pdi 25 n_titorías (1) (1)
Post on 08-Jan-2017
1.028 Views
Preview:
TRANSCRIPT
Novembro 2015
PROXECTO
DOCUMENTAL
INTEGRADO día INTERNACIONAL para
a eliminación da
violencia CONTRA AS
MULLERES 2015
IGUALDADE
RESPECTO
TOLERANCIA
Novembro 2015
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
Desde o Equipo de Biblioteca e o EDLG propoñémosvos unha nova actividade dentro do Proxecto
Documental Integrado, desta vez para conmemorar o Día internacional para a violencia contra as
mulleres, que se celebra o 25 de novembro. Recordade que podedes acceder a toda esta información
cando precisedes na páxina web do centro (https://www.edu.xunta.es/centros/cpiasrevoltas)
RECURSOS SOBRE O TEMA
En primeiro lugar, propoñémosvos unha listaxe de recursos relacionados co tema da igualdade de xénero
(Anexo 1) para traballar o tema nas aulas ou titorías. A meirande parte das obras literarias que se
mencionan estarán ao voso dispor na Biblioteca, nunha sección creada especialmente para a ocasión.
BREVE GUÍA DE LINGUAXE INCLUSIVA
Ademais, recordámosvos a necesidade de concienciar o alumnado de que o primeiro paso no que unha
persoa manifesta a igualdade de xénero é empregando unha linguaxe non sexista, polo que vos
distribuímos unha Breve guía de linguaxe inclusiva que vos pode ser útil para traballar nas aulas (Anexo
2).
E recordade que o mellor exemplo somos nós, polo que palabras como “alumnado” en vez de “alumnos”
ou “profesorado” en vez de “profesores” deben formar parte da nosa rutina.
LIPDUB
Por último, a actividade central desta conmemoración será a elaboración dun vídeo conxunto. Nesta
ocasión, cada alumno/a escribirá un lema contra a violencia de xénero (ou unha palabra, no caso do
alumnado máis pequeno) nun dos globos que propoñemos no Anexo 3, que cada persoa titora
fotocopiará en A3 nos folios de cores que vos entregaremos.
Isto farémolo nunha titoría ata o 20 de novembro, porque o día 23 de novembro, nunha hora que xa
determinaremos, gravarase un lipdub (vídeo sen cortes) no que estará o alumnado, o profesorado e o
persoal de administración e servizos que queira participar, distribuído por todo o centro conforme iremos
indicando, e co seu globo en A3 estirado nas mans.
O vídeo centrarase en gravar os lemas dos folios, e non tanto nas persoas, polo que se recomenda que o
alumnado apareza co folio diante da cara para protexermos a súa imaxe na difusión do vídeo.
Unha vez montado, proxectarase na Biblioteca e difundirase a través das canles de uso habitual (páxina
web e blogues de Biblioteca e do EDLG).
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
ANEXO 1 Listaxe de recursos para traballar o 25 de novembro, dividida por etapas
educativas.
Todos eles tratan os seguintes temas:
- A violencia de xénero
- A igualdade entre xéneros
- Mulleres destacadas na historia
A maioría das obras literarias mencionadas podedes atopalas na Biblioteca
do centro, nunha sección especialmente dedicada ao 25 de novembro. Outros
moitos teñen versión en vídeo ou presentación, que tamén se inclúe.
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
EDUCACIÓN INFANTIL E 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Azul e rosa - A Nosa Terra
Roi quere ser mamá - A Nosa Terra
Carlota e o príncipe azul - A Nosa Terra
El príncipe Ceniciento - Destino [https://www.youtube.com/watch?v=suq_0NP_ObE]
O segredo de Flora – Embora [https://www.youtube.com/watch?v=LAy3J1tsi50]
O país dos mandóns – Embora [https://www.youtube.com/watch?v=UakLSjdUeD4]
Iriña Bailarina – Embora
O libro dos porcos - Kalandraka [https://www.youtube.com/watch?v=0a2Akgj_D8w]
Rosa Caramelo - Kalandraka [https://www.youtube.com/watch?v=qqJx-a09dT8]
Artur e Clementina – Kalandraka [https://www.youtube.com/watch?v=gLjooxNtytg]
¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? - Thule
[https://www.youtube.com/watch?v=tLQYQhiMI4A]
SuperLola – [http://www.juntadeandalucia.es/iam/catalogo/doc/iam/2014/143456818.pdf]
Las princesas también se tiran pedos [http://www.slideshare.net/ananikka/las-princesas-
tambien-se-tiran-pedos]
La Cenicienta que no quería comer perdices: https://www.youtube.com/watch?v=BdcS5Xi9cbI
2º E 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Historias de rapazas aventureiras que protagonizan historias de misterio
Cermeño Baraja, Xosé: Estas rapazas chegarán moi alto. Edición Xerais
Dahl, Roald: Matilda. Ed. Alfaguara
Hinrichs, Meike: A viaxe de Cora. Ed. Tiramillas
Tiña o pelo rebelde coma ela mesma. Un día tivo unha experiencia terrible e a alegría desapareceu
da súa vida. Entón Cora emprendeu unha viaxe buscando respostas ...
