actualizaciÓn da anÁlise sobre a situaciÓn...

81
ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR E ECONÓMICA DAS MULLERES SEPARADAS E DIVORCIADAS EN GALICIA Informe resultado das bolsas de especialización de estudos sobre a muller do ano 2004, elaborado por: MARÍA HERVADA CAAMAÑO

Upload: others

Post on 04-Aug-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A

S I TUACIÓN SOCIOFAMIL IAR E

ECONÓMICA DAS MULLERES SEPARADAS E

DIVORCIADAS EN GALICIA

Informe resultado das bolsas de especialización de estudos sobre a muller do ano 2004, elaborado por:

MARÍA HERVADA CAAMAÑO

Page 2: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na
Page 3: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

1

ÍNDICE PRESENTACIÓN ......................................................................................................... 3

1. INTRODUCIÓN ........................................................................................................ 5

2. OBXECTIVOS E METODOLOXÍA ............................................................................ 7

2.1. Obxectivos ......................................................................................................... 7

2.2. Metodoloxía ....................................................................................................... 7

3. O QUEBRANTO MARITAL ....................................................................................... 9

3.1. O brote de monoparentais separadas ................................................................ 9

3.2. Obstáculos para superar tras a división familiar. Situación laboral deste colectivo.................................................................................................................. 11

3.3. A mediación familiar. O cambio condutual ....................................................... 15

3.4. Declaración dun matrimonio non válido. A nulidade matrimonial...................... 18

3.5. Parellas de feito. ¿Consecuencias equiparables aos matrimonios tradicionais?............................................................................................................................... 23

3.6. Estado actual deste colectivo feminino en España e en Galicia en cifras......... 28

4. ANÁLISE DA SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR E ECONÓMICA DAS MULLERES SEPARADAS E DIVORCIADAS EN GALICIA ............................................................ 41

4.1. Poboación obxecto de estudo .......................................................................... 41

4.2. Cuestións tratadas na investigación................................................................. 41

4.2.1. Idade, estado civil e lugar de residencia.................................................... 41

4.2.2. Duración do matrimonio ............................................................................ 42

4.2.3. Causa da separación ou do divorcio.......................................................... 44

4.2.4. Tipo de fogar actual e réxime de pertenza da vivenda .............................. 45

4.2.5. Número, idade, sexo e custodia dos fillos/as............................................. 46

4.2.6. Coñecemento das causas de nulidade e obtención desta ......................... 47

4.2.7. Nivel de estudos, ocupación laboral e fonte de ingresos ........................... 48

4.2.8. Cumprimento das sentenzas..................................................................... 51

4.2.9. Relacións co ex-esposo e destes cos fillos................................................ 52

4.2.10. Cambios e dificultades tras a separación ................................................ 53

4.2.11. Recursos institucionais destinados á muller separada............................. 54

4.2.12. Coñecemento e uso da mediación familiar .............................................. 56

4.2.13. Actitudes familiares ante a ruptura familiar .............................................. 58

4.2.14. Novas relacións de parella ...................................................................... 58

4.2.15. Principais necesidades e demandas ....................................................... 60

4.2.16. Introdución de novos servizos para estas familias................................... 61

4.2.17. Resolucións xudiciais .............................................................................. 62

Page 4: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

2

5. SEGUIMENTO DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN ............................................. 64

6. CONCLUSIÓNS ..................................................................................................... 67

INSTITUCIÓNS: NECESIDADES E DEMANDAS ................................................... 69

ANEXO I: ASPECTOS LEGAIS .................................................................................. 73

BIBLIOGRAFÍA........................................................................................................... 77

Page 5: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

3

PRESENTACIÓN Este traballo, do que é autora a socióloga M.ª José Hervada, é froito dunha investigación levada a cabo por esta, mercé a unha bolsa de especialización concedida polo Servizo Galego de Igualdade, e que tiven a satisfacción de dirixir, e supón a actualización do que en 1996 foi publicado por este mesmo organismo baixo o título de “Situación socioeconómica das mulleres separadas de Galicia”, ampliándoo e mellorándoo notablemente, aínda que xa naquela ocasión non dispoñiamos dos medios cos que agora contou a autora do estudo. O número de familias monoparentais, maioritariamente encabezadas por mulleres, increméntase progresivamente debido, de maneira moi principal, ao aumento das separacións e dos divorcios así como, aínda que en menor medida, aos nacementos en nais non casadas, nuns casos como consecuencia de embarazos non desexados e noutros por libre e voluntaria decisión das propias mulleres. A vida de todas elas discorre frecuentemente por canles diferentes dos dunha familia cos dous membros da parella e con problemáticas específicas en numerosos aspectos, tales como os afectivos, os económicos, os laborais ou os de relación social, entre outros. A situación non é nova, pero pola súa importancia cuantitativa e cualitativa hai que partir, na súa consideración legal e social, de argumentacións axeitadas para estruturar socialmente as novas tendencias desta realidade social. Neste sentido, esta investigación sociolóxica profunda con rigor nesta realidade, desde un enfoque amplo e plural, á vez que minucioso e pormenorizado, non esquecendo a visión que desde os medios de comunicación se ofrece do fenómeno e pon de manifesto aspectos que non por sabidos son suficientemente coñecidos e outros que, permanecendo latentes, aínda son ignorados. Ao mesmo tempo, serve para recoñecer o valor da Socioloxía como ciencia con instrumentos axeitados para a investigación, ben sexan cuantitativos, ben cualitativos, que mostra e analiza a problemática social, tanto no seu sentido máis amplo coma no concernente a aspectos concretos como o que aquí nos ocupa e proba o bo facer científico dos sociólogos e sociólogas. A detección de todos estes feitos, o coñecemento da realidade que, dun ou doutro xeito, afecta estas mulleres, a proposta de medidas axeitadas de prevención e intervención e a consecución da igualdade real entre homes e mulleres, é unha misión na que pon especial empeño o Servizo Galego de Igualdade, e un reflexo disto é a convocatoria de bolsas de especialización para levar a cabo investigacións coma esta e a publicación dos resultados. Por isto, é de xustiza agradecerlle ao Servizo Galego de Igualdade e felicitalo na figura dos seus responsables que levan a cabo iniciativas que fan posible que mulleres, mozas licenciadas, como M.ª José Hervada, estuden a realidade e a problemática das mulleres en xeral e das que forman parte de colectivos específicos, como é o caso das mulleres separadas, divorciadas ou con responsabilidades familiares ao seu cargo.

Page 6: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

4

Esperamos e desexamos que este estudo sirva para animar a outros investigadores a seguir traballando nesta liña e á sociedade e aos responsables políticos e sociais a adoptar as medidas oportunas para contribuír a que quen sofren situacións de desestruturación familiar —homes e mulleres— lles poidan facer fronte no persoal, no familiar e no social, da maneira menos traumática posible. Gerardo Hernández Rodríguez Profesor de Socioloxía da Familia. Universidade da Coruña

Page 7: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

5

1. INTRODUCIÓN

Redsohazy1: “No matrimonio tradicional era o fillo o que lle daba sentido ao

matrimonio; non obstante, no matrimonio moderno o fillo non ten lugar se a parella non ten sentido”. En España, as rupturas matrimoniais aumentan cada ano a pasos axigantados. Este episodio pode vir de numerosos enfrontamentos entre os cónxuxes ou dun deles cara aos seus fillos e fillas ou xerarse ante o incumprimento dos papeis básicos que lles corresponden como membros dunha familia. Pero estes sinais de posible crise poden solucionarse se existe vontade de diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na sociedade na que vivimos, as persoas vense ante a dualidade de promover o seu traballo ou ser nai/pai de familia ou ter unha maior dedicación á súa prole, unha vida social excesivamente intensa ou, pola contra, nula ofrecéndose en corpo e alma aos seus sen destinar tempo ningún para si mesmo/a, etc. Un matrimonio temperán, decidido por persoas novas e inmaduras, ou demasiado tardío, pode desembocar na separación da parella. É unha determinación na que intervén un amplo abano de razóns de diversa índole. Particularmente, en Galicia, en 1981 (data na que se aprobou a Lei do divorcio) producíronse 1,7% separacións e 4,1% divorcios por cada cen matrimonios celebrados, mentres que no ano 2001 aumentaron as cifras considerablemente, chegando as separacións a un 31,5% e os divorcios a un 18,3% de cada cen matrimonios. Destas cifras, no 1981 un 15,1% das separacións e un 19,3% dos divorcios fixéronse por mutuo acordo; no 2001, o 57,4% das separacións e o 49,8% dos divorcios, tamén en Galicia, foron de mutuo acordo.

A aceptación do divorcio é nos nosos días algo asumible por todos os membros da sociedade. Pasou de ser unha condena a ser unha solución para evitar males maiores. Pero a experiencia da ruptura matrimonial excede as vidas de ambos os cónxuxes e inflúe nos fillos e fillas e nas redes familiares e sociais.

En cada separación ou divorcio prodúcense cinco rupturas importantes: a

afectiva, a parental (normalmente do home, que é o que non ten a custodia dos seus fillos), a da rede social, a dos recursos que deben ser distribuídos entre dous fogares e a da identidade da persoa, que se racha e ten que ser reconstruída: a condición de “persoa casada” é substituída pola de “persoa divorciada”. Recompoñer a vida en todos os ámbitos é un proceso moi difícil que, de sobra, coñecen tanto homes como mulleres. Por iso, a separación do matrimonio supón o derradeiro banzo dunha cadea, unha decisión tomada tras esgotar todas as opcións posibles de solución. Como non todas as separacións se producen de mutuo acordo, nin existe unanimidade nas causas que concorren nestas, nin as mulleres neste estado teñen idéntico perfil, actuando múltiples variables en todo o proceso, levouse a cabo este estudo promovido polo Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado da Xunta de 1 Cita lida na tese de doutoramento: “Las nuevas formas familiares: de la nuclearidad a los sistemas binucleares vinculados”. Tese dirixida pola doutora Ángeles Valero Lobo e presentada por Marta Sarvisé Lalaguna. Universidade Complutense de Madrid. Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía (Sección Socioloxía). Madrid, xaneiro 1998.

Page 8: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

6

Galicia, co fin de actualizar o estudo que en 1996 se publicou por parte deste mesmo organismo e para coñecer da maneira máis obxectiva posible a situación real deste colectivo en Galicia e difundilo, para facer máis factible a posta en marcha de plans de actuación pertinentes.

Page 9: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

7

2. OBXECTIVOS E METODOLOXÍA

2.1. Obxectivos

Na sociedade actual produciuse un aumento dos núcleos familiares encabezados por mulleres separadas que teñen a súa orixe na ruptura da parella, influídos pola crecente aceptación do divorcio e a secularización da sociedade. A finalidade do presente estudo é a seguinte:

- Elaborar un marco teórico, co obxecto de profundar na problemática e nas características fundamentais destas mulleres.

- Desenvolver a parte empírica do presente traballo, fundamentalmente centrado

en técnicas cualitativas. Realizouse unha busca e selección das asociacións de mulleres separadas e divorciadas de Galicia e, posteriormente, leváronse a cabo entrevistas a diversos profesionais que realizan o seu labor nas asociacións, institucións ou centros que colaboraron no estudo e recolléronse e analizáronse os distintos documentos e información que se nos proporcionou.

Así mesmo, efectuáronse grupos de discusión para coñecer de maneira máis próxima a situación destas mulleres e extraer a maior cantidade de información posible e, finalmente, empregáronse cuestionarios para unha maior comprensión do estado deste colectivo.

- Dar a coñecer con este estudo a problemática das mulleres separadas e

divorciadas de Galicia, en canto á súa situación socioeconómica e familiar, para achegar novas liñas de investigación futuras e pór en marcha as políticas sociais pertinentes.

- Potenciar unha maior toma de conciencia por parte da sociedade en xeral da situación deste colectivo, dotando estas mulleres dun papel máis activo onde acheguen novidades ao panorama actual e suxiran as medidas e servizos que consideren necesarios e factibles na nosa comunidade, para a axuda e o apoio das mulleres separadas e divorciadas.

- Coñecer o tratamento que os medios de comunicación lles prestan ás mulleres separadas e divorciadas. 2.2. Metodoloxía

A metodoloxía aplicada consistiu no emprego de técnicas cuantitativas e

cualitativas, xa que permiten un mellor acceso á situación destas mulleres e á realidade social na que están inmersas.

A utilización de entrevistas, dun sistema de enquisa mediante cuestionario e de grupos de discusión permitiu introducirse na dinámica familiar deste colectivo. Calquera dos métodos mencionados permiten obter información e estudar un fenómeno concreto. Son técnicas óptimas para o tratamento de cuestións tan íntimas e persoais como as aquí formuladas e establecer a confianza e intimidade requirida mediante o anonimato, a través da remisión e recepción dos cuestionarios, xa sexa en domicilios particulares ou nas propias asociacións que colaboraron no presente estudo.

Page 10: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

8

Todas as entidades participantes no traballo recibiron con agrado a idea de que se levase a cabo esta investigación e mostráronse dispostas a participar nesta para dar a coñecer a problemática das mulleres separadas e divorciadas.

Seleccionáronse todas as asociacións, institucións, plataformas, centros,

fundacións, etc. que tiñan un mínimo grao de representatividade, cubrindo o perfil requirido con base tamén na súa dispoñibilidade e accesibilidade.

Os cuestionarios deseñados contemplaron unha serie de variables persoais,

sociais, económicas, xudiciais e familiares para coñecer o estado no que se atopan estas mulleres desde unha perspectiva sociolóxica.

Nos encontros mantidos coas diversas asociacións, coñecemos as súas

principais reivindicacións, o perfil das asociadas, os seus principais obstáculos tras a decisión da separación, os servizos que prestan, a opinión que lles merece o tema e todas aquelas suxestións que xurdiron sobre a ruptura matrimonial ou de parella. Así pois, entrevistáronse as presidentas dalgunhas asociacións, así como o persoal multidisciplinar que realiza o seu labor nas ditas institucións (psicólogos e avogados, principalmente).

Page 11: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

9

3. O QUEBRANTO MARITAL

3.1. O brote de monoparentais separadas Hoxe en día, as mulleres viven nunha sociedade onde parece que ten prioridade o individualismo por enriba doutros valores, chegando incluso á renuncia de aspectos primordiais da esfera privada —redución do tamaño da familia e do tempo dedicado aos membros que a compoñen, minimización das tarefas domésticas ao compaxinalas co campo laboral, facer uso de innumerables recursos que faciliten a vida, etc.— ante o temor de perder unha óptima calidade de vida. Por iso, xerminan as familias monoparentais.

A desintegración familiar trae consigo unha serie de problemas, especialmente para as mulleres, xa que se fan cargo de maneira obrigatoria dun gran número de tarefas de enorme responsabilidade que, con anterioridade á separación, facían de forma compartida. As mulleres separadas ou divorciadas constitúen o eixe central do colectivo de familias monoparentais, non só por ser maioritario o seu número, senón tamén porque sofren desvantaxes emanadas da persistencia de certos prexuízos, a pesar de que hai unha maior aceptación social e legal do divorcio, fronte ás viúvas e ás nais solteiras. Con anterioridade, empregábanse denominacións tales como “familias rotas”, “familias incompletas”, “familias desestruturadas”, etc., para referirse a este tipo de familias resultantes tras a separación. O termo máis empregado é o institucional “mulleres soas con cargas familiares non compartidas”, entendendo carga familiar como todo aquel familiar dependente, calquera que sexa a idade, o que tampouco é moi correcto porque se dá por feito que o proxenitor non custodio non comparte nada e para aqueles que cumpran o acordado nas sentenzas —tanto en cuestións de pago de pensións, coma do coidado dos fillos en común— esta acepción non valería. A carga pexorativa destes nomes débese a que tradicionalmente críase que a ausencia do marido, compañeiro ou do pai era daniña, pero a dita ausencia do considerado cabeza de familia do fogar non significa que a familia sexa rota ou incompleta, senón que é outra forma de organización familiar que cumpre as mesmas funcións que a familia nuclear, a pesar de contar cun membro menos na vivenda conxugal. O termo de familias monoparentais aparece por primeira vez nos anos setenta e está tomado do inglés one parent family. En España, as familias monoparentais son un fenómeno pouco estudado. Esta categoría familiar inclúese por primeira vez no censo en 1981.

Noutros países existe información abonda sobre este tipo de familia. Pódese definir como unha familia formada por un só cónxuxe e con fillos e fillas ao seu cargo, pero o termo é erróneo en sentido literal e só sería aplicable ás viúvas, xa que efectivamente hai un só proxenitor, mentres que nos casos de separación hai dous proxenitores, aínda que non vivan xuntos. Serían máis ben fogares monoparentais e non familias monoparentais.

Page 12: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

10

Por todo iso, Fernández Cordón e Tobío Soler2 propoñen esta definición máis axeitada: familia monoparental sería a formada por un pai o unha nai que - non vive en parella; - pode ou non vivir con outras persoas (emparentadas ou non); - vive, polo menos, cun fillo ou filla menor de dezaoito anos.

As familias monoparentais son, segundo a definición dada por Díez Nicolás, “aquelas nas que un dos membros da parella vive cos fillos e fillas da parella e poden incluír, ou non, os pais do membro da parella. Trátase, pois, de familias constituídas a partir dunha parella rota (por viuvez, separación ou divorcio), un dos membros segue convivindo cos fillos e, ás veces, pero non necesariamente, cos seus propios proxenitores”. A maioría dos núcleos monoparentais fórmanos persoas separadas e divorciadas sen distinción de idades, aínda que son menos habituais os casos que exceden os 45-49 anos. As familias monoparentais, ao estaren encabezadas por mulleres na súa gran maioría, están nunha posición máis vulnerable con respecto ás encabezadas por varóns e chegan ao extremo de seren coñecidas estas familias como “os novos pobres”, dadas as dificultades económicas polas que pasan, ocasionadas polo cada vez máis frecuente non pagamento de pensións por parte do ex-esposo ou ex-parella e a posición das mulleres no mercado laboral. Máis da metade das mulleres nesta situación conviven cun fillo ou filla menor de dezaoito anos, aínda que non se pode xeneralizar. Estas mulleres atópanse nun proceso onde teñen que recrear os roles de xénero, tanto no ámbito familiar coma na social, exercendo de pai e nai á vez. Esta situación pode ser unha loita diaria para elas ou supor satisfacción e realización persoal, ao seren capaces de sacar adiante de maneira autónoma a súa familia.

Segundo o grao de implicación dos pais cos nenos e nenas, pódese falar de fogares bifocais, en lugar de monoparentais, aínda que non son moitos os pais que despois da separación manteñen unha relación continua e estable cos seus fillos e fillas. Os índices máis baixos de monoparentalidade atópanse nas rexións menos desenvolvidas, a pesar de que un alto índice de monoparentalidade non está necesariamente ligado a un máximo grao de desenvolvemento —casos de Ceuta, Melilla e Galicia—, aínda que en Galicia se debe a unha tradicional aceptación da figura das nais solteiras, sobre todo no medio rural.

Galicia non figura entre as comunidades autónomas, onde existe un maior número de nais separadas e/o divorciadas; a maior porcentaxe dáse en Canarias e Baleares, xunto a comunidades máis desenvolvidas, como Madrid e Cataluña. Nas menos desenvolvidas, danse as porcentaxes máis reducidas de monoparentais separadas e divorciadas como, por exemplo, Estremadura, Castela-A Mancha e Andalucía. Pódese afirmar que a maior tamaño do municipio, maior proporción de núcleos monoparentais.

2 Fernández Cordón, Juan Antonio e Tobío Soler, Constanza: “Las familias monoparentales en España”. Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais. Secretaría Xeral de Asuntos Sociais. Dirección Xeral de Acción Social do Menor e da Familia. Madrid, 1999.

Page 13: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

11

O divorcio pode ser unha terapia ante situacións nas que a convivencia foi imposible. As mulleres deben superar unha morea de problemas como, por exemplo, a situación afectiva e psicolóxica tras a ruptura, a influencia do proceso nos fillos e fillas e as consecuencias a posteriori que iso trae consigo, os problemas económico-laborais, a repercusión deste novo estado na súa saúde, a reconstrución da vida sentimental e social, o incumprimento das visitas, pago de pensións, etc., por parte do proxenitor non custodio, a relación co ex-marido ou parella, a axuda da familia extensa, etc. A incidencia de todas estas cuestións abordarase máis adiante.

Non fai falla viaxar ao futuro; actualmente, asistimos ao aumento considerable de rupturas matrimoniais, feito que se traduce nun incremento de familias monoparentais e que, sen dúbida, seguirá en progresión ascendente nas vindeiras décadas, a xulgar pola evolución deste fenómeno desde os anos 80. É prioritaria a posta en marcha de políticas sociais que poidan mellorar a calidade de vida deste colectivo e redefinir as funcións de protección social do sistema, de acordo con esta nova realidade familiar. 3.2. Obstáculos para superar tras a división familiar. Situación laboral deste colectivo

A incorporación das mulleres ao mercado laboral trae consigo unha situación de maior individualidade e autonomía, proporciona independencia económica e maior satisfacción persoal tras a ruptura. Ademais, permite cubrir as necesidades básicas nesta nova etapa da súa vida, tanto para elas como para as persoas dependentes que quedaron ao seu cargo, especialmente os fillos e fillas do matrimonio e os maiores que residen na vivenda marital. O traballo ocupa un posto moi relevante na vida das mulleres, ademais de ser unha vía de escape ante o derrube emocional que experimenta cando remata o seu matrimonio ou vida de parella, ante a obriga de exercer a función parental que era compartida con anterioridade á separación. Esta tarefa non é doada, dada a dificultade que supón compaxinar as responsabilidades domésticas e laborais co coidado das criaturas.

Aínda que as taxas de emprego feminino van en aumento, as mulleres están en posición de desvantaxe con respecto aos homes, xa que os traballos ofertados a este colectivo teñen unhas condicións laborais e económicas menos favorables. Se a iso se engade o feito de que, na sociedade actual, siga existindo o “teito de cristal” ou barreira invisible que impide que as mulleres accedan a postos de alta cualificación, destinados case con exclusividade aos varóns, as mulleres quedan relegadas a postos de traballo de segunda categoría e non existe equidade laboral ante a imposibilidade de desenvolvemento e promoción no emprego.

Tamén existen certos prexuízos neste aspecto, xa que se pensa que as mulleres en proceso de separación son pouco produtivas, debido ao exceso de cargas familiares que soportan nesta etapa de reorganización familiar e sofren a estigmatización e a etiqueta que se lles adxudica só por estrear novo estado civil, o que fai máis difícil aínda a súa contratación ou promoción.

O traballo é unha necesidade para as mulleres que encabezan as familias monoparentais, como axuda á recuperación do descenso do nivel económico que padeceron ou están a padecer.

As mulleres con escaso grao formativo atópanse con empregos con condicións

e salarios precarios, o que fai máis difícil o mantemento da familia e dos membros que a compoñen, mentres que aquelas mulleres que abandonaron o traballo ao casaren, ante a obriga de reincorporarse á esfera pública, atopan con persoas máis novas e

Page 14: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

12

máis competentes á hora de optar a un determinado posto de traballo, o que supón outro engadido ou elo nesta cadea.

Nas sentenzas de separación, impónselle o pago dunha pensión —alimenticia, a debida aos fillos e/ou compensatoria, concedida cando hai grandes desequilibrios económicos entre os membros da parella— ao varón, que normalmente é o proxenitor non custodio, e que supón a remisión mensual dunha determinada cantidade á ex-muller ou parella, que quedou coa garda dos fillos e fillas en común, co que se sufragan os gastos que esta poida ter e axúdase á recuperación do nivel de vida, deteriorado tras a ausencia do home.

