a expresión corporal. concepto, evolución histórica e ... · corporal como a expresión do...
TRANSCRIPT
Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade
Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade
Mes
tre e
spec
ialid
ade
en E
duca
ción
Infa
ntil
- M
estre
esp
ecia
lidad
e en
Edu
caci
ón P
rimar
ia
Actividades de Expresión Corporal
Rubén Navarro PatónDepartamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
Escola Universitaria de Formación do Profesorado
1
A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares
9788498
875676
ISBN 978-84-9887-567-6
A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares
1
Rubén Navarro PatónDepartamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
Escola Universitaria de Formación do Profesorado
ADVERTENCIA LEGAL: reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación, total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (elec-trónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen
consentimento expreso por escrito dos editores.
© Universidade de Santiago de Compostela, 2011
DeseñoUnidixital
EditaVicerreitoría de Extensión Universitaria,
Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela
Servizo de Publicaciónsda Universidade de Santiago de Compostela
ImprimeUnidixital
Servizo de Edición Dixital da Universidade de Santiago de Compostela
Dep. Legal: C 267-2011 ISBN 978-84-9887-567-6
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 3
MATERIA: Actividades de Expresión Corporal TITULACIÓNS: Mestre especialidade en Educación Infantil e mestre especialidade en Educación Primaria PROGRAMA XERAL DO CURSO Localización da presente unidade didáctica Unidade I. A expresión corporal
Concepto de expresión corporal Evolución da expresión corporal a través da historia A expresión corporal dentro do currículo educativo
Unidade II. Elementos da expresión corporal O corpo O espazo O tempo A enerxía
Unidade III. Fases de aprendizaxe da expresión corporal Fase de exploración Fase de expresión Fase de creación Fase de comunicación
Unidade IV. Actividades e técnicas de expresión corporal no ámbito educativo
A danza O mimo A dramatización
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 5
ÍNDICE
Presentación ................................................................................................. 7 Os obxectivos ............................................................................................... 8 A metodoloxía ............................................................................................... 9 Os contidos ................................................................................................... 9
1. Concepto de expresión corporal .................................................. 9 2. Evolución da expresión corporal a través da historia ................ 10
2.1. Prehistoria ................................................................. 10 2.2. Civilizacións prehelénicas ........................................ 10 2.3. Grecia ....................................................................... 10 2.4. Roma ........................................................................ 11 2.5. A expresión corporal na Idade Media ....................... 11 2.6. A expresión corporal no renacemento ..................... 11 2.7. A expresión corporal na Reforma, a
Contrarreforma e o Barroco .................................... 11 2.8. A expresión corporal na Ilustración .......................... 11 2.9. A expresión corporal no século XIX ......................... 12 2.10. A expresión corporal no século XX .......................... 12
3. A expresión corporal dentro do currículo educativo ................... 13 3.1. A expresión corporal na Educación Infantil .............. 13 3.2. A expresión corporal na Educación Primaria ........... 15
Actividades propostas ............................................................................... 16 Avaliación da UD ........................................................................................ 16 Bibliografía .................................................................................................. 17
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 7
PRESENTACIÓN Esta unidade didáctica denominada «A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares» forma parte da materia optativa «Actividades de expresión corporal» que se imparte no segundo cuadrimestre do segundo curso dentro das titulacións de mestre especialista en Educación Infantil e mestre especialista en Educación Primaria. Nesta materia trátase a expresión corporal dende un punto de vista teórico e práctico. Trátase dunha materia optativa xeral cunha carga lectiva de 4,5 créditos (1,5 créditos teóricos e 3 créditos prácticos).
Nesta primeira parte, dáse un enmarque conceptual da expresión corporal e faise unha revisión historia da súa evolución e implicacións para as diferentes civilizacións e épocas obxecto de estudo. Posteriormente vese a implicación curricular que ten a expresión corporal dentro do actual currículo educativo na Comunidade Autónoma de Galicia, que son a base para poder continuar cos contidos que se traballarán nas seguintes unidades didácticas que compoñen esta materia.
