literatura no exilio
Post on 12-Apr-2017
45 Views
Preview:
TRANSCRIPT
A literatura no exilio entre 1936 e 1976: poesía, prosa e teatro
CONTEXTUALIZACIÓN
Guerra Civil: exilio (Arxentina, Uruguai e México principalmente).
Emigrados (Blanco Amor e Emilio Pita) + exiliados (Castelao, Lorenzo Varela, Rafael Dieste e Luís Seoane).
Inicativas: garantir a continuidade do galego como idioma escrito manter acesa a chama da cultura galega que non podía
desenvolverse aquí debido ao franquismo. organizar exposicións, conferencias, certames... fundar editoriais que publican obras emblemáticas como A
esmorga de Blanco Amor ou Sempre en Galiza de Castelao. editar xornais (A Nosa Terra), revistas (Vieiros en México) e
programas radiofónicos (Galicia emigrante).
POESÍA NO EXILIO Foi o xénero máis cultivado.
Temas: a denuncia social do drama vivido, o patriotismo galego, a reflexión sobre a situación dos exiliados e a saudade das paisaxes natais.
Luís Seoane: artista polifacético. Poucos recursos estilísticos = realismo xornalístico con versos longos.
-- Fardel de eisiliado- - Na brétema, Sant-Iago
- - As cicatrices- - A maior abondamento
Lorenzo Varela: vivencias tráxicas da guerra, reivindicación do pasado medieval.
-- Catro poemas pra catro gravados-- Lonxe
Emilio Pita: musicalidade, vivencias persoais e emigración.-- Jacobusland
-- Serán
NARRATIVA NO EXILIO
TEATRO NO EXILIO
Conviven dúas tendencias: Teatro culto, con técnicas e temas de
carácter innovador, representada por autores como Castelao e Luís Seoane, que formulan conflitos universais.
Teatro máis popular e costumista, representada por Manuel Varela Buxán e Ricardo Flores, que evoca a terra natal e mantén o orgullo de ser galegos.
AUTORES TEATRAIS1. Castelao estreou en Bos Aires a súa única
peza teatral, Os vellos non deben de namorarse (1941), que comezara en Galicia e rematara en Nova York. El mesmo se encargou da escenografía, vestiario e máscaras. Esta obra está formada por tres lances independentes, pero con personaxes similares, nos que vellos de diferentes sectores sociais se namoran dunha moza. As tres historias rematan nun final tráxico para o ancián.
2. Blanco Amor: Farsas para títeres, obras
non realistas, na liña do esperpento de Valle-Inclán, pensadas para un público culto e de ideas progresistas xa que presentan contidos antirracistas e contra a violencia machista, entre outros.
Teatro prá xente é menos orixinal cá obra anterior pero ten diálogos de calidade.
3. Luís Seoane escribiu a súa obra teatral en galego e traduciuna el mesmo ao castelán para publicala en Arxentina. Influenciado polo teatro de Bertolt Brecht. A soldadeira: loita dos irmandiños contra os
abusos dos señores feudais = loita do pobo contra Franco.
O irlandés astrólogo.
4. Manuel Varela Buxán: actor, director e escritor de numerosas pezas teatrais, todas elas de corte costumista e humorístico. Moitas das súas obras foron estreadas en Arxentina e publicadas moitos anos despois de seren escritas. Taberna sen dono. A xustiza dun muiñeiro. Se o sei… non volvo á casa.
top related