gÓtico escultura y pintura
Post on 07-Jan-2016
76 Views
Preview:
DESCRIPTION
TRANSCRIPT
GÓTICOEscultura y pintura
• No longo período que vai desde 1200 a 1500, son moitas as escolas e os estilos que se suceden.
• No gótico clásico (século XIII) destacan os portais da Catedral de Reims, nos que conflúen tres das máis importantes correntes do período.
• Na segunda metade do século XIV o epicentro da escultura trasládase a Borgoña onde florece o xenio de Claus Sluter e a súa escola.
CARACTERÍSTICAS PLÁSTICAS
CARACTERÍSTICAS 1.-Naturalismo Idealizado A característica principal que presentan as artes figurativas do gótico é o naturalismo. Por lenta evolución van desaparecendo os tipos esquemáticos do románico para ser substituídos por outros directamente
inspirados na natureza. Este naturalismo é reflexo da nova espiritualidade da época, impulsada polas ordes mendicantes, especialmente a dos franciscanos que predicaba o achegamento a Deus por media da natureza. Este naturalismo apréciase en:
-O volume corpóreo das figuras e o seu realismo, desaparecen as estilizacións e deformacións expresivas do Románico. -O tratamento das roupaxes., agora, caen formando amplos pregues voluminosos e creando belos efectos plásticos,
desaparecen os pregues esquemáticos e planos do Románico. -As figuras adoptan actitudes e xestos máis naturais e realistas. Así desaparece a rixidez e frontalidade románica. Este naturalismo non é meramente realista, senón idealizado. O artista non só inspírase na natureza senón que, ademais,
trata de conseguir unha beleza ideal posta o servizo da mensaxe relixiosa. 2- Humanízanse os temas relixiosos As figuras xa non son seres deshumanizados, insensibles ao amor e á dor, creados para facer pensar na eternidade e
grandiosidade divinas, senón que agora humanízanse. Os rostros adoptan expresións humanas. Neles represéntanse os sentimentos mais diversos: dor, pracer, dozura, amor ...; hai unha reacción contra a inaccesibilidade e distanciamento de Deus.
3- Transformacións e ampliación das temas iconográficos O tema do Pantocrátor rodeado dos Tetramorfos termina por desaparecer debido á humanización da figura de Cristo que
se produce neste época. Nas representacións de Cristo Crucificado e da Virxe co Neno é onde se reflicte máis claramente este cambio: .
1. Cristo Crucificado: represéntaselle sufrindo, con expresión de dor no seu rostro, o corpo non está ríxido senón esborrallado, como algo que pesa; os pés aparecen unidos, suxeitos por un só cravo, o que obriga a representar as pernas cruzadas e non paralelas ao pau maior da cruz; os brazos non seguen a dirección do madeiro, senón que forman un ángulo co corpo, debido ao peso deste; a coroa de rei é substituída pola coroa de espiñas, a auténtica da Paixón.
2. Virxe co Neno: desaparece a impasible Virxe románica, Trono de Deus, para dar paso para dar paso a unha escena maternal e íntima. Represéntase como Nai de Xesús, con relación afectiva entre os dous.
3. Novos temas relixiosos: escenas evanxélicas, marianas ou do santoral: -Tema da Piedade: moi difundido no Gótico. Aparece no rostro da Virxe a dor ante a morte do seu Fillo. - A Virxe :como tema artístico adquire agora gran importancia, non só como Nai de Deus senón tamén nos momentos do
seu Tránsito, Asunción e Coroación, dedicándoselle portadas enteiras das catedrais ata o punto de que na Cat. de Reims preside a porta principal.
- Vidas dos santos, é dicir, as Haxiografías onde o artista se recrea en describir as escenas máis terribles coma son os martirios.
-Temas profanos inexistentes no Románico: retratos, escenas de xénero e nos temas relixiosos introdúcense elementos profanos: o ambiente, as escenas dentro do ámbito cotián do artista.
El artista procura dotar a sus personajes de expresión humana. Ya no son seres deshumanizados, insensibles al amor, al dolor. El proceso de humanización progresiva abarca los tres siglos y desemboca en el Renacimiento.
Creciente interés por la Naturaleza. Montes, árboles, seres, etc son obra del Creador, bellos y dignos de ser representados
Los dos temas más importantes también cambian:
· El Teótocos románico se convierte en una madre que mira amorosamente a su hijo y juega con él, abandonando el frontalismo y la verticalidad. La Virgen se inclina hacia una lado para ver a su hijo o lo sienta sobre una sola pierna. La Virgen se hace madre y Jesús se hace niño.
· El Crucificado se hace más hombre. Con sólo tres clavos, los pies superpuestos abandonan el paralelismo de las piernas, las cuales aparecen dobladas hacia un lado. El dolor hace arquear las caderas aunque de cintura hacia arriba aún es muy vertical. Aparece además muerto, en su aspecto más humano
Además a parecen otros temas como las Hagiografías, santos y otros personajes que ocupan las jambas de las portadas y que no aparecen incomunicadas sino que hablan entre si, se ríen, etc.
Características generales.Anunciación y Visitación.
Catedral de Reims
Gran fuerzaexpresiva
IndividualizaciónDe los rostros
Liberación delMarco arquitectónico
Formación de grupos.Actitudes dialogantes
Gusto por lo secundarioY anecdótico
Naturalismo(ej.: Pliegues)
ComienzosDel Gótico
Sonrisaarcaica
Bello Dios.Catedral de Amiens
Doselete
Peana
Virgen con el Niño.Catedral de Amiens
ESCULTURA
a) Localízase, igual que no Románico, nos capiteis e portadas dos templos.
-Nos capiteis, paulatinamente, van desaparecendo os temas iconográficos para quedar só motivos vexetais moi carnosos.
-Nas portadas, a escultura organízase do seguinte xeito: 1.Tímpano :divididos en bandas represéntanse escenas do Xuízo Final, da
vida da Virxe ou dos Santos. 2. Arquivoltas: seguindo a dirección do arco colócanse as máis diversas
imaxes, reis, músicos, apóstolos, .... 3. Parteluz: aparece Cristo, A Virxe, un Santo ou un Bispo. 4. Zócalos: en trifolios e cuadrifolios represéntanse: calendarios, alegorías
dos vicios e virtudes... b) Ao mesmo tempo amplíase o campo da escultura a outros terreos: -O exterior dos templos vaise enchendo, progresivamente, de decoración.
Fachadas, torres, gabletes.... decóranse cada vez mais profusamente, combinándose a decoración xeométrica, vexetal e figurada.
-No interior aparece en: cadeiras de coro, púlpitos e sepulcros que teñen, sobre todo nos séculos XIV e XV un gran desenvolvemento.
Características generales.Tímpano de Santa Ana.Notre Dame de París.
División enFranjas.
Arquivoltas apuntadas.Esculturas siguenDirección del arco
ComunicaciónEntre figuras
GÓTICO EN FRANCIA
CATEDRAL
CHARTRES
Timpanos central y lateral.Catedral de Chartres
Arcada central Arcada lateral
Xambas de la catedral de Chartres
Portada Norte de Chartres
Coroación da virxe
Portada Sur.
Xuízo Final
CATEDRAL DE REIMS
Detalles de rostro.Anunciación y Visitación.
Catedral de Reims
EL SARMENTAL.BURGOS
La portada Gótica sigue siendo importante pero hay cambios. Las arquivoltas llevan figuras longitudinales, todas protegidas con el doselete. Cuando hay muchas figuras juntas en horizontal el doselete es corrido. El Tímpano se fragmenta en pisos horizontales, reservando la escena principal para el Pantócrator o el Crucificado. En España destacan las portadas de León y Burgos
A lo largo de los tres siglos el estilo evoluciona.
· Durante el XIII los ropajes son sencillos, de escasos pliegues y composición clara. El rostro es triangular, de mentón agudo, ojos rasgados y expresión sonriente.
· En el XIV las figuras se alargan y se curvan, los ropajes son sinuosos en constante curva y contracurva, es el estilo Internacional.
· A partir del XV se crean escuelas como la de Borgoña donde se abandona lo curvilíneo y se vuelve al naturalismo, con rostros más individualizados.
Portada del Sarmental
Escultura
VIRGEN BLANCA DE LEÓN
ELEGIDOS CONDENADOS
Virgen Blanca.Catedral de Toledo
Escultura
Aparece el retablo, ocupando su lugar tras el altar. Nace en el XIII pero se desarrolla en el XIV y se hace enorme en el XV, sobre todo en España. Presenta una compartimentación en calles verticales y cuerpos horizontales y cada escena se encierra en una Casa o Encasamiento. La parte inferior que sirve de pedestal es el banco, los laterales son guardapolvos y la escena principal se sitúa en el centro y arriba y suele ser el Calvario
En España la figura más importante de la escultura en el S.XV es Gil de Siloé. De gran maestría técnica, dota a sus figuras de un gran realismo. Su obra cumbre es el retablo de la Cartuja de Miraflores
En Europa destaca la Escuela de Borgoña por su amor a Naturaleza y su tendencia a la individualización. Su principal autor es Claus Sluter, de origen belga pero que trabajó después en Dijon. Su mejor obra es el pozo de Moisés.
Partes de un Retablo
Retablo.Cartuja de Miraflores.
Diego de SiloéBurgos
Sepulcro del Doncel de Sigüenza.
Detalles.El Pozo de Moisés.
Claus Sluter
PINTURA
EVOLUCIÓN• A pintura gótica, igual que a escultura,
evoluciona a través dos seus tres séculos:• a) Etapa inicial (S. XIII), chamada gótico
lineal ou franco-gótico, na que a pintura está fortemente influenciada pola vidreira e impera o naturalismo gótico
• b) Evolución nos S. XIV e XV cara a un crecente realismo: o artista trata de que a obra de arte reflicta o máis fielmente posible toda a realidade que rodea ao home.
TRADICIÓNS PÌCTÓRICAS•Existirán dúas tradicións pictóricas iniciadas por Giotto e Van Eyck (escola
florentina e flamenga) que coñeceron un desenvolvemento paralelo e autónomo. Son precursores da pintura moderna ao conseguir representar a noción de espazo nunha superficie plana aínda que con solucións diferentes:
•-a forma, a liña, o volume polos florentinos •-a representación detallada de todo o que nos rodea, a valoración do papel
da luz e a cor polos flamengos. Pero buscando, as dúas escolas, a representación da realidade.
•Con eles comeza a esixencia de que as artes plásticas (escultura e pintura) reproducisen a realidade.
•Esta esixencia excepcional na historia da arte, será a máxima aspiración do Renacemento e tradición fundamental das artes plásticas de Europa ata o século XX.
Esta conquista da realidade realízana GIOTTO e VAN EYCK, dous pintores que, partindo de tradicións culturais distintas e con métodos diferentes, conseguiron representar a noción de espazo nunha superficie plana. As súas pinturas representan a culminación da arte medieval e, ao mesmo tempo, anúnciannos o Renacemento.
LOCALIZACIÓN• a) Pintura mural: perde espazo e interese
debido ás características da arquitectura gótica. Practicamente desaparece ao ser substituída os muros por vidreiras.
• b) Pintura sobre táboa: adquire gran desenvolvemento e dá lugar ao nacemento do retablo. No S. XIII son de pequeno tamaño pero van aumentando a medida que avanza o gótico. Colócase tras o altar para realzar a importancia deste lugar. No retablo nárrase a vida do Santo ao que está dedicado o altar.
O ITALOGÓTICO (S. XIV)
PRECEDENTES
Virgen con niño.Cimabue.
Escuela de FlorenciaTrecento italiano.
TRECCENTO
CONTEXTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO
• O rexurdimento económico e demográfico dos séculos XI e XII tivo un gran efecto en Italia, onde confluían dous dos principais dos grandes eixos económicos da cristiandade. En Italia interconectábanse a ruta que desde as cidades comerciais do norte de Alemaña e o Báltico (agrupadas na Hansa) atravesaba o Rin e o Ródano cara a Italia coas rutas marítimas que a través do Mediterráneo transportaban as especias e produtos de luxo de Oriente e os países musulmáns.