Malaval, Françoise: La princesa Laca en la lejana Birmania. Ed. Proteus
No afastado reino de Birmania, a filla dun humilde artesán decora con tanta fermosura os
obxectos lacados, que pronto é coñecida co sobrenome de "Princesa Laca". Ao chegar aos seus
oídos a noticia dese talento incomparable, o rei ordena á moza traballar para el en exclusiva. A
Princesa Laca cumpre co encargo, pero en todas as súas obras aparece sempre o mesmo tema: o
sufrimento dun pobo esmagado pola lei dun tirano... O rei estala en cólera, pero a voz da verdade
non se deixa afogar con facilidade. Un libro ilustrado en favor da liberdade de expresión, en
homenaxe á Premio Nobel da Paz 1991, Daw Aung San Suu Kyi.
A muller na historia. Ed. A Nosa Terra
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
EDUCACIÓN SECUNDARIA
Aneiros, Rosa: Ámote Leo A. Ed. Xerais.
Triloxía protagonizada por Leo A, rapaza valente e aventureira que emprende soa unha viaxe polo
mundo.
Sierra i Fabra, Jordi: Desnudas. Ed. SM
Cando deixou Ramiro de ser tenro, doce, amable? En que momento exacto empezou a maltratar a Marga? Marga non o sabe. Talvez fora desde o mesmo principio; quizais as chamadas constantes, as mensaxes inacabables, a demanda de atención, ese amor total e absoluto que Ramiro dicía sentir por ela... Si, talvez todas esas cousas xa contivesen unha semente de violencia. E se Marga se dese conta a tempo, as cousas terían sido moito máis fáciles. Desnuda é un libro duro, cortante, directo como unha puñada no estómago. Un libro necesario.
McPherson, Ann: O diario da outra maniática. Ed. Xerais
Susie, unha rapaza de 16 anos, escribe o seu diario íntimo, seguindo ao seu irmán Peter Payne,
autor do Novo diario dun xove maniático. Desde o seu punto de vista feminino, Susie escribe sobre
o sexo, o amor, anorexia, febres glandulares, depresión, morte, SIDA, réximes, exames,
anticoncepción, divorcio, vermes, estrés, piollos e moitas cousas máis. No diario inclúe recortes,
folletos, cartas e fragmentos de xornais e revistas sobre problemas que lle preocupan, anotacións
das aventuras de Pete e doutros acontecementos, bos e malos, da súa vida familiar. Saber o que
pensa unha rapaza de dezaseis anos sobre as cousas máis normais da vida, saber que opina dos
detalles que pasan desapercibidos para case todos os maiores é o tema central deste interesante
libro no que os feitos están narrados dende un punto de vista natural, sinxelo, sen erros de
interpretación. Os autores, dous médicos, móstrannos as preocupacións dunha adolescente en
temas como o sexo, a SIDA, o aborto, sempre dun xeito ameno, claro e sobre todo formativo e
actualizado, sen tabús de ningún tipo.
Lourenzo González, M.: Flor de area. Ed. Xerais.
Flor de area é a historia dunha moza iraquí que, destinada a ser a doce esposa dun persoeiro
principal, se atreveu a rachar coa inercia para exercer de muller, de nai, de traballadora, de
amante, de patriota, na cerna dunha sociedade conservadora e baixo a opresión da dominación
estranxeira. Obra que continúa o relato comezado en Irmán do vento (Xerais, Premio Merlín
2003), Flor de area é tamén a crónica dunha vivencia da guerra desde o lado dos outros.
Lienas, Gemma: O diario violeta de Carlota. Ed. Galaxia
Lienas, Gemma: El diario violeta de Carlota. Ed. La media noche del Aleph
Un día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor
violeta, é dicir, dende unha óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai
moitísimas situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo
un exercicio de discriminación e inxustiza.
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
López Silva, Inma: Non quero ser Doris Day. Ed. Biblos
Como moitas das novelas desta lista, non é nada doada de atopar. Foi finalista do premio de
novela por entregas de La Voz de Galicia alá polo 2006 e logo editada por Biblos. Unha muller que
acaba de deixar plantado ao seu prometido (un andaluz que escribirá a mellor carta en galego da
historia da Humanidade alá pola segunda metade do libro) marcha a París decidida a escribir a
gran novela galega, pero, como lles conta ás súas amigas por correo electrónico, élle bastante
complicado. Así que o que nos atopamos é unha trama amorosa (estamos ante o único exemplo
de chick lit na literatura galega?) e moi, moi divertida. Moi recomendable e merecedora dunha
reedición.
