1912-2012 centenario da anexión do concello de santa maría de oza
Post on 21-Apr-2017
43 Views
Preview:
TRANSCRIPT
1912-2012 CENTENARIO DA ANEXIÓN DE SANTA MARÍA DE OZA
Alejandro FerrantVista da Coruña (1891)
Museo de Belas Artes
A anexión de Santa María de Oza
«A todos os que a presente veren e entenderen, sabede: que as Cortes decretaron e Nós sancionado o seguinte:
Artigo 1º. Agrégase ao termo municipal da Coruña (sic) o de Santa María de Oza».
Isto dicía o 13 de xullo de 1912 a Gaceta de Madrid (agora Boletín Oficial do Estado) nun texto datado dous días antes e encabezado por «Don Alfonso XIII pola graza de Deus e a Constitución, Rei de España».
Era a anexión doutra Oza, a de Santa María , engulida hai agora cen anos pola Coruña que entón tiña 8 quilómetros cadrados, tres veces menos que os 24 de Santa María de Oza.
A porcentaxe era notablemente inverso na poboación, con case 50.000 veciños coruñeses fronte a uns 9.000 residentes de Oza.
Censo oficial do ano 1910 Habitantes de dereito
Parroquia de Sta. María de OzaParroquia de S. Vicente de ElviñaParroquia de S. Cristovo das ViñasParroquia de S. Pedro de Visma
Total do concello de Sta. María de Oza
1.9692.9552.8311.639
9.434
Total do concello de A Coruña 49.290
A Coruña pasou o día 1-10-1912 a tersegundo o censo de poboación
58.724Fte. INE
Ata 1912 o barrio de Elviña non pertencía ao concello de A Coruña. Este espazo e a gran maioría do territorio que actualmente ocupa pertenecían ao concello de Oza que comprendía as actuais parroquias de San Pedro de Visma, San Cristovo das Viñas, San Vicente de Elviña e Santa María de Oza.
Croquis ondese pode observar
a extensión e límitesdos dous concellos.No de Oza sinálanse
A súa división en parroquiasFte. Wikipedia
Plano da Coruña 1912momento en que se
producíu a anexión de Oza
A maioría do territoriodo concello de A
Coruña pertencía a Sta. María de Oza
Fte. IGN
Con aquela decisión das Cortes concluía un longo e polémico proceso de fusión de máis de dúas décadas entre un municipio urbano, como o coruñés, e outro rural onde a poboación dedicábase á agricultura e a gandería, é a horta do Concello da Coruña.
Límites aproximadosentre A Coruña e Oza.
fixado en 1890Fte. IGN
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
A división administrativa do Estado en concellos e provincias nace no século XIX.
Desde mediados dese século apenas houbo variación no número de concellos (97 concellos na provincia coruñesa en 1849 a 94 na actualidade) (ver cadro adxunto)
Aínda que non estaban claros os límites administrativos.
Nº Concellos galegos desde a súa creación ata a actualidadeProvincia Partido xudicial 1821 1834 1849 1994
A Coruña
Melide/Arzúa 17 10 10 10
Betanzos 14 10 10 10
Sísamo/Carballo 9 7 7 7
Vimianzo/Corcubión 14 8 8 8
A Coruña 6 7 7 6
Ferrol 19 8 8 7
Outes/Muros 14 4 4 4
Sar/Negreira 8 5 5 5
Noia 21 7 6 6
Poulo/Ordes 9 8 8 8
Ortigueira 19 8 5 6
Padrón 12 5 5 5
Pontedeume 11 9 9 9
Santiago 7 5 5 3
TOTAL 180 101 97 94
Lugo TOTAL 134 90 64 67
Ourense TOTAL 175 95 95 92
Pontevedra TOTAL 147 63 68 62
Galiza TOTAL 636 349 324 315
Elaboración propia sobre datos de X.R. Barreiro (1992) e B. López Morán (1994)
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
Houbo que esperar ata o ano 1889 para darlle unha solución.
Ese ano a Rexente, María Cristina (viúva de Afonso XII) na compaña do ministro de gobernación, Venancio González firman, en San Sebastián un Real Decreto por medio do cal establécese a obrigatoriedade de que tódolos concellos españois sinalaran os seus lindeiros.
Indicador da estradaA Coruña-Morás
situado no Birloque
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
Os marcos tiñan que ser de pedra labrada e ben chantados na terra. Desde cada un deberá ollarse o seguinte e, todos eles, terán fácil acceso para ás comprobacións en caso de dúbidas.
