fontao 5 gal
Post on 21-Jul-2022
2 Views
Preview:
TRANSCRIPT
XENÉTICA FONTAO
Nº5 Outubro 2009
OS TOUROS DE FONTAOPASAN CON NOTA A ÚLTIMA RONDA DE CALIFICACIÓN
ELEGANT CONSÁGRASE COMO TOURO DE ELITE NA SÚA SÉTIMA PROBA
ELEGANT
ALH ElegantantALH Elegant
Megamagic e Morodo RojoMegamagic e Morodo Rojo
Mario XacobeoMario Xacobeo
XACOBEO REVALIDA A SÚA POSICIÓN DE LIDERATO EN ESPAÑA
EOXACOBEO MEGAMAGIC EXCELENTE CON 32 MESES DE IDADE
MEGAMAGIC
Badiola MegamagicBadiola Megamagic
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 3EDITORIAL
ÍNDICE
TOUROS PROBADOS: ELEGANT......
RONDA DE CALIFICACIÓN...............
O SISTEMA aAa...........…................
PROBAS DE VERÁN.......................
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: xeneticafontao.agri@xunta.esWeb: www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: transmedia@ctransmedia.comWeb: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
4
8
11
12
En Xenética Fontao estamos de noraboa.
As últimas valoracións xenéticas (tanto de
CONAFE coma de Interbull) revalidaron a ca-
lidade dos nosos mellores sementais, á vez
que avalan o despuntar de novos touros que
poden dar moitas alegrías no futuro. Como
era de esperar, Mario Xacobeo continúa a li-
derar o ránking español, mentres consolida
O VALOR DO ESFORZO
posicións en Holanda e o Reino Unido e se coa nun meritorio 40º posto
no Top 100 TPI USA Internacional. Dancer, que xa é líder para ubres en
España e Holanda, gaña posicións no Reino Unido e é reclamado desde
lugares tan remotos coma Nova Celandia.
Outros astros do firmamento de Fontao, coma Cid, Elegant ou Moes,
ven reafirmada a súa xa recoñecida valía na última publicación de pro-
bas de CONAFE. Por outra banda, sementais coma Stio, Valerón, Sacho
ou Javito reciben uns índices que permiten predicir prometedoras ca-
rreiras.
En canto á última ronda de calificación, comprácenos en especial que
as boas puntuacións non foran parar só aos sementais probados. Ani-
mais da cabana de Xenética Fontao en espera de proba estrean califica-
cións que poden considerarse espectaculares. Xovencos coma Badiola
Megamagic ou Morodo Rojo teñen todas as papeletas para converterse
en breve en excelentes sementais.
Esta calidade observada nos animais máis novos é a demostración
palpable de que o éxito da nosa cabana non se basea na aparición de
“estrelas” ocasionais. Pola contra, a mellora xenética impulsada por
Xenética Fontao é xa un edificio completo, con sólidos cimentos, grosas
paredes e unha espléndida cúpula.
É o resultado de anos de traballo para conseguir as mellores liñas xe-
néticas do mundo, aplicalas nos nosos animais e contribuír así ao des-
envolvemento xeral da raza frisona no noso país. Neste arduo camiño foi
fundamental a contribución dos nosos técnicos e, desde logo, da Xunta
de Galicia e a Federación Frisona Galega, copartícipes na xestión de
Xenética Fontao. Pero o que hoxe queremos destacar desde estas liñas
é o papel que desempeñaron os destinatarios finais do noso esforzo: os
criadores. Eles son os que, a base de ilusión e traballo duro, consegui-
ron ascender á Holstein Champions League e xogar cos mellores.
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 20094 TOUROS PROBADOS
ELEGANT, A CONFIRMACIÓN DUNHA PROBATrala publicación das últimas probas españolas de sementais (CONAFE, xullo do 2009), ALH Elegant, un semental de Xenética Fontao, conságrase como un touro de elite ao situarse no posto 14 dos mellores touros por ICO. Este membro da recoñecida familia “Converse Judy” confirma así o seu poder de transmisión, con case 200 fillas de primeira colleita e despois de superar con éxito 7 probas consecutivas.
ALH Elegant é un semental naci-
do hai agora algo máis de 8 anos
que chegou a Xenética Fontao
con pouco máis de seis meses de idade,
o 28 de febreiro do 2002. Desde entón
tivo un desenvolvemento espectacular
e converteuse nun touro de gran morfo-
loxía, que amosa tremenda capacidade
(EX-94), grande estrutura leiteira (EX-
90), unha grupa perfecta (EX-92) e patas
de gran calidade (MB-89). Todo isto con-
vérteo no touro con máis alta calificación
morfolóxica neste momento en Xenética
Fontao: EX-92. Como méritos que xa fi-
guran no seu pedigrí destacamos o pre-
mio Superior Produción outorgado no
ano 2006 (SP ’06) e o premio Superior
Tipo do ano 2007 (ST ’07).
Elegant é un fillo de Ricecrest Emerson
EX-96, semental americano descendente
directo de Emprise Bell Elton EX-95 e da
célebre vaca nai Wa-Del RC Blckst Martha
ET EX-93 2E USA GMD DOM 2*.
