boletÍn oficial do parlamento de galicia · emprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de...
Post on 05-Aug-2020
4 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Número 602 IX lexislatura 17 de febreiro de 2016
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas
1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei
1.1.2.1.1. Proxectos de lei
Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei da economía
social de Galicia
— Do G.P. Mixto (doc. núm. 47125) 140835
— G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47141) 140837
— Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47173) 140842
— Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 47182)
140846
1.3. Procedementos de control e impulso
1.3.6. Proposicións non de lei
1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión
1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas
COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO
AMBIENTE E SERVIZOS
Rexeitamento da iniciativa
- 42941 (09/PNC-003588)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha nova política
de transporte colectivo por estrada 140833
Fascículo 3
COMISIÓN 8ª, PESCA E MARISQUEO
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 45864 (09/PNC-003803)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Fajardo Recouso, Juan Manuel, e cinco deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para
a prevención e redución da afectación do parasito Martaeilia cochi-
llia ás rías galegas 140833
Rexeitamento da iniciativa
- 45578 (09/PNC-003775)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en rela-
ción co Plan de acción da frota pesqueira 2015, elaborado e remi-
tido á Comisión Europea polo Goberno central 140834
1.6. Procedementos de elección, designación e propostade nomeamento1.6.5. Membros do Consello de Contas
Comparecencia de candidatos 140834
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei1.1.2.1.1. Proxectos de lei
Emendas á totalidade formuladas ao Proxecto de lei da economíasocial de Galicia
A Mesa da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social eEmprego, na súa sesión do día 15 de febreiro de 2016, adop-tou o seguinte acordo:
Cualificación de emendas á totalidade
- 45722 (09/PL-000034)Presidencia da Xunta de GaliciaProxecto de lei da economía social de GaliciaBOPG nº 589, do 26.01.2016
Examinados os escritos presentados e dado que se axustanaos requisitos establecidos no Regulamento da Cámara,acorda a súa admisión co seguinte detalle:
Emendas á totalidade de devolución (un total de catro):
— Do G.P. Mixto (doc. núm. 47125)— Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 47141)— Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 47173)— Do G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm.
47182)
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2016Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.4. Proposicións tramitadas
COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO
AMBIENTE E SERVIZOS
A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 16 de febreirode 2016, adoptou os seguintes acordos:
Rexeitamento da iniciativa
- 42941 (09/PNC-003588)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a posta en marcha polo Goberno galego dunha novapolítica de transporte colectivo por estradaBOPG nº 542, do 28.10.2015
Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,7 votos en contra e 0 abstencións.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016María Soledad Soneira Tajes
Vicepresidenta 2ª
COMISIÓN 8ª, PESCA E MARISQUEO
A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 16 defebreiro de 2016, adoptou os seguintes acordos:
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 45864 (09/PNC-003803)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan Manuel, e cinco deputados/as máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegopara a prevención e redución da afectación do parasito Mar-taeilia cochillia ás rías galegasBOPG nº 594, do 03.02.2016
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificaciónspola unanimidade dos 13 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
1. Á creación de inmediato dun plan de continxencia quepermita evitar a extensión do parasito martaeilia cochillia ásrías non afectadas como a de Noia.
2. A elaborar un protocolo de actuación, que inclúa as con-signacións orzamentarias suficientes, para establecer una liñacontinua de investigación e estudo de mecanismos de pre-vención e redución da afectación do parasito as rías galegas.»
