conf suso carracedo
Post on 10-Jul-2015
550 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Suso Carracedo. Coruña, 6-novembro-07 IV Semana da Familia “A familia: espacio de acollida”.
Afronta-lo sufrimento, ancianidade e dependencia en familia.
SaúdeSaúde (O.M.S.) =
Benestar BIO - PSICO - SOCIO - ESPIRITUAL
EnfermidadeEnfermidade =
Crise que BIO- lóxico
afecta a PSICO- lóxico
SOCIO- lóxico
ESPIRITUAL
“Os médicos e profesionais da saúde non deben actuar coma meros técnicos do corpo, tamén deben arriscarse a ingresar na vida emocional e espiritual dos seus pacientes... Se se atreven a cruzar estes límites, conseguirán o máximo de visión e intuición e poderían prestar un máximo de axuda”.
Victor Frankl.
Anc iá n De pe nde nte
• Autonomía Independencia
• Autonomía: capacidade para decidir sobre sí e sobre o que desexa.
• Independencia: capacidade para arreglárseas por sí só.
• Se non é capaz de facer algunhas cousas (dependencia) non significa que non sexa capaz de decidir e non queira ter un control, aínda só parcial, da súa vida (autónomo).
Sempre hai unha AUTONOMÍA POSIBLE, debemos respetala.
A realidade da ancianidade
• Molestias: derivadas da idade, da enfermidade ou do tratamento.
• Perdas: do traballo, status social, parella, capacidades físicas, amigos,...
• Dependencia: da familia, amigos ou do persoal sanitario.• Ruptura: dos vínculos relacionais e afectivos.
• Incapacidade: para consegui-los seus obxetivos.• Desfiguración: cambios físicos e funcionais.• Morte: vívese como consecuencia da idade e da
enfermidade.
A Arte de Coida r ó a nc iá n
N E C E S I D A D E SR e s p o s t a r a e l a s
S O I D A D EA f e c t i v o - r e l a c i o n a l
E s t r a t e x i a s p a r a c o m b a t i l a
E S C O I T AE s p e c i a l m e n t e d o
q u e n o s q u e r e d i c i r
M E M O R I A" S e m p r e c o n t a o m e s m o "
P e r d e - l a m e m o r i a
M O R T EF a l a r d e l a e d e i x a r f a l a r
Toda persoa, en especial o ancián, se atopa con distintas necesidades que debe cubrir e ás cales nós debemos dar
acompañamento e resposta.
Auto-
-trascendencia
N. de Estima Amor y pertenencia
N. de Seguridad
Necesidades Fisiológicas
Necesidades de Maxlow
Fisiolóxicas: Indispensables para a vida (alimentación, hidratación, curas, hixiene, o sono, mante-la temperatura basal,...).
De Seguridade: sentirse protexida contra os perigos externos e internos, conocimento e información sobre o seu estado de saúde, estabilidade, orde, coordenadas espacio-temporais coñecidas,...
De Amor e pertenza: poder dar e recibir amor, relacións afectivas calurosas, poder expresar sentimentos de hostilidade sen sentirse culpable, sentirse parte dunha familia e dun pobo,...
De Estima e consideración: cando me sinto apreciado polos demáis, útil á sociedade, valorado positivamente e respetado, posuíndo certa autonomía e independencia,...
Autotrascendencia: permitir perdoarse e perdoar, equilibrio interior e social (cos outros e Deus), elabora-las perdas e o loito anticipado, afrontar e dar sentido ó sufrimento, á enfermidade, á morte e á vida, poder seguir esperando,...
Necesidades do Coidar:
a Soidade ¿Tódalas persoas maiores se sinten soas?
• 8 % do total. Estar soa sentirse soa.
• O ser humán é un ser RELACIONAL: busca nos outros aquilo que precisa para completarse, en especial o compoñente afectivo, de ahí que a soidade non teña tanto que ver co nivel espacial, senón máis ben co afectivo-relacional.
• Pode ser domesticada e converterse en fonte de vida.
