 13PÁX. 14

BO NADAL

e venturoso ano 2013

Variante AC-300 para o ano 2013

O IES de Esparís nos xulgados

Altamira decembro2012

Nº 86 - DECEMBRO 2012 - ANO XXVII REVISTA MUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN

A Xunta retrasa a apertura da variante ata o primeiro trimestre do vindeiro ano.

O concello denuncia a Xunta polos desperfectos doantigo instituto de Viceso.

PAX. 5 PAXs. 6-7

Page 2: 86 - ALTAMIRA Nº 86

2 | Concello de Brión

AltamiraRevista Municipal do Concello de Brión

enderezosos nososBIBLIOTECA MUNICIPALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel ./Fax. : 981 50 99 69

CASA DA CULTURACarbal leira de Santa Minia, nº 515865 - BriónTel . : 981 50 99 08

CASA DO CONCELLOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

CEIP PEDROUZOSRúa Paseo de Pedrouzos, nº 515865 - BriónTel ./Fax. : 981 88 70 80

CENTRO DE SAUDERúa das Pedriñas, nº 315865 - BriónTel . Liña 1 : 981 88 77 01Tel . Liña 2: 981 88 77 02

CENTRO SOCIAL POLIVALENTEAvda. de Santa Minia, nº 4615865 - BriónTel . : 981 50 99 10Fax. : 981 50 99 78

ESCOLA INFANTIL MUNICIPALAgro Novo, nº 12515280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 77 42

ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICAAvda. de Santa Minia, nº 7015865 - BriónTel . : 981 50 99 03

FARMACIA ALVAREZ ALVAREZ, E.Avda. dos Ánxeles, nº 3615280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 72 01

FARMACIA BASTAVALES BRIÓNLg. Sabaxáns, Nº 5715280 - BastavalesTel . : 981 88 88 36

FARMACIA NUÑEZ PEREZ, B.Avda. Santa Minia, Nº 5315865 - BriónTel . : 981 88 70 30

GARDA CIVILRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 70 11

IES BRIÓNRúa Paseo de Pedrouzos, nº 315856 - BriónTel . : 981 88 18 17Tel . : 981 88 58 99

OFICINA DE URBANISMOPraza do Concel lo, nº 115865 - BriónTel . : 981 88 70 06Fax. : 981 88 74 31

PISCINA CUBERTA MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 73 46

POLICÍA LOCALCarbal leira de Santa Minia, nº 215865 - BriónTel . : 981 89 34 74Fax. : 981 88 74 31

POLIDEPORTIVO MUNICIPALLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 981 88 76 53

SERVIZO DE AUGASUrb. Agro Novo, nº 126 Baixo15280 - Os ÁnxelesTel . : 981 88 78 51

SERVIZO DE EMERXENCIASLamiño, s/n15865 - BriónTel . : 629 87 15 42Fax. : 981 88 75 23

XULGADO DE PAZRúa das Pedriñas, nº 515865 - BriónTel . : 981 88 72 71

REPORTAXE

ACTUALIDADE COLABORACIÓN

BRIONESES

SERVIZOS SOCIAIS

CULTURA E DEPORTES

HISTORIAS DE BRIÓN

TAMÉN FOI NOTICIA

PASATEMPOS / HUMOR

Pax. 3

Paxs. 4 - 9

Paxs. 10 - 11

Paxs. 12 - 13

Paxs. 14 - 17

Paxs. 18 - 20

Pax. 21

Pax. 22

Pax. 23

con

tidos

José Luís García García

Alcalde doConcello de Brión

AVANCE

Edita: Concello de BriónRedacción, deseño e maquetación:Concello de Brión e Nós ComunicaciónFotos: Arquivo Municipal e Nós ComunicaciónImprime: Plana Artes Gráficas, S. L.Mail:[email protected]

Xa está aqui outra vez o tempo de Nadal e outro número da Revista Altamira volve saír á rúa.

Nesta ALTAMIRA 86 repasamos, como sempre, a actuali-dade de concello, pero caben destacar duas novas moi im-portantes para Brión: a da variante AC-300 da Autovía e o actual estado do antigo Instituto de Viceso.

Neste número temos a sorte de contar coa colaboración do gran amigo CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ que nos agasa-lla con un artículo sobre os primeiros escritos relacionados coas Torres de Altamira.

Co repaso de actividades, como a celebración do dia con-tra a violencia de xénero, o magosto, as representacións teatrais e as actividades para o Nadal, pechamos unha AL-TAMIRA que vai acompañada polos meus mellores dese-xos para estes días e para o ano 2013 que esperamos, sexa un pouco mellor que o que estamos a piques de finalizar.

ESPERANDO QUE DESFRUTES DA LECTURA,RECIBE UN CORDIAL SAUDO

DEPÓSITO LEGAL: C-827-85

Page 3: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 3

REPORTAXE

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA

Repasamos as pasadas eleccións ao parlamento de Galicia que se celebraron no mes de outubro.As eleccións ao Parlamento Galego do pasado día 21 de outubro deixáronnos o resultado xa coñecido, onde o Partido Popular aumentou a maioría absoluta que xa tiña.

Polo que respecta ao noso Concello de Brión, sen que os brioneses se puxeran de acordo co resto dos galegos, aquí re-producimos punto por punto os resultados do resto do país.

En Galicia houbo unha participación do 63,7 por cento, e en Brión foi do 63,8 %; a nivel xeral, o PP acadou o 45,7% dos votos, e aquí o 45,5%; o PSOE sacou, respectivamente o 20,5% e o 20,7%; a UPyD tivo tamén uns resultados parellos do 1,5% tanto en Galicia coma en Brión. Diverxeron un pouco os resul-tado no caso do partido de Beiras (AGE, EU-ANOVA) que tivo máis porcentaxe de votantes en Brión (18,7%) que no resto de Galicia (14%), se cadra pola boa veciñanza do líder. Ao BNG pasoulle á inversa (10,1% en Galicia e 7,2% en Brión).

Se observamos o cadro do resultado por parroquias, hai algunhas diferenzas significativas. Así, as máis fieis aos popula-res son, por esta orde, as parroquias de Cornanda, Bastavales-San Salvador e Luaña; nas tres parroquias, máis da metade dos votantes lle deron o seu voto.

No estremo contrario está Ons co 35,7% de votos para o PP e Os Anxeles, co 41,6%.

O segundo partido máis votado foi o PSOE, pero tamén con diferenzas significativas dunhas parroquias ás outras. Coma sempre, a parroquia máis fiel aos socialistas é a de Ons, onde acadaron unha porcentaxe do 41,6%, seguida de Luaña (31,2% e Viceso (30%), As parroquias máis desafectas ao PSOE foron as de Brión-Boullón (16,4% de votos) e os Anxeles (18,2%).

A Alternativa Galega de Esquerdas tivo os seus mellores re-sultados en Boullón-Brión e Os Anxeles, onde superou o 24% de votos. En cambio, as parroquias máis desafectas foron Cor-nanda (4,2%), Luaña (8,2%) e Viceso (10,5%),

Polo que respecta ao Bloque, cuns resultados mesquiños en todo o concello, non pasou do 6% de votos en Viceso,Brión-Boullón e Ons, Tratárono algo mellor en Cornanda (17%) e Lua-ña (8,6%).

Se sumamos os resultados dos tres partidos significativos da esquerda (PSOE, AGE e BNG), vemos que os tres xuntos su-peraron a maioría absoluta nas parroquias de Ons (61,3%) e Os Anxeles (50,2%). En Bastavales-San Salvador quedaron nun discreto 42 por cento de votos.

RESULTADO DAS ELECCIÓNS AO PARLAMENTO DE GALICIA NO CONCELLO DE BRIÓN

Page 4: 86 - ALTAMIRA Nº 86

4 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

O Valedor do Pobo volveu arquivar as queixas do PP de Brión sobre a non contesta-ción das preguntas en pleno, tal e como fixera en abril de 2011. Nun escrito enviado ao Concello, o Valedor do Pobo, en funcións daquela, agradece a colaboración do alcalde brionés e informa de que procede á conclusión e arquivo da queixa.

O alcalde Xosé Luís Gar-cía insiste, tal e como lle comunicou ao Valedor, en que “esta Alcaldía sempre responde ás preguntas for-muladas polos grupos da oposición, consonte co dis-posto no Regulamento orgá-nico municipal e no ROF”. A denuncia formulada polo PP a finais de setembro baseá-base na non contestación de dúas preguntas verbais: unha no mes de abril sobre os motivos dun expediente de reposición da legalidade urbanística incoado a Urban Servizos Inmobiliarios SL e outra no mes de xuño, sobre se se ía construír unha pista de pádel onde está a piscina dos Ánxeles.

A primeira cuestión que-dou respondida na propia acta do pleno no que foi formulada, xa que, entre os decretos entregados, había un que levaba por título: “In-coación expediente de repo-sición da legalidade a Urban Servizos Inmobiliarios SL por non axustar a actividade que se está a desenvolver en Rou-rís á licenza de apertura con-cedida”. A segunda pregunta, do mes de xuño, non foi con-testada na seguinte sesión ordinaria (12 de setembro) senón na posterior (17 de outubro). Así o recoñeceu o propio alcalde ante o Valedor e ante o pleno municipal, na

que Xosé Luís García pediu desculpas aos concelleiros do PP brionés e tamén lles pediu que “se hai algún rogo ou pregunta na que me des-pisto: díganmo. Sempre con-testei a todas as preguntas que se me fan, outra cousa é que non diga o que vostedes queren que diga”.

E é que no seu propio escrito diante do Valedor do Pobo, Xosé Luís García indicaba que “non parece moi correcto acudir a esta institución a presentar unha queixa polo simple feito dun olvido á hora de responder a unha pregunta das moitas que se presentan nos plenos ordinarios e que, co simple feito dun recordatorio por parte do señor concelleiro na seguinte sesión plenaria ordinaria de que estaba pen-dente unha pregunta, tería sido respondida sen proble-ma algún”.

