fragas do eume
Post on 26-Jun-2015
1.004 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
O enigma das plumas sen dono
As Fragas do Eume
O conto
Ainda non saíra o sol cando Frei Xosé cargou o último saco de millo e camiñou cara o muiño.
Camiñando polo sendeiro pensou que a seguinte vez que o fixese sería rumbo o castelo co resto da congregación abandoando definitivamente o mosteiro.
De súpeto o ruido das ramas dos salgueiros o puxeron alerta. Só alcanzou ver un rabo listado que desaparecía entre as follas e unha chuvia de plumas multicolores que caian docemente no camiño
O traballo
Intentaremos resolver o caso das plumas sen dono axudándonos da nosa pericia e investigando na rede.
www.gl.wikipedia.org www.naturezadixital.com www.medioambiente.xunta.es www.rios-galegos.com http://digna.nireblog.com
Recolleremos a información obtida nunha presentación de power point que poderemos
compartir con toda a comunidade educativa.
A historia
Ímonos situar: Atopámonos moi preto do Mosteiro de Caaveiro. ¿En qué ano cres que ten lugar esta historia?
2008 1835 1134
¿qué aconteceu ou que vai a acontecer en cada data das anteriormente citadas no mosteiro?
Fontes de enerxía
¿A que tipo de muíño se dirixía Frei Xosé?
Muiño de auga Muiño de vento Muiño eléctrico
O castelo
O camiño que percorría o fraile, hoxe chámase Ruta dos encomendeiros. Un pouco máis aló atópase a vila do castelo ao que fai referencia Frei Xosé.
¿Cal é o nome do castelo? ¿quen era o dono do castelo? ¿E a vila, como se chama?
O río
Os salgueiros crecen moi ben nas beiras dos ríos.
¿qué rio ten o seu curso preto do mosteiro e da nome á vila onde desemboca?
Hai unha lenda moi fermosa que ten que ver con este río. Investiga na rede e cóntanola.
As árbores
Ademáis dos salgueiros, nesta zona tan singular, crecen moitas outras árbores. Averigua o nome de polo menos outras catro e debuxa as súas follas.
¿qué nome recibe en galego un bosque deste tipo?
Os tesouros
Nestes bosques hai escondido un grande tesouro da natureza dende, según din os expertos, os tempos dos dinosaurios. ¿Podes averiguar de que se trata?
Outro pequeno tesouro é o propietario do rabo listado que protagonizou a caza do dono das plumas e que esa mesma noite ceou un pequeno roedor. ¿Xa sabes de quen se trata?
As aves
Entre as aves destes ceos, atópase unha cazadora moi rápida e que non é a propietaria das plumas. Non é difícil avistala dende un claro do bosque. Por certo, ¿qué concellos abrangue esta masa forestal?
O final
Evidentemente non hai que ser moi espabilado para saber que os únicos animais que teñen plumas son as aves.
¿qué aves habitan este bosque? ¿cal delas ten as plumas de moitas
cores?
Noraboa!
Xa es un experto neste Parque Natural, un dos seis da nosa comunidade.
¿Recordas o seu nome?
¿Sabes cales son os outros cinco?
O mosteiro
O lugar
O Río e a fraga
A fauna
A flora
•Parque natural
top related