8 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares
OS OBXECTIVOS Obxectivos didácticos Os obxectivos que se pretenden alcanzar nesta unidade didáctica son os seguintes: conceptualizar o termo expresión corporal; coñecer a evolución que sufriu a expresión corporal a través das
diferentes épocas históricas; comprender o papel da expresión corporal dentro do actual sistema
educativo na educación infantil e na educación primaria; recoñecer as características da expresión corporal máis aplicables á
educación. Relación dos obxectivos da unidade didáctica cos obxectivos da materia
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 9
OS PRINCIPIOS METODOLÓXICOS A metodoloxía empregada será activa e participativa, encamiñada á consecución dunha aprendizaxe máis significativa no alumno. Os procedementos que se van utilizar serán os seguintes: 1. Exposición do profesor ou lección maxistral. Os contidos desta Unidade Didáctica, desenvolveranse en tres sesións expositivas de 50 minutos cada unha. Para isto, empregaranse os medios audiovisuais dispoñibles na aula, de modo que se proxectará unha presentación que sirva de guía á exposición docente para poder conceptualizar o termo de expresión corporal, a súa evolución histórica e sentar as bases teóricas do papel que ten a expresión corporal dentro da Educación Infantil e Primaria atendendo á nova Lei Educativa. 2. Técnicas individuais e grupais participativas: Para o seguimento das devanditas sesións, os alumnos deberán ter lidas as lecturas propostas para cada un dos contidos desta Unidade Didáctica que estarán á súa disposición na plataforma virtual da USC, dentro do apartado exercicios co fin de que, unha vez rematada a mesma, suban á plataforma o seu mapa conceptual sobre o tema coas súas propias ideas-eixe e conceptos que consideren fundamentais. Estes mapas conceptuais serán corrixidos polo docente e serán devoltos aos alumnos coas suxestións sobre as posibles correccións que se van facer. OS CONTIDOS BÁSICOS . 1. Concepto de expresión corporal O termo “Expresión Corporal” é polisémico, polo que admite multitude de interpretacións en función do contexto no que se use e de quen o utilice. Como se observa, este concepto está formado por dúas palabras: un substantivo (“Expresión”) e un cualificativo (“Corporal”), que comentamos a continuación:
“Expresión”: o termo “Expresión” procede do termo latino “expressio, -onis”, que unha das súas acepcións significa efecto de expresar algo sen palabras.
“Corporal”: o termo “corporal” procede do termo latino “corporalis”, que significa pertencente ou relativo ao corpo, especialmente ao humano.
Unindo estes dous termos e, segundo a RAL (2007), defínese a expresión corporal como técnica practicada polo intérprete para expresar circunstancias do seu papel por medio de xestos e movementos, con independencia da palabra.
10 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares
Stokoe (1996) define a expresión corporal como a linguaxe pre-verbal, extra verbal e paralingüístico por medio do cal o ser humano se expresa a través de si mesmo, reunindo no seu propio corpo a mensaxe e a canle, o contido e a forma pois el é corpo e ten corpo. Pola súa banda, Tomás Motos (1990) considera a Expresión Corporal como a expresión do pensamento a través do movemento, con intencionalidade comunicativa. Schinca (2000), defínea como a disciplina que permite atopar, mediante o estudo e o afondamento do emprego do corpo, unha linguaxe propia. 2. Evolución da Expresión Corporal a través da historia
2.1. A prehistoria
Nos pobos primitivos, as primeiras “actividades físicas” das que se teñen noticias, foron as danzas con carácter tribal e relixioso. Utilizaban este medio de “expresión corporal” imitando acontecementos que se querían salientar. Así, por exemplo, utilizábase para propiciar a caza, imitando aos animais que se pretendía cazar, para xerar boas colleitas ou para a fecundidade. Ademais, no plano relixioso, utilizábase a danza nos sacrificios, para a satisfacción dos deuses; nos actos funerarios, utilizábanse para afastar os espíritos dos mortos, e ante a enfermidade para escorrentar o mal.
2.2. Civilizacións prehelénicas
En culturas como a exipcia, mesopotámica, chinesa ou india, houbo un marcado interese xeral pola danza, a ximnasia, a música e o teatro. Nestas civilizacións, a sociedade estaba dividida nunha clase dirixente e na xente do pobo onde as diferentes actividades de expresión corporal, estaban presentes en ambas as clases; así os primeiros, tiñan ao seu servizo actores e bufóns consumados, expertos bailaríns e músicos e poetas refinados; e os segundos servíanse de acróbatas, xograres, malabaristas, músicos ambulantes, pantomimos e titiriteiros.