Por certo, sobre esa se-gunda pregunta, o Concello solicitou ao Consello Escolar dos Ánxeles que expuxese as súas preferencias, algo que non fixo ata o pasado 9 de outubro. O Consello Escolar pediu que o lugar que hoxe ocupa a piscina dos Ánxeles fose substituído por un es-pazo cuberto onde se poidan acometer as clases de psico-motricidade, unha petición que excede as obrigas do Concello e que debería ser acometido pola Consellería de Educación. A segunda opción, a máis viable a día de hoxe, é trasladar a ese espazo o parque infantil exis-tente. Como terceira opción quedaría construír unha pis-ta de pádel, que sería utiliza-da durante as mañás polos alumnos do colexio e polas tardes pola veciñanza.

PLENO MUNICIPAL

O Valedor do Pobo volve arquivar as queixas do PP sobre as preguntas no pleno

DENUNCIA CONTRA A ALTAMIRA

A Xunta Electoral desestima unha denuncia do PP contra a revista “Altamira”O PP presentou denuncia ao entender que se cometera unha infracción electoral por parte do Concello ao editar “Altamira”.

Vémonos obrigados a falar de novo desta revista a raíz dunha denuncia presentada polo Partido Popular de Galicia (non da agrupación brionesa) contra “Altamira” ante a Xunta Electoral da Zona de Santiago.

Como lembrarás, o número de setembro saíu á rúa días an-tes das Festas de Santa Minia e contiña a estrutura habitual desta publicación: unha serie de informacións de actualida-de municipal, unha entrevista, información sociocultural e as colaboracións cotiás. Ata aquí, o de sempre. Mais o problema xurdiu no “cando” se publicou a revista, xa que coincidiu coa precampaña das eleccións au-tonómicas. O PP presentou unha denuncia diante da Xun-ta Electoral ao entender que se cometera unha infracción elec-toral por parte do Concello ao editar “Altamira” e xustificou a súa postura nun longo alegato de varias páxinas nas que cita-ba diferentes informacións.

Vaia por diante que a Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela desestimou esa denuncia porque, citamos textualmente, “no aprecia in-fracción electoral por parte del Ayuntamiento de Brión con la difusión de la revista Altami-ra”. De feito, a Xunta Electoral indica que “en dicha revista se informa sobre determinados servicios y se vierten una serie de críticas que no entran den-tro de la prohibición estableci-da”, e denunciada polo Partido Popular. De feito, exemplifica a súa decisión cunha das noticias denunciadas pola expresión: “os veciños e veciñas xa teñen á súa disposición a primeira pista de pádel de Brión”, xa que para a Xunta Electoral “no se considera una campaña de logros prohibida por el artículo 50.2 LOREG, sino la informa-ción sobre la puesta en marcha

de un servicio permitido ex-presamente por el apdo. cuar-to de la Instrucción 2/2011 de la Junta Electoral Central”.

Compre dicir que eramos moi conscientes de que a nosa saída coincidiría coa precam-paña, aínda que agardabamos que a edición tivera saído unha semana antes. Por esa mesma razón fomos especialmente coidadosos cos artigos publi-cados. Con vintesete anos de vida, sendo unha das revistas máis senlleiras de Galicia, algo temos aprendido. Aínda que só sexa por facer bo o dito de que máis sabe o diaño por ve-llo ca por diaño.

Queremos entoar ta-mén o “mea culpa” polo erro cometido no pasado número coa Festa do Caba-lo. Como lembrarás, unha forte treboada obrigou á organización a suspender a xornada do domingo pero, na “Altamira” falaba de que se celebrara sen inci-dencias. Como é posible? A nosa intención era saír á rúa unhas semanas antes, polo que esa información era un relato previo do que estaba preparado para esa fin de semana. Cando sou-bemos que a revista sería entregada un día despois da Festa do Cabalo, non ti-vemos marxe de manobra ningún xa que a revista tiña que entrar en imprenta esa mesma mañá, polo que op-tamos por converter en fei-tos consumados o que tan só eran previsións por parte da organización da Festa.

Por iso queremos pedir desculpas aos organizado-res e a todos os lectores e lectoras desta revista por este grande erro.

FESTA DO CABALO

Page 5: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 5

ACTUALIDADE

VARIANTE DA AUTOVIA AG-56

A Xunta retrasa a apertura ao tráfico da variante AC-300 de Lamiño a AlqueidónDesestima a petición do Concello de abrir ao tráfico o tramo xa rematado entre aestrada de Noia e a autovía.

A Xunta volve retrasar tres meses máis a apertura ao trá-fico da variante da AC-300, concretamente ata o primeiro trimestre de 2013. Así se des-prende das informacións apa-recidas nos medios de comuni-cación nas que a Consellería de Medio Ambiente, Infraestrutu-ras e Territorio desestimaba a petición do Concello de abrir ao tráfico o tramo da variante comprendido entre a estrada de Noia (AC-543) e a entrada da autovía AG-6, a través da rúa da Senra. Deste xeito, esta obra acumulará un retraso de case tres anos, pois as previ-sións iniciais da Xunta eran que estiveran finalizadas en xullo de 2010.

Dende o pasado mes de outubro retomáronse as obras pendentes para rematar esta variante e que consisten na construción dunha ponte so-bre o río Pego, na execución dunha glorieta na AC-543 e na colocación da sinalización vertical e horizontal definitivas en todo o tramo. Uns traballos cuxos custos están estimados en 750.000 euros de execución material e que estarán remata-dos no primeiro trimestre de 2013, segundo os novos cál-culos da Consellería. Sen em-

bargo, e a pesar de que estes traballos en nada inflúen no tramo xa rematado, a Xunta decidiu desestimar a petición do Concello de abrir ao tráfico o tramo que xa leva un ano re-matado.

Mentres tanto, o numeroso tráfico que discorre pola pista municipal paralela está a afec-tar ao firme do vial, especial-mente no punto de enlace coa rotonda de acceso á autovía. E é que esta pista municipal en-tre a rúa da Senra e a rotonda de entrada/saída da AG-65 é utilizada a diario por numero-sos veciños de aldeas como O Tremo, Guitiande, O Cabo, O Outeiro ou Adoufe. Ademais, o propio entronque da varian-te da AC-300 coa rotonda de entrada/saída da AG-56 inva-de parte desa pista municipal, polo que os vehículos vense obrigados a manobrar nunha zona que o Concello ten repa-rado pero que se deteriora con rapidez.

Ese deterioro supón tamén un problema para os propios vehículos que transitan por este vial, xa que os condutores se vén obrigados a frear o seu vehículo en plena rotonda para non tocar no asfalto coa parte

baixa. Isto provoca, á súa vez, a freada dos vehículos que están a piques de incorporarse ao ca-rril de aceleración de acceso á autovía.

As obras da variante da AC-300 (A Picaraña -Os Ánxeles) foron licitadas en outubro de 2008 pola Consellería de Polí-tica Territorial, Obras Públicas e Transportes. Os traballos comezaron a desenvolverse en xullo de 2009 e deberían ter estado rematados en xu-llo de 2010. Este ramal, que na súa totalidade suma uns

1,4 quilómetros de lonxitude, ten unha plataforma de oito metros de ancho, constituída por dous carrís de 3,5 metros e dúas beiravías de 2 metros. A Xunta encárgase da licita-ción, execución e conservación da variante da AC-300, xa que será o titular deste vial unha vez rematados os traballos. A cambio, o Concello de Brión asumirá a explotación e con-servación do sobrante da es-trada AC-300 (é dicir, o tramo actual da estrada entre o inicio do novo ramal e a rotonda dos Ánxeles).

Estado actual no que se atopa o acceso á pistamunicipal adxacente ao vial aínda sen abrir.

q

A zona de acceso a autovía xa foi “bacheada” polo Concello en varias ocasións

q

Page 6: 86 - ALTAMIRA Nº 86

6 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

IES DE VICESO

O Concello leva á Xunta aos xulgados polos desperfectos do IES de EsparísA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria nin se dignou acontestar os requirimentos do Concello.

A pesar de que a ninguén lle gusta andar metido nos xulgados, e menos despois da brutal subida de taxas aproba-da polo Goberno nas últimas semanas, en ocasións é preciso acudir a eles para que ninguén pise os nosos dereitos. Sexa quen sexa. Iso é o que vén de acontecer co tristemente co-ñecido caso dos desperfectos do instituto de Esparís (Vice-so). Diante do denominado “si-lencio administrativo” da Con-sellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ante o requerimento formu-lado polo Concello, éste viuse obrigado a presentar un recur-so contencioso-administrativo

no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña.

Que a ninguén asuste esta xerga xurídica, a situación é do máis sinxela: o Concello pro-púxolle unha solución á Xunta e esta nin se dignou contestar. Agora, serán os Tribunais quen decidan quen era o responsa-ble desa instalación cando se produciron os roubos e actos vandálicos que o deixaron na lamentable situación na que se atopa actualmente: a Xunta ou o Concello.

Dicía Jorge Santayana que “quen esquece a súa historia, está condenado a repetila”,

pero por sorte en Brión aínda quedan moitos coas lembran-zas intactas para desvelar a realidade. Todo comeza 31 anos atrás, un 25 de agosto de 1981 cando o pleno municipal solicítalle á Xunta a constru-ción dun novo colexio diante dunha demanda de 450 rapa-ces menores de 14 anos nas parroquias da parte alta. Como “as cousas de palacio van des-pacio”, hai que agardar seis anos a que a Xunta se amose receptiva á proposta e así, o 23 de novembro de 1987, o pleno municipal cédelle á Xunta unha parcela de máis de 7.000 m2 para a construcción dun centro de EXB en Viceso.

Se damos un “paseo” polas inmediacións do antigo Instituto de Educación Secundaria de Viceso poderemos darnos conta do actual aspecto do mesmo.Xa pola parte de fora poden verse os ocos que deixaron as ventás e as portas “desa-parecidas”.

q

Aquí está un dos puntos claves deste procedemento pois, cando o 28 de xuño de 1988 o Concello lle con-cede licenza á Consellería de Educación para a cons-trucción do colexio, a Xun-ta decide non cumprir coa súa obriga legal de inscribir no Rexistro da Propiedade o inmoble que constrúe en Viceso. Polo tanto, a par-cela mantense inscrita a nome do Concello no Rexis-tro da Propiedade de Ne-greira e o inmoble non que-da rexistrado en ningures. Esta argumentación sérve-lle á Xunta para argumen-tar que, se a parcela é do Concello, o edificio tamén (a pesar de que foi proxec-tado, licitado e construído pola propia Xunta) e que o inmoble só estaba sendo utilizado como centro esco-lar. O Concello defende que é a Xunta quen incumpriu a súa obriga de inscribir o edificio no rexistro, polo que a súa argumentación non tería validez legal.

