a cantiga de amor
TRANSCRIPT
![Page 2: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/2.jpg)
DEFINICIÓN xénero lírico voz masculina palabra clave SENHOR (normalmente
no primeiro verso) expresa sentimentos amorosos,
suplícalle atención á dama e quéixase modelo: o amor cortés no que o
namorado mostra submisión á dona consérvanse arredor de 700 cantigas
![Page 3: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/3.jpg)
AMOR CORTÉS muller aristócrata o trobador actúa coma un vasalo. Debe
gardar submisión, discreción e fidelidade a muller pode estar casada ou solteira
![Page 4: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/4.jpg)
GRAOS NA RELACIÓN feñedor: sofre, pero non se atreve a
dirixirse á dama. precador: pídelle a dama que o
acepte coma o seu namorado. entendedor: ela acéptao e
prodúcese a vasalaxe amorosa. drudo: amante correspondido.
Relación carnal.
![Page 5: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/5.jpg)
DIFERENZAS COA CANÇÓ PROVENZAL
cançó provenzal cantiga de amor gal-port.
joy (alegría) coita (sufrimento)o trobador chega a drudo non chega nunca a drudohai senhal (alcume) dama totalmente
anónimadescrición física da dama muller idealizada e
abstracta
![Page 6: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/6.jpg)
PERSONAXESMULLER - idealizada
- sen descrición física: “fremosa”, “bon parecer”, “ben tallada”- calidades morais: bondadosa, discreta (mesura), valente (prez) e leal
NAMORADO - angustiado (coita)- amor non correspondido: loucura (sandece, fol) e morte por amor- fiel- non agarda ser correspondido
PERSONAXES DE MENOR RELEVANCIA
- os amigos- Deus- os miscradores: delatores, murmuradores, competidores- gardas: vixilantes da dama
![Page 7: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/7.jpg)
TEMAS eloxio da dama: é perfecta, tanto física
como moralmente. amor do poeta pola dama: o poeta
decláralle o seu amor. reserva da dama: a senhor acepta o
galanteo amoroso pero mantense distante.
coita de amor: o sufrimento pode xenerar insomnio, perda de apetito, loucura...
![Page 8: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/8.jpg)
ESTRUTURA
cobras = estrofas. palavras = versos. cantigas de refrán: con estribillo (verso ou
versos que se repiten ao final de cada estrofa). Relacionadas coa lírica tradicional.
cantigas de mestría: sen estribillo. De influencia provenzal, máis culta.
finda: verso ou versos que van ao final da cantiga e resumen, completan ou reafirman o seu contido.
![Page 9: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/9.jpg)
MEDIDA DOS VERSOS cóntanse as sílabas ata a última sílaba
acentuada. Nin se suma nin se resta. rima macho: o verso remata en palabra
aguda. rima femia: o verso remata en palabra
grave. rima consonante / asonante. palavra perduda: un verso non rima con
ningún outro da estrofa. Vai sempre situado no mesmo lugar en cada unha das estrofas.
![Page 10: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/10.jpg)
ESTROFAS unisonantes: todas as estrofas teñen o mesmo
esquema de rima. singulares: cada estrofa presenta un esquema de
rima diferente. dobras: o esquema de rima varía cada dúas
estrofas. alternas: as estrofas pares repiten un esquema de
rima e as estrofas impares, outro.
![Page 11: A cantiga de amor](https://reader036.vdocuments.pub/reader036/viewer/2022082501/589c58d51a28abc4358b52b7/html5/thumbnails/11.jpg)
RECURSOS FORMAIS
dobre: repetición dunha palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos da mesma cobra. Se non afecta a todas as estrofas é un dobre imperfecto.
mordobre: repetición do mesmo lexema en lugares simétricos da mesma cobra. Se non afecta a todas as estrofas é un mordobre imperfecto.
palabra rima: repetición da mesma palabra ou grupo de palabras en posición de rima en todas as estrofas. Se non afecta a todas as estrofas é unha palabra rima imperfecta.
cantiga ateúda: encabalgamento entre as estrofas polo que o significado do último verso de cada estrofa se complementa no primeiro verso da seguinte estrofa.
cantiga ateúda ata a finda: cando tamén hai encabalgamento entre a última estrofa e a finda.