• A que se agudice colaboran vellos prexuicios: son coma nenos, non teñen vida productiva, non viven experiencias nin teñen necesidades sexuais, son dependentes, trasnochados, ...
a Soidade (II)Estratexias para combati-la soidade.
Dar vida ós anos e non anos á vida (calidade de vida, disfrutar).
Apoiarse nas relacións amistosas.
Autenticidade na comunicación e Escoita activa.
Ofrecerlle-lo rol de Abó/ aboa.
Provocar neles o interés (pola vida) INTERESÁNDOSE por eles.
Dar lugar á actividades de voluntariado (sen cair na tentación da superación polo aturdimento con actividades).
Dar lugar a prácticas relixiosas (teñen máis tempo para cultiva-lo interior).
Conscientes de que o seu papel é mante-los valores do ser por riba do ter e do amor por riba do eficientismo. Querer e deixarse querer.
En resumo, un “envellecimento activo” coa máxima autonomía posible.
Necesidades do Coidar: a ESCOITA
• Zenón de Elea: “fóronnos dadas dúas orellas, dous ollos e unha soa boca para que escoitemos e vexamos o doble do que falemos”.
• É facer silencio interior.
• Centrarse na Persoa (non no problema).
• Acolle-los sentimentos e os medos.
• Ter os ollos abertos á linguaxe non-verbal.
“Cando o ancián conta sempre o mesmo”A Escoita (II)
O Narrar: recurso básico para afronta-la crise de identidade.
Vívese máis da memoriamemoria que da esperanza.
É un recurso terapéutico (saudable) porque con el comunícanos que está vivo, que ten unha historia, unha identidade. Autoafírmas e e
mantén alta a Autoes tima.
“SON o que fun: digno de consideración, respeto e escoita”.
Son ALGUÉN e non “algo”.
Narrar acontecimentos e experiencias é unha OPORTUNIDADE para reconciliarse coa propia sombra, sanar o negativo.
Non escoitalo é abandoalo á soedade afectiva, é matalo antes de morrer.
Escoita-la historia repetida significa oír sempre unha nova MENSAXE de vida, e escoitalo expresa valoración, interés e, polo
tanto, pode converterse en fonte de ESPERANZA.
“Perde-la Memoria, perde-lo maior tesouro”A Escoita da persoa con deterioro cognitivo
Se ir perdendo a memoria é ir perdendo o senso da vida, a esperanza, a capacidade de narrar e o sentirse ligado á sociedade, entón:
¿Cómo s e pode vivir s en memoria? ¿Quén é un s e non recorda?
Aínda sen memoria, un posúe unha dignidade única que os demáis deben recoñecer e respetar.
Pódese “perde-la cabeza”, pero nunca a ‘memoria do corazón’.
Debemos estimula-lo corazón coa linguaxe do amor. Aprender unha nova forma de falar sen palabras, moito máis fonda; a dos sentimentos a través da linguaxe non-verbal.
A memoria a miúdo fai sufrir, doe. ¿Quere isto dicir que perde-la memoria significa non sufrir?
Os familiares e profesionais temos un Reto: Manter viva a memoria afectiva do ancián, a memoria do corazón.
A loita é dura; ten un coste afectivo moi forte para o coidador. Pero éste manifesta a grandeza do ser humano: a capacidade de dar con sacrificio e esforzo, sabendo que pouco pode recibir a cambio.
Éste convírtese en signo de Esperanza, nun mundo necesitado de mostras de Amor gratuito e desinteresado.
Compañeiros na “derradeira viaxe” da vida: A Morte.
+ Término “TABÚ”. Ocultamento total desta realidade.
+ En xeral a persoa non ten medo á morte, senón só está preocupada por o cómo morrerá (¿dor?, ¿enfermidade prolongada?¿acompañada ou abandoada?,...).
+ Ten necesidade de expresa-los seus medos e comparti-las súas esperanzas. Morte biolóxica e morte biográfica.
+ Purifica-la linguaxe.
+ Reflexión persoal acerca de cómo vivo eu a miña morte.