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 60217 de febreiro de 2016
140833
Rexeitamento da iniciativa
- 45578 (09/PNC-003775)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, DanielSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación co Plan de acción da frota pesqueira 2015, ela-borado e remitido á Comisión Europea polo Goberno centralBOPG nº 590, do 27.01.2016
Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2016María Soledad Soneira Tajes
Vicepresidenta 2ª
1.6. Procedementos de elección, designación e propostade nomeamento1.6.5. Membros do Consello de Contas
Comparecencia de candidatos
A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xus-tiza e Interior, na súa sesión do día 12 de febreiro de 2016,adoptou o seguinte acordo:
Comparecencia de candidatos
- 179 (09/DMCC-000001)Consello de ContasConsello de Contas: designaciónBOPG nº 484, do 22.06.2015
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016María Soledad Soneira Tajes
Vicepresidenta 2ª
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
140834
Número 60217 de febreiro de 2016
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Emenda
1
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario Mixto, a través da súa voceira, Consuelo Martínez
García, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte emenda á totalidade, de devolución, ao Proxecto de lei de
Economía Social de Galicia (documento nº 45722, expediente 09/PL-
000034) en base aos seguintes motivos:
O Proxecto de Lei da Economía Social non responde ás expectativas que o
seu título promete, limitando o seu contido á creación do Consello da Economía
Social de Galicia e a marcar uns obxectivos xerais. Esta limitación do Proxecto
de Lei establécese xa no artigo primeiro, xa que o único obxecto deste PL
recoñecido é “regular as entidades que integran a economía social en Galiza”.
Tal é a limitación deste Proxecto de Lei e a súa falta de contido que na súa
disposición adicional cuarta establece que esta Lei non terá dotación
económica para o seu desenvolvemento, o que representa unha irrefutable
declaración de intencións.
Un Consello da Economía Social de Galicia cuxa creación parece ser o obxecto
deste Proxecto de Lei, pero ao que só se lle outorga funcións facultativas e non
vinculantes, a pesar de que os seus informes representarían as conclusións de
todas as entidades da economía social de Galiza.
Inda que para ser exactos, este Proxecto de Lei exclúe das entidades da
economía social de Galiza ás organizacións sindicais, polo que o catálogo de
entidades da Economía Social de Galiza non contará coa representación da
clase traballadora. Resulta incomprensible que o goberno galego pretenda
140835
GRUPO MIXTO
PARLAMENTO DE GALICIA
Parlamento De Galicia | Emenda
2
organizar, promover fórmulas Economía Social sen contar cos seus principais
actores, os traballadores e as traballadoras.
Tamén resulta incomprensible a non inclusión no Consello de Economía Social
de Galicia a representación por parte das organizacións feministas e da
Dirección Xeral de Igualdade.
O mesmo ocorre en relación ás ONGs, entidades que contan cunha grande
experiencia no ámbito da economía social e que hoxe en día están a suplir as
actuacións que deberían facer os gobernos de todo o mundo en materia de
economía social.
Polo exposto, o Grupo Parlamentar Mixto, a iniciativa da súa deputada
Consuelo Martínez García, formula a presente emenda de totalidade ao
Proxecto de lei de economía social de Galicia solicitando a súa devolución ao
Goberno.
Pazo do Parlamento a venres, 12 de febreiro de 2016
Asdo.: Consuelo Martínez García
Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia
Asinado dixitalmente por:
María Consuelo Martínez García na data 12/02/2016 09:21:43
140836
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego(BNG), ao abeiro do
disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte emenda á totalidade, de
devolución, ao Proxecto de lei da economía social de Galiza [doc. núm. 45722
(09/PL-000034)], en base ás seguintes consideracións:
O G.P. do BNG concorda na necesidade expresada na exposición de motivos do
proxecto de lei de poñer en valor a economía social, dotala da relevancia que merece
debido ás súas achegas á sociedade, e impulsar a súa capacidade de xerar un modelo de
desenvolvemento económico e social equilibrado e sustentábel. Porén, o Proxecto de
Lei da Economía Social de Galiza non é o instrumento acaído para acadar estas metas,
xa que está baleiro de contido real e non vai supor ningunha mellora para o impulso do
chamado terceiro sector. O impulso deste proxecto por parte do goberno galego
responde á necesidade de agochar, pola vía dun suposto incremento da actividade
lexislativa, a falta de planificación, obxectivos e compromisos orzamentarios cara o
sector da economía social de Galiza, extensíbel ao conxunto da economía. Polo tanto,
son múltiples os motivos que nos levan a presentar esta emenda á totalidade, que van
dende a falta de coherencia entre a práctica política da Xunta de Galiza e exposto no
proxecto ate a falta de ambición do texto, e, xa que logo, o nulo recorrido das medidas
propostas.