Ao igual que pasou cos centros de saúde de media Galicia, cuxa titularidade se apresurou a recuperar a Xunta nestes últimos anos, o colexio seguiu funcionan-do sen problemas. Mais chega o ano 1998 e prodú-cese a transformación do colexio de Pedrouzos en CEIP e do colexio de Esparís en instituto de ensinanza secundaria (IES). Para iso, a Xunta acomete varias obras de adaptación no inmo-ble de Viceso volvendo a incumprir coa obriga legal de inscribir a instalación e a parcela (cedida polo Con-cello) no Rexistro de Pro-piedade de Negreira.

O PROBLEMA COAPARCELA

Page 7: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 7

ACTUALIDADE

Coa construción do novo instituto en Pedrouzos, moito máis amplo e moderno có de Viceso, en 2008 péchase o IES de Esparís. É entón cando co-meza un longo “toma e daca” de catro anos entre Concello e Xunta para ver que se vai facer co inmoble. Unha situación da que o alcalde Xosé Luís García responsabiliza tanto á Xunta do Bipartito como á do Partido Popular xa que “co Bipartito dixéronos que as instalacións ían ser utilizadas para un cen-tro educativo especial, pero non chegou a nada; e co PP primeiro dixeron que algo faría

e logo pretenderon desfacerse do problema enviándonos as chaves dun edificio que xa non tiña nin porta daquela”.

Centro educativo especial, residencia para maiores, local social... moitos usos se lle te-ñen buscado a estas instala-cións pero hai un suceso que o cambia todo: o 20 de agos-to de 2008 a Alcaldía de Brión emite un oficio cun informe da Policía Local sobre o estado de deterioro que sufre o IES de Esparís como consecuencia e actos de vandalismo. Uns ofi-cios que se reiterarían durante

os anos seguintes e que tamén atoparon eco entre as aso-ciacións veciñais e de antigos alumnos.

Así as cousas, en setembro de 2009 o alcalde reúnese co secretario xeral e coa xefa te-rritorial de Educación, que se comprometen a buscarlle unha saída ao inmoble. “Saída” que chegaría o 12 de novembro: a Xunta decide unilateralmente desafectar o uso do inmoble para que sexa asumido polo Concello e mesmo envía a chave da porta de entrada do edificio. O Concello non acep-

ta a reversión das instalacións e devolve a chave, recordando que o edificio nin sequera ten xa porta de entrada. En febrei-ro de 2010, o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez, envía unha carta ao Concello na que comunica a decisión unilateral da Xunta de proce-der á reversión do inmoble ao Concello de Brión. Unha carta que é esgrimida polo Concello como demostración de que a Xunta seguía sendo a respon-sable do IES Brión en 2010, pois recoñecía que, de acordo coa Lei, os gastos de mante-mento e conservación do edi-ficio lle correspondían á Xunta de Galicia.

“Cando o centro deixou de utilizarse como instituto, estaba en boas condicións e o único que pedimos e que, se nos queren devolver o edifi-cio, que o fagan en condicións. Penso que o que pedimos é do máis lóxico e razoable”, sinala Xosé Luís García. É unha sim-ple cuestión de educación: se queres devolver algo ao seu dono, hai que entregalo nas mesmas condicións nas que o recibiches. Probade este fin de ano a tentar devolver un vesti-do de festa roto e manchado a unha tenda de roupa a ver se o aceptan. O máis seguro é que non saia ben, por moito que in-sistamos en que, como non lle quitamos a etiqueta, o vestido non é noso senón da tenda.

Seguindo coa metáfora, isto é o que terá que dilucidar o xuiz. Nin máis nin menos. Porque o “vestido” (léase o IES Viceso) está roto e non hai cartos para mercar un novo. A cuestión é: quen debe pagalo? O dono do restaurante no que se celebrou a festa? (léase o Concello, propietario da parce-la). Ou quen utilizou o vestido, gardouno no armario e permi-tiu que a couza roera nel? (léa-se a Xunta de Galicia, que asu-míu que era a responsable do mantemento do inmoble ata 2010). A resposta, coñecendo a nosa xustiza, aínda tardará en chegar...

En algunhas das aulas, as sillas levitan. Esta foto non está do revés, simplemente as cadeiras están espetadas nas paredes.

qOs “vándalos” non deixaron en pé nin as paredes, que actualmente teñen numerosos buratos, como pode observarse na fotografía.

q

Page 8: 86 - ALTAMIRA Nº 86

8 | Concello de Brión

ACTUALIDADE

NOVAS TECNOLOXÍAS

As páxinas web do Concello medran en visitantes eservizosDurante o mes de setembro rexistráronse 15.365 visitas, o dobre ca nun mes cotiá.

OBRAS DE SANEAMENTO

O Concello acomete melloras no saneamento das aldeas de Romarís, O Cabo e PérrosAprobada unha partida para a instalación das novas marquesiñas do transportemetropolitano.

O Concello segue a ampliar e mellorar a súa oferta na Rede, facilitando cada día máis o acceso directo á informa-ción de interese dende calquera aparato electrónico. A últi-ma novidade foi a posta en marcha dun servizo de suxeren-cias a través da web municipal (www.concellodebrion.org) no que os veciños e veciñas de Brión poderán presentar cal-quera reclamación, aviso, queixa, suxerencia, información, comunicación, etc.

Máis éste é só o último avance. As melloras e actualiza-cións realizadas nas distintas páxinas web municipais nos últimos tempos están a conseguir o respaldo dos internau-tas. Así, as páxinas web do Concello de Brión duplicaron o seu número de visitas durante o pasado mes de setembro, mes de Santa Minia, ata chegar ás 15.365 visitas. Un pode pensar que é algo normal, pois coincide coas festas de se-tembro (Cabalo, Santa Minia e Carreira Pedestre). Sen em-bargo, esas 15.365 visitas supoñen case duplicar a media rexistrada en 2011 (8.414) e mesmo triplicar as visitas rexis-tradas en setembro dos últimos anos: 5.392 (2009), 5.758 (2010) e 7.381 (2011). Unhas cifras ás que hai que engadir os máis de 2.700 amigos rexistrados polo Concello de Brión a través de Facebook e os máis de 200 seguidores a través de Twitter.

Estanse a acometer nestes días unha serie de melloras no saneamento de distintas aldeas. As máis significativas, orzamentariamente falando, estanse a rematar nestas da-tas no lugar de Romarís, onde se están a suprimir dúas fosas sépticas, unha das cales era especialmente problemática para a zona. As obras, orza-mentadas en case 41.000 eu-ros e executadas por Espina e Delfín, inclúen a instalación dunha tubería de 620 metros para poder bombear dende Romarís ata a rede xeral, que vai pola estrada Os Ánxeles-A Picaraña. Unha vez rematados, estes traballos servirán para mellorar a calidade de vida non só dos veciños e veciñas de Romarís, senón tamén de localidades como Bemil, Casal-doeiro, Osebe ou Coruxido.

Así mesmo, e grazas a un expediente de modificación de crédito de 15.916 euros pro-posto polo alcalde Xosé Luís García, tamén se acometerán as obras de enlace e acome-tida no bombeo de Nináns (orzamentadas en algo máis de 6.000 euros) e as obras de enlace e acometida nos grupos de presión de Pérros e Rebore-do Pequeno. Ademais, tamén está previsto realizar a acome-tida eléctrica do saneamento nas aldeas de O Cabo e Pérros.

Por último, o Concello des-tinará outros 5.000 euros aos traballos de instalación das no-vas marquesiñas do transporte metropolitano, que tamén ser-virán para a retirada ou tras-lado das antigas marquesiñas do transporte pertencentes ao Concello de Brión.

Page 9: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 9

ACTUALIDADE

Obradoiro de empregoentre Ames e Brión

Ames e Brión avanzan no camiño da cooperación entre municipios. Un dos primeiros froitos desa cooperación é o obradoiro de emprego “En-contro Verde”, concedido pola Consellería de Traballo e Benestar. Trátase dun obra-doiro que permitirá formar a un total de 27 traballadores e que suporá un investimento de 238.047 euros.

Cunha duración de seis meses, este obradoiro ofre-cerá formación en Instalación e Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes e Atención Sociosanitaria. O curso terá lugar no Centro de Forma-ción Aldea Nova (Ames) e os alumnos porán en práctica os seus coñecementos en actuacións en ambos muni-cipios.

Xosé Luís García explica que “a nosa intención é que actúen sobre xardíns onda o centro social polivalente, fronte á casa do concello e onda a gardería municipal, pois non son zonas moi gran-des pero si moi céntricas e polas que pasan moitos ve-ciños e veciñas”. A maiores, o Concello vén de conseguir tamén autorización da Xunta para actuar tamén na Carba-lleira de Santa Minia, autori-zación preceptiva xa que se trata dunha área especial-mente protexida.

O alcalde sinala que “nes-ta situación de crise econó-mica sempre é de agradecer que haxa xente que poida ter a opción de prepararse me-llor e botar uns meses tra-ballando, formándose para o futuro pero ao mesmo tem-po recibindo un soldo”, polo que aplaude esta iniciativa da Xunta de Galicia.

ENCONTRO VERDESERVIZO DE EMERXENCIAS

Brión e Ames avanzan nun acordo decolaboración en materia de emerxenciasO alcalde contrapón a colaboración intermunicipal co recorte das achegas económicas da Xunta e da Deputación.

Os alcaldes de Brión, Xosé Luís García, e Ames, Santia-go Amor, avanzan cara o que sería un pioneiro acordo de colaboración en materia de emerxencias e protección ci-vil. Un acordo que o alcalde brionés pretende que sexa extensible tanto a outras co-laboracións co Concello de Ames como con outros mu-nicipios da comarca para a prestación conxunta de servi-zos e actividades en distintos campos.