+ Atención ó tratamento da morte cos nenos, con membros da familia (dó anticipado, dó ausente, retardado ou crónico).
Red de Soporte: Familia
VoluntariadoServicios Sociais
Médico Amigos
Parroquia Outros...
Enfermeira, HADO
Ten o lugar primordial e insustituible da atención integral ó enfermo ancián, ofrecéndolle:
• Coidados e atención físicos primarios.• Cariño = sentirse querido.• Axuda e protección = sentirse seguro.• Compañía = non sentirse abandonado.• Comprensión e paciencia = non sentirse carga.• Axuda e apoio para afronta-la enfermidade con
realismo e asumi-las súas consecuencias coa maior paz posible.
• Axuda na fe (se o desexa): compartindo a Palabra, orando con el e facilitándolle-la comunidade ou o sacerdote.
• Deixarlle expresa-los seus medos, interrogantes e esperanzas, tamén sobre a morte.
Familia
Parroquia• Sensibilización/ evanxelización:
– Traballar para que a parroquia sexa fonte de saúde.– Axudar e dar claves ós sans para vivir a saúde, a enfermidade,
a ancianidade e a morte, sanamente.
– Dar a coñece-la realidade do ancián enfermo.
• Acción/ testemuño:– Visitar a tódolos anciáns e acompañalos, especialmente ós
máis desasistidos.– Promover un voluntariado capacitado para dar resposta ás
necesidades do ancián integralmente.– Integralos na parroquia como membros activos e plenos. Eles
tamén nos evanxelizan.
Parroquia– Implicar a tódolos membros da parroquia.– Axudar ás súas familias, especialmente a vivi-la
dependencia.
• Festa/ celebración:– Celebra-los sacramentos cos enfermos:
• Reconciliación.
• Unción (a ser posible comunitariamente).
• Eucaristía (tamén na casa do enfermo).
¡Cóidate, doidador!O perigo da codependencia
• Risco de pasar a depender do dependentedepender do dependente: necesitar axudarlle para sentirme eu ben.
• Se non o/a coida séntese baleiro, sen saber o que facer e nin cómo manexa-la culpa.
• Indicadores: síntese indispensable, non disposición a delegar coidados, “ninguén o fai coma min”, “teño que estar as vintecatro horas con él”, non se aceptan límites, nin podo expresar cansancio ou rabia. Toda a vida está posta nel/nela e non se permite descansar.
• Remedios: aprender a delegar, deixar a outros participar nos coidados, ventilar con alguén as emocións e sentimentos, aceptar límites, impotencia e rabia.
• Pois o burn-out (queimarse) provocará incluso unha mala xestión do duelo e infelicidade posterior ó falecimento da persoa querida (fácilmente a vida non ten sentido, as relacións significativas foron abandoadas, as aficcións non se cultivaron e prodúcese un baleiro existencial difícil de manexar).
• É fácil entrar en depresión, por iso Cóidate moitoCóidate moito.
• E Graciñas polo teu inmenso traballo.
Esto será positivo para os/as dous:
CoidadorCoidador: non caerás no esgotamento.
Persoa enfermaPersoa enferma, refrescarase tanto
física coma emotivamente
Coma co Coma co bo instrumento só lle bo instrumento só lle
saca excelente saca excelente música o que sabe música o que sabe
tocalo.tocalo.
Graciñas
Bibliografía:
• BERMEJO, J.C. (Ed.), Cuidar a las personas mayores dependientes, Sal Terrae, Santander 2002.
• TORRALBA ROSELLÓ, F., Lo ineludiblemente humano. Hacia una fundamentación ética del cuidar, en “Labor Hospitalaria”, nº 253 (1999).
• PELLEGRINO, E. - THOMASMA, D., Helping and healing (trad. ital. Medicina per vocazione, Dehoniane, Roma 1994).
• DIE TRILL, M.- LÓPEZ IMEDIO, E., Aspectos Psicológicos en Cuidados Paliativos. La comunicación con el enfermo y su familia, Ades, Madrid 2000.
top related