a prehistoria

38

Upload: masinisa

Post on 13-Jan-2017

267 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: A prehistoria
Page 2: A prehistoria

A EVOLUCIÓN HUMANAA especie humana, dentro da escala zoolóxica,

pertence á orde dos primates, que apareceron hai 60 millóns de anos e que se caracterizan por teren extremidades longas, rematadas en cinco dedos, ollos dirixidos cara a adiante e cerebro moi desenvolvido.

Dentro dos primates está o grupo dos homínidos, que aparecen en África hai cinco millóns de anos, a partir duns antepasados comúns aos dos chimpancés e gorilas, dos que xurdirá a especie humana

Page 3: A prehistoria
Page 4: A prehistoria

O grupo dos homínidos comprende, desde hai 2.300.000 anos, o Homo Habilis, considerado como o primeiro humano porque fabricaba útiles de pedra tallada e era capaz de falar. A partir do homo Habilis a especie humana seguiu evolucionando ata chegar ao actual Homo Sapiens, caracterizado como tal en Europa desde hai 40.000 anos. Tanto os primeiros homínidos como os primeiros Sapiens

Evolución humanaFósiles evolución

Page 5: A prehistoria

A odisea da especieCo Homo Habilis iniciouse a primeira etapa

prehistórica, o Paleolítico (pedra vella), que chega ata hai uns 10.000 anos. Os homos non saben aínda producir alimentos, polo que teñen que depredar sobre o ecosistema que os rodea: recollen froitos silvestres e raíces, cazan e pescan, na medida en que os seus útiles en constante perfeccionamento llelo permiten.

Page 6: A prehistoria
Page 7: A prehistoria

Unha vez esgotados os recursos alimentarios nunha zona concreta, non lles quedaba máis remedio que írense a outro lugar para proseguir a recolleita e a caza.

Para fabricaren ferramentas empregaban simples croios, e logo puntas en perfecto triángulo utilizadas como coitelos e puntas de frecha, o que lles permitía sacar a pel dos animais cazados, cortar a carne, e fabricar vestidos e calzado.

Co tempo usaron o sílex, unha rocha que cun pequeno golpe esgaza doadamente e queda un fío moi cortante.

Elaboración dun bifaz

Page 8: A prehistoria

Bifaces Paleolítico Inferior

Page 9: A prehistoria

Despois fabricaron puntas de lanza, arpóns, anzois e agullas feitas en óso ou corno. Xunto co perfeccionamento das técnicas do tallado, tivo lugar, hai uns 1.500.000 anos, un dos inventos máis importantes de toda a historia da humanidade: o lume.

Non existen nin a propiedade privada nin as clases sociais. Homes e mulleres aplícanse ás actividades comúns. Os intercambios comerciais existirían, pero non estarían moi desenvolvidos. É probable que ao longo do Paleolítico fose aparecendo a figura do xefe de grupo, coñecedor das técnicas de caza

Page 10: A prehistoria

Paleolítico Inferior

Page 11: A prehistoria

Explica que é o bipedismo e cales foron os principais cambios físicos que diferenciaron os homínidos dos simios.

Ordena cronoloxicamente os principais homínidos que marcan o proceso de hominización e relaciona cada un cunha das seguintes características.

Homo habilis • Descobre o lume e elabora bifacesHomo sapiens • Primeiro homínido que fabricou instrumentosHomo erectus • Pleno control da fala e creador de arteAustralopithecus • Primeiros en realizar prácticas rituais e funerariasHomo neandertalensis • Contemporáneo do Homo erectus na

Península IbéricaHomo antecessor • Inicio do bipedismo

Page 12: A prehistoria

Atapuerca

Page 13: A prehistoria

PALEOLÍTICO SUPERIORComezan a pintar hai uns 25.000 anos. A

pintura estaba localizada en covas, e representa animais (bisontes, cabalos, cervos, xabarís, etc.) e escenas de caza e de caza, pintadas con cores ocre, vermella e negra. A realización de figuras humanas femininas (Venus), acentuando os seus atributos reprodutores, simbolizan o culto á muller fecunda e á fertilidade da Terra.

Page 14: A prehistoria

Cova de Lascaux

Page 15: A prehistoria

Venus Paleolítica

Page 16: A prehistoria

Tarefa de investigación a elexir:A cova de Altamira: Historia,

arqueoloxía, arte e cronoloxíaA Venus de WillendorfO abrigo de CogullO barranco de Valltorta

Page 17: A prehistoria

O NEOLÍTICO

Hai uns 10.000 anos, nunha zona do próximo Oriente chamada o Crecente Fértil, prodúcese un cambio tan importante como o invento do lume: os humanos aprenden a producir alimentos cando se decatan de que poden cambiar e facer o mesmo que a natureza fai.

Page 18: A prehistoria
Page 19: A prehistoria

A anterior economía depredadora da paso a unha economía produtora: xorden a agricultura e a gandaría, e, un pouco máis tarde, as actividades artesanais do tecido e a cerámica, e o comercio.

A agricultura nace co cultivo da cebada, o trigo, as lentellas e os garavanzos. O primeiro animal domesticado, como garda, foi o can.

Logo domesticaron ovellas e cabras, porcos e vacas, e o cabalo.

