camiños de terra e auga ruta de queixo e mel · formado polos ríos arnego e ulla, utilizado para...
Post on 01-Aug-2020
0 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Gozar e aprender fusiónanse nesta experiencia de turismo industrial.
Propoñémosche que percorras este fermoso territorio gozando das súas paisaxes
agrícolas e gandeiras, que visites centros de divulgación e museos, que contemples
paisaxes, praderías, ríos, modernas industrias agroalimentarias, e tradicionais
queserías artesanais. Vivir o proceso de elaboración de queixo e mel será unha
doce experiencia que che deixará o mellor sabor de boca!
2 DÍAS (2 días - 1 noite)
62 KM
4 CONCELLOSO Pino, Arzúa, Vila de Cruces, Santiso.
RUTA DE QUEIXO E MEL
Santiso
Vila de Cruces
Arzúa
O Pino
a. Alimentos Ruta Xacobea b. Centro de Divulgación do Queixo e o Melc. Queixería Barrald. Museo Vivente do Mele. Encoro de Portodemourosf. Queixería Artesanal Varelag. Sendeiro de Visantoña
ab
c
de
fg
Alimentos Ruta Xacobea é unha empresa dedicada á elaboración do queixo Denominación de Orixe Arzúa-Ulloa e Tetilla. A visita guiada á súa liña de produción, máis grande e industrializada que outras queixe-rías do territorio, ofrecerache a oportunidade de contemplar o proceso desde o momento da descarga do leite dos camións directamente aos tanques, e aprender sobre o moderno proceso de elaboración destes produtos. Ademais, se o desexas, poderás visitar o prado, vendo o ciclo completo de produción.
Datos de interese: Brea, s/n, 15821 O Pino, A Coruña. Teléfono 981 502 805. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/alimentos-ruta-xacobeaDuración aproximada da visita: 45 minDistancia ao seguinte punto de visita: 16 km
ALIMENTOS RUTA XACOBEA
DÍA 1a
Ruta de queixo e mel
Nesta empresa coñecerás o proceso artesanal da elaboración do queixo. A contorna no que está situada esta queixería, unha pequena aldea rural, rodeada de verdes prados onde pastan as vacas, axudarache a apreciar a forma de vida local e de que maneira incide na calidade da materia prima e o mantemento da súa elaboración artesanal.
Datos de interese: La Riba nº6 Pantiñobre 15819, Arzúa, A Coruña. Teléfono: 981 500 928. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/queixeria-barralDuración aproximada da visita: 45 min.Distancia ao seguinte punto de visita: 8 km
QUEIXERÍABARRALc
A través desta visita coñecerás de onde proceden o queixo e o mel, cales son as súas características, a súa importancia para o medioambiente, e os usos e costumes deste territorio. Ademáis, se o desexas poderás realizar algún dos seus prácticos obradoiros, e acabar a túa visita gozando dunha doce degustación.
Datos de interese: Feira Nova s/n Santa María, 15810, Arzúa, A Coruña. Teléfono 981 508 142. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/centro-divulgacion-do-queixo-e-o-melDistancia ao seguinte punto de visita: 6 km
CENTRO DE DIVULGACIÓN DO QUEIXO E O MELb
Coa visita a este museo coñecerás un pouco máis acerca da actividade da apicultura en Galicia, tanto da súa historia como dos procesos de extracción, decantación e envasado do mel.
Datos de interese: Calle Portodemouros, s/n, 15810 Arzúa, A Coruña. Teléfono 981 508 072. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/museo-vivente-do-melDistancia ao seguinte punto de visita: 13 km.
MUSEO VIVENTE DO MELd
Ruta de queixo e mel
Datos de interese: Encoro de Portodemouros, 15810, Arzúa, A Coruña. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/encoro-de-portodemouros
Distancia ao seguinte punto de visita: 11 km
DÍA 2ENCORO DE PORTODEMOUROS
Comeza un novo día coa visita a este encoro formado polos ríos Arnego e Ulla, utilizado para a produción de enerxía eléctrica. Nel veñen desenvolvendo desde fai un tempo actividades recreativas ligadas á auga e á contorna, como competicións de remo e piragüismo. Ademais, poderás cruzar os catrocentos metros que separan Loño e Beigondo no único ferry que atravesa un encoro galego, e que está en funcionamento de maneira gratuíta as vinte e catro horas do día, os 365 días do ano. Unha curiosa experiencia!
Nesta queixería aprenderás moitas curiosidades sobre a elaboración do queixo Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa, así como doutros moitos tipos de queixos curados, frescos e picantes. Todos eles elaborados a partir do leite da súa propia explotación gandeira. A visita ás súas instalacións conclúe cunha degustación final de queixos. Aprovéitaa!
Datos de interese: Balada s/n, Visantoña, 15808, Santiso, A Coruña. Teléfonos 981 510 702 // 619 867 425. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/queixeria-artesanal-varelaDuración aproximada da visita: 30 minDistancia ao seguinte punto de visita: 8 km
QUEIXERÍA ARTESANAL VARELA
e
f.
Ruta de queixo e mel
Por último, non podes marcharche sen facer unha ruta a pé por este territorio. Recomendámosche, pola súa beleza e a comodidade do seu percorrido, o sendeiro de Visantoña, unha ruta circular de 14,5 kilómetros, na que gozarás tanto da paisaxe agraria e gandeira, como da serenidade da paisaxe enmarcada polo río Ulla.
Datos de interese: Lg. Seoane. Visantoña (San Xoán), 15808, Santiso, A Coruña. Teléfono 981 818 501. Información máis detallada en: http://turismo.dicoruna.es/industrial/gl/caminos-de-tierra-y-agua/carreiro-de-visantonaPercorrido orientativo: A ruta parte do Centro Social de Visantoña, e no seu percorrido pasarás polo conxunto de Muíños do Tajo, restos das sepulturas megalíticas do Ribeiro, mámoas, para acabar no encoro de Portodemouros.
SENDEIRO DE VISANTOÑA
g.
Ruta de queixo e mel
top related