Xosé Luís García expli-ca que “o brutal recorte das achegas económicas que ata o de agora se viñan perci-bindo por parte doutras ad-ministracións está a asfixiar aos pequenos municipios, polo que é preciso poñer en marcha fórmulas asociativas e de colaboración adminis-trativa entre os concellos dunha mesma contorna para poder seguir mantendo uns servizos de calidade para os nosos veciños”. Basten dúas cifras: Brión recibiu en 2010 algo máis de 600.000 euros en subvencións por parte da Xunta, unha cantidade que se viu reducida ata os 258.000 euros recibidos en 2012, o que supón un recorte do 57%.

Uns recortes que nalgúns casos superan o 60%, como no caso da aportación au-tonómica para a Axente de Desenvolvemento Local, cuxo importante traballo terá que ser asumido por outros tra-balladores municipais; ou a desaparición das axudas para o mantemento dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (Grumir), un servi-zo fundamental non só para os veciños de Brión senón tamén para os veciños dos

termos municipais limítro-fes. Segundo datos de 2011, o Grumir de Brión realizou un total de 356 actuacións, das que só o 64,8% tiveron lugar no termo municipal brionés.

Ames foi o municipio que máis actuacións requeríu (85), o que supón o 23,89% do total, ao carecer dun ser-vizo destas características. De non producirse un acordo entre Ames e Brión, o Grumir de Brión só prestaría servi-zo aos veciños e veciñas de Brión e non actuaría fóra do municipio, xa que o Conce-llo brionés tería que asumir o custe total do servizo coa única axuda dos 45.000 euros para material que achega a Deputación. “Esta nova situa-ción económica obrigaría ao Grumir de Brión a prestar os seus servizos unicamente en Brión, cuxos veciños poden

estar tranquilos pois estarían cubertos as 24 horas do día”, sinala Xosé Luís García.

O pasado novembro confirmáronse tamén uns importantes recortes nas subvencións da Deputación en materia de cultura e de-portes. Os investimentos en actividades deportivas des-cenderon un 98,5% (ao pasar de 13.779 euros en 2011 a tan só 1.919 euros en 2012); mentres que a inversión en actividades culturais caen nun 85,8% (dos 13.449 euros de 2010 aos 1.904 euros de 2012). Ademais, a Deputa-ción non achegará nin un só euro para o mantemento das instalacións deportivas. De feito, a única subvención con-cedida de acordo coas peti-cións do Concello foron 5.155 euros en materia de investi-mento en materia cultural.

Os alcaldes dos dous concellos están a manter con-versas para conseguir colaboracións en materia de emerxencias.

q

Page 10: 86 - ALTAMIRA Nº 86

10 | Concello de Brión

COLABORACIÓN

ANTONIO NEIRA DE MOSQUERASantiago de Compostela (1823 - 1854)

Foi escritor e colaborador en varios periodicos gale-gos da época baixo o seudónimo de “Malatesta”.

q

Antonio Neira de Mosquera: As Torres de AltamiraRETRINCOS DE BRIÓN CLÓDIO GONZÁLEZ PÉREZ

Neira de Mosquera (1823-1854), pertence ao movemento cós historiadores denominan “provincialismo”, a etapa inicial do “galeguismo”, que foron os primeiros en reafirmar a idiosincra-sia histórica e cultural de Galicia. Ademais de escritor romántico e historiador, sobresae polo extraordinario cariño con que tra-tou canto estivese relacionado dalgún xeito coa nosa Terra e, en particular, coa súa cidade natal, Santiago de Compostela.

Colaborou en diferentes publicacións periódicas galegas e madrileñas: El Idólatra de Galicia, El Recreo Compostelano, El Emancipador Gallego, El Imparcial, El Globo, Semanario Pinto-resco Español... Escribiu novelas (como “La Marquesa de Cam-ba”) e varios libros, entre eles Monografías de Santiago (1850), no que recolle varios artigos relacionados coa capital galega.

Grande parte da súa obra permanece ciscada en xornais e re-vistas, tal é o caso dos artigos que hoxe rescatamos do esquece-mento, publicados, respectivamente, en El Recreo Compostela-no (1842) e no madrileño Semanario Pintoresco Español (1844). Ambos os dous tratan da fortaleza de Brión, da que entón aínda quedaban en pé importantes restos, que se habían de converter a partir de 1872 en canteira para construír varias casas da con-torna e ata parte da capela de Santa Minia.

No primeiro, “Crónica Gallega. El incendio de las Torres de Altamira en 1073”, recolle unha lenda que di que “está fundada en la historia de Galicia, i en la de los Condes de Altamira”, pero non deixa de ser unha fábula baseada nas árbores xenealóxi-cas, ateigadas de falsidades coa fin de enaltecer a familia dos Moscoso. Moito máis importante có texto, é a ilustración, unha preciosa litografía a toda páxina que ven a ser a única vista xeral que se coñece desta fortaleza, da que se copiarán no sucesivo todas as demais.

El Recreo Compostelano (1842) e o Semanario Pin-toresco Español (1844) onde se publicaron os artigos de Neira de Mosquera.

q

q

10 | Concello de Brión

Page 11: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 11

COLABORACIÓN

O interese do segundo artigo, “Galicia Pintoresca. Las Torres de Altamira”, máis que nos datos históricos, radica na descrición do castelo que, coma no caso da ilustración anterior, é a única pola que agora nos podemos facer unha idea de certa fiabilida-de do monumento antes de se converter en canteira:

Esta fortaleza se halla dividida en dos cuerpos destinados, el mayor al servicio de sus señores, grande y espacioso; y el otro más reducido y bajo, para lo que llamaba D. Alonso X “gente menuda”, para la servidumbre de los Condes en tiempo de paz, y para los flecheros y más gente armada en tiempo de guerra. En esta parte de las torres estaba la cocina, y cerca de ella la bóveda–prisión, donde se ocultaron más personas de alta categoría que los súbditos de la res-petable fortaleza. En el grabado que acompaña a este artículo aparecen las dos torres marcadas con la mayor claridad, distinguiéndose la barbacana que las unía, y la desmoronadísima torre del vigía situada sobre la bóveda-prisión de las torres. Desde el cuerpo principal y sólido que arranca del suelo, seguía en la torre de la derecha, hasta la otra esquina que toca con la puerta, un balcón corrido que sería colosal, si se atiende a los soberbios “canzorros” que se conservan cubiertos de yedra. En la otra esquina se reconoce un vistoso mirador a lo árabe, que termina desvanecido a bastante altura del suelo. En la torre principal sólo se conservan paredes con las ventanas de asiento, y un arco que sostendría alguna muralla interior, sirviendo de galería para los flecheros o los peones. La otra es más reducida, pero mejor con-servada: en ella hay una bóveda sana, a la que se puede subir con alguna comodidad, y desde la que se disfruta por una ventana, que cae al puente, de una vista deliciosa. Desde ella se recorre gran parte de la antigua “Amaea” de que tanto hablan las historias del Apóstol Santiago y la “Historia Compostelana”, con su proverbial feracidad.

La puerta principal está colocada en la torre mayor al O. y aunque reducida, se conserva sin embargo bastante sólida, presentando claras señales de su fortaleza y antigüedad. Con la distancia que hay entre las dos partes de esta fortaleza, se forma una espaciosa sala de armas, y por algunos restos que se conservan, puede colegirse que estaba defendida por una robusta barbacana. Hacia la torre principal se conserva el aljibe atascado de piedras hasta la boca, y muchos dicen que era la entrada al subterráneo, que tenían todas las fortalezas de su tiempo, pero yo creo que si existió, como no hay lugar a duda, desembocaría en el obstruido sótano que hay en la torre pequeña. Alrededor se distingue aun el foso, que si no era de grandes dimensiones, estaba resguardado por un segundo muro de tierra hacia la montaña, hasta perderse en la miserable aldea de S. Félix de Brión. El género de arquitectura de las torres parece romano [agora dise románico], o más bien de ese género de fortalezas-palacios, romano en medidas y gótico en la dis-tribución: prueba inequívoca de la antigüedad de este monumento quizá del siglo IX. La bóveda-prisión en los tiempos normales de la fortaleza habrá sido obscura y lóbrega; así como la garita del vigía, al que se llegaba por una escalera de caracol, cuyos peldaños aun se conservan, como los dientes de una calavera, parecía escalar al cielo por su altura y ligereza.

Las torres de Altamira dan claras señales de la pasada magnificencia, respetable por su antigüedad, acatada por los recuerdos históricos y las tradiciones populares, y distinguida por los blasones que figuran en sus puentes y ventanas.

Hoy quedan de ellas las ruinas, que son un vivo testimonio de su grandeza perdida, y apacibles tradiciones que descubren al chispeante fuego del hogar, en las crudas noches de invierno, los ancianos que han visto desplomarse de día en día las piedras de esta fortaleza, al compás de sus años, y al golpe del inflexible tiempo que todo lo destruye.

Coma o primeiro artigo publicado en El Recreo Composte-lano, este tamén está ilustrado cun deseño das torres, pero ba-seado na litografía anterior e de moita menos calidade artística.

Grazas ao romántico compostelán Antonio Neira de Mos-quera, sabemos como eran as Torres de Altamira na última épo-ca da súa existencia.

AS TORRES DE ALTAMIRAInfografía publicada no periódico“El Recreo Compostelano” (1842)

q

AS TORRES DE ALTAMIRAInfografía publicada no periódico“Semanario Pintoresco Español” (1844)

q

Revista Altamira | 11

Page 12: 86 - ALTAMIRA Nº 86

12 | Concello de Brión

BRIONESES

Marcelino Lema Lobato, empresario xubilado cuxo aserradoiro en Bastavales estivo entre as 200 empresas máis importantes de Galicia.

“A única maneira de saír da crise é traballar e

buscar cousas novas”

Cando neste país ninguén sabía que era iso do I+D, Marcelino Lema levaba xa anos innovando e desenvolvendo en Bastavales. Ao seu aserradoiro chegaron as máis novidosas máquinas europeas que lle permitían facer uns produtos diferenciados, de alto valor engadido e, o que aínda é máis importante, sen competencia ningunha nos arredores. A piques de cumprir os 90 anos, a súa humil-dade contrasta cos datos dun home que foi quen de montar a súa propia empresa e convertila nunha das 200 compañías que máis facturaban en Galicia. O secreto do seu éxito é a mesma receita para saír desta crise económica: traballar e buscar cousas novas para novos mercados.