Emerson, o pai de Elegant, foi un touro
ao que ás veces se lle atribuíu certa irre-
gularidade no seu patrón de transmisión,
se ben hoxe en día, e 15 anos despois do
seu nacemento, ten unha proba española
con máis de 3.000 fillas e que achega da-
tos moi relevantes, sobre todo para leite
e proteína, e máis que correctos para
ALH Elegant
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 5TOUROS PROBADOS
patas e ubres. A estrutura e capacidade
en xeral, e o ubre posterior en particular
(altura e anchura), son os seus carac-
teres morfolóxicos máis débiles. Preci-
samente estes últimos rasgos son dúas
das grandes virtudes presentes na fami-
lia “Converse Judy”. Quizais neste aco-
plamento correctivo resida o equilibrado
patrón de transmisión de Elegant.
A FAMILIA MATERNA: “CONVERSE
JUDY”
A familia “Converse Judy” está de ple-
na actualidade. As femias desta familia
destacaron en sucesivas xeracións pola
gran morfoloxía e as súas altas produ-
cións de leite con moi boas calidades de
graxa e proteína.
Elegant está precedido por 6 xeracións
de vacas MB ou EX, catro das cales son
GMD DOM en EE.UU. A súa nai é unha
célebre filla de Manfred, Morningview
Mnfd Jabber ET, calificada MB-86 en
EE.UU e con case 50.000 quilos de lei-
te producidos en dúas lactacións, ao
3,70% de graxa e 3,40% de proteína. Esta
vaca ten unha selecta descendencia,
na que á parte de Elegant (sen dúbida o
seu fillo máis destacado) figuran outros
seis touros en diversos centros de in-
seminación de Canadá e EE.UU, e varias
femias: Kleverland Capri Cassy ET MB-
87 (con dous fillos en proba en EE.UU),
Morningview Emrsn Justic ET MB-87,
en primeiro parto e irmá completa de
Elegant, cun rexistro de 19.990 quilos de
leite ao 3,60% de graxa e 3,30% de pro-
teína na súa primeira lactación e dous
sementais en proba en centros de in-
seminación americanos, e Morningview
Cnvncr Jolt ET EX-91 USA GMD DOM,
que tamén é nai de sementais e ten catro
fillos en proba en EE.UU.
Pero son quizais as súas dúas fillas
con Aaron, unha en Holanda e outra en
EE.UU, as que máis destacan pola cali-
dade da súa descendencia. Aaron Jabber
MB-85 en primeiro parto en Holanda, ten
23 fillos en centros de inseminación. Un
deles está en espera de proba en Xené-
tica Fontao, o seu fillo con Six: Bos Six
Sixilo ET, froito do contrato de Jabber co
semental número 1 de España por ICO
daquel momento: Edgemont Wade 2365
Six ET . Unha proba que evidencia o in-
tenso poder de transmisión desta vaca é
que as súas 6 primeiras fillas foron cali-
ficadas MB en primeiro parto.
Por último está Morningview Aaron
Juco ET MB-88 USA GMD DOM, cunha
primeira lactación de 14.402 quilos de
leite ao 3,60% de graxa e 3,50% de pro-
teína, con tres fillos en proba en EE.UU
e varias fillas e netas destacadas, todas
elas nais de sementais, pero mención
especial merecen as que proceden do
cruce de Aaron Juco con Champion:
Morningview Chmpn Flora ET EX-91
USA e Bos Champion Judith ET MB-
88, que é unha das vacas emblemáticas
hoxe en día na UTE de Bos. Judith, unha
vaca de espectacular morfoloxía e altí-
sima produción (14.035 quilos de leite
ao 3,30% de graxa e 3,30% de proteína
na súa primeira lactación), ten 19 des-
cendentes rexistrados, dos que tres son
sementais de Xenética Fontao: Bos Gold-
wyn Judo, en espera de proba, e os dous
irmáns completos Bos Quintian Airraid
Rouco ET e Bos Baixo Airraid Xudan ET,
que se porán en proba proximamente.
Como curiosidade cómpre dicir que Flo-
ra, a irmá completa americana de Judith,
ten un fillo en proba en EE.UU, e tamén é
un fillo con Airraid.