Normalizar a situación que supón a ruptura é un arduo labor que as mulleres se esforzan en levar a cabo. A conciliación da vida laboral e familiar pódese asumir contando con determinados recursos. A rede de apoio que configura a familia extensa —principalmente a da muller, xa que a separación mina o contacto cos familiares do varón— xoga un papel crucial no proceso, grazas ao soporte informativo e financeiro que proporciona, ademais de prestar en numerosas ocasións servizo doméstico, como, por exemplo, axuda nas tarefas do fogar e no coidado dos nenos e nenas. Para iso, é favorable a proximidade espacial á familia de orixe, pois facilita esta tarefa, e a colaboración dos fillos e fillas nas cargas domésticas, xa que simplifica o esforzo extra ao que se ve sometida a muller. A familia contribúe a formar a personalidade do neno ou nena e na súa socialización, interiorizando outras pautas distintas das existentes no núcleo conxugal e axuda á integración no medio social con maior facilidade, pois interveñen un maior número de persoas no coidado e na transmisión de afectividade, proporcionándolle maior seguridade emocional. Ademais, desde os seis anos ata a puberdade, o neno ou a nena necesita cada vez máis apoio social por parte de quen o/a rodea. En definitiva, é incuestionable o apoio da familia extensa na vida do menor, ademais do amparo que recibe a muller separada dos membros que compoñen a dita familia.

As principais reivindicacións das mulleres en familias monoparentais no terreo económico laboral pódense resumir nas seguintes: demandan prioridade á hora de optar a un emprego, unha axuda económica directa (por exemplo, desgravación fiscal) ou unha maior facilidade no acceso á vivenda por parte de determinados servizos públicos, garderías ou outros centros institucionais e posibilitar, en maior medida, o acceso a unha vivenda aos prezos de mercado e créditos para a adquisición de vivendas en condicións favorables.

Existen unha serie de complicacións que deben afrontar ambos os membros da parella tras a fin do matrimonio na etapa de reorganización da vida:

1. O estado da saúde pasa por unha serie de fases diferentes desde o momento da separación.

As persoas separadas e divorciadas teñen máis posibilidades de padecer trastornos mentais e/ou neuróticos debido á ruptura matrimonial. Aferrarse a costumes pouco saudables, como beber, fumar ou seguir unha dieta pobre, é algo que se dá a cotío.

Acostumarse á ausencia do cónxuxe non é doado, nin para os membros da parella nin para os fillos e fillas, e iso trae consigo estados depresivos para estes. Neste terreo, a axuda da familia extensa (avós e avoas, tíos e tías, persoas da veciñanza, etc.), o feito de ter emprego, ampliar ou, polo menos, conservar o

Page 15: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

13

círculo de amigos, son algunhas estratexias que inflúen no benestar psicolóxico deste colectivo e axudan na loita co estrés ou coa ansiedade que orixina a separación; en definitiva, axudan a que a calidade de vida non se vexa diminuída neste punto de inflexión nas súas vidas. A autoestima, en moitas ocasións, recupérase unha vez acadado o divorcio, o que supón o adeus definitivo desde o punto de vista legal, se este fose desencadeado por un episodio desagradable ou tráxico para as mulleres, e constitúe unha sensación de alivio se o divorcio foi desencadeado.

2. A recuperación da vida sentimental das mulleres é outro punto clave. As

mulleres quedan no domicilio conxugal, unha vez que o marido o abandona, a cargo dos fillos, formando así unha familia monoparental.

Para os varóns separados, existe un maior grao de probabilidade de reconstruír a súa vida sentimental e de que volvan ter parella con maior frecuencia e, en menor tempo, que as súas ex-cónxuxes, xa que as mulleres vense expostas ao desalento ante os contratos de separación de bens e a vinculación das pensións á duración do matrimonio e ao asignarse a garda e custodia dos fillos e fillas en común a esta; as obrigas e deberes familiares aumentan e diminúe a dispoñibilidade para este mester. O efecto dos fillos e fillas nas oportunidades dunha persoa de volver casar dependerá do valor que a nova parella lles dea a estes e da dependencia dos fillos con respecto ao primeiro matrimonio. Os segundos matrimonios ou a cohabitación nos que ambos os cónxuxes ou membros da parella achegan fillos de parellas anteriores teñen máis probabilidades de divorciarse ou de desembocar en ruptura que cando só achega fillos un deles. Por regra xeral, ambos os dous fillos e fillas inflúen negativamente nas oportunidades de establecer unha segunda relación, o que condiciona moito, pero diferencialmente, a homes e mulleres. As mulleres que se volven casar ou inician unha nova relación de parella deben asumir o risco dun segundo erro, doutro fracaso matrimonial. Pero aínda existen máis probabilidades de ruptura nestas segundas nupcias. Estas mulleres teñen unha capacidade maior para saíren a flote, xa que contan cunha experiencia matrimonial previa. Ao seren adultos maiores, poden ser máis capaces de elixir parella, en consonancia con características persoais e valores máis maduros e estables. Dentro desta nova relación, e en consonancia cos novos tempos, é importante mencionar o cambio de roles e de distribución de poder dentro da parella; existe unha maior simetría en todos os aspectos —comunicación máis aberta, comprensión mutua, repartimento de poder e toma de decisións equilibrado, etc.—. Unha explicación para este feito é que un gran número de mulleres teñen nese momento un traballo remunerado. Queda de manifesto, entón, ante a celebración de novos matrimonios e o establecemento de novas relacións de parella, a persistencia da familia como un dos baluartes do sistema social.

3. A garda e custodia dos fillos e fillas é, xunto co tema económico, un dos puntos máis polémicos que trae consigo a separación.

Xeralmente, agás casos excepcionais —infidelidade, alcoholismo, enfermidade grave—, a garda e custodia dos fillos e fillas é asignada ás mulleres e os homes acóllense ao establecido na sentenza e ven os nenos en fins de semana alternos e a metade do período de vacacións escolar. Algunhas

Page 16: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

14

asociacións e grupos de pais separados presentan agora a necesidade dun cambio legal que favoreza a implantación da custodia compartida por ambos os dous membros da parella; neste caso, sería preciso valorar os problemas que esta medida podería supoñer na estabilidade dos menores. En referencia á custodia, o artigo 90 do Código Civil determina “a persoa a cuxo coidado deben quedar os fillos suxeitos á patria potestade de ambos, o exercicio desta e o réxime de visitas, comunicación e estancia dos fillos co proxenitor que non viva con eles”. A custodia é o encargo do coidado dos fillos e fillas menores. Será o cónxuxe en quen recaia tal responsabilidade co que manteñan a convivencia máis habitual e establecerase un réxime de visitas para o outro. O uso do domicilio familiar atribúese ao cónxuxe que queda encargado do coidado dos fillos e fillas e as pensións tenas que pagar quen abandona o domicilio familiar e este acóllese ao réxime de visitas. Normalmente, coa situación legal vixente en materia de separación e divorcio na que un dos cónxuxes abandona o domicilio familiar prodúcese con bastante asiduidade unha maior proximidade entre filla-nai e fillo-pai (solidariedade de xénero), posicionándose a favor ou en contra dun dos membros da parella. Esta situación é variable, segundo a idade dos fillos e do coñecemento da causa que afectase o matrimonio. Con relación a isto, é interesante mencionar o que se coñece como “efecto durminte” na socioloxía do divorcio e que expón Ruíz Becerril3: “tras o abandono do pai do fogar familiar, o fillo varón atópase desorientado ante a falta do referente paterno pero, co paso do tempo, o proceso de adaptación é positivo, mentres que as fillas fracasan nas futuras relacións de parella; esta teoría é moi discutida e non se pode xeneralizar”. Hai máis posibilidades de que os fillos e fillas de familias inestables sigan a estela dos seus proxenitores que aqueles pertencentes a familias intactas, pero todo vai en función do ambiente que respiran nos seus fogares e dos valores que ensinan os seus proxenitores, pois o obxectivo primordial é a continuación da función paterna, a pesar da deterioración matrimonial, xa que a ruptura, os conflitos que derivan dela, os comentarios e comportamentos destrutivos que deslexitiman a ambos os dous pais e a loita pola tutela dos fillos, frecuentemente arruínan ou deterioran o vínculo que ten o neno ou nena con cada un dos seus pais. Tanto o pai como a nai deberán transmitir que seguirán sendo incondicionais, é dicir, que os fillos e fillas seguirán dispoñendo de ambos os dous proxenitores, aínda que non compartan a mesma vivenda. Isto é decisivo para un bo reaxuste psicolóxico do neno e facilita a súa comprensión da ruptura do vínculo familiar. Os ex-cónxuxes deben concienciarse diso. O próximo capítulo analiza este aspecto en profundidade. Ás veces e, a pesar da evidencia da crise, a parella toma a decisión de ter un bebé como un posible recurso de esgotar as posibilidades existentes de salvar o matrimonio; craso erro, xa que o único que se consegue aumentando o número de descendentes é acrecentar a precaria situación das mulleres tras a ruptura. É por isto polo que se lle outorga tanta importancia ao soporte social que poida recibir o proxenitor custodio, xa que o apoio brindado desde a familia e desde as institucións favorece a

3 Ruiz Becerril, Diego: “Después del divorcio. Los efectos de la ruptura matrimonial en España”. Colección Monografías. Número 169. Centro de Investigacións Sociolóxicas. Madrid. 1999.

Page 17: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

15

integración social do neno ou nena e a súa recuperación psíquica e emocional, chegando a comprender en maior medida a difícil situación pola que se está a pasar.

4. O non pagamento de pensións é un dos devastadores efectos económicos que trae consigo a separación. A pesar dos reiterados casos de incumprimento de sentenzas neste ámbito, moi poucos son os datos xerais cos que contamos.

A Fundación Bartolomé de Carranza en Navarra realizou un informe da realidade nesta comunidade autónoma4. No ámbito civil, o non pagamento de pensións é máis frecuente nos procesos de separación contenciosos que nos consensuados ou de mutuo acordo, sendo a pensión alimenticia, fronte á compensatoria ou outras prestacións, a pensión non pagada con maior frecuencia. A contía mensual reclamada desta oscila entre os 150 e os 300 euros. Case a totalidade das vítimas de non pago son mulleres con cargas familiares. Normalmente, o non pago afecta dunha ata seis mensualidades, aínda que, ás veces, é superior aos doce meses. As persoas que reclamaron non pago, chegaron a lle reter ao seu ex-cónxuxe o salario ou a embargar os bens para pagar a cantidade endebedada e garantir o cobro no futuro; aínda que estas medidas non aseguran sempre o cobro periódico da pensión. En repetidas ocasións, a muller non reclama a pensión ante a nula relación que mantén co pai dos seus fillos ou a precaria situación económica deste. No ámbito penal, obsérvase un aumento deste tipo de non pago. As características das pensións son case idénticas ás pertencentes ao ámbito civil, aínda que superan o ano de endebedamento. Estas institucións levan a cabo o traballo de concienciación sobre o problema, é dicir, animan a que as mulleres reclamen a pensión realizando a xestión pertinente. A pesar de que o informe pertence a unha rexión distanciada de Galicia, este feito acontece tamén na práctica totalidade das comunidades autónomas e a nosa non é unha excepción.

Cómpre combater estes asuntos e garantir a viabilidade dos plans de actuación

ineludibles, levar a cabo un estudo exhaustivo da situación real e obxectiva que atravesan as mulleres no proceso de separación ou divorcio, co posible risco de exclusión que poidan padecer, e adoptar medidas de información permanentes. 3.3. A mediación familiar. O cambio condutual

Os membros da parella sepáranse como parella sentimental tras a ruptura, pero o seu labor e responsabilidade como pais non remata alí; non é un deber familiar con data de caducidade, senón que a súa continuidade debe manterse de por vida ou, polo menos, ata o momento da emancipación dos rapaces ou ata que estes acaden a maioría de idade. Pero a realidade difire dos bos propósitos desexados no momento de crise, sendo os fillos e fillas as principais vítimas, inocentes e involuntarias, do acontecido na relación dos seus proxenitores. Os fillos e fillas deberían estar por enriba do conflito e non seres reducidos a obxecto de negociación, para sacar o mellor partido da situación chegando incluso a coaccionalos para que tomen partido a favor dun ou doutro cónxuxe.

4 Instituto Navarro da Muller: “El impago de pensiones derivadas de rupturas matrimoniales y de pareja en Navarra”. Concello de Pamplona. Concellería da Muller. Goberno de Navarra. Maio. 1999.

Page 18: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

16

Se a finalidade é evitar que a relación materno ou paterno-filial se degrade, é vital que os proxenitores cumpran literalmente o establecido nos acordos ou na sentenza de separación, especialmente no que concirne aos períodos de visita para evitar os desaxustes emocionais e sociais provocados no menor tras a ruptura. Por iso, é primordial manter a frecuencia desde o primeiro día e conservar os hábitos previos á separación para non alterar os costumes do neno ou da nena na vida diaria e os posibles efectos nefastos que trae consigo a fin da parella. Por este motivo, o home e a muller a pesar de desaparecer como un dúo sentimental, deben permanecer unidos como dúo parental. Para posibilitar esta vía, xurdiron os Puntos de Encontro. Trátase dun piso ou local onde se poden levar a cabo as visitas acordadas na sentenza xudicial, onde o proxenitor custodio deixa o neno e este é visitado polo pai ausente. Así, e baixo a supervisión do persoal do centro, manteñen e promoven a relación, cúmprese o réxime de visitas, evitando en todo momento o menor indicio de conflito e tensión, xa que as visitas desenvólvese nun ambiente relaxado e tranquilo.

Na actualidade, existen máis de trinta e tres Puntos de Encontro en España. O primeiro fundouse en Valladolid. A demanda vai en aumento. Son imprescindibles en todas as cidades españolas con máis de vinte mil habitantes.

En Galicia, a antiga Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (na actualidade, Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado) creou unha Rede Galega de Puntos de Encontro nas principais cidades galegas: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago de Compostela. Calquera familia pódese beneficiar deste servizo se, tras a separación, teñen dificultades para conservar a relación entre os dous membros da parella e fillos e tamén naqueles casos nos que o menor afectado polas medidas de protección —garda, tutela, acollemento— necesite un lugar axeitado para garantir e favorecer esas visitas co proxenitor ausente.

No Punto de Encontro, ademais de promover o cumprimento das visitas, préstase o apoio necesario como servizo de orientación familiar, tendo presente en todo momento que o fundamental son os fillos, manténdoos á marxe dos posibles conflitos ocasionados no seo da parella.

Este servizo desenvólvese a través de asociacións privadas sen ánimo de lucro e mediante equipos multidisciplinares: profesionais da psicoloxía, do dereito, terapeutas de mediadores familiares.

Os procedementos legais para obter a separación e o divorcio aumentan a tensión e reducen o diálogo entre os cónxuxes. Por iso, e como novidade na xestión dos conflitos, ademais de supor unha alternativa á vía xudicial, e para favorecer os acordos e solucionar os problemas, co obxectivo de intervir para que ambas as dúas partes solucionen as diferenzas xurdidas, aparece a mediación familiar.

En España, en setembro de 1990, a Dirección Xeral de Protección Xurídica do Menor, do Ministerio de Asuntos Sociais, aprobou o primeiro Programa de Mediación Familiar para a separación e o divorcio, que comezou a funcionar en Madrid no ano 1991, no Centro de Psicoloxía Apside.

Institucións docentes, como o Instituto da Familia da Universidade Pontificia

Comillas de Madrid, e o da Pontificia de Salamanca, imparten programas de posgrao para formar especialistas ou expertos nesta materia.

Page 19: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

17

O Consello de Europa, na súa sesión do 21 de xaneiro de 1998, aprobou unha recomendación sobre a mediación familiar que lle propón a cada Estado membro a regulación da mediación:

5. Promover vías de arranxo amigable e reducir os conflitos polos intereses de

todos os membros da familia. 6. Protexer os intereses e o benestar dos nenos e nenas, prevendo os

mecanismos axeitados para a custodia e o réxime de visitas. 7. Reducir as consecuencias prexudiciais das rupturas familiares e da disolución

do lazo conxugal. 8. Favorecer o mantemento de relacións entre os membros da familia, sobre todo

pais-fillos e fillas. 9. Reducir os custos económicos e sociais da separación e do divorcio.

É unha tarefa que, en España, empezaron a desempeñar os profesionais do

dereito, pero na que é preciso o traballo multidisciplinar, onde teñan cabida psicólogos, avogados, sociólogos, etc. É unha alternativa aos procesos contenciosos, xa que a separación, máis que un problema legal, é un problema familiar. O obxectivo é solucionar esa crise derivada da ruptura. A mediación familiar é voluntaria, a elección dos cónxuxes, por conseguinte, non é válida en casos de violencia doméstica, alcoholismo, etc.

Lograr unha maior comunicación entre os membros da parella evitando que sexan competitivos nos asuntos recollidos na sentenza xudicial, principalmente en temas económicos e paterno-filiais, é o principal propósito que se propón a mediación.

Tanto o home como a muller deben desprazar os intereses individuais a prol

dos fillos e fillas en común, valorando as súas responsabilidades como proxenitores e comprendendo as necesidades dos fillos. Por iso, e a pesar da complicación que supón, a mediación nunca debe posicionarse a favor da muller nin do home, senón que debe ser imparcial, neutral e confidencial.

A mediación é un proceso máis áxil e máis económico que un procedemento legal, diminuíndo a hostilidade que xera a ruptura, especialmente na vía contenciosa, xa que a parella pode reorganizar a súa vida futura evitando calquera comportamento que poida chegar a ser prexudicial para os fillos e fillas.

En ocasións, obsérvase que a decisión de separarse non foi a máis axeitada; é dicir, a mediación ponlles de manifesto ás parellas que existen outras alternativas para solucionar os problemas.

A solicitude da mediación familiar pode levarse a cabo antes da separación —cando a parella decide poñer fin ao matrimonio—, durante —interrómpese o xuízo mentres dura o mencionado servizo— e despois da separación —cando hai incumprimentos e se requira reformular a situación familiar—.

Durante o período de tempo que dura esta tarefa, o mediador explícalle á parella en que consiste a tarefa; é dicir, pon de manifesto os obxectivos que se pretenden acadar para chegar a un acordo mutuamente aceptable por medio da negociación.

Page 20: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

18

Cada parte informa o profesional da súa posición e, tras empregar a metodoloxía máis axeitada, este valora cal dos cónxuxes aparece como mellor proxenitor, cal das partes foi a máis xusta nos seus razoamentos, con cal dos cónxuxes estivo máis de acordo, etc.

O conflito entre a parella pode expandirse por ira cando están próximos a

acadar un acordo. Os cónxuxes temen ese momento e engaden máis problemas aos xa existentes. Ás veces, as partes reclaman unha solución igualitaria ou equitativa.

Normalmente, reclaman máis equidade que igualdade e, neste sentido, o

mediador debe ter coidado de non axudar máis a unha parte ca outra, senón acadar unha posición compartida. O mediador dá pé a que haxa interacción entre as partes, cousa que doutro xeito non sería posible, para negociar o repartimento das responsabilidades.

Finalmente, o mediador redacta un proxecto de acordo, que consta dos

acordos acadados pola parella, que presentan ao xulgado.

É importante non confundir a mediación coa terapia, xa que esta, ademais de atopar solucións mutuamente aceptables aos puntos conflitivos, traballa para cambiar a conduta dalgún cónxuxe ou a dinámica da relación que manteñen entre ambos.

Nos últimos dez años, os divorcios e separacións aumentaron máis dun 60%. Ante este aumento, a relevancia da mediación é incuestionable. A socioloxía xoga un papel importante neste terreo5.

Mediante a interacción simbólica, axuda a unha maior comprensión das

identidades e roles que os individuos asumen na vida diaria. A identidade dos proxenitores ten un rol positivo na solución de problemas, mentres que a identidade do cónxuxe que se divorcia implica un rol conflitivo.

O mediador axuda a construír identidades alternativas para as partes,

identidades que teñen roles de solucións de problemas en lugar de roles de continuación de conflitos. 3.4. Declaración dun matrimonio non válido. A nulidade matrimonial

A sociedade actual asiste ata a data a unha modificación dos patróns convencionais. Factores culturais, sociais, económicos, políticos ou éticos inflúen no descenso da taxa de nupcialidade e no incremento de separacións e divorcios. A pesar de que experimentou un lixeiro descenso o número de parellas que deciden “pasar pola vigairía”, esta celebración segue sendo maioritaria en relación cos matrimonios civís. No ano 2000, o 75,5% dos celebrados en España son matrimonios católicos, o 24,2% civís e o 0,3% doutras relixións. Mentres que no ano 2001, son católicos, o 73,1%; civís, o 26,6%; e doutras relixións o 0,3%.

O matrimonio canónico disólvese só pola morte dun dos cónxuxes, pero a lexislación canónica contempla a figura da nulidade matrimonial para casos nos que, por concorrer as causas establecidas no Dereito Canónico, o matrimonio é nulo. A súa definición é “a total ineficacia do matrimonio, declarada xudicialmente por causa coetánea á súa celebración e con efecto retroactivo, salvo para o cónxuxe de boa fe e para os seus fillos”. En calquera caso, un segundo ou posterior matrimonio canónico

5 Haynes John M. y Haynes Gretchen L: “La mediación en el divorcio”. Barcelona, 1997

Page 21: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

19

só se pode celebrar tras un enviuvamento ou tras declararse nulo o anterior. Co divorcio só se pode contraer matrimonio civil, aínda que moitos se guían por estereotipos ou costumes sociais, en lugar de asumir os dereitos e obrigas que implica contraer segundas nupcias, malia que é certo que despois dun divorcio tamén se pode contraer matrimonio católico, sempre e cando o matrimonio anterior e disolto se celebrase en cerimonia civil, exclusivamente.

Existe tamén a nulidade matrimonial civil, pero para os efectos prácticos a súa aplicación é moi escasa porque, pese a que España xa non é un estado confesional, a maioría da poboación segue declarándose católica e celebrando os seus matrimonios —conforme xa quedou exposto— por este rito e, por conseguinte, para as nulidades matrimoniais recórrese aos tribunais eclesiásticos, excepción feita dos contraídos civilmente e que son susceptibles de seren declarados nulos, conforme ao establecido no Código Civil.

Cada vez son máis aqueles que solicitan a nulidade e que o conseguen. Coa obtención da nulidade, o matrimonio nunca existiu.

Para conseguila, hai que ter en conta o Código Canónico promulgado en 1983,

onde no canon 1055 se define o matrimonio como “a alianza matrimonial pola que o varón e a muller constitúen entre si un consorcio de toda a vida, ordenado pola súa mesma índole natural ao ben dos cónxuxes e á xeración da prole”. Desta definición despréndese que “son incapaces de contraer matrimonio:

- Quen carece de suficiente uso de razón (canon 1091,1). - Quen ten un grave defecto de discreción de xuízo acerca dos dereitos e

deberes esenciais do matrimonio (canon 1991,2). - Quen non pode asumir as obrigas do matrimonio por causas de natureza

psíquica” (canon 1991,2).

A Lei do divorcio 30/1981, do 7 de xullo, Código Civil artigo 85, afirma que: “o matrimonio se disolve sexa cal sexa a forma e o tempo de celebración, pola morte ou a declaración de falecemento dun dos cónxuxes, e polo divorcio”. Pero a declaración de nulidade eclesiástica pode solicitarse:

- Por existir defecto de forma: forma ordinaria, onde o matrimonio se contrae coa

presenza dos contraentes, ante unha testemuña cualificada (o ordinario do lugar ou o párroco, ou un sacerdote ou diácono delegado por un dos dous, e incluso un laico). Xunto a iso, han de estaren presentes, polo menos dúas testemuñas ordinarias, forma extraordinaria que admite, en determinados supostos, a celebración do matrimonio ante só dúas testemuñas comúns. Se non é así, o matrimonio declárase nulo por defecto de forma.

- Por causa de impedimento que fai os contraentes inhábiles: obstáculos para

que se leve a cabo o matrimonio de forma válida. Son prohibicións legais graves de contraer matrimonio que levan consigo a declaración de nulidade se se celebrase de todas as formas. O Código de Dereito Canónico fai referencia aos seguintes impedimentos:

� A idade: dezaseis anos no varón e catorce na muller.

� A ligazón: aqueles que xa están unidos por outro matrimonio válido.

Page 22: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

20

� Disparidade de cultos: matrimonio entre un bautizado e outro non bautizado.

� Orde sagrada: diáconos, sacerdotes e bispos que recibiran o Sacramento da Orde.

� Profesión relixiosa: en virtude do seu voto perpetuo de castidade, sempre que se fixese público e prestado nunha institución relixiosa.

� Rapto: só existe o dito impedimento se é a muller a raptada.

� Crime: consumado polo propio cónxuxe ou por aquel co que este pretenda casar.

� Consanguinidade: en liña recta, é impedimento en todos os graos e, en liña colateral, é impedimento só ata o cuarto grao inclusive; é dicir, ata os curmáns carnais.

� Afinidade: entre o varón e os consanguíneos da muller e entre a muller

e os consanguíneos do varón (padrastos e fillastros, sogros e noras, etc).

� Pública honestidade: similar ao anterior, pero que xorde das relacións de parentesco orixinadas por un concubinato ou un matrimonio inválido.

� Parentesco legal: relacións de parentesco xurdidas da adopción.

- Por vicio ou defecto de consentimento: cando o contraente é incapaz de prestar un consentimento matrimonial válido. Pode ser por razóns psíquicas. O resto das causas polas que se pode declarar a nulidade dun matrimonio denomínanse vicios de consentimento e prodúcense:

� Cando non se ten coñecemento do que é o matrimonio (ignorancia). � Cando existe erro. � Cando se contrae matrimonio enganado por dolo, verbo dunha calidade doutro contraente. � Cando se presta un consentimento simulado (para obter a nacionalidade, por exemplo). � Cando se contrae baixo condición de futuro. � Cando se presta consentimento por medo ou violencia.

Para a lexislación civil, o artigo 73 do código sinala que “é nulo calquera que

sexa a forma de celebración do matrimonio”: - O celebrado sen consentimento matrimonial, de aí que un cónxuxe poida

solicitar a nulidade do seu matrimonio se consentiu porque foi intimidado, enganado ou violentado para dicir “si”.

- O celebrado entre os parentes que prohibe o código: son os consanguíneos —

aos que os unen lazos de sangue—, en liña recta —avós, pais, fillos— e os colaterais ata o terceiro grao —irmáns, tíos, sobriños—.

Page 23: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

21

Non obstante, non pode solicitar a nulidade se no seu día o xuíz dispensou o impedimento por parentesco existente entre tíos e sobriños e lles deu autorización para contraer matrimonio. A causa refírese aos casos nos que se celebrou o matrimonio sen dispensa, a pesar do impedimento que anuncia a lei.

- O contraído sen a intervención do xuíz ou alcalde —ou funcionario/a ante quen deba celebrarse— ou sen testemuñas: o matrimonio é unha institución burocrática e formalista. O indicado na lei son requisitos obrigatorios que, de non cumprirse, dan lugar á nulidade do matrimonio.

- O celebrado por erro na identidade da persoa: é lóxico que sexa anulable un

matrimonio se algún dos cónxuxes, crendo casarse cunha persoa, resultou que ao final contraeu o matrimonio con outra diferente.

Equiparable ao erro na identidade da persoa é o erro sobre calidades esenciais desta, pero só calidades esenciais e non calidades nimias; por exemplo, calidades esenciais prodúcense cando o cónxuxe que non sabía delas nunca prestaría o seu consentimento para contraer matrimonio (por exemplo, o erro no sexo da persoa coa que contraeu matrimonio).

- O contraído por coacción ou medo grave. O consentimento é voluntario e consciente. Polo tanto, quen di si porque ten unha pistola nas costas, por exemplo, é lóxico que poida solicitar a nulidade.

Rosa Peñasco6 menciona as causas de nulidade antes da reforma da Lei de

1981:

- O artigo 101 do Código Civil indicaba que “é nulo o matrimonio contraído polo raptor coa roubada, mentres esta se atope no seu poder”.

- Tamén era causa de nulidade, ao igual que unha prohibición para contraer

matrimonio, “a impotencia anterior ao matrimonio e a perpetua”. Hoxe en día, non é unha causa de nulidade propiamente dita, pero si pode dar lugar á anulación do matrimonio, se se estima como un erro nas calidades esenciais da persoa.

- Disparidade absoluta de cultos entre o non bautizado e o bautizado na Igrexa

ou converso. - Un matrimonio celebrado entre persoas que teñan un “parentesco espiritual ou

o existente entre o bautizado e o bautizante” (padriños e madriñas que casan cos seus afilladas/os, respectivamente).

Cada vez son máis as causas para solicitar a nulidade: anorexia, bulimia ou

ludopatía, por exemplo. Non cumprir cos preceptos matrimoniais, non querer ter descendencia, non crer no vínculo, non gardar fidelidade ou causas psíquicas /incapacidade psicolóxica —canon 1095 do Dereito Canónico— atópanse entre as causas polas que se conceden con maior frecuencia as nulidades. Todas as causas danse no mesmo momento de casar ou existían antes.

6 Peñasco, Rosa: “La copla sabe de leyes. El matrimonio, la separación, el divorcio y los hijos en nuestras canciones”. Alianza Editorial. Madrid, 2000.

Page 24: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

22

A nulidade declara o matrimonio nulo e a inexistencia do vínculo e do réxime económico matrimonial. Ademais, concede unha indemnización por convivencia a favor do cónxuxe que contraeu matrimonio de boa fe.

En calquera caso, tanto na vía eclesiástica coma na civil, existe posibilidade de

dispensa a algúns impedimentos aquí sinalados, conforme se establece nas correspondentes lexislacións.

O matrimonio nulo ten os mesmos efectos sobre o cónxuxe de boa fe ou sobre os fillos que o matrimonio válido, ata que se declara nulo (matrimonio putativo)7. O matrimonio putativo é unha institución —doutrinalmente desfasada, aínda que siga vixente desde o punto de vista legal— que xorde cando, pese a declararse a nulidade dun matrimonio, non por iso se invalidan “os efectos xa producidos respecto dos fillos e do contraente ou contraentes de boa fe”, artigo 79 do Código Civil, é dicir, que nin os fillos nin quen casou de boa van ver afectados os seus dereitos —pensións, apelidos, herdanzas e demais— pola nulidade matrimonial.

Na actualidade, a declaración de nulidade, separación e divorcio non exime os proxenitores do cumprimento dos seus deberes cos seus fillos. Os cónxuxes continúan contribuíndo economicamente no mantemento e coidado dos fillos.

Tanto co divorcio como coa nulidade —ás veces, tamén coa separación— ten

que disolverse o réxime económico, especificando que cousas son para cada quen. Pónselle fin á sociedade de gananciais e os bens privativos de cada cónxuxe —como os adquiridos por herdanza ou doazón ou os de uso persoal, salvo que sexan de extraordinario valor— non forman parte dos bens para repartir.

As persoas que coñecen esta figura, ineludiblemente asóciana con personaxes públicos e cos recursos económicos dos que estes dispoñen. Pero nos tribunais eclesiásticos pódese tramitar a nulidade sen pagar nada, xa que existe o Beneficio de Gratuíto Patrocinio para aquelas persoas en situación precaria, solicitando avogado e procurador de oficio, do mesmo xeito que nos procesos civís. Tamén está a figura de redución nas custas do proceso, aboándose só o 50% das taxas. A xustiza eclesiástica debe estar garantida para todos, independentemente do poder económico. Das máis de 1.500 sentenzas favorables que se dan anualmente en España, a maioría son de xente de recursos limitados. Polo tanto, non se debe considerar un privilexio. Entre 1992-1999, un 20,3% das tramitacións foron de balde e un 14,2% leváronse a cabo de maneira semigratuíta; é dicir, aboando só a metade do custo.

Cómpre a existencia de dúas sentenzas afirmativas para que o matrimonio se considere nulo. A sentenza é legal, sempre e cando (art. 80 Código Civil) non houbese a oposición por algunha das partes, que a resolución sexa auténtica, que se trate dunha acción persoal, que a sentenza non se ditase en rebeldía e que se trate dunha obriga lícita en España. Antes de que unha causa chegue ao Tribunal da Rota tivo que obter dúas sentenzas diferentes nas dúas instancias anteriores: os tribunais diocesanos, estendidos por toda España, e os tribunais metropolitanos. En Galicia, hai tribunais eclesiásticos de primeira instancia en Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. Todos eles teñen como tribunal de segunda instancia (ou de apelación) o Tribunal Eclesiástico de Santiago de Compostela. En cada xuízo participan tres xuíces, un notario para levantar a acta e un defensor do vínculo que defende a validez da unión.

7 Jiménez Gómez, Fernando (coord.): “Evaluación psicológica forense. Matrimonio y procesos de protección con el menor”. Amarú Ediciones. Salamanca, 2001.

Page 25: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

23

No ano 2002, o número de demandas de nulidade sentenciadas en España foi de 2.000. Outro dato para ter en conta é que o 85% das sentencias dos tribunais eclesiásticos son favorables á concesión da nulidade.

Nos últimos anos, produciuse un incremento das demandas de nulidade

debido, en gran parte, a que hai unhas décadas a poboación descoñecía os motivos polos que un matrimonio pode declararse nulo e polo falso mito de considerar que era un procedemento moi custoso. Actualmente, existe un maior coñecemento sobre o tema.

3.5. Parellas de feito. ¿Consecuencias equiparables aos matrimonios tradicionais?

As tendencias actuais entre a xuventude casada lévannos a poder dicir que unha de cada tres parellas rematará en disolución matrimonial, unha de cada tres soportaranse mutuamente e só a terceira parte dos matrimonios son perdurables.

Desde hai unhas décadas, prodúcese unha serie de cambios na sociedade, como unha diminución notable da nupcialidade —en Galicia, as provincias máis envellecidas, Lugo e Ourense, son as que teñen un menor número de matrimonios—, un aumento de homes e mulleres que permanecen solteiros toda a vida —sen as connotacións negativas que significaba esta situación para a muller—, un incremento de individuos que casan a idades máis tardías que nos anos sesenta, un aumento da cohabitación, un alongamento do período educativo, etc. Estes novos hábitos sociais inciden notablemente nos modos de vida dos individuos, aínda que tamén interveñen outros factores, como o nivel económico, a relixión que profesan os membros da parella, etc.

As unións de feito prodúcense con maior frecuencia nas grandes urbes que

nas zonas rurais e entre os máis novos e de estratos económicos e educativos superiores.

Hoxe en día, existe unha maior aceptación por parte da familia cara a aqueles que optan pola cohabitación e rexeitan a idea de contraer matrimonio. Os motivos que determinan esta elección van desde a imposibilidade de casar porque teñen dificultades para atopar traballo, ata o rexeitamento ideolóxico do matrimonio ou o medo ao fracaso. Non todos os cohabitantes modernos son contrarios ao matrimonio, senón que aprazan a súa legalización ou resúltalles indiferente. Pero tamén aumenta este tipo de unións entre os que tiveron un fracaso matrimonial e non pensan en contraer novas nupcias.

Debido ao aumento deste tipo de unión, desde 1997 elabóranse normativas co obxectivo de non discriminar as parellas de feito estables respecto dos matrimonios convencionais.

Son parellas de feito estables as unións dos maiores de idade ou menores emancipados, sen vínculo de parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade, que conviven en parella con independencia da súa orientación sexual, polo menos durante un ano, libre, pública e notoriamente8. Bastará coa mera convivencia cando a parella teña descendencia en común. Nalgúns países nórdicos, o

8 Díaz Moreno, José María; Hernández Rodríguez, Gerardo; Lázaro González, Isabel e Zarraluqui Sánchez- Eznarriaga, Luis. “Las uniones de hecho. Una aproximación plural”. Instituto Universitario Familia e Matrimonio. Universidade Pontificia de Comillas,1999.

Page 26: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

24

número de fillos nacidos fóra do matrimonio chega a superar as taxas de ata o 55,0%, mentres que en España é do 19,4%. As parellas que teñen fillos comúns posúen maior grao de lexitimidade de protección —son tamén chamados para-matrimonios— que aqueles que achegan fillos de anteriores relacións.

As unións de feito acredítanse coa inscrición nos rexistros específicos existentes nas comunidades autónomas, concellos dos lugares de residencia ou mediante un documento público. Cando se estrague a relación de convivencia, calquera membro da parella poderá cancelar a inscrición ou anular o dito documento. Non se poderán inscribir de novo, sen a previa cancelación da xa existente.

Cando se produce a separación e xa non son parella de feito, aparecen os conflitos para ver quen queda coa vivenda e quen a deixa, con quen quedan os fillos e fillas e as consecuencias económicas tras a ruptura. Os fillos e fillas habidos nesa convivencia non matrimonial non poden verse afectados pola natureza da unión dos seus pais.

Cataluña (Lei 10/1998, do 15 de xullo), Aragón (Lei 6/1999, do 26 de marzo), Navarra (Lei foral 6/2000, do 3 de xullo), Valencia (Lei 1/2001, do 6 de abril), Baleares (Lei 18/2001, do 19 de decembro), Madrid (Lei 11/2001, do 19 de decembro), Asturias (Lei 4/2002, do 23 de maio), Andalucía (Lei 5/2002, do 16 de decembro) e Canarias (Lei 5/2003, do 6 de marzo) xa promulgaron as respectivas leis de parellas de feito. As últimas comunidades autónomas que aprobaron este tipo de normativa son Estremadura (Lei 5/2003, do 20 de marzo) e País Vasco (Lei 2/2003, do 7 de maio), citadas por orde cronolóxica.

Galicia poderíase sumar en breve a estas autonomías. En setembro de 2002 creouse no Parlamento galego unha comisión encargada de redactar unha lei que regula estas unións na nosa comunidade. Desde entón, leváronse a cabo reunións que debaten os dereitos para lles outorgar ás parellas de feito os dereitos e deberes correspondentes á súa unión. O texto espera a súa aprobación final. Aínda que en Galicia hai concellos que xa crearon os seus propios rexistros de parellas de feito, a efectos prácticos non supón ningún dereito.

O primeiro proxecto de lei que fai referencia a estas unións presentouno o Grupo Parlamentario de Coalición Canaria, o 4 de abril de 1997, ante o Congreso dos Deputados, instando a un recoñecemento de efectos xurídicos para as parellas de feito estables. Pero o dito proxecto de lei non contiña referencias á ruptura destas parellas, agás cando se producira a disolución da unión por mor do falecemento dun dos membros da parella, pero non había ningunha mención das consecuencias que ten a ruptura. O 18 de setembro de 1997, o Grupo Parlamentario Popular no Congreso presentou a proposición de lei orgánica de contrato de unión civil. Consistía nun acordo entre dúas persoas maiores de idade que deciden convivir e prestarse axuda mutua, atribuíndolle a esa convivencia determinadas consecuencias xurídicas. Propuña un sistema aberto, incompatible co matrimonio, do que o réxime económico sería o que as partes dispoñan. Non poderá estar ningunha das partes casada. O contrato quedaría disolto por matrimonio dunha das partes ou a instancia de calquera delas. O contrato non produciría efectos antes de que transcorra o primeiro ano de vixencia.

A comunidade autónoma pioneira en regularizar a situación destas parellas foi Cataluña, que promulgou a Lei 10/1998, do 15 de xullo, de unións estables de parella.

Contempla as disposicións referentes ás unións estables homosexuais e heterosexuais, pero para o presente estudo ten maior transcendencia centrarse

Page 27: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

25

exclusivamente na heterosexual. É entendida como a unión estable dun home e dunha muller, ambos maiores de idade que, sen impedimento para contraer matrimonio entre si, convivisen maritalmente, como mínimo, un período ininterrompido de dous anos ou manifestasen mediante escritura pública acollerse ao que nel se establece.

Como mínimo, un dos membros da parella debe ter veciñanza civil en Cataluña. Non é necesario o transcurso deste período cando teñan descendencia común, pero si que é preciso o requisito da convivencia.

Os membros da parella poden regular validamente, en forma verbal, por escrito privado ou en documento público as relacións persoais e patrimoniais derivadas da convivencia, así como dereitos e deberes. Tamén poden regular as compensacións económicas, para o caso do cesamento de convivencia (artigo 3).

O artigo 12 menciona as causas polas que se extingue a unión: - Por común acordo. - Por vontade unilateral dun dos membros da parella, notificada fidedignamente

ao outro. - Por defunción dun dos membros. - Por separación de feito de máis dun ano. - Por matrimonio dun dos membros.

Ambos os membros da parella están obrigados, aínda que sexa por separado,

a deixar sen efecto o documento público que se outorgase. A extinción implica a revogación dos poderes que calquera dos membros outorgase a favor doutro.

En canto á compensación económica, cando cesa a convivencia en parella (artigo 13) aquel que, sen retribución ou con retribución insuficiente, traballara para o fogar común ou para o outro convivente, ten dereito a recibir unha compensación económica no caso de que se xerase por este motivo unha situación de desigualdade entre o patrimonio dos dous que implique un enriquecemento inxusto.

O artigo 14 fai referencia á pensión periódica. Ao cesar a convivencia, calquera dos membros da parella pode reclamar do outro unha pensión alimentaria periódica, se a necesita para atender axeitadamente o seu sustento, nun dos casos seguintes:

- Se a convivencia diminuíu a capacidade do solicitante de obter ingresos. - Se ten ao seu cargo fillos/as comúns, en circunstancias nas que a súa

capacidade de obter ingresos quede diminuída.

A garda e réxime de visita dos fillos e das fillas contémplase no artigo 15. Ao rematar a convivencia, os membros da parella, no caso de que teñan fillos ou fillas comúns, poden pactar cal dos dous ten a garda e custodia, así como o réxime de visitas do membro da parella que non teña a garda. A falla do acordo, o xuíz ou xuíza decide, en beneficio dos fillos ou fillas, escoitándoos previamente se teñen suficiente coñecemento ou doce anos ou máis.

O exercicio dos dereitos regúlase no artigo 16. A reclamación dos dereitos que mencionan os artigos 13 e 14 efectuarase no prazo dun ano, computables desde o

Page 28: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

26

cese da convivencia. O pagamento da compensación prescrita no artigo 13 farase efectiva no prazo máximo de tres anos, co interese legal desde que se recoñecera.

A compensación satisfarase en metálico, agás que haxa acordo entre as partes ou se o xuíz ou xuíza, por causa xustificada, autoriza o pago con bens do convivente obrigado.

A obriga prescrita no artigo 14, no primeiro suposto extínguese, en todo caso, no prazo de tres anos, que se contarán desde a data de pago da primeira pensión, polas causas xerais de extinción do dereito de alimentos e desde o momento no que quen a percibe contrae matrimonio ou convive maritalmente e, no segundo suposto, cando a atención dos fillos ou fillas cesa por calquera causa ou estes chegan á maioría de idade ou son emancipados, agás os supostos de incapacidade. A pensión alimentaria periódica diminuirá ou extinguirase, na medida na que o desequilibrio que compensa diminúa ou desapareza.

En canto aos efectos da ruptura unilateral, o artigo 17 expón que, no caso de ruptura, os conviventes non poden volver formalizar unha unión estable con outra persoa mediante escritura pública ata que transcorran seis meses desde que deixaron sen efecto o documento público correspondente á convivencia anterior.

No caso de defunción dun dos membros da parella (artigo 18), o supervivente ten a propiedade dos peñores, do mobiliario e dos utensilios que constitúen o enxoval da vivenda en común. Non obstante, non é dono de bens, como xoias ou obxectos artísticos ou outros que teñan un valor extraordinario, como mobles de procedencia familiar, de propiedade do convivente premorto.

Durante o ano seguinte á morte dun dos conviventes, o supervivente ten

dereito a residir na vivenda común para tomar posesión desta e a ser alimentado de acordo co nivel de vida da parella e da importancia do seu patrimonio. Este dereito pérdese se durante o ano o interesado contrae matrimonio ou pasa a convivir maritalmente con outra persoa ou descoida gravemente os seus deberes con respecto aos fillos ou fillas comúns co defunto. Se o defunto fose arrendatario da vivenda, o convivente ten dereito a subrogarse nos termos que estableza a Lei de arrendamentos urbanos.

Con respecto ás leis sucesivas sobre parellas estables non casadas, existen

certas innovacións con relación á primeira. Así pois, a regulación da convivencia contémplase en idéntica forma para ambas as opcións sexuais, tanto en Cataluña como en Aragón, que é a comunidade autónoma que lle segue en aprobar unha normativa referente ás unións de feito. Non obstante, o recoñecemento da adopción recoñécese exclusivamente para as parellas heterosexuais con idénticos dereitos e deberes que as persoas unidas por matrimonio.

O Parlamento de Navarra, o seguinte por sucesión cronolóxica, na Lei foral

para a igualdade xurídica das parellas estables, pretende eliminar as discriminacións por razóns da condición ou circunstancia persoal ou social dos compoñentes da familia e perfeccionar o desenvolvemento da protección social, económica e xurídica da familia, axeitando a normativa á realidade social deste momento histórico. Como novidades e con base nisto, introdúcese o principio de non discriminación. Ademais, entende como parella estable os membros da parella que conviviran maritalmente, como mínimo, un período ininterrompido dun ano (dous anos, na concepción das leis de Cataluña e Aragón).

Page 29: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

27

Dúas son as leis que se aprobaron no ano 2001, ademais da Comunidade Autónoma Valenciana, pertencentes ás Illas Baleares e á Comunidade de Madrid.

Ambas as dúas non lles recoñecen o dereito de adopción ás parellas de feito,

pero esta última impón un novo requisito persoal, xa que as persoas afectadas por unha deficiencia ou anomalía psíquica que non lles permita prestar o seu consentimento á unión validamente están privadas de constituír a dita unión.

Nas leis de Navarra e do País Vasco permítese a adopción de menores por

parte de parellas de feito homosexuais, se ben a aplicación do articulado correspondente foi cautelarmente suspendida, en tanto non se resolvan os recursos presentados polo Goberno.

Os preceptos conformes ás parellas estables posteriores establecen o

acollemento familiar (artigo 8 no Principado de Asturias e artigo 9 na Comunidade Autónoma de Andalucía) e adxudícanlles aos membros da parella a posibilidade de acoller menores de forma conxunta, sempre que a modalidade do acollemento sexa simple ou permanente, de acordo coa lexislación aplicable e, en ningún caso, poderá ser utilizado como factor discriminatorio a opción ou identidade sexual dos solicitantes.

Ademais, a Administración pública de Andalucía regula unha serie de dereitos

ata a data non contemplados noutras lexislacións.

Así pois, as parellas de feito poderán solicitar o seu ingreso conxunto nos centros residenciais para persoas maiores dependentes das administracións públicas de Andalucía, de forma que, acordada a súa incorporación a estes, disporán de habitacións compartidas exclusivamente por eles (artigo 15).