• Convertidas en emporios comerciais, moitas cidades italianas experimentaron un desenvolvemento económico que lles levou a crear flotas mercantes e barrios comerciais en Oriente (Palestina, Bizancio, Exipto...). Algunhas, particularmente Xénova e Venecia, estenderon o seu dominio a illas e portos ao longo do mar Mediterráneo e o mar Negro forxando auténticos imperios de ultramar.
• Politicamente, durante a Idade Media, Italia converteuse nun mosaico de cidades-estado que loitaban entre si para conseguir a hexemonía sobre o resto, con frecuentes intervencións das potencias circundantes e da Igrexa. O auxe económico supuxo o ascenso social dos comerciantes, que formaron unha oligarquía gobernante en moitas das cidades do centro e norte de Italia.
• No terreo da pintura, o século XIV, TRECCENTO, aparece dominado por sucesivas xeracións de pintores (os "primitivos") que abandonarán rapidamente os convencionalismos góticos (fondos dourados etc.) dando paso a unha pintura preocupada pola representación do espazo e do ambiente. Unha pintura que intenta alcanzar a terceira dimensión, conseguir que a representación pictórica sexa como unha "fiestra aberta" á realidade.
• Dúas grandes escolas dominan neste momento o panorama da pintura italiana: A sienesa, encabezada por Duccio, e a florentina, cuxa principal personalidade é Giotto.
La Anunciación.Simone Martini.
Escuela de Siena.Trecento italiano
GIOTTO DEI BONDONE
(FLORENCIA, 1267-1337)
Características:
1. Primeiro artista que rompe coa pintura de tipo bizantino que había en Italia no S. XIII (fondos dourados, convencionalismos, rixidez nas figuras, etc.), o que dá carácter revolucionario á súa pintura.
2. Crea unha pintura de gran naturalismo, mostrando nela a súa preocupación polo home e a realidade que o rodea (en relación coa relixiosidade franciscana que abría o cristianismo á natureza):
A.- Crea un espazo tridimensional por medio da representación do volume e a profundidade mediante:
-O sombreado, así rompe coa tradición plana da arte bizantino e coas cores puras herdados das vidreiras.
-A monumentalidade das figuras que recuperan as proporcións humanas: representa figuras grandes e corpulentas que dan sensación de solidez, sensación de que pesan, que fai que resulten ata achaparradas.
-A aparición dun espazo real no que se desenvolven as figuras: substitúe os fondos lisos e neutros bizantinos por unha paisaxe rural ou urbano co fin de conseguir perspectiva e profundidade na pintura. Crea espazo, pero é limitado, non hai infinitude cara ao fondo, o ceo é o seu límite; cara a nós, diáfano.
3. Emprego de cores simples, sen brillos, sen focos de luz, porque lle interesa máis reconquistar o volume, a liña e a forma.
-Sobriedade dada pola cor e pola simplificación de formas e detalles evitando o anecdótico, co fin de que nada impida a sensación de volume e distraia o espectador do tema principal. A sobriedade apréciase:
1. Nas figuras que aparecen simplificadas ao máximo 2. Na paisaxe rural ou urbana, tamén de formas simples que fan que
resulten convencionais e esquemáticos: a paisaxe rural redúcese a montañas e algunha árbore. Dá a sensación de acartonado; na paisaxe urbana a arquitectura parece ser fráxil e inestable. Tanto unha como a outro resultan empequenecidos ante a monumentalidade das figuras humanas, pois o que interese é resaltar as figuras.
B.- Expresión dos sentimentos
-É o primeiro pintor que introduciu na súa obra o sentimento, é dicir, as relacións existentes entre os distintos personaxes.
-A expresión de sentimentos conséguea por medio dos xestos e actitudes que coloca ás figuras, que dan dramatismo e teatralidade ás mesmas.
-Giotto realiza sobre todo pintura mural xa que en Italia, debido á luz mediterránea, non construíron grandes ventás nos edificios. Nelas introduce unha innovación: a de narrar a vida dun santo (San Francisco) separando as escenas, xa que logo, rompe co criterio medieval de acumular varias escenas no mesmo espazo
-Os rostros das súas figuras non están individualizados. Só o individualiza ao realizar un retrato a Dante, tamén innovación, pois por primeira vez aparece o retrato na pintura italiana.
