a idade moderna (séculos xv a xviii) cambios demográficos … · 2020-02-16 · a idade moderna...
Post on 26-Apr-2020
6 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A Idade Moderna (séculos XV a XVIII)
cambios
demográficos
xeográficos políticos económicos sociais ideolóxicos relixiosos
artísticos
aumento da poboación Renacemento (XV-XVI) Barroco (XVII)
capitalismo comercial
auxe da burguesía
monarquía autoritaria (XVI) monarquía absoluta (XVII)
os grandes descubrimentos ampliación do mundo coñecido
Humanismo Recuperación da cultura clásica
Reforma Contrarreforma
A Idade Moderna
a Imperio
español
S de América do N
e América Central
México, Guatemala, O Salvador, Belice, Honduras, Nicaragua,
Costa Rica, Panamá, Illas do mar Caribe
A maior parte de
América do Sur
Colombia, Venezuela, Güiana, Surinam, Güiana Francesa,
Ecuador, Bolivia, Perú, Paraguai, N Chile, Uruguai, N Arxentina
Norte e centro de
Europa
Flandres (Países Baixos Bélxica, Luxemburgo) Alemaña, Norte
e Sur de Italia, Austria, Hungría
b Portugal
América do Sur: Brasil
colonias na costa de África Cabo Verde, Ghana, Angola, Mozambique
colonias na costa de Asia Goa en India, Malaca en Malasia, Macau en China...
c Imperio
otomán
Surleste de Europa Croacia, Bosnia-Herzegovina, Serbia, Montenegro, Albania,
Macedonia, Grecia, Bulgaria...
Oeste de Asia Turquía, Siria, Líbano, Israel, Xordania, Iraq
Norte de África Exipto, Libia, Tunisia, Alxeria
d
Rutas
marítimas
Comunicaban España e Portugal coas súas colonias en América, África e Asia.
Atravesaban os océanos Atlántico, Índico e Pacífico
Rutas
terrestres
Comunicaban o Extremo Oriente (China) co Leste de Europa, o Oeste de Asia e o
Sudán (S Exipto e N de Sudán).
Atravesaban todo o continente asiático
1.- A recuperación económica do século XV.
crecemento
demográfico
causas
consecuencias
desaparición das grandes epidemias (Peste Negra)
aumento da natalidade
aumento da demanda de alimentos incremento da superficie cultivada
aumento da produción agraria excedentes
estimulou a actividade comercial revitalizou as rutas
- terrestres: rutas europeas, ruta das especias...
- marítimas: do Mediterráneo, do mar do Norte, do Báltico, de Oriente...
consecuencias
do desenvolvemento
comercial
incremento da produción artesanal
crecemento das cidades portuarias
as necesidades de capital
auxe da Banca
desenvolvemento dos instrumentos financeiros
(letras de cambio)
aumento da circulación de moeda
explotación das minas de prata
especialistas na xestión do diñeiro:
prestamistas, cambiadores e banqueiros
os cambios
económicos enriquecemento da burguesía
baseaba a súa riqueza na posesión de capital, que investía
en actividades produtivas (comercio, artesanía...)
desenvolvemento do capitalismo comercial
Mapa de Europa no século XV
2.- O Humanismo.
Pensamento medieval Humanismo
Teocentrismo: Deus é o centro do universo Antropocentrismo: o ser humano é o centro do
universo
As fontes do coñecemento son a fe e a tradición
(verdades reveladas na Biblia)
As fontes do coñecemento son a razón
(reflexión) e a investigación (experiencia)
Xeocentrismo: a Terra é o centro do universo e
os demais astros xiran ao seu redor
Heliocentrismo: o sol é o centro do universo e a
Terra xira ao seu redor.
Rexeitamento da Antigüidade clásica Inspiración na cultura grecolatina.
Revalorización dos grandes autores clásicos
Latín como lingua de cultura e de ciencia Utilización das linguas vernáculas como vehículo
de transmisión cultural
Centros de coñecemento: mosteiros, centros
episcopais e Universidades
Centros de coñecemento: as Academias e as
Universidades
Os coñecementos consérvanse nos manuscritos Os coñecementos transmítense mediante a
imprenta
3.- A Reforma relixiosa.
que é? movemento relixioso que criticou a situación da Igrexa e propuxo unha nova relixiosidade
cando xurdiu? no século XVI, en Alemaña
causas
malestar social
ante a situación
da Igrexa católica
luxo esaxerado en que vivía a alta xerarquía (papas, bispos, abades...)