Sierra i Fabra: Chamando ás portas do ceo. Ed. Rodeira
Silvia, estudante de Medicina, marcha á India para traballar como cooperante durante o verán nun
hospital situado nun perdido lugar do mundo. Ao facelo, enfrontáse cos seus pais e co seu noivo, e
toma así, seguindo o seu instinto e o seu corazón, unha decisión que cambiará a súa vida e a súa
forma de pensar. Na India coñecerá a dor e o sufrimento dos que non teñen nada, pero tamén a
alegría e a paz da súa conciencia, e vivirá a cabalo non de dous, senón de tres mundos: por un lado
Arturo, que a espera en España; por outro Leo, o médico, cooperante coma ela, capaz de
renunciar a todo por estar alí; e, finalmente, Mahendra, o hindú que garda o máis doloroso dos
segredos e que a introducirá nun novo horizonte sen fronteiras.
Gómez, Lupe: Fisteus era un mundo. Ed. A Nosa Terra
Fisteus era un mundo é un libro escrito para que a aldea non morra nunca. A narración dunha
muller que tivo medo de dicir que era da aldea e que agora lanza unha reivindicación do idioma,
da amizade, dos pais e da terra. Máis tamén é a memoria dos atrancos que vai deixando atrás a
infancia e a mocidade. Dos tempos de aprendizaxe como muller que chegará a estas páxinas en
carne viva.
Aleixandre, Marilar: A cabeza da medusa. Ed. Xerais
Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas.
Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en
fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non
denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser
violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas
mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa
que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da
propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de
Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura
xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para
conseguir, en palabras do xurado, “unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez
dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
que se resolve”. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros,
o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta
magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.
Lema, Alberto: Unha puta percorre Europa. Ed. Galaxia
De Jonathan Swift a Pasolini, da novela policial á novela política, da narrativa compostelá á
literatura feminista, velaquí un texto escrito coas armas da literatura de masas. Sabemos que a
beleza non é cega, que nos prefire altos e mansos. Sabemos que a censura, como a enerxía, non se
extingue, transfórmase. Cómpre, entón, buscarlle as costas á relación oficial dos feitos, relatar as
zonas escuras no mapa do presunto alustre das democracias occidentais. Unha puta percorre
Europa asexa nese extenso territorio, entre o ilegal e o obsceno, que é a nosa casa. Quere facer,
por fin, visible o visible.
González, Helena (sel.): A tribo das baleas, Poetas de arestora. Ed. Xerais
A tribo das baleas. Poetas de arestora (Vigo: Xerais, 2001). Constitúe unha representación da
poesía galega de finais do século XX a través dun conxunto de textos dos chamados poetas dos
noventa, partindo da premisa de que as súas poéticas achegaron "normalidade" ao panorama
literario galego. Mostrar a normalidade: esta é a estratexia que segue a escolma para atinxir o seu
propósito normalizador. A tradución dos poemas ao castelán e o inglés incide así mesmo na tarefa
de prestixiar a cultura galega. Contén varias mostras de mulleres poetas contemporáneas.
Aldecoa, Josefina: Historia de una maestra. Ed. Alfaguara
Relato no que a protagonista rememora con serena lucidez a historia da súa vida. Entregada a
unha profesión que a leva de lugar en lugar, en condicións case sempre miserables, Gabriela vive a
súa historia persoal sobre o pano de fondo dun período decisivo na historia de España: desde os
anos vinte ata o comezo da Guerra Civil. A chegada da República, coas súas promesas de grandes
cambios e a súa exaltación do papel dos mestres na transformación da sociedade española; a loita
contra a ignorancia e o caciquismo; a revolución de outubro vivida nunha vila mineira: a violencia
e o brutal desgarramento familiar; a morriña recorrente da única aventura da súa vida, a súa
primeira escola en Guinea... Todo iso vai conformando a vida dunha muller testemuña e
protagonista duns feitos que explican en gran parte os sucesos que viñeron despois.
BIOGRAFÍAS DE MULLERES IMPORTANTES NA HISTORIA
Rosalía
Hipatia, la maestra
Clara Campoamor, la sufragista
Curie, la atómica /Marie Curie
Maria Callas
Cleopatra
Investigadoras galegas
Monográficos da revista Historia sobre mulleres como Cleopatra, Nefertite, etc.
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
BANDