2º domingo tob 2018 bene pagola

Post on 21-Jan-2018

29 Views

Category:

Spiritual

3 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

 Naquel tempo, estaba Xoán con dous dos seus discípulos e, fixándose en 

Xesús que pasaba, dixo:- «Este é o Año de Deus.»

Os dous discípulos oíron as súas palabras e seguiron a Xesús. 

Xesús volveuse e, ao ver que o seguían, pregúntalles:

- «Que buscades?»Eles contestáronlle:

-«Rabí (que significa Mestre), -onde vives?»El díxolles:

-«Vinde e veredes.»-Entón foron, viron onde vivía e  

quedaron con o aquel día; serían as catro da tarde.

Andrés, irmán de Simón Pedro, era un dos dous que oíron a Xoán e seguiron a Xesús; encontra 

primeiro a seu irmán Simón e dille:- «Encontramos o Mesías (que 

significa Cristo).»E levouno a Xesús. Xesús 

quedóuselle mirando e díxolle:- «Ti es Simón, o fillo de Xoán; ti  chamaraste Cefas (que se traduce 

Pedro).»

T.Ordinario 2º dom (B)

Viron onde vivía e quedaron con el.

Lectura do santo evanxeo segundo san Xoán 1, 35-42

clic

Presentac ión: B. Areskurr inaga HCEuskaraz: D. Amundarain.Musika:Albinoni, Concier to nº 10

14-01-18Domingo 2º Tempo ordinario –B

(Xoán 1, 35-42)

José Antonio Pagola

QUE BUSCAMOS!

As primeiras palabras que

Xesús pronuncia no evanxeo de

Xoán déixannos desconcertados,

porque van ao fondo e tocan as

raíces mesmas da nosa vida.

A dous discípulos do Bautista que

comezan a seguilo Xesús dilles:

«Que buscades?».

Non é fácil responder a esta pregunta sinxela, directa,

fundamental, desde o interior dunha cultura «cerrada» como a nosa, que parece preocuparse só dos medios, esquecendo sempre o fin último de

todo. Que é o que buscamos

exactamente?

Para algúns, a vida é «un gran Para algúns, a vida é «un gran supermercado» (D. Sölle), e o único que lles supermercado» (D. Sölle), e o único que lles interesa é adquirir obxectos cos que poder

consolar un poco a súa existencia. Outros o que buscan é escapar da enfermidade, a soidade, a tristeza,

os conflitos ou o medo. Pero escapar, cara a onde?, cara a quen?

Outros xa non poden máis. O que queren é que os deixen

sos. Esquecer os demais e ser

esquecidos por todos. Non preocuparse por ninguén e que ninguén se preocupe deles.

A maioría buscamos sinxelemente cubrir as nosas necesidades diarias e seguir loitando por ver

cumpridos os nosos pequenos desexos. Pero, aínda que todos eles se cumprisen,

quedaría o noso corazón satisfeito? Teríase apaciguado a nosa sede de consolo,

liberación e felicidade plena?

No fondo, non andamos os seres humanos buscando algo máis que unha simple mellora da nosa situación?

Non arelamos algo que, certamente,

non podemos esperar de ningún proxecto político

ou social?

Dise que os homes e

mulleres de hoxe

esquecéronse de Deus.

Mais a verdade Mais a verdade é que, cando un é que, cando un ser humano se ser humano se interroga cun interroga cun

pouco de pouco de honradez, honradez,

non lle é fácil non lle é fácil borrar borrar do seu

corazón «a saudade do

infinito».

Quen son eu? Un ser minúsculo, xurdido por azar nunha parcela ínfima de espazo e de tempo, botado á vida para desaparecer

decontado na nada, de onde se me sacou sen razón ningunha e só para sufrir? Iso é todo?

Non hai nada máis?

O máis honrado que pode facer o ser humano é «buscar».

Non pechar ningunha porta. Non desbotar ningunha chamada.

Buscar a Deus, tal vez co último resto das súas forzas e da súa fe.

Tal vez desde a mediocridade, a angustia ou o desalento.

Deus non xoga ás agachadas nin se esconde de quen o busca con sinceridade.

Deus está xa no interior mesmo desa busca. Máis aínda. Deus déixase encontrar incluso

polos que apenas o buscamos.

Así di o Señor no libro de Isaías: Así di o Señor no libro de Isaías: «Eu deixeime encontrar polos que«Eu deixeime encontrar polos que

non preguntaban por min. non preguntaban por min. Deixeime atopar polos queDeixeime atopar polos que

non me buscaban. non me buscaban. Dixen: Dixen: “Aquí estou, aquí estou”» “Aquí estou, aquí estou”» ((Isaías 65,1-Isaías 65,1-

2).2).

top related