a noite que wendy aprendeu a voar- a. martín
Post on 10-Mar-2016
246 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
20 XANEIRO 2014
Andreu Martín NA NOSA BIBLIO
CLUB DE LECTURA “Laretiñas”
IES POETA AÑÓN
“A noite que Wendy aprendeu
a voar”
ANDREU MARTÍN
O AUTOR: Andreu Martín (1949)
É psicólogo, guionista de cómics e un
autor moi recoñecido de literatura po-
licial e xuvenil.
Gañou, con Jaume Ribera, o premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuve-
nil en 1989 con No pidas sardinas fue-
ra de temporada, a novela que come-
zou a serie dedicada ao detective Fla-
nagan, da que se atopan nesta mesma
selección Flanagan de luxe, Alfagan é
Flanagan, Flanagan Blues Band, Flana-
gan 007, Eu tampouco me chamo Fla-
nagan ou Flanagan, só Flanagan.
Con A noite que Wendy aprendeu a
voar conseguiu o XI Premio Bancaixa
de Literatura Xuvenil.
E A ADAPTACIÓN Ó CINE DA NOVELA
Documentación:
http://www.vox.es/catalogos/proyectos_lectura/XG00140501_9
999998889.pdf
Wendy é unha policía de 23 anos que fai rolda co seu noivo,
Roger, tamén policía, cando ambos reciben o aviso por radio
dun asasinato no barrio de Sarrià-Sant Gervasi. Roger acaba
de cortar a relación con Wendy, e neste momento de conmo-
ción deben investigar a misteriosa morte a tiros de Darío Arpi-
llera. Mentres Roger atende os preliminares da procura,
Wendy descobre a mirada sospeitosa dunha nena duns 8
anos. Co seu persecución, a policía empeza unha aventura
que a levará preto da morte en máis dunha ocasión, mentres
os xefes de homicidios seguen a pista dun tesouro nazi, du-
nha seita masónica e dunha rara xoia envolta de misterio.
O argumento Extractos da novela
Para o debate
Pensa, pensa, ten que pensar. Non pode ser que se morra agora, tenmoitas cousas que fa-cer, ten que casarse, quere ter fillos, quere as-cender na súa carreira como policía, quere ser brillante, admirada, xenial e guapa comoAn-drea Pasqual, quere que Roger Dueso volva na-morarse dela.” Estarías de acordo con Wendy en que as maiores ambicións dunha muller pro-fesional serían casar e ter fillos?.
Símbolos masóns
Que che di a portada? Esperabas unha historia policiaca?
Cres que Wendy toma as decisión correctas?
Que opinión che mnerece Roger Dueso? Como esta caracterizado na novela?
Pensas que os personaxes da novela son creíbles ou velos como estereotipos?
Sabes o que é...:
Un código 60/ un Coche Z/ un “briefing”?
Con que personaxe te identificas máis?
Compartes a opinión final de Wendy?
Cres que o título do libro é acertado? Por que cres que a protagonista se chama Wendy?
Os videntes e as prediccións: cres nelas?
O corpo da POLICÍA:.
A avaricia humana no contexto do libro.
A Roger pareceulle que Wendy choraba. Pensa que toleou. Que toleou de amor por el. E iso provócalle un pouco de mágoa, mais tamén de orgullo. Ningún dos seus amigos pode presumir de facer tolear de amor a ninguna moza” Que che parece esta reflexión de Roger Dueso?
Algunha vez escoitaredes que roubaron un ca-dro moi valioso de Van gogh ou de Picasso ou de quen sexa.Preguntarédesvos que se pode facer cun cadro tan valioso e coñecido. Pois úni-camente se pode gozar del en privado en galer-ías coma esta, agachados, coñecidos por moi pouca xente, moitas veces visitados só polos propietarios delas”
ALGUNHAS das REFERENCIAS CULTURAIS no libro
top related