a biosfera
TRANSCRIPT
A BIOSFERA
A BIOSFERA A biosfera é o conxunto de todos os seres
vivos que habitan a Terra.
CARACTERÍSTICAS DOS SERES VIVOS• Nacen e morren.• Teñen unha
composición química similar. Formados por substancias orgánicas, propias dos seres vivos.
• Están formados por células.
• Realizan tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.
COMPOSICIÓN QUÍMICA Dos máis de 90 elementos
químicos presentes na natureza unicamente uns 30 son esenciais para os seres vivos.
Son os chamados bioelementos que poden ser principais ou secundarios. Principais: son o carbono,
hidróxeno, osíxeno e nitróxeno. Secundarios: son o fósforo, o
xofre, calcio, sodio, potasio, magnesio e cloro.
COMPOSICIÓN QUÍMICA Os bioelementos clasifícanse
formando moléculas, chamadas biomoléculas, que se clasifican en: Inorgánicas: auga e sales minerais. Orgánicas: hidratos de carbono,
lípidos, proteínas e ácidos nucleicos. Algunhas biomoléculas orgánicas,
como as proteínas, os ácidos nucleicos e algúns hidratos de carbono son moi grandes e denomínanse macromoléculas.
AUGA De media supón o 75 % da masa
dos organismos. Funcións:
Medio onde se producen reaccións químicas.
Función transportadora: Sangue, savia.
Reactivo en reaccións bioquímicas. Termorreguladora: Suor. Esqueleto hidráulico debido á
presión osmótica.
SALES MINERAIS En estado sólido con
función esquelética (ósos, cunchas, etc).
Disoltas con diversas funcións: Mantemento da presión
osmótica. Mantemento do pH. Transmisión impulso
nervioso, etc.
GLÍCIDOS Tamén chamados
azucres. Funcións:
Enerxética: proporcionan enerxía aos seres vivos.
Estrutural: forman parte de estruturas dos organismos (paredes celulares, etc.)
LÍPIDOS Forman parte das
membranas celulares (fosfolípidos, colesterol).
Dan consistencia e protección (ceras e graxas).
Son a reserva enerxética: Graxas e aceites.
PROTEÍNAS Forman membranas,
citoesqueleto, pelo, uñas, etc. Son transportadoras como a
hemoglobina. Regulan as reaccións químicas
no organismo. Con actividade hormonal
(insulina), e inmunitaria (anticorpos)
ÁCIDOS NUCLÉICOS Portador e transmisor da
información xenética. Dous tipos:
ADN. ARN.
FUNCIÓN DE NUTRICIÓN Mediante a función de nutrición os
organismos vivos obteñen a materia e enerxía que necesitan do medio que lles rodea.
Hai dous tipos: Nutrición autótrofa Nutrición heterótrofa
NUTRICIÓN AUTÓTROFA Mediante este mecanismo os
seres vivos obteñen a materia e enerxía que necesitan do Sol, o dióxido de carbono e as substancias minerais.
É o que se coñece como fotosíntese.
Son autótrofos plantas, algas e algunhas bacterias.
NUTRICIÓN HETERÓTROFA É a utilizada polos animais,
fungos e microorganismos que utilizan como fonte de enerxía e materia nutrientes que proceden doutros seres vivos.
É dicir nútrense de materia orgánica.
FUNCIÓN DE RELACIÓN A relación consiste en captar
os cambios que se producen na contorna e poder reaccionar ante eles.
Os cambios que se producen no medio son os estímulos.
As reaccións producidas polo organismo son as respostas.
FUNCIÓN DE REPRODUCIÓN A finalidade da reprodución é a perpetuación
das especies, producindo individuos semellantes aos seus proxenitores.
Hai dous tipos: Reprodución asexual. Reprodución sexual.
REPRODUCIÓN ASEXUAL Intervén só un individuo do que se orixinan
os descendentes.
REPRODUCIÓN SEXUAL Dous individuos de distinto sexo. As células sexuais denomínanse gametos. A unión dos gametos por fecundación forma
o cigoto.
CICLO VITAL Conxunto de etapas polas que pasa un
organismo ao longo da súa vida.Metamorfose da ra Ra con cola. Ten
pulmóns para respirar
Cágado con cola e patas, respira por branquias que ten
no interior
Cágado con cola, respira por
branquias externas, sen patas
Ovos
Ra adulta, termina o seu ciclo,
novamente pon ovos e iníciase un
novo ciclo
A CÉLULA Robert Hooke
(século XVII) observando ao microscopio unha lámina de cortiza comprobou que nos seres vivos aparecen unhas estruturas elementais ás que chamou células.
Debuxo de R. Hooke dunha lámina de
cortiza ao microscopio
A CÉLULA Estudos realizados posteriormente
permitiron establecer no século XIX o que se coñece como Teoría Celular, que di o seguinte:1- Todo ser vivo está formado por unha ou máis células.
2- A célula é o máis pequeno que ten vida propia: é a unidade anatómica e fisiolóxica do ser vivo.