Os lindeiros do concello de Santa María de Oza foron establecidos de acordo co disposto no anterior Decreto, estaban situados da seguinte maneira:
1930. Ponte da Pasaxe
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
Pola banda de afora son case os mesmos que hoxe delimitan o actual concello de A Coruña cos seus veciños de Oleiros, Culleredo e Arteixo.
Pola banda de dentro, ou sexa entre Santa María de Oza e A Coruña (véxase plano anterior) foron fixados mediante cuarenta e seis marcos de pedra labrados e chantados na superficie.
A descripción que vén a partir de agora sirve para establecer cales eran os límites entre estes dous concellos veciños.
Exemplo de marco que establece os límites
administrativos ou de propiedade
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
Para facer esta delimitación o día 21 de xullo de 1890, constituíse enriba da ponte de Monelos unha Comisión formada por membros de ámbalas dúas corporacións municipais e mailos peritos. A Comisión da Coruña estaba encabezada polo Alcalde Marchesi Dalmau e a de Santa María de Oza polo seu que era José Sánchez Seoane. Acordaron escomenzar a partilla por San Roque de Afora e fixeron o itinerario seguinte:
1912. Ponte da Pasaxe
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
O marco primeiro o colocaron na praia de San Roque de Afora e na mesma desembocadura do regato. Seguiron o regeiro arriba, deixando ó mesmo de fronteira, ata chegar á pontiña da estrada que vai ós fortes de san Pedro. Dende este novo marco a liña divisoria arrinca cara o Monte de Santa Margarida, deixando Peruleiro en A Coruña e A Gramela en Oza. Seguen facendo diferentes currunchos pola Agra do Orzán arriba ata acadar a estrada de A Coruña a Fisterra e cruzan a mesma chantando un marco en cada un dos dous foxos da mesma, deixando o Ventorrillo en Oza e Santa Margarida en A Coruña. Seguen cos marcos cara ó Borrallón deixando no concello de Oza os lugares de Enfesta, Outeiro, Borrallón e Vioño. Adxudicaron ó concello de A Coruña os lugares de Nelle maila Coiramia.
Cala de San Roque de Aforaonde se iniciou o deslinde en 1890
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
Despois a liña divisoria vai frente a ponte de Monelos, cruzando a estrada de A Coruña ós Baños de Arteixo no lugar do Espiño deixa parte deste lugar en Oza e o resto no territorio, mailas vivendas, no municipio coruñés. Acada o campo da Victoria deixando ás vivendas deste rueiro no territorio coruñés. Seguidamente os marcos forman unha fileira cara as Laxes de Orro ata acadar a muralla da Granxa Agrícola e percorren esta deica chegar a cabeceira que da fronte a Ponte da Pedra. Dende esta esquina xira noventa graos deica chegar ao río Monelos.
Rúa Río Monelospor debaixo vai este
canalizado. Servía de linde entre Oza e A Coruña
na zona da Gaiteira
Areal de San Diegoonde desemboca o río Monelos
Fotografía de Alberto Martí (1950)
Os límites entre Santa María de Oza e A Coruña
Dende este punto o río Monelos fai fronteira entre os dous concellos ata chegar a súa desembocadura na praia de San Diego. Polo tanto a Granxa Agrícola queda dividida unha parta da mesma en cada concello. Deixa no concello de Oza os lugares de Muíños, Monelos, Cubela e A Gaiteira e no da Coruña: Castaños, Campos da Victoria, rúa de Cabaleiros e curralóns de Catro Camiños.
Estes lindeiros municipais tiveron unha vixencia de 22 anos, pois no ano 1912 quedaron anulados pola anexión de Santa María de Oza pola Coruña.
1907. Corralón da Gaiteira.Festexos da CoruñaFotografía de Pedro Ferrer
Conflitos entre veciños A desaparición de Santa María de Oza, débese
fundamentalmente á presión da clase dirixente comercial e industrial coruñesa que precisaba de espazo para extender a súa actividade económica. Principalmente na parroquia de Oza e polo lado de Catro Camiños e a Gaiteira onde se desenvolvía a actividade industrial, portuaria e ferroviaria da localidade.
Por outro lado, a expansión demográfica de A Coruña necesitaba de novos ensanches urbanos para extender este crecemento.