Para o impulso da economía social necesítase unha estratexia transversal na
economía galega. De nada vale declarar medidas de fomento nunha lei cando o
conxunto de políticas da Xunta de Galiza vai en senso contrario, apostando pola
adxudicación de servizos a grandes corporacións mercantís e por primar o factor capital
en detrimento do humano. Ámbitos como a atención á infancia ou á dependencia serían
140837
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
propicios para impulsar a economía social, e mesmo observamos como en sectores
produtivos estratéxicos da nosa economía, como o agro ou a pesca, as entidades ligadas
á economía social deses sectores, lonxe de avanzaren e consolidárense como entidades
de referencia, esmorecen ante a indiferenza da Xunta de Galiza.
Contradicindo o discurso oficial do goberno sobre a austeridade, créase un novo
organismo, o Consello Galego de Economía Social, que agardemos que teña maior
utilidade que outros organismos análogos. Dá a sensación de que cada proxecto de lei
debe incluír a creación dun novo organismo para que o proxecto estea completo, porén,
a experiencia demostra que as máis das veces son completamente ineficaces.
As medidas propostas para impulsar a economía social resultan decepcionantes.
O contido do Capítulo IV, dedicado ao fomento da economía social, debería ser
fundamental para cumprir os obxectivos enunciados na exposición de motivos, pero
quedase nun gran brinde ao sol, nunha declaración de intencións valeira de contidos
reais. Enúncianse diferentes medidas para o fomento da economía social, máis con moi
escasa concreción e sen compromisos cuantitativos nin orzamentarios, e sen
concrecións temporais, claros indicativos do moi limitado alcance da norma.
Así, o artigo 14 contempla obxectivos xenéricos, sen que exista ningunha
orientación, medida ou estratexia concreta por parte da Xunta de Galiza, que pon a
pelota noutros tellados, ao instar a outras administracións a promocionar a economía
social, chegando mesmo no apartado 5 a propoñer que as entidades privadas
promocionen o fomento da economía social.
Os artigos 15 e 16 recréanse en obviedades, posto que no primeiro artigo citado
volve a recalcarse a relevancia da Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a
economía social, cando esta xa foi creada para ese fin nun decreto do 2012. Mentres o
140838
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
segundo artigo citado remarca que na planificación de actividades (Cales?) de fomento
da economía social “terá en conta a existencia de programas europeos de colaboración”.
Por último, o artigo 17 sinala a necesidade de instrumentos financeiros para
promover o desenvolvemento de novas iniciativas de economía social e declárase o seu
fomento. Porén, o grao de concreción dunha cuestión tan relevante é totalmente nulo,
quedando polo tanto o artigo nunha mera declaración de intencións.
Xa que logo, non existe unha aposta pola economía social de xeito que esta sexa
un dos motores da economía galega, apostando por redimensionar un novo modelo de
desenvolvemento. A economía social é un piar fundamental no impulso dun modelo
económico de desenvolvemento sostíbel, na súa tripla dimensión, económica, social e
medioambiental.
A economía social é un piar fundamental no impulso dun modelo económico de
desenvolvemento sostíbel na súa tripla dimensión, económica, social e medioambiental.
Porén, queda claro que neste proxecto de lei non existe unha aposta pola economía
social, redimensionando o seu papel de xeito que esta sexa un dos motores da economía
galega.
Para rematar, centrarémonos no contido da Disposición Derradeira Terceira, que
modifica a lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galiza, para adaptala
ao marco contemplado na lei 20/2013, de garantía de unidade de mercado. Compre
recordar que esta foi unha lei impulsada polo goberno de Rajoy que tivo un marcado
carácter uniformizador e centralizador, supoñendo unha clara invasión ao marco
competencial autonómico, o que está a implicar que dende Galiza poidamos
desenvolver políticas propias en multitude de ámbitos.