Os órganos das administracións públicas de Andalucía competentes en materia

de drogodependencias terán en conta a existencia de parellas de feito e desenvolverán a súa actuación sobre estas, cando estas sexan un factor determinante para a asistencia, a rehabilitación e a incorporación social dos seus membros (artigo 16).

Os membros da parella de feito terán dereito a que a lexislación sanitaria lles

recoñeza aos parentes e achegados dos usuarios do sistema sanitario público de Andalucía (artigo 17).

A Administración pública andaluza promoverá, no ámbito da economía privada,

a equiparación dos membros de calquera tipo de parella respecto dos dereitos de formación, licenzas, axudas de acción social, condicións laborais e similares que se recollan nos contratos e convenios, respecto das persoas que forman matrimonio (artigo 18).

A adxudicación de vivendas públicas entenderase equiparada a parella estable

ao matrimonio (artigo 19).

A convivencia por unión estable dunha parella equipárase, para efectos tributarios e fiscais, ao matrimonio sempre que esta e a súa acreditación reúnan os requisitos previstos nesta lei (artigo 20).

En todo o relativo a permisos, licenzas, provisión de postos de traballo, axudas

de acción social e demais condicións de traballo no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma de Andalucía e no referente aos empregados públicos desta,

Page 30: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

28

entenderase equiparada a parella estable ao matrimonio e o convivente ao cónxuxe (artigo 21).

Nas materias non reguladas expresamente nesta lei, as parellas de feito

quedarán equiparadas ao matrimonio nas relacións xurídicas que poidan establecer coas diversas administracións públicas de Andalucía no seu propio ámbito de competencias, coas únicas limitacións que poidan resultar impostas pola aplicación da normativa estatal (artigo 22).

Na sociedade na que vivimos, aínda que o matrimonio continúa sendo a forma

de unión predominante, outros tipos de unión están aceptadas maioritariamente pola sociedade. Por iso, a lei trata de lle dar unha axeitada solución á realidade sociolóxica do incremento no número deste tipo de unións.

Este novo modelo de familia, consecuente coa realidade social actual,

precisaba unha revisión da normativa vixente e unha posterior regulación destas parellas estables nos estatutos de autonomía, de acordo co establecido na Constitución, xa que o artigo 9.2 (obriga dos poderes públicos de promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integra sexan reais e efectivas), o artigo 14 (os españois son iguales ante a lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición e circunstancia persoal ou social) e o artigo 32, que contempla o dereito a contraer matrimonio, tamén prevé o dereito a non contraelo, o que non afecta o dereito que todo home e toda muller teñen de constituír, mediante unha unión efectiva e estable, unha comunidade de vida que, con ou sen fillos, supoña a creación dunha familia.

Neste sentido, diversas iniciativas lexislativas, tanto a nivel nacional desde as

comunidades autónomas mencionadas, como desde diversos países europeos, regularon o réxime xurídico das parellas estables.

O artigo 39 da Constitución imponlles aos poderes públicos a obriga de

asegurar a protección social, económica e xurídica da familia, sen que neste exista referencia ningunha a un modelo de familia determinado nin predominante, de xeito que non poidan derivarse consecuencias discriminatorias do modelo de familia que de xeito libre e lexítimo adopten os cidadás.

As comunidades autónomas de Canarias, Estremadura e País Vasco foron as

últimas en regular as parellas de feito. Pero non suporá un punto e final lexislativo, senón un punto e seguido, xa que cada vez son máis as comunidades que regularizan a situación destas unións, o que supón un avance no terreo normativo que demandan os novos tempos.

3.6. Estado actual deste colectivo feminino en España e en Galicia en cifras

Desde a entrada en vigor da Lei de divorcio en xullo de 1981, prodúcese un

aumento paulatino das rupturas matrimoniais, tanto no conxunto de España como na nosa comunidade. A través dos datos recollidos nas memorias do Consello Superior do Poder Xudicial e dos censos de poboación, anuarios estatísticos e Movemento Natural de Poboación (INE) e que se mostran a continuación, indícase a dita evolución de maneira detallada.

Page 31: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

29

As persoas que levaban separadas con anterioridade á aprobación da normativa que regula o divorcio, acceden a este directamente. Por iso, prodúcense máis divorcios que separacións en España, en 1981 e 1982.

A partir desa data invértese a tendencia e chegan a rexistrarse no ano 2002

42.017 separacións e 73.032 divorcios (táboa I). En canto ao número de instancias de nulidade tramitadas por vía civil, tamén

se percibe un aumento considerable, especialmente desde 1992. Non obstante, nos anos precedentes, as cifras permutaron en gran medida, rexistrándose o efecto “montaña rusa”, aínda que é notorio sinalar que en 1982 se resolveron oitenta e unha demandas de nulidade de maneira favorable.

En Galicia, a situación é moi similar á presentada no caso de España, sendo

sensiblemente inferior á cifra de divorcios con relación ás separacións (táboa II). O ano 2002 rexistrou o número máis elevado de divorcios en Galicia, data máis actual da que dispoñemos datos.

Polo tanto, constátase que a situación irrevogable que leva os membros da

parella a tomar a decisión de pór fin ao matrimonio é cada vez máis frecuente non só entre a sociedade galega, senón tamén no resto da península. Con respecto ao estado actual deste feito en Galicia, afondaremos máis adiante nos resultados do presente estudo.

Page 32: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

30

Táboa nº I

Indicadores de ruptura matrimonial. España 1981-2002

Por 100 matrimonios Por 10.000 habitantes

Anos Separ. Divorcios Nulidades Separ. Div. Nulid. Separ. Div. Nulid.

1981 6.851 9.483 28 3,4 4,6 0,01 1,7 2,5 0,007

1982 17.445 21.463 81 9,0 11,1 0,04 4,6 5,6 0,02

1983 19.651 19.306 36 10,0 9,8 0,02 5,2 5,1 0,01

1984 22.224 17.656 63 11,6 8,9 0,03 6,0 4,6 0,02

1985 25.046 18.291 53 12,5 9,2 0,03 6,6 4,8 0,01

1986 27.553 19.234 50 13,2 9,3 0,02 7,2 5,0 0,01

1987 31.153 21.326 48 14,4 9,9 0,02 8,1 5,5 0,01

1988 33.240 22.449 72 15,2 10,2 0,03 8,6 5,8 0,02

1989 34.672 23.063 83 15,7 10,4 0,04 9,0 6,0 0,02

1990 36.272 23.191 75 16,4 10,5 0,03 9,4 6,0 0,02

1991 39.758 27.224 79 18,7 12,8 0,04 10,2 7,0 0,02

1992 39.918 26.783 76 18,3 12,3 0,03 10,2 6,8 0,02

1993 43.491 28.854 78 22,1 14,7 0,04 10,9 7,2 0,02

1994 47.546 31.522 93 24,3 16,1 0,05 11,8 7,8 0,02

1995 49.371 33.104 102 24,6 16,5 0,05 12,2 8,2 0,03

1996 51.317 32.571 102 26,9 17,1 0,05 12,9 8,2 0,03

1997 54.728 34.147 123 28,4 17,7 0,06 13,9 8,6 0,03

1998 56.837 36.072 115 28,1 17,8 0,06 14,3 9,0 0,02

1999 59.547 36.900 133 28,9 17,9 0,06 15,1 9,4 0,03

2000 63.430 38.973 145 30,2 18,6 0,07 15,4 9,5 0,04

2001 65.610 37.630 153 31,8 18,2 0,07 16,1 9,2 0,03

2002 73.032 42.017 229 34,9 20,1 0,11 17,5 10,0 0,05

Total 898.692 601.259 2.017 19,8 13,2 0,04

Fonte: elaboración propia. Memorias do Consello Superior de Poder Xudicial e dos censos de

poboación, anuarios estatísticos e Movemento Natural da Poboación. Varios anos (INE).

Nota: os datos de divorcios do ano 1981 son desde o mes de xullo, data na que se aprobou a Lei

do divorcio.

Page 33: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

31

Táboa nº II

Indicadores de ruptura matrimonial. Galicia 1981-2002

Por 100

matrimonios Por 10.000 habitantes

Anos Separ. Divorcios Nulid. Separ. Div. Separ. Div. 1981 245 574 6 1,7 4,1 0,9 2,0

1982 946 1.120 3 6,7 7,9 3,4 4,0

1983 1.000 1.055 2 7,4 7,8 3,5 3,7

1984 1.097 964 2 7,9 7,1 3,9 3,4

1985 1.348 1.004 3 10,5 7,8 4,8 3,6

1986 1.553 1.126 3 11,9 8,6 5,5 4,0

1987 1.813 1.236 0 13,7 9,3 6,4 4,4

1988 1.797 1.280 1 13,1 9,3 6,4 4,5

1989 2.246 1.508 4 16,3 10,9 8,0 5,4

1990 2.098 1.342 5 15,2 9,7 7,5 4,8

1991 2.208 1.506 1 16,9 11,5 7,9 5,4

1992 2.290 1.493 3 17,3 11,3 8,2 5,3

1993 2.508 1.683 4 20,8 14,0 8,9 6,0

1994 2.747 1.792 5 23,6 15,4 10,6 6,6

1995 2.841 2.049 7 24,3 17,6 10,4 7,5

1996 2.804 1.828 4 23,6 15,4 10,3 6,7

1997 3.223 1.943 4 26,7 16,1 11,8 7,1

1998 3.430 2.067 7 27,8 16,7 12,6 7,5

1999 3.508 2.118 9 28,0 16,9 12,9 7,8

2000 3.714 2.207 21 29,4 17,5 13,6 8,1

2001 3.720 2.157 14 31,5 18,3 13,8 8,0

2002 4.133 2.439 19 33,8 20,0 15,1 8,9

Total 51.269 34.491 127 18,2 12,3

Fonte: elaboración propia. Memorias do Consello Superior do Poder Xudicial e dos censos de

poboación, anuarios estatísticos e Movemento Natural da Poboación. Varios anos (INE).

Nota: os datos de divorcios do ano 1981 son desde o mes de xullo, data na que se aprobou a

Lei do divorcio.

Page 34: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

32

En canto ao procedemento empregado, nestes vinte e dous anos en Galicia

producíronse un 44,2% de separacións de mutuo acordo (do total de separacións), mentres que en España se rexistraron un 52,5%. A diferenza é máis notable no divorcio, xa que a nosa comunidade presenta un 35,1% de rupturas matrimoniais consensuadas, fronte ao 46,7% do conxunto nacional (táboa III e IV).

Non obstante, aínda que a proporción de mutuo acordo era inferior aos casos

nos que se levaban a cabo por vía legal, desde 1999 prodúcese un aumento considerable de separacións de mutuo acordo, chegando a inverter a tendencia que se mantiña ata a mencionada data. Nos divorcios prevalecen os negociados por causa legal, aínda que no ano 2001 as diferenzas numéricas comezan a estreitarse entre ambos os dous procedementos. Ese aumento de separacións e divorcios de mutuo acordo será maior co paso do tempo, pois parece que o prioritario é que a división matrimonial non traia consigo episodios desagradables nin tensos para ambos os cónxuxes, nin para os fillos e fillas habidos na dita unión. Por esta razón, divúlgase e deféndese o labor da figura do mediador ou mediadora familiar onde, grazas á súa actuación, se chega a un grao de comprensión mutua que facilita o logro de acordos favorables para as partes e a conservación dunha relación o máis civilizada posible.

Este modo de actuar é factible sempre que a ruptura non sexa causada por

algún suceso traumático e con graves repercusións físicas e psicolóxicas para a muller, como o exercicio de malos tratos ou outra conduta vexatoria, infidelidade, alcoholismo, etc., xa que na parella debe existir un consentimento e aceptación consensuada polos dous membros desta para executar este trámite.

Normalmente, é a muller quen presenta a demanda de separación, mentres

que o home ten máis protagonismo en solicitar o divorcio para contraer segundas nupcias. O sexo do demandante non ten nada que ver co culpable da ruptura. Aínda que son máis frecuentes as separacións en mulleres novas, pénsase que cando aumenta a idade diminúe a porcentaxe de separacións, pensamento erróneo porque ultimamente asistimos a un certo ascenso das separacións nas idades superiores aos cincuenta anos, causado probablemente polos matrimonios que esperaron o ciclo familiar de niño baleiro para disolver a convivencia.

Page 35: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

33

Táboa nº III

Galicia. Separacións de mutuo acordo e por causa legal ou contenciosas e porcentaxe de acordo. Anos 1981-2002

% mutuo acordo

Anos Mutuo acordo

Causa legal ou contenc.

Total Galicia España Diferenza

1981 37 208 245 15,1 18,9 -3,7

1982 286 660 946 30,2 33,3 -2,5

1983 275 725 1.000 27,5 35,4 -7,9

1984 351 746 1.097 32,0 38,7 -6,7

1985 489 859 1.348 36,3 39,6 -3,3

1986 492 1.061 1.553 31,7 40,7 -9,0

1987 671 1.142 1.813 37,0 42,7 -5,7

1988 652 1.145 1.797 36,3 45,4 -9,1

1989 720 1.526 2.246 32,1 46,1 -14,0

1990 830 1.268 2.098 39,6 47,2 -7,6

1991 890 1.318 2.208 40,3 48,8 -8,5

1992 982 1.308 2.290 42,9 49,3 -6,4

1993 985 1.523 2.508 39,3 49,5 -10,2

1994 1.075 1.672 2.747 39,1 49,1 -10,0

1995 1.214 1.627 2.841 42,7 51,5 -8,8

1996 1.280 1.524 2.804 45,6 53,1 -7,5

1997 1.499 1.724 3.223 44,9 55,6 -10,7

1998 1.650 1.780 3.430 48,1 57,5 -9,4

1999 1.828 1.680 3.508 52,1 59,9 -7,8

2000 1.929 1.785 3.714 51,9 61,3 -9,4

2001 2.134 15,86 3.720 57,4 66,4 -9,0

2002 2.374 1.759 4.133 57,4 67,2 -9,8

Total 22.643 28.626 51.269 44,2 52,5 -8,3

Fonte: elaboración propia. Memorias do Consello Superior do Poder Xudicial (1982-2003) e dos censos de poboación, anuarios estatísticos e Movemento Natural da Poboación. Varios anos (INE).

Page 36: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

34

Táboa nº IV

Galicia. Divorcios con mutuo acordo ou consensuados e sen acordo ou non consensuados e porcentaxe de acordo. Anos 1981-2002

% mutuo acordo

Anos Mutuo acordo Sen acordo Total Galicia España Diferenza

1981 111 463 574 19,3 38,5 -19,2

1982 314 806 1.120 28,0 39,2 -11,2

1983 328 727 1.055 31,1 39,1 -8,0

1984 326 638 964 33,8 40,5 -6,7

1985 310 694 1.004 30,9 40,6 -9.7

1986 304 822 1.126 27,0 40,9 -13,9

1987 368 868 1.236 29,8 40,5 -10,7

1988 366 914 1.280 28,6 43,1 -14,5

1989 371 1.137 1.508 24,6 43,1 -18,5

1990 372 970 1.342 27,7 43,2 -15,5

1991 468 1.038 1.506 31,1 43,7 -12,6

1992 518 975 1.493 34,7 45,2 -10,1

1993 564 1.119 1.683 33,5 44,3 -10,8

1994 520 1.272 1.792 29,0 43,8 -14,8

1995 714 1.335 2.049 34,8 44,9 -10,1

1996 651 1.177 1.828 35,6 45,9 -10,3

1997 694 1.249 1.943 35,7 48,3 -11,6

1998 753 1.314 2.067 36,4 49,6 -13,2

1999 846 1.272 2.118 39,9 51,7 -11,8

2000 934 1.273 2.207 42,3 52,6 -10.3

2001 1.074 1.083 2.157 49,8 57,6 -7,8

2002 1.205 1.234 2.439 49,4 58,4 -9,0

Total 12.111 22.385 34.496 35,1 46,7 -11,6

Fonte: elaboración propia. Memorias do Consello Superior do Poder Xudicial (1982-2003) e dos censos de poboación, anuarios estatísticos e Movemento Natural da Poboación. Varios anos (INE).

A porcentaxe de separacións e divorcios en relación co total nacional nestes

vinte e dous anos aos que nos referimos na táboa V, é moi semellante entre si, xa que rexistra a mesma media: un 5,7%. Só cabe destacar que a proporción de divorcios supera en gran medida a observada nas separacións para 1981, un 6% fronte a un 3,6%, pola razón que mencionamos anteriormente.

Page 37: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

35

Táboa nº V

Galicia. Porcentaxe de separacións e divorcios en relación co total nacional. Anos 1981-2002

Anos Separacións Divorcios 1981 3,6 6,0

1982 5,3 5,0

1983 5,1 5,5

1984 4,8 5,5

1985 5,4 5,5

1986 5,6 5,8

1987 5,8 5,8

1988 5,4 5,7

1989 6,5 6,5

1990 5,8 5,8

1991 5,5 5,5

1992 5,7 5,6

1993 5,8 5,8

1994 5,8 5,7

1995 5,8 6,2

1996 5,5 5,6

1997 5,9 5,7

1998 6,0 5,7

1999 5,9 5,7

2000 5,8 5,7

2001 5,7 5,7

2002 5,7 5,8

Total 5,7 5,7

Os cónxuxes, tras a ruptura do matrimonio, preséntanlle ao xuíz ou xuíza unha serie de propostas recollidas no convenio regulador, que teñen que ser aprobadas por este para que sexa efectivo. Ademais do convenio, o xuíz ou xuíza pode asignar as medidas previas ou provisionalísimas e as provisionais. As primeiras son medidas anteriores á presentación da demanda para evitar males maiores e as segundas adóptanse, unha vez interposta a demanda de separación, nulidade ou divorcio, que serán substituídas polas que se establezan na sentenza, unha vez finalizado o proceso. A táboa VI mostra estas medidas para a nosa comunidade no período que abarca desde 1981 ata o ano 2002.

Page 38: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

36

Táboa nº VI

Galicia. Medidas provisionalísimas ou previas á interposición da demanda e provisionais ou coetáneas ou posteriores á interposición da demanda

Anos 1981-2002

Anos Provisionalísimas Provisionais Total 1981 29 177 146

1982 269 395 664

1983 231 308 539

1984 262 342 604

1985 245 445 690

1986 259 503 762

1987 434 598 1.032

1988 330 651 981

1989 288 740 1.028

1990 294 542 836

1991 390 614 1.004

1992 367 738 1.105

1993 357 876 1.233

1994 491 778 1.269

1995 496 743 1.239

1996 556 781 1.337

1997 561 827 1.388

1998 548 962 1.510

1999 509 868 1.377

2000 552 938 1.490

2001 489 846 1.335

2002 539 873 1.412

Total 8.496 14.485 22.981

Fonte: elaboración propia. Memorias do Consello Superior do Poder Xudicial (1982-2003).

Page 39: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

37

A táboa nº VII reflicte outros dous novos indicadores de ruptura matrimonial en

Galicia entre 1994-2002, os de eficacia civil de separación canónica e de eficacia civil de nulidade ou disolución canónica.

Táboa nº VII

Indicadores de ruptura matrimonial. Galicia 1994-2002

Anos Eficacia civil de separación canónica e de nulidade ou disolución canónica

1994 24

1995 29

1996 32

1997 42

1998 29

1999 43

2000 39

2001 38

2002 52

Nota: desde o ano 1994, figuran unidas as cifras correspondentes aos dous conceptos. Fonte: elaboración propia. Memorias do Consello Superior do Poder Xudicial. Anos 1982-2002.

Segundo unha enquisa realizada no ano 1999 polo Instituto Nacional de Estatística sobre as características dos matrimonios ou parellas e a exposición ao risco de embarazo en mulleres de 15-49 anos, atopamos que o colectivo de mulleres separadas ou divorciadas adquire un peso importante, en canto a cifras absolutas, especialmente a partir dos 40 anos. A táboa VIII reflicte o incremento deste grupo, rexistrándose xa o considerable número de 6.141 para estas femias menores de 25 anos, aínda que evidentemente este díxito é inferior en comparación con mulleres pertencentes aos outros estados civís na mesma idade.

As cantidades máis prominentes corresponden a mulleres na trintena; quizais a

separación ou divorcio para estas é a consecuencia dun matrimonio contraído nunha idade moi temperá polos membros da parella, cuestionándose o seu grao de madurez no momento de pasar pola vigairía.

O estado civil que conta con maior número de mulleres a partir dos 30 anos é o

de casada, pero con respecto ás outras condicións sociais, 96.913 mulleres de 45 a 49 anos están separadas ou divorciadas. Este dato non é intranscendente e, de feito, é cada vez máis frecuente o feito de que un importante número de mulleres deciden pór fin ao seu matrimonio pasado o medio século de vida.

Page 40: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

38

Táboa nº VIII

Mulleres entre 15 e 49 anos por estado civil e idade actual. España. Ano 1999

Anos Solteiras Casadas Viúvas Separadas ou divorciadas Total

15-19 1.313.101 11.168 0 0 1.324.269

20-24 1.501.718 83.155 0 6.141 1.591.015

25-29 1.002.847 579.112 802 29.887 1.612.647

30-34 315.015 1.162.631 9.165 95.369 1.582.180

35-39 171.319 1.244.145 15.553 63.608 1.494.625

40-44 97.240 1.134.671 29.476 82.550 1.343.937

45-49 53.149 1.032.455 34.046 96.913 1.216.564

Total 4.454.390 5.247.338 89.042 374.467 10.165.237

As segundas nupcias, como se mencionou anteriormente noutros apartados, é

un feito frecuente na sociedade actual. Polo tanto, queda de manifesto a importancia dada ao matrimonio polos individuos e a vixencia deste e da familia, no suposto de que acheguen fillos e fillas froito de anteriores relacións. É o caso de divorciados/as ou viúvos/as que deciden darse outra oportunidade e contraer matrimonio de novo. A táboa IX detalla os matrimonios producidos no ano 2000 no conxunto nacional.

Observamos que a partir dos 40 anos, casan máis homes divorciados ca

mulleres. Para corroborar esta afirmación, a táboa reflicte que 3.043 varóns establecen novo vínculo conxugal. Unha das razóns principais é a difícil situación na que quedan as mulleres nesa mesma condición tras a ruptura, tanto a nivel psicolóxico e afectivo como económico; o exceso de cargas familiares cando antes eran compartidas, o escaso tempo de lecer do que dispoñen e un longo etcétera de cargas que as mulleres teñen que afrontar nesa etapa da súa vida. Isto nos homes non acostuma acontecer, principalmente porque é as mulleres a quen se lles asigna a custodia dos fillos e fillas en común. Esa diferenza explícase tamén porque maioritariamente as mulleres son as que solicitan a separación e os homes o divorcio para contraer matrimonio de novo.

De feito, dos 45 anos en adiante, existen máis homes divorciados ca solteiros

ou viúvos que repiten a dita experiencia. En canto ás mulleres, máis de 2.000 volven casar entre os 30-39 anos. Un

número bastante significativo, especialmente nesa idade, porque teñen moi recente a ruptura matrimonial anterior. Este dato pon de manifesto a consideración social do matrimonio. A táboa X expón a taxa bruta de nupcialidade por cada 1.000 habitantes.