2.3. Grecia
Na sociedade grega clásica existía un ideal de educación do corpo, intentando conseguir un equilibrio estable entre a formación intelectual, a física e orgánica. Había dúas cidades cunha perspectiva da actividade física totalmente diferente: Esparta e Atenas. Na primeira, os cidadáns eran educados para a defensa do Estado, polo que había exaltación da forza e a robustez física; e na segunda, valorábanse dimensións do home de índole espiritual, filosófica, musical e artística. Tamén se realizaban outro tipo de actividades físicas e corporais, consideradas de rango inferior por seren propias de campesiños, como a danza, os bailes ou os xogos.
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 11
2.4. Roma Debido ao imperialismo dos romanos, o adestramento militar
adquiriu gran importancia, polo que as achegas ao campo da expresión corporal non foron especialmente significativas; ademais, prodúcese unha forte oposición á danza e á música porque facía perigar a seriedade do exército romano.
2.5. A expresión corporal na idade media A idade media, debido ao cristianismo, caracterizouse pola aparición
e monopolio dos valores ético-morais, pasando a actividade física e as actividades relacionadas coa expresión corporal a un segundo plano. Con todo, os xogos populares, as danzas e a música non desapareceron totalmente e utilizáronse como distracción. A expresión corporal era utilizada no teatro, nas festas e entroidos medievais polos bufóns, cómicos, xograres, mimos, músicos ambulantes e titiriteiros.
2.6. A expresión corporal no renacemento O renacemento, é considerado como o período de maior auxe, en
canto a actividades físicas se refire. Aínda que é certo que non se atoparon referencias de forma explícita en relación coa expresión corporal nesta época, pódese considerar este período como o de máximo auxe no eido das actividades físicas desde a antigüidade. Así, por exemplo, no ámbito da Danza, créase un estreito lazo entre a música e o movemento corporal, aparece o baile de máscaras e a pantomima.
2.7. A expresión corporal na reforma, a contrarreforma e o barroco
O século XVII caracterizouse por unha volta ao control ideolóxico
por parte do estado e o clero. Polo que todo o relativo ao corpo e expresión corporal volveu quedar relegado a un plano banal como sucedera na idade media, polo que non se produciu neste eido ningunha contribución significativa. Con todo, no ámbito da danza e o baile, pasaron de ter un carácter meramente de entretemento, a ser considerados como un autentico espectáculo, onde se distinguía aos actores - bailaríns (os que actuaban) e os espectadores (os que só miraban). Como nexo máis próximo á expresión corporal, cabe destacar que naceu o ballet cortesán que incluía danza, música vocal e instrumental, poesía, drama, canción, coreografía, escenografía, vestiarios, etc.
2.8. A Expresión corporal na ilustración Como autores destacados no ámbito educativo, podemos falar de
Rousseau (1712-1778), Basedow (1723-1790), Kant (1724-1804) e
12 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares
Pestalozzi, todos eles cun denominador común, a utilización da danza e a música xunto con outras actividades físicas como nexo coas actividades expresivas.
No ámbito da danza, destaca Jean George Noverre, creador do “ballet de acción” ou “ballet pantomima”.
O teatro rexurdiu, tamén, durante o século XVIII cunha forza irresistible, converténdose os actores e actrices en mestres de bos modais e urbanidade. Con todo, a rama teatral máis destacada foi a chamada “commedia dell´arte”, dirixida cara a un perfil máis popular.
2.9. A expresión corporal no século XIX No século XIX, a Educación Física, adquire un impulso definitivo xa
que se incorpora aos currículos educativos. A pesar de que ocorra isto, o aspecto cualitativo e expresivo da educación física vese eclipsado polos aspectos cuantitativos do movemento como son a condición física e o rendemento motor.
François Delsarte é considerado como o inspirador dunha tendencia artística - rítmica -pedagóxica e cuxa achega á expresión corporal foi a elaboración dunha serie de xestos corporais, relacionando as regras empíricas da pantomima”.
Outro representante destacado foi Pier Enrik Ling, coa súa ximnasia estética, na que ensinaba a expresar unha idea ou sentimento mediante posturas e movementos dados.
O mundo da danza segue evolucionando, perfeccionando e ampliando a súa temática cara á pantomima e o acto mímico.