-Todas estas innovacións que introduce Giotto na pintura italiana (naturalismo, volume, profundidade, amor á paisaxe, introducilo por 1ª vez na pintura italiana, etc.) anúnciannos a arte renacentista por iso é considerado, o pai da pintura moderna.
Capilla Scrovegni
Huida a Egipto.Escuela de Florencia.
Trecento italiano
Resurrección de Lázaro.Escuela de Florencia.
Trecento italiano
El prendimiento.Escuela de Florencia.
Trecento italiano
San Francisco comparte su capa con un pobre.Giotto.
Escuela de Florencia.Trecento italiano
O GÓTICO FLAMENGO
(S. XV)
CONTEXTO
•Na baixa Idade Media, os Países Baixos flamengos (Holanda e norte de Bélxica) viven unha evolución
distinta á do resto de Europa. En Flandes, o desenvolvemento das actividades mercantís (Amsterdam era
o centro do comercio mundial de panos) provoca a aparición dunha puxante burguesía, unha nova clase
social con suficiente poder económico como para permitirse o luxo de encargar obras de arte pero con
actitudes estéticas moi distintas ás da nobreza ou o clero, tradicionais patróns da creación artística.
•A pintura flamenca é unha pintura burguesa, intimista, unha pintura que, sen abandonar a
temática relixiosa, introduce novas preocupacións: un renovado interese polo retrato, o gusto pola
exhibición dos interiores domésticos, os mobles e obxectos que testemuñan o status social dos
seus posuidores. Unha pintura que, sen abandonar o simbolismo medieval (agora "disfrazado") exponse
os problemas da representación tridimensional descubrindo pola súa conta a perspectiva matemática e a
perspectiva aérea que serán os grandes logros do Renacemento italiano.
•Os principais representantes da escola flamenga (os irmáns Van Eyck, Roger Van der Weyden ...)
coñecidos como os "primitivos flamengos", florecen nos últimos anos do século XIV e os primeiros do
XV, coetáneos xa da primeira xeración do Renacemento italiano (Masaccio, Piero da Francesca,
Mantegna...).
•Con todo, a pesar das novidades que supón no terreo da representación tridimensional e do
realismo, a súa pintura segue sendo medieval pola súa concepción simbólica e porque descoñece
a temática clásica, o compoñente mitolóxico, fundamental no Renacemento.
JAN VAN EYCK
CaracterísticasÉ o máximo representante da pintura gótica do S. XV e, polo tanto, o
creador, xunto ao seu irmán Humberto, da Escola Flamenga. A súa pintura, plena dun "simbolismo disfrazado", por usar a
afortunada definición de Panofsky, supón a culminación das características da escola flamenca.Van Eyck manexa como ninguén a complexa simboloxía baixomedieval.
Construción rigorosa do espazo.Uso perspectivo da paisaxe.Dominio do retrato e un virtuosismo técnico na descrición das
calidades da materia que o sitúan entre os grandes da historia da pintura.
Van Eyck utiliza a técnica do óleo, da que extrae todas as súas posibilidades para lograr a representación plenamente realista das cousas. Adoitaba asinar as súas obras, dentro do cadro ou no marco, polo que coñecemos bastantes obras seguras súas e iso permitiu, por comparación estilística, atribuírlle outras que aparecen sen firma.
Na súa pintura o naturalismo gótico chega á súa culminación desembocando nun forte realismo. Este realismo conséguese por medio de:
A. O detallismo e a minuciosidade: realiza un estudo detallado do ambiente no
que se desenvolve a escena representando todas as cousas que rodean ao home con
gran minuciosidade. Consegue un realismo exacerbado que permite ao espectador
realizar unha análise minuciosa do representado, converténdose a pintura case en
miniatura. Viría ser unha miniatura sobre táboa e estaría concibida para ser vista de
cerca. Agora ben, este detallismo e minuciosidade distraen a mirada do espectador do
tema principal e fai que non exista unha visión de conxunto. É un xeito de concibir a arte
a anacos, por partes.
Para conseguir este detallismo recorre á representación de:
-obxectos nos seus máis mínimos detalles (engurras, xoias, flores, teas, cabelos
etc.).Esta minuciosidade apréciase en todo o representado pois se concede a mesma
importancia a unha persoa que a unha cousa ou animal.
