ainhoa: yo no soy esa 466 · comentoume que seu pai filmaba e que tiña material desde os anos 60...

2
466 AINHOA: YO NO SOY ESA [Carolina Astudillo Muñoz, 2018] PASE ÚNICO EN NUMAX: 14.12.2018 | V.O. Ainhoa: yo no soy esa (2018, 98’) Dirección: Carolina Astudillo Muñoz Guión: Carolina Astudillo Muñoz Participación: Patxi Juanicotena Mata, Esther Carrillo, Lluís Subirós Tiriti, David Roca Son: Alejandra Molina Montaxe: Ana Pfaff Música: Diego Mune, Bernardette Zeilinger Fotografía: David Domingo, Paola Lagos Produtora: Un Capricho De Producciones (España) Distribuidora: Un Capricho De Producciones Formato de proxección: DCP2K Idioma orixinal: Español sinopse Ainhoa Mata naceu no seo dunha familia que filmou, gravou e fotografou a súa vida cotiá durante moitos anos. Na adolescencia, comezou a escribir o que non quixo contar a ninguén. Os diarios, que conservou até a súa morte, describen unha muller distinta á que coñeceron os seus familiares e amigas e tamén revelan unha infinidade de temáticas relacionadas coa experiencia feminina. premios e festivais Málaga 2018 (Mellor Documental), DocumentaMadrid 2018 (Mención Especial do Xurado, Mellor Son) filmografía El gran vuelo, 2014 Deseo de civilización: Notas para El gran vuelo (2014) [curtametraxe] Lo indecible (2012) [curtametraxe] De monstruos y faldas (2008) [curtametraxe] «Astudillo arma un documental demoledor no que ispe tanto a esencia do seu personaxe como a propia» Ezequiel Boetti, OTROS CINES OS OLLOS VERDES 18/19 O CINEMA INÉDITO DE NUMAX Entrada gratuíta até completar aforo

Upload: others

Post on 09-Jul-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: AINHOA: YO NO SOY ESA 466 · comentoume que seu pai filmaba e que tiña material desde os anos 60 até os 90, en Super8 e 16 mm., e tamén centos de fotografías. O temor de Patxi

466AINHOA: YO NO SOY ESA[Carolina Astudillo Muñoz, 2018]

PASE ÚNICO EN NUMAX: 14.12.2018 | V.O.

Ainhoa: yo no soy esa (2018, 98’)Dirección: Carolina Astudillo MuñozGuión: Carolina Astudillo MuñozParticipación: Patxi Juanicotena Mata, Esther Carrillo, Lluís Subirós Tiriti, David Roca Son: Alejandra MolinaMontaxe: Ana PfaffMúsica: Diego Mune, Bernardette ZeilingerFotografía: David Domingo, Paola LagosProdutora: Un Capricho De Producciones (España)Distribuidora: Un Capricho De ProduccionesFormato de proxección: DCP2KIdioma orixinal: Español

sinopseAinhoa Mata naceu no seo dunha familia que filmou, gravou e fotografou a súa vida cotiá durante moitos anos. Na adolescencia, comezou a escribir o que non quixo contar a ninguén. Os diarios, que conservou até a súa morte, describen unha muller distinta á que coñeceron os seus familiares e amigas e tamén revelan unha infinidade de temáticas relacionadas coa experiencia feminina.

premios e festivaisMálaga 2018 (Mellor Documental), DocumentaMadrid 2018 (Mención Especial do Xurado, Mellor Son)

filmografíaEl gran vuelo, 2014Deseo de civilización: Notas para El gran vuelo (2014) [curtametraxe]Lo indecible (2012) [curtametraxe]De monstruos y faldas (2008) [curtametraxe]

«Astudillo arma un documental demoledor no que ispe tanto a esencia do seu personaxe como a propia»Ezequiel Boetti, OTROS CINES

OS OLLOS VERDES 18/19O CINEMA INÉDITO DE NUMAXEntrada gratuíta até completar aforo

Page 2: AINHOA: YO NO SOY ESA 466 · comentoume que seu pai filmaba e que tiña material desde os anos 60 até os 90, en Super8 e 16 mm., e tamén centos de fotografías. O temor de Patxi

AINHOA: YO NO SOY ESA[Carolina Astudillo Muñoz, 2018]

NUMAX, S. Coop. GalegaConcepción Arenal, 9 baixo15702 Santiago de Compostelatelf 981 560 250 | www.numax.org

OS OLLOS VERDES 18/19

O CINEMA INÉDITO DE NUMAX

“Os diarios de Ainhoa tratan os mesmo temas cós de Pizarnik, Sexton, Kahlo ou Plath” Entrevista con Carolina Astudillo Muñoz Por Alejandra Portela

Ter recibido o enorme material de arquivo que dá lugar ao filme debeu ser para un tesouro para ti. Como chegou ás túas mans? Conversando unha tarde, o meu amigo Patxi comentoume que seu pai filmaba e que tiña material desde os anos 60 até os 90, en Super8 e 16 mm., e tamén centos de fotografías. O temor de Patxi era que cando el morrese todo o material fose parar a un mercado ou a unha feira. Foi entón cando lle pedín que me trouxese o material. Tróuxomo cunha maleta e a súa historia familiar. Faloume da súa irmá Ainhoa, contoume que se suicidara, que escribía... Eu nese intre estaba a ler varios diarios de escritoras como Alejandra Pizarnik, Anne Sexton, Frida Kahlo e Sylvia Plath. Daquela pedinlle os diarios e aí decateime de que eran moi parecidos aos diarios destas mulleres. Por suposto que non se pode comparar o estilo, pero os temas que contaba Ainhoa eran os mesmos. Son temas que teñen a ver coas experiencias das mulleres, co desexo de seren nais, con ese momento en que non che vén a regra, coa maternidade, coa relación cos homes... Daquela decido comezar a escribir o guión, primeiro transcribindo os diarios de Ainhoa, subliñando os textos que se podían comparar cos das outras escritoras. A escrita do guión durou un ano e tiven que desbotar bastantes materiais.