Os caracteres máis débiles da familia paterna de Elegant son
corrixidos pola familia materna, co que queda un equilibrado patrón de
transmisión
Romualdo Tonecha Elegant MB-85
Morningview Converse Judy EX-93 GMD DOM
A avoa materna de Elegant, Mornin-
gview Converse Judy EX-93 USA GMD
DOM, unha vaca de tremenda estrutura e
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 20096 TOUROS PROBADOS
fantástico ubre, é sen dúbida a peza clave
nesta familia. Judy (quizais a mellor filla
do semental americano Highlight Con-
verse ET) produciu en dúas lactacións
máis de 45.000 quilos de leite ao 4,30%
de graxa e 3,50% de proteína e deixou
unha ampla descendencia, entre a que
se atopan 7 sementais probados e 6 fe-
mias, todas calificadas MB e catro delas
coas distincións honoríficas de GMD DOM:
as irmás completas Morningview Mnfd Ja-
bber ET (nai de Elegant) e Morningview
Manfred Judy ET MB-85 USA GMD DOM;
Morningview Belwood Judy ET MB-85
USA; outras dúas irmás completas fillas
de Gibbon, Morningview Gibbon Jewel
ET MB-87 USA e Morningview Gibbon
Judy ET MB-85 USA GMD DOM (nai á
súa vez de Morningview Mtoto April MB-
89 GMD DOM e Leggo BW Marshall Judy
ET EX-92, ambas recoñecidas nais de
sementais); e, por último, Morningview
Form Ashley ET MB-88 USA, nai do ac-
tual semental número 3 do TOP LPI ca-
nadiense, Morningview Ashlar ET.
Morningview Converse Judy, consi-
derada como unha das mellores vacas
americanas para mérito neto ($NM),
está precedida por catro xeracións máis
de vacas MB ou EX que se remontan 30
anos atrás no Libro Xenealóxico da Aso-
ciación Holstein Americana.
A PROBA DE ELEGANT
Elegant obtivo a súa primeira valora-
ción oficial en xullo do ano 2006. Con 33
fillas para tipo e 59 para produción, era
xa un semental cunha proba moi balan-
ceada que superaba os 2.000 puntos de
ICO. Hoxe en día, e despois de seis va-
loracións máis, con case 200 fillas e un
95% de fiabilidade, a súa proba é igual
de equilibrada ca entón, pero mellorou
en practicamente todos os seus rasgos
(tanto de tipo coma de produción), alcan-
zando un ICO de 2.292 que o sitúa no nú-
mero 14 dos mellores sementais por ICO
de España.
Despois de triplicar o número de fillas
valoradas, os seus datos de produción
achegan unha clara melloría en quilo-
gramos de leite e proteína. En canto ao
tipo, multiplica por 6 o número de fillas
calificadas e obtén claros incrementos
nos datos de tipo en xeral (pasando o
seu IGT de +1,04 a +1,77), estrutura e ca-
pacidade (de +0,48 no seu ICAP a +1,24),
angulosidade (de +0,44 a +1,25) e, sobre
todo, de patas e pés (o IPP sobe de +1,70
a +2,71), rasgo este último no que Elegant
é un claro mellorante, figurando entre os
mellores touros españois para este ca-
Rego Elegant Sonia 8797
Paulina Eleg. Unai Celeiro S.C.
No 2006, na súa primeira valoración oficial, Elegant xa superou os 2.000 puntos de ICO. Na actualidade ten
2.292, ocupando o posto número 14 de España
As fillas de Elegant son vacas rendibles nos establos, lonxevas, con
boas producións e morfoloxía moi correcta
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 7TOUROS PROBADOS
XENEALOXÍA
♀ MORNINGVIEW AEROSTAR JIX ET MB-87 USA↓
♀ MORNINGVIEW CONVERSE JUDY EX-93 USA GMD DOM↓
♀ MORNINGVIEW MNFD JABBER ET TV MB-86 USA GMD DOM↓
♂ ALH ELEGANT EX-92 TL TV SP ’06 ST ’07
Elegant é un touro fácil de usar en calquera acoplamento, pola baixa consanguinidade e a ausencia de marcados defectos morfolóxicos
rácter e, particularmente, para o ángulo
podal (+3,18).
En referencia ás insercións do ubre
(sobre todo posteriores), os valores xe-
néticos da súa primeira proba oficial
estaban fortemente influenciados polo
peso do pedigrí, pero melloraron consi-
derablemente a medida que incorporou
novas fillas calificadas. Outros rasgos
destacados son a súa alta lonxevidade
(+111) e un tan coñecido como estimado
por todos os gandeiros: a súa altísima
fertilidade.
As fillas de Elegant son vacas rendi-
bles nos establos de hoxe en día, lonxe-
vas, con boas producións e morfoloxía
moi correcta. É un touro fácil de usar en
calquera acoplamento, pola baixa con-
sanguinidade (tanto do seu propio pedi-
grí como coa poboación de vacas actual)
e a ausencia de marcados defectos mor-
folóxicos.
Elegant foi un touro intensamente usa-
do en datas recentes. Proba diso é o gran
número de fillas rexistradas que figuran
xa no Libro Xenealóxico español da raza
frisona (5.465). No seu numeroso segun-
do grupo de fillas xa se poden apreciar
xovencas de gran morfoloxía que desta-
can nas pistas dos concursos.
Os mellores resultados conséguense
sobre todo cando se usa a Elegant sobre
vacas con marcado carácter leiteiro, in-
sercións posteriores do ubre altas e an-
chas que necesitan unha clara melloría
a nivel de patas e pés. Non debemos es-
quecer que Elegant ocupa un posto moi
destacado entre os mellores touros para
este rasgo, entre todos os sementais,
tanto nacionais coma estranxeiros, con
proba española.
