o lobo que quería comer a papá noel
Post on 04-Jul-2015
1.035 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Aquela tarde, Papá Noel estaba de mal humor. Doíalle a barriga
Comera tres veces patacas con maionesa.
Iso era D E M A S IA D O …
aínda para o estómago de Papá Noel.
1
2
3
Era a noite de Nadal e él tiña dor de barriga.
Algo máis lonxe, no bosque… agochábase un lobo.
Tiña… FAME DE LOBO.
O pobre do lobo tremía co frío.Tiña o nariz conxelado, as orellas moradase as dedas dos pes tesas.
O frío facíalle chorar e as
bágoas que lle caían
dos ollos conxelábanseantes de caer
ao chan.
De pronto, através do xeo que cubría os seus ollos viu unha
silueta vermella que se achegaba a él.
Cando a figura vermellapasou ao seu carón…saltou sobre ela dando un berro arrepiante. ¡AARRRRGGGG!
¡Terrible erro!
Como todo o mundo sabe, Papá Noel é coma un xigante, indestructible
e…
¡ABSOLUTAMENTE
INCOMESTIBLE!
¿ E B E N ?E s t o u e s p e r a n d o u n h a e x p l ic a c ió n
O lobo non quería confesar que
confundira a Papá Noel con Carapuchiña
Vermella, así que, para salvar a orella díxolle que o confundira cun
porco.
¡ A Q U E N S E L L E O C O R R E !
Papá Noel sacou as luvas, colleu ao lobo, puxoo debaixo do brazo e doulle tal mallerira que ata a neve caiu dos pinos.
Cando por fin aquilo rematou…
Ben, pois como castigo, este Nadal
vas facer un traballiño.
¿Así que tes fame?
Ehh, si, unha pouca
¿¿Qué??
Si, este ano ti vas facer o meu traballo.E non comerás nada ata que remates de entregar todos os regalos. Moito coidado que non che esqueza ningunha cheminea.
Sen preguntarlle ao lobo se estaba de acordo, Papá Noel
levouno á súa cova, púxolle un disfraz de Papá Noel e… ¡hala!
Mandouno ao ceo co trineo, os renos, a cesta, as campaíñas e todo o necesario para facer o
seu traballo.
A Papá Noel todo lle saira ben.Agora podería descansar.
Cada vez tiña máis fame. Ata os renos se burlaban de él.
Entón deu comezo a noite máis espantosa que un lobo malvado poida imaxinar.
Un gran lobo malvado coma él, voando polo ceo disfrazado de Papá Noel. Era para tolear.
Ademáis, veríase obrigado a ser amable
cos nenos. Él que sempre desexou
comelos crus.
Ao chegar aos tellados, tiña que ler as cartas dos nenos.
E, en cada carta, os nenos enviaban bicos, apertas, mimos, felicitacións e máis bicos
En todas, menos nesta
Entón o lobo, case chorando deslizou unha
bonita cabuxiña branca pola
cheminea tendo moito coidado
para non manchala co
feluxe.
A noite avanzaba. Cantos máis regalos e chuches repartía o lobo, máis fame tiña.
As tripas soábanlle unha barbaridade, e estaba terríblemente canso.
Por fin amenceu. O lobo acababa de terminar co reparto.
De volta á cova, nada máis entrar
Deixouse caer nun rincón e adormeceu.
O lobo empezou a roncar e a soñar con cestos cheos de salchichas, xamóns, casiñas de mazapán e Papá-
Noeis de chocolate
Papá Noel, mirandoo con cariño, pensou se non sería demasiado duro co castigo.
¿..?
ZZZ ZZZ ZZZ
Cando o lobo espertou, viu que xunto ao lume da cheminea lle esperaba unha mesa perfectamente preparada.
Aquel ano, por primeira vez o lobo e Papá Noel celebraron o Nadal xuntos, ante a asombrada mirada dos renos que non entendían nada
daquela historia tan rara.
top related