día das escritoras

Post on 16-Apr-2017

364 Views

Category:

Education

0 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

17 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS

TRES ESCRITORAS, TRES LIBRO

Ledicia Costa Álvarez

Escritora galega nada en Vigo no ano 1977. Gañou

numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de

Literatura infantil e xuvenil de España en 2015 , por

“Escarlatina, a cociñeira defunta”, o Premio Lazarillo

de Creación Literaria en 2015, por “Jules Verne e a

vida secreta das mulleres pranta”, e o Premio dos

Clubs de Lectura de Galicia de 2016.

Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo

as súas primeiras obras en plena adolescencia.

Traballou no mundo do guión cinematográfico e do

audivisual. É unha das coordinadoras da revista

dixital Criaturas, adicada á Literatura Infantil e

Xuvenil de Galicia.

“Jules Verne e e a vida secreta das

mulleres pranta”

A familia de Violeta esconde un secreto

milenario que consegueu manter oculto ata

agora. Jules Verne, o célebre escritor,

desembarca no porto de Vigo cunha maleta e un

montón de preguntas. El quere coñecer todo

sobre as mulleres pranta e elas precisan dos

seus inventos para sobrevivir. Misterio,

aventura e maxia ancestral nunha trepidante

viaxe contra o reloxo ata un bosque submarino.

Cassandra Clare

É unha escritora estadounidense, principalmente

recoñecida por ser a autora da franquicia “

Cazadores de sombras”, que inclúe series de libros,

una novela gráfica, unha película e unha serie de

televisión.

O seu verdadeiro nome é Judith Rumelt. Naceu en

Irán en 1973. Depois de residir en varias ciudades

europeas estableceuse en EEUU na súa

adolescencia.

Empezou escribindo fan fiction de Harry Potter ,

con “The Draco trilogy”, e do “O Señor de os Aneis”,

con “The very secret diaries”.

Escribiu “Cidade de óso”, a primeira das novelas de

“Cazadores de sombras”, en 2004, inspirada en

Manhattan.

“Lady Midnight”. Cazadores de sombras.

Renacemento.

Pasaron cinco anos desde o final de Cidade de Fogo

Celestial. Os pais da cazadora de sombras Emma

Carstairs, foron asesinados, e desde entón a súa

filla non deixou de buscar o culpable. Ela e Julia

empezan a investigar unha demoníaca trama que se

extende polos lugares máis glamurosos: desde Os

Ánxeles ata as praias de Santa Mónica. Emma non

pode evitar a poderosísima atracción que sinte cara

o seu compañeiro, unha relación que as leis dos

cazadores prohiben. Unha auténtica caixa de

sorpresas que enlaza tramas, personaxes e conexión

dos descendentes cos seus ancestros.

“Harry Potter e o legado maldito”

É unha obra de teatro de Jack Thome baseada

nunha historia orixinal de J. K. Rowling, Jonh

Tiffany e Jack Thome. É a oitava historia da saga de

Harry Potter e a primeira que se representa

oficialmente nos escenarios.

Sipnose: Ser Harry Potter nunca foi tarefa doada, e

menos agora co seu emprego como funcionario no

Ministerio da Maxia, casado e pai de tres fillos. E se

Harry pranta cara a un pasado que se resiste a

quedar atrás, o seu fillo menor, Albus, ten que loitar

contra o peso dunha herdanza da que nunca quixo

saber nada

J. K. Rowling

Joanne Rowling, nada en Reino Unido no ano

1965, quen escribe baixo os seudóminos J. K.

Rowling e Robert Galbraith, é unha escritora e

produtora de cine británica, principalmente

coñecida por ser a creadora da aclamada serie

de libros Harry Potter.

Os seus libros fixéronse famosos en todo o

mundo, gañaron múltiples premios e vendéronse

máis de 400 millóns de copias.

En 1990, cando viaxaba nun tren con catro

horas de retraso, “a idea sobre un neno que

asistía a unha escola de maxia apareceu

completamente formada na súa mente”.

O primeiro libro da saga de Harry Potter foi

rexeitado en varias editoriais.

top related