Fontestriz Elegant Elegante
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 20098 CALIFICACIÓN
BOS RESULTADOS NA ÚLTIMA RONDA DE CALIFICACIÓN EN XENÉTICA FONTAOXenética Fontao acolleu hai unhas semanas a ronda de calificación. Esa xornada supón para o centro, como para moitos gandeiros da raza frisona, un día no que esperamos obter boas calificacións e, sobre todo, que estas respalden con contundencia os touros probados de elite ou os mellores pedigrís no caso dos sementais novos. Afortunadamente, así foi.
Calificados 80 touros, o resulta-
do final dá unha cifra próxima
ao 70% de animais calificados
BB ou mellor, o que colmaría as expec-
tativas de calquera gandeiro, máxime en
explotacións coma a de Xenética Fontao,
que acolle máis de 400 touros Holstein
de todas as idades.
A calificación máis destacada foi para
Badiola Megamagic, un semental novo en
espera de proba que foi calificado EX-90
con 32 meses de idade, quizais o touro
máis novo en recibir unha calificación tan
alta na historia da raza frisona do noso
país. Megamagic é un fillo de Dúplex e de
Badiola St. Megamática ET MB-89, vaca
Badiola Megamagic EX-90
número 2 por ICO de España e destacado
membro da familia Megate, liña xenética
desenvolvida na Ganadería Badiola (As-
turias). Por certo, Xenética Fontao con-
ta con outro descendente desta vaca, o
seu fillo con Chamoso, Bos Chamoso M-
Chalar ET, que se porá en proba proxi-
mamente.
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 9CALIFICACIÓN
Dos 80 touros calificados en Xenética Fontao na última ronda, o 70% é BB
ou máis
Badiola Megamagic foi calificado EX-90 con só 32 meses de idade.
Quizais ningún touro tan novo tiña recibido unha calificación tan alta
en España ata o momento
Megamagic é un xovenco de espectacu-
lar morfoloxía, con gran desenvolvemen-
to e tremenda potencia para un animal
da súa idade. Destacan ademais o seu
profundo costeleiro e a gran calidade das
súas patas. As rexións máis importantes
na calificación dun touro son excelentes
no caso de Megamagic: 92 puntos en es-
trutura e 91 para patas e pés e estrutu-
ra leiteira. Este touro posúe uns índices
xenéticos de pedigrí realmente elevados,
cun ICO de 2.956, un índice para tipo de
3,40 e 1.220 quilos para leite.
A calidade da súa descendencia é xa
evidente nas súas fillas novas, xatas con
moito estilo, grande estrutura leiteira e
moi boas patas e pés. Megamagic foi un
touro moi demandado polos gandeiros,
incluso de países tan lonxanos coma Ca-
nadá, a onde se exportaron doses no seu
día. Este verán xa empezaron a nacer alí
as súas primeiras fillas.
Outro touro novo, neste caso con a pe-
nas 26 meses de idade, fíxose coa segun-
da mellor calificación, MB-88: ALH Admi-
raal Morodo ET Rojo (Morodo Rojo). Este
xovenco vermello de sólida estrutura (88
puntos) e inmellorables patas e pés (89
puntos) é fillo de KHW Kite Advent-Red
ET EX-94 USA (un referente mundial para
tipo no Holstein vermello) e de Golden-
Circle Reba Red ET, unha vaca vermella
calificada MB-85 en EE.UU, que descende
dunha das mellores vacas vermellas de
todos os tempos: Sellcrest No Rachel Red
EX-94 USA GMD DOM.
Morodo é, sen dúbida, o mellor touro
vermello que se viu en Xenética Fontao,
e as súas fillas (que empezan a nacer)
están a espertar moi boas sensacións
entre os seus gandeiros propietarios.
Outros touros en espera de proba e
que recibiron altas calificacións son:
Bos Shottle Lombo ET MB-85 (Shottle x
Bos Wade Quintana ET EX-90 2E), ALH
Superman Maher ET MB-85 (Shottle x
Mayerlane-Sa Durham Mae ET EX-92 2E
USA GMD DOM), Bos Modest Model ET
MB-85 (Modest x Windy-Knoll View Pled-
ge EX-95 2E USA GMD DOM), etc.
Como touros probados podemos desta-
car a Bos Cid Allen Maciñeiro ET (Allen x
Bos Celsius Maciñeira ET), touro proba-
do e número 7 por ICO de España, que al-
canzou a puntuación de MB-88 aos seus
cinco anos de idade grazas á excelente
estrutura, a súa grupa perfecta e o gran
carácter leiteiro que amosa.
Son, sen embargo, os xovencos máis no-
vos os que alcanzaron calificacións real-
mente altas en relación ás súas curtas
idades. Parece evidente que o crecente ni-
vel xenético destes animais, procedentes
das mellores familias de vacas do mundo
e fillos de destacados sementais do mo-
mento, conleva unha alta corrección mor-
folóxica, que confiamos sexa transmitida á
súa futura descendencia. Entre todos eles
destacamos os seguintes:
Bos Bolton Boimorto ET BB-84
(Familia Hillary).
Bos Wildman Orto ET BB-84 ---
(Familia Gypsy Grand).
