departamento de mÚsica...-a textura musical. -os instrumentos antigos: traverso, órgano,...
Post on 26-Jan-2021
3 Views
Preview:
TRANSCRIPT
-
1
DEPARTAMENTO DE
MÚSICA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
IES CIDADE DE ANTIOQUÍA
Xinzo de Limia
Curso 2020-2021
-
2
ÍNDICE
PRESENTACIÓN.................................................................................................... 5
. Membros do Departamento
. Cursos e materias que imparte cada profesor/a
- E.S.O.
- BACHARELATO
. Reunión do Departamento
. Contexto docente
E.S.O
.Segundo curso ..........................................................................................................7 - Obxectivos xerais
- Contidos temporalizados por avaliación - Contidos organizados por bloques
- Actitudes, valores e normas
- Contidos mínimos esixibles
- Contribución da música a adquisición das competencias básicas
- Metodoloxía didáctica
- Criterios de avaliación
- Criterios de cualificación
- Estándares de aprendizaxe
- Actividades de recuperación e reforzo para os alumnos
con materia pendente - Materiais e recursos didácticos
- Temas transversais
- Actividades complementarias e extraescolares previstas
- Medidas de atención á diversidade
.Terceiro curso .........................................................................................................25
- Obxectivos xerais
-Temporalización
- Contribución da materia no logro das competencias - Contidos organizados por bloques
- Contidos mínimos esixibles
- Actitudes, valores e normas
- Metodoloxía
- Criterios de avaliación
- Criterios de cualificación
- Estándares de aprendizaxe
- Actividades de recuperación e reforzo para os alumnos con materia
-
3
pendente
- Materiais e recursos didácticos
- Temas transversais
- Actividades complementarias e extraescolares
- Medidas de atención á diversidade
.Cuarto curso............................................................................................................36
- Obxectivos xerais
- Temporalización
- Contidos
- Contidos mínimos
- Actitudes, valores e normas
- Contribución da música á adquisición das competencias básicas
- Metodoloxía
- Criterios de cualificación
- Actividades de recuperación e reforzo
- Materiais e recursos didácticos
- Temas transversais
- Actividades complementarias e extraescolares
- Medidas de atención a diversidade
BACHARELATO
.1º BACHARELATO .- Linguaxe e práctica musical..................................................52 - Obxectivos xerais
- Temporalización
- Contidos organizados por bloques
- Contidos mínimos
- Actitudes, valores e normas
- Contribución da música a adquisición das competencias básicas
- Metodoloxía didáctica
- Criterios de avaliación
- Criterios de cualificación
- Estándares de aprendizaxe
- Actividades de recuperación e reforzo
- Materiais e recursos didácticos
- Temas transversais - Actividades complementarias e extraescolares
- Medidas de atención á diversidade
.2º BACHARELATO. Historia da música...................................................................70
- Obxectivos xerais
- Contidos organizados por avaliación
- Contidos mínimos
- Actitudes, valores e normas
- Metodoloxía didáctica
- Procedementos de avaliación
- Actividades de recuperación e reforzo - Materiais e recursos didácticos
-
4
- Temas transversais
- Actividades complementarias e extraescolares - Medidas de atención a diversidade
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE……………………………......................................75
PROGRAMA DE REFORZO PARA O ALUMNADO COA MATERIA DE
MÚSICA PENDENTE……………………………………………………………….76
CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN.............................77
ANEXO I: PLAN DE REFORZO E RECUPERACIÓN..........................................78
ANEXO II. ESCENARIOS:
ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL........................................................79
E.S.O.
.Segundo curso................................................................................................................79
.Terceiro curso.................................................................................................................81
.Cuarto curso...................................................................................................................83
BACHARELATO
.1º BACHARELATO.......................................................................................................85
.2º BACHARELATO.......................................................................................................87
-
5
PRESENTACIÓN
Membros do Departamento
María Josefa Mosquera Seoane
Francisco Alfonso Jurado Besada
Cursos e materias que imparte cada profesor/a
ESO
2º curso A
Francisco Alfonso Jurado Besada
2º curso B, C
María Josefa Mosquera Seoane
3º curso
Francisco Alfonso Jurado Besada
4º curso
Francisco Alfonso Jurado Besada
BACHARELATO
1º Bacharelato
Grupo: Francisco Alfonso Jurado Besada
2º Bacharelato
Grupo: María Josefa Mosquera Seoane
Distribución do alumnado por grupos e niveis
Niveis Cursos NºAlumnos/as Nº de Grupos
2º ESO : 3 grupos
3º ESO : 3 grupos
4º ESO: 1 grupo
1º BACH: 1 grupo
2º BACH: 1 grupo
Total : 9 grupos (21 horas + 2 horas Xefatura Departamento: 23 horas
lectivas)
-
6
Temporalización
O desenvolvemento do curso está estruturado en tres trimestres que corresponden con tres
avaliacións.
A programación da área, dentro de cada avaliación ou trimestre, articularase a través de
Unidades Didácticas homoxéneas, que engloben contidos afíns e en grao crecente de
dificultade. O número de horas lectivas dedicada a cada unidade é orientativo, dada a
dificultade que entraña o seguimento estrito debido á diversidade de coñecementos
previos, capacidades e intereses dos alumnos.
Reunión do Departamento
As reunións do Departamento quedarán rexistradas no correspondente libro de actas.
Contexto docente
Xinzo de Limia conta cun Conservatorio Profesional de Música onde realizan
estudos específicos de música algúns dos alumnos que estudan no IES Cidade de
Antioquía.
Así mesmo, a proximidade da referida localidade coa cidade de Ourense facilita
o acceso a ampla Programación musical que ofertan as distintas Institucións ao longo do
ano.
Comprobando sen embargo que a participación do alumnado de tales ofertas é
moi limitada sinalamos a continuación algunas liñas de traballo que nos parecen
prioritarias:
• Dar a coñecer as diferentes propostas musicais que se ofertan na zona
• Fomentar a participación en agrupación musicais aproveitando os recursos da comunidade
• Servir de nexo introductor co mundo cultural de creación
• Introducir na vida diaria a necesidade da práctica musical
• Favorecer un desenvolvemento persoal rico en experiencias artísticas
A programación segue as directrices da lei de educación LOMCE reguladas no
referente as ensinanzas da educación secundaria obligatoria e de Bacharelato da
Comunidade Autónoma de Galiciado Decreto 86/2015 do 25 de xuño.
-
7
2º ESO
Asignatura Música Cód 590016
Profesor/a 2º A: Francisco Alfonso Jurado Besada 2º B, C: María Josefa Mosquera Seoane
OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO
• Recoñecer os elemento básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e interpretación
• Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos e usos musicais establecendo valoracións propias e
autónomas en situacións cotiás.
• Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais mediante o uso da voz e dos instrumentos, co fin de
enriquecer as súas posibilidades de comunicación e expresión,
respetando tamén outras formas de facelo.
• Desenvolver a capacidade de análise de obras musicais como exemplo da creación artística e do patrimonio cultural, comprendendo o seu uso
social e as súas intencións expresivas e relacionalas cos seus propios
gustos e valores.
• Aprender a utilizar de forma autónoma e creativa diversas fontes de información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical,
relacionándoos cos seus propios gustos e valores.
• Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais como fonte de enriquecemento cultural e de placer personal, con vistas a favorecer a
ampliación e diversificación dos seus gustos musicais.
• Participar en actividades musicais, tanto dentro como fóra da aula, individual e grupalmente, con actitude aberta, interesada e respetuosa,
tomando conciencia do enriquecimento que supoñen as aportacións dos
demais.
• Coñecer as diferentes manifestacións musicais a través da historia e a súa significación no ámbito artístico e sociocultural.
• Introducirse na utilización das novas tecnologías para a reproducción, transmisión e grabación do fenómeno musical.
-
8
• Valorar a importancia do silencio como condición previa a música, así como concienciarse da agresión que supón o uso indiscriminado do
sonido.
CONTIDOS (TEMPORALIZADOS POR AVALIACIÓN)
1ªAVALIACIÓN
UNIDADE 1
-O son: produción, transmisión e cualidades do son
-O ruido
-O silencio
-Xéneros musicais: Música popular y música culta; Música religiosa y música profana; música descriptiva y música profana.
UNIDADE 2
-A altura: pentagrama e as notas musicais
-As claves
-Os instrumentos musicais
-A voz: clasificación das voces, a transformación da voz.
UNIDADE 3 -A duración: as figuras musicais
-Instrumentos cordófonos: coda frotada; corda pulsada; corda percutida. - Fabricantes de instrumentos
UNIDADE 4
-A intensidade: as indicacións de dinámica.
-Instrumentos membranófonos: de sonido determinado e indeterminado.
UNIDADE 5
-O timbre: a instrumentación
-Instrumentos idiófonos: idiófonos de madeira, idiófonos de metal e idiófonos de materiais diversos.
UNIDADE 6
-A melodía: compás, intervalos, escalas, acordes.