Page 41: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

39

Táboa nº IX

Matrimonios segundo idade e estado civil de cada cónxuxe. España. Ano 2000

Anos Homes

solteiros Viúvos Divorciados Mulleres solteiras Viúvas Divorciadas

Menos de 15 1 0 0 19 0 0

15-19 1.170 0 0 4.723 1 0

20-24 21.454 4 28 44.563 8 123

25-29 95.064 16 684 102.286 35 1.100

30-34 60.804 53 1.716 38.891 88 2.485

35-39 16.371 85 2.737 9.625 120 2.645

40-44 4.342 137 2.549 2.664 215 1.906

45-50 1.641 198 2.183 1.116 139 1.432

51-55 592 225 3.043 442 107 635

56-59 275 183 631 206 82 364

60 e máis 465 961 825 329 264 215

Page 42: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

40

Táboa nº X

Taxa bruta de nupcialidade por 1.000 habitantes

Ano Total nacional

1975 7,6

1976 7,23

1977 7,17

1978 6,98

1979 6,61

1980 5,88

1981 5,35

1982 5,09

1983 5,15

1984 5,16

1985 5,2

1986 5,4

1987 5,59

1988 5,66

1989 5,71

1990 5,68

1991 5,6

1992 5,58

1993 5,15

1994 5,1

1995 5,12

1996 4,94

1997 4,99

1998 5,25

1999 5,25

2000 5,42

2001 5,12

Page 43: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

41

4. ANÁLISE DA SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR E ECONÓMICA DAS MULLERES SEPARADAS E DIVORCIADAS EN GALICIA

4.1. Poboación obxecto de estudo A poboación estudada foron mulleres separadas e/ou divorciadas de Ourense, da Coruña, tanto capital coma provincial. Desta provincia foron mulleres pertencentes a Cambre, Oleiros e Culleredo, principalmente; tamén obtivemos un grao importante de resposta en Ferrol e nos municipios adxacentes, como Narón, Fene e Valdoviño e en Santiago de Compostela. En Lugo, rexistramos un elevado índice de participación, tanto na capital coma na provincia: Friol, Burela, Chantada, Ribadeo e en Viveiro; con este último concello contactamos a través da Asociación Solidariedade Coruña, que posúe delegación na Costa Norte de Galicia. A colaboración na provincia de Pontevedra veu por parte da Plataforma Nais en Acción, situada en Vigo, onde tivemos a oportunidade de establecer contacto coa dita asociación e de coñecela a fondo: os seus fins, obxectivos, reivindicacións, os servizos que prestan, etc. Neste aspecto cualitativo do estudo, ademais das mulleres que interviñeron mediante a técnica do cuestionario, incluímos aspectos relevantes e concernentes á súa situación persoal, familiar, económica e social, reflectida nos grupos de discusión que levamos a cabo no transcurso da realización do presente traballo.

4.2. Cuestións tratadas na investigación A continuación, amosaremos todas as respostas obtidas en referencia a

determinados aspectos persoais, económicos, sociais, etc. que son relevantes para coñecer a situación na que se atopa o colectivo de mulleres separadas e divorciadas de Galicia.

Nas seguintes liñas relátanse as experiencias das mulleres que colaboraron no

noso estudo, mediante as técnicas cualitativas aquí empregadas: cuestionarios e grupos de discusión, principalmente. Escolléronse coidadosamente todas as preguntas formuladas para que, de maneira totalmente anónima e confidencial, estas mulleres manifestasen do modo máis exhaustivo posible a etapa que viviron, ou viven, no momento da separación da parella. Ademais, demandan unha serie de recursos sociais, institucionais e xudiciais, que é vital ter en conta se queremos progresar neste terreo.

4.2.1. Idade, estado civil e lugar de residencia

O 46,9% das mulleres enquisadas que responderon ao cuestionario residen na Coruña capital, o 3,1% en Ferrol, o 3,1% en Santiago de Compostela e o 9,9% na Coruña provincia. Que non pertenzan a estas cidades mencionadas, o 12,5% en Lugo capital, o 10,4% en Lugo provincia, o 8,3% en Ourense, o 4,7% en Vigo e un 0,5% ten a súa vivenda habitual en Pontevedra cidade. A mostra de poboación corresponde a unhas 192 mulleres.

Page 44: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

42

A distribución por idades reflíctese na táboa XI e as maiores porcentaxes correspóndense ao intervalo de idade de 36-45 e de 45-55 anos, cun 32,8% e un 23,4% respectivamente, aínda que é significativa a porcentaxe que obteñen as mulleres con idades inferiores aos 35 anos. En comparación co estudo levado a cabo por este mesmo organismo en 1996, as mulleres separadas e divorciadas menores de 25 anos obtiñan un 1,3% con respecto ao total da mostra, mentres que agora esa cifra elevouse acadando o 6,8% da poboación estudada.

Táboa nº XI

Idade das mulleres separadas e divorciadas

Idade %

18-25 anos 6,8

26-35 anos 20,3

36-45 anos 32,8

45-55 anos 23,4

Máis de 55 anos 15,1

Ns/Nc 1,6

Total 100,0

En canto ao estado civil, o 67,2% están separadas e o 31,3% están divorciadas.

Hai que dicir que tres mulleres non responderon a esta cuestión. Nos próximos puntos, veremos a causa que as levou a este estado e o tempo de duración do matrimonio. 4.2.2. Duración do matrimonio Aquí atopámonos con situacións moi extremas porque se ben a maior porcentaxe das mulleres, un 23,4%, estiveron casadas entre un e cinco anos, séguelle moi próximo un gran número de femias de idade máis avanzada que tiveron máis de vinte anos de convivencia matrimonial; porque, evidentemente as persoas que permaneceron casadas ese período de tempo son aquelas que teñen a maior idade da mostra. Son moitos os casos, e a tendencia actual confírmao, que agardan á situación de “niño baleiro” para dar o paso á ruptura matrimonial. A seguinte táboa mostra estas afirmacións.

Page 45: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

43

Táboa Nº XII

Duración do matrimonio

Anos de duración do matrimonio

%

Menos de 1 ano 3,1

1 a 5 anos 23,4

6 a 10 anos 12,5

11 a 15 anos 16,7

16 a 20 anos 17,7

Máis de 20 anos 20,3

Ns/Nc 6,3

Total 100,0

A primeira separación das mulleres que colaboraron neste estudo data de 1964 e as máis recentes producíronse no ano 2003. No ano 2002, rexistrouse o maior volume de separacións, un 21,4%. En canto ao divorcio, a maioría das enquisadas efectuaron esta disolución matrimonial nos tres últimos anos, mentres que a primeira muller das estudadas que accedeu a este estado civil foi no ano 1981, data na que se regularizou o divorcio. A maioría das parellas levaron a cabo a disolución do seu matrimonio por causa legal, un 52,6% dos casos fronte a un 40,6% que inician os trámites de mutuo acordo. Esta última cifra experimentou un progresivo aumento con respecto á década pasada. Actualmente, os membros do matrimonio valoran máis o diálogo e o entendemento mutuo para chegar a acordos positivos entre ambos e, en caso de que aparezan, polo ben dos fillos e fillas en común. En relación a isto, xoga un papel relevante a figura do mediador ou mediadora familiar. Sobre este tema, profundaremos máis adiante. En canto a quen dos dous esposos presentou a demanda de separación, nun 65,1% das enquisadas, foron elas as que deron ese primeiro paso, fronte ao escaso 6,8% dos varóns, seguramente despois de esgotar todas as vías de solución posibles, inducidas por circunstancias que inexorablemente desembocan cara a este contexto. É significativo que no 18,2% acudiron os dous de mutuo acordo a solicitar a devandita demanda. Con respecto á solicitude do divorcio, aínda que a priori pode pensarse que son os ex-esposos os que inician esta instancia, xa que adoitan protagonizar relacións sociais e afectivas máis áxiles cás mulleres, atopámonos que son elas, un 30,0% concretamente, mentres que os varóns obteñen un 16,7%, a mesma porcentaxe obtida nas parellas que requiriron a demanda de divorcio de mutuo acordo.

Page 46: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

44

4.2.3. Causa da separación ou do divorcio Os motivos que inducen a tomar a ardua decisión de pór fin a un período de convivencia marital, detállanse na táboa que mostramos a continuación.

Táboa nº XIII

Causa da separación ou divorcio

Causa % Abandono 23,0

Infidelidade 39,3

Malos tratos 29,3

Incompatibilidade de carácter 33,0

Perda de amor 24,6

Alcoholismo 16,2

Drogadicción 7,3

Outros 6,8

Ns/Nc 2,1

Como se pode observar, a causa maioritaria é a infidelidade, un 39,3% dos casos, seguida da incompatibilidade de caracteres e dos malos tratos. Ás veces, estas circunstancias van parellas co alcoholismo ou coa drogadicción. Evidentemente, en casos como os que ocupan o primeiro lugar, a ruptura matrimonial non se leva a cabo de mutuo acordo. Entre os outros motivos diferentes aos devanditos que levan ás mulleres á separación están: a intromisión da familia, xa sexa política ou de orixe, no matrimonio; a ludopatía; a inmadurez, a monotonía do matrimonio. En ocasións, estes incidentes asócianse coa infidelidade ou a violencia, xa sexa física ou psíquica. Hai casos nos que se acusa de inmadurez un dos cónxuxes ou a ambos. Na percepción dos feitos e nas respostas inflúen múltiples variables, como a idade que presentan as mulleres, o nivel sociocultural, a relixión, a independencia económica, as circunstancias familiares, etc. No que se refire aos malos tratos como causa de separación ou divorcio, moitas mulleres, tras unha primeira agresión, verbal ou física, consideran que co tempo o home xa cambiará e poderá modificar este comportamento. Pero, desgraciadamente, isto non acontece e, tras as oportunidades que lles brindan, recorren á separación. O feito de contraer matrimonio a idades moi temperás e a falla de responsabilidade e de experiencia da vida supón, en numerosas ocasións, pensamentos desta índole. Na maioría dos casos, foron vítimas de infidelidade ou dalgún tipo de maltrato físico ou emocional. A identificación do frecuente co normal é unha cuestión de educación; as mulleres que chegan a considerar normais e incluso merecidos os malos tratos recibidos por parte do marido tiveron frecuentemente no seu ambiente familiar golpes ou labazadas dos pais e nais e pensan: “algo fixen” ou “téñoo merecido”.

Page 47: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

45

Todas estas declaracións poñen de manifesto que tomar a decisión de rachar coa parella non foi nada sinxelo e, na maioría das ocasións, “armáronse de paciencia”, resistindo ante determinadas situacións ou patoloxías e sobrelevando a convivencia ata o extremo, ben porque os fillos e fillas comúns non querían a separación dos seus pais, ben polo que dirán no ámbito familiar, social ou laboral. 4.2.4. Tipo de fogar actual e réxime de pertenza da vivenda Despois da separación matrimonial, a situación da muller sufrirá unha serie de cambios que afectan diversas esferas da súa vida, como, por exemplo, que sucederá coa vivenda que compartiu coa súa parella ata o momento da ruptura. En ocasións, é a muller quen se ve abocada a abandonar o domicilio, pero na maioría dos casos sucede o contrario e é o varón o que ten que abandonar o fogar debido a acontecementos como os comentados anteriormente. Ante isto, a ex-esposa forma un novo fogar ou núcleo familiar, dependendo das persoas que convivan neles. Entre as enquisadas, distribúese da seguinte maneira:

Táboa Nº XIV

Tipo de convivencia

Tipo de fogar % Fogar unipersoal ou solitario 14,1

Fogar monoparental 52,1

Núcleo conxugal 7,3

Fogar extenso 14,6

Fogar múltiple 1,6

Fogar pluripersoal 5,7

Ns/Nc 4,7

Total 100,0

Un gran número de mulleres, máis do 50%, forman un fogar monoparental composto por ela con fillo/a(s). O apoio da familia extensa é vital neste momento na vida da muller separada. Por iso, recorren a volver ao fogar de orixe, pola imposibilidade de manterse economicamente, un 14,6%. Aquí interveñen factores como a idade, xa que a menor idade máis posibilidades existen de que volvan ao fogar paterno, ao verse desbordadas pola situación que están a padecer; tamén incide a situación laboral, xa que se están ocupadas están máis capacitadas para afrontar os gastos da vivenda, alimenticios, persoais, etc. Tamén inflúe a presenza dos nenos e nenas: un maior número de fillos/as, evidentemente, obriga a un maior consumo. Ás veces, e especialmente entre as mulleres inmigrantes, non é á familia á que lle piden auxilio, senón que escollen compartir vivenda con persoas na súa mesma situación, pero a convivencia é moi difícil e esta opción non é elixida con gusto e agrado. A táboa XIV mostra a escasa porcentaxe de mulleres que escollen este camiño. Outras recorren ao seu círculo de amigos, a instalarse na casa dalgún irmán ou mesmo non rexeitan a posibilidade de aloxarse nunha pensión, considerando estas opcións como estados temporais, mentres tentan mellorar a súa economía.

Page 48: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

46

Os datos confirman que as mulleres reconstrúen a súa vida afectiva moito máis tarde que as súas ex-parellas, debido á sobrecarga de tarefas que teñen que atender no momento da separación, cando con anterioridade á ruptura eran compartidas, aínda que non fose de maneira equitativa; por iso, só un 7,3% forma un núcleo conxugal, constituído pola parella con ou sen fillos/as propios, e un 14,1% habita nun fogar unipersoal ou solitario. En canto ao réxime de pertenza da vivenda, unha pequena maioría das mulleres (un 38,5%) dispón dunha casa en propiedade, fronte a un 32,8% que desfruta dun réxime de aluguer, co que os valores se aproximan levemente. Un 15,6% das mulleres atópanse nunha casa, da que os seus donos son os seus pais. 4.2.5. Número, idade, sexo e custodia dos fillos/as A inmensa maioría destas mulleres teñen fillos e fillas (un 86,5%), mentres que o 12% non tiveron descendencia. A distribución do número de fillos e fillas detállase na táboa que se mostra a continuación:

Táboa nº XV Fillos/as habidos polas mulleres separadas e divorciadas

Número de fillos % 1 36,3 2 44,0 3 13,7 4 3,0 5 ou máis 1,8 Ns/Nc 1,2

Total 100,0

A maioría delas teñen un ou dous fillos e o concepto de prole que prevalecía en tempos pasados xa é historia. Por sexo, repártese da seguinte maneira:

Táboa nº XVI Xénero dos fillos En porcentaxes

Número de fillos homes mulleres 1 51,2 42,3 2 19,6 20,8 3 1,2 2,4 4 0,6 0,0 Ningún 26,2 33,3 Ns/Nc 1,2 1,2

Total 100,0 100,0

Así pois, vemos como o repartimento de fillos e fillas, en función do número e do sexo, é moi similar e apenas presentan diferenzas significativas. As idades dos fillos menores e maiores figuran na táboa XVII. As cifras demostran que a gran parte das mulleres teñen fillos/as que exceden a maioría de idade, aínda que máis da cuarta parte delas aínda teñen fillos/as menores e que non chegan á mocidade. Moitos dos fillos/as que presentan idades superiores aos 20 anos, non residen na vivenda coa nai

Page 49: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

47

porque xa están emancipados, algúns por cursar unha carreira universitaria noutra cidade e outros porque optaron por establecerse pola súa conta abandonando a vivenda familiar.

Táboa nº XVII Idade dos fillos

Idade % Menos de 1 ano 4,2 1 a 5 anos 18,5 6 a 10 anos 25,0 11 a 15 anos 26,2 16 a 20 anos 35,7 Máis de 20 anos 74,4 Ns/Nc 4,2

En canto á custodia dos fillos e fillas, un 76,0% dos casos asignouse á nai, nun 3,6% ao ex-esposo, nun 4,8% era compartida e nun 15,6% non responderon á cuestión formulada, ben porque o matrimonio non tiña descendencia ou por eludir esta pregunta. Non obstante, observamos na táboa XVIII que aínda que se outorgase a custodia á nai, algúns fillos/as optan por vivir co seu pai ou alternan o lugar de residencia. Aquí, evidentemente, inflúe a idade que teñan os fillos e fillas no momento da resolución da sentenza. Un 81% viven coa nai, pero son moitos os que viven sós e que se independizaron.

Táboa nº XVIII Custodia e residencia dos fillos

Custodia % Lugar de residencia % A/coa nai 76 81,0 A/co pai 3,6 6,5 Compartida 4,8 0,0 Emancipados 0,0 23,8 Ns/Nc 15,6 4,8

Nota: non se contabilizan os totais porque, ao tratar o tema do lugar de residencia dos fillos e fillas había mulleres que tiñan varios, algúns vivían sós, independizáronse, os maiores xeralmente, e os pequenos habitaban no domicilio marital, polo tanto non suma un 100%.

A decisión de convivir cun proxenitor ou outro depende, entre outras cousas, da idade, da razón que levou os pais á separación, do lugar de residencia de cada un, etc. Os membros da parella deben velar pola seguridade e protección dos seus fillos e fillas. Por iso, o prioritario é manter a función parental, aínda que a matrimonial estea fragmentada. 4.2.6. Coñecemento das causas de nulidade e obtención desta

Page 50: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

48

Decidimos abordar este tema, non contemplado no estudo similar de 1996 amparado por este organismo, ante a importancia que posúe e o progresivo aumento de persoas que solicitan a nulidade matrimonial, aínda que prevalece un certo descoñecemento cara a este termo e todas as súas significacións. Un 55,7% das mulleres descoñecen as causas polas que un matrimonio, xa sexa civil ou relixioso, pode ser declarado nulo, mentres que un 39,6% consideran estar ao tanto do que entraña o concepto. Un 4,7% abstívose de contestar. En canto a se estas mulleres cren que en vez da separación ou do divorcio poderían obter a nulidade matrimonial, un 53,6% opina que non. Rexistramos unha porcentaxe similar entre aquelas que consideran que si e as que optan por manterse á marxe da cuestión formulada.

Táboa nº XIX Coñecemento causa nulidade e obtención desta

Coñecemento causa

nulidade Obtención

nulidade Si 39,6 23,4 Non 55,7 53,6 Ns/Nc 4,7 22,9

Total 100,0 100,0

4.2.7. Nivel de estudos, ocupación laboral e fonte de ingresos Entre as mulleres que foron obxecto da nosa investigación, o nivel de estudos é moi heteroxéneo, pois aínda que o 22,4% teñen estudos primarios completos, un 19,3% cursaron estudos universitarios, de grao medio ou superior. Como se pode observar na táboa XX, aínda que non é unha porcentaxe moi elevada, un 2,6% destas mulleres teñen estudos de posgrao.

Táboa nº XX

Nivel de estudos das mulleres separadas e divorciadas Estudos % Ningún 1,6

Primarios incompletos 12,5

Primarios completos 22,4

FP incompleto 6,8

FP completo 9,4

Secundarios incompletos 9,4

Secundarios completos 10,4

Universitarios incompletos 3,1

Universitarios de grao medio 12,0

Universitarios de grao superior 7,3

Estudos posgrao 2,6

Ns/Nc 2,6

Total 100,0

En canto á actividade que desempeñan a maioría destas mulleres, un 76,2% traballan fóra do fogar e, de entre estas, o 58,3% traballou antes da separación e a

Page 51: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

49

ruptura non supuxo unha novidade neste sentido. Só un 28,1% deste colectivo se dedica exclusivamente ao traballo no fogar propio. As profesións das mulleres enquisadas son de variada índole, aínda que rexistramos un 34,6% de femias pertencentes ao sector servizos, a ocupación onde o índice de resposta foi maior. O resto das mulleres repártense entre as profesións liberais, o comercio e o ámbito da Administración, preferentemente. Non existen diferenzas significativas no carácter temporal do traballo remunerado porque máis do 35% das mulleres separadas executan un emprego, xa sexa permanente ou temporal. En canto aos ingresos que perciben polo traballo que levan a cabo, observamos na táboa XXI que un 33,9% das mulleres separadas e divorciadas recibe menos de 600 euros. Con esta reducida cantidade, chegar á fin de mes é todo un logro.

Táboa nº XXI

Ingresos percibidos polo traballo extradoméstico Importe % Menos de 600 euros 33,9 De 600 a 900 euros 18,4 De 900 a 1.200 euros 12,1 De 1.200 a 1.500 euros 5,2 De 1.500 a 1.800 euros 2,9 Máis de 1.800 euros 0,6 Ns/Nc 27,0

Total 100,0 Algunhas mulleres viven grazas a colaboracións esporádicas con diversas entidades, empresas ou fundacións, a pesar de percibir polo desempeño dese traballo salarios ínfimos. A pesar de tentar levar un ritmo de vida similar ao que tiñan con anterioridade á separación, desgraciadamente moitos aspectos teñen que cambiar. Atopámonos con casos de mulleres que enviaban os fillos e fillas a colexios privados cando estaban casadas ou convivían en parella e, tras a ruptura, víronse con necesidades económicas difíciles de solucionar, o que as levou a matricular os fillos nunha escola pública. Hainas tamén que tiñan fillos maiores e que sufriron a imposibilidade de cursar unha carreira universitaria ou cursos de formación superior, ante a escaseza de cartos. O maior problema tras a separación é o económico. Moitas das persoas entrevistadas bótanlle a culpa á sociedade competitiva e consumista na que vivimos; agora ninguén se sente integrado no seu grupo de iguais se non ten un ordenador, un teléfono móbil ou un amplo gardarroupa. Estas mulleres, en xeral, non comezaron a traballar a consecuencia da separación ou do divorcio; máis do 60% xa tiña un traballo remunerado con anterioridade á ruptura, pero non é o mesmo asumir os gastos do mantemento dunha familia cun soldo que con dous e, por suposto, o nivel de vida mantido ata a data modifícase. Por iso, o traballo cobra máis importancia da que tiña antes e permite manter un ritmo de vida aceptable, aínda que máis reducido que o mantido antes da separación. A razón principal pola que as mulleres separadas realizan un traballo remunerado é co fin de gañar cartos para o seu sostemento e o da súa familia.

Page 52: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

50

Outras vense abocadas a incorporárense ao mercado laboral porque o ex-esposo non lles pasa ningunha pensión. Distintos motivos son os daquelas que identifican o traballo con ter maior independencia, coa vocación e/ou coa realización persoal. Atopámonos que as mulleres separadas e divorciadas traballan por necesidade económica, pero tamén para saíren da casa, porque a través do desempeño dunha actividade laboral, a muller intégrase na sociedade, ten máis posibilidades de relacionarse cos membros que compoñen esa rede social, permítelle sentirse máis independente, autosuficiente e, desde logo, permanecer ocupada a maior parte do tempo reduce as posibilidades de caer nunha depresión despois da ruptura matrimonial. Pero, a pesar de que as mulleres están máis preparadas a nivel académico e formativo, a discriminación salarial que sofren moitas mulleres tamén lles afecta unida á sobrecarga das tarefas do fogar e da familia. Os soldos son reducidos e non poden permitirse contratar a terceiros para o coidado dos fillos e fillas. Ter independencia económica despois dunha separación matrimonial é unha gran vantaxe con respecto a outras mulleres na mesma situación, pero que non corren a mesma sorte. A maioría das mulleres entrevistadas nesta investigación afirman que traballaron sempre; é dicir, que no momento de establecer a relación de parella atopábanse desenvolvendo algunha tarefa remunerada e, despois da situación da ruptura marital, mostráronse dispostas a atopar e aceptar calquera traballo con tal de que non lles falte nada aos seus fillos e fillas. Entre as principais razóns polas que a muller non traballa tras a separación, atópase a dedicación ás tarefas do fogar e ao coidado da familia, non necesitalo economicamente, recibir axuda de familiares, ter dificultades para atopar un emprego ou non estar preparada para traballar. Neste sentido, inflúe a clase social á que pertenzan; nas mulleres de nivel sociocultural alto, aínda que os seus ex-maridos cumpran coa obriga económica de remitir a pensión periodicamente, existen mulleres que abandonaron o seu traballo antes de casar ou á hora de ter descendencia e agora arrepíntense diso e están na obriga de reconstruír a súa vida laboral e persoal, a diferenza dos homes que manteñen o ritmo do seu traballo sen a carga engadida dos fillos e fillas. Desexan traballar pero están desfasadas, despois de tantos anos sen desempeñar un posto fóra do fogar, e non poden competir con mulleres mellor preparadas. Ademais, o traballo de ama de casa non está valorado socialmente porque non é unha actividade retribuída e o seu estatus pode verse diminuído neste sentido. Algunhas mulleres separadas e divorciadas reciben pensión económica: un 26% do seu ex-marido e un 34,4% por outras vías. A contía desta aparece reflectida na táboa XXII.

