a nosa revista 2012
DESCRIPTION
Revista CEIP MallónTRANSCRIPT
Todo aniversario é motivo de ledicia se se goza de boa saúde e nós
cremos que, aínda que seguiremos a mellorar e a adaptarnos aos novos
tempos, xa temos educado persoal e socialmente a ducias de alumnos/as,
formando persoas competentes segundo as súas capacidades, xa que a
primeira función dos docentes é formar en valores e que o centro educativo
sexa un referente que acompañe ós alumnos o resto da súa vida.
Uns obxectivos tan complexos precisan de apoios por parte da
sociedade e das autoridades políticas, ás que lles pedimos que continúen
apostando polo ensino público, porque garante a igualdade de
oportunidades a tódolos nenos sen distinción de clasesocial, capacidades,
raza...
O consenso, o diálogo, a cooperación, dentro das respectivas funcións,
son un patrimonio ó que nunca debemos renunciar. Serán, seguro, a nosa
maior forza para os próximos 25 anos. Como di o lema do noso colexio:
“ Todos xuntos facemos a escola”
25 ANIVERSARIO
Para lembrarnos deste ano tan especial fixemos un álbum de cromos, que ben o pasamos
cambiando os repes!
O 21 de abril celebramos o 25 aniversario do noso colexio.
Pasámolo en grande cos bailes dos cativos, que eran dos anos oitenta, a época en que naceu o
colexio.
Estaba cheo de xente
importante como o
Conselleiro, o Alcalde...e os
máis importantes de todos:
os nenos, pais, mestres, ex-
alumnos e ex-profesores.
Para celebrar este gran día fixemos moitísimas cousas
como traer tortillas que logo degustamos....
¡Estaban
todas
boísimas!
Gozamos moito cos nosos
bailes, que eran dos 80, a
época en que naceu o
colexio.
Despois chegou o brindis.
Rematamos esta xornada
cun pastel cheo de chuches
e tomando uns pinchos ó
son das gaitas.
Xa metidos no outono, cando caen as follas, outras mudan de cor e a noite chega
antes. Fixemos un MAGOSTO con castañase chourizos. Máis tarde xogamos un
pouco coa goma.
Este ano, por primeira vez no centro, tivemos unha agradable sorpresa coa
visita dos AVÓS dos nosos alumnos. Aproveitando a súa visita, quixemos
agradecerlles a axuda e o cariño que nos dan con varios agasallos como os
floreiros. Ademais tódolos nenos e profesores fixemos moitísimas e riquísimas
galletas, acompañadas dunha gran chocolatada. Como nos puxemos!
No salón de actos límoslles poemas e cancións adicados a eles, e unha asociación
de avós deu unha charla sobre o tema. Foi un día marabilloso e entrañable.
Co fin do outono chega o NADAL, ao que recibimos cun gran festival. Houbo moitas
actuacións. Para acoller ós pais cantamos unha canción en lingua de signos, falamos das diferentes
maneiras de celebrar o Nadal dos nenos doutros países, e todos xuntos vimos as actuacións de todo
o colexio; que estiveron xenial!, como as cancións e os bailes de infantil, as panxoliñas de 1º e 2º de
Primaria, as representacións e bailes de segundo ciclo de primaria e o contacontos de 5º e 6º. Logo
chegou a sorpresa dos profesores actuando no escenario. Rematamos coa visita máis esperada, a de
Papá Noel, que trouxo moitas chuches e regalos.
Xa comeza o ano 2012, e a primeira celebración chegou o 30 de xaneiro co
DÍA DA PAZ. O mesmo día do ano 1948 morreu o Mahatma Gandhi asasinado por
un fanático hinduista. Gandhi foi o líder do movemento de resistencia pacífica e non
cooperación coa administración inglesa.
Baixamos ao patio, onde os nenos construímos unha muralla entre todos, chea de
mensaxes de solidariedade, paz e amor. Fixemos un xogo todos xuntos e acabamos
dando apertas entre nós.
Por fin chegou un dos festivais que máis nos gusta: o ENTROIDO, polos doces que
comemos (filloas, orellas...) e o ben có pasamos cos disfraces.
Este ano foi diferente, xa que non nos disfrazamos por cursos, senón mesturados.
Como se cumpriron 20 anos dos xogos olímpicos de Barcelona, quixemos disfrazarnos de algo
relacionado co tema: xogadores de baseball, ximnastas artísticas e deportivas, xogadores de hockey,
nadadoras sincronizadas, taekwondistas, esgrimistas, antorchistas, podium...
Para que todos os nosos pais viran o estupendo traballo que realizamos, fixemos a ceremonia de
apertura dos xogos cunhas pequenas exhibicións deportivas, nas que tamén participaron os
futboleros da ANPA e os xinetes de Mallón.
Ao remate das actuacións, houbo entrega de medallas, e todos foron gañadores!!
O 23 de abril coincide co día en que morreron no ano 1616 Miguel de Cervantes, William
Shakespeare e Garcilaso de la Vega. A UNESCO decidiu declarar este día como o DÍA DO LIBRO.
Ese día baixamos todos ó patio e fixemos unha xornada de lectura conxunta, na que cada neno dos
maiores lle leu un conto a un pequeno.
O 20 de marzo de 1963, tres membros da Real Academia Galega propuxeron que cada 17 de maio
se celebrase un DÍA DAS LETRAS GALEGAS como data para “recolle-lo latexo material da
actividade intelectual galega”.
Este ano o galardón foi para Valentín Paz Andrade. Foi este un home moi polifacético, xa que non
só escribiu poemas e ensaios, senón que era avogado de profesión, xornalista, conferenciante,
empresario e político, que defendeu a autonomía de Galicia, na que a lingua era unha das súas
reivindicacións irrenunciables.
Chegando ó fin de curso fixemos
unha visita ao CEIP A Cruz de
Camos.
Participamos nunhas
OLIMPIADAS!!
As disciplinas foron moitas:soga-
tira, salto de altura, minivoley, regata
de bancos, balonmán, carreiras de
sacos, fútbol, baile de laranxa...
Trouxemos unha chea de medallas
Tamén o pasamos moi ben coas nosas EXCURSIÓNS.....
Visitamos as dunas de panxón Fomos á granxa Kiriko
Estivemos no castro de Vigo
Vimos a exposición do MARCO Entramos na piscina do Náutico de Vigo
para ver a natación sincronizada
No mes de maio baixamos a
Praia América. Vimos unha
exposición de dinosaurios.
Este curso 2011-2012 puidemos disfrutar da nosa nova biblioteca GLORIA FUERTES. Temos
unha mascota chamada TENTALIBRÍN, a quen lle enviamos moitas cartas e debuxos.