achegas da psicoloxía á educación infanti1 l
TRANSCRIPT
![Page 1: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/1.jpg)
ACHEGAS DA PSICOLOXÍA Á EDUCACIÓN INFANTIL
![Page 2: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/2.jpg)
Modelos Psicoanalíticos Modelos Condutistas Modelos Cognitivos Teoría Sociohistórica Teoría Ecolóxica Teorías Humanistas Enfoque constructivista
![Page 3: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/3.jpg)
Modelos psicoanalíticos
Sigmund Freud (1856-1939). Creador da Tª Psicoanalítica.
Non se ocupou de levar a súa teoría ao campo infantil. Disto encargouse Anna Freud ( a súa filla)
No en tanto parte dos seus principios fundamentais recoñecen que: As experiencias nos primeiros anos de vida son fundamentais para o
desenvolvemento da personalidade. Importancia da educación afectiva e sexual.
Para Freud a educación terá que ter dúas misións: Evitar a represión dos instintos para non contribuir á formación de
personalidades neuróticas. Favorecer o paso do principio de pracer ao de realidade: “controlar os
instintos.
![Page 4: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/4.jpg)
Modelos psicoanalíticosFormación aparato psíquico: os 3 elementos da personalidade
(Freud)
ELLO (o neno/a) Funciona a nivel inconsciente, fai referencia aos
instintos, ríxese polo principio de pracer.
EU (o adulto) Encárgase de controlar o elo. Ten en conta a
realidade. Polo tanto pretende o equilibrio entre os impulsos do
inconsciente e as condicións ambientais
SUPER-EU (o pai) Nela residen os principios morais e éticos das
persoas, o ideal ao que cada un/ha debe esperar.
![Page 5: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/5.jpg)
Modelos psicoanalíticosDesenvolvemento da personalidade para Freud
* O paso dun estadio a outro require a súa satisfacción, senón pode producirse unha interrupción no desenvolvemento e deste xeito quedar fixado nunha determinada etapa tendo repercusións na sexualidade adulta.
Estadio do desenvolvemento
psicosexualCaracterísticas Idade
aproximada
ORAL
A boca é o centro do pracer. O neno/a non só succiona pola necesidade de alimentarse, senón que tamén chupa os obxectos para conseguir un sentimento pracenteiro
0 – 2 anos
ANAL
O interese trasládase ao control de esfínteres. Os nenos teñen curiosidade polas súas heces como algo propio. Góstalle retelas pola sensación pracenteira da contracción e a relaxación dos músculos.
2 – 3 anos
FÁLICO
A zona eróxena predominante son os xenitais, o pene nos nenos e o clítoris e a vulva nas nenas. Mostran interese polas funcions dos xenitais e polas diferenzas anatómicas do sexo oposto. Coincide polo denominado complexo de Edipo.
3 /4 – 6 anos
DE LATENCIA
Funcionan xa as tres estruturas psíquicas: ello, eu e supereu. Durante o periodo de latencia os desexos sexuais quedan durmidos. Os seus intereses céntranse na actividade escolar e as relacións con outros nenos/as, preferentemente do seu mesmo sexo.
6 -pubertade
XENITAL
Culminación da evolución sexual. A gratificación erótica pode incluir orgasmo sexual. Pubertade
![Page 6: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/6.jpg)
Modelos psicoanalíticosMomentos críticos na etapa infantil
Destete John Bowlby: formación dos vínculos afectivos entre bebé e nai
maniféstanse nunhas condutas que denominamos de apego. Donald W. Winnicott: fala da impotancia dos obxectos
transicionias
Adaptación á Escola Infantil Control de esfínteres As relacións cos irmáns e irmás A constatación das diferenzas sexuais A aparición do instinto de saber ou investigación
![Page 7: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/7.jpg)
Modelos psicoanalíticosEducación Infantil
Vera Schmidt Moscova (concepción reichiana e marxista). Establece tres obxectivos básicos na E.I. : a) Progresiva adaptación á exixencias da realidade:
aprender a esperar, respectar os obxectos dos compañeiros, compartir a atención da educadora, etc.
b) O control dos procesos de excreción c) A preparación e sublimación das tendencias
instintivas infantís (do pracer á realidade): Educación autoritaria = consecuencias na personalidade. Satisfacción dos desexos sustituíndoos por formas socialmente
aceptables
![Page 8: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/8.jpg)
Modelos psicoanalíticosA experiencia de Summerhill ( 1921)
Fundador A.S. Neill (1883 – 1973)
O SEU LEMA:
“Educación en liberdade e para a liberdade”: a infancia debe poder expresarse libremente e regular de xeito autónomo as súas necesidades
![Page 9: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/9.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)
PUNTO DE PARTIDA: crítica á escola tradicional e á sociedade capitalista.
