a auga na cultura galega. auga que corre
TRANSCRIPT
![Page 1: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/1.jpg)
![Page 2: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/2.jpg)
Galicia ten milleiros de ríos e regatos, milleiros de lugares nos que a auga se atopa en contacto íntimo e inseparable co cerne da terra nai, contacto que os convirteu en inseparables e complementarios e orixe de multitude de formas mudables e cambiantes.
![Page 3: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/3.jpg)
Un río é unha corrente permanente de auga que discorre por un leito fixo.
![Page 4: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/4.jpg)
Os REGATOS, REGOS ou REGUEIROS son ríos de pouco caudal.
![Page 5: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/5.jpg)
As NACENTES, MANANCIAIS, ILLÓS... son lugares onde a auga infiltrada abrolla á superficie.
![Page 6: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/6.jpg)
Vaias por onde vaias, sobre todo entre outono e primavera, atopas un curso de auga, grande ou pequeno, de discorrer maino ou bravío.
![Page 7: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/7.jpg)
Río Xesta
O río ábrese camiño pendiente abaixo e vai formando vales.
![Page 8: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/8.jpg)
Canón do Sil
Canóns impresionantes coas rochas espidas, testemuñas da acción do río durante milleiros de anos.
![Page 9: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/9.jpg)
Zonas remansadas, onde a auga descansa e acolle multitude de formas de vida.
![Page 10: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/10.jpg)
O río vai traballando no seu leito e xogando coas pedras.Golpéaas, rómpeas, púleas, escavaas, forma coviñas, olas ou pilancóns, arrástraas e logo deposítaas noutros lugares convertidas en coios, pelouros ou areas.
![Page 11: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/11.jpg)
Cando a inclinación da pendente é moi pronunciada o río corre con moita velocidade formando rápidos e fervedoiras.
![Page 12: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/12.jpg)
O efecto da abrasión crea pozas, pilacóns ou olas de xigante, furados máis ou menos cilíndricos de distintas dimensións producidos por pedras que, empurradas pola corrente, xiran dentro deles.
![Page 13: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/13.jpg)
![Page 14: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/14.jpg)
Nas zonas de grandes desniveis o río déixase caer formando FERVENZAS, CADOIROS, SEIMEIRAS, PINCHEIRAS, FREIXAS...recunchos acolledores ou espectaculares.
![Page 15: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/15.jpg)
Sería case imposible inventariar as fervenzas que hai en Galicia, desde os pequenos regos ata os grandes ríos, raro é o lugar onde non se atopa algunha. E froito desa gran abundancia e variedade é tamén a diversidade de nomes que podemos atopar percorrendo o país: fervenzas, férvedas, fírvedas, freixas, fechas, ficheiras, chorreiras, chorredeiras, cadoiros, saltos, cataratas, cachóns, abanqueiros, cachoeiras, cascadas, ruxidas, ruxidoiras, rexedoiras, cenzas, censas, caeiras, pincheiras (no Courel), seimeiras (na Fonsagrada), pesqueiras (nos Ancares)...
Río Casteligo
![Page 16: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/16.jpg)
Cadoiro do Toxa Seimeira de Vilagocende
![Page 17: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/17.jpg)
Na base das fervenzas, en moitos casos, fórmanse pozos, pozas ou olas.
A xente adoita darlles nome como Pozo Negro, Pozo do Demo, Pozo do Inferno, Pozo Sangoento… e moitas veces atópanse lendas asociadas de tesouros afundidos, campás, tinas de ouro, persoas ou carros de bois e de meigas, fadas, lumias, mouras e outros espiritus que moran no fondo.
Pozo Sangoento onde vive a Serpe Bichoca. Río Seixo, afluente do Lérez (Cerdedo).
![Page 18: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/18.jpg)
Olasno Río Belelle
![Page 19: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/19.jpg)
Ola do Pombar. Río Quiroga.
![Page 20: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/20.jpg)
Unha escorregadoira é unha laxe pola que esbara a auga.
![Page 21: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/21.jpg)
Un piago ou pego é un lugar profundo no río
Pozo do Pego. Río Ulla en Touro
![Page 22: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/22.jpg)
Os ríos presentan ás veces subidas extraordinarias das augas, son crecidas (enchentes) e baixadas anormais de caudal (secas).
Variacións de caudal no Sil.
![Page 23: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/23.jpg)
Enchente no Umia
![Page 24: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/24.jpg)
Onde o río perde forza deposita os cantos, coios ou pelouros
![Page 25: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/25.jpg)
Ao chegar ao mar os ríos forman esteiros , amplos espazos nos que os sedimentos non sobresaen da auga porque o mar arrástraos. Coa marea baixa quedan o descuberto os ariños, lombos ou bancos de area
Esteiro do Umia
![Page 26: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/26.jpg)
As DOIRAS ou TORRENTES son cursos de auga temporais, mentres duran as choivas.
![Page 27: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/27.jpg)
Os cavorcos son excavacións estreitas e profundas producidas polas correntes de auga temporais
![Page 28: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/28.jpg)
O RITO DA INMERSIÓNEn Galicia nas épocas de seca o pobo adoita pedir chuvia por medio de oracións, procesións e rogativas a certos santos considerados “portadores de auga”. Nalgúns lugares acostúmase a meter o santo no río ou simúlase facelo. No río Deva, os veciños de San Breixo de Deva levan ao San Bartolomeu, en Cuntis meten a Santiago Apóstolo no río Gallo, en santa Mariña de Ribeira (A Estrada) levan a imaxe de San Vicente ao río Ulla para mollarlle os pés.
