josé maría barreiro
Post on 30-Jul-2015
1.086 Views
Preview:
TRANSCRIPT
É pintor e escultor autodidacta.
Comezou a gañar premios de pintura
aos 16 anos.
Dedicouse á decoración e ao
escaparatismo á vez que pintaba.
Aos 20 anos marchouse a París a
traballar e despois viaxou por moitos
países.
Traballou en cidades como
Buenos Aires, Chicago o Caracas.
Compartiu casa e estudo durante 4 anos con Urbano Lugrís en
Vigo. Fixeron xuntos algún pirogravado.
CURIOSIDADES
Barreiro debuxa liñas vigorosas e
coloridas.
Transmite espontaneidade e
movemento.
O seu estilo é o expresionismo.
A súa primeira exposición individual foi en Santa Cecilia de
Marín, invitado polo pintor Manuel Torres.
Soe pintar grupos de gaiteiros, bodegóns, paisaxes
mariñas, mulleres…
As súas técnicas son: acuarela, pirogravado,
tinta sobre papel e óleo sobre papel, tela,
cartón, cartolina, táboa…
No ano 2012 déronlle o
Premio da Provincia de Cultura.
Dende 2011 colabora coa
Fundación Inade co deseño
do emblema e o obsequio dos
Premios “Galicia Segura”: cos
cadros «O gaiteiro de Cela» e
«O gaiteiro».
Donou unha exposición permanente ao
Mosteiro de Aciveiro en Forcarei.
Expuxo as súas obras en museos e galerías de arte de todo o
mundo.
Actualmente a Barreiro gústalle levantarse moi cedo e ir ao
seu estudio. Alí debuxa, le e toca algún instrumento.
top related