Defínese como: Unha estrutura comunitaria que está contra a xerarquía, a
relixión e o exército,..e a favor da igualdade, liberdade, o amor e a vida.
Experiencia de educación antiautoritaria, reformismo extremo e non directividade.
![Page 10: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/10.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)
Para Neill: o autoritarismo e a represión son os encargados de adaptar ao neno/a a unha sociedade demente e enferma:
Na familia: téndese a facer cidadáns sumisos.
Na escola: prolongación da casa, transmite valores e cultura baseados na sumisión e na mentira e nenos/a pouco creativos.
A Escola Nova: fai o mesmo pero dun xeito máis sutil, impoñendo un autoritarismo de tipo paternalista.
![Page 11: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/11.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)Funcionamento mínimo.
Internado-casa (50-60 nenos/as de 4 a 17 anos)
Imposicions mínimas: horarios de sono e comida.
Aplícase o principio “vive e deixa vivir”
Autogobernada pola asamblea de alumnos/as na que tamén participan os profesores/as
![Page 12: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/12.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios
LIBERDADE
Os nenos/as poden facer o que queiran mentres non invadan a liberdade dos demáis.
A liberdade regúlase na asamblea.O neno/a ten dereito a vivir a súa propia vida
pero non a perturbar a dos seus compañeiros/as e a dos seus pais
![Page 13: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/13.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios
AUTORREGULACIÓN (síntese entre liberdade individual e autocontrol)
Un neno/a autónomo aprenderá por si mesmo o que é bo e o que é malo, o que lle convén e o que non.
Todos/as os nenos e as nenas teñen capacidade para autorregularse sempre que as condicións externas sexan axeitadas
![Page 14: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/14.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios
AUTOGOBERNO: trátase de que o grupo escolar aprenda a autorregularse.
Son os propios nenos/as os que crean as normas e os que se encargan de que se cumpran.
Baseado na asamblea en un tribunal elixido pola asamblea, que cambia cada semana, encargado de estudar as infraccións que se produzan e sancionar no seu caso.
![Page 15: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/15.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)Principios
Educación emocional:“corazóns, non só cabezas na escola”
Eliminar o medo ao pracer e á vida impedindo os sentimentos de culpabilidade.
Supresión dos castigos: “o castigo é sempre un acto de odio, e u odio non pode xerar senón odio”.
Liberdade e amor son a clave: producen un ambiente terapéutico, de seguridade, confianza e simpatía sen reproches.
![Page 16: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/16.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)Ensino.
Lugar secundario Todas as clases eran optativas, non existían graos
académicos nen cualificacións. Os alumnos/as que decidían ir a clase recibían unha
ensinanza tradicional (para Neill os métodos modernos coartaban a liberdade).
Non lle interesaba a aprendizaxe de materias convencionais, hai que pretar máis atención á psicoloxía do neno/a.
Cuestiónase a primacía do traballo por riba do xogo.
![Page 17: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/17.jpg)
A experiencia de Summerhill ( 1921)Actividades
Fundamental “O XOGO”: a ausencia de xogo ou as poucas gañas de xogar son signos de inhibicións neuróticas (represións, sentimentos de culpa,..):
O xogo libre: proporciona pistas sobre o desenvolvemento da personalidade do neno/a.
Actividades expresivas: debuxo, modelado, construccións, dramatizacións,..
Actividades libres e espontáneas: o xogo de roles
![Page 18: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/18.jpg)
Modelos condutistasPunto de partida
Baséanse na análise da conduta como feito observable e a influenza do ambiente sobre os factores herdados.
A aprendizaxe é un proceso de modificación de conduta que se vai rexir polos seguintes mecanismos:
Condicionamento clásico (J.B. Watson, 1878-1958). Condicionamento operante ou instrumental (B. F. Skiner,
1904-1990) Aprendizaxe por observación (A. Bandura, 1925)
![Page 19: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/19.jpg)
Modelos condutistasCondicionamento clásico
É un proceso básico de aprendizaxe que serve para analizar os estímulos que soen acompañar determinados sucesos como porqué os animais aprenden a achegarse aos sinais de comida ou fuxir do perigo.
Ivan P. Pavlov (1849 -1936) e o experimento dos cans.
![Page 20: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/20.jpg)
Modelos condutistasJ. B. Watson (1878-1958): Condicionamento clásico
A psicoloxía ten que limitarse a estudar aspectos que poden ser observados polas condutas, é dicir, estímulos e respostas.
