estruturas cooperativas

Post on 16-Apr-2017

5.404 Views

Category:

Education

1 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

AS ESTRUTURAS COOPERATIVAS

Elena López Vara eBegoña Otero Riobó

Licenza Formación 2015-16Consellería de Educación e O.U.

Imaxe : Cadena Humana, [en liña], Pixabay, Public Domain

¿QUÉ SON AS ESTRUTURAS COOPERATIVAS?

Unha estrutura cooperativa da actividade corresponde a unha determinada forma de organizar sucesivas operacións que o alumno debe seguir no momento de levar a cabo unha determinada actividade ou tarefa, de xeito que se asegure ao máximo o que Spencer Kagan (1999) denomina a participación equitativa e a interacción simultánea.

…As estruturas cooperativas poden

ser máis simples ou máis complexas.

Algo común a todas elas é que non teñen contido en si mesmas; son só a estrutura que se aplica para traballar uns determinados contidos, de calquera área do currículo, de xeito que xeren a necesidade de colaborar e axudarse.

Unha estrutura simple, aplicada a un contido de aprendizaxe, constitúe unha actividade de aprendizaxe de curta duración.

Unha estrutura complexa, aplicada en relación a uns contidos de aprendizaxe, convértese nunha macroactividade.

ESTRUTURAS BÁSICAS

Lectura compartida

Estrutura 1-2-4

Folio xiratorio

O xogo de palabras

Lapis ao centro

Parada de tres

minutos

LECTURA COMPARTIDA

No momento de ler un texto pode facerse en equipo: Un membro do grupo le o primeiro parágrafo. Os demais deben estar atentos xa que, seguindo as agullas do reloxo, o seguinte compañeiro deberá explicar o que se acaba de ler ou deberá facer un resumo. Os outros membros do equipo deben dicir se é correcto ou non.

A continuación, o que fixo o resumo do primeiro parágrafo lerá o segundo e o terceiro membro do equipo fará o resumo.

Así sucesivamente ata rematar de ler o texto.

FOLIO XIRATORIOAsígnase unha tarefa que pode ser unha lista de

palabras, a redacción dun conto, as cousas que se saben dun determinado tema para coñecer ideas previas, unha frase que resuma a idea fundamental do tema que se estea estudando, etc. Entregarase un folio ao equipo no que resolverán a tarefa.

Un membro do equipo comeza a escribir a súa achega ao folio xiratorio.

A continuación pásallo ao compañeiro seguinte seguindo a dirección das agullas do reloxo para que este escriba a súa achega no folio. Así sucesivamente ata que todos os membros participen na resolución da tarefa.

1-2-4Formúlase unha cuestión ao grupo e

facilítaselle un modelo con tres columnas para que anoten nela as sucesivas respostas.

Dentro do equipo, primeiro cada un, de maneira individual, pensa cal é a resposta correcta e anótaa na primeira columna. En segundo lugar, póñense de dous en dous, intercambian as respostas e as comentan, facendo as anotacións na segunda columna.

Por último, todo o equipo, despois de ensinar as respostas das dúas parellas, compoñen a resposta mais adecuada e anótana na terceira columna.

LAPIS AO CENTRO

O profesor dá unha lista de cuestións ou preguntas a resolver. Cada membro do equipo debe facerse cargo dunha pregunta ou exercicio: debe lelo en voz alta e debe ser o primeiro en opinar como responder. A continuación pregunta a opinión aos outros membros do equipo, seguindo a dirección das agullas do reloxo. A partir das distintas opinións, discuten e entre todos deciden a resposta adecuada.

Durante todo este proceso, os lapis e bolígrafos deben estar colocados no centro da mesa, indicando que é o momento de falar e escoitar, e que non se pode escribir.

Procédese a continuación con outra cuestión, sendo o seguinte membro do equipo o que comece o proceso.

PARADA DE TRES MINUTOS

Cando se está a facer unha explicación a todo o grupo en xeral, o profesor/a interrompe a explicación e establece unha parada de tres minutos. Cada equipo debe reflexionar sobre o que se estivo a explicar e debe pensar dous ou tres aspectos que non quedaron suficientemente claros.

Unha vez transcorridos os tres minutos, o portavoz de cada equipo formulará unha dúbida. Faranse tantas roldas de dúbidas como sexa necesario.

Resoltas estas, proséguese coa explicación, ata que se estableza unha nova parada de tres minutos.

O XOGO DE PALABRAS

Escríbense na pizarra varias palabras clave do tema que se estea a traballar.

Cada membro de cada equipo, debe escribir unha frase con unha palabra clave. A continuación cada estudante amosa a súa frase ao resto do equipo, e entre todos, a matizan completan, etc.

Se hai mais de catro palabras clave, faranse as roldas que sexan necesarias. A continuación ordenarán, cun criterio lóxico, as frases compoñendo unha especie de resume ou mapa conceptual.

top related