DARSENADE
INDIASFábrica Tabacos
Illa de xudeus
San DiegoRefinería de petróleoCorralónGaiteira
Rúa Gaiteira
Límite entre Santa María de Oza
e A Coruña
Conflitos entre veciños Os últimos anos do século XIX e comezos do XX,
no concello de Oza foron un continuo problema co cesamento de cargos e inspeccións administrativas.
En 1884 despois dunha inspección fiscal, o Goberno Civil suspende as actividades do concello por irregularidades. Isto levou ao abandono administrativo, á falta de recadación de tributos entre os veciños e ás débedas con facenda e outros organismos por valor de máis de 54.000 pesetas, moito diñeiro nestas datas.
Fonte no parque de Oza
Conflitos entre veciños Os últimos anos do século XIX e comezos do XX,
no concello de Oza foron un continuo problema co cesamento de cargos e inspeccións administrativas.
En 1884 despois dunha inspección fiscal, o Goberno Civil suspende as actividades do concello por irregularidades. Isto levou ao abandono administrativo, á falta de recadación de tributos entre os veciños e ás débedas con facenda e outros organismos por valor de máis de 54.000 pesetas, moito diñeiro nestas datas.
Conflitos entre veciños En 1887 agrávase a situación. As elección municipais
son declaradas núlas polo gobernador civil. É inhabilitado e destituído o goberno municipal e nomeado un novo alcalde interino. Durante este tempo a casa consitorial cambia de ubicación varias veces, desaparece documentación de bens e aproveitando isto o concello de A Coruña cambia os marcos dos lindes na zona da Palloza, dando lugar a unha posterior denuncia efectuada polo párroco Lino Mª Ferreiro. Foi resolta a favor de A Coruña e a Palloza e os terreos colindantes aparecerán a nome do Sr. Marchesi Dalmau. Aquí instalarase a refinería da que era un dos seus propietarios.
Plano da Granxa Agrícola e imaxe de Monelos
Conflitos entre veciños En 1890, seis anos despois, Oza recupera
a corporación e salda débedas vendendo bens municipais. É, por outro lado, o momento en que se fixa o linde definitivo.
En 1907 trasládase o concello ao lugar da Moura (hoxe Avda. Fisterra). Ante as protestas veciñas alúgase un edificio no Montiño hoxe rúa Montes, para fixar a sé municipal. Este edificio existe aínda en ruínas.
Vista da zona de Monelos
Conflitos entre veciños En 1890, seis anos despois, Oza recupera
a corporación e salda débedas vendendo bens municipais. É, por outro lado, o momento en que se fixa o linde definitivo.
En 1907 trasládase o concello ao lugar da Moura (hoxe Avda. Fisterra). Ante as protestas veciñas alúgase un edificio no Montiño hoxe rúa Montes, para fixar a sé municipal. Este edificio existe aínda en ruínas.
Vista de Eirís
Conflitos entre veciños
Aproveitando o descontento existente polo cambio de ubicación do concello, os industriais promoven e con grande número de firmas solicitan a anexión da parroquia de Sta. María de Oza á Coruña.
Foi desautorizada dende Madrid, xa que das catro parroquias que forman o concello é a única que xeraba ingresos.
Vista de Visma
Conflitos entre veciños En 1909 o movemento pro-anexión de Oza insta
á alcaldía a levalo a cabo. A Coruña toma como exemplo a experiencia da
cidade de Vigo, xa que acababa de anexionar o concello de Bouzas. A corporación solicitou a documentación que tramitara o concello vigués para proceder dun modo semllante. Tamén en Madrid personaxes, como o deputado e editor xornalístico Fernández Latorre, buscaba apoios e influencias no senado e goberno para conseguir o obxectivo de anexión.
Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexiónXoán Rodríguez PazXoán Rodríguez Paz
Último alcalde de Oza. Médico de profesión. representante do partido liberal e monárquico. Contrario ao proceso de anexión.
Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexiónXosé Folla YordiXosé Folla Yordi
Alcalde de A Coruña, Elixido tras as eleccións de 1910 é único representatne do partido liberal na corporación e nomeado como consecuencia do enfrontamento entre conservadores e republicanos nesta. dimite en agosto de 1912 xusto cando se produce a anexión de Oza.
Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexiónXosé Martínez FontenlaXosé Martínez Fontenla
Alcalde accidental de A Coruña no momento da anexión. Republicano, primo do alcalde de Oza, preside xunto a este os actos de anexión.
