francisco taxes no ies terra de soneira

Post on 02-Jan-2016

40 Views

Category:

Documents

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

DESCRIPTION

Francisco Taxes no IES Terra de Soneira. Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09. ¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes?. - PowerPoint PPT Presentation

TRANSCRIPT

Resumo das actividades dedicadas a Francisco Taxes polo ENDL do IES terra de Soneira durante o curso académico 2008-09

¿Por qué dedicar un ano a Francisco Taxes?Francisco Taxes Prego (A Coruña, 1940-2003) foi un dramaturgo e guionista vencellado familiarmente á parroquia de Cereixo (Vimianzo), onde está soterrado.Pioneiro do teatro galego, é autor da primeira peza teatral representada en galego polo grupo Troula O Velorio (1978). A estrea desta peza -da que se cumpría o 30º aniversario no 2008- supuxo o inicio da actividade teatral en Galicia con carácter profesional. Coincidindo con este aniversario, o ENDL do IES Terra de Soneira decidiu dedicar o curso académico 2008-2009 a lembrar a súa figura.

Actividade de inicio:

Presentación do autor á

comunidade educativaAcompañando o

Calendario 2009, toda a comunidade

educativa do IES Terra de Soneira recibiu de

agasallo un marcapáxinas

conmemorativo do 30 aniversario da estrea

d’O Velorio.

Elaboración de paneis informativos sobre a vida e a obra do autor, así como sobre o teatro galego da súa época

Estes paneis foron elaborados polo alumnado de 4º da ESO e expostos nos corredores do centro durante o mes de maio, para seren visitados .

A seguir, imaxes da mostra…

Máis imaxes da mostra

Conferencia de Xurxo TaxesTamén no mes de maio, Xurxo Taxes –fillo do autor e autor da edición da súa obra teatral, visitou o noso centro, acompañado da súa irma e da súa tía, para ter en encontro co alumnado de 1º de Bacharelato a propósito da obra de seu pai.

Ofrenda floral no cemiterio de Cereixo

Algúns momento do acto…Depositando o ramo.. Escoitando o representante

do Concello de Vimianzo…

Pequena bibliografíaAdemais d’O Velorio (1978), que permaneceu inédita ata que foi incluída na colección Biblioteca Galega 120 de La Voz de Galicia, Francisco Taxes tamén é autor de Lenta raigame (1982), Caderno de bitácora (1985) e, xa postumamente, Casta i Albito (2003). Colaborador de La Voz de Galicia, Faro de Vigo e A Nosa Terra, participou en diversos programas da TVG e de RNE, como “Catro Ventos” (RNE 1) e “O láparo cabileiro” (Radio 4). Foi guionista do conto A tola (1974), de M. Gato; e dos filmes O cadaleito (1976) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Como actor participou nas producións Fendetestas (1975) e La novia de medianoche (1997).

top related