3- Toda célula procede doutra célula preexistente.
4- O material hereditario pasa da célula nai ás fillas.
ORGANIZACIÓN CELULAR
A estrutura básica dunha célula consta de:
MEMBRANA PLASMÁTICA: unha membrana que a separa do medio externo, pero que permite o intercambio de materia.
CITOPLASMA: unha solución acuosa no que levan a cabo as reaccións metabólicas.
ADN: material xenético, formado por ácidos nucleicos.
ORGÁNULOS CELULARES: estruturas subcelulares que desempeñan diferentes funcións dentro da célula.
Podemos atopar dous tipos de células nos seres vivos:TIPOS DE CÉLULAS
CÉLULA PROCARIOTA O material xenético ADN
está libre no citoplasma. Só posúe uns orgánulos
chamados ribosomas. É o tipo de célula que
presentan as bacterias.
CÉLULA EUCARIOTA O material xenético ADN está
encerrado nunha membrana e forma o núcleo.
Posúen un gran número de orgánulos.
É o tipo de célula que presentan o resto de seres vivos.
A CÉLULA ANIMAL E VEXETAL Recorda: que a célula vexetal caracterízase
por:Ter unha parede celular ademais de membranaPresenta cloroplastos, responsables da fotosíntesisCarece de centriolos.
As célula vexetais caracterízanse por:- Ter unha parede celular ademais de membrana.- Presenta cloroplastos, responsables da fotosíntese.- Carece de centríolos.
Célula animal Célula vexetal
ORGÁNULOS CELULARES
Núcleo contén a instrucións
para o funcionamento
celular e a herdanza en forma de ADN.
Vacuolas vesículas cheas de
sustancias de reserva ou refugallo.
Mitocondrias responsables da
respiración celular, coa que a célula obtén a enerxía
necesaria.
Cloroplastosconteñen
pigmentos que permiten realizar
a fotosíntese.
Parede celular parede grosa e ríxida composta
de celulosa
ORGANISMOS UNICELULARES Os seres unicelulares son os seres
de organización máis sinxela. Están formados por unha soa
célula. Son microscópicos. Poden ser procariotas (bacterias)
ou eucariotas (algas, protozoos e algúns fungos).
Poden agruparse para formar unha colonia, que se orixina a partir dunha soa célula que se divide. As células fillas quedan unidas entre si formando a colonia.
ORGANISMOS PLURICELULARES Os seres pluricelulares
están formados por gran número de células.
Existe diferenciación celular. Cada forma celular realiza unha función específica.
As células non poden separarse do organismo e vivir independentemente. Necesitan das outras para vivir.
NIVEIS DE ORGANIZACIÓN
Grupo de células que realizan unha determinada función.
Grupo de células ou tecidos que realizan unha determinada
función.
Grupo de células, tecidos e órganos
que están organizados para
realizar unha determinada
función.
A BIODIVERSIDADE E AS ADAPTACIÓNS Entendemos por biodiversidade o conxunto
de todas as formas de vida diverentes. Esta variedade é consecuencias das
adaptacións. Fisiolóxicas
Morfolóxicas Etiolóxicas
A CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOSPor que se necesita un sistema
de clasificación? Descubríronse máis dun
millón de especies de animais e máis de 325.000 especies de plantas.
A lista aumenta cada ano. Unha das tarefas dun
científico é buscar orde onde parece haber desorde.
Para iso, desenvolvéronse sistemas para agrupar ou clasificar os organismos.
TAXONOMÍA É a ciencia encargada da clasificación. Emprega dous criterios:
Artificial: consideran características externas. Natural: consideran características externas e
composición xenética.
TAXONOMÍA NATURAL Establece unha clasificación
xerárquica baseada en agrupar os individuos, de forma que cada grupo inclúe subgrupos máis pequenos chamados taxóns.
O grupo máis sinxelo é a especie.
A partir da especie, fórmanse grupos de seres vivos incluídos noutros grupos cada vez máis amplos: xénero, familia, orde, clase, filo e reino.
ESPECIE Unha especie biolóxica é
un conxunto de individuos con características comúns, capaces de cruzarse entre si e producir descendentes fértiles.
Cada especie identifícase mediante dous nomes escritos en latín: nome xenérico e nome específico. É a nomenclatura binomial. Homo sapiens (ser humano). Zea mays (millo). Phasianus colchicus (faisán).
OS CINCO REINOS
MónerasUnicelulares
procariotas. Autótofos e heterótofos. Son as
bacterias.
ProtoctistasUnicelulares e pluricelulares eucariotas. Autótrofos e
heterótrofos. Son os protozoos e as
algas.
FungosUnicelulares e pluricelulares
eucariotas, sen tecidos.
Heterótrofos. Mofos, lévedos e
cogomelos.
OS CINCO REINOSPlantas
Pluricelulares eucariotas con tecidos.
Autótrofos. Son os musgos, fentos e plantas con flor.
AnimaisPluricelulares eucariotas
con tecidos. Heterótrofos.