- Cun rival así, como escolleu Bastavales para implantar a súa empresa?- Polas características da zona. Hai que ter en conta que fala-mos de tempos nos que a ma-deira se transportaba en carros de bois e en Bastavales estaba moi a man. Ademais, estaba cerca do río e iso era importan-te tamén para o funcionamen-to da maquinaria. Lembro que era moi mala de acender, polo que a mediodía non a apagaba-mos, e que tiña un volante moi grande, de case 1.000 quilos. - Sen embargo, ao final foi quen de vencer ao empresa-rio máis poderoso. Como foi posible?- Pereira Andrea pagaba 14-15

- Como nace o aserradoiro Marcelino Lema Lobato SL en Bastavales?- Nunha ocasión fun co meu pai a comprar madeira cerca de Padrón e pasamos por Bas-tavales. Meu pai tiña un aserradoi-ro no Ulla e, ao ver os pinos que había na zona, decatá-monos de que era un bo si-tio. E aos dous anos de casar, aló polo 1947, viñen a Brión.

- Como lembra esa chegada?- Con un pouco de medo por-que aló estaba Pereira Andrea, un empresario portugués que tiña tres fábricas moi impor-tantes e do que dicían que era o máis rico de Galicia.

pesetas por tonelada e, cando eu cheguei, subiu a 17-20 pe-setas. Eu só tiña un comprador, Ramón “O Marañeiro”, que fóra obreiro de Pereira Andrea, e non comprabamos nin un pino en Bastavales. Él era da Luaña e díxome que tiñamos que ir aló. Eu levaba os cartos no peto e puidemos comprar a 3-4 pesetas, xa que era boa madeira pero estaba nun lugar difícil de traballar e había que traer a madeira dende Luaña ata Bastavales. - E como fixeron tal?- Pedinlle ao meu pai un dos vehículos que tiña no Ulla e arranxouno o meu irmán Lino, que lle puxo un diferencial novo e un motor que comprei

na Ford. Lembro que o dife-rencial tivémolo que traer de extraperlo de Portugal porque aquí non os había, pero o meu irmán máis ca mecánico case era un enxeñeiro e conseguíu facerme un vehículo para po-der transportar os pinos da Luaña ata Bastavales. - Que tipo de produto facían con esa madeira?- Madeira longa, mentres os demais facían curta. Eran vi-guetas de 3,05 a 6 metros, se-gundo o pino, e as vendía en Alicante, Almería e Valencia, nunhas lanchas que as levaban a Vilagarcía. Cargaban en Cesu-res e navegaban ata o barco en Vilagarcía. Esa madeira foi para a construción de vivendas polo

Page 13: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 13

BRIONESESque podemos dicir que moitas desas vivendas que se fixe-ron nos anos 50 e 60 tiñan as súas estruturas de madeira de Brión. A astilladora montámola en 1962. O meu irmán Lino fixo unha de 5 cuchillas para facer astillas de taboleiro e poder traballar para Tafisa (Ponteve-dra) e un pouco tamén para Celulosas de Pontevedra ou para Tagal (A Picaraña). Era a primeira destas máquinas que se montaba fora das fábricas de taboleiro e así a madeira era máis fácil de transportar. Facia-mos produtos de dous tipos: con e sen casca. E aproveita-bamos o que non servía para táboas. - Agora que tanto se está a falar da crise, vostede tivo ta-mén que sobrevivir a varias. Como o logrou?- Nos anos 70 houbo unha cri-se importante. Pechou Tagol e quebrou Tanosa, que nos deixou a deber 15 millóns de pesetas daquela época. Foi en-tón cando decidimos exportar a Marrocos. E foi un salto moi importante. Faciamos madei-ra para os palés e as caixas de froita que viñan a Europa. Que-rían unha madeira grosa, de 5 centímetros de espesor e máis. Lembro que aló comín o mellor cordeiro que probei na miña vida. En Marrocos traballaba-mos para Manorbois, unha em-presa francesa, e cargabamos en Vilagarcía. - Non temía saír ao exterior, tal e como se recomenda ago-ra.- Eu fun un dos primeiros em-presarios de Galicia en expor-tar e dos primeiros en entrar en Holanda, onde enviabamos material para as caixas de froi-ta. E era un mercado moi forte. Cando non ves negocio aquí, hai que saír afora. Por iso nos anos 80 recibín un premio do ICEX de Vigo pola miña iniciati-va de exportación, tanto a Ho-landa como a Marrocos. - Como se lle ocorreu que po-dería exportar a Holanda?- Veu un señor maior que com-praba madeira e fomos comer ao Sexto, cerca de Lavacolla.

Faloume de que precisaban madeira grosa e eu propuxen traballar para eles. Na miña vida estiven en Holanda, Sue-cia, Finlandia...Eu ía a todas as feiras do sector para coñecer as novas máquinas, ver como traballaban eles e facelo aquí. Foi cando montei unha alterna-tiva para facer madeiras de an-chos fixos. Era sobre 1978 e a máquina tróuxena de Alemaña. Sacaba 10 ou 12 pezas, o que aumentou moito a produción pero, sobre todo, o importan-te era o calibrado da madeira. Despois comprei uns aparatos cos que podía sacar dúas tá-boas ao mesmo tempo. - Agora que tanto se fala do I+D, vostede foi un dos gran-des innovadores do seu tem-po.- Si, dos máis innovadores da zona. Para poder exportar a Holanda tivemos que poñer uns baños químicos especiais e a madeira tiña que ir calibra-da. Incluso tiñamos que mirala cun fotómetro para comprobar que non tiña fungos. E isto foi a principios dos 80. - Cal foi o apoxeo da súa em-presa?- Nos anos 70 chegamos aos 60 traballadores e nos anos 80 aparecemos entre as 200 empresas que máis factura-ban en Galicia. Chegamos a facturar case 700 millóns das pesetas daquela época. Foi no momento no que exportaba-mos a Marrocos. Foron tempos nos que eu tiña como encarga-do a García, unha persoa que miraba pola fábrica case tanto coma min. Estivo comigo máis de vinte anos, ata a súa xubila-ción. Outros colaboradores im-portantes foron Romero, como comprador, choferes como Costa ou Leboráns, persoas como Manolo de Vilar... xen-te que entrou alí a traballar e case que estivo toda a súa vida laboral na empresa, entre 30 e 40 anos. E desculpas se me es-

quencín dalgún.- Con este panorama, hai saí-da para un empresario da ma-deira nestes tempos?- Saída teñen. Hai que darlle valor engadido á táboa. Unha anécdota que me pasou nos anos 80 foi facer taboleiros laminados para andeis modu-lares. Eses que se venden en IKEA. Hai que estar na vangar-da. Ese é o espírito do empre-sario. Mentres uns facían enco-frados, nós faciamos madeira de calidade para Holanda. - Deixemos un momento a súa vida empresarial e falemos da súa vida en Bastavales.- Fixen casa en Bastavales coa miña muller Carmen Piñeiro e aquí naceron os meus tres fi-llos: Manolo, Marcelino e José Ignacio. Despois, cos nenos pequenos, comprei un piso en Santiago e fun vivir aló. En Bastavales teño casa e amigos e sigo xogando ao dominó no local da miña afillada Carmiña. Ultimamente xogaba con San-tiago e con outros 2 ou 3 máis. - Sabemos que unha das súas grandes paixóns foron os co-ches.- O meu primeiro coche foi un Crissler, co volante á dereita xa que era inglés. Estamos falando

dos anos 50 e vendinllo a Bar-bazán, un médico que tiña casa en Bertamiráns. Era un cocha-zo. Despois comprei outro, un Renault que non aguantei por-que era moi baixiño, polo que llo vendín a un representante de madeira. Fun á Coruña e trouxen un Delfín, que tam-pouco me gustou porque tiña que levar moito peso diante para que non se levantara. Des-pois tiven dous 1.500, un deles de gasolina para as viaxes máis longas por España adiante. Ta-mén tiven un SEAT 124, que era un cochazo pero máis fal-so que pouco. Unha noite viña cara aquí e deixoume virado mirando cara Coruña. Despois tiven dous Citroën, o primeiro un CX sen turbo e despois un con turbo. Pero saíume malo e comprei un Citroén XM, que lembro que vendín con máis dun millón de quilómetros. - Segue participando nas fes-tas populares como as de San-ta Minia?- Fun este ano e tento ir todos os anos a comer o polbo a San-ta Minia cos amigos. E en Bas-tavales tamén hai que falar da festa do Carme. - Din que as súas festas no Ulla tampouco se quedaban atrás.- Son do Ulla e ata hai dous anos faciamos viño. Para nós era unha gran festa ir á ven-dima ou á sardiñada de San Xoán, ás que viñan moita xen-tes da zona. Xuntabámonos máis de 60 persoas.

“Nunca perdo o polbo en Santa Minia”

Lema Lobato na súa casa de Santiago de Compostela xunto ao seu fillo José Ignacio.

q

Page 14: 86 - ALTAMIRA Nº 86

14 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

GRAZAS BRIÓN!!!

A enorme solidariedade amosada polos veciños e veciñas superou todas as expectativas do “Brión solidario”

Grazas, grazas, grazas... e así ata 7.462 grazas ou, o que é o mesmo, o número de veciños e veciñas de Brión segundo os últimos datos do INE. Non hai palabras para describir a enorme solidariedade amo-sada pola veciñanza brionesa nestes últimos meses a través de “Brión solidario”, unha cam-paña de recollida de alimentos para as familias máis necesita-das do municipio. Unha inicia-tiva posta en marcha polo Con-cello de Brión e que contou coa colaboración dos distintos centros educativos do munici-pio, da asociación de mulleres rurais Xuntanza, do Froiz do centro comercial Monte Bala-do e, sobre todo, dos veciños e veciñas de Brión.