Personaxes durante a anexiónPersonaxes durante a anexiónXoán Fernández LatorreXoán Fernández Latorre
Deputado en Cortes e gran partidario e promotor da anexión de Oza. Fundador de La Voz de Galicia, que funcionaba como unha gaceta a favor da anexión.Fallece ese mesmo ano sen ser protagonista do acontecemento.
Banquete de celebración da fusión-anexión do concello de Santa María de Oza. O acto realizouse no desaparecido teatro Circo Emilia Pardo Bazán
Gravado da Torre de Hércules e selo do Concello de Santa María de Oza
Nas eleccións municipais de 1913, promóvese unha candidatura a favor dos intereses de Oza da que saíra elixido o exalcalde Xoán Rodríguez Paz como concelleiro de A Coruña
As parroquias do antigo concello de Oza: San Vicenzo de Elviña, Santa María de Oza, San Pedro de Visma e San Cristovo das Viñas
MEMORIA FOTOGRÁFICA
Imaxe de A Coruña desde o Montiño. Fotografía Hauser e Manet
Imaxe de A Coruña desde o Montiño. Fotografía de Pedro Ferrer
Imaxe de A Coruña desde o Montiño. 1926-1928
Castelo de San Diego derruído en 1960 para ampliación do porto industrial
Corralón da Gaiteira. 24/08/1907. Partido do Deportivo da Sala Calvet, denominación de entón do equipo coruñés, e o Pontevedra Sporting Club. Un ano despois de constituírse o club. O encontro celebrouse neste corralón (cando Riazor non existía) formou parte do Campeonato de Galiza e Asturias. Gañou o Pontevedra por 1-2. Neste torneo tamén participou o Fortuna de Vigo, xerme do actual Celta.. Fotografía de Pedro Ferrer
1907. Corralón da Gaiteira.Fotografía de Pedro Ferrer
1907. Corralón da Gaiteira.Carreira Ciclista. Festexos da CoruñaFotografía de Pedro Ferrer
Corralón da Gaiteira. Torneo automobilístico.Festas da CoruñaFotografía de Pedro Ferrer
1907. Corralón da Gaiteira.Festexos da CoruñaFotografía de Pedro Ferrer
1907. Estación do Norte. Rúa AlcabaleirosFotografía de Pedro Ferrer
1950. Estación do Norte. A Cubela
1970.A Cubela, Foto Blanco
Os Castros. Anos vinte
Unha Quinta nos Castros. Anos vinte
Faro de Oza
Capela de Oza
1912. Sanatorio Marítimo de Oza
Lazareto de Oza, 1918. ARG
Sanatorio de Oza, 1920, Pedro Ferrer
Xardín do Santarorio Marítimo de Oza. 1920
Sanatorio de Oza. 1920
Sanatorio e praia de Oza, 1935, ARG
Praia de Oza, 1957. Foto Blanco
Praia de Oza na actualidade
Escola de Fisioterapia.Antigo sanatorio
Hospital de Oza.Actualidade
Xardíns de OzaActualidade
Santa Cristina Ponte da Pasaxe
As Xubias
A Pasaxe, 1916. ARG
As Xubias, 1936, ARG
1960. Casablanca, As Xubias
1930. As Xubias
As Xubias
As Xubias
1920. Ponte da Pasaxe
Monelos
Avda. de Monelosna actualidade
Avda. de Monelos,1967
Monelos
Monelos
Parque de Oza
Parque de Oza
Parque de Oza
Avda. de Alfonso Molina1960. Atravesando A Granxa
Elviña, 1959
Elviña, 1972
Fábrica de Armas e Palavea, 1966
Campus de Elviña
Campus de Elviña
Palavea, 1920
Palavea
Castro de Elviña
Castro de Elviña
Castro de Elviña
Castro de Elviña
Eirís
A Silva
A Silva
Resto do Muíño da Gramelano parque de Santa Margarida.Foron trasladados en 1983 aoabrír a rúa Alcalde Lens coa intenciónde restauralos
O río Mesoirocanalizado pola zona
de Someso
Someso
Mesoiro
Feáns
San Pedro de Visma
Vista do Monte San Pedrodesde Riazor
Labañou
Eirís
Eirís
A Silva
San Roque, 1929. ARG
Cidade Escolar, 1972
San Roque
San Roque
San Roque
San Roque
Vioño
Vioño
Vioño
Vioño
Vioño
Peruleiro
San Pedro de Visma
San Pedro de Visma
San Pedro de Visma
San Pedro de Visma
O Portiño
O Portiño
Agra do Orzán
top related