2.10. A expresión corporal no século XX No ámbito da expresión corporal, aparece o Psicodrama da man do
psicanalista vienés Jacob Levy Moreno, nova técnica que dá un gran valor ao corpo como fonte fundamental da enerxía e a súa forma de manifestarse a través do comportamento. Desta técnica básica desenvolveríanse varias técnicas derivadas que chegarían ata os nosos días.
As escolas ximnásticas sufriron unha diversificación e revolución
nas tendencias, así a Escola Alemá, deu lugar á ximnasia moderna, carácter artístico - rítmico - pedagóxico e a ximnasia escolar natural, de carácter técnico -pedagóxico; a Escola Sueca, que se estendería no Movemento do Norte, diversificouse nunha manifestación técnico - pedagóxica e outra científica; e a Escola Francesa, que daría lugar ao Movemento do Oeste, cunha vertente científica e outra técnica - pedagóxica cuxa manifestación máis significativa sería o Método Natural.
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 13
2. A Expresión Corporal dentro do currículo educativo de Infantil e primaria 3.1. A Expresión corporal na Educación Infantil
O Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro, establece os ensinos mínimos do segundo ciclo Educación Infantil. Este Real decreto, realizouse en base e a partir da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación. (LOE). En devandito decreto, faise referencia ás 3 áreas de coñecemento que se han de impartir ao longo de todo o segundo ciclo de Infantil. Estas son:
Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
Coñecemento da contorna.
Linguaxes: Comunicación e representación. Dentro do segundo ciclo da Educación Infantil establécense 7
obxectivos xerais para este Ciclo. Os que teñen relación directa coa Expresión Corporal son:
a) Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción e aprender a respectar as diferenzas.
b) Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión.
c) Iniciarse nas habilidades lóxico - matemáticas, na lecto - escritura e no movemento, o xesto e o ritmo.
Dentro de cada área establécense uns obxectivos e bloques de contidos tal e como se pode observar nos seguintes cadros. Seleccionáronse os que teñen unha maior relación coa Expresión Corporal:
14 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 15
3.2. A Expresión Corporal na Educación Primaria
O Real decreto 1513/2006, do 7 de decembro, establece os ensinos mínimos da Educación Primaria. Este Real decreto realizouse en base e a partir da Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (LOE). Neste decreto, faise referencia ás 7 áreas de coñecemento que se han de impartir ao longo de toda a etapa de primaria. Estas son:
Coñecemento do medio natural, social e cultural.
Educación artística.
Educación Física.
Lingua e literatura galega.
Lingua e literatura castelá.
Lingua estranxeira.
Matemáticas. Dentro da Educación Primaria establécense 14 obxectivos xerais de
Etapa. O que ten relación directa coa Educación Física é o seguinte: “Valorar a hixiene e a saúde, aceptar e aprender a coidar o propio corpo e o dos outros, respectar as diferenzas e utilizar a Educación Física e o Deporte como medios para favorecer o desenvolvemento persoal e social.”
Dentro de cada área establécense uns obxectivos e bloques de contidos tal e como se pode observar no seguinte cadro. Seleccionáronse os que teñen unha relación directa coa expresión corporal nesta etapa:
16 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares
ACTIVIDADES PROPOSTAS Para un mellor seguimento destes tres bloques de contidos da unidade didáctica, de carácter eminentemente conceptual, os alumnos deben realizar as seguintes lecturas propostas antes de que se proceda a súa explicación teórica para unha mellor comprensión dos contidos que se exporán na aula. Ademais diso, os alumnos deberán subir á plataforma de ensinanza virtual da USC un mapa conceptual da unidade didáctica onde reflictan as ideas-eixe e conceptos que consideren fundamentais. Que comezarán a facer unha vez rematada a exposición teórica do tema por parte do profesor e completarán fóra da aula.
AVALIACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA O proceso de avaliación desta Unidade didáctica será o seguinte: Avaliación Inicial. Ao inicio desta unidade didáctica realizarase unha batería de preguntas na primeira clase, onde cada alumno poderá responder seguindo a quenda de palabra sobre o que entenden por expresión corporal, a súa evolución a través dos grandes períodos da historia e a súa función no marco educativo que nos ocupa (Educación Infantil e Educación Primaria), establecendo así un pequeno debate dentro do grupo - clase.