![Page 29: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/29.jpg)
SERES MÍTICOS RELACIONADOS COS RÍOSExisten lendas que falan de homes e mulleres peixe no río Miño. Tamén se citan as lavandeiras, as feiticeiras, os encantos, as lamias e os xacios e xacias.
![Page 30: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/30.jpg)
O RÍO DO ESQUECEMENTONa antigüidade extendeuse a crenza de que aquel que se atrevese a vadear o río Limia perdería a memoria. O historiador romano Tito Livio dinos que cando Décimo Xuño Bruto chegou coas súas tropas ao Limia non se atrevían a cruzalo por medo a perder a memoria, e que tivo que ser o propio Décimo Xuño Bruto o que o vadeu primeiro, e logo foi chamando aos xefes das súas centurias, para que visen que non perdera a memoria.
![Page 31: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/31.jpg)
ADIVIÑAS É longo coma un camiñoe vai fozando coma un cochiño.(o río)
Son dúas irmánse nunca xuntas as verás(as beiras do río)
Atrás dun penedoparíuno súa nai;correu pola terrae casouse no mar
Por un carreiriñomoi mal empedrado,ando e non me molloe sempre vou mollado(o río)
![Page 32: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/32.jpg)
DITOS E REFRÁNS-Nin casa á beira do río, nin viña á beira do camiño-Deica xaneiro, calquera burro avanta o regueiro, pero de xaneiro en diante, non hai can que o avante.-Febreiro, barranqueiro, cada suco seu regueiro.-O que ao río achega, o río o leva.-Auga que vai río abaixo para arriba non ha de volver.
![Page 33: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/33.jpg)
CANTIGAS
Eu pasei o río a nado,Maruxiña, por te ver,eu pasei o río a nadoa piques de me perder Sempre te encontro lavandono río Lérez lixeiro,quen me dere ser o ríoonde te lavas primeiro.
Funme botar a durmirao pé da auga que corre,a auga foime decindoquen ten amores non dorme. Para tomar aires purosquero as alturas dos montes;o río para bañarmeque auga trae de moitas fontes
![Page 34: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/34.jpg)
Pasa río, pasa río,có teu maino rebulir;pasa pas’ antr’ as froliñascolor d’ ouro e do marfil,e quen c’ os teus doçes labiostan doçes cousas lle dis.Pasa, pasa, máis non vexanque te vas á ó mar sin fin,poqu’ entonces ¡ay probiñas,canto choraran por ti!…Pasa, pasa, caladiño,co teu manso rebulir,camiño dó mar salado,camiño dó mar sin fin;e leva estas lagrimiñas,si as de chegar por alí,pretiño dos meus amores,pretiño dó meu vivir.
ROSALÍA DE CASTRO, en “Cantares Gallegos”.
![Page 35: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/35.jpg)
Os regueiros do Meda e do Albelae os rianchos que descen do Oribioó xuntarse nas agras de Lózara
trenzaron o río;este rideiro río de Samosque nas laxes rompendo camiñoa bulir e furar mato adiantede touza en lameiro, choutando a rebrincos,apañando pingotas de orballo,zugando nas néboas, bebendo chuviscos,inza o peito e estirándose, a pulos,vai pasando de neno a mociño.
...RAMÓN CABANILLAS
O Río e as Nereidas
![Page 36: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/36.jpg)
PANOS brancos esfiañados da nebraouveando polos vales polos soutos i as devesas marelasen busca dun cavorco ou dunha valiña outa que os acollai os faga acougar!
Fiañas de nebra rubindo e baixando á gaiola do airepolas serras érmedas e polos soutos despidos do Nadal!
![Page 37: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/37.jpg)
TRONOU ventou e choveo.Bicouse a terra co ceo.A noite que onte caiusólo foi pra quen a oíu.Ameteu o río ameteron as fontesi os fontegallos dos montes.Naz a auga a goforón.Regan os prados a cachón.... UXÍO NOVONEYRA
![Page 38: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/38.jpg)
Prados do río!Pincheiras a cachón i a fío!Niste pao sentadocando viña de nino co gadofacía cintos de xunco trenzado. UXÍO NOVONEYRA
![Page 39: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/39.jpg)
CARROZO: regueiro de moito desnivel, encaixado.
O ruxir do carrozoo ceo do fondo do pozo.Todo sabe e deixa verque vai chover. UXÍO NOVONEYRA
![Page 40: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/40.jpg)
“O río sigue no seu, coma fai catro ou cinco ou cen mil anos. Sigue rolando, moendo o tempo e luindo pelouros con feroce teimosía; dabúa, ruxe, agurgulla en escumas, fura nas raiceiras, e eu vexo nel a vida, o alento de cada hora dándolle feitío á eternidade, e síntome cativa no arrimo desta orela, destas pedras carricentas postas polo xenio andeiro dos romanos”
XOSÉ NEIRA VILAS “Querido Tomás”
![Page 41: A auga na cultura galega. Auga que corre](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022081801/559d05211a28ab7a698b4707/html5/thumbnails/41.jpg)
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon DaportaFebrero 2013