escasa cultura do clero: mínima ou nula formación intelectual
relaxación dos costumes e da moral do clero: nicolaísmo, nepotismo...
compravenda de bens e cargos eclesiásticos (simonía)
venda de bulas e indulxencias para obter o perdón dos pecados
bula: documento relixioso emitido polo papa que liberaba de cumprir determinados
preceptos relixiosos (como o xaxún) ou concedía o perdón dos pecados
indulxencia: documento relixioso emitido polo papa que concedía aos fieis o perdón
total ou parcial das penas do purgatorio debidas polos pecados, a cambio de facer
obras de penitencia (orar, dar esmola...) e arrepentirse
feito concreto
venda de novas indulxencias polo papa León X, para costear a construción da igrexa de San
Pedro no Vaticano (1515) ⟹ crítica de Martiño Lutero: publica as 95 teses (1517)
95 teses: escrito no que Lutero criticaba determinados aspectos da doutrina católica: negaba o valor das
indulxencias e o poder da Igrexa para concedelas, e propoñía unha nova relixiosidade.
principais
doutrinas
Luteranismo: Martiño Lutero en Alemaña (a partir de 1517)
Anglicanismo: o rei Henrique VIII en Inglaterra (a partir de 1534)
Calvinismo: Xoán Calvino en Suíza (a partir de 1536)
Fragmento de As 95 teses. Martiño Lutero, 1517.
O Papa non pretende nin pode perdoar pena algunha fóra das impostas por el ou polo dereito canónico.
Erran, polo tanto, aqueles predicadores que din que polas indulxencias papais o home queda libre de toda
pena e se salva.
Lutero critica a venda indiscriminada de indulxencias por parte da Igrexa: afirma que o Papa non ten poder
para perdoar as penas do purgatorio, polo que a predicación das indulxencias era un fraude para os fieis.
(...) Os homes non poden xustificarse ante Deus polos seus propios medios ou obras: pero xustifícanse polo
amor de Cristo a través da fe.
Este parágrafo enuncia a tese luterana da xustificación pola fe.
O home non é libre para salvarse ou condenarse, senón que se salva porque Deus quere, sen que poida
facer nada para conseguir a salvación polos seus propios méritos: o pecado orixinal corrompe o home e o
inclina ao mal; o home só se salva pola fe en Deus, e non polas súas obras.
No sacramento da penitencia e no perdón da culpa non fai máis o Papa ou o bispo que o ínfimo sacerdote; é
máis, onde non hai sacerdote, o mesmo fai calquera cristián, aínda que fose unha muller ou un neno.
Este parágrafo trata sobre o sacerdocio universal.
Lutero defendeu a relación directa do cristián con Deus: significa que entre este e a persoa non se
interpón nada nin ninguén. Este principio supón o sacerdocio universal; é dicir, que todos os crentes
poden asumir o papel de sacerdotes.
Á súa vez, isto significa a eliminación da Igrexa como institución intermediaria entre Deus e os seres
humanos, e a negación da validez dos sacramentos impartidos polos sacerdotes. Lutero só aceptou o
Bautismo e a Eucaristía como únicos sacramentos, porque o propio Xesucristo os practicara.
Luteranismo Calvinismo Anglicanismo
responsable Martiño Lutero Xoán Calvino Rei Henrique VIII
xurdiu en... Alemaña Suíza Inglaterra
difundiuse
por...
Dinamarca, Suecia, Noruega,
Países Baixos, Suíza
PB, Francia (hugonotes), Inglaterra
(puritanos), Escocia (presbiterianos) Inglaterra e Irlanda do Norte
principios
básicos
A salvación pola fe e non
polas boas obras.
A relación directa do cristián
con Deus (isto chámase
sacerdocio universal).
supón eliminar calquera
intermediario entre Deus e
os fieis: a Igrexa, a Virxe,
os santos, sacramentos...
A libre interpretación da
Biblia, única fonte da fe, da
verdade revelada por Deus
Doutrina da predestinación
(Deus escolle os seus fillos
antes da creación do mundo).
Só algunhas persoas están
predestinadas para acadar a
salvación, mentres todos os
demais serán condenados.
Para salvarse: vida austera,
seguir a Biblia, graza divina...
Sinal de predestinación: o
éxito nos negocios.
O rei separouse de Roma e
proclamouse xefe supremo da
Igrexa de Inglaterra.
A xerarquía eclesiástica
quedou sometida ao Estado
e procedeuse a secularizar
os bens eclesiásticos.