Concepto de expresión corporal
Explicación teórica do tema. Lectura da Íntroducción pp 8-16. en García, L ; Motos, T. (1990):Expresión corporal. Editorial
Alhambra. Madrid
Evolución da expresión corporal a través da historia
Explicación teórica do tema Lectura del capítulo SIERRA (2003) “Los
lenguajes y los lenguajes de la palabra; Los lenguajes de la actividad física, de la danza y del
teatro” en VVAA. (2003): Los lenguajes de la expresión. Ministerio de Educación, Cultura Y
Deporte. Madrid
A expresión corporal dentro do
currículo educativo
Explicación teórica do tema Lectura do Real decreto 1513/2006, de 7 de
decembro, polo que se establecen os ensinos mínimos da Educación Primaria.
. Lectura do Real decreto 1630/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen os ensinos
mínimos do segundo ciclo de Educación infantil
UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares - 17
Avaliación Procesual. Este tipo de avaliación realizarase mediante a participación activa do alumnado resolvendo as actividades de lectura e traballo propostas nesta unidade didáctica para os contidos. Para isto deberanse utilizar os recursos informáticos dispoñibles coma a plataforma virtual da Universidade de Santiago de Compostela. Avaliación Final. Unha vez rematada a unidade didáctica, terase en conta a participación nos foros propostos na plataforma virtual e as actividades propostas como as lecturas previas e a entrega dos mapas conceptuais. BIBLIOGRAFÍA
CACHADIÑA, M. P. (2006): Expresión corporal en clase de educación física. Wanceulen Editorial Deportiva. Sevilla
GARCÍA, L; MOTOS, T. (1990): Expresión corporal. Editorial Alhambra. Madrid
Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación
LEARRETA, B.; SIERRA, M.A. Y RUANO, K. (2005): Los contenidos de la Expresión Corporal. Ed. Inde. Barcelona.
MOTOS, T. (1983) Iniciación a la Expresión Corporal. Teoría, técnica y práctica. Ed. Humanitas. Barcelona.
MOTOS, T. (2002): Elementos del movimiento expresivo. Apuntes del VII Simposio Internacional de Didáctica de la Educación Física. Escuela de Magisterio de Lugo.
MOTOS, T. Y ARANDA, LEOPOLDO G. (2004). Práctica de la Expresión Corporal (páxs. 182-198). Ed. Ñaque. Ciudad Real.
PADRINI, F. (2001) El lenguaje secreto del cuerpo (págs. 80-83). Ed. De Vecchi. Barcelona.
Real Decreto 1630/2006, de 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de Educación Infantil.
Real Decreto 1513/2006, de 7 de diciembre, polo que se establecen as ensinanzas mínimas da Educación Primaria.
SCHINCA, M. (1983): Psicomotricidad, ritmo y expresión corporal. Editorial Escuela Española. Madrid.
SHINCA, M. (2002) Expresión Corporal. Técnica y Expresión del Movimiento. Ed. Praxis. Barcelona
SIERRA ZAMORANO, M.A. (2005): Los Contenidos de expresión corporal. Inde. Barcelona.
STOKOE, P.; HARF, R. (1996): La expresión corporal en el jardín de infantes. Paidós, Barcelona
18 - UNIDADE DIDÁCTICA I. A Expresión corporal. Concepto, evolución histórica e implicacións curriculares
VVAA (2003): Los lenguajes de la expresión. Ministerio de Educación Cultura y deporte. Madrid
VVAA (2007): Diccionario enciclopédico Larousse. Citas de recursos en internet • SIERRA ZAMORANO, MIGUEL ÁNGEL. Apuntes da asignatura de expresión corporal, http://mefuc.wordpress.com/apuntes/expresion-corporal/ (Consultada o 27 de decembro de 2010)
Vicerreitoría de extensión UniVersitaria, cUltUra e sociedade
Unha colección orientada a editar materiais docentes de calidade e pensada para apoiar o traballo de profesores e alumnos de todas as materias e titulacións da universidade
Mes
tre e
spec
ialid
ade
en E
duca
ción
Infa
ntil
- M
estre
esp
ecia
lidad
e en
Edu
caci
ón P
rimar
ia
Actividades de Expresión Corporal
Rubén Navarro PatónDepartamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal
Escola Universitaria de Formación do Profesorado
1
A expresión corporal. Concepto, evolución histórica e
implicacións curriculares
9788498
875676
ISBN 978-84-9887-567-6