Ridgefield Ashers ET BB-84 ----
(Familia Ashlyn).
Ridgefield Delete ET BB-83 ----
(Familia Alicia).
Ecstasy Al Rojo ET BB-83 -----
(Familia Tina).
Venturo Bolton Brianne BB-83 --
(Familia Menthe).
Bos Toystory Token ET BB-83 --
(Familia Bellwood Linda).
Bos Goldwyn Belenos ET BB-83
(Familia Aeroflower).
Bos Shottle Ambar ET BB-83 --
(Familia Bellwood Linda).
Bos Lou Calino ET BB-83 ------
(Familia Mtoto Calico).
Bos Lou Albares 7712 ET BB-83
(Familia Blackstar Raven).
ALH Admiraal Morodo ET Rojo MB-88
ALH Superman Maher MB-85
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 200910 CALIFICACIÓN
No que se refire á calificación de fillas
de touros de Xenética Fontao en explo-
tacións, podemos destacar algunhas das
últimas “Xacobeo” do seu primeiro gru-
po de fillas, así como as recalificacións
daquelas que xa están en segunda lac-
tación, as boas puntuacións alcanzadas
polas “Cid” nos seus primeiros partos,
as das fillas de Ross, Lucus, Moes, Ja-
vito, Pazos, Valerón ou Sacho, e mes-
mo auténticos “touros promesa”, como
é o caso de Stio, con fillas que amosan
unhas características morfolóxicas ver-
dadeiramente impactantes no referen-
te a estruturas leiteiras, ubres, patas
e calidade en xeral. As recalificacións
das fillas de Dancer confirman sen dú-
bida algunha a madurez que estes ani-
mais van adquirindo coa idade e as altas
producións de leite que alcanzan xa en
segundos partos, mantendo uns ubres
realmente fantásticos.
Por último, unha merecida homenaxe
desde estas páxinas aos touros vete-
ranos de Xenética Fontao, algúns deles
auténticas lendas vivas, con miles de
fillas nas súas probas (practicamente
invariables desde o primeiro día) e que
aínda están entre os mellores touros es-
pañois, como son Six ou Landoi, dos que
se seguen a calificar fillas MB, mesmo
de primeiro parto, como é o caso de Tasil
Six Seda 3098 MB-85 SM-85 (Ganadería
Silva, Dozón, Pontevedra) ou de Penedos
9771 Maura Landoi MB-85 SM-86 (SAT
Os Penedos, A Pastoriza, Lugo).
Mención especial para aqueloutros
touros que xa forman parte da historia,
pero que deixaron unha pegada imborra-
ble na cabana frisona galega e españo-
la, como foron Lérez, Louro ou Cubeiro,
dos que aínda se calificaron fillas nesta
última ronda. Algunhas delas chegaron
ao máis alto en canto a calificación mor-
folóxica se refire, a categoría Excelente:
Baixo 588 Louro Mistry (Baixo de Hermi-
da, Sarria, Lugo), As Cargas Lérez 075
(Gandería As Cargas, SC, Mesía, A Co-
ruña) ou Sabiola Cubeiro Pereira (Unai
Celeiro SC, Láncara, Lugo).
A vaca Sabiola Cubeiro Pereira con-
verteuse na primeira filla dun touro de
Xenética Fontao en ser calificada dúas
veces Excelente. Sabiola, que acaba de
finalizar a súa quinta lactación, produ-
ciu máis de 70.000 quilos de leite ata o
momento, cun récord na súa cuarta lac-
tación de 16.118 quilos de leite en 309
días. Sabiola ten dúas fillas na explota-
ción Unai Celeiro SC, de Láncara (Lugo),
unha delas con ALH Elegant. Malia que
aínda non cumpriu os 7 anos de idade,
está seca nestes momentos, próxima a
realizar o seu sexto parto. Sabiola espe-
ra unha filla de... Mario Xacobeo.
Os xovencos máis novos alcanzaron calificacións realmente
altas en relación ás súas curtas idades. Parece evidente o crecente
nivel xenético destes animais
Ecstasy Al Rojo ET BB-83 Ridgefield Ashers ET BB-84Ridgefield Delete ET BB-83
Baixo 588 Louro Mistry EX-90. Baixo de Hermida (Sarria, Lugo) Sabiola Cubeiro Pereira EX-90 2E, Unai Celeiro SC (Láncara, Lugo)
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 11CALIFICACIÓN
A ANÁLISE aAa, UNHA FERRAMENTA MÁIS PARA GANDEIROS E CENTROS DE I.A.
O sistema aAa, máis coñecido
como Triple A, é un sistema de
análise (que non de calificación)
dos animais, tanto machos coma femias,
empregado como unha ferramenta máis
para realizar acoplamentos correctivos.
A finalidade é obter unha descendencia
libre dos defectos que puideran ter os
seus proxenitores. Este sistema, non
moi ben coñecido no noso país, é ampla-
mente usado nalgúns países europeos
e, sobre todo, americanos. O estadouni-
dense James Sarbacker e o holandés
Jan Schilder, analizadores do sistema
aAa, estiveron recentemente en Xenética
Fontao e asignáronlles aos nosos touros
os códigos aAa correspondentes.