Page 53: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

51

Táboa nº XXII

Contía da pensión económica Importe % Menos de 100 euros 0,5 De 100 a 200 euros 10,4 De 200 a 300 euros 6,8 Máis de 300 euros 13,0 Ns/Nc 69,3

Total 100,0

A pesar do elevado grao de abstención á cuestión monetaria formulada, observamos que a contía de euros mensuais é moi variable, aínda que evidentemente inflúe se esta a perciben de mans do ex-cónxuxe ou doutras fontes. Ás veces, os homes tenden a gastar no superfluo (levar os fillos de viaxe aproveitando o período vacacional que lles corresponde, por exemplo) e a aforrar no básico, tentando reducir ou atrasar a contía da pensión. Un 53,6% destas mulleres non reciben outro tipo de axuda, pero do 25,5 que a percibe, atopámonos co seguinte:

Táboa nº XXIII Clase da axuda percibida

Natureza % Económica 29,2 Familiar 25,0 De entidades ou institucións 13,9 Outras 1,4 Ns/Nc 30,6

Total 100,0 Con respecto á axuda das familias de orixe cara a estas mulleres, xa mencionamos a súa importancia e afondaremos máis adiante no apoio brindado a este colectivo. Ás veces, a axuda económica está ligada á familiar e son os fillos e fillas de maior idade os que contribúen de maneira monetaria a todo o que precise a nai tras a separación. Noutras ocasións, este tipo de asistencia é retribuída por invalidez ante a imposibilidade de traballar. Vemos que tan só un 13,9% das mulleres obteñen este apoio desde as entidades. Adoitan ser mulleres en peores condicións económicas que se benefician dos recursos de diversa índole que ofertan estas institucións: servizo de comedor, cursos de formación, libros de texto gratuítos para os fillos e fillas, roupa, etc. 4.2.8. Cumprimento das sentenzas Con respecto ao establecido na sentenza de separación ou divorcio, máis do 50% dos ex-esposos non cumpren coas obrigas impostas. Os deberes que se infrinxen con maior asiduidade son o pago da pensión e o dereito do réxime de visitas. Na maioría das parellas nas que se evidencia o non pago, a custodia dos fillos e fillas habidos no matrimonio é atribuída á muller, polo que o non pago da pensión alimenticia repercute directamente sobre esta. Aínda que a pensión máis frecuentemente non pagada sexa a alimenticia, tamén existe a compensatoria e

Page 54: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

52

adxudícase para o membro da parella que permaneza en posición de desvantaxe tras a separación. Entre os posibles motivos que inducen a incumprir o pago da pensión, estas mulleres alegan cuestións económicas; é dicir, xustifican a actitude adoptada polo ex-cónxuxe. Para asegurar o cobro periódico da pensión, a muller pode tomar medidas como as expostas anteriormente; é dicir, a retención do salario, o embargo da nómina, certos cambios no réxime de visita dos fillos e fillas, como a suspensión deste, etc. Ante este tipo de situacións, as mulleres separadas e divorciadas que son obxecto de non pago propoñen a creación dun fondo para garantir as pensións de alimentos ou compensatoria que se establecera por convenio regulador ou resolución xudicial. Nas visitas exercidas polo proxenitor non custodio, observamos reaccións diversas. Nuns casos, os separados manteñen unha relación máis ou menos regular cos fillos; no momento que atopan parella, reséntese esta relación; noutros supostos, o réxime de visitas cúmprese relativamente e tamén se dan as situacións nas que o réxime de visitas se cumpre de forma plenamente satisfactoria por parte de todos os implicados: nais, pais e fillos/as.

Tanto para solucionar as responsabilidades parentais como as contribucións económicas de cada membro da parella, está a figura do mediador ou mediadora familiar. Emendar da maneira máis civilizada posible todos os asuntos derivados da ruptura é o labor deste tipo de asistencia.

4.2.9. Relacións co ex-esposo e destes cos fillos A reconstrución da vida da muller separada e divorciada tras a ruptura matrimonial será máis satisfactoria en todos os aspectos, en función dunha serie de circunstancias. Reduciranse as situacións conflitivas se as relacións mantidas co ex-esposo son cordiais, igual que as establecidas cos fillos e fillas froito desa unión. A táboa XXIV pon de manifesto que un 35,6% destas mulleres non teñen relación co ex-cónxuxe, un 17,8% conserva un trato indiferente cara a este e nun 12% as relacións son tensas e nun 14,1% mala. Isto en canto ás porcentaxes máis elevadas. Polo tanto, observamos a tendencia predominante a mostrar un trato máis ben hostil cara ao ex-cónxuxe. Só un 12,6% das mulleres enquisadas admiten manter relacións amigables e nun escaso 3,7% son satisfactorias.

Táboa nº XXIV Relacións co ex-marido Relacións % Satisfactorias 3,7 Amigables 12,6 Indiferentes 17,8 Tensas 12,0 Malas 14,1 Non existen 35,6 Ns/Nc 4,2

Total 100,0

Page 55: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

53

A causa que levou á separación, o carácter ou a forma de ser do outro membro da parella, o modo de vida actual que posúen ambos, o lugar de residencia ou a idade dos fillos e fillas é determinante nese sentido. A pesar de que un 44,6% dos fillos e fillas das mulleres separadas e divorciadas que colaboraron no noso estudo tiñan unha boa relación co seu pai, un 38,1% destes non gozan de relación ningunha, é inexistente. A táboa XXV mostra como, ademais, nun 12,5% dos casos a relación dos fillos e fillas co ex-esposo se pode cualificar como mala.

Táboa nº XXV Relación fillos-pais

Relacións % Boas 44,6 Malas 12,5 Inexistentes 38,1 Ns/Nc 4,8

Total 100,0 En ocasións, a ruptura matrimonial provoca secuelas de diverso tipo nos fillos e fillas: principalmente, desaxustes psicolóxicos, resentimentos cara ao pai ou cara á nai porque se senten “abandonados” por aquel que tivo que marcharse do domicilio familiar, fracaso escolar, perda de apetito, trastornos do sono ou, mesmo, alivio porque se rematou unha situación conflitiva no fogar. Un 52,7% dos fillos e fillas destas mulleres sufrían secuelas destas consideracións, pero nun 42,6% a ruptura non trouxo consigo consecuencias tan traumáticas como as mencionadas. Un 4,7% non respondeu á cuestión formulada. 4.2.10. Cambios e dificultades tras a separación Cando estas mulleres se separaron ou se divorciaron, as principais dificultades para saíren adiante nese intre foron as que se reflicten na táboa XXVI. Dificultades económicas Ás veces, a decisión de separarse é das mulleres, pero realmente provocada pola actitude do home. Esta cuestión é moi meditada, fundamentalmente debido á situación económica na que queda a muller. Se non traballa ou non ten solvencia monetaria, míranse un pouco máis as circunstancias nas que vai quedar. Nalgúns casos, vense abocadas a incorporarse ao ámbito laboral, aceptando traballos de diversa consideración, co fin de cubrir polo menos as necesidades básicas: alimentación, roupa, gastos de mantemento da casa ou hipoteca. Problemas psicolóxicos As consecuencias de tipo psicolóxico dunha separación son moi duras. Contar co apoio dos fillos/as e da familia de orixe é vital para lograr a pronta recuperación emocional da muller. Os fillos e fillas vense tamén afectados. En moitos casos, ademais, psicoloxicamente polos cambios producidos nun curto lapso de tempo. As mulleres entrevistadas recoñecen que estaban moi deprimidas, con crises de pranto, con moi baixa autoestima e moitas delas acudiron na procura de axuda psicolóxica profesional, xa que se vían nunha situación sen saída.

Page 56: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

54

Crise afectiva O factor emocional e a dependencia afectiva que estas mulleres tiñan cara á súa parella repercute no estado emocional que poidan amosar no primeiro momento da ruptura. Atópanse desasistidas, non saben a onde acudir. Esquecer os duros episodios que experimentaron con anterioridade a tomar a decisión da disolución matrimonial non é tarefa doada; custa moito, pero ante todo a prioridade son os fillos e a súa tranquilidade. Dificultades para conseguir unha nova vivenda ou para conseguir unha hipoteca As mulleres que teñen vivenda propia son poucas e o tema das vivendas en aluguer é difícil. Hai moitas que están vivindo tres ou catro meses en pisos e, ao non poder pagalos, andan cada seis meses cambiando de vivenda. O de xuntarse varias é difícil porque a convivencia non é doada. Non obstante, isto é o máis frecuente entre as mulleres inmigrantes. As respostas á cuestión formulada poñen de manifesto a orde de importancia outorgada polas mulleres separadas e divorciadas ás máis importantes trabas e apuros que teñen que superar, unha vez acadada a ruptura matrimonial. A seguinte táboa XXVI, reflicte nestas porcentaxes a relevancia destes obstáculos para superar (as cifras non suman o 100%, porque é unha pregunta de resposta múltiple e as mulleres sinalaron varias opcións de resposta).

Táboa nº XXVI Principais dificultades

Dificultades % Dificultades económicas 57,3 Crise afectiva 42,7 Problemas psicolóxicos 43,2 Ter que desaloxar o domicilio familiar 18,2 Dificultades para conseguir unha nova vivenda ou para conseguir unha hipoteca 12,0 Outras 2,6 Ns/Nc 3,6

4.2.11. Recursos institucionais destinados á muller separada Anteriormente, citamos as asociacións de mulleres separadas e divorciadas de Galicia, mencionando as entrevistas mantidas con algunhas presidentas e parte do persoal que conforman estas, contando tamén con outras institucións e organizacións relacionadas co tema que colaboraron no presente estudo. Estas asociacións proporcionan toda unha rede de amparo ás mulleres tras a ruptura e pretenden recompor as redes sociais deterioradas debido aos cambios producidos neste colectivo. Achegan novos enfoques a esta realidade social que afecta un número de persoas cada vez maior.

Page 57: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

55

Xeralmente, estas mulleres coñecen estas asociacións cando experimentan a quebra matrimonial, cando se atopan perdidas e non saben a onde acudir. Despois da toma de contacto, precisan solucións aos aspectos truncados da súa vida tras a falla doutro membro da parella. Na nosa investigación, e tal e como se observa na táboa XXVII, verificamos o elevado índice de coñecemento por parte das persoas separadas e divorciadas da existencia de centros de axuda á muller e de asociacións deste tipo.

Ademais, non só están ao tanto da súa existencia un 90,1%, senón que tamén un gran número delas, máis do 80%, son usuarias dos servizos que ofertan.

Táboa nº XXVII Coñecemento de institucións e utilización

dos seus servizos. En porcentaxes

Coñecemento Utilización Si 90,1 81,8 Non 7,8 16,0 Ns/Nc 2,1 2,2

Total 100,0 100,0

As asociacións, ademais da familia de orixe e do círculo de amigos, teñen un papel primordial na reconstrución desas pezas soltas no quebracabezas da muller separada. Alí, estas mulleres combaten a soidade e superan as posibles crises que poidan sufrir grazas ao soporte moral que reciben por parte destas entidades e a súa función socializadora. A través dos múltiples servizos levados a cabo por estas asociacións —asistencia xurídica, psicolóxica, laboral, etc.— e que detallamos na táboa XXVIII, constitúen un importante apoio no transcurso de adaptación a este novo contexto social e familiar. Nalgúns casos, estes organismos contan con profesionais contratados pola asociación; é o caso dos avogados/as e dos psicólogos/as, pero outras veces son os voluntarios/as ou asociadas as que colaboran gratuitamente ou cun soldo moi reducido. Por outra parte, as asociacións realizan con medios propios, compostos polas achegas das socias e servizos de voluntariado, ademais do servizo de atención xurídica e psicolóxica, cursos, técnicas e axuda na busca de emprego, clases de apoio para asociadas, fillos e fillas e familiares que necesitan ampliar coñecementos, mediación no cumprimento do réxime de visitas naqueles casos de conflito familiar grave, formación ocupacional, servizo de canguros dirixido a mulleres soas con cargas familiares non compartidas e escasos ingresos, servizo asistencial a nenos e nenas e anciáns, organización de xornadas e conferencias sobre temas relacionados coa situación, elaboración de material de estudo e divulgación, excursións, etc.

Page 58: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

56

Táboa nº XXVIII Servizos utilizados polas mulleres

separadas e divorciadas Servizos % Asesoría xurídica 69,9 Axuda psicolóxica 49,7 Formación 17,0 Servizo de canguro 15,0 Bolsa de traballo 13,0 Aloxamentos temporais

7,8

Outros 9,2 Ns/Nc 4,6

As mulleres que colaboraron neste estudo relataron o modo no que coñeceron estas asociacións e/ou outras institucións e o tipo de auxilio que recibiron por parte destas e que foi principalmente por contacto telefónico, por precisar asistencia psicolóxica, polo Instituto da Muller, pola rede de familiares e amigos, etc. Todas elas apuntan que a través das asociacións deste tipo atoparon amigas, comprensión, xente coma elas, cos mesmos problemas, porque realmente destas cousas non se pode falar en todas partes e nestas institucións pódense atopar persoas coas que falar con sinceridade. Outras mulleres afirman que teñen traballo grazas a que se puxeron en contacto coa Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas ou porque demandaban información ou asesoramento xudicial. Recursos coma estes constitúen un grande apoio e faría falla unha maior axuda por parte da Administración para poder proporcionar o servizo que todas as mulleres nesta mesma situación precisan. Así, a través non só da inserción nestas institucións, senón tamén do intercambio de experiencias, facilítase a interacción social e o apoio proporcionado constitúe unha terapia para elevar a autoestima das mulleres separadas e divorciadas. 4.2.12. Coñecemento e uso da mediación familiar O capítulo 3.3. está dedicado exclusivamente á importancia, vantaxes e función desta figura. Por iso, decidimos abordar este tema na nosa investigación. A pesar de que un 76,6% destas mulleres non fixeron uso da mediación familiar no seu proceso de separación ou divorcio, un 16,7% recoñece que recorreron ao labor desempeñado por este profesional, debido aos múltiples beneficios que isto trae consigo. Un 6,8% das mulleres separadas e divorciadas mantívose á marxe da cuestión formulada. Entre aquelas que recorreron á mediación familiar atopámonos con diversas razóns que as levaron a solicitar esta axuda. Os motivos detállanse na táboa XXIX.

Page 59: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

57

Táboa nº XXIX

Razóns polas que solicitaron a mediación familiar ¿Por que si? % É útil para unha separación sen traumas 15,6 Chégase a acordos positivos antes de presentarse ante o xuíz/xuíza 22,2 Facilita as relacións futuras dos ex-cónxuxes 24,4 Outras 4,4 Ns/Nc 33,3

Total 100,0

Un 24,4% das mulleres separadas considera que a intervención da mediadora familiar é boa para acadar unhas relacións menos tensas e máis civilizadas entre os membros da parella e un 22,2% destas mulleres afirma que recorreron a esta terapia, co obxectivo de chegar a un acordo satisfactorio para as partes en conflito, que regule todas as consecuencias da disolución da parella e da transformación da familia, mediante o restablecemento do diálogo. Neste sentido, inflúe a data da ruptura matrimonial destas mulleres, xa que, como se menciona anteriormente, o primeiro programa de mediación familiar para a separación e o divorcio empezou a funcionar en Madrid no ano 1991 e, se as mulleres se separaron con anterioridade, non puideron solicitar o citado servizo. Se a relación de parella xa estaba deteriorada, non existía apenas diálogo entre os cónxuxes e a causa de separación empeorou máis a situación, moitas mulleres rexeitan acordar este tipo de negociación porque non lles vai reportar beneficio ningún, nin lles interesa logralo para non manter de novo un encontro físico e verbal co ex-marido. As mulleres que colaboraron neste estudo non acudiron á mediación familiar polos motivos expostos na táboa XXX.

Táboa nº XXX Razóns polas que non solicitaron a mediación familiar

¿Por que non? % Descoñecía a súa existencia 25,0 Non teño fe nos seus resultados 1,9 Difícil diálogo e entendemento co ex-esposo 21,9 Non o considera necesario 16,3 Outras 6,9 Ns/Nc 28,1

Total 100,0 A mediación familiar é un proceso estruturado no que as parellas en situación de separación ou divorcio solicitan voluntariamente a axuda confidencial dun terceiro, imparcial e cualificado, chamado mediador, para abordar e resolver os seus conflitos de maneira equitativa e mutuamente aceptable. Ofrécelle á parella un lugar neutral para a negociación dos acordos parentais, económicos e financeiros que satisfagan as necesidades da familia e dos fillos e fillas.

Page 60: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

58

4.2.13. Actitudes familiares ante a ruptura familiar Xa tratamos anteriormente a importancia da familia extensa no proceso de separación e divorcio que experimenta a muller. As vantaxes que brindan son similares ás ofrecidas nas asociacións e demais entidades ás que acoden estas mulleres tras a ruptura matrimonial. Na familia de orixe atopamos apoio emocional, económico, moral. Poden asesorar sobre o camiño idóneo para emprender os novos vieiros das vidas das mulleres separadas, aloxan a estas, xa sexa de forma permanente ou temporal, desde o momento no que a muller pon punto e remate á vida en parella, contribúen no coidado e mantemento dos fillos e fillas froito desa unión e, sobre todo, saben escoitar. A táboa XXXI demostra que, ante o feito da separación ou divorcio, as mulleres que colaboraron nesta investigación atoparon nas súas respectivas familias actitudes de comprensión e apoio incondicional, un 56,3% e un 36,5%, respectivamente. Pero non todas as mulleres separadas e divorciadas poden dicir o mesmo. Se fixan o lugar de residencia en territorios xeograficamente distanciados, o auxilio recibido por parte da familia é moito máis escaso que aquelas que contan con ela próxima á súa vivenda. A táboa reflicte a outra cara da moeda; é dicir, como algunhas familias mostran incomprensión, rexeitamento ou oposición á decisión de separarse da súa parella. Se xa é difícil dar ese paso, éo aínda máis cando a muller non conta coa aceptación dos seus.

Táboa nº XXXI Actitudes familiares

Actitudes familiares % Comprensión 56,3 Apoio incondicional 36,5 Incomprensión 12,0 Rexeitamento 4,7 Aconsellaron que, pese a todo, non se separase 12,0 Ns/Nc 3,6

Nota: as porcentaxes non suman o 100%, porque algunhas mulleres responderon que a súa familia manifestou diversos talantes no momento da súa separación e sinalaron varios.

Nun dos grupos de discusión que levamos a cabo, tamén abordamos o posicionamento adoptado polo círculo de amigos da parella e, igual que acontece coa familia, algunhas recibiron mostras de afecto incondicional e outras recoñecen que, por mor da separación, se produciu un distanciamento por parte deles, xa sexa por posicionarse a favor dun membro da parella, en concreto, ou por levar un ritmo de vida diferente ao da muller separada. 4.2.14. Novas relacións de parella A categoría de separadas e divorciadas vai en aumento e, ao ser xeralmente a nai a persoa asignada para a garda e custodia dos fillos, iniciar unha nova relación afectiva, tras un fracaso matrimonial, non é tarefa doada. Non só polo problema que supoñen os fillos, senón tamén polas dificultades económicas polas que teñen que

Page 61: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

59

atravesar as familias monoparentais e a escasa posibilidade de contar con tempo libre, debido ás necesidades familiares e profesionais. A iso, engádese o quebranto sufrido pola muller no terreo emocional e psicolóxico, que obriga a un período de recuperación máis ou menos longo. Ás veces, aínda que en menor medida, estas mulleres atópanse co rexeitamento social por estrear novo estado civil; é dicir, observan algún cambio de actitude por parte de homes do seu contorno ante a súa condición de separadas. Noutras ocasións, asocian muller separada a muller doada. Tamén notaron diferenzas por razón de xénero neste terreo: se é o home o que retoma a súa vida social despois da separación non hai críticas, mentres que a muller atopa obxeccións e rexeitamento. Na táboa XXXII observamos como o 64,1% destas mulleres non estableceron novas relacións de parella, mentres que o 33,9% si o fixeron. Entre aquelas que teñen parella, un 49,3% é con carácter estable e un 44,9% con carácter esporádico; é dicir, apenas existen diferenzas significativas neste sentido.

Táboa nº XXXII Establecemento de novas relacións de parella

Novas relacións % Si 33,9 Non 64,1 Ns/Nc 2,1

Total 100,0

A actitude dos fillos e fillas ante unha nova parella, tanto da nai coma do pai, é moi variable dependendo da idade dos fillos e fillas, da causa da ruptura no matrimonio, etc. A táboa XXXIII mostra os resultados obtidos.

Táboa nº XXXIII Actitude dos fillos/as respecto dunha nova relación dos seus proxenitores Nai con parella Pai con parella Con plena aceptación 33,9 26,6 Aceptación relativa, con reservas 23,8 13,0 Respectando a decisión, aínda que sen compartila 5,4 3,0 Con indiferenza 7,7 23,7 Rexeitamento 3,0 9,5 Ns/Nc 26,2 24,3

Total 100,0 100,0

Un 33,9% das mulleres enquisadas considera que os seus fillos asumen con plena aceptación que a súa nai iniciase unha nova relación, fronte a un 26,6%, no caso de que fose o pai quen retome a súa vida sentimental.

Non obstante, é notorio sinalar que mentres un 7,7% das mulleres consideran que aos seus fillos lles resulta indiferente este tema se se refire a elas; no caso do pai, a cifra ascendería a un 23,7%. Isto é xustificable polos motivos que expuxemos ao inicio deste punto.

Page 62: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

60

En canto ás segundas nupcias, os índices son maiores para os homes que para as mulleres. O 7% dos homes que casan son divorciados, fronte a un 5,4% de mulleres divorciadas. Contráense máis matrimonios de divorciados/as que de viúvos/as e, mesmo, de maiores de sesenta anos. As mulleres que deciden casar de novo deben asumir o risco dun segundo erro; é dicir, contemplar a posibilidade doutro fracaso matrimonial, aínda que as segundas nupcias tamén teñen aspectos positivos, xa que estas mulleres contan cun matrimonio previo; polo tanto, a capacidade para superar as dificultades que poidan xurdir é maior. Estamos a falar de persoas máis maduras que no momento no que contraeron o primeiro matrimonio, unha etapa da súa vida na que teñen prioridade outros valores máis estables. Existe un repartimento de poder e de roles máis equilibrado, un maior protagonismo na toma de decisións por parte das mulleres, etc., debido á incorporación ao traballo remunerado. 4.2.15. Principais necesidades e demandas Os principais problemas que son obxecto de polémica son a vivenda, xa que a desigualdade salarial e a falta de medios económicos obriga a vivir en condicións precarias; por iso, as mulleres separadas e divorciadas reclaman máis vivendas de protección oficial e máis axudas públicas para a merca ou aluguer destas; as pensións alimenticias e/ou compensatorias; os réximes de visita, así como os atrancos que supón o incumprimento destas cuestións; as dificultades económicas xeradas tras a ruptura matrimonial e, arredor disto, demandan plans de actuación destinados a paliar situacións de pobreza e exclusión social, favorecendo a súa inserción laboral, xa que en ocasións desempeñan traballos en condicións inestables debido á urxencia por traballar. Ademais, se teñen postos cualificados e de alta responsabilidade, ás veces as circunstancias obrigan a deixalos ante a imposibilidade de xuntar isto co coidado dos fillos e fillas. Así pois, solicítanlles aos organismos públicos o establecemento de medidas para conciliar a vida laboral e familiar e a existencia de máis garderías e servizos de apoio en horarios extraescolares. Constataron que a maternidade, a idade que presentan e o estado no que se atopan dificulta a súa incorporación ao mercado laboral. En casos de malos tratos, demandan maior sensibilización social, leis máis severas e axilización da xustiza. Manifestan que as institucións animan a que se fagan denuncias. O tema da violencia de xénero vese doutra maneira do que se vía hai unhas décadas; hoxe en día, unha orde de afastamento dítase de contado, pero hai unha gran desconfianza ao respecto, xa que o asunto non é intranscendente e moitas mulleres morreron e continúan morrendo, a pesar de existir unha orde de afastamento no seu favor. Co obxectivo de paliar a discriminación social e económica das mulleres, é prioritario pór en marcha plans de actuación política. Tamén solicitan que se faga efectivo o principio de igualdade, esixíndolle á Administración e á sociedade o seu cumprimento. Solicitan, ademais, información sobre as redes de apoio e as implantacións en Galicia daquelas medidas xa postas en práctica noutros países da Unión Europea. Deste modo, as mulleres separadas e divorciadas de Galicia intentan difundir esta problemática desde o seu punto de vista e adquirir recoñecemento legal e social.