Nos demais aspectos da
doutrina, o anglicanismo
seguiu o dogma católico.
4.- A Contrarreforma católica.
A reacción
da
Igrexa
Católica
persecución
dos
protestantes
Creación da Congregación do Santo Oficio ou Inquisición romana:
tribunal eclesiástico para perseguir os herexes
ano 1542, papa Paulo III
Creación da Congregación do Índice:
organización encargada de publicar a lista de libros prohibidos
ano 1571, papa Pío V
O Concilio de
Trento
(1545-1563)
iniciado polo
papa Paulo III
reafirmou os
dogmas da
doutrina católica
a fe sen obras non basta para salvarse
os sete sacramentos
carácter sagrado da misa
culto á Virxe e aos santos
a Vulgata, única interpretación válida da Biblia
reformou a
administración e
a disciplina
prohibiu a venda de indulxencias,
creou seminarios para a formación do clero,
obrigou aos bispos a residir na súa diocese
obrigou aos sacerdotes a residir nas súas parroquias
instou ao clero a levar unha vida exemplar e a gardar o
celibato
publicou o catecismo para instruír os fieis na ortodoxia
difusión do espírito da
Contrarreforma
reforma das ordes relixiosas: franciscanos, Carmelo...
creación de novas ordes: a Compañía de Xesús (ano 1540,
san Ignacio de Loyola)
Católicos Luteranos e calvinistas Anglicanos
Doutrina
A salvación conséguese
mediante a fe e as boas obras
A salvación conséguese
mediante a fe (luteranos) ou a
predestinación (calvinistas)
A salvación conséguese
mediante a fe
sete sacramentos: bautismo,
confirmación, comuñón,
confesión, matrimonio,
ordenación, extremaunción
2 sacramentos: bautismo e comuñón
Veneración da Virxe e dos
santos Os fieis non cren nin na Virxe nin nos santos
Culto
A misa é a principal cerimonia
do culto A misa é substituída pola lectura da Biblia, sermóns e cantos
Cerimonias relixiosas fastosas Cerimonias relixiosas moi
sinxelas
Manteñen a fastosidade das
cerimonias
Cerimonias que teñen lugar en
igrexas, presididas por un altar.
Venéranse imaxes
Cerimonias que teñen lugar en
templos moi austeros, sen altar
e sen imaxes
Templos sen altar sen imaxes,
pero non tan austeros
O culto está en mans de
sacerdotes que deben ser
célibes
Os fieis son guiados por un pastor que pode contraer
matrimonio
Organización
O Papa de Roma é o xefe
supremo da Igrexa Non hai obediencia ao Papa
O rei é a máxima autoridade
relixiosa
Xerarquía eclesiástica (bispos
e cardeais)
Non existen bispos nin
cardeais Mantemento dos bispos
Academias
Centros de estudo formados por eruditos, que baixo a protección económica dun señor
(mecenas), se dedicaban á tradución de manuscritos antigos e ao intercambio de
coñecementos e ideas.
Protestantes
Alcume pexorativo que recibiron os seguidores da reforma relixiosa proposta por Martín Lutero a
partir de 1517. O nome arranca da protesta que os príncipes alemáns simpatizantes con ela
presentaron ante o emperador Carlos V na dieta de Spira (asemblea do Imperio) en 1529, na que
se prohibían as ideas reformistas.
Hugonotes Nome que recibiron os protestantes franceses de mediados do século XVI seguidores das
ensinanzas de Xoán Calvino.
Dogma Principio ou verdade innegable dunha ciencia ou doutrina. En relixión, doutrina revelada por
Xesucristo aos homes e testificada como verdadeira pola Igrexa.
Herexe Persoa que nega algúns dos dogmas establecidos por unha relixión, neste caso a Igrexa Católica.
Inquisición Tribunal eclesiástico encargado de perseguir e castigar os herexes.
Concilio
Asemblea e reunión dos bispos, presbíteros e persoas investidas de xurisdición eclesiástica,
convocada e presidida polo Pontífice romano, onde se tratan e resolven asuntos graves, de
reforma, de dogma, de disciplina eclesiástica, etc, da Igrexa.
Seminarios Institución educativa da Igrexa Católica destinada á formación dos aspirantes ao sacerdocio, e
máis especificamente ao clero diocesano.
Catecismo
Libro que ensina de forma elemental os principios fundamentais da relixión cristiá redactado,
xeralmente, en forma de preguntas e respostas.
Compendio sistemático e orgánico da doutrina cristiá.
top related