Así mesmo, trata de adaptarse ás disposicións da Lei 17/2009 de 23 de
novembro, sobre o libre acceso as actividades de servizos e o seu exercicio e o resto de
140839
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
normativa que se derivou da adaptación á Directiva 2006/123/CE, relativa aos servizos
no mercado interior, coñecida como “Directiva Bolkestein”. Estas disposicións teñen
como obxectivo a total liberalización e mercantilización dos servizos, polo que é unha
lóxica oposta á da economía social, que, tal e como se cita na exposición de motivos,
“contribúe a un modelo sostíbel onde as persoas son máis importantes que o capital”,
polo tanto, é un contrasentido someter ao terceiro sector ás lóxicas mercantilistas
imperantes cando precisamente preténdese impulsar a economía social por saírse desas
lóxicas.
No proxecto de lei regúlase que a prestación de servizos sociais estará suxeita -
con carácter previo ao inicio da actividade- á presentación da correspondente
declaración responsábel ou comunicación previa, salvo excepcións por razóns de saúde
pública vinculadas coa garantía da axeitada atención e protección dos usuarios dos
servizos sociais na prestación de diversos servizos.
Polo tanto, das excepcións presentadas resulta evidente que a autorización
ofrece maiores garantías de atención axeitada e de protección dos usuarios de servizos
sociais que a declaración responsábel ou comunicación previa, polo que cremos
necesario que a autorización administrativa sexa a vía habitual do inicio da actividade
das entidades de servizos sociais.
Ademais, resulta totalmente alleo ao contido do proxecto de lei a inclusión desta
regulación, pois se ben existen entidades de economía social que actúan no ámbito dos
servizos sociais, esta disposición vai dirixida ao conxunto de entidades e empresas
prestadoras de servizos sociais, co que debería ir nunha reforma específica da normativa
de servizos sociais. Deste xeito preténdese aproveitar esta norma destinada en exclusiva
ás entidades de economía social para favorecer a implantación da privatización e
extensión da atención privada nos servizos sociais por calquera tipo de empresa, non só
das de carácter social, en realidade o que se afonda é na penetración das empresas
140840
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.es
15702 Santiago de Compostela
Galiza
mercantís no eido dos servizos sociais sen os controis administrativos que serían de
rigor, e tentando que esta discutíbel medida pase desapercibida ao aproveitar unha
iniciativa de fomento da economía social.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG propón a devolución deste
proxecto de lei.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016
Asdo.: María do Carme Adán Villamarín
Portavoz s. do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María do Carme Adán Villamarín na data 12/02/2016 11:19:30
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 12/02/2016 11:19:39
140841
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu
portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 112 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte emenda á totalidade, con
expresa petición de devolución, ao Proxecto de lei da economía social de
Galicia (09/PL-000034, doc.núm. 45722) sobre a base das seguintes
consideracións:
A presentación do Proxecto de lei de economía social de Galicia prodúcese
nunha conxuntura política e económica adversa para os galegos e galegas.
O paro rexistrado en Galicia ascende de 228.808 persoas no mes de
decembro de 2015 a 236.447 persoas no mes de xaneiro de 2016, co que o
paro rexistrado sube en Galicia en 7.639 persoas 3,34 % máis con respecto
ao mes anterior. Foi a terceira Comunidade Autónoma onde máis medrou o
paro no mes de xaneiro.
O número total de contratos rexistrados pasa de 68.646 no mes de
decembro a 62.688 no mes de xaneiro, dos cales 57.127 (o 91,12 %) foron
de carácter temporal.
Con respecto á afiliación á Seguridade Social para o mes de xaneiro
recóllense 930.882 afiliacións en Galicia, 946.122 no mes de decembro, o
que significa 15.240 afiliacións menos que no mes anterior e 96.489 menos
que cando Feijóo chegou ao Goberno (1.027.371).
Non podemos polo tanto, facer interpretacións autocomplacentes da
situación do mercado laboral.
E o Proxecto de lei de economía social presentada polo Goberno de Galicia
non deseña os instrumentos imprescindibles para abordar medidas
eficientes de promoción da economía social nin aborda globalmente unha
política de competitividade económica para Galicia. Este Proxecto de lei da
economía social presentada, está lonxe dunha norma específica de impulso
da coñecida como economía social.
