a meiga vai ao cine

Post on 06-Apr-2016

233 Views

Category:

Documents

7 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Presentación das aventuras da Meiga Tintureira cando decidiu meterse dentro de varias películas ata atopar as que lle gustasen.

TRANSCRIPT

Producions

TINTUREIRA

presenta

´

A MEIGA

VAI

AO CINE

Este ano vou empezar

cunha especie de adiviña.

Imaxinade, nenas e nenos:

estou na escuridade,

aparece unha luz detrás e

empézanse a ver cousas

como nos soños.

Que será:

que estou

durmindo

á luz da lúa

e por iso estou soñando?

Non… iso non é.

Será entón a luz dun faro iluminando

cara ao mar?

Pois… tampouco.

Será que estou alucinando e creo na

maxia?

Ímonos aproximando.

Ese “alucine” non é

outra cosa que

a luz do cine.

Estou falando do cine de verdade, ese ao que vas a unha sala enorme,

chea de butacas. Na parede de atrás hai un buraquiño cadrado

do que sae un chorro de luz que vai parar

a unha pantalla branca, grandísima.

E aí empeza a maxia: esa luz convértese en figuras, paisaxes,

lugares, persoas, animais, cousas… de todo.

E aínda por riba… móvense!! E falan ou cantan, e ás veces parecen

persoas de verdade e outras personaxes de fantasía.

Unha auténtica pasada, o que vos dicía: un alucine.

As películas son como os libros:

contan historias de moitos tipos

e eu tiña curiosidade por saber

como sería estar nunha película,

cos personaxes e nos lugares onde ocorren.

Ao millor tenvos pasado igual:

non imaxinastes nunca estar dentro

da vosa película favorita?

E como podería conseguilo? Moi fácil: igual que

a luz do cine se converte en figuras,

eu podía convertirme en luz e así

me metería dentro da película.

Tiven que facelo varias veces porque,

por unha razón ou por outra, non atopaba

a película que me gustase de todo.

Empecei polas películas do OESTE…

e saín correndo dalí:

había demasiadas pistolas…

e os tipos eran todos…

…moi mal malencarados.

Metinme en peliculas espaciais e…

facía un frío de narices…, e ademais había moito raio láser

para o meu gusto.

Entrei nunha pelicula musical. Divertinme,

mais… non durei moito

…que cansazo de tanto bailar!!

Atrevinme máis tarde cunha pelicula de medo.

Ao principio parecía que non pasaba nada pero pasado un tempo…

Que susto, miña nai…!!

.

Non aguantei

nin dez minutos!

Probei coas películas de risa e…

si, moito ha, ha, ha…, pero eu son meiga, non pallasa!

As películas de superheroes…

teñen moita acción para min,

…e iso que o de voar non se me dá nada mal.

As peliculas de debuxos

parecéromne divertidas…

aínda que os personaxes…

están un pouco toliños de máis e… escapei a toda prisa.

Coas películas modernas de animación…

pasoume…

…exactamente o mesmo.

Hai tamén películas históricas …algo aburridas, non vos parece? Hai tamén películas históricas …algo aburridas,

non vos parece?

Pensaredes: “Vaia meiga, esta.

Será posible que non atope

películas do seu gusto?”

Si que as atopei, si:

as películas

de fantasía son as que máis me gustan.

Nelas síntome como

peixe na auga, é un dicir.

Os personaxes, por moi estraños que sexan,

resúltanme moi familiares

e non me custa nadiña mesturarme entre eles.

Ademais nesas historias hai un pouquiño

de todo o que me gusta: maxia…

misterio…

misterio…

aventuras…

algún que outro monstro…

moita amistade…

…e ata un pouquiño de amor!

En serio: se non fose pola Biblioteca,

na que estou tan a gusto, pensaríame

o de vivir nunha desas películas.

Mais… abonda xa de soños:

como todos os anos quérovos

encargar algo.

Xa imaxinades, cousas do cine,

claro que si.

E, que sei eu, todo o que se vos ocurra ata conseguir que este sexa

“Un ano de alu - cine” Para que vos animedes a comezar vou berrar iso que din os directores das películas:

“Luces, cámara e …acción!”

E non esquezades coller as vosas entradas,

non sexa que vos quededes sen elas!!!

top related