creación de ambientes personais de aprendizaxe. modulo 1
Post on 22-Jan-2017
204 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Creación de Ambientes Persoais
de Aprendizaxe
Módulo 1: Introducción
Web 2.0 Bidireccionalidade
ANTES AHORA
Web 1.0Web 2.0
Web 1.0 Web 1.5 Web 2.0
Contenido xerado porExpertos,
programadores
Personal
medianamente
cualificado
Calquera
Plataforma de
creación contidos
Editores HTML, Flash,
CSS, etc.
CMS (Content
Management System)A propia Web
Sentido comunicación Unidireccional Unidireccional Bidireccional
Frecuencia
actualización
Nula ou baixa Muy
estática
Moderada
Dinámica
Alta, moi alta, incluso
vertixinosa Moi
dinámica
Centrada en Contidos ContidosPersoas que comparten
contidos
Web Social = Web 2.0 + Rede Social
• A inmensa maioría dos servizos Web na actualidade son servizos 2.0, é dicir, moi enfocados á creación e compartición de contidos por parte do usuario, pero que tamén incorporan unha forte capa de interacción e relación social entre os seus usuarios Falamos da Web Social
Que é unha rede social?• Servicio na Web onde os usuarios poden
comunicarse e establecer relacións entre sico obxectivo de crear unha rede de contactos– A relación pode ser bidireccional (ex. Facebook)
ou unidireccional (ex. Twitter)– Facilidades para ampliar a rede de contactos: compartir rede con
amigos, recomendacións de novos contactos, etc.
• Os usuarios deben rexistrarse e autenticarse para poder acceder
• Tipicamente, a rede social ofrece distintas ferramentas de comunicación e de compartición de contidos
• A interacción social adoita verse ampliada con comentarios e votacións ou recomendacións (ex. gústame) sobre os contidoscompartidos, no mesmo sitio onde son publicados
• Tamén é moi habitual a posibilidade de crear grupos para compartir contidos e comunicarse internamente
Tipos de redes sociais• Redes sociais de contidos: A maior parte dos servizos da Web 2.0 onde se
comparten contidos incorporan adicionalmente unha rede social en torno a este contido: vídeos (YouTube), marcadores (Diigo), presentacións (SlideShare), fotos (Instagram), etc.
• Redes sociais temáticas: Rede social orientada a un colectivo concreto de persoas: viaxeiros, docentes, escritores, lectores, avogados, afeccionados a coches, etc.
• Redes sociais xeneralistas: Rede social enfocada á creación e mantemento de relacións sociais entre calquera tipo de colectivo e á compartición de contidos de calquera tipo
Redes Sociaistemáticas
Redes Sociaisde contidos
Redes Sociaisxeneralistas
Cambio radical na relaciónse na comunicación
• As redes sociais e a Web 2.0 están supoñendo un cambio radical naforma en que nos comunicamos e relacionamos
• É unha realidade que se está a expandir a todas as idades e ámbitos socio-económicos, con enorme impacto en todos os procesos comunicativos e, polo tanto, na educación e no traballo
• Obxectivo Aproveitar o enorme potencial desta tecnoloxía para mellorar a aprendizaxe, a comunicación, a organización do traballo, e o traballo en grupo
• Estamos ante novas formas de traballar e aprender en rede, ondecobran protagonismo as nosas relacións sociais: con expertos (para aportar valor, coñecemento e matices) e iguais (intercambio de coñecemento, cooperación e colaboración)
A aprendizaxe formal baséase esencialmente en …
• Adquisición de coñecemento explícito– Fácil de obter, expresar, transmitir e estruturar Contido en medios escritos e audiovisuais
• Transmisión vertical– Instrución Profesor Alumno
• Traballo e adquisición individual– Construción coñecemento esencialmente baseada no estudo, a memorización e a repetición mediante o traballo individual
• Relacións formais – Organizadas, predeterminadas– Restrinxidas á aula– Centralizadas polo profesor Pouco protagonismo do alumno
Aprendizaxe en rede (informal)• Aprendizaxe obtida a través da relación social
• Axeitado para adquisición de coñecemento tácito
• know-who cobra relevancia frente a know-how“Non é só o que sabes, senón taména quen coñeces”
• Traballo e adquisición de coñecemento esencialmente colectivo
• Relacións de tipo informal
– Espontáneas, non previstas nin predeterminadas
– Cédese protagonismo á rede persoal de aprendizaxe(Personal Learning Network – PLN) Aprendizaxe en rede
• Fomenta autoaprendizaxe etraballo colaborativo
Aprendizaxe en rederesulta necesario parareaccionar ante unharealidade moi dinámica
Coñecemento actualizado dunha realidade moi dinámica, imposible de ser reflexada en libros
Tecnoloxía, Saúde, Ciencias, Arte, Linguas, …
Aprendizaxe en rede resulta esencial para aprendizaxe das linguas e para
mellorar a competencia en comunicación lingüística
A Web 2.0 fomenta a escritura, a lectura, a producción de contidos e sobre todo a
relación, a participación, o debate, a crítica
Aprendizaxe informal ante a infoxicación
• pasamos dun extremo ao outro
– Dunha época de escaseza e difícil acceso a información e contidos a outra de fácil acceso, inmediatez e gran abundancia E moi fácil verse desbordado
• Obxectivo: Extraer información útil de fontesfiables (veraz e con calidade)
Se dispoño dunha boa Rede Persoal de Aprendizaxe podo aproveitala para
Obter recomendacións de interese,
Buscar entre os contidos publicados pola miña rede de aprendizaxe,
Estar permanentemente actualizado e informado, con información axeitadamente filtrada e escollida,
Coñecer boas prácticas, etc.