O sistema aAa foi creado e desenvolvi-
do por Bill Weeks hai máis de 60 anos en
Estados Unidos. Weeks era calificador da
Asociación Holstein do seu país, á vez que
dirixía un modesto pero excelente raba-
ño Holstein no estado americano de Ver-
mont, o Skyway Herd. A primeira vaca con
este prefixo naceu en 1942 e chamouse
Skyway Marigold Pride EX-92, gran cam-
piona en multitude de shows e feiras da
época e cuxa descendente directa, cinco
xeracións despois, Skyway Esteem, foi a
primeira vaca Holstein en ser calificada
oito veces consecutivas. Desta familia
procede Paclamar Bootmaker, unha das
lendas da raza. Deste pequeno rabaño,
con a penas 15 vacas en produción, saíron
máis de 30 animais calificados EX, catro
vacas GMD e tres touros GM.
O sistema aAa xorde, pois, da mente
dun gran criador da raza, que buscaba
con ansia un método para obter unha rá-
pida mellora dos seus animais xeración
tras xeración. Despois de aplicar o siste-
ma Triple A no seu propio establo, Weeks
deixa o seu traballo como calificador e
desenvolve un servizo de asesoramento
en ganderías particulares, que se van in-
crementando en número paulatinamen-
te. Máis tarde, e por presión dos propios
criadores, son os centros de insemina-
ción os que requiren a análise aAa para
os seus touros. Hoxe en día son decenas
de países os que teñen miles de animais
analizados coa Triple A.
O sistema baséase na estreita rela-
ción existente entre as distintas partes
do corpo do animal, o que determina a
súa funcionalidade: un defecto (ou fal-
ta de calidade) nunha parte do corpo
do animal pode implicar un problema
noutra parte ou función do mesmo.
Hai seis cualidades externas básicas,
representadas polos códigos numéricos
1, 2, 3, 4, 5 e 6, co seguinte significado:
1- DAIRY: É a habilidade ou capacidade
dun animal, que posúe un tamaño sufi-
ciente, para producir moito leite dun xei-
to eficaz.
2- TALL: Animais de crecemento rápi-
do, altos, con ubres recollidos, alonxa-
dos do chan, que permitan un muxido
fácil e rápido.
3- OPEN: Formas abertas, animais con
lombos fortes, costelas abertas e gru-
pas anchas. Teñen máis espazo para o
ubre, desprázanse mellor e son máis
lonxevos.
4- STRONG: Animais que maduran coa
idade e alcanzan un bo tamaño de adul-
tos. Ubres e patas sans, bo funciona-
mento do aparato reprodutor, o respira-
torio, etc.
5- SMOOTH: Animais con formas an-
chas e amplitude en xeral, teñen menos
problemas. Morro ancho, patas diantei-
ras ben separadas e aplomadas, lombo
ancho, flancos profundos, insercións de
ubre anchas, etc.
6- STYLE: Animais finos, elegantes e
con moi boa aparencia xeral. Teñen máis
valor en subastas e concursos.
Estas seis cualidades teñen a mesma
importancia e son esenciais para a fun-
cionalidade dunha vaca leiteira. O código
aAa dun touro indica cales destas cua-
lidades transmite con máis intensidade
e o dunha vaca, cales delas precisa con
máis prioridade.
Así, un touro coma Xacobeo ten un có-
digo aAa 426153, o que quere dicir que as
súas fillas son vacas con excelente ma-
durez, gran calidade de patas, ubres moi
recollidos, saudables e de fácil muxido,
de grande estatura e con moito estilo. O
seu acoplamento ideal sería, pois, sobre
vacas de pouca estatura e formas redon-
deadas, que precisen mellorar patas,
ubres e carácter leiteiro.
Foi o propio Bill Weeks, hai xa máis de
30 anos, o que lles recomendaba aos
gandeiros o emprego de sementais que
combinaran os números 4, 2 e 6 nos pri-
meiros lugares do seu código aAa, pois
ademais de ser os máis escasos, eran
os que lles proporcionarían fillas máis
lonxevas e con menos problemas, as
máis axeitadas para soportar altas pro-
ducións de leite durante moito tempo.
Unificación de criterios de calificadores de EE.UU e Canadá. Coa cabezada, Bill Weeks (Michigan, EE.UU, 1947)
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 200912 PROBAS
OS TOUROS DE FONTAO CONSOLÍDANSE NAS PROBAS DE VERÁN DE CONAFE E INTERBULLO pasado mes de xullo publicábanse as probas españolas de sementais e pouco despois tiñamos as de distintos países europeos e americanos, así como as probas Interbull. Como vén sendo habitual, os touros de Xenética Fontao posiciónanse ben, non só no ránking nacional senón tamén nos internacionais. Mención especial para Mario Xacobeo, que ademais de revalidar o seu liderato en España aparece nun honroso posto 40º no Top 100 TPI USA Internacional, o que respalda aínda máis o seu xa recoñecido prestixio a nivel mundial.