-Instrumentos aerófonos: embocadura de bisel, embocadura de caña o lengüeta
2ª AVALIACIÓN
UNIDADE 7
-O movemento: o metrónomo; as indicacións de movemento; o carácter.
-Instrumentos electrófonos: electrónicos e electroacústicas.
-
9
UNIDADE 8 -A música popular. A música étnica. -¿Que é o folclore?
-O folclore en Galicia - As formas musicais: forma binaria e forma ternaria
UNIDADE 9
-A creatividade.
-Tipos de xénero
-Instrumentos, voces e forma
-Serie de notas musicais.
-Serie de figuras rítmicas -Serie de indicadores de dinámica.
-Serie de acordes.
UNIDADE 10
-A melodía: escalas, grados, intervalos, acordes, tonalidade.
-As agrupacións orquestais: orquestra de corda, orquestra sinfónica, banda de música.
UNIDADE 11
-O ritmo: compases simples e compostos. -A síncope e o contratempo. -Os grupos de cámara: duetos, tríos, cuartetos, quintetos e outras formacións.
UNIDADE 12
-O folclore: as agrupacións populares; os instrumentos; as danzas. -A textura musical. -Os instrumentos antigos: Traverso, órgano, clavicémbalo.
3ª AVALIACIÓN
UNIDADE 13
-A música e os medios de comunicación: música e radio; música e televisión; música e cine. -Formas musicais: rondó; tema e variacións.
UNIDADE 14
-A música e a publicidade. -Formas musicais: fuga e sonata.
UNIDADE 15
-A música e a tecnología: grabación e reproducción do son; evolución da
informática musical.
-A música escénica: ópera, zarcuela y ballet. -As agrupacións vocales.
-
10
UNIDADE 16
-A orixe da música moderna: o final do século XIX e a década de 1910: espiritual negro, ragtime, blues, estilo New Orleans.
-As décadas de 1920, 1930 e 1940: a big band.
UNIDADE 17
-As décadas de 1950 e 1960: rock-and-roll; folk-rock, pop rock, o soul. -A década de 1970: o rock duro, o punk, o rock progresivo, o reggae, o rock. -A década de 1980: a new wave, a música disco, o funk, o rap, e a música
house.
-A década de 1990: o bacalao.
UNIDADE 18
-A creatividade: composición de partituras. -Agrupacións vocais e instrumentais.
-Textura e formas musicais
CONTIDOS ORGANIZADOS POR BLOQUES
INTERPRETACIÓN E CREACIÓN
Contidos Ob
xec
tiv
os
Comp
etencia
s clave
• Parámetros do son. Elementos básicos da linguaxe musical
• Características da voz e da palabra como medios de expresión
musical
• Instrumentos e corpo como medios de expresión musical
• Agrupacións vocais e instrumentais
• Práctica da relaxación, a respiración, a articulación, a resonancia
e a entoación
• Fomento da sensibilidade estética
N
Ñ
M
CCEL
CCL
CCMT
CCEC
• Grafías e outras formas de notación musical N CCEC
• Exploración das posibilidades de diversas fontes sonoras N CAA
-
11
• Exploración e práctica das técnicas do movemento e a danza G CCEC
• Práctica das pautas básicas da interpretación
• Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación
en grupo
• Aceptación e predisposición para mellorar as capacidades
técnicas e interpretativas propias
A
D
B
CAA
CCEC
• Improvisación, elaboración de arranxos e composición,
elaboración de arranxos de cancións e pezas instrumentais con
acompañamentos sinxelos
• Composición individual ou en grupo de cancións e pezas
instrumentais para distintas agrupacións
A
N
CAA
CCEC
CSIEE
• Práctica de pezas musicais aprendidas a través da memorización
e da lectura de partituras
• Sonorización de representacións dramáticas, actividades de
expresión corporal e danza e imaxes fixas e en movemento
G
N
D
Ñ
CCEC
CSC
CSIEE
ESCOITA
• Utilización de recursos necesarios para a comprensión da música
escoitada
• Identificación dos elementos de música e das súas características
na audición e na análise
• clasificación e discriminación auditiva dos tipos de voces e
instrumentos
N
Ñ
CCEC
• Elementos que interveñen na construcción dunha obra musical N CCEC
• Desenvolver hábitos positivos e de respecto ás demais persoas
durante a escoita
B
A
CSC
• Audicións, análise elemental e apreciación crítica de obras vocáis
e instrumentais de distintos estilos, xéneros, tendencias e culturas
musicais
H
N
CCL
CCEC
-
12
• Sensibilización e actitude crítica ante o consumo indiscriminado
de música e a contaminación sonora
E
F
M
CSC
CSIEE
CD
CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS
• A música ao servizo doutras linguaxes
• Análise da música empregada en diferentes tipos de espectáculos
e produccións audiovisuais
M
N
CCEC
• Pluralidade de estilos na música actual L
N
CCEC
• Emprego e coñecemento dos recuroso necesarios para a
conservación e a difusión das creacións musicais propias e alleas
• Utilización de diversas fontes de información para indagar sobre
insrumentos, compositores, concertos e producións msicais e
vivo e gravadas
L
N
Ñ
CCEC
CSIEE
• Recollida de información, valoración e exposición do feito
musical e as súas opinións
H
E
CCL
• Música actual: novas tendencias. Concertos en directo E
N
L
CD
CAA
MÚSICA E TECNOLOXÍAS
• Utilización de dispositivos electrónicos, recursos da internet e
software musical
• Aplicación de técnicas de gravación analóxica e dixital para
rexistrar as creacións propias, as interpretacións da aula
• Utilización de tecnoloxías da información nos procesos de
creación musical
• Coñecemento e emprego das tecnoloxías da información na
interpretación e gravación de peas musicais
E
N
CD
CSIEE
-
13
• Emprego e coñecemento dos recursos necesarios para a
conservación e a difusión das creacións musicais propias e alleas
• O son e a música nos medios audiovisuais e nas tecnoloxías da
información e da comunicación.
E
N
CD
ACTITUDES, VALORES E NORMAS
-Valoración da actividade instrumental e vocal como fonte de aprendizaxe, diversión,
relación e expresión
-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocais
como instrumentais
-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como
instrumental, individual e colectiva
-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz
-Apreciación e goce da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas
normas que rexen o comportamento dos mesmos
-Recoñecemento da danza como medio para enriquecer a percepción visual, espacial e
musical e apreciación das súas posibilidades expresivas
-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou
colectivas
-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos
-Sensibilidade ante as obras que constituen o noso patrimonio musical
-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES
1.-A linguaxe da música. Profundización e práctica no coñecemento da linguaxe
musical así como a historia e a práctica da representación gráfica da música. O Son:
principais características, diferencias sonido-ruido, contaminación sonora. A textura: a
horizontalidade e a verticalidade. Monodia, polifonía, contrapunto, melodía
acompañada e homofonía. Procedementos compositivos e formas de organización
musical: principios básicos. Iniciación ás estruturas binarias e ternarias. O rondó e a
sonata
2.-A voz e os instrumentos. A voz na música: cualidades, agrupacións, formas, práctica
vocal con pequenas obras vocais. Os instrumentos: familias e técnicas. Agrupacións
instrumentais: populares, música de cámara e sinfónica. Práctica instrumental con
diferentes instrumentos (Orff, percusión corporal, …) de pequenas pezas musicais.
3.-A música na cultura e a sociedade. A presencia da música noutras manifestacións
artísticas: tradicional (con especial importancia á Galega), popular (inicios, principais
estilos, grupos ou solistas máis importantes…), música en directo, evolución histórica
da música culta occidental (cos principais compositores).
-
14
CONTRIBUCIÓN DA MÚSICA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS
BÁSICAS
A materia de Música contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural
e artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar,
comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e musicais, a
través de experiencias perceptivas e expresivas e do coñecemento de músicas de
diferentes culturas, épocas e estilos. Pode potenciar así mesmo, actitudes abertas e
respectuosas e ofrecer elementos para a elaboración de xuízos fundamentados respecto
ás distintas manifestacións musicais, para establecer conexións con outras linguaxes
artísticas e cos contextos social e histórico aos que se circunscribe cada obra.
A orientación desta materia, na que a expresión xoga un papel importante, permite
adquirir habilidades para expresar ideas, experiencias ou sentimentos de forma
creativa, especialmente presentes en contidos relacionados coa interpretación, a
improvisación e a composición, tanto individual como colectiva, que á súa vez
estimulan a imaxinación e a creatividade. Por outra banda, unha mellor comprensión
do feito musical favorece considerala como fonte de pracer e enriquecemento persoal.
Colabora ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal,
mediante o traballo de colaboración ao que antes nos referimos e á habilidade para
planificar e xestionar proxectos. A interpretación e a composición son dous claros
exemplos de actividades que requiren dunha planificación previa e da toma de
decisións para obter os resultados desexados. Por outra parte, naquelas actividades
relacionadas en especial coa interpretación musical, desenvólvense capacidades e
habilidades tales como a perseveranza, a responsabilidade, a autocrítica e a autoestima,
factores clave para a adquisición desta competencia.