Interveñen os seguintes elementos:
Estímulo incondicionado (EI): calquera estímulo que suscite de forma automática unha resposta non aprendida. É dicir, unha resposta incondicionada.
Resposta incondicionada (RI): non aprendida por un EI. Exemplo: EI RI
(comida) (salivación)
Estímulo condicionado (EC): estímulo orixinariamente neutro pero que ao asociarse cun EI, chega a producir unha resposta condicionada (RC).
Exemplo: EN (campana) EI (comida) EC RC (salivación)
PRINCIPIO EDUCATIVO: dous feitos que se producen simultáneamenteen repetidas ocasións, quedan asociados. Este feito aparece en moitas dasnosas aprendizaxes sobre todo de tipo emocional.
![Page 21: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/21.jpg)
Modelos condutistasCondicionamento operante ou instrumental
Baséanse tamén na asociación pero afirman en que dita asociación vai depender das consecuencias para o individuo.
Edgar Thorndike e o experimento dos gatos.
B.F. Skinner: denomina como condicionamento operante xa que require que os suxeitos sexan activos sobre o medio en lugar de permanecer pasivos como no clásico:
Refírese aos estímulos como reforzos que fan máis probable a aparición dunha resposta.
Os reforzos poden ser: materiais, sociais ou actividades.
![Page 22: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/22.jpg)
Modelos condutistasCondicionamento operante ou instrumental
Reforzador: calquera suceso que segue a unha conduta e aumenta as oportunidades de que esta volva a presentarse:
Reforzo positivo: fortalecemento da conduta pola presentación dun estímulo desexado posterior a esta conduta.
Reforzo negativo: cando o que fortalece á conduta é a sustración dun estímulo.
Castigo:conduta seguida dun estímulo aversivo, no futuro é menos probable que se repita unha situación similar.
Condutas de evitación e escape, resposta dun suxeito para impedir a aparición dun estímulo desagradable.
Extinción, cando unha conduta non consegue ningunha consecuencia positiva se extingue e desaparece.
![Page 23: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/23.jpg)
Modelos condutuais-cognitivosAprendizaxe por observación (Bandura)
Tamén chamada Tªda aprendizaxe social. “os nenos/as aprenden observando o que fan os
adultos ou os outros nenos/as, sen sofrir as consecuencias das súas actuacións, senón percibindo as consecuencias nos demáis”.
Isto é aprendizaxe por observación, aprendizaxe vicario ou modelado.
“Sensación de autoeficacia”: xulgarse como capaz de executar unha conduta incrementa o éxito na mesma.
http://www.youtube.com/watch?v=3M5MeTiMNzw
![Page 24: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/24.jpg)
Modelos condutuais-cognitivosAprendizaxe por observación (Bandura)
Na aprendizaxe por observación podemos distinguir dúas fases:
É preciso que o que aprende preste atención e percibe as características da conduta do modelo.
A segunda fase sería a execución da conduta por parte do observador/a.
Cara os anos 80 foi superando o condutismo puro
dando máis importancia aos procesos mentais internos.
![Page 25: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/25.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitivaIntrodución
A Tª cognitiva pretende estudar os procesos internos do suxeito que interveñen na aprendizaxe a diferenza do condutismo baseado en variables externas.
A principais aportacións da Tª cognitiva á educación son: Céntranse en intentar entender os procesos e estruturas mentais
implicados no coñecemento. Hai que establecer conexións entre as aprendizaxes escolares e as
que proveñen da vida cotián. Necesidade de coñecer o desenvolvemento cognitivo dos nenos/as. Procurar que o alumnado atope sentido ás aprendizaxes escolares.
![Page 26: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/26.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Jean Piaget
Fundou a Escola de Xenebra.
Intentaba explicar teóricamente a xénese e o desenvolvemento da intelixencia humana.
É un dos pensadores que máis ten enriquecido a educación infantil
![Page 27: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/27.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Psicoloxía Xenética
Tamén denominado “constructivimo xenético”, afirma que ningún coñecemento está preformado:
O coñecemento é unha construcción que se produce pola interacción entre suxeito e obxecto.
O coñecemento é resultado dun proceso activo no que participa o organismo.
En definitiva: a aprendizaxe é a resultante de: ORGANISMO (maduración fisiolóxica e psicolóxica )
+ estimulacións do medio social
![Page 28: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/28.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Factores que interveñen no desenvolvemento psicolóxico
A maduración biolóxica: ten que ver co grao de maduración do sistema nervioso e os factores que recibimos por herdanza xenética.
As experiencias cos obxectos: o neno/a logra o coñecemento físico actuando directamente sobre os obxectos e descubrindo como reaccionan.