Se a principios de novembro o Concello facía un chamamento

A xenerosidade da veciñanza fixo que a recollida de alimentos para as familias máis necesitadas fose todo un éxito

APORTACIONS VECIÑAIS

Se todos os camiños conducen a Roma, as anónimas aportacións veciñais chegaron tamén por un sinfín de medios. Al-gunhas o fixeron directamente a través do Concello, da casa da cultura, da biblioteca municipal ou do centro social poli-valente, onde incluso os alumnos e alumnas dos distintos obradoiros de maiores viñeron con cadansúa bolsiña “para os pobres”. Unha xenerosidade que merece unha mención aparte, pois procede dun colectivo que non se caracteriza por dispor dunhas altas rendas e ao que, aínda por riba, acaban de aplicarlles dende Madrid un recorte de máis de 400 euros na súa paga de 2013.

Mais se fantástica foi a reacción dos nosos maiores, a do outro lado da pirámide poboacional non se quedou atrás. Así, os nenos e nenas da gardería municipal, do CEIP de Pedrouzos e do IES Brión participaron activamente no “Brión solidario”. O xeito tan sinxelo como efectivo de organizar a recollida dos alimentos demostra que, cando hai vontade, todo se pode conseguir. Así, os alumnos, profesores, pais, nais... puideron depositar alimentos perecedoiros nun carriño da compra cedido polo supermercado Froiz de Montebalado. Así de simple. E a terceira vía de colaboración chegou da man dese mesmo Froiz, que recolleu as aportacións monetarias dos veciños que preferiron doar cartos directamente para mercar alimentos.

Grazas a esa marea de solidariedade, a campaña “Brión solidario” chegará a todas as familias que precisen desta axuda. Unhas familias identificadas polos Servizos Sociais e Brión de acordo cuns criterios obxectivos de selección e segundo os recursos dispoñibles por cada núcleo familiar. Pola súa banda, as integrantes da asociación de mulleres rurais “Xuntanza” encargáronse da confección e da entrega dos paquetes.

Con “Brión Solidario”, o Concello pretende axudar a paliar a pobreza e a exclusión social no noso municipio a través da creación e mantemento dunha cadea de solidariedade alimentaria. Trátase de establecer unha ponte entre os doantes de alimentos e as necesidades máis próximas, asegurando así unha xusta distribución dos alimentos recadados entre os que máis o precisan. Por todo isto, dende Altamira non podemos deixar de dar as grazas a todos os veciños e veciñas que co-laboraron na campaña, a todos aqueles conveciños que a puxeron en marcha e a todos aqueles que se comportan como auténticos heroes sen sair nos medios de comunicación. Grazas Brión!!!

á solidariedade veciñal dian-te da dantesca situación dun almacén de alimentos total-mente deserto, as xenerosas e desinteresadas aportacións realizadas polos veciños e ve-ciñas de Brión foron quen de encher ese baleiro. O alcalde Xosé Luís García asegura que “non tiña dúbidas de que os veciños e veciñas de Brión ían respostar a este chamamento, pero teño que recoñecer que non esperabamos unha marea solidaria destas dimensións. E menos nun contexto de crise económica como a que vivi-mos, na que cada vez son máis as familias que sofren para chegar a fin de mes, pero Brión soubo dar unha lección de hu-manidade para que todas as familias poidan ter algo que poñer na mesa durante este mes de Nadal”.

Page 15: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 15

SERVIZOS SOCIAIS

TELEXERONTOLOXÍA

Maiores de Brión colaboran nun programa pioneiro de telexerontoloxíaO programa ideado pola Universidade da Coruña permite acceder a contidosmultimedia, videoconferencia e mesmo someterse a probas de saúde.

Maiores de Brión partici-pan estes días de xeito experi-mental nun programa de tele-xerontoloxía desenrolado pola Universidade da Coruña e que, a través dun sinxelo servizo ar-tellado en torno a unha panta-lla táctil conectada á internet, permite aos usuarios acceder a contidos multimedia e dis-frutar de asistencia por video-conferencia. Iso agora, porque o obxectivo da iniciativa é que nun futuro mesmo permita someterse a probas de saúde (presión sanguínea, saturación de osíxeno no sangue) dende a casa de cadaquén.

A iniciativa foi presentada o pasado mes de novembro no centro social polivalente de Pe-drouzos pola psicóloga María José Fares diante dunha trinte-na de maiores e dos responsa-bles do Departamento de Ser-vizos Sociais de Brión. Durante os seguintes 6 meses, un grupo de voluntarios encargaranse

de poñer a proba o programa a través dunha pantalla ins-talada na aula de informática do centro social polivalente. Cada usuario ten o seu propio perfil de acceso, o que permite adaptar as probas á súa idade ou formación, e pode utilizar no momento que mellor de conveña este programa desen-volto polo grupo de investiga-ción que dirixe catedrático da Universidade da Coruña José Carlos Millán Calenti.

Durante a presentación do trebello, os maiores deron boa mostra do efectivas que son as clases de memoria, primei-ro de xeito colectivo e despois de xeito individual. Así, cun só dedo puideron realizar exerci-cios de memoria, atención e recoñecemento de imaxes, se-guir vídeos, xogar ao “Pasapa-labra” e asistir a unha clase de aeróbic por videoconferencia. Os resultados de todo o traba-llo coñecerémolos para o ano.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Os mais pequenos tamén celebraron o Magosto

E por que aos nenos e nenas lles gustan tanto as casta-ñas?. Pois boa “culpa” delo téñeno na gardería, onde cada ano os meniños e meniñas de entre dous e tres anos celebran o seu tradicional magosto. Os pequenos, organizados por au-las, saíron primeiro a un dos patios exteriores da gardería para ver como se asaban as castañas, moitas delas achegadas polos propios pais.

Acto seguido, trasladáronse ata o patio interior, caracteri-zados con cadanseu sombreiro ou diadema de papel con for-ma de castaña. Unha vez xuntos, degustaron as castañas, que lles pelaron con paciencia os seus mestres, e mesmo levaron algún cucurucho para as súas casas.

Page 16: 86 - ALTAMIRA Nº 86

16 | Concello de Brión

SERVIZOS SOCIAIS

Centos de brioneses e brionesas visitaron a exposición “Cartas de amor. 15 artistas contra a violencia” coa que o Concello de Brión conmemorou o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

VIOLENCIA DE XÉNERO

Consellos contra a violencia de xénero dende a experiencia dos nosos maiores.

Un erro moi frecuente can-do se fala de violencia de xé-nero é pensar que todo se cir-cunscribe a conmemorar unha única data: o 25-N, Día Interna-cional contra a Violencia de Xé-nero. Son moitas as voces que claman entón pola igualdade e pola fin da violencia de xénero. E non son poucas as persona-lidades que se poñen un lazo malva na solapa, saen a facer-se unha fotiño e pensan que xa está todo arranxado. É o que tradicionalmente os nosos maiores chamaban: “acordar-se de Santa Bárbara cando tro-na” e, ao igual que neste dito, a eficacia dese tipo de actitudes é, cando menos, cuestionable. Por unha banda, todo o que se faga contra a violencia de xénero é positivo, pero o fun-damental é traballar día a día, todos xuntos e todos reman-do na mesma dirección. Non esquenzamos que a desigual-dade entre homes e mulleres, fonte inicial da violencia de xénero, é un problema social e que aí seguira ata que todos e cada un de nós decidamos aca-bar definitivamente con ela.

Por esa razón, a Área 6 do II Plan de Igualdade de Opor-tunidades entre Homes e Mu-lleres do Concello de Brión está adicado á “Prevención e eliminación da violencia de xénero”. Neste sentido, o Plan sinala que “a violencia de xé-nero (física, psíquica ou sexual) supón o maior obstáculo para a igualdade entre homes e mu-lleres xa que perpetúa a discri-minación, a desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres”. Para acabar con esta situación, o Plan reco-menda distintas accións para realizar ata o próximo 2015.

Unha delas tivo lugar o pa-sado mes de novembro e con-

sistiu nunhas xornadas forma-tivas e informativas dirixidas á poboación maior de 55 anos de Brión, que foron canaliza-das a través dos obradoiros da memoria. Así, os nosos maio-res tomaron como punto de partida a exposición “Cartas de amor, 15 artistas contra a violencia” da Secretaría Xeral da Igualdade, exposta no cen-tro social polivalente de Brión, para reflexionar sobre a violen-cia de xénero. Mais como aos nosos maiores non hai quen lles poña coto algún, foron máis aló do previsto e mesmo se permitiron redactar uns consellos contra a violencia de xénero dende a experiencia. E dende Altamira podemos dicir que non andan nada desenca-miñados.

Elena Remesar, profeso-ra do obradoiro da memoria,

explica que “a raíz da exposi-ción dos debuxos no centro social, os maiores comezaron a comentalos e xurdiron moi-tas reflexións que decidiron plasmar nuns consellos contra a violencia de xénero porque consideran que teñen moito que dicir”.

Se a exposición está dedi-cada á adolescencia e ás pri-meiras parellas, “os maiores de Brión pretenden dar con-sellos dende a experiencia que lles dá os seus anos a un ado-lescente anónimo”, sinala Re-mesar, quen apunta que “eles mesmos recoñecen que son uns temas dos que lles custaba moito falar de novos”.

A concelleira de Muller e Servizos Sociais, Patricia Váz-quez, destaca a importancia deste tipo de actuacións, “so-

bre todo nun momento no que parece que a violencia de xénero está caendo no esque-cemento por mor dos recor-tes”. Por iso, Vázquez Lamas considera que iniciativas como a realizada polos maiores brio-neses son fundamentais xa que “a prevención e a sensibi-lización son o camiño para saír da violencia”.

E se os nosos maiores son quen de falar sobre un tema que para moitos aínda é tabú, é que estamos no bo camiño. Pois só cando se consiga unha verdadeira igualdade entre ho-mes e mulleres poderán erra-dicarse lacras sociais como a violencia de xénero. Máis iso, como diciamos ao comezo do artigo, non é traballo dun só, senón que é unha tarefa que nos implica a todos e cada un de nós.

Page 17: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 17

SERVIZOS SOCIAIS

SABIOS CONSELLOS

• Non lle pidas á túa parella que faga cousas que non quei-ras para ti. • Se te queres a ti mesma, poder esixir que te respecten e te valoren. • Escoita os consellos que che dan os teus maiores. Na túa parella faite respectar e non deixes que unha venda che tape os ollos. • Con respecto, non hai medo. • A forma de dicir as cousas é moi importante. As palabras mal usadas poden facer moito dano. • Debemos falar claro e saber escoitar. • A forza hai que empregala noutras tarefas e non para dobregar a unha persoa. • A base do amor é o respecto mutuo, con moito diálogo. • Os problemas que se falan fanse máis pequenos. • A muller debe observar a conduta do home con outras persoas, para coñecelo mellor. • A convivencia é moi complicada. Sen entendemento e respecto é imposible. • Educar co exemplo na casa. • Dicir sempre a verdade.