Este proxecto de lei non recolle enfoques que en algunhas leis de ámbito
estatal os e as socialistas consideramos importante mudar, como a
transposición da Directiva da Unión Europea sobre a contratación pública,
140842
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
establecer un tratamento fiscal favorable para as empresas de economía
social, reforma da Lei de Cooperativas para facer máis operativo o seu
funcionamento, regulación da economía colaborativa económico e social,
entre outros.
Moitas das propostas nin tan sequera contan cos informes sectoriais das
consellerías competentes, onde se realice unha valoración sobre o impacto
e a oportunidade dos cambios propostos.
O Proxecto de lei da economía social mostra unha relevante ausencia de
fondos para cuestións fundamentais, non contempla novas medidas
efectivas de financiamento para as empresas, o seu principal problema,
dado que o proceso de reestruturación e saneamento das entidades de
crédito, ten derivado nunha forte restrición do crédito a familias e
empresas.
Abunda en diversos enunciados sen contido real nin eficacia empresarial,
non precisando medidas reais de actuación en ningún dos ámbitos que
pretende regular a lei.
Apréciase unha falta de concordancia entre o carácter xeral do título e
finalidade expresados na lei, por una banda, e o limitado alcance do seu
contido, pola outra. O título fai referencia xenérica ao sector da economía
social, e a finalidade expresa (artigo 2) é “recoñecer, fomentar e impulsar
as entidades que integran a economía social […]”. No substancial, o texto
legal redúcese á regulación da creación do Consello de Economía Social,
limitándose nos demais aspectos a enunciar meros principios
programáticos.
As facultades de actuación do Consello da Economía Social de Galicia
resultan excesivamente limitadas toda vez que se establece o carácter
facultativo da súa intervención tanto en relación con propostas normativas
como para a emisión de informes. Se a isto se engade o feito de que o
Consello non contará co orzamento necesario, dificúltase aínda máis a
posibilidade de levar a cabo outras das súas funcións como a elaboración
de estudos e propostas.
140843
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Por este motivo o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia considera
que este Consello debería contar coa suficiente capacidade económica que
lle permita o desenvolvemento das súas funcións.
Chama a nosa atención a retirada das organización sindicais e empresariais
máis representativas na conformación do Consello da Economía Social de
Galicia, mais cando inicialmente si estaban presentes no Anteproxecto de
lei da economía social de Galicia, e sobre todo cando está regulada esa
presenza no artigo 3.1 a) da Lei 17/2008, do 29 de decembro, de
participación institucional no que se establece:
Artigo 3º.- Ámbito de aplicación.
1. A participación institucional establecida nesta lei será
aplicable respecto dos órganos de asesoramento e
participación, e nos termos nos que a normativa específica
de cada entidade ou organismo público así o estableza, nos
seguintes ámbitos de intervención:
a. Entidades e organismos públicos integrados na
Administración da Xunta de Galicia que teñan
atribuídas competencias en materias de carácter
laboral, social ou económico.
Inclúense todas aquelas entidades ou organismos
públicos que teñan competencias en materia de
traballo, emprego, formación profesional, economía
social, políticas de igualdade, emigración e
inmigración vinculada ao mercado de traballo e, en
xeral, calquera outra materia de relevancia laboral
ou social”.
Supón tamén unha clara contradición co estipulado na Lei estatal 5/2011,
do 29 de marzo, de economía social, que no seu artigo 9 “Consejo para el
Fomento de la Economía Social”, si contempla no seu apartado 3 a
presenza dos interlocutores sociais máis representativos.
Así pois, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia considera
inaceptable a regulación da participación institucional contemplada neste
proxecto de lei que omite a participación das organizacións sindicais e
140844
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
empresariais máis representativas, polo que solicita que se adapte ao marco
legal vixente.