A área de Música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en
actividades musicais de distinta índole, especialmente as referidas á interpretación e
creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo, colabora na adquisición de
habilidades para relacionarse cos demais. A participación en experiencias musicais
colectivas dá a oportunidade de expresar ideas propias, valorar as dos demais e
coordinar as súas propias accións coas dos outros integrantes do grupo e
responsabilizarse na consecución dun resultado.
A toma de contacto cunha ampla variedade de músicas, tanto do pasado como do
presente, favorece a comprensión de diferentes culturas e da súa achega ao progreso da
humanidade e con iso á valoración dos demais e aos trazos da sociedade en que se
vive.
A área de Música tamén contribúe de xeito directo ao desenvolvemento do tratamento
da información e competencia dixital. O uso dos recursos tecnolóxicos no campo da
música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical,
os distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación
do son relacionados, entre outros, coa produción de mensaxes musicais, audiovisuais e
multimedia. Favorece, así mesmo, o seu aproveitamento como ferramenta para os
procesos de autoaprendizaxe e a súa posible integración nas actividades de ocio.
Ademais a obtención de información musical necesita de destrezas relacionadas co
tratamento da información aínda que dende esta materia, merece especial
consideración o uso de produtos musicais e a súa relación coa distribución e os dereitos
de autor.
-
15
A área de Música tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender
a aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aprendizaxe
guiada e autónoma como a atención, a concentración e a memoria ao tempo que
desenvolve o sentido da orde e da análise. Por unha parte, a audición musical esixe
unha escoita reiterada para chegar a coñecer unha obra, recoñecela, identificar os seus
elementos e "apropiarse" desta.
Por outra, todas aquelas actividades de interpretación musical e de adestramento
auditivo requiren da toma de conciencia sobre as propias posibilidades, a utilización de
distintas estratexias de aprendizaxe, a xestión e control eficaz dos propios procesos. En
todos estes casos, é imprescindible unha motivación prolongada para alcanzar os
obxectivos propostos dende a autoconfianza no éxito da propia aprendizaxe.
Respecto á competencia en comunicación lingüística, a área da Música contribúe, ao
igual que outras materias, a enriquecer os intercambios comunicativos e á adquisición
e uso dun vocabulario musical básico. Tamén axuda a integrar a linguaxe musical e a
linguaxe verbal e a valorar o enriquecemento da devandita interacción.
Dende o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo
físico, a área de Música contribúe á mellora da calidade do medio ambiente
identificando e reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso
indiscriminado da música, co fin de xerar hábitos saudables. Ademais os contidos
relacionados co uso correcto da voz e do aparato respiratorio, non só son útiles para
conseguir resultados musicais óptimos, senón tamén para previr problemas de saúde e
para axudar a incidir no desenvolvemento desta competencia.
METODOLOXÍA DIDÁCTICA
Os principios que rexen a elaboración da presente programación serán:
• A Actividade: un método activo que se caracteriza pola concepción inicial de que as cousas se aprenden facéndoas. A actividade supón a posta en marcha dunha
serie complexa de variables, que debido ao talante da nosa área poden ser
corporais, intelectuais, espirituais, afectivas, sociais e expresivo-comunicativas.
• A creatividade: mediante a inclusión de actividades (exercicios, traballos, prácticas, investigacións...) que estimulen o pensamento.
• A interdisciplinariedade: en todo momento terase en conta: - A posibilidade de aproveitar os numerosos puntos de contacto co
currículo das outras áreas.
- A consideración dos contidos transversais como posible elemento
motivador que aúne actividades concretas coma un posible centro de interese.
• Enfoques globalizadores. O enfoque globalizado supón presentar os contidos da ensinanza resaltando as súas relacións con outros contidos doutras áreas e todos
vinculados cun tema de interese para o alumno.
• Intervención pedagóxica. Debe ter un carácter o máis individualizado posible, xa que o seu obxectivo é adaptarse ás características persoais de cada alumno ou
alumna. Este enfoque metodolóxico debe completarse con orientacións e
suxestións do profesor sobre aquelas actividades que máis lle conveñen a cada
-
16
alumno en determinada situación.
• Socialización. É necesario fomentarmos certos hábitos, conductas e actitudes que estimulen un verdadeiro espírito de cooperación e colaboración grupal. Facer
música xuntos implica coordinación e respecto polos demais membros do grupo.
Para afondar neste obxectivo podemos utilizar distintas técnicas de dinámica de
grupos.
• Contorno sociocultural. É fundamental ter en conta os recursos didácticos do contorno sociocultural e os recursos ou medios indirectos, como poidan ser os
medios audiovisuais. A correcta utilización do medio como recurso didáctico
implica por parte do profesor un coñecemento profundo da comunidade e do
contorno musical existente.
• Profesorado. O profesor/a é un axente motivador que, empregando estratexias didácticas diversas, consegue espertar o interese e a participación activa do
alumno. Entre as estratexias básicas debemos recordar: estimular a participación
activa dos alumnos en clase; fomentar o traballo en grupo; evitar as sancións
negativas polo fracaso e a falta de recoñecemento persoal polo éxito; procurar
que o alumnado interveña na planificación didáctica, por exemplo na súa
preparación, opinando sobre a súa realización das actividades que se propoñan;
invitar ao alumnado a participar na avaliación da súa aprendizaxe; coidar a forma
de presentación da información, non abusando sempre da mesma vía de
comunicación; empregar estratexias que fagan revivir nos/nas alumnos/as os
coñecementos anteriores para construír sobre eles a aprendizaxe dos novos
coñecementos; espertar e desenvolver en todo momento a creatividade nos/nas
alumnos/as...
Polas súas características, o método científico ten moita utilidade na nosa área,
xa que a interacción teoría-práctica é continua e, dado o nivel de
desenvolvemento dos coñecementos do alumnado, precisa enormemente unha
base empírica.
O método científico parte de cinco etapas:
-Presentación do problema: coñecementos dos feitos, detección dun punto
escuro, reducción e formulación do problema.
-Construcción dun modelo teórico: formulación de hipóteses.
-Deducción das consecuencias.
-Proba das hipóteses formuladas.
-Introducción das conclusións na teoría preexistente e reaxuste do modelo
establecido en base a elas.
A este respecto convén termos en conta que non hai métodos bos ou malos. A
elección dependerá da calidade da axuda didáctica que se lle ofreza a cada alumno en cada momento, en función das súas necesidades e da posibilidade de
acadar unha aprendizaxe significativa.
-
17
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
INTERPRETACIÓN E CREACIÓN
• Distinguir e utilizar os elementos de representación gráfica nunha partitura.
• Discriminar os tipos de textura diferentes a partir dunha audición.
• Coñece o procedemento para elaborar obras musicais.
• Participa correctamente nas montaxes musicais de grupo.
• Improvisa instrumentalmente a partir dunhas pautas dadas.
ESCOITA
• Identifica os distintos instrumentos e voces nunha audición.
• Lee e interpreta a partir dunha partitura
• Discrimina a época ou a cultura á que pertence unha música.
• Describe elementos da forma e da estrutura musical (ritmo,melodía, textura ,timbre..) dunha peza musical escoitada.
CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS
• Exercicios que relacionan a música con outras disciplinas.
• Interese por distintas músicas do tempo e do espazo.
• Distinguir as grandes épocas da historia da música.
• Empregar linguaxe apropiado ó falar da música.
MÚSICA E TECNOLOXÍAS
Utilizar con autonomía recursos tecnolóxicos para gravar,reproducir, crear e interpretar
música.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A cualificación componse de 3 partes:
-Nota media do/s exame/s escrito/s ou proxecto ao final da avaliación. Supón o 60% da
cualificación final (6 puntos sobre 10) e para que a nota obtida neste apartado se sume á
nota final, é obrigatorio aprobalo (é dicir, obter 3 puntos dos 6 totais).
-Práctica musical. 30 % da cualificación final (é dicir 3 puntos dos 10 máximos). Esta
nota componse das cualificacións obtidas nas diferentes actividades formativas de
carácter práctico levadas a cabo en cada avaliación.
-Notas de clase (tarefas en casa e na clase. Caderno de clase). Participación, actitude e
comportamento na aula. 10 % da cualificación final (é dicir 1 punto dos 10 máximos).
-
18
- No caso que algún alumno teña cualificación negativa nalgunha proba/exame, poderá
recuperar a nota desa proba antes da data da avaliación. Esa proba poderá ser realizada
por tódolos alumnos, de xeito que os que teñan o exame aprobado poderán subir nota. A
nota a ter en conta, será a mais alta, sempre que entre a nota mais alta e a mais baixa dese
exame non haxa unha diferencia de mais de catro(4) puntos. Nese caso, a nota dese exame
será a media aritmética de ámbalas dúas notas
Realizaranse probas escritas ou traballos para a recuperación de cada avaliación suspensa
Para aqueles alumnos que teñan que realizar o exame en setembro por non ter aprobado a
asignatura en Xuño, valorarase soamente unha proba, a cal será escrita e valorará tanto
coñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos.