Brión conmemora o 25-N cunha exposiciónda Secretaría Xeral de Igualdade

Ademais da actividade informativa cos nosos maiores, o Concello de Brión tamén preparou unha actividade aberta a toda a veciñanza para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia. Así, o centro social polivalente de Pe-drouzos albergou a exposición “Cartas de amor, 15 artistas contra a violencia de xénero”, unha selección de 15 obras doutros tantos artistas organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Os centos de veciños e veciñas que visitaron o poliva-lente puideron disfrutar dunha exposición que pretendía establecer un paralelismo entre o mundo romántico das primeiras relacións de parella e a crueldade que ás veces vai asociada ás mesmas. Así, os artistas plasmaron en ima-xes situacións que consideran violentas entre adolescentes para poñer de manifesto a necesidade de mudar esas acti-tudes por outras nas que prime o respecto á parella.

Cartel promocional da exposición “Cartas de Amor”, que estivo instalada no Centro Social Poli-valente de Brión

q

Page 18: 86 - ALTAMIRA Nº 86

18 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

O xornalista José Luís Gómez vai presentar en Brión o seu libro “Cómo salir de esta”

O xornalista brionés José Luís Gómez presentará o próximo venres 1 de febrei-ro o seu libro “Cómo salir de esta”, no que explica que España conseguirá saír da crise económica na que está inmersa, aínda que non an-tes do 2014. Un acto aberto a toda a veciñanza e que terá lugar ás 20:30 horas no cen-tro social polivalente de Pe-drouzos.

Nuns tempos marcados polo desemprego, os recor-tes en sanidade e servizos

sociais, a redución do inves-timento e pola subida de im-postos aprobados polo actual Goberno de Mariano Rajoy, José Luís Gómez lanza unha mensaxe de esperanza ao afirmar que España consegui-rá sair da crise,“aínda que o fará despacio, cunha taxa de desemprego elevado e unha paulatina reducción salarial, salvo sectores competeitivos ou privilexiados”, puntualiza. Unha recuperación que, en todo caso, chegará “non an-tes do 2014”.

O libro editado por Ac-tualia Editorial incluso marca o camiño da recuperación: producir máis e mellor. Como asegura Carsten Moser, ex presidente de la Cámara de Comercio Alemana para Es-paña e autor do prólogo do libro, “Gómez da pistas de cómo recuperar la senda de crecimiento con el mínimo coste democrático, económi-co y social. Esta aportación es lo que hace que este libro tenga un valor añadido muy relevante”.

ACTIVIDADES PARA O NADAL

Títeres, teatro, música e pintura acompañan a Papá Noel e Os Reis Magos no Programa de Nadal.

É tempo de Nadal. E en Brión temos preparado un completo programa de acti-vidades para todas as idades, aínda que con especial aten-ción para os máis pequenos. A cultura é protagonista: títeres, teatro, música e pintura acom-pañaranos nestes días de festa.

Unha das citas máis desta-cadas será o tradicional Fes-tival de Títeres, que este ano acada a súa edición número dezaseis. O punto de encon-tro será, un ano máis, o centro social polivalente e a hora da actuación será as 17:30 horas. A entrada, por suposto, total-mente de balde. E o progra-ma?, pois variado e divertido. Comezamos o mércores 2 de xaneiro con Títeres sin cabeza (Aragón) e a obra “ No sin mi unicornio”. Ao día seguinte, os galegos A xanela do maxín de Galicia representarán “Títeres-musicontos” e os tamén gale-gos Teatro Babaluva pecharán o festival o venres 4 de xaneiro coa súa obra “Lume”.

Un día despois terá lugar un dos acontecementos prin-cipais destas festas, sobre

todo para os máis pequenos: a Cabalgata de Reis. Todos os nenos e nenas de Brión teñen unha cita con Melchor, Gaspar e Baltasar no pavillón polide-portivo ás 17:00 horas, onde tendrá lugar a tradicional re-cepción oficial con agasallos e cun Belén vivente. Ademais, durante o acto entregaranse os premios do Concurso de Pos-tais de Nadal.

No que atinxe aos adul-tos, ademais da Gala Lírica de Ludmila Orlova, os veciños de Brión poderán visitar a mos-tra de pintura do artista Xosé Vázquez Castro, aberta ata o 11 de xaneiro na sala de expo-sicións municipal. E, ademais do xa mencionado Festival de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho”, Pedrouzos tamén acollerá a actuación do grupo profesional Volta e dalle, que o 28 de decembro representa-rá “Escola de menciñeiros”. A cita é no centro social poliva-lente, a partir das 20:30 horas. E, como todas as actividades do Nadal brionés, a entrada é libre e gratuíta. Pois dá gusto saber que aínda queda algo de balde neste mundo.

Page 19: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 19

CULTURA E DEPORTES

TEMPO DE MAGOSTO

Tempo de magosto en Brión. Varios centos de ve-ciños e veciñas de Brión, principalmente familias ao completo, disfrutaron do tradicional magosto con cho-colatada de balde que orga-niza cada ano o Concello. Un magosto no que este ano se degustaron 200 quilos de castañas e outros tantos litros de chocolate quente, que axudaron a soportar as baixas temperaturas.

De feito, para resgardar aínda máis aos asistentes, o Concello trasladou este ano

o magosto da praza lateral ao mesmo corazón da carba-lleira de Santa Minia, onde a propia carpa da polbería instalada no lugar servíu de parapeto. O tempo acom-pañou, xa que non choveu, e o frío non amedrentou ás numerosas familias que se achegaron ata o magosto. Un cuarteto de gaitas puxo a nota musical mentres ducias de cativos xogaban na propia carballeira na espera de que saíse outra fornada de casta-ñas, repartidas grazas á co-laboración da asociación de mulleres Xuntanza.

As castañas e chocolate con churros de balde fi-xeron mais levadeiras as temperaturas tan baixas desa noite.

qUnha grande afluencia de xente congregouse na Carballeira de Santa Minia para clebrar o tradicio-nal magosto.

q

BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Brión gústalle ler. Por iso, todas aquelas iniciativas que teñen que ver cos libros e coa lectura adoitan ter unha gran acollida entre os veciños e veciñas, indepen-dentemente da súa idade. Así pasou co Club Cama-león, unha iniciativa posta en marcha para que os pais e nais poidan iniciar aos seus pequenos no apaixonante mundo da lectura. Agora, o Concello dá un paso adiante.

Así, a Biblioteca Públi-ca Municipal está a organi-zar un club de lectura para maiores de 16 anos, que botará a andar o vindeiro mes de xaneiro. Como en anteriores ocasións, a par-ticipación nesta iniciativa de fomento da lectura é to-talmente de balde, se ben é preciso anotarse na Casa da Cultura (981 50 99 08, en horario de mañá) ou na propia biblioteca municipal (ben presencialmente ou no teléfono 981 50 99 69).

A concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, explica que este club de lectura xorde “diante do éxito de partici-pación do Club Camaleón, creado para as familias brio-nesas con nenos e nenas de

entre 3 e 6 anos de idade, e como un intento de que o hábito da lectura poida chegar a todos os grupos de idade de Brión”. Vázquez La-mas recoñece que esta nova iniciativa pode ser un pouco máis complicada ca o Club Camaleón, “onde as familias están tendo por fin unha ac-tividade na que participaren en conxunto, como familia, ao tempo que inician aos seus pequenos no mundo da lectura”. Sen embargo, incide en na importancia “de seguir estimulando a imaxi-nación de mozos e adultos a través dun bo libro. E máis cando é compartido con outras persoas que teñen a mesma afección”.

O Club de Lectura reuni-rase por primeira vez o ven-res 18 de xaneiro de 2013 nas instalacións da biblio-teca na carballeira de Santa Minia (Pedrouzos). Unha reunión na que se establece-rán as bases e funcionamen-to do propio club. Este Club de Lectura unirase a outras iniciativas de fomento da lectura organizadas polo Concello como o Bookcros-sing, que se está a practicar cunha ducia de libros no centro social polivalente.

Paixón pola lecturaA Biblioteca organiza un Club de Lectura para maiores de 16 anos, que botará a andar o vindeiro mes dexaneiro, tras o éxito do Club Camaleón

Page 20: 86 - ALTAMIRA Nº 86

20 | Concello de Brión

CULTURA E DEPORTES

MOITO TEATRO... EN BRIÓN

Mouchiño, o teu é puroteatro

Por sexto ano consecutivo a parroquia brionesa de Ons convértese nun referente do teatro afeccionado que se fai en Galicia ao acoller unha nova edición do Festival de Teatro Afeccionado “Pedra do Mou-cho”. Nesta ocasión foron cin-co os grupos que participaron no certame que, como en anos anteriores, tivo como epicen-tro o teleclube de Ons, que se encheu durante estes sábados de amantes do teatro.

O calendario abriuno Ba-dius Teatro, de Baio (Zas), que triunfou cunha divertida obra: “Facer o Sueco”, unha come-dia dirixida por Alberte Villar sobre un divertido enredo que ten lugar cando o xefe sueco do protagonista, que traballa no IKEA da Coruña, vén devol-verlle unha visita. Como é de orixe esquimó, en Suecia ce-déralle a súa muller, cousa que o seu empregado galego non está disposto a facer agora.

A sexta edición do Festival de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho” continuou o sába-do 24 de novembro, co Grupo de Teatro Rueiro, que repre-

senta a peza teatral “A miña muller e o fontaneiro”. Xa no mes de Nadal, o sábado día 1 Teatro de Cámara DITEA acu-diu a Ons coa obra “Acto im-previsto”. Esta compañía com-postelán, pioneira do teatro afeccionado en Galicia e con máis de medio século de his-toria ás súas costas, represen-tou en Ons un espectáculo que contaba a realidade cotiá de dúas limpadoras que irrompen nun teatro días antes da estrea dunha obra e que van contan-do as súas tráxicas vivencias.