A reforma da normativa de Servizos Sociais que se prevé no anteproxecto
debería terse realizado logo do oportuno debate coas entidades que
participan no Consello Galego de Benestar, xa que afecta especialmente a
entidades prestadoras deste tipo de servizos e abórdase propiamente como
unha reforma da normativa de servizos sociais e non como disposicións
adicionais, transitorias ou derradeiras dunha norma que non foi remitida
previamente ás entidades con significativa representatividade de colectivos
destinatarios dos servizos sociais.
O réxime transitorio do texto carece dunha clara falla de concreción á hora
de fixar os correspondentes prazos de desenvolvemento contribuíndo a
crear inseguridade xurídica. Por este motivo, o Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia considera que o texto debería fixar prazos para o seu
desenvolvemento e que estes foran os máis curtos posibles.
Por todas estas razóns, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
solicita a devolución do Proxecto de lei da economía social de Galicia.
Pazo do Parlamento, 12 de febreiro de 2016
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Jose Luis Méndez Romeu na data 12/02/2016 14:06:29
140845
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar da ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (EU-
ANOVA), a iniciativa da súa deputada e portavoz suplente Eva Solla
Fernández, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte emenda á totalidade, de devolución, ao Proxecto de lei de
economía social de Galicia, doc. núm. 45722 (09/PL-000034), polos
seguintes motivos:
A crise-estafa ten causado devastadores efectos sobre os dereitos da clase
traballadora e da cidadanía en xeral. Devastadores, porque as restricións
económicas impostas traducíronse nun deterioro dos servizos públicos e xa
que logo de moitos dereitos, pero tamén porque a situación foi aproveitada
para modificar a lexislación vixente en moitas materias chave, coma o
emprego, a xustiza ou a protección social.
Todas estas contrarreformas certificaron o esgotamento do modelo político e
de Estado, atacando frontalmente o cumprimento dos dereitos fundamentais da
propia Constitución, xa comprometida previamente ao inicio da mesma crise-
estafa.
Estas circunstancias certifican o sometemento da cidadanía á economía e non
ao revés, tal e como debera ser, para que que servise para mellorar a calidade
de vida do pobo e camiñar nunha redistribución da riqueza en aras do ben
común.
Neste senso, cabe destacar o importante papel que a Economía Social podería
ter na democratización da economía. Non só de cara á inclusión de sectores
máis pobres ou discriminados da nosa sociedade dende o punto de vista
económico, se non como axente activo na construción dun novo modelo de
140846
desenrolo, no que a comunidade organizada sexa actor propio como axente de
transformación social.
O Proxecto de Lei presentado semella camiñar no sentido contrario, fixando
coma corpus central a competitividade no marco económico para as entidades
sociais en troques de ter coma finalidade o beneficio comunitario.
Sucede o mesmo no marco democrático. O modelo adoptado para o Consello
da Economía Social non está encamiñado a favorecer as sinerxias das
cooperativas, asociacións e entidades e a súa participación activa coma
axentes independentes para unha mudanza social e económica; Senón que
semella pensado para non favorecer a independencia e incrementar a
burocracia nun marco controlado pola Administración. Un modelo moi lonxe do
que debera ser a Economía Social.
Finalmente, o contido da Lei é bastante pobre, non articulando os mecanismos
reais de participación das entidades na Economía real da Autonomía e non
intervindo sobre as garantías dos dereitos laborais nas entidades. É dicir,
queda patente, que a intención non é en ningún caso modificar o modelo social,
de participación democrática ou económico dando protagonismo á Economía
Social, se non fomentar nela un caracter asistencialista e de sustitución das
obrigas da administración na creación de emprego.
Xa que logo, en aras de construir de forma paritcipada unha Lei que sí garanta
estes principios, solicítase a devolución do Proxecto de lei de Economía Social
de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016.
Asdo. Eva Solla Fernández
Deputada e Portavoz S. do G.P. da AGE.
140847
Asinado dixitalmente por:
Eva Solla Fernández na data 12/02/2016 14:27:54
140848
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAESTRUTURA
1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS
1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA
1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS
1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL
1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA
1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO
1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO
1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN
1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS
1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS
1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO
1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN
2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO
3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA
4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS
4.1. INFORMACIÓNS4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAEdición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.
Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25
Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727
top related