Tendo en conta que Xenética Fon-
tao pon en testaxe practicamen-
te a metade dos touros en proba
de todo o territorio nacional, non é de
estrañar que estes, unha vez probados,
acaparen a metade dos mellores postos
dos distintos ránkings. Así, dos 50 me-
llores touros españois por ICO, 21 son de
Xenética Fontao. Dos 15 mellores touros
nacionais para produción de leite, 10 son
de Fontao, e no listado dos mellores 15
touros para quilos de proteína aparecen
8 co selo de Fontao.
Mellores cifras aínda nos datos de mor-
foloxía, onde non só 9 touros de Xenética
Fontao se sitúan entre os 15 primeiros
touros españois por tipo, senón que para
rasgos tan importantes coma os ubres,
os catro mellores touros españois son
Dancer, Divino, Xacobeo e Sacho, autén-
ticos líderes da raza para este carácter.
Dancer é incluso o absoluto número 1 en
ubres de todo o catálogo de sementais
probados en España (touros nacionais
máis touros estranxeiros), no que dos 15
primeiros postos, cinco están ocupados
por touros de Xenética Fontao.
Respecto ás probas internacionais e In-
terbull, estas reflicten que os nosos bos
touros tamén o son noutros países, ben
con probas convertidas (Interbull), ben
con probas reais, cando os nosos se-
mentais teñen fillas neses lugares.
É o caso de Dancer, que con 65 fillas
na súa proba holandesa é número 1 en
ubres nese país e número 5 en tipo. Es-
tas 65 fillas de Holanda, xunto coas máis
de 300 que ten en España, axúdano con
forza na súa proba Interbull. Dancer
aparece posicionado entre os mellores
touros para ubres e tamén para tipo, por
exemplo, no Reino Unido, onde, xunto con
Xacobeo, está a ser intensamente usado
polos gandeiros. Así, nun futuro, Dancer
non só terá proba oficial en países coma
España, Holanda e o Reino Unido (onde
xa ten máis dun cento de fillas rexistra-
das), senón tamén en Canadá, a onde xa
se exportaron milleiros de doses. Por
Dancer amosaron interese países tan
lonxanos coma Nova Celandia, e é que é
un líder da raza en ubres a nivel inter-
nacional.
E qué dicir do líder español, Mario Xa-
cobeo, reforzado no seu liderato despois
Dos 15 mellores touros nacionais para producción de leite, 10 son de
Xenética Fontao
0316 Dancer
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 2009 13PROBAS
destas probas de verán, nas que se con-
solida como número 1 por ICO e núme-
ro 2 en tipo en España. En Holanda, a
súa proba Interbull sitúao á cabeza dos
ránkings de tipo (número 3) e de ubres
(número 1), á par de sementais da sona
de Goldwyn, Shottle ou Durham. O mes-
mo ocorre no Reino Unido, onde lidera
de xeito absoluto a lista dos mellores
touros para tipo (número 1) e sitúase no
número 4 para ubres.
Sen embargo, a meirande fazaña de Xa-
cobeo quizais teña sido aparecer nun dos
ránkings máis esixentes do mundo, o Top
100 TPI USA Internacional, confirmándo-
se como un dos mellores fillos que tivo
Bw Marshall.
O prestixio de Xacobeo está fóra de
toda dúbida, pois é xa un recoñecido pai
de sementais a nivel internacional. O
seu seme é obxecto dunha gran deman-
da e exportouse xa a máis dunha ducia
de países, mesmo ultimamente a países
escandinavos coma Suecia e Finlandia,
que valoran enormemente, e desde hai
moitos anos, os denominados rasgos de
saúde, que tanta notoriedade están a co-
brar en todo o mundo (facilidade de par-
to, lonxevidade, células somáticas, etc.),
para os que Xacobeo é tamén un semen-
tal destacado.
Algúns comentarios sobre as probas
doutros touros que figuran entre os me-
llores de Xenética Fontao:
CID. Rotunda confirmación dunha gran
proba para quilos de leite e proteína e,
sobre todo, para tipo, máxime tendo en
conta que dobra o número de fillas na
súa proba de produción e que incorpora
120 novas fillas calificadas na súa proba
de tipo. Cid sitúase no número 7 por ICO
e o número 3 por tipo dos touros espa-
ñois.
Os catro mellores touros españois para ubres son Dancer, Divino,
Xacobeo e Sacho
O seme de Mario Xacobeo exportouse a máis dunha ducia
de países, onde é apreciado como mellorante dos rasgos de saúde
ELEGANT. Grande estabilidade na súa
proba, con case 200 fillas de primeira
colleita. As súas fillas son vacas rendi-
bles con alta lonxevidade e moi correc-
ta morfoloxía. Ocupa o posto número 14
por ICO e é un dos mellores touros para
patas e pés. Prometedor segundo grupo
de fillas.
MOES. Engade 50 fillas na súa proba
de conformación e 20 na de produción.
As súas fillas son vacas de altísimas
producións con moi boa morfoloxía. É o
terceiro mellor touro español para leite
e o número 5 por ICO.