A transmisión sociocultural: transferencia da nosa cultura (cando lles falamos,aprenden a lingua, cantamos, respostan a preguntas sobre a realidade, as normas de convivencia, a través da súa propia observación)
Equilibración ou factores de equilibrio: tendencia das persoas a adaptar a súa organización cognitiva ante o medio. O que lle fai crecer intelectualmente con novos coñecementos.
![Page 29: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/29.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Conflictos cognitivos
Coñece
pero non coñece..
Equilibrio
?
Conflito
?
Reorganización
Novo coñecemento
Equilibrio
![Page 30: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/30.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Estadios de desenvolvemento da intelixencia
Estadio Sensoriomotor
-Comeza a facer uso da imitación, memoria e o pensamento.-Comeza a recoñecer que os obxectos non deixan de existir cando son ocultados.-Pasa das accións reflexas ás accións dirixidas a metas
0 a 2 anos
Estadio preoperacional
-Desenvolvemento da linguaxe.-Desenvolvemento do pensamento simbólico.-É capaz de pensar lóxicamente en operacións sinxelas (reversibilidade,conservación da materia,..).-Resúltalle difícil considerar o punto de vista de outra persoa.
2 a 7 anos
Estadio das operacións concretas
-É capaz de resolver problemas concretos de forma lóxica.-Entende as leis da conservación e é capaz de establecer series e clasificar.-Entende a reversibilidade.
7-11 anos
Estadio das operacións
formais
-É capaz de resolver problemas abstratos de xeito lóxico.-O seu pensamento faise más científica (hipotetiza)-Desenvolve interese polos temas sociais, identidade.
11- adultez
![Page 31: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/31.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Escola de Xenebra: Actividades para a Educación Infantil
Parécenlle interesante as actividades da vida cotián e as clásicas como o xogo libre, coidado de xardíns, debuxo libre, contos, cancións e xogos con contruccións,etc.
Derivadas da Teoría de Piaget: Actividades para desenvolver o coñecemento físico: materiais para manipular
e experimentar as características dos obxectos: cor, peso, tamaño, texturas. As súas posibildades de facer movementos físicos: caer, rodar, botar, tirar, etc.
Actividades para o desenvolvemento moral e a cooperación interpersoal: xogos en grupo non competitivos e de imitación e algúns competitivos como escondite, carreiras, adivinanzas, etc.
Actividades para facilitar os procesos de razonamento lóxico: copiar, facer formas con pauciños, ordenar, clasificar, etc.
Actividades que se poidan realizar por ensaio-erro, xa que o importante non son as respostas correctas, senón a capacidade de razonamento dos nenos/as
![Page 32: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/32.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo. David Ausubel (1918-2008)
Aprendizaxe significativo = Aprendizaxe memorístico
PRINCIPIOS: O neno/a aprende cando é capaz de darlle sentido e significado á
súa aprendizaxe. O neno/a da significado á súa aprendizaxe cando establece
relacións entre o que xa sabe (coñecementos previos) e o que está aprendendo (novo coñecemento).
Os contidos deben ser funcionais é dicir que o neno/a dtecte que ten unha utilidade práctica.
En todo este proceso o neno/a é un axente activo.
![Page 33: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/33.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo: o papel da educadora
Partir das características dos nenos/as, das súas necesidades e intereses.
Presentar contidos e actividades de xeito ordenado e acorde co nivel dos nenos/as e dos seus coñecementos previos.
Provocar conflitos cognitivos.
![Page 34: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/34.jpg)
Modelos baseados na Tª cognitiva Aprendizaxe significativo na Educación Infantil
Crear situacións significativas: a vida diaria, o xogo ou a exploración do medio.
Introducir novedades que interesen aos nenos/as e que lles provoque preguntas a partires da cales xurdan actividades.
Axudarlle a observar e verbalizar o que fan.
![Page 35: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/35.jpg)
Jerome Bruner 1915 A andamiaxe
J.Bruner: acuñou o termo de “andamiaxe” para referirse á AXUDA AXUSTADA proporcionada polo adulto mentres intentan comprender. Pode consistir en proporcionar claves, recordatorios, dar ánimo, dividir o problema en pasos, ofrecer exemplos ou calquera outra cousa que favoreza a autonomía.
![Page 36: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/36.jpg)
Lev S. Vigotsky
O desenvolvemento cognoscitivo depende da:
INTERACCIÓN: as relacións coa xente que está presente no mundo do neno/a.