Page 63: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

61

A manifestación das necesidades e demandas aquí formuladas obriga a achegar os recursos necesarios e a pór en marcha os trámites ineludibles para a consecución destes obxectivos. No apartado exposto a continuación, expresaremos estas demandas. 4.2.16. Introdución de novos servizos para estas familias A táboa XXXIV detalla os servizos que estas mulleres cren que serían necesarios na súa cidade, para lles axudar ás mulleres separadas e divorciadas con cargas familiares.

Táboa nº XXXIV Servizos necesarios

Servizos % Servizos sociais máis eficientes (laboral e formativo) 20,8 Servizos sociais máis eficientes de asesoría 8,3 Servizos sociais máis eficientes (psicolóxicos) 8,3 Servizos sociais máis eficientes (xurídicos) 4,7 Obriga do establecido nas sentenzas 2,1 Maiores prestacións económicas 27,6 Maiores prestacións de acceso á vivenda 18,8 Maiores prestacións de atención a menores 16,1 Maiores atencións sociais gratuítas 9,4 Máis centros de acollida 6,3 Outras 6,8 Ns/Nc 30,2

O tema que máis lles preocupa ás mulleres separadas e divorciadas é o económico: un 27,6% destas considérano prioritario, seguido do tema laboral, que preocupa prioritariamente a un 20,8% dos casos. Ambas as cuestións están ligadas, xa que desde o momento da ruptura matrimonial, a muller non dispón dos mesmos recursos económicos, aínda que xa fora independente neste terreo, porque non é o mesmo organizar a vida coa relativa folgura que supón a entrada de dous soldos no fogar, que tentar manter o ritmo de vida cun só. Ademais, se a muller tivo ao longo do seu matrimonio unha forte dependencia do seu ex-cónxuxe en todos os sentidos, incorporarse ao traballo remunerado non é doado, non só pola falta de experiencia neste campo, senón tamén polo feito de ter que botar man dunha terceira persoa para as tarefas domésticas e o coidado dos fillos, o que supón un gasto extra que moi poucas mulleres poden asumir. Ligado ao asunto económico está a cuestión da vivenda. Un 18,8% destas mulleres opina que debería aumentarse a partida orzamentaria destinada a esta e impulsan a Administración a modificar os plans gobernamentais e autonómicos para facer fincapé neste sentido. A axuda para a vivenda é algo que está contemplado no plan contra a violencia, pero opinan que debería de ser contemplado tamén para mulleres soas con cargas familiares, con baixos ingresos e xa non tanto para a compra dunha vivenda, senón para o pago dun aluguer. O 16,1% cre que os menores están desprotexidos neste sentido. Propoñen a creación de garderías, comedores sociais e servizos de canguro gratuítos, ante a inexistencia de medios de protección de menores. As asociacións teñen servizo de

Page 64: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

62

canguro, pero este tipo de servizos de apoio deberían estar máis desenvolvidos e o seu número debería ser maior. 4.2.17. Resolucións xudiciais Á vista das resolucións xudiciais en materia de separación e divorcio, un 63% destas mulleres consideran que a actuación dos xuíces e xuízas é ineficaz, mentres que un 28,6% opina que é xusta e correcta. En canto á acción da xustiza, considérana axeitada no seguimento e cumprimento dos termos das sentenzas, tan só un 10,4% das enquisadas. Un 77,6% das mulleres quéixanse do inoperante labor xudicial, polos motivos que se exhiben na táboa XXXV.

Táboa nº XXXV

Razóns que cualifican negativamente a tarefa xudicial Motivos % Non hai seguimento 19,9 Incumprimento das sentenzas 17,3 Lentitude da xustiza 11,5 Outras 9,4 Ns/Nc 41,9

Total 100,0 A pesar de rexistrar unha elevada porcentaxe de abstención á cuestión formulada, observamos que para un 19,9% é necesario realizar un seguimento desde o momento no que se dita a sentenza para velar polo seu cumprimento; un 17,3% das mulleres separadas e divorciadas quéixanse do non pago das pensións, tanto a alimenticia como a compensatoria, das faltas cometidas no período do réxime de visita e da ineficacia da xustiza para velar polo seu acatamento. Outros problemas observados refírense á lentitude da xustiza, xa que un 11,5% aprecia a necesidade de revisión do funcionamento dos xulgados. Entre aquelas que non alegaron os motivos expostos, destacan as que consideran que se os xuíces e xuízas levasen a cabo unha inspección sobre o traballo que realizan, isto permitiría paliar situacións dramáticas derivadas da ruptura matrimonial. O colectivo que participou nos grupos de discusión levados a cabo manifestaron que o sexo do xuíz non é relevante á hora de ditar sentenza, pois hai homes e mulleres que non aplicaron solucións desfavorables aos membros da parella que tivesen distinto xénero. O importante nestes casos é atoparse cun profesional que saiba aplicar a lei da maneira máis correcta posible e desenvolver axeitadamente as súas tarefas sen descoidar as súas funcións, independentemente do sexo.

As mulleres vítimas do incumprimento do exposto cren que se deberían tomar medidas para que se cumpra estritamente a obriga do pago de pensións, o réxime de visitas e os demais acordos ou resolucións establecidos nas sentenzas (táboa XXXVI). Vemos que un 34,4% das mulleres se inclinan pola penalización dos incumprimentos, como o embargo ou a retención da nómina, no caso das pensións, ou pola diminución do contacto co proxenitor non custodio incumpridor, retirando o dereito de visita aos fillos e fillas habidos na unión.

Page 65: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

63

Táboa nº XXXVI Medidas para cumprir as disposicións xudiciais

Medidas % Facer un seguimento exhaustivo 19,8 Penalizar os incumprimentos 34,4 Crear un fondo de garantías de pensións 1,0 Maior apoio psicolóxico e xudicial 7,3 Ns/Nc 37,5

Total 100,0 Para que estas situacións dramáticas non acontezan, un 19,8% valoraría moi positivamente que se levase a cabo un seguimento exhaustivo dos casos. A posta en marcha deste tipo de propostas reducirían os episodios desagradables que nun gran número de ocasións se producen tras a ruptura.

Page 66: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

64

5. SEGUIMENTO DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Levouse a cabo un seguimento de diversos xornais locais e nacionais desde a realización en 1996 do estudo “Situación socioeconómica das mulleres en Galicia”, publicado polo presente organismo. O intervalo analizado vai desde o 1 de febreiro de 1996 ata o 31 de xullo de 2003 e os xornais considerados foron basicamente: La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La Opinión, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Región, El Progreso, El Mundo, ABC, El País e La Razón. A análise dos temas obxecto da nosa atención céntrase nun total de duascentas once noticias e artigos publicados polos citados medios de comunicación relacionados coa separación, divorcio, nulidade matrimonial e secuelas que producen estas situacións nas mulleres. Temas tratados tamén preferentemente son aqueles que teñen que ver con: infidelidade, separacións e divorcios de mutuo acordo, carencia de axudas estatais suficientes para as mulleres separadas, actitudes e comportamentos xudiciais, loita de pais e nais separados pola custodia compartida dos fillos/as, propostas para a revisión da actual lei do divorcio, aumento dos casos de nulidade matrimonial, malos tratos e abusos no ámbito familiar e leis de parellas de feito.

A primeira causa de divorcio na nosa comunidade autónoma en 1996 era a infidelidade. Actualmente, tras os datos analizados neste estudo, constatamos o mesmo motivo maioritario nestas mulleres no momento da ruptura matrimonial. Por esas datas, xa sobresaen noticias que versan sobre as protestas protagonizadas por diversos colectivos de pais separados para poder ver os seus fillos, argumentando a reclamación da custodia compartida, co fin de que as relacións entre pais e fillos se deterioren o mínimo posible nun proceso de separación ou divorcio. Ás veces, algúns proxenitores ante a imposibilidade de ver con regularidade os seus fillos, aproveitan o réxime de visitas e “secuestran” os seus propios fillos, co obxectivo de chamar a atención nos medios de comunicación social e na ex-parella e conseguir os seus propósitos. O máis difícil tras a ruptura matrimonial é a execución da sentenza, así o argumentaba a presidenta da Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Galicia, e constatámolo ante o fluxo de noticias sobre o incumprimento das resolucións xudiciais, especialmente no tema da pensión e do réxime de visitas. O Código Penal, na nova reforma, prevé prisión polo non pago de pensións alimenticias para os incumpridores, ante o elevado aumento destes e o encarceramento dos agresores, en casos de violencia doméstica.

Nova especialmente grata é a promulgación o día 31 de xullo da Lei 27/2003, reguladora da orde de protección das vítimas da violencia doméstica, como resposta eficiente dos poderes públicos a esta lacra da nosa sociedade, como é a violencia de xénero. Esta medida evita o desamparo das mulleres que sofren estas vexacións producidas en situacións de vulnerabilidade. Esta orde, a través dun novo procedemento xudicial, permite a restrición da liberdade de movementos do agresor para impedir a nova aproximación á vítima e, así, proporcionarlle seguridade, estabilidade e protección á persoa agredida e á súa familia. É notorio sinalar ao respecto que a Comunidade Autónoma de Canarias promulgou e ordenou, con anterioridade a esta nova, a publicación da Lei 16/2003, do 8 de abril, de prevención e protección integral das mulleres contra a violencia de xénero para loitar contra as desiguais relacións de poder entre homes e mulleres, rematar

Page 67: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

65

cos prexuízos sexistas e actitudes discriminatorias persistentes na nosa sociedade e garantir a igualdade. Sobre este tema aparecen múltiples noticias, especialmente nos dous últimos anos, algunhas delas sobrecolledoras e sorprendentes. Asistimos á introdución de medidas novidosas no tema obxecto de estudo, tales como a posibilidade de tramitar o divorcio por Internet, o dereito de visitas dos avós e avoas aos seus netos e netas no caso de ruptura familiar ou as disposicións preventivas recentemente aprobadas arredor da violencia de xénero, ante o alarmante aumento do número de mortas por este motivo; a dotación de expertos nos ambulatorios para detectar casos de malos tratos, a creación dun fondo para garantir o pago da pensión de alimentos en casos de separación, divorcio, nulidade ou ruptura da convivencia familiar na comunidade autónoma valenciana, a renda de 300 euros para aquelas mulleres beneficiarias dunha orde de protección a vítimas de maltrato, cárcere preventiva con penas de ata 6 meses de cárcere, orde de afastamento entre 5 e 10 anos, suspensión de réxime de visitas aos fillos e fillas, mentres dure o afastamento ou a orde de protección ás maltratadas. Todo iso responde ao aumento de vítimas mortais por esta causa. No 2002, 52 mulleres morreron a mans dos seus cónxuxes ou parellas. Segundo o Instituto da Muller, ata outubro do ano 2003 morreron 54 mulleres, dúas máis que en todo 2002. En todo o ano 2003, 72 mulleres morreron a causa da violencia doméstica, unha cifra moi superior ás 52 contabilizadas oficialmente no ano 2002. Desgraciadamente, o 39% dos grandes municipios carece de casas de acollida para mulleres maltratadas. Unha estatística recente mostraba que unha de cada catro coruñesas sofre algún tipo de abuso no fogar. Polo tanto, toda medida é pouca e debe incrementarse o apoio e auxilio prestado a este grupo feminino tan desfavorecido. Nas decisións xudiciais empézase a observar a regularización das parellas de feito e o recoñecemento dos dereitos equiparables aos dos matrimonios, por parte da Eurocámara ou sentenzas relativas a casos de separacións para os membros deste tipo de convivencia. En Galicia, a Lei de parellas de feito vaise presentar nesta lexislatura en Galicia para equipararse con outras comunidades autónomas que aprobaron normativas ao respecto. Xa tratamos en páxinas precedentes a importancia da figura da mediación familiar no proceso de separación e divorcio, os beneficios que reporta facer uso desta e o papel que xogan os menores no transcurso desta terapia familiar. Desde o ano 2001 ata o propio 2003, sucédense noticias relativas a este servizo e concedéuselle importancia á contratación dun terceiro para que medie nos conflitos de parella, non só na nosa comunidade senón no resto de España, ademais do impulso que mereceu a creación dos denominados puntos de encontro.

Nos anuncios publicitarios observamos ultimamente a tendencia a reflectir os diversos modelos de familia emerxentes na sociedade actual. En relación con este tema, o novelista catalán Quim Monzó escribiu recentemente unha columna no

Page 68: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

66

suplemento Magazine, facendo referencia a este tema. Nel realiza unha axeitada descrición destes do seguinte xeito: “É un anuncio de tons escuros, como se levan agora, e nel vese un home maduro que conduce un coche. Unha rapaza apoia a cabeza no seu ombro. É mona. A cara do home tamén é agradable. Conduce sen présas. Pasan baixo copas de árbores iluminados pola lúa. As rúas están en bo estado e o céspede coidado. O monovolume detense fronte a unha casa impoñente. Nunha fiestra do primeiro piso, unha muller —a nai da rapaza— deixa pasar a cortina. A rapaza bícao na meixela, sae do coche e sobe as escaleiras ata a porta da casa. Ao chegar á sala desde onde a muller mira aínda pola fiestra, saúda a nai á filla. Ambas observan como o monovolume arranca e desaparece. A nai di que o home está máis delgado. A filla asente e a nai engade que cambiou de coche e deduce que sae con alguén. A filla repréndea. Entón aparece a marca de Volkswagen e o nome do modelo: Novo Touran. Polos datos, o máis probable é que sexan pai, nai e filla. Pai e nai, separados. O anuncio transmite unha sensación agradable, de vida nada vulgar. As imaxes son belas, ao igual que os tres protagonistas, e nin a sospeita da muller de que o home saia con alguén parece remover as augas serenas da súa vida separada. Non se dá ningunha pista sobre a situación sentimental da nai. El, en cambio, seguro que non sae con ninguén, polo menos oficialmente. Senón, a muller non diría o que di. E en toda esa situación, a pesar da placidez, hai algo intrigante. ¿A quen dirixe a súa mensaxe o Novo Touran? Se, como din os expertos, este tipo de monovolumes ten un público maioritariamente masculino, ¿que idea de placidez e benestar pretende vender? É sabido que a publicidade se adapta aos novos tempos e que a familia tradicional xa non monopoliza o imaxinario da cidadanía. Basta lembrar aquel anuncio —de conxelados Salto— no que un neno lle pregunta ao noivo da súa nai se o quere e, cando o noivo, comprometido e apurado, lle di que si, o neno quítalle o prato de comida e bótanse a rir para demostrar a boa fe que hai entre os fillos e os noivos das mamás hoxe en día. Noutro da mesma marca de produtos alimenticios apostan tamén polas parellas de feito e a muller pídelle matrimonio ao home, tras degustar a paella que este cociñou. Pero no anuncio do Novo Touran hai máis. Tratan de loitar contra o clixé, porque os monovolumes son, por definición, coches familiares...”. Artigos coma este demostran unha maior aceptación da existencia de diversas formas de convivencia por parte da sociedade; hoxe en día, as familias nucleares xa non son maioría no noso tecido social.

Page 69: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

67

6. CONCLUSIÓNS Ao longo deste estudo amosamos unha realidade obxectiva, dando a coñecer, coa maior claridade posible, a situación das mulleres en familias monoparentais, despois dun proceso de separación ou divorcio. Achegámonos a un colectivo que para a maioría da sociedade é un tanto descoñecido, xa que só se coñecen os aspectos mostrados a través dos distintos medios de comunicación e/ou as experiencias vividas no contorno próximo, xa sexa a través de familiares directos ou persoas pertencentes ao círculo de amizades ou na veciñanza. Tras a ruptura matrimonial ou de convivencia en parella, a muller atópase desorientada ante os acontecementos que aparecen nesa nova etapa da súa vida. Comezar de novo non é tarefa doada, especialmente tendo en conta que ata ese momento a vida era cousa de dous e, a partir da ruptura, a muller separada debe afrontar en solitario as circunstancias da desintegración familiar. Os roles sexuais cambian de forma radical en relación coa familia nuclear. Exercer de pai e nai á vez pode ser enriquecedor ou unha fonte de estrés. De aí a importancia da familia extensa ou de orixe e o apoio brindado por parte dos fillos e fillas, froito desa unión recentemente extinguida. Pero non só o soporte moral e emocional é vital, a estabilidade económica é esencial para a manutención da propia muller e, se é o caso, dos nenos/as, ademais de constituír unha excelente terapia na reconstrución dos diversos aspectos emocionais, sociosanitarios e psicolóxicos danados despois da separación: recuperación da autoestima, confianza en si mesma, recuperación da separación, depresión, etc. A maioría das mulleres adáptanse ben, tras unha pequena crise, á nova situación aínda que unha pequena parte ten dificultades de tipo afectivo-relacional e unha porcentaxe mínima ten problemas crónicos. A inactividade e os longos períodos de soidade non axudan neste terreo e, se a iso lle engadimos unha alta porcentaxe de casos de incumprimento dos deberes impostos na sentenza xudicial, fundamentalmente as pensións, alimenticias ou compensatorias, a situación da muller separada aínda é máis precaria. Tomar as medidas oportunas para obrigar ao cumprimento dos acordos ou resolucións establecidos nas sentenzas é algo que non admite demora. Os fillos e fillas constitúen o terceiro vértice do triángulo da separación e, xeralmente, é unha das partes máis prexudicadas neste terreo. A ausencia dun dos proxenitores do fogar familiar pode traer secuelas de diverso tipo se as relacións mantidas co ex-esposo ou ex-esposa que abandonou a vivenda común non son frecuentes nin satisfactorias. A prioridade neste sentido é o benestar dos nenos e nenas; por iso, non deben formar parte do xogo da chantaxe nin seres utilizados como arma arreboladiza, co obxectivo de posicionalos na contra do outro proxenitor. Nalgúns casos, co fin de que estas desagradables situacións non sucedan, as parellas recorren á figura da mediación familiar para contribuír a un desenvolvemento positivo do menor e que prevaleza o diálogo entre os ex-cónxuxes, logrando unha separación sen conflito ningún. Por iso, incidimos na importancia deste recurso e dos múltiples beneficios que posúe neste sentido. Entre as múltiples causas que poden levar a unha separación ou divorcio, atopámonos unha serie delas que, independentemente de variables como o nivel

Page 70: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

68

sociocultural ou a idade das mulleres que constituíron a mostra do noso estudo, apareceron con asiduidade: infidelidade, soa ou combinada con factores como o alcoholismo ou a ludopatía; monotonía ou rutina da vida cotiá; inmadurez dalgún dos cónxuxes; violencia doméstica ou de xénero; alteracións no carácter e no modo de vida, influídos por terceiros pertencentes ao ámbito laboral, familiar ou á rede de amizades; violencia, humillacións e agresións á muller, xa sexan verbais ou físicas, etc. En referencia a este último aspecto, observamos que as mulleres que son froito dunha desvalorización continua á súa persoa e non razoa de maneira lóxica porque teñen unha dependencia emocional brutal cara ao outro membro da parella que exerce a violencia contra elas. Hai moitas formas de ofensa á parella das que as mulleres non se decatan e consenten nelas unha e outra vez. Estas mulleres constataron que canta máis preparación intelectual teña a persoa é máis sutil o maltrato psicolóxico. Incorporarse ao mercado laboral a partir de certa idade non é doado. As mulleres separadas e divorciadas carecen en xeral de formación axeitada e, en moitos casos, abandonaron a actividade laboral para facerse cargo do coidado da familia, atendendo aos valores considerados prioritarios socialmente. Este feito, engadido ás competencias das persoas máis novas, dificulta aínda máis a súa inserción laboral. Pero o elevado grao de incumprimento de sentenzas, tanto o relativo ao réxime de visitas como ao cobro periódico da pensión, ben sexa esta alimenticia ou compensatoria, conduce a este novo contexto para elas. As posibilidades legais son o embargo da nómina do cónxuxe, que non atende os pagos ou a reclamación a través das instancias xudiciais, pero todas estas medidas son lentas e escasamente efectivas. Os ex-cónxuxes atópanse en dificultades para o pago dunha pensión compensatoria, cando ao mellor o salario que ten de por si é baixo. Ten que organizar unha vida nova: pagar un piso, facerse cargo de todos os recibos e custear dúas vidas. As pensións compensatorias, en principio, non son vitalicias, existe o dereito de modificación pero, en xeral, outórgase a quen está necesitado no momento da separación. Neste sentido, o apoio da familia de orixe e do tecido social é vital para que estas mulleres non se atopen desasistidas e teñan alguén que poida axudarlles e converterse nun sostén non só económico, senón tamén emocional e moral. A maioría das mulleres protagonistas deste estudo contaron con actitudes familiares positivas ante a ruptura familiar, aínda que se dá o caso contrario coas mulleres inmigrantes, que tiñan as súas familias no seu país de orixe e tiveron que empezar de cero soas. Tamén atopamos casos de mulleres que postergaron a decisión de separarse, pois non contaban co beneplácito dos seus. Con respecto ás relacións sociais, a ruptura matrimonial ou de convivencia en parella é unha situación tensa que afecta as amizades. Percibimos a desigualdade por razón de xénero, no feito de que se acepta socialmente a situación do home separado ou divorciado, pero non tan facilmente a da muller na mesma situación. Nas novas relacións de parella, as mulleres separadas consideraron intolerable o machismo rancio que existe na sociedade, xa que o grupo de iguais ve normal que un home se prodigue na vida nocturna, mentres que se é unha muller os cualificativos que lle son adxudicados son negativos e cheos de obsoletos prexuízos. Á hora de recompoñer a vida sentimental, os homes por regra xeral emparéllanse moi rápido, mentres que as mulleres deixan pasar un período de

Page 71: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

69

tempo máis amplo para non lles impoñer un novo “pai” aos fillos e fillas e agardar a estar preparadas para novas relacións de parella.

INSTITUCIÓNS: NECESIDADES E DEMANDAS En canto ás institucións que colaboraron debido ao interese que lles suscitou o tema tratado son as seguintes:

⇒ A Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas da Coruña, pola súa

decidida e importante implicación neste proxecto. ⇒ Asociación de Familias Separadas e Divorciadas Solidariedade na Coruña: é

unha asociación de ámbito estatal con sede na Coruña e préstalles axuda legal e psicolóxica aos cónxuxes e ás súas familias gratuitamente. Ten outra delegación en Viveiro.