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
• Recoñece os parámetros do son e os elementos básicos da linguaxe musical
• Recoñece e aplica os ritmos e os compases a través da lectura ou a audición de
pequenas obras
• Identifica e transcribe ditados de patróns rítmicos e melódicos con formulacións
sinxelas
• Distingue e emprega os elementos que se utilizan na representación gráfica da
música
• Improvisa e interpreta estruturas musicais elementais
• Utiliza os elementos e recursos adquiridos para elaborar arranxos e crear
cancións, pezas instrumentais e coreografías
• Amosa interese polo coñecemento e a aplicación de técnicas e as normas do
coidado da voz, corpo e instrumentos
• Canta pezas vocais propostas con unha correcta emisión da voz
• Practica a relaxación, repiración, articulación, resonancia e entoación
• Adquire e aplica habilidades técnicas e interpretativas nas actividades de
interpretación
• Coñece e pon en práctica as técnicas de control de emocións
• Realiza improvisación e composición s partindo de pautas previamente
establecidas
-
19
• Amosa actitude de superación e mellora das súas posibilidades e respecta as
capacidades e formas de expresión dos compañeiros
• Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas de
diferentes xeneros, estilos e culturas
• Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do
patrimonio español e galego
• Amosa apertura e respecto cara ás propostas do profesorado e dos compañeiros
• Practica as pautas básicas da interpretación
• Participa activamente en agrupacións vocais e instrumentais
• Diferencia as sonoridades dos instrumentos da orquestra
• Diferencia as sonoridades dos instrumentos da música popular moderna, folclore
e outras agrupacións musicais
• Sigue partituras como apoio á audición
• Valora e aplica o silencio como elemento indispensable para a interpretación e
audición
• Describe os elementos das obras musicais propostas
• Utiliza de xeito guiado recursos como apoio á análise musical
• Emprega conceptos musicais para comunicar coñecementos, xuízos e opinións
musicais de forma oral e escrita
• Toma conciencia da contribución da música á calidade da experiencia humana
• Elabora traballos de indagación sobre a contaminación acústica
• Recoñece crea e interpreta distintas manifestacións de danza
• Distingue as diversas funcións que cumpre a música na nosa sociedade
• Amosa interese por coñecer os xéneros musicais e as súas funcións expresivas
• Valora e respecta a importancia do patrimonio musical español e galego
• Practica, interpreta e memoriza pezas vocais, instrumentais e danzas do
patrimonio español e galego
• Coñece e describe os instrumentos tradicionais españois e galegos
-
20
• Contribúe á conservación, recuperación e transmisión do patrimonio musical
galego
• Emprega un vocabulario adecuado para describir percepcións e coñecementos
musicais
• Comunica coñecementos, xuízos e opinións musicais de xeito oral e escritos.
Utiliza diversas fontes de información de xeito guiado para indagar sobre novas
tendencias, representantes, grupos de música popular…
• Interese por ampliar e diversificar as preferencias musicais propias
• Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como
ferramentas para a actividade musicais
• Participa na produción musical
• Utiliza de xeito guiado as fontes e os procedementos apropiados para elaborar
traballos sobre temas relacionados co feito musicais
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS/AS COA
MATERIA PENDENTE
Faranse exames de recuperación en cada avaliación das partes suspensas teórica e/ou
práctica. As porcentaxes serán as mesmas que nos exames ordinarios.
Para aqueles alumnos que teñan que realizar exame en setembro por non ter aprobado a
asignatura en Xuño, valorarase soamente unha proba, a cal será escrita e valorará tanto
coñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
-Libro de Música e caderno de traballo de 2º de E.S.O. da Editorial Galinova.
- O I.E.S. Cidade de Antioquía conta con:
* un aula de música onde se imparten as clases
* instrumentos Orff
* guitarras españolas
* teclado eléctrico (Clavinova) con rexistros de piano, órgano e clave
* equipo de música para CD́s, cassettes e discos
* CD́s ,cassettes e discos que abarcan casi todos os estilos da música
* libros e tomos da Historia da Música *Un ordenador
*Micrófonos
*Mesa de mezclas de 10 canales.
-
21
TEMAS TRANSVERSAIS
Os contidos da presente programación son abordados dende os procedementos ata os
conceptos, con grande atención ás actitudes, tal e como corresponde á unha área
eminentemente práctica. Por esta razón, e polo que supón de educación do espírito e do
intelecto, os temas transversais son sumamente sinxelos de abordar en relación ao resto de
contidos da área.
Educación ambiental
É tratada a través do interese espertado polo estudio da contaminación sonora, o nivel de
ruídos no contorno, o coidado pola producción excesiva de sons por parte do propio
alumnado e a atención ao silencio como marco imprescindible na execución musical.
A construcción de instrumentos musicais con materiais de refugallo facilita un
achegamento e respecto polas tarefas de reciclaxe e o conseguinte respecto polo medio
ambiente.
Educación para a saúde
A práctica musical realízase corporalmente, polo que leva consigo a apreciación do corpo
e das súas posibilidades de movemento global e segmentario, de expresión e de
comunicación consigo mesmo e cos demais.
A través do movemento obtense unha posición e un ton muscular correctos, co engadido
dunha completa osixenación que favorece o crecemento e desenvolvemento corporal,
axudando na procura dunha imaxe máis adecuada de si mesmos. O coñecemento do
propio corpo debe implicar a interiorización e automatización dos movementos, sexan
estes ben de tipo exploratorio con desprazamento asociado, ben expresivo-comunicativos,
funcionais ou artísticos, así como dos procesos respiratorios e de percepción espacial e
espazo-temporal implicados neles.
O coñecemento da voz e dos cambios que se producen nela ao longo da etapa secundaria
obrigatoria, incluso no bacharelato, é fundamental á hora de considerar a hixiene vocal, e
incide na educación ambiental ao non producir con sons innecesarios un exceso de ruído
no contorno. Evitar vicios que afecten ao aparello respiratorio, intentando conseguir unha
forma física aceitada.
A práctica instrumental axuda na consecución dunha posición e un ton muscular
equilibrado. O coñecemento corporal logrado implica a interiorización e automatización
dos procesos mecánicos implicados no movemento e que relacionan a súa execución coa
audición interior ou coa lectura musical directa da obra.
Convén lembrar que a música, polos seus compoñentes afectivos, fisiolóxicos e
intelectuais, incide positivamente no equilibrio persoal e anímico nas persoas, tanto dende
o punto de vista do oínte como do intérprete ou do creador.
Educación para a igualdade entre os sexos
A educación a partir da música non está, inicialmente, ligada ao sexo, xa que todos se
poden expresar por igual a través dela. Sen embargo, as actividades musicais previstas
poden servir como demostración das diferencias e similitudes existentes entre os dous
sexos, e como mostra da necesidade da súa complementariedade.
-
22
Os exercicios e xogos en relación ao movemento e á danza estiveron tradicionalmente
máis enfocados cara ás nenas por motivos puramente sociais e culturais. A nosa
programación incide na realización de bailes de grupo nun primeiro momento, debido á
situación corporal experimentada polos adolescentes, para pasar rapidamente á execución
de exercicios por parellas mixtas, que poden ser fixas ou ben con cambio de parella,
ademais dos bailes de grupo.
Dende o punto de vista da práctica vocal, a complementariedade e necesidade dos dous
sexos é evidente á hora de cantar a voces mixtas. A maior parte do repertorio vocal dos
períodos da historia da música foi pensada para formacións vocais de homes e mulleres;
ademais, nos casos nos que as obras fosen ideadas para coros de voces iguais, é posible
conxuntar só ás persoas do sexo implicado.
Finalmente, toda actividade musical en grupo parte do principio de integración, de reparto
de traballos e respecto mutuo aos demais integrantes da clase, independentemente do sexo
ao que pertenzan.
Educación para a paz e a tolerancia
A educación para a paz e a tolerancia mantén unha presencia máis que constante na
secuencia, a través dun tratamento dobre: por un lado, cara ás persoas do contorno
inmediato; por outro, ás diferentes culturas presentes no mundo, a partir da práctica ou
audición de obras folclóricas.
A aceptación das regras dos xogos, pasos da danza ou da coreografía, das regras de
actuación, a localización no plano sonoro axeitado, a atención aos demais na práctica
vocal, instrumental e de movemento... implican un acatamento das normas,
imprescindible á hora de considerar o desenvolvemento social do individuo,
especialmente polo que á interacción cos outros elementos do grupo se refire.
A comprensión das diferentes culturas vén propiciada pola audición, práctica vocal e
instrumental, así como pola execución de danzas folclóricas das diferentes etnias
mundiais. Este coñecemento proporciona os criterios necesarios para poder diferenciar as
características da cultura propia das outras, promovendo a valoración do seu patrimonio
cultural e, máis concretamente, musical, polo que supón de propio.
Educación para o lecer
Debido ao aumento do tempo libre, faise necesario inculcar no alumnado o sentido do
lecer, do aproveitamento do seu tempo, a través de actividades lúdico-musicais
extraescolares.