CULTURA: as ferramentas que a cultura da para apoiar o seu pensamento (sobre todo a linguaxe)
“Os nenos/as non aprenden da exploración solitaria do mundo, senón ao apropiarse, ao facer para si os xeitos de actuar e pensar que a cultura lles ofrece”
![Page 37: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/37.jpg)
Modelos a partir da TªSociohistórica Lev S. Vigotsky
A educación é decisiva e promotora do desenvolvemento. Describe dous niveis no desenvolvemento do neno/a:
Zona de Desenvolvemento Real (ZDR): o que o neno/a é capaz de facer por si só.
Zona de Desenvolvemento Próximo ou potencial (ZDP): o que o neno/a é capaz de facer se recibe axuda.
ZDR
ZDP
Axuda
![Page 38: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/38.jpg)
Modelos a partir da TªSociohistórica Lev S. Vigotsky. Implicacións para a educación
Creación de ambientes de aprendizaxe: Organización de espazos, materiais e actividades que
supoñan pequenos retos para os nenos/as.
Aprendizaxe imitativo: polo que unha persoa trata de imitar a outra.
Aprendizaxe instruído: quen aprende internaliza as instruccións da educadora.
Aprendizaxe colaborativo: polo que o grupo esfórzase por comprender e resulta tan beneficioso o proceso como os resultados para todos/as os membros.
![Page 39: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/39.jpg)
Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005
Considera determinante o contexto que rodea ás persoas e a infuenza do ambiente na aprendizaxe.
Bronfenbrenner desenvolve a “Teoría Ecolóxica de Sistemas” segundo a que a conduta da persoa pode explicarse polas relacións que establece co seu contorno.
As persoas estamos imbuídas en sistemas de relacións que se superpoñen e que poderíamos clasificar do seguinte xeito:
![Page 40: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/40.jpg)
Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005
Crenzas culturais, leis, mitos, valores dunha sociedade
Contornos máis próximos nos que se establecen relacións: barrio, localidade, cidade,..
Relación entre dous ou máis microsistemas que inflúen nos nenos/as: familia-escola
Inclúe as relacións máis cercanas e íntimas do neno/a co seu contorno: familia, grupos de iguais, aula,..
Macrosistema
Exosistema
Mesosistema
Microsistema
![Page 41: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/41.jpg)
Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005
Un exemplo
Sociedade galega: relixión, lingua, costumes….
Familia
Escola
Familia
Redondela
Laboral
Escola
Familia
![Page 42: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/42.jpg)
Teoría EcolóxicaUrie Bronfenbrenner 1917-2005
Aportacións á educación: Considerar o contexto físico e sociocultural na
intervencion educativa. Necesidade de intervir educativamente en
contextos non formais. Buscar xeitos de establecer canles de
comunicación coas familias. Aproveitar os recursos que nos ofrece o contorno
para a actividade educativa.
![Page 43: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/43.jpg)
Modelos HumanistasIntrodución
Os modelos baseados ha teoría humanista entenden que a persoa hai que considerala globalmente tanto no seu aspecto cognitivo como afectivo.
Concede moita importancia a aspectos como a liberdade e a realización persoal.
![Page 44: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/44.jpg)
Modelos Humanistas
Carl Rogers (1902-1987): o individuo é o único que ten a chave do seu propio desenvolvemento, o educador/a ten que acompañar e apoiar afectivamente para que o neno/a atope o seu camiño adoptando unha actitude non directiva.
Abraham Maslow (1908-1970): o obxectivo da educación sería que a persoa chegase a autorrealizarse, pero isto non é posible se previamente non se cubriron outras necesidades.
http://www.youtube.com/watch?v=WBAd99v9mn4
![Page 45: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/45.jpg)
Enfoques constructivistas
Son distintos modelos e perspectivas que defenden a idea de que o suxeito conta cunha organización cognitiva que se reorganiza na medida en que o suxeito interacciona co medio.
Neste sentido o suxeito é activo na elaboración do seu coñecemento.
As aportacións máis relevantes a este enfoque proveñen de: Psicoloxía xenética (Jean Piaget, 1896-1980) Enfoque sociocultural ou sociohistórico(Lev S.
Vygotsky,1896-1934) Teoría da aprendizaxe significativa ( David Ausubel,
1918-2008)
![Page 46: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/46.jpg)
Enfoques constructivistasImplicacións educativas
Realización de tarefas auténticas da vida real que sexan significativas.
Aprendizaxe cooperativa.
Aprendizaxe por indagación: baseado en problemas. En infantil: metodoloxía de proxectos.
![Page 47: Achegas da psicoloxía á educación infanti1 l](https://reader035.vdocuments.pub/reader035/viewer/2022062406/55916ee91a28ab03028b463c/html5/thumbnails/47.jpg)
FIN
….que bonito isto, non?
ala, saudiños……