⇒ Delegación da asociación Solidariedade na Costa Norte de Galicia en Viveiro

(Lugo). ⇒ Fundación Fogar Santa Lucía en Comeanda-Visma: neste fogar para mulleres

sen teito, os aspectos que máis preocupan son as secuelas que produce a ruptura na muller, o “manterse a flote”, a autonomía.

⇒ Casa de Acollida da Coruña. ⇒ Centro de Información e Asesoramento á Muller (CIAM), sito na Coruña: a

avogada do centro aplicoulles os cuestionarios ás mulleres que se presentaron por alí e que están na mencionada situación.

⇒ Plataforma Nais en Acción: situada en Vigo (Pontevedra), é unha asociación

onde preocupa por riba de toda a situación familiar dos fillos e fillas, a defensa dos dereitos da infancia e o cumprimento das sentenzas.

⇒ Centro Fonseca. Conta cun Punto de Encontro orientado especialmente para

solucionar e/ou levar aqueles casos extremadamente graves no réxime de visitas. É un servizo destinado ao benestar do menor. Levan a cabo o estrito cumprimento das visitas recollidas na sentenza xudicial. Existe a posibilidade do intercambio mediado, nun 15% dos casos, e as visitas tuteladas e supervisadas, onde as visitas se desenvolven no Punto de Encontro e non saen do recinto, e as supervisadas, con persoal do centro presente en todo momento. A inmensa maioría dos menores non exceden os doce anos, pero déronse casos que roldaban os dezaoito anos.

Na actualidade, aínda que non é o habitual, tratan con matrimonios nos que a custodia se lle outorga ao pai (toxicidade, abandono do fogar). Esta iniciativa para a cidade da Coruña naceu en setembro do ano 2000. Desfrutan dunha subvención da Xunta e dun convenio que renovan cada ano. Podemos acudir ao Punto de Encontro de dúas maneiras: mediante a delegación de Familia ou a través do Xulgado de Familia.

⇒ Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Ourense. ⇒ Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Lugo.

Page 72: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

70

Os aspectos máis destacados, en canto ás necesidades e demandas das asociacións que interviñeron no estudo son os seguintes: • É prioritario desenvolver un labor de concienciación social. Hai moi poucas

denuncias de malos tratos en relación cos casos que existen. E cando, por fin, as mulleres vítimas da violencia doméstica se deciden a presentar a denuncia, é porque pasaron moito padecemento antes, chegando a casos extremos de violencia e a episodios desagradables que incluso se producen na presenza dos fillos e fillas. Nos últimos anos, produciuse un aumento significativo de casos de violencia de xénero. O ideal sería imitar o modelo vasco; é dicir, promover as casas de acollida para homes. As mulleres non deben sentir a obriga de modificar os seus hábitos e a súa forma de vida. Non é ela, senón o home, o que debe abandonar o fogar. El necesita terapia, é un doente. E isto, desgraciadamente, acontece independentemente da categoría social e da idade dos protagonistas. A maioría das sentenzas non son favorables como, por exemplo, a acontecida hai uns días que lle asignaba ao ex-marido o piso de enriba de onde vive a vítima. Hai que poñerse nas mans dun profesional ante a primeira humillación, desde que a convivencia se ve afectada.

• Con relación á proposta de lle adxudicar as pensións de viuvez á última persoa

que conviva co falecido, é mellor que a situación non varíe nin un chisco mirando os anos convividos coa persoa, como se vén facendo ata agora, porque é inxusto que unha persoa que estivese casada vinte anos con alguén e logo o ex-marido contraia matrimonio de novo e a nova parella obteña todos os beneficios, cando ó mellor só estivo casada un ou dous anos antes do falecemento.

• Sería bo que desaparecese a separación previa antes do divorcio en casos de

malos tratos ou sufrimento dos fillos e fillas, sempre e cando contemplasen os expedientes de familia unificados e aplicando as leis vixentes.

• Emprego do recurso da mediación familiar en casos de separación ou divorcio.

En Cataluña, hai tempo que esta figura está imposta e os resultados son moi satisfactorios. A maioría destas mulleres non foron nunca a un terapeuta familiar, a un psicólogo ou terceiro que mediase na relación de parella. Con anterioridade á ruptura non o fan. Impoñer obrigatoriamente o servizo da mediación como paso previo aplicable para todos os casos, xa que todo son beneficios e os fillos e fillas terían vantaxes no proceso de separación, é prioritario para acadar que as dúas partes en conflito se poñan de acordo en asistir a estes gabinetes.

• As maiores dificultades que ten que sufragar este colectivo son especialmente

de tipo económico, criar os fillos e fillas sen axuda externa, sufrir rexeitamento no momento da busca de emprego, rexeitamento pero doutra envergadura das súas propias familias de orixe e rexeitamento tamén no contorno que as rodea, na sociedade (estigmatización). Ante esta situación, as mulleres ocultan a súa nova condición no momento de acceder a un emprego, xa non posúen o mesmo círculo de amizades que frecuentaba con anterioridade á ruptura, etc. Cústalles saír do cosco. Os problemas máis relevantes deste colectivo atópanse nas relacións interpersoais, na educación cos fillos e na supervivencia no ámbito laboral. Para as mulleres separadas, o mundo desmorónase tras a desintegración familiar, todo se modifica a partir dese intre.

Page 73: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

71

• Extensión é aplicación do réxime de visitas á práctica totalidade da familia

extensa. Para iso, habería que estudar medidas para aumentar os procedementos de mutuo acordo e, así, isto sería máis factible. Non acollerse literalmente ás sentenzas senón amplialas, cantas máis relacións familiares mellor e máis vantaxes terá no desenvolvemento posterior do neno e será máis beneficioso para este en todos os sentidos.

• Fomentar medidas para que os divorcios inevitables sexan, na maior medida

posible, de mutuo acordo.

Desde a Asociación Galega de Pais e Nais Separados, levan a cabo as accións pertinentes para a defensa dos seus asociados e a dos seus fillos. O presidente desta está en desacordo co enfoque puramente feminista que el estima, que establece as obrigas afectivas cara aos fillos á nai e as obrigas económicas ao pai. Esta asociación ten as seguintes propostas: ● Participación igualitaria de ambos os proxenitores na formación integral dos fillos. ● Liquidación do réxime de gananciais para evitar conflitos posteriores. ● Establecemento nas sentenzas da maneira na que os familiares directos dos

fillos, excluíndo os proxenitores, se poidan relacionar con eles. Deste xeito, se aquel cónxuxe que non teña a custodia está ausente ou doente, o neno pode relacionarse con avós, tíos, curmáns e demais familia extensa, ata agora inviable, acolléndose de maneira literal ás sentenzas.

● Patria potestade conxunta, a non ser que existan causas suficientes para

evidenciar o contrario. ● Creación de gabinetes de mediación familiar con carácter público que

proporcione asesoría legal e asistencia psicolóxica e social antes, durante e despois do proceso de divorcio.

● Eliminar a obrigatoriedade da asistencia do avogado e representación mediante

procurador. Sería suficiente engadir un novo apartado ao artigo 4 das disposicións comúns (disposicións básicas do axuizamento civil).

● Facilitar o acceso directo ao divorcio, aínda que se manteña a opción de

separarse. ● Reforma do IRPF: debería existir unha dedución no proxenitor que contribúa ao

sostemento económico dos fillos. A situación de separación ou divorcio orixina gastos, como por exemplo, o aluguer ou adquisición de dúas vivendas. Esta situación debe ter un tratamento fiscal xusto e ecuánime.

● Reivindican tamén a “declaración conxunta” e que se realice a dedución por

descendentes, nos casos de separación conxugal ou divorcio. Aspectos máis relevantes e aproximación á realidade das mulleres separadas e divorciadas pertencentes á asociación da Coruña:

• O número de separadas na actualidade é maior có de divorciadas.

Page 74: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

72

• As principais dificultades que posúen estas mulleres son de tipo económico, poucos servizos, traballos como empregada de fogar, axuda a domicilio, hostalería, etc. que empezan a estar copados por inmigrantes.

• Moi poucas mulleres volven casar ou vivir en parella tras a ruptura e case todos

os homes si o fan.

• As mulleres separadas galegas fan uso da familia extensa, pero non volven convivir con ela. Préstanlles axuda porque os horarios de certas institucións como garderías son incompatibles co seu horario laboral.

• Hai unha proporción moi elevada de nais solteiras. No ano 2001, en España, a

porcentaxe de nacementos en nais non casadas foi do 19,7% e, en Galicia, do 16,6%. Delas, eran menores de 20 anos o 11,4% e o 10,4%, respectivamente.

• A media de fillos na actualidade é dun fillo e medio por muller.

• Desgraciadamente, existe unha infinidade de abusos sexuais por parte de pais

cara aos seus propios fillos ou cara aos da súa parella, pero mantense en silencio esta aberrante situación.

• A media mensual de ingresos propios da muller separada é de 420-480 euros.

• O 75% dos ex-maridos incumpren o non pago da pensión alimenticia. Cos

autónomos é difícil, pero cos de economía somerxida a situación mellora aínda menos.

• No ano 2002, en Galicia o 57,4% dos procesos de separación prodúcense de

mutuo acordo, pero a maioría remata rompéndose ante o tema económico.

• En canto ao tema da vivenda, cando o piso conxugal é da muller, xeralmente queda para ela; é dicir, a situación para a muller é inalterable. Existen moi poucos pisos en propiedade; case todos son de aluguer, o que supón que a muller ten que facerse cargo ela soa do piso. Cando o réxime económico do matrimonio é ganancial (o habitual, agás en Cataluña e casos excepcionais que hai separación de bens), un cónxuxe mércalle ao outro a súa parte ou véndese ou repártese o diñeiro entre os dous. Os créditos e hipotecas non existen para este colectivo. O banco non dá facilidades. Tampouco existen axudas para acceder a pisos de protección oficial. Por todo iso, cada vez é máis frecuente que mulleres nesta situación compartan piso, é unha necesidade.

• A arrepiante cifra do 30% das asociadas son vítimas de malos tratos. O peor

de todo é que non denuncian por medo á parella, ao que dirán, á lentitude da xustiza ante o tema, etc.

Con este estudo, tratamos de mostrar co máximo rigor posible a situación deste colectivo, as súas necesidades e demandas para que o conxunto da sociedade coñeza este grupo feminino. A través da manifestación da problemática destas mulleres, pretendemos favorecer a integración destas con axudas e iniciativas favorecedoras, poñendo en marcha as políticas sociais pertinentes para rematar co que ten de situación de desigualdade.

Page 75: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

73

ANEXO I: ASPECTOS LEGAIS

A familia é unha das institucións máis valoradas pola sociedade, aínda que

pasou por unha serie de modificacións por mor das transformacións sociais que tiveron o seu reflexo nas modificacións legais correspondentes, principalmente a Constitución de 1978 e a Reforma do Código Civil de 1981. Cambios como o recoñecemento da igualdade de dereitos entre homes e mulleres no matrimonio, a igualdade de dereitos de todos os fillos e fillas e a posibilidade de ruptura do vínculo matrimonial mediante o divorcio, son algúns exemplos.

O artigo 32 da Constitución de 1978 regula a forma do matrimonio, as causas

de separación e establece a igualdade xurídica entre os cónxuxes e garante a liberdade de relixión: o matrimonio canónico xa non é a única forma de matrimonio.

O artigo 39 da constitución establece a obriga de asegurar a protección social, económica e xurídica da familia.

O acordo coa Santa Sé, asinado o día 3 de xaneiro de 1979, determina, no seu artigo VI.1, que o Estado recoñece os efectos civís ao matrimonio celebrado segundo as normas do Dereito Canónico; é dicir, que o matrimonio eclesiástico vai ter as mesmas consecuencias e efectos co civil, pero serán dous tipos de matrimonio distintos.

Polo que se refire á nulidade, os contraentes, a teor das disposicións do Dereito Canónico, poderán acudir aos tribunais eclesiásticos solicitando declaración de nulidade ou pedir decisión pontificia sobre matrimonio rato e non consumado. Á solicitude de calquera das partes, as ditas resolucións eclesiásticas terán eficacia na orde civil e declararanse axustadas ao Dereito do Estado en resolución ditada polo tribunal civil competente.

Coa reforma do Código Civil en 1981, Lei 30/81, do 7 de xullo, estableceuse a posibilidade de divorcio, xa que antes só existía a separación. Na dita reforma establécense os dereitos e deberes dos cónxuxes no terreo social, económico e paterno-filial.

Na separación persiste o vínculo conxugal, pero cesa a vida en común aténdose a un réxime xurídico cos seus respectivos dereitos e obrigas. Hai dous tipos:

� Separación de feito: situación decidida de mutuo acordo por un dos cónxuxes, sen o consentimento doutro, pero que non se tramitou ante instancia xudicial. Entre os efectos xurídicos dunha separación de feito están: permite solicitar a separación legal ou o divorcio (artigo 82 e 86 do Código Civil); impide que poida alegarse o incumprimento do deber de fidelidade como causa de separación (artigo 82.1º); pode dar lugar á disolución da sociedade de gananciais (artigo 1393.3º); orixina cambios no exercicio da patria potestade (artigo 156, parágrafo 5º e artigo 159). Así pois, a separación de feito é unha situación real, pero exenta de efectos xurídicos.

Page 76: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

74

� Separación xudicial: o seu procedemento lévase a cabo (artigo 81) “a petición de ambos os dous cónxuxes ou dun co consentimento doutro, unha vez transcorrido o primeiro ano do matrimonio (deberá necesariamente acompañarse á demanda de separación a proposta de convenio regulador da separación, conforme aos artigos 90 e 103 deste código)” e “a petición dun dos cónxuxes, cando o outro estea incurso en causa legal de separación”.

As causas polas que pode solicitarse a separación veñen detalladas no artigo

82 do Código Civil. En canto aos efectos que ocasiona a separación, o artigo 83 do Código Civil

establece que “a sentenza de separación produce a suspensión da vida en común dos casados e cesa a posibilidade de vincular bens doutro cónxuxe no exercicio da potestade doméstica”.

O divorcio é unha disolución do matrimonio, ao igual que a morte ou declaración de falecemento dun dos cónxuxes.

O artigo 85 do Código Civil afirma que “o matrimonio disólvese, sexa cal fose a

forma e o tempo da súa celebración, pola morte ou a declaración de falecemento dun dous cónxuxes e polo divorcio”.

Ademais, o artigo 89 establece que “a disolución do matrimonio por divorcio só poderá ter lugar por sentenza firme que así o declare e producirá efectos a partir da súa firmeza. Non prexudicará a terceiros de boa fe, senón a partir da súa inscrición no Rexistro Civil”. As causas do divorcio recóllense no artigo 86.

Os efectos do divorcio producen a disolución do vínculo, os efectos producidos e os deberes recíprocos entre os ex-cónxuxes. No ámbito patrimonial, supón a disolución do réxime económico matrimonial. Sobre os fillos e fillas, as obrigas dos seus proxenitores veñen expostas no artigo 92 do Código Civil.

A solicitude de separación ou de divorcio pode facerse de común acordo entre os cónxuxes. De non existir mutuo acordo, tanto a separación como o divorcio poden solicitala calquera deles cando o outro se atope nunha das causas que contempla o Código Civil.

Os esposos debe presentarlle ao xuíz ou xuíza unha serie de propostas de regulación, o chamado convenio regulador (artigo 90 do Código Civil). Debe comprender:

- A determinación da persoa ao coidado da que deben quedar os fillos e fillas suxeitos á patria potestade de ambos, o exercicio desta e o réxime de visitas dos fillos e fillas co proxenitor que non conviva con eles.

- A atribución do uso da vivenda e enxoval familiar. Pode ser atribuído a un dos cónxuxes e/ou aos fillos/fillas.

- A contribución ás cargas do matrimonio e alimentos, así como as súas bases de garantía.

Page 77: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

75

- A liquidación, cando cómpre, do réxime económico matrimonial.

- A pensión que, conforme ao artigo 97, corresponde satisfacer a un dos cónxuxes.

Este convenio teno que aprobar o xuíz ou xuíza para que sexa efectivo.

Respecto das necesidades e intereses dos menores, son tratados nos artigos 92 e 93 do Código Civil: “a separación, a nulidade e o divorcio non eximen os pais das súas obrigas para cos fillos” (artigo 92.1.); “as medidas xudiciais sobre o coidado e educación dos fillos adoptaranse en beneficio deles, tras escoitalos se tivesen suficiente xuízo e sempre aos maiores de doce anos” (artigo 92.2.); “poderá tamén acordarse, cando así lles conveña aos fillos, que a patria potestade sexa exercida total ou parcialmente por un dos cónxuxes ou que o coidado deles corresponda a un ou outro, procurando non separar os irmáns” (artigo 92.4.).

A patria potestade é unha institución xurídica que lles atribúe aos proxenitores o coidado e educación dos fillos e fillas non emancipados (artigo 154 e 156 do Código Civil).

Comprende os deberes de velar por eles, telos na súa compaña, alimentalos, educalos, darlles unha formación, representalos e administrar os seus bens. Os fillos e fillas deberán obedecer os seus pais, mentres permanezan baixo a súa potestade, respectalos sempre e contribuír equitativamente, segundo as súas posibilidades, coas cargas da familia mentres convivan con ela.

A patria potestade exercerase conxuntamente por ambos proxenitores ou por un só, co consentimento do outro. Se os pais viven separados, exercerase por aquel con quen o fillo ou filla conviva como regra xeral (as decisións esenciais deben tomarse conxuntamente e, en caso de discrepancia, decidirá o xuíz).

Nos artigos 94 e 96 do Código Civil regúlanse o dereito de visita aos fillos/as e o uso da vivenda, respectivamente, en caso de separación ou divorcio.

Polo que se refire á situación económica na que quedan os cónxuxes, o artigo 97 determina que: “o cónxuxe ao que a separación ou divorcio produza desequilibrio económico en relación coa posición do outro e que implique un empeoramento na súa situación anterior no matrimonio, ten dereito a unha pensión que se fixará na resolución xudicial, tendo en conta, entre outras, as seguintes circunstancias:

1ª Os acordos a que chegasen os cónxuxes.

2ª A idade e estado de saúde.

3ª A cualificación profesional e as probabilidades de acceso no emprego.

4ª A dedicación pasada e futura á familia.

5ª A colaboración co seu traballo nas actividades mercantís, industriais ou profesionais do outro cónxuxe.

6ª A duración do matrimonio e da convivencia conxugal.

7ª A perda eventual dun dereito de pensión.

Page 78: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

76

8ª O caudal e medios económicos e as necesidades dun e outro cónxuxe.

Na resolución xudicial fixaranse as bases para actualizar a pensión e as garantías para a súa efectividade.

Todas estas disposicións legais axudan á comprensión da situación das mulleres separadas e divorciadas e os episodios polos que, un gran número delas, pasan nesta etapa da súa vida que supón a ruptura familiar.

Page 79: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

77

BIBLIOGRAFÍA � Alborch, Carmen: Solas. Barcelona, Planeta, 1999. � Armentia Espigares, Laura e Hernández Rodríguez, Gerardo: La nulidad

matrimonial. La ruptura inexistente. Actuación de los Tribunales Eclesiásticos Españoles. Salamanca, 2001.

� Armentia Espigares, Laura: “Nulidad del matrimonio canónico”. En Razón y Fe.

Revista de Cultura. Nº 1247-1248, Madrid, setembro-outubro, pp. 137-149. � Arroyo Morcillo, Alicia: “Incidencia social de las familias monoparentales”, en

Familia en un mundo cambiante. Universidade Pontificia de Salamanca, páx. 62-82. Relatorio no VII Congreso Español de Socioloxía (non publicado). Salamanca. 1994.

� Arroyo Morcillo, Alicia: Las familias monoparentales en España. Universidade

Complutense de Madrid. Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía. Madrid, 2001.

� Camps, Victoria: El siglo de las mujeres. Madrid, Cátedra, 1998. � Código Civil. Ed. Tecnos. � Concellería da Muller. Instituto Navarro da Muller: El impago de pensiones

derivadas de rupturas matrimoniales y de pareja en Navarra. Pamplona, Fundación Bartolomé de Carranza, 1999.

� Díaz Moreno, José María; Hernández Rodríguez, Gerardo; Lázaro González,

Isabel e Zarraluqui Sánchez-Eznarriaga, Luis: Las uniones de hecho. Una aproximación plural. Madrid, Instituto Universitario Matrimonio e Familia. Universidade Comillas, 1999.

� Domínguez Prieto, Xosé Manuel: “¿A familia en crise? Situación e

perspectivas”, en Encrucillada. Revista Galega de Pensamento Cristián. Nº 129. Setembro-outubro 2002.

� Fernández Cordón, Juan Antonio e Tobío Soler, Constanza: Las familias

monoparentales en España. Madrid, Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, 1999.

� Haynes John, M. e Haynes Gretchen, L: La mediación en el divorcio.

Barcelona, 1997. � Hernández Rodríguez, Gerardo: Estudo sobre a situación socioeconómica das

mulleres separadas en Galicia. Santiago de Compostela, Servizo Galego de Igualdade, 1996.

� Hernández Rodríguez, Gerardo: Desorganización familiar, crisis, conflicto y

divorcio. A Coruña, 1997.

Page 80: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na

78

� Hernández Rodríguez, Gerardo: “Matrimonio y divorcio hoy”. En Razón y fe. Revista de cultura. Nº 1247-1248, Madrid, setembro-outubro 2002, pp. 137-149.

� Hernández Rodríguez, Gerardo: “Reflexións de situacións e tendencias da

familia en Galicia”, en Encrucillada Nº 129, Pontevedra, setembro-outubro 2002, pp. 405.21-422.38.

� Jiménez Gómez, Fernando (coord.): Evaluación psicológica forense 2.

Matrimonio y procesos de protección con el menor. Salamanca, Amarú, 2001. � Marrero, Juan Luis: Psicología jurídica de la familia. Madrid, Fundación

Universidad-Empresa, 1998. � Martínez-Illescas Benedicto, María Luisa: “Consecuencias y procesos

psicosociales en los hijos de mujeres separadas y divorciadas. La importancia de la mediación”, en Xornadas sobre Separación e Divorcio. A Coruña, Universidade, 1996.

� Memorias do Consello Superior de Poder Xudicial e dos Censos de Poboación,

Anuarios Estatísticos e Movemento Natural da Poboación. 1992-2002 (INE). � Peñasco, Rosa: La copla sabe de leyes. El matrimonio, la separación, el

divorcio y los hijos en nuestras canciones. Madrid, Alianza, 2000. � Radl Philipp, Rita: “A familia na actualidade”, en Encrucillada. Revista Galega

de Pensamento Cristián. Nº 129. Setembro-outubro 2002. � Ruíz Becerril, Diego: Después del divorcio. Los efectos de la ruptura

matrimonial en España. Madrid, CIS, 1999, Colección monografías, Nº 169. � Servisé Lalaguna, Marta: Las nuevas formas familiares: de la nuclearidad a los

sistemas binucleares vinculados. Tese dirixida pola doutora Ángeles Valero Lobo, para a obtención do grao de doutor. Madrid, Universidade Complutense, 1998.

� Subirats, Marina: Con diferencia: las mujeres frente al reto de la autonomía. Barcelona, Icaria Antrazyt, 1998.

Page 81: ACTUALIZACIÓN DA ANÁLISE SOBRE A SITUACIÓN …igualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/infbols1.pdf · diálogo e de comprensión. Ás veces, e especialmente na