As diferentes ofertas en relación á danza existente, sexa folclórica ou de salón, favorecen
no alumnado o desenvolvemento persoal, tanto físico como espiritual, entendendo este
último como un crecemento da sensibilidade, a cultura e o sentir estético.
Outra actividade de ocupación do tempo libre pasa pola práctica musical, ben de tipo
vocal ou ben instrumental. Debido á idade dos rapaces e rapazas, a súa preferencia
decántase pola práctica instrumental e resulta frecuente que compatibilicen os seus
-
23
estudios obrigatorios coa aprendizaxe dun instrumento musical, en centros especializados
diversos (academias, escolas de música, conservatorios e centros autorizados).
Educación do consumidor
O consumo da música é algo habitual entre os adolescentes, máxime ó estaren influídos
pola mensaxe publicitaria e a moda. Por isto é conveniente desenvolver neles unha
actitude crítica ante o fenómeno musical, especialmente ante a proliferación de “estrelas”
(solistas ou grupos) co único mérito de contar cunha completa e orquestrada campaña
publicitaria, exenta de calquera tipo de criterios musicais. O sentido crítico debe estar
presente para evitar caer nun consumo excesivo e inxustificado, máxime cando se trata de
obras non pertencentes ó repertorio que lles é propio.
O tratamento deste tema transversal realizarase nunha primeira fase aumentando a
consideración persoal cara á súa propia música e costumes, propiciando o aumento da súa
capacidade de elección á hora de consumir música, preferentemente, e debido á súa idade,
de pop e rock con influencias folclóricas (principalmente no que se refire ó idiomático e
instrumental), ou ben doutros tipos de música folclórica ou xuvenil. E, en segundo lugar,
comprendendo a beleza das outras culturas por proxección da propia, no sentido do
respecto ás unidades maiores dende países máis pequenos, é dicir, dende a súa parroquia
ou aldea (na orde pobo, comarca, provincia, comunidade, estado, comunidade europea)
ata outros países máis afastados na distancia e, polo tanto, nas súas manifestacións, pero
nin máis nin menos ricas cás propias.
Educación vial
Trátase do tema transversal máis complexo de tratar en relación aos contidos da área, xa
que os demais están directamente relacionados con eles, e este só pode ser traballado
especificamente, a través de cancións, actividades alusivas, etc.
Educación moral e cívica
A área de música posúe un destacado compoñente de contidos actitudinais baseados no
respecto ás normas, aos demais, ao material da aula... reflectidos na secuencia. Por outra
parte, a música, ó longo do tempo amosou a súa relación coa sociedade, polo que a
educación cívica a través dela apareceu como constante en tódalas épocas.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS
Se a situación sanitaria o permite:
-Asistencia a concertos didácticos
-Visita a unha catedral ou igrexa con órgano
-
24
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
O principio de continuidade na avaliación permite prestar unha atención ás diferencias
que os/as alumnos/as van mostrando nas actividades que aplican e concretan os
conceptos, procedementos e actitudes seleccionados. Elo fai posible organizar
actividades de apoio, para os/as alumnos/as que mostren algunha dificultade, e
actividades de desenvolvemento, para quen mostren un maior interese e/ou capacidade.
O noso material presenta unha grande variedade de procedementos que traducen o noso
desexo de alentar e fomentar o desenvolvemento das capacidades perceptivas e
expresivas da educación musical respectando as diferencias de comprensión e expresión.
A variedade de procedementos metodolóxicos e de actividades de aprendizaxe que se
presentan aportan o material necesario para atender á diversidade. O/A profesor/a, no
contexto da súa clase e en relación co seu grupo, poderá determinar con maior precisión
o momento no que tratará determinados contidos e a atención e profundidade que deberá
darlles. Trátase de afrontar a atención á diversidade a través da ensinanza personalizada,
para favorecer a construcción de coñecementos por parte do alumnado. A maneira de
chegar a este alumnado non supón un tratamento específico e diferencial para cada un
deles, senón atopar formas metodolóxicas e didácticas, a través das cales se poida
acceder ao obxecto de aprendizaxe dende as propias características individuais.
-
25
3º ESO Asignatura Música Cód 590016
Profesor/a Francisco Alfonso Jurado Besada
OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO
-Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e
interpretación
-Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais
mediante o uso da voz e dos instrumentos, co fin de enriquecer as súas posibilidades
de expresión
-Aprender a utilizar os medios audiovisuais, as tecnoloxías e as diversas fontes de
información para o coñecemento, disfrute e apreciación musical e adquirir un sentido
crítico das mesmas valorando as súas posibilidades expresivas e de coñecemento.
-Desenvolve-la capacidade de análise de obras musicais como exemplo da creación
artística e do patrimonio cultural, comprendendo o seu uso social e as súas intencións
expresivas
-Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos
musicais e establecer valoracións propias
-Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais como fonte de
enriquecemento cultural e de pracer persoal, con vistas a favorecer a ampliación e
diversificación dos seus gustos musicais
-Participar en actividades musicais, tanto dentro como fóra da aula, individual e
grupalmente, con actitude aberta, interesada e respectuosa en un entorno de igualdade,
cooperación e tolerancia.
-Desenvolver e valorar o esforzo a disciplina e, consolidar hábitos de traballo
individual e en equipo adquirindo un espíritu emprendedor e iniciativa persoal.
-Coñecer as diferentes manifestacións musicais a través da historia e a súa significación
no ámbito artístico e sociocultural.
-Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción, transmisión e
gravación do fenómeno musical
-
26
TEMPORALIZACIÓN
• 1ª AVALIACIÓN
o UD 1: Elementos da Música o UD 2: Antigüidade e Idade Media o UD 3: O Renacemento
• 2ª AVALIACIÓN
o UD 4: O Barroco o UD 5: O Clasicismo
o UD 6: O Romanticismo
• 3ª AVALIACIÓN
o UD 7: O Século XX o UD 8: Música e medios audiovisuais o UD 9: Música e TIC
CONTRIBUCIÓN DA MATERIA NO LOGRO DAS COMPETENCIAS
• Comunicación lingüística (CCL)
A música como linguaxe que é sen dúbida potencia a aprendizaxe doutras linguas e da
comunicación. A expresión musical é un elemento de comunicación que complementa a
outros máis explícitos, pero que ten o poder de comunicar o que a linguaxe falada ou
escrita non pode. Neste senso o alumnado nestas idades atopa no feito musical un xeito
de expresión tanto colectivo como individual que vai conformando á súa personalidade
e que forma parte importante da súa comunicación có resto, e da súa autoafirmación
como persoa. Ademais disto é obvio que a palabra forma parte da música vocal, polo
que o uso das linguas asociado ó feito musical é unha oportunidade constante para que
ambas linguaxes se potencien. A linguaxe musical tamén ten elementos de
comunicación como as frases, suxeitos, antecedente, consecuente, cadencias,
repeticións, motivos,...que propician a análise destes elementos.
• Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)
A matemática e a música comparten conceptos como a duración das figuras, o tempo ,
a medida do ritmo e dos compases, a interválica...tamén outros eidos da ciencia como a
física do son ou a bioloxía da música son precisos para afondar no feito musical. A
tecnoloxía non é allea porque moitos dos avances de gravación e reprodución do son
teñen un gran impacto e repercusión na vida cotiá dos propios educandos.
-
27
• Competencia dixital (CD)
As posibilidades informáticas aplicadas á música son máis cada día, dende os editores
de partituras ata os editores de son, programas de manipulación dixital do son e os que
posibilitan a creación orixinal de produtos dixitais nos que a música ten un papel
predominante.
• Aprende a aprender (CAA)
A Música é unha oportunidade para o alumnado de creación e expresión a partir dos
seus coñecementos e capacidade artística, complementaria doutras capacidades. En
moitos casos alumnado con dificultades noutras áreas do coñecemento atopan na
música un medio de creación e expresión satisfactorio que lle aporta autoestima e
experiencias satisfactorias no ámbito docente, contribuíndo notoriamente á súa
integración e motivación.
• Competencias sociais e cívicas(CSC)
A través da música o alumnado exercita a tolerancia coas outras opcións ou gustos,
tamén exercita a convivencia a través da práctica colectiva que precisa de todos para
producirse e non discrimina a ninguén pois cada un ten un papel necesario e distinto,
como na vida mesma. A disciplina do ensaio, da aprendizaxe lenta, da integración no
grupo é algo que a música consegue sen querer.
• Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
A creación musical é unha oportunidade para propoñer ideas ós demais, para
compartir.
• Conciencia e expresións culturais(CCEC)
Sen dúbida é esta a competencia clave menos transversal, xa que ó tratarse
dunha actividade artística contribúe de cheo con ela. O coñecemento da música
histórica, étnica, comercial,...en definitiva das músicas que eles non consumen
espontáneamente e algo fundamental para que completen a súa cultura e
achegamento ó arte, o que lles dará as claves para comprende e gozar da
actividade musical moito máis no futuro.