ROSS. A súa proba alcanza un 96% de
fiabilidade despois de incorporar 245
Cabanas Pericas Ross Marey Xacobeo Fiorena
Cantorna Moes 1471
XENÉTICA FONTAO OUTUBRO 200914 PROBAS
Cando Cid Rosana
novas fillas en tipo, que mellora consi-
derablemente, e 154 en produción, que
practicamente permanece estable. As
súas fillas son vacas de moi boas patas
e ubres. Baixísimos recontos de células
somáticas.
LUCUS. Proba estable con moita fiabi-
lidade. Lixeiros axustes á baixa nalgún
rasgo (100 quilos en leite ou 0,5 puntos
en ubre), que non deberían estrañar se
pensamos que engade case 260 fillas na
súa proba de tipo e 150 en produción.
Touros coa máxima fiabilidade (99%),
como Six ou Landoi, con miles de fillas
valoradas, teñen probas de grande esta-
bilidade, e mesmo melloran lixeiramen-
te.
SIX. Engade máis de 600 fillas e aínda
ocupa un respectable posto 29º entre os
mellores touros nacionais por ICO, con
case 12 anos de idade e despois de 14
valoracións consecutivas a partir da súa
primera proba, publicada en xaneiro do
2003.
Outros touros coma Tenorio, Bisbal,
Sisco, Mercurio ou Lupino non sofren
variacións nas súas probas, á espera
de incorporar xa o seu segundo grupo
de fillas, especialmente prometedor no
caso dalgúns, coma Chamoso ou Bota-
fogo.
Sobre os touros de primeira valoración
oficial podemos destacar:
STIO. Un pedigrí cunha impronta de
alta morfoloxía (Stormatic x James), que
procede dunha familia canadense en
plena emerxencia pero xa ben recoñeci-
da. A súa nai, Dohbell James Ciss MB-
87 5*, pariu en maio pasado por última
vez, e con dez anos cumpridos atópase
en plena forma. Ciss ten 9 fillas (89% BB
ou mellor) e tres fillos en centros de in-
seminación en Canadá. As fillas de Stio
recordan en gran medida as femias da
familia. Son vacas con potentes estru-
turas, moi angulosas e con fantásticos
ubres e patas.
VALERÓN. Este fillo de Champion e de
Bos Igniter Valiosa (Familia Gipsy Grand),
transmite boas producións e moi bo tipo,
con tremendas estruturas, moito carác-
ter leiteiro e ubres moi correctos. Xa na
súa primeira valoración sitúase entre os
50 mellores touros por ICO.
SACHO. Un fillo de Titanic e de Bos Ig-
niter Sacha, que cun tipo en xeral moi
destacado perfílase como un líder para
ubres, ademais de dar fillas de boa ca-
pacidade, moi finas e angulosas.
JAVITO. Este touro (Stormatic x Bos Ig-
niter Glinda) mellora en gran medida a
súa proba preliminar. As súas fillas son
moi boas produtoras de leite e teñen tre-
mendas estruturas, son moi altas, con
anchos peitos, moi profundas de costela
e con grupas amplas e boa colocación de
isquions. As patas son de gran calidade
e teñen moi boa mobilidade.
PAZOS. Un fillo de Champion e de Bos
Wade Quintana, cunha proba moi equi-
librada en produción e con bo tipo. As
súas fillas son vacas de estatura media
pero con boas estruturas. As patas e os
ubres son moi correctos, é dicir, teñen o
tipo funcional de vacas que se busca en
moitos establos de hoxe en día.
VIDUEIRO. Un pedigrí orixinal (Talent x
Bos Stoheham Raquel). Transmite boas
producións, correcta morfoloxía en xeral
e bos ubres (a súa nai é filla de Bos Wade
Quintana), ademais do factor vermello,
que herda do seu pai.
FISHER. É un fillo de Finley e da vaca
americana K&C View Storm, unha vaca
dunha gran morfoloxía, que tamén pare-
ce transmitir o seu fillo, sobre todo en
canto a ubres se refire.
ROBINLUCK. Este touro de singular
xenealoxía (Goodluck x Regancrest-Ur
Robin) é un neto de Regan-Joy Durham
Regenia, recoñecida nai da raza e con
moitos descendentes destacados. Ro-
binluck transmite moi bo tipo, as súas
fillas son vacas moi altas con boas es-
truturas e moi angulosas, as patas son
correctas e os ubres ben inseridos e moi
recollidos.
GRANIT. Un pedigrí totalmente diferen-
te (Air Magna x Lukas), libre de consan-
guinidade. As súas fillas son vacas de
producións medias, con moi altas cali-
dades e un tipo moi correcto.
Matias Lucus 128 2076
SILLEDA 2009CAMPIONATO DE VACA XOVEN LACTACIÓN
PERRELOS AMADA BOTAFOGO MB-85 VACA XOVEN SUBCAMPIONA DE GALICIA (FEFRIGA 2009)
TATO PANTERA BOTAFOGO MB-85 FINALISTA VACA XOVEN LACTACIÓN ATA 30 MESES (FEFRIGA 2009)
top related