29 domingo tob 2015 bene pagola

Post on 14-Apr-2017

166 Views

Category:

Spiritual

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

18 outubro 201529º Tempo Ordinario

Marcos 10, 35-45

José Antonio PagolaPresentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraz:D.AmundarainMúsica: Befrida-Solo tú

Nada disoentre nós

Camiño de Xerusalén, Xesús vai advertindo os seus discípulos do destino

doloroso que lles espera a el e aos que sigan os seus pasos.

A inconsciencia dos que o acompañan é incrible.

Aínda hoxe se segue repetindo.

Santiago e Xoán, os fillos do Zebedeo, sepáranse do grupo e achéganse eles sós a Xesús.

Non necesitan dos demais. Queren facerse cos postos máis privilexiados

e ser os primeiros no proxecto de Xesús, tal como eles o imaxinan.

A súa petición non é unha súplica senón unha ridícula ambición:

«Queremos que fagas o que che imos pedir». Queren que Xesús os poña por enriba

dos demais.

Xesús parece sorprendido. «Non sabedes o que pedides».

Non lle entenderon nada. Con paciencia grande invítaos a que se pregunten se son capaces de

compartir o seu destino doloroso.

Cando se decatan do que ocorre os

outros dez discípulos, anóxanse contra Santiago

e Xoán. Tamén eles teñen as mesmas aspiracións. A ambición divídeos e

enfróntaos.

A busca de honores e protagonismos interesados rompe sempre a comuñón da comunidade cristiá. Tamén hoxe.

Que pode haber máis contrario a Xesús e ao seu proxecto de servir á liberación da xente?

O feito é tan grave que Xesús «xúntaos» para deixar claro cal é a actitude que ha de

caracterizar sempre os seus seguidores. Coñecen sobradamente como actúan os romanos,

«xefes dos pobos» e «grandes» da terra: tiranizan a xente, sométena e fanlles sentir

a todos o peso do seu poder. Pois ben, «vós nada diso».

Entre os seus seguidores, todo ha ser diferente: ««O que queira ser grande, sexa o voso servidor; e o que O que queira ser grande, sexa o voso servidor; e o que

queira ser primeiro, sexa escravo de todosqueira ser primeiro, sexa escravo de todos».». A grandeza non se mide polo poder que se ten, o rango

que se ocupa ou os títulos que se ostentan.

Quen ambiciona estas cousas, na Igrexa de Xesús, non se Quen ambiciona estas cousas, na Igrexa de Xesús, non se fai máis grande senónfai máis grande senón

máis insignificante e ridículo.máis insignificante e ridículo. En realidade, é un estorbo para promover o estilo de vida En realidade, é un estorbo para promover o estilo de vida

querido polo Crucificado. querido polo Crucificado. Fáltalle un trazo básico para ser seguidor de Xesús.Fáltalle un trazo básico para ser seguidor de Xesús.

Na Igrexa todos temos que ser servidores. Temos que colocarnos na comunidade cristiá, non desde arriba, desde a superioridade, o poder ou o protagonismo

interesado, senón desde abaixo, desde a dispoñibilidade, o servizo e a axuda aos demais.

O noso exemplo é Xesús. Non viviu nunca

«para ser servido, senón para servir».

Este é o mellor e máis admirable resumo do que foi

El: servizo a todosservizo a todos.. 

 NADA DISO ENTRE NÓS Camiño de Xerusalén, Xesús vai advertindo aos seus discípulos do destino doloroso que lles

espera a el e aos que sigan os seus pasos. A inconsciencia dos que o acompañan é incrible. Aínda hoxe se segue repetindo.

Santiago e Xoán, os fillos do Zebedeo, sepáranse do grupo e achéganse eles sós a Xesús. Non necesitan dos demais. Queren facerse cos postos máis privilexiados e ser os primeiros no proxecto de Xesús, tal como eles o imaxinan. A súa petición non é unha súplica senón unha ridícula ambición: «Queremos que fagas o que che imos pedir». Queren que Xesús os poña por enriba dos demais.

Xesús parece sorprendido. «Non sabedes o que pedides». Non lle entenderon nada. Con paciencia grande invítaos a que se pregunten se son capaces de compartir o seu destino doloroso. Cando se decatan do que ocorre os outros dez discípulos, anóxanse contra Santiago e Xoán. Tamén eles teñen as mesmas aspiracións. A ambición divídeos e enfróntaos. A busca de honores e protagonismos interesados rompe sempre a comuñón da comunidade cristiá. Tamén hoxe. Que pode haber máis contrario a Xesús e ao seu proxecto de servir á liberación da xente?

O feito é tan grave que Xesús «xúntaos» para deixar claro cal é a actitude que ha caracterizar sempre os seus seguidores. Coñecen sobradamente como actúan os romanos, «xefes dos pobos» e «grandes» da terra: tiranizan a xente, sométena e fanlles sentir a todos o peso do seu poder. Pois ben, «vós nada diso».

Entre os seus seguidores, todo ha ser diferente: «O que queira ser grande, sexa o voso servidor; e o que queira ser primeiro, sexa escravo de todos». A grandeza non se mide polo poder que se ten, o rango que se ocupa ou os títulos que se ostentan. Quen ambiciona estas cousas, na Igrexa de Xesús, non se fai máis grande senón máis insignificante e ridículo. En realidade, é un estorbo para promover o estilo de vida querido polo Crucificado. Fáltalle un trazo básico para ser seguidor de Xesús.

Na Igrexa todos temos que ser servidores. Témonos que colocar na comunidade cristiá, non desde arriba, desde a superioridade, o poder ou o protagonismo interesado, senón desde abaixo, desde a dispoñibilidade, o servizo e a axuda aos demais. O noso exemplo é Xesús. Non viviu nunca «para ser servido, senón para servir». Este é o mellor e máis admirable resumo do que foi El: servizo a todos. José Antonio Pagola

top related