Se o día 15 de decembro foi o turno dos locais Tranga-lleiro Teatro, o ciclo pecharase o día 19 de xaneiro de 2013 coa compañía Andaravía Tea-tro, que porá en escena a obra “Asamblearias”. Como todas as representacións, a actuación comezará ás 20:30 e a entrada é de balde. Este sexta edición do Festival de Teatro Afeccio-nado “Pedra do Moucho” está organizado pola asociación cul-tural e deportiva de Ons “Pe-dra do Moucho”, en colabora-ción coa Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) e o Concello de Brión.

O enfermo imaxinario de Trangalleiro Teatro goza de boa saúdeO grupo brionés arrasa en Pedrouzos e realiza unha xira por concellos veciños.

Quen dixo aquilo de que ninguén é profeta na súa terra, fíxoo porque non coñecía aos integrantes de Trangalleiro Teatro. O grupo de teatro afeccionado brio-nés volveu o pasado mes de novembro aos escenarios despois de algo máis de ano e medio de ausencia. E fíxoo pola porta grande, deixan-do pequeno o auditorio do centro social polivalente nas súas dúas representacións.

“Levan máis dun ano ensaiando esta obra, pois é unha peza dunha dura-ción de hora e dez minutos e tomárono moi en serio e tamén con calma”, explica Elisa Iglesias, codirectora da obra xunto a Sergio Lago. E é que unha obra da talla de “O enfermo imaxinario”, de Moliére, merecía tal prepa-ración. Só con moitas horas de traballo se consegue que a historia dun home hipo-condríaco, que quere casar á súa filla cun médico para garantirse un tratamento de por vida, conectara tanto co público que aínda se escoi-

tas os ecos dos risos no au-ditorio de Pedrouzos.

Un auditorio que, por certo, non foi o único que acolleu esta representación. Xunto á súa participación no Ciclo de Teatro Afeccionado “Pedra do Moucho”, Tranga-lleiro Teatro tamén decidiu o seu arte polos concellos veciños. O multiusos de Rois foi o primeiro, o pasado 1 de decembro, e a última opor-tunidade de velos actuar por este ano será na paxareira de Dodro o venres 28 de de-cembro, ás 20:00 horas.

Trangalleiro Teatro está conformado por nove acto-res e actrices de Brión, todos eles maiores de cincuenta anos, que no 2009 decidiron levar aos escenarios o seu amor polo teatro. Dende entón levan representadas catro obras: “A tía Lambida”, de Eduardo Blanco Amor (2009), “Os casados de pou-co”, de Varela Buxán (2009), “Os cravos de prata” (2010) e a actual “O enfermo imaxi-nario” (2012).

A veciñanza respalda a sexta edición do Festival de Teatro Afeccionado enchendo o teleclube de Ons

Page 21: 86 - ALTAMIRA Nº 86

HISTORIAS DE BRIÓN

A esvelta fonte de Pedrouzos está a cumprir cen anos. Na entrada da Carballeira de Santa Minia sau-dando coa súa música cantareira a quen chega ou vai de paso. Chámanlle “fonte de Santa Minia” polo seu emprazamento na carballeira da santa, pero sen que ás súas augas se lles aplique ningunha especial virtu-de santificadora.

De feito, a fonte instalouse cando xa o santua-rio de Santa Minia levaba preto de cincuenta anos levantado e naceu como complemento sanitario e ornamental da feira que tanta vida e riqueza trouxo a Brión durante a primeira metade do século XX. A feira de Pedrouzos inaugurouse o 30 de marzo de 1912, tiña periodicidade mensual e celebrábase o sábado anterior ao último domingo de cada mes.

Para comprobar a vinculación da fonte coa feira basta observar a estatua que a coroa: é unha clásica representación do deus dos gregos Hermes, que os romanos chamaban Mercurio, é o deus do comercio, e así o indica o seu nome latino: “mercurio” vén de “merx” = mercadoría. Ademais de patrón dos comer-ciantes, era mensaxeiro dos deuses; por iso se repre-senta con ás na pucha (chamada petaso) e mais nas sandalias; na man ergueita amosa o caduceo, dúas serpes enroladas nunha vara de oliveira, formando un oito, símbolo do equilibrio e do movemento cósmico.

O principal impulsor da feira de Brión fora o veciño do Tremo Vicente Ramos, que tiña importantes nego-cios en Bos Aires. El foi tamén quen pagou a fonte, in-augurada en acto solemne no día da feira de agosto do ano seguinte á iniciación da feira (30 de agosto de 1913).

Revista Altamira | 21

A fonte de Pedrouzos cumpre cen anos

A restauración da fonte correu a cargo dos obreiros municipais no verán de 2006.q

O acto oficial de inauguración da fonte tivo lugar o 30 de agosto de 1913.

qA obra consta dunha pía octogonal e no medio

unha pilastra tamén octogonal con catro canos en fi-gura de león botando a auga pola boca. Ten trazas do estilo modernista, que estaba en auxe naquela épo-ca. Construiu a fonte, e pensamos que tamén debeu ser o autor de deseño, o escultor compostelán Xosé Rivas Rodríguez (1889-1951), que tiña un importante taller de escultura na rúa do Vilar dende o ano 1909. El foi o que esculpiu o grupo de figuras que cubren o frontón da fachada da Facultade de Medicina de San-tiago; deixou tamén infinidade de imaxes nas igrexas da Amaía. Sen embargo, a estatua de Mercurio é de autoría dun coñecido canteiro da Rúa de Francos (Calo-Teo) falecido hai uns 40 anos chamado Manuel Cornes e o seu nome campea na base da escultura, que é de cemento.

Debeu ser traballosa a captación e condución da auga para abastecer a fonte, pois o manantío está a unha distancia de medio quilómetro, no lugar de Aguiar. Á captación accédese dende a estrada xeral por unha galería subterránea de máis de cen metros de longo.A auga conducíase por tubería cerámica, que se mantivo ata hai uns 25, cando se urbanizou a avenida de Santa Minia e se instalaron as beirarrrúas. A fonte foi rehabilitada hai uns seis anos e acondicio-nouse o seu entorno. Tamén a estatua de Mercurio tivo que ser reparada, pois o paso do tempo fixera o seu traballo e fora perdendo a súa prestancia,

Vaites fonte centenaria de Pedrouzos que naceu soberbia para presidir a feira mensual. Esta agora está transformada no mercadiño dos martes, pero a fonte segue impasible saudando aos visitantes.

Page 22: 86 - ALTAMIRA Nº 86

22 | Concello de Brión

TAMÉN FOI NOTICIA

XXX CARREIRA PEDESTRE DA AMAIAA XXX Carreira Pedestre da Amaia cumpríu cos pronósticos

e conseguíu marcar un récord de participación con 367 atletas, 93 nenos e 274 adultos. O atleta de Poio Rafael Fuentes Lubián (Sociedade Gimnástica de Pontevedra), gañou cun tempo de 22 minutos e 32 segundos. Unha marca que supuxo rebaixar en 2 minutos e 4 segundos o tempo do gañador da edición de 2011 e que lle permitiu sacar unha cómoda vantaxe de case un minuto sobre o segundo clasificado, Carlos Porto (RC Celta).

Na categoría feminina, a victoria foi para Águeda Blanco.

EXPOSICIÓN DA AGAEC: MATINANDOA Asociación Galega de Arte e Cultura presentou en Brión o

traballo de once artistas con obras de pintura, escultura e foto-grafía baixo o nome de Matinando.

A exposición permaneceu na sala de exposicións da Casa da Cultura dente o 25 de outubro ata o 14 de novembro e foi visitada por numerosos amantes do mundo da arte.

Entre os artistas que presentaron a súa obra, atopabase o ve-ciño de Brión, Fran Lareo que se dedica a escultura decorada en pequeno formato.

O GRUPO DE TEATRO BADIUS DE BAIOFoi o encargado de abrir, con grande éxito, o sexto festival de

Teatro Afeccionado Pedra do Moucho. Este festival converte nes-tes dias a parroquia de Ons en todo un referente do bó facer dos novos actores e actrices galegos.

Esta compañía puxo en escea a obra “Facer o sueco” e arrin-cou o sorriso de preto dun cento de veciños e veciñas de Brión que encheron o teleclube desta parroquia . O festival Pedra do Mouco está ogranizado pola asociación cultural e deportiva de ons que leva o mesmo nome, en colaboración coa Federación Ga-lega de Teatro Afeccionado (Fegatea) e o Concello de Brión.

QUINTETO DE METAIS SANTA CECÍA

No marco das IV Xornadas Musicais Santa Cecía, organizadas pola Escola Municipal de Música Magariños, o grupo de Metais Santa Cecía realizou un concerto didáctico na sala de exposicións da casa da cultura de Brión.

Esta formación, que está composta por cinco músicos de dife-rentes agrupacións instrumentais e profesores de conservatorios de Galicia, fixo as delicias do numeroso público asistente convi-nando música e humor nun concerto que gustou tanto aos mais novos como aos maiores.

Page 23: 86 - ALTAMIRA Nº 86

Revista Altamira | 23

PASATEMPOSSUDOKU FACIL SUDOKU DIFICIL

ULTIMA PÁXINA

UN POUCO DE HUMOR...

Page 24: 86 - ALTAMIRA Nº 86

t INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE VÁZQUEZ CASTRO

Home namorado da arte, artista polifacético, e ante todo, traballador nato, o artista X. Vázquez Castro inaugurou o venres 14 de decembro unha mostra de pintura na Sala de Exposicións do Concello de Brión.

Entre os asistentes atopamos moitos veciños e veciñas de Brión; tamén numerosos artistas plásticos coma Rafael Úbeda, Veiras Manteiga, Beatriz Ansede, Mª Xesús Díaz, Yolanda Carbajales ou Xosé Vizoso.

As persoas interesadas en coñecer de preto a obra de X. Vázquez Castro poden facelo ata o 11 de xaneiro na Sala de Exposicións do Concello de Brión. O horario de visita é de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, de luns a venres.

Concello de BriónPraza do Concello, Nº 1

15865 - Pedrouzos - BriónTelf.: 981 88 70 06 Fax: 981 88 74 31 mail:[email protected]

web: www.concellodebrion.org

27anos