Por momentos o traballo entre a voz e a imaxe parece fuxir do rexistro documental e entra nunha ficción típica de found footage. Foi adrede iso? Como traballaches a relación entre a túa voz, os testemuños e as imaxes de arquivo? E sobre todo que hai de documental e que hai de ficción no filme? O meu anterior filme, El gran vuelo (2014), sitúase na mesma liña que Ainhoa, podes entrar na historia

de Clara Pueyo a través do relato de ficción aínda que ela foi unha persoa real. O traballar con imaxes atopadas sempre che permite unha especulación e aí podería falarse dunha ficción, pero en xeral mesmo a xente que filma documentais observacionais tamén fai postas en escena. En todo caso non lle dou moita importancia á diferenza entra ficción e non ficción. Con respecto ás voces testemuñais eu entrevistei a moitos amigos de Ainhoa e decidín elixir os máis importantes: Tiriti, Ester e o seu irmán. Sempre pensei que non iamos ver a estas persoas, que era mellor poder escoitalas.

Que autores ou filmes che serviron para facer Ainhoa: yo no soy esa? O meu director preferido é Chris Marker, gústame como traballa o texto e como traballa as imaxes. Os seus textos son verdadeiros ensaios que van pasando dun tema a outro. Tamén Péter Forgács, Agnès Varda e Alina Marazzi.

A identificación que estableces ao principio do filme cando falas das ditaduras de Chile e de España abría outros camiños que finalmente non desenvolviches. Cal foi a intención desa primeira idea? En realidade esa comparación podería abrir un camiño que non desenvolvín no filme. De política non se fala directamente, dise que nacemos en ditadura, que vivimos en distintos países de maneira similar, pero máis que centrarme na situación política quixen facer unha comparación a nivel persoal, con esta idea de que o persoal é político. A coincidencia do seu aborto e o meu, a dificultade de tomar esa decisión... coido que aí reside o político do filme.

Que significou para ti facer este documental? Para min foi un enorme traballo non só a nivel cinematográfico senón tamén emocional. Nese sentido é unha obra que me removeu máis que o meu anterior filme, El gran vuelo (2014). Aínda que me acheguei moito ao personaxe de Clara Pueyo, lendo as súas cartas e textos políticos, sentime máis preto de Ainhoa e alégrome que ao filme lle estea a ir ben porque foi un traballo moi solitario.

Que foi de todo o material orixinal. Volveu á súa familia? Eu teño os brutos orixinais e Patxi quedou cunha copia dixital dos arquivos.

Publicado en http://leedor.com/Tradución: Xan Gómez Viñas

carolina astudillo muñozNacida en Santiago de Chile en 1975, Astudillo diplómase en Estudos de Cinema na Universidade Católica de Chile para logo cursar un Máster en Documental Creativo na Universitat Autònoma de Barcelona. Tanto o seu traballo investigador como cinematográfico e literario atopa como eixo vertebrador o pensamento político da muller ao longo da Historia. Entre as súas primeiras obras atópanse De monstruos y faldas (2008), Lo indecible (2012) e Deseo de civilización: Notas para El gran vuelo (2014) premiada en festivais como Mar del Plata, Jihlava, Málaga ou Biarritz. En 2014 Astudillo Muñoz asina El gran vuelo, suxestiva evocación da historia da militante do Partido Comunista Clara Pueyo Jornet que tivo a súa estrea en NUMAX tras gañar a Biznaga de Prata ao Mellor Documental en Málaga e o Premio Feroz ao Mellor Documental. A relación do seu cinema co documental de arquivo ten a súa continuación na excelente Ainhoa: yo no soy esa, gañadora de novo ao Mellor Documental en Málaga e Mellor Son e Mención Especial do Xurado en DocumentaMadrid 2018.

os ollos verdesO programa Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX proxecta obras recentes que non foron estreadas comercialmente en España. Filmes que procuran novas formas e linguaxes para o cinema e cuxa calidade vén refrendada cos premios e seleccións en festivais de relevancia internacional.Os ollos verdes conta ademais co apoio do Concello de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela, o que permite o acceso gratuíto até completar aforo a todas as sesións e a posibilidade de acadar 1 crédito ECTS para o estudantado da USC que acoda a un mínimo de 12 sesións ao longo do curso 2018/2019 e realice un traballo á conclusión. Máis información en [email protected]

na libraría numax

Diarios completos, Sylvia Plath Alba Editorial, 2016 Diarios, Alejandra Pizarnik. Lumen, 2013El diario de Frida Kahlo, Carlos Fuentes RM Verlag, 2009Poesía completa, Anne Sexton. Linteo, 2013