-a luz que ilumina estes obxectos, facendo resaltar o mate e o brillante e dándonos a
calidade dos obxectos.
B.-Aparición de temas novos e modificación de temas tradicionais:
Os novos temas que aparecen son:
-O retrato. O desexo de realidade burgués fai que os rostros individualícense,
converténdose en retratos. Os burgueses desexan obter imaxes reais e que ninguén
pode ser confundido con outro personaxe. Ao principio o retrato aparece coa
representación dos doantes nos cadros relixiosos, pero despois alcanza autonomía
propia.
-A paisaxe grazas ao abandono dos fondos lisos e á importancia que lle dan.
As transformacións que aparecen nos temas tradicionais son:
-A aparición dos doantes nas cadros relixiosos formando parte da escena.
-A representación dos temas relixiosos como escenas burguesas, como persoas da
vida diaria nas súas casas flamencas.
C.-A creación dun espazo veraz
Crea un espazo real e convincente mediante:
-A representación das escenas en interiores, onde se reflicte a típica casa
flamenga burguesa: confortable, con espazosas ventás e con gran cantidade
de obxectos (cadros, potes de barro e metal, floreiros, etc.), e en paisaxes
naturais aos que concede gran importancia nos cadros, ata cando unha
escena desenvólvese nun interior aparece a través dunha porta ou fiestra. A
difusión da luz sobre as figuras representadas (humanas, obxectos,
paisaxe ... ).
Co fin de evitar unha simple acumulación de detalles sen ningunha unidade,
crea un espazo delimitado pola luz, esta une todos os ambientes e dá
harmonía a todos os compoñentes do cadro. A luz acariña as superficies das
cousas e define a atmosfera, con ela consegue a sensación de profundidade.
Técnicas usadas: A.-Soporte: Pintura sobre táboa No gótico, a substitución do muro por grandes ventás con vidreiras, deu lugar á
desaparición da pintura mural e ao nacemento do retablo, cuxa superficie dividir en numerosas pequenas táboas.
Na escola flamenga, por unha progresiva redución do retablo, os artistas realizan obras de pequeno tamaño, máis apropiadas para decorar unha casa burguesa que un palacio ou igrexa. Esta redución deu lugar á realización de:
-polípticos: de 5 6 7 táboas -trípticos: de 3 táboas: as táboas van montadas sobre bisagras, son movibles e
péchanse sobre a central, todas pintadas polo seu interior e as laterais tamén polo seu exterior, en tons grises que imitan o efecto de escultura.
-pintura de cabalete: é o seu creador. Nace ao simplificar o retablo a unha soa táboa. B.-Uso do óleo Todo o realismo desta pintura puido conseguilo grazas á invención desta nova
técnica pictórica, consistente en disolver as cores en aceite (de linaza ou noces), xa que logo, tarda en secar e permite retocar o pintado, permite volver pintar sobre o xa pintado.(permite minuciosidade).
Esta técnica, coñecida antes, foi perfeccionada e usada por primeira vez por Juan e Humberto Van Eyck, aos que se lles considera os seus inventores, despois foi usada por toda a escola flamenga.
A súa importancia vén dada porque permitiu realizar unhas superficies moi lisas, case esmaltadas, dar luminosidade, transparencia, riqueza cromática e consistencia ao cadro que a pintura ao amorne (técnica máis usada ata agora).
MATRIMONIO ARNOLFINI
El matrimonio Arnolfini.Jan Van Eyck.
Gótico flamenco
VIRXE DO CHANCELER ROLIN
La Virgen del Canciller Rolin.Jan Van Eyck
Gótico flamenco
ADORACIÓN DO CORDEIRO MÍSTICO
Políptico del cordero místicoHermanos Van Eyck.
Gótico flamenco
TEMA DA DÉESIS
Mártires mulleres
Igrexa católica
Paganos e xudeus
Papas e bisposFonte de vida
Cordeiro místico
los Peregrinos
Y san Cristobal
Los Jueces Justos
los Caballeros de Cristo
Adoración del Cordero Místico
los Ermitaños
Adoracion del Cordero Místico (detalle).Hermanos Van Eyck
Gótico flamenco
top related