Page 20: A prehistoria
Page 21: A prehistoria

Cos excedentes alimentarios e cos produtos artesanais non necesarios, iniciouse un intercambio comercial coas comunidades veciñas, e logo máis lonxe, grazas á navegación fluvial e á marítima costeira. A navegación foi, probablemente,o medio de difusión das innovacións neolíticas.

A existencia de alimentos suficientes permite unha mellora na calidade de vida, maior esperanza de vida e un notable incremento demográfico. Tamén supón que non todos os habitantes do grupo teñan que dedicarse á produción de alimentos; aparecen así outros oficios: tecedores, oleiros, comerciantes, etc.

A invención da cerámica, en torno ao 6000 a.C. foi un feito revolucionario, comparable na actualidade aos plásticos.

Page 22: A prehistoria
Page 23: A prehistoria

A vida social está organizada en tribos ou clans, e aínda non existe a propiedade privada: todos os bens son da comunidade.

A Revolución Neolítica tamén se produciu, de xeito autónomo, no val do río Indo, na India; nas beiras do río Amarelo, na China; e en sitios puntuais das mesetas de México e Perú.

Page 24: A prehistoria
Page 25: A prehistoria

O NEOLÍTICO PENINSULARA agricultura e a gandería chegaron á Península

Ibérica por vía marítima, establecéndose grupos de campesiños e gandeiros. Os primeiros grupos peninsulares vivían en covas.

Dedicáronse principalmente á gandería e practicaban o cultivo de cereais cando os alimentos recollidos non eran suficientes. Estes primeiros grupos establecéronse na zona levantina e no leste de Andalucía. Os restos neolíticos máis antigos atopáronse en Cova de l’Or (Alacante) do 5.000 a.C.

Page 26: A prehistoria
Page 27: A prehistoria

No noroeste peninsular os primeiros poboadores agrícolas aparecen cara ao 4.000 a.C.. Estes grupos de agricultores practicaban o enterramento individual dos mortos en ataúdes de pedra, por iso coñecese como cultura dos sepulcros de fosa. Na zona atlántica europea aparece, a finais do Neolítico, a cultura megalítica.

Atopáronse abundantes restos de obxectos e instrumentos característicos do neolítico, como machadas de pedra puída, fouciños de madeira con dentes de sílex, agullas, cestos, etc.

Page 28: A prehistoria

Mámoas en SuidoO megalitismo

Page 29: A prehistoria
Page 30: A prehistoria

A IDADE DOS METAIS

Divídese en tres etapas, segundo o metal empregado: Idade do Cobre, ata 1800 a.C.; do Bronce (mestura de cobre e estaño), de 1800 a 800 a.C.; e do Ferro, a partir do 1000 a.C. Nalgunhas zonas do planeta esta etapa marca o comezo da Historia, xa que aparece a escritura.

Será o comezo das grandes civilizacións.

Page 31: A prehistoria

As técnicas metalúrxicas nacen tamén en puntos concretos do Crecente Fértil, e para o seu manexo son precisos complexos coñecementos, polo que os que traballaban o metal eran recoñecidos como técnicos moi especializados e o seu labor tiña moito prestixio.

Page 32: A prehistoria

O avance que supuxo a utilización dos metais foi enorme: melloraron as técnicas agrícolas ao haber ferramentas máis resistentes (arados, fouciños metálicos, coitelos, etc.), o mesmo que as armas de caza e de guerra, actividade esta que entra agora a formar parte da relación entre os grupos ou as comunidades humanas. Tamén neste período houbo outros inventos que marcaron un fito: a roda e o carro tirado por animais.

Page 33: A prehistoria

Comeza agora a aparecer unha incipiente división da sociedade en clases, en función da riqueza de cada unha, e están a piques de xurdir as primeiras cidades. Coincidindo coa utilización dos metais, nalgunhas comunidades humanas apareceron grandes construcións feitas de pedra ou adobe (pirámides, zigurats…)

Page 34: A prehistoria

En Europa atopáronse moitas construcións monumentais realizadas con grandes pedras. Xorden a finais do Neolítico e posuían unha finalidade conmemorativa, relixiosa ou funeraria (enterramento colectivo).

Destacan o dolmen (tumba formada por lousas verticais e horizontais, chamada mámoa en Galicia), o menhir (gran bloque de pedra fincado verticalmente no chan), aliñamento (sucesión de menhires) e o cromlech (menhires dispostos en forma circular). Deixan de utilizarse a finais da Idade do Bronce.

Page 35: A prehistoria

Clasifica as seguintes características segundo correspondan ao Paleolítico, ao Neolítico ou á Idade dos Metais.

Aparición do lume - Aparición do Homo antecessor - Aparición do Homo neanderthalensis -Aparición do Homo sapiens - Construción de megálitos - Desigualdade social- Elaboración de pequenas figuras chamadas venus - Especialización do traballo

Forma de vida baseada na caza e na recolección - Inicio de prácticas rituais e funerarias Inicio da agricultura e da gandaría - Nomadismo - Realización de pinturas rupestres Sedentarismo - Talla de micrólitos - Traballo da forxa - Útiles de bronce

Page 36: A prehistoria
Page 37: A prehistoria

Stonehenge

Page 38: A prehistoria

A cultura Castrexa