Pon Internet a traballar para ti!
• A túa Rede Persoal de Aprendizaxe– axúdache a filtrar información para identificar a máis útil– axúdache a identificar recursos de aprendizaxe– asesórache e axuda para responder dúbidas e preguntas– comparte contigo coñecemento e experiencia a través do
diálogo
• A construción dunha PLN require solidariedade ti aprendes dos demais, pero tamén debes axudar aosdemais a aprender. Hai que pensar que “sempre se pode aportar algo”
Unha PLN pode converterse na ferramentade aprendizaxe máis poderosa
Clave da aprendizaxe informal Construírunha boa Rede Persoal de Aprendizaxe
(Persoal Learning Network – PLN)
Entre todos é máis fácil
O que sei eu
O que
sabes ti
Entre todos é máis fácil
O que sei
eu
O que
sabes ti
O que
sabemos
os dous
Entre todos é máis fácil
Lo que
sé yo
Lo que
sabes tú
Lo que
sabemos
los dos
Entre todos é máis fácil
O que sei
eu
O que
sabes ti
O que
sabemos
os dous
O que
aprendemos
xuntos
A aprendizaxe informal cada vez é máis apreciada
• Son cada vez máis os profesionais da educación que
reflexionan sobre os procesos de aprendizaxe informal e
que se pode aprender deles para aplicar aos procesos
formais e non formais.
• Incluso a Comisión Europea manifestou o seu interese en
buscar mecanismos para visibilizar e acreditar as
aprendizaxes informales, desde un punto de vista laboral,
e ligado ás políticas de aprendizaxe ao longo da vida,
como se pode ver no documento RECOMENDACIÓN DEL
CONSEJO (de 20 de diciembre de 2012) sobre la
validación del aprendizaje no formal e informal.
Computación na nube (Cloud Computing)
• Moi estreitamente ligado á Web 2.0atópase o concepto da Computación na nube (Cloud Computing) que está revolucionando a nosa forma de traballar
• A computación na nube refírese ao feitode poder usar hardware (ordenadores e almacenamento) e executar software(programas e aplicacións) que se atopan na nube, é dicir, que son accesibles a través de Internet desde calqueraparte do mundo e en calquera momento
• Esta dispoñibilidade global e ubicua dos recursos hardware e software fai que, ademáis, resulteextremadamente sinxelo compartilos con outras persoas
Nada mellor que unha rede de aprendizaxena nube Dispoñibilidade, ubicuidade e globalidade
• Toda a vida se empregaron redes persoales de aprendizaxe: traballo, casa, barrio, colexio, universidade, etc.
• Pero estas redes eran, ou son, físicas e de ámbito local e, polo tanto, non están sempre dispoñibles e non podemos levalas con nós Están ALÍ pero non podemos traelas AQUÍ
• Gracias á Web Social, esta rede pode residir agora na nube epode estar sempre dispoñible e en calquera lugar Agora a nosa rede pode estar sempre AÍ Ubicuidade da PLN
• Además o ámbito xa non é tan só local, senón global (o mundo), sen límites xeográficos nin fronteiras As posibilidades de aprendizaxe e a dispoñibilidade de coñecemento ao nosoalcance multiplícanse e crecen espectacularmente
AÍ
Redes sociais e computación na nube Unha nova metodoloxía para
traballar e aprender en rede na nube 1. Buscar2. Escoitar: Fluxos RSS e Feedly3. Gardar e catalogar: Marcadores
sociais4. Publicar e compartir: YouTube, Blogs,
Instagram, SlideShare, etc.5. Conversar e relacionarse: Twitter,
Facebook, Linkedin Redes sociais6. Colaborar e compartir en espazos comúns: Grupos, Wikis, Google
Drive, Dropbox, Tablóns, etc.
• A formación nesta nova metodoloxía resulta esencial, pero– A curva de aprendizaxe é moi rápida– Aumento notable da eficiencia no traballo e na aprendizaxe desde
os inicios
Ambiente Persoal de Aprendizaxe (PersoalLearning Environment – PLE)
• Un concepto clave relacionado coa aprendizaxe informal na nube e o Ambiente Persoal de Aprendizaxe (Persoal Learning Environment – PLE)
• Definición PLE: Conxunto de ferramentas, fontes de información, conexións e actividades que cada persoa emprega de forma asidua para aprender (Adell e Castañeda, 2010).
• Dito doutra maneira, e en relación coa metodoloxía de aprendizaxe en rede, é o conxunto de ferramentas na nube que nos permite buscar, ler, escoitar, gardar, publicar, conversar, relacionarse, colaborar e compartir
• Ao tratarse dun modelo de aprendizaxe centrado no alumno, cada aprendiz ten o seu propio PLE, que inclúe a súa propia PLN
Neste curso tentaremos amosarvos como crear e manter de xeitoproveitoso un PLE, e a correspondente PLN. Neste sentido, o importante será o concepto e a metodoloxía, non o conxuntoconcreto de ferramentas seleccionadas
top related