albinismo belen ayude
Post on 11-Apr-2017
243 Views
Preview:
TRANSCRIPT
ALBINISMO
Definimos albinismo como a ausencia de pigmentación nun ser vivo debido a unha variación xenética.
A orixe grega da palabra albino significa “luz”, e as súas principais características son:
Ausencia de pigmentación nos ollos, nos que a pupila se ve vermella (cor dos vasos sanguíneos) se o albino é total, ou azul ou grisáceo se o albino é parcial.
Ausencia total ou parcial de pigmentación na pel, pelo, plumaxe, flores…
Existen animais albinos;
plantas albinas;
e, como non, persoas albinas:
Hai dous tipos de albinismo:
• O oculocutáneo: a información xenética alterada debe estar presente en ambos pais. Este tipo de albinismo afecta á pel, ó pelo e ós ollos.
• O ocular: Afecta únicamente ós ollos e so os varóns o manifestan. As nais son as que aportan o xen, pero non o padecen.
A cor vermella dos ollos dos albinos totais encabeza a lista das cores de ollos máis raras do mundo
Seguida polo negro
O violeta
O ámbar E o verde
Os problemas máis comúns que provoca esta variación xenética son:
As persoas con albinismo non teñen posibilidade de protexerse frente a radiación solar, nin de poñerse morenas, polo que son máis propensas a queimarse ou contraer cáncer de pel.
Padecen fotofobia, polo que deben levar lentes especiales que incorporen aletas laterais que impidan a entrada de luz.
A súa agudeza visual é do 10%, é dicir, unha persoa con albinismo ve a 6 metros o que unha persona sen albinismo vería con similar nitidez desde 60 metros (o que lles impide conducir).
Ademáis acostuman a padecer astigmatismo e estrabismo.
• Sufren nigtasmo, un movemento involuntario e rápido dos globos oculares, que normalmente é horizontal pero que tamén pode ser vertical.
En Europa e América nace un albino de cada 20000 persoas. En África nace un albino de cada 4000 persoas debido a que se xuntan entre sí ó ser despreciados polo resto da sociedade
En África os albinos teñen que vencer dous grandes inimigos:a falta de recursos para protexerse do potente sol que dana a súa pel e os seus ollos e…
…as supersticións sobre a súa existencia.
Neste continente existen diferentes lendas sobre os albinos ou “fillos da Lúa”.
A máis extendida é a crenza en que son fillos do demo e de que o seu sangue e os seus órganos mesturados con unha pócima á que chaman “muti” atraerán á boa fortuna.
Por esta razón son marxinados, perseguidos e atacados brutalmente.
A opción máis intelixente é agocharse nun refuxio para albinos menores de idade.
Os membros dos albinos son vendidos nun mercado negro e un meigo pode chegar a pagar 3000 euros por unha man.
top related