-
28
CONTIDOS ORGANIZADOS POR BLOQUES
INTERPRETACIÓN E CREACIÓN
CC OBX
Elementos da representación gráfica na música CCEC N
Textura CCEC,CAA N,b
Procedementos compositivos CCEC N,b
Movemento e danza
básicos,relaxación,entoación,interpretación en grupo
CCEC,CSIEE M,c,d
Sonorización de imaxes e danzas CCEC,CSIEE M,c,d
Composicións básicas CCAA,CCEC A,n
Práctica de interpretación en grupo a partir da lectura
de partituras
CCEC A,c,d,g,ñ
Interpretación con diversas fontes sonoras CCEC,CD,CAA
N,b,e
ESCOITA
CONTIDOS CC OBX
Discriminación auditiva de voces e instrumentos nas
distintas agrupacións CCEC,CAA M,n
Identificación de elementos da música na audición e
análise das obras musicais CCEC B,n
Audición,análise e apreciación de todo tipo de obras
musicais , concertos en vivo CCAA,CCEC,CS
C L,n,g
Elementos da obra musical : melodía,
ritmo,harmonía, timbre, textura,
forma,tempo,dinámica. Valoración da audición
CCEC,CAA,CCL H,e
CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS
CONTIDOS CC OBX
Músicas e outras linguaxes ( corporal,
teatral,cine,publicidade,radio,...) CCEC,CCL N,f
Investigación utilizando diversas fontes dun tema
musical
Música nos medios audiovisuais e tecnolóxicos
CCEC,CAA L,n,ñ
-
29
Recoñecemento no espazo e no tempo das
manifestacións musicais máis significativas do
patrimonio musical propio e alleo
CCEC,CAA B,f,ñ
Épocas da historia da música, características principais CCEC,CSC,CCL
N
Valoración e exposición do feito musical CCL,CD,CAA H,n,g,e
MÚSICA E TECNOLOXÍAS
CONTIDOS CC OBX
Utilización de dispositivos electrónicos e recursos de
internet para a escoita, interpretación e creación
musical.
Utilización de técnicas de gravación.
Utilización das TIC no proceso de creación musical.
CD,CCEC,CSC,CSIEE
E,n
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES
1.-A linguaxe da música. Profundización e práctica no coñecemento da linguaxe
musical así como a historia e a práctica da representación gráfica da música. O Son:
principais características. A textura: a horizontalidade e a verticalidade. Monodia,
polifonía, contrapunto, melodía acompañada e homofonía. Procedementos
compositivos e formas de organización musical: principios básicos. Iniciación ás
estructuras binarias e ternarias. O rondó e a sonata
2.-Os instrumentos. Os instrumentos: familias e técnicas. Agrupacións instrumentais:
populares, música de cámara e sinfónica. Práctica instrumental con diferentes
instrumentos (Orff, percusión corporal…) de pequenas pezas musicais.
3.-A música na cultura e a sociedade. A presencia da música noutras manifestacións
artísticas: tradicional (con especial importancia á Galega), popular (inicios, principais
estilos, grupos ou solistas máis importantes…), música en directo, evolución histórica
da música culta occidental (cos principais compositores) e a música e o cine.
4.-As orixes da Música Occidental. A música relixiosa e profana no Medievo. A música
no Renacemento. O Barroco musical. A música vocal e instrumental e as súas formas.
A música e os músicos do clasicismo ao romanticismo. A música instrumental no
Clasicismo: sonata, sinfonía, de cámara, o piano e o lied. O teatro musical do
Clasicismo ao Romanticismo. A música na sociedade contemporánea. Movementos
musicais na primeira metade do século XX. As vangardas e a música actual:
incidencias das novas tecnologías.
5.- Grandes compositores.
-
30
6.- Música e medios de comunicación. O son grabado. A música no cine, radio e
televisión.
ACTITUDES, VALORES E NORMAS
-Valoración da actividade instrumental e vocal como fonte de aprendizaxe, diversión,
relación e expresión
-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocais
como instrumentais
-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como
instrumental, individual e colectiva
-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz
-Apreciación e goce da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas
normas que rexen o comportamento dos mesmos
-Recoñecemento da danza como medio para enriquecer a percepción visual, espacial e
musical e apreciación das súas posibilidades expresivas
-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou
colectivas
-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos
-Sensibilidade ante as obras que constituen o noso patrimonio musical
-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación
METODOLOXÍA DIDÁCTICA
Os principios que rexen a elaboración da presente programación serán:
• A Actividade: un método activo que se caracteriza pola concepción inicial de que as cousas se aprenden facéndoas. A actividade supón a posta en marcha
dunha serie complexa de variables, que debido ao talante da nosa área poden ser
corporais, intelectuais, espirituais, afectivas, sociais e expresivo-comunicativas.
• A creatividade: mediante a inclusión de actividades (exercicios, traballos, prácticas, investigacións...) que estimulen o pensamiento.
• A interdisciplinariedade: en todo momento terase en conta: - A posibilidade de aproveitar os numerosos puntos de contacto co
currículo das outras áreas.
- A consideración dos contidos transversais como posible elemento
motivador que aúne actividades concretas coma un posible centro de interese.
-
31
• Enfoques globalizadores. O enfoque globalizado supón presentar os contidos da ensinanza resaltando as súas relacións con outros contidos doutras áreas e todos
vinculados cun tema de interese para o alumno.
• Intervención pedagóxica. Debe ter un carácter o máis individualizado posible, xa que o seu obxectivo é adaptarse ás características persoais de cada alumno
ou alumna. Este enfoque metodolóxico debe completarse con orientacións e
suxestións do profesor sobre aquelas actividades que máis lle conveñen a cada
alumno en determinada situación.
• Socialización. É necesario fomentarmos certos hábitos, conductas e actitudes que estimulen un verdadeiro espírito de cooperación e colaboración grupal.
Facer música xuntos implica coordinación e respecto polos demais membros do
grupo. Para afondar neste obxectivo podemos utilizar distintas técnicas de
dinámica de grupos (Philips 6/6, Mesa redonda e Debate, Remuíño de ideas...).
• Contorno sociocultural. É fundamental ter en conta os recursos didácticos do contorno sociocultural e os recursos ou medios indirectos, como poidan ser os
medios audiovisuais. A correcta utilización do medio como recurso didáctico
implica por parte do profesor un coñecemento profundo da comunidade e do
contorno musical existente.
• Profesorado. O profesor/a é un axente motivador que, empregando estratexias didácticas diversas, consegue espertar o interese e a participación activa do
alumno. Entre as estratexias básicas debemos recordar: estimular a participación
activa dos alumnos en clase; fomentar o traballo en grupo; evitar as sancións
negativas polo fracaso e a falta de recoñecemento persoal polo éxito; procurar
que o alumnado interveña na planificación didáctica, por exemplo na súa
preparación, opinando sobre a súa realización das actividades que se propoñan;
invitar ao alumnado a participar na avaliación da súa aprendizaxe; coidar a
forma de presentación da información, non abusando sempre da mesma vía de
comunicación; empregar estratexias que fagan revivir nos/nas alumnos/as os
coñecementos anteriores para construír sobre eles a aprendizaxe dos novos
coñecementos; espertar e desenvolver en todo momento a creatividade nos/nas
alumnos/as...
Polas súas características, o método científico ten moita utilidade na nosa área,
xa que a interacción teoría-práctica é continua e, dado o nivel de
desenvolvemento dos coñecementos do alumnado, precisa enormemente unha
base empírica.
O método científico parte de cinco etapas:
- Presentación do problema: coñecementos dos feitos, detección dun
punto escuro, reducción e formulación do problema.
- Construcción dun modelo teórico: formulación de hipóteses.
- Deducción das consecuencias.
- Proba das hipóteses formuladas.
- Introducción das conclusións na teoría preexistente e reaxuste do modelo
establecido en base a elas.
-
32
A este respecto convén termos en conta que non hai métodos bos ou malos. A elección
dependerá da calidade da axuda didáctica que se lle ofreza a cada alumno en cada
momento, en función das súas necesidades e da posibilidade de acadar unha
aprendizaxe significativa.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
INTERPRETACIÓN E CREACIÓN
• Distinguir e utilizar os elementos de representación gráfica nunha partitura.
• Discriminar os tipos de textura diferentes a partir dunha audición.
• Coñece o procedemento para elaborar obras musicais.
• Participa correctamente nas montaxes musicais de grupo.
• Improvisa instrumentalmente a partir dunhas pautas dadas.
ESCOITA
• Identifica os distintos instrumentos e voces nunha audición.
• Lee e interpreta a partir dunha partitura
• Discrimina a época ou a cultura á que pertence unha música.
• Describe elementos da forma e da estrutura musical (ritmo,melodía, textura ,timbre..) dunha peza musical escoitada.
CONTEXTOS MUSICAIS E CULTURAIS
• Exercicios que relacionan a música con outras disciplinas.
• Interese por distintas músicas do tempo e do espazo.
• Distinguir as grandes épocas da historia da música.
• Empregar linguaxe apropiado ó falar da música.
MÚSICA E TECNOLOXÍAS
Utilizar con autonomía recursos tecnolóxicos para gravar, reproducir, crear e interpretar
música.
-
33
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A cualificación componse de 3 partes:
-Nota media do/s exame/s escrito/s ou proxecto ao final da avaliación. Supón o 60% da
cualificación final (6 puntos sobre 10) e para que a nota obtida neste apartado se sume á
nota final, é obrigatorio aprobalo (é dicir, obter 3 puntos dos 6 totais).
-Práctica musical. 30 % da cualificación final (é dicir 3 puntos dos 10 máximos). Esta
nota componse das cualificacións obtidas nas diferentes actividades formativas de
carácter práctico levadas a cabo en cada avaliación.
-Notas de clase (tarefas en casa e na clase. Caderno de clase). Participación, actitude e
comportamento na aula. 10 % da cualificación final (é dicir 1 punto dos 10 máximos).
Realizaranse probas escritas ou traballos para a recuperación de cada avaliación suspensa
Para aqueles alumnos que teñan que realizar o exame en setembro por non ter aprobado
a asignatura en Xuño, valorarase soamente unha proba, a cal será escrita e valorará tanto
coñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos.
ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE
• Distingue e emprega os elementos da linguaxe musical escrita.
• Comprende e analiza tipos de textura.
• Canta pezas vocais con técnica correcta.
• Practica a relaxación e a entoación.
• Interpreta con corrección individualmente e no grupo.
• Realiza improvisacións e composicións.
• Practica, crea, interpreta e memoriza, pezas vocais, instrumentais e danzas.
• Le e analiza partituras como apoio á audición.
• Amosa interese por músicas doutras épocas e distintos estilos.
• Sabe situar no espazo e no tempo músicas distintas.
• Emprega conceptos musicais para expresarse.
• Utiliza distintas fontes de información para a actividade musical.
• Distingue explica e relaciona as diversas funcións que cumpre a música na sociedade ao longo da historia.
• Emprega un vocabulario adecuado.
• Coñece e cumpre as normas establecidas para realizar as actividades da aula.
• Coñece algunhas das posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e utilízaas como ferramentas para a actividade musical.
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO PARA ALUMNOS/AS
COA MATERIA PENDENTE
-
34
Faranse exames de recuperación en cada avaliación das partes suspensas teórica e/ou
práctica. As porcentaxes serán as mesmas que nos exames ordinarios.
Para aqueles alumnos que teñan que realizar exame en setembro por non ter aprobado
a asignatura en Xuño, valorarase soamente unha proba, a cal será escrita e valorará
tanto coñecementos relativos á linguaxe musical coma coñecementos teóricos.
MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS
- Libro de texto e caderno de traballo de 3ª de ESO da editorial Galinova
- E o material propia da aula.
TEMAS TRANSVERSAIS
A comprensión lectora.
A expresión oral e escrita.
A comunicación audiovisual.
As tecnoloxías da información e da comunicación. O emprendemento.
A educación cívica e constitucional
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PREVISTAS
Se a situación sanitaria o permite:
-Asistencia a concertos didácticos
-Visita a unha catedral ou igrexa con órgano
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
O principio de continuidade na avaliación permite prestar unha atención ás diferencias
que os/as alumnos/as van mostrando nas actividades que aplican e concretan os
conceptos, procedementos e actitudes seleccionados. Elo fai posible organizar
actividades de apoio, para os/as alumnos/as que mostren algunha dificultade, e
actividades de desenvolvemento, para quen mostren un maior interese e/ou
capacidade. O noso material presenta unha grande variedade de procedementos que
traducen o noso desexo de alentar e fomentar o desenvolvemento das capacidades
perceptivas e expresivas da educación musical respectando as diferencias de
comprensión e expresión.
A variedade de procedementos metodolóxicos e de actividades de aprendizaxe que se
presentan aportan o material necesario para atender á diversidade. O/A profesor/a, no
contexto da súa clase e en relación co seu grupo, poderá determinar con maior
precisión o momento no que tratará determinados contidos e a atención e profundidade
que deberá darlles. Trátase de afronta-la atención á diversidade a través da ensinanza
personalizada, para favorece-la construcción de coñecementos por parte do alumnado.
-
35
A maneira de chegar a este alumnado non supón un tratamento específico e diferencial
para cada un deles, senón atopar formas metodolóxicas e didácticas, a través das cales
se poida acceder ao obxecto de aprendizaxe dende as propias características
individuais.
-
36
4º ESO (Específica)
Asignatura Música Cód 590016
Profesor/a Francisco Alfonso Jurado Besada
OBXECTIVOS XERAIS DO CURSO
-Recoñecer os elementos básicos da linguaxe musical que permitan a súa análise e
interpretación
-Adquirir as capacidades necesarias para poder elaborar e recrear ideas musicais
mediante o uso da voz e dos instrumentos, co fin de enriquecer as súas posibilidades de
expresión
-Aprender a utilizar diversas fontes de información para o seu uso social e as súas
intencións expresivas
-Adquirir o vocabulario que permita explicar de forma oral e escrita os procesos
musicais e establecer valoracións propias
-Fomentar a audición activa e consciente de obras musicais como fonte de
enriquecemento cultural e de pracer persoal.
-Participar en actividades musicais, tanto dentro como fóra da aula, individual e
grupalmente, con actitude aberta, interesada e respectuosa.
-Introducirse na utilización das novas tecnoloxías para a reproducción, transmisión e
gravación do fenómeno musical.
- Analizar a función da crítica musical elaborando críticas musicais.
- Expresar opinións fundamentadas das diversas versións de obras musicais de varios
estilos.
- Identificar paralelismos e diferentas nas versións de distintas obras musicais.
- Coñecer as diferentes manifestacións musicais a través da historia e a súa significación
no ámbito artístico e sociocultural.
-
37
TEMPORALIZACIÓN
• 1ª AVALIACIÓN
o UD 1: A música e o cine o UD 2: Compositores de música cinematográfica. O musical o UD 3: A música na radio, TV e na publicidade
• 2ª AVALIACIÓN
o UD 4: A música popular urbana I. O jazz o UD 5: A música popular urbana II. O rock o UD 6: A música popular urbana III. O pop
• 3ª AVALIACIÓN
o UD 7: Patrimonio musical español o UD 8: Patrimonio musical galego o UD 9: Músicas do mundo
CONTIDOS
NOVAS TECNOLOXÍAS
• A historia da grabación
• A edición musical
• Protocolo MIDI
• Os efectos de son (o traballo do Foley)
• Os estudios de grabación
• Os micrófonos
• O software de creación e composición musical
• A música on line
MÚSICA E CINE
• As orixes do cine mudo
-
38
• Historia do cine sonoro
• A música no cine.
• O uso do sintetizador e a música orquestal
• As función da música no cine
• O auxe do musical
• O uso do sintetizador e a música orquestral
• A canción popular no cine
• Novas vías para o xénero musical
• Compositores de música cinematográfica
• A música moderna e o cine
• O videoclip
LINGUAXE MUSICAL
• As notas musicáis. A nomenclatura
• O matiz
• Expresión ou caráter
• Termos de aire
• Signos de repetición
• Signos de prolongación
• A melodía
• Ton e semiton
• As alteracións
• Tipos de escalas
• Os intervalos
• Semitóns diatónicos e semitóns cromáticos
• Nomenclatura dos compases
-
39
• Compases de subdivisión ternaria
• Clasificación das voces humanas
• O acompañamento
• Abreviacións
• Estilos de composición
• Notas de adorno
• As partituras xeráis e as particellas
MÚSICA ESCÉNICA
• O nacemento da danza
• As primeiras civilizacións
• A danza na Idade Media e no Renacemento
• A danza no Barroco
• A danza a finais do s. XVIII e XIX
• A danza no s.XX
• A danza na actualidade
• A danza en España
• A danza no mundo
• Que é o ballet?
• O ballet romántico
• Os ballets rusos
• A danza contemporánea
• O ballet en España
• A ópera e a Zarzuela
PRÁCTICA MUSICAL
• “Marcha para pompa y circunstancia” (E. Elgar)
-
40
• “Polka do cangrexo” (Popular)
• “Baixant de la Font del gat” (Popular)
• “Oigo sonar una gaita” (Popular)
• “Aldapeko” (Popular)
• Ragtime
• O tío Toni (Popular)
• A cucaracha (Popular)
• Estribillos aragoneses (Popular)
• Palmero sube a la palma (Popular)
• Over the arinbow (Popular)
• Parranda de tres (Popular)
• Something stupid (C.Carson Parks)
• “I´m Singing in the rain” ( N.H. Brown)
• “Adeste fidelis” (Popular)
• “Melodía tradicional de navidad”(Popular)
• “Tómbola” (A.Algueró)
• “Guantanamera” Popular
• Indiana Jones (J.Williams)
• “Es un muchacho excelente” (Popular)
• “O señor dos aneis” (h. Shore)
• “Piratas do Caribe” ( Klaus Badel)
• “A bela e a besta” (A. Menken)
• “A frauta máxica” (W. A. Mozart)
• “Romeo e Xulieta” (N. Rota)
• “BSO Forrest Gump” (A. Silvestri)
• “Waterloo”(ABBA)
-
41
• “My heart will go on” (Celine Dion)
• “Oye como va” (Tito Puente/ C. Santana)
• “La fiesta” (Mecano)
• “El ritmo del garaje” (Loquillo y Trogloditas)
• “Congratulations” (C. Richard)
• “La, la, la” (R. Arcusa/ M. de la Calva)
• “Popeye el marino” (D. R.)
• “Rugrats” (D.R.)
• “A Histoira interminable” (G. Moroder)
• “A canción do colacao” (D.R.)
• “As bonecas de Famosa” ( El duende)
• “Final Fantasy” (Nobuo Uematsu)
• “Marcha da Obertura de Guillermo Tell” (G. Rossini)
• “Supercalifragilístico” (BSO Mary Poppins)
Son algunhas das opcións que se poden empregar. Poden xurdir modificacións.
MOVEMENTO E DANZA
• O vals
• Paso dobre
• Charleston e lindy hop.
• Cabaret
• Bailes latinos ( cha cha chá, rumba, tango, bachata, salsa, merengue…)
• Danzas do mundo
DESCUBRIR A MÚSICA
• “Concierto de Brandemburgo nº 5 ( J.S. Bach)
• De ore leonis
• A danza macabra (Saint- Saëns)
-
42
• In the mood (Glenn Miller)
• “Trepak” (Tchaikovsky)
• Danza del molinero (M. de Falla)
• Obertura de Carmen (G. Bizet)
• “Unha venganza infernal” (W. A. Mozart)
• Sinfonía nº6 (L. V. Beethoven)
• “A canción de Paloma” (F. A. Barbieri)
• “Sinfonía nº3 en Fa M, op 90 (J. Brahms)
• “Concierto de Aranjuez” (J. Rodrigo)
• “The sound of music” (R. Rodgers/ O. Hammerstein)
• “West side Story” (J. Rodrigo)
MÚSICA MODERNA
• As orixes do blues
• O desenvolvemento do blues
• As vertentes do blues
• Despóis da II Guerra Mundial
• Dende os anos 60 ata a actualidade
• As orixes do jazz
• O jazz nos anos 30: o swing
• O jazz nos anos 40: be bop
• O jazz nos anos 50: cool jazz e hard bop
• O jazz nos anos 60: free jazz
• O jazz nos anos 70: fusión jazz
• O rock
• O pop
• O soul
-
43
• O funk
• O rap e o hip-hop
A MÚSICA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
• A radio, historia, tipos de ondas e, a música.
• A televisión e a publicidade.
CONTIDOS MÍNIMOS ESIXIBLES
1.- A Música en relación á imaxe, a tecnoloxía e a grabación: breve percorrido histórico e
evolución, as novas tecnoloxías aplicadas á música, edición musical, vanguardias
musicales onde se aplicaron estas tecnoloxías e principais compositores; a música na
Rede.
2.- A Música en relación coa Radio, Tv y Cine: percorrido histórico sobre o comezo,
evolución e principais características da música con cada medio de comunicación.
Principais características da banda sonora e evolución.
3.- As danzas: introdución das danzas do mundo e aprendizaxe de pasos base.
4.- Música popular urbana: percorrido histórico dos principais xéneros: jazz, blues, rock,
pop… principais compositores ou grupos e audicións dos mesmos.
ACTITUDES, VALORES E NORMAS
-Valoración da actividade instrumental e vocal como fonte de aprendizaxe, diversión,
relación e expresión
-Sensibilidade e capacidade crítica ante as interpretacións propias e alleas, tanto vocais
como instrumentais
-Aceptación e cumprimento das normas que rexen a interpretación, tanto vocal como
instrumental, individual e colectiva
-Interese polo coidado e mantemento dos instrumentos e do uso correcto da voz
-Apreciación e goce da audición de obras e espectáculos musicais e respecto polas
normas que rexen o comportamento dos mesmos
-Recoñecemento da danza como medio para enriquecer a percepción visual, espacial e
musical e apreciación das súas posibilidades expresivas
-Participación con interese e creatividade nas distintas actividades individuais ou
colectivas
-Interese por afondar no coñecemento das composicións musicais de distintos estilos
-Sensibilidade ante as obras que constituen o noso patrimonio musical
-Actitude crítica ante a programación de música nos medios de comunicación
-
44
CONTRIBUCIÓN DA MÚSICA Á ADQUISICIÓN DAS COMPETENCIAS
BÁSICAS
A materia de Música contribúe de forma directa á adquisición da competencia cultural e
artística en todos os aspectos que a configuran. Fomenta a capacidade de apreciar,
comprender e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e musicais, a
través de experiencias
perceptivas e expresivas e do coñecemento de músicas de diferentes culturas, épocas e
estilos. Pode potenciar así mesmo, actitudes abertas e respectuosas e ofrecer elementos
para a elaboración de xuízos fundamentados respecto ás distintas manifestacións
musicais, para establecer conexións con outras linguaxes artísticas e cos contextos social
e histórico aos que se circunscribe cada obra.
A orientación desta materia, na que a expresión xoga un papel importante, permite
adquirir habilidades para expresar ideas, experiencias ou sentimentos de forma creativa,
especialmente presentes en contidos relacionados coa interpretación, a improvisación e a
composición, tanto individual como colectiva, que á súa vez estimulan a imaxinación e a
creatividade. Por outra banda, unha mellor comprensión do feito musical favorece
considerala como fonte de pracer e enriquecemento persoal.
Colabora ao desenvolvemento da competencia de autonomía e iniciativa persoal,
mediante o traballo de colaboración ao que antes nos referimos e á habilidade para
planificar e xestionar proxectos. A interpretación e a composición son dous claros
exemplos de actividades que requiren dunha planificación previa e da toma de decisións
para obter os resultados desexados. Por outra parte, naquelas actividades relacionadas en
especial coa interpretación musical, desenvólvense capacidades e habilidades tales como
a perseveranza, a responsabilidade, a autocrítica e a autoestima, factores clave para a
adquisición desta competencia.
A área de Música contribúe tamén á competencia social e cidadá. A participación en
actividades musicais de distinta índole, especialmente as referidas á interpretación e
creación colectiva que requiren dun traballo cooperativo, colabora na adquisición de
habilidades para relacionarse cos demais. A participación en experiencias musicais
colectivas dá a oportunidade de expresar ideas propias, valorar as dos demais e
coordinar as súas propias accións coas dos outros integrantes do grupo e
responsabilizarse na consecución dun resultado.
A toma de contacto cunha ampla variedade de músicas, tanto do pasado como do
presente, favorece a comprensión de diferentes culturas e da súa achega ao progreso da
humanidade e con iso á valoración dos demais e aos trazos da sociedade en que se vive.
A área de Música tamén contribúe de xeito directo ao desenvolvemento do tratamento
da información e competencia dixital. O uso dos recursos tecnolóxicos no campo da
música posibilita o coñecemento e dominio básico do hardware e o software musical, os
distintos formatos de son e de audio dixital ou as técnicas de tratamento e gravación do
son relacionados, entre outros, coa produción de mensaxes musicais, audiovisuais e
multimedia. Favorece, así mesmo, o seu aproveitamento como ferramenta para os
procesos de autoaprendizaxe e a súa posible integración nas actividades de ocio.
-
45
Ademais a obtención de información musical necesita de destrezas relacionadas co
tratamento da información aínda que dende esta materia, merece especial consideración
o uso de produtos musicais e a súa relación coa distribución e os dereitos de autor.
A área de Música tamén contribúe ao desenvolvemento da competencia para aprender a
aprender, potenciando capacidades e destrezas fundamentais para a aprendizaxe guiada e
autónoma como a atención, a concentración e a memoria ao tempo que desenvolve o
sentido da orde e da análise. Por unha parte, a audición musical esixe unha escoita
reiterada para chegar a coñecer unha obra, recoñecela, identificar os seus elementos e
"apropiarse" desta.
Por outra, todas aquelas actividades de interpretación musical e de adestramento
auditivo requiren da toma de conciencia sobre as propias posibilidades, a utilización de
distintas estratexias de aprendizaxe, a xestión e control eficaz dos propios procesos. En
todos estes casos, é imprescindible unha motivación prolongada para alcanzar os
obxectivos propostos dende a autoconfianza no éxito da propia aprendizaxe.
Respecto á competencia en comunicación lingüística, a área da Música contribúe, ao
igual que outras materias, a enriquecer os intercambios comunicativos e á adquisición e
uso dun vocabulario musical básico. Tamén axuda a integrar a linguaxe musical e a
linguaxe verbal e a valorar o enriquecemento da devandita interacción.
Dende o punto de vista da competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico,
a área de Música contribúe á mellora da calidade do medio ambiente identificando e
reflexionando sobre o exceso de ruído, a contaminación sonora e o uso indiscriminado
da música, co fin de xerar hábitos saudables. Ademais os contidos relacionados co uso
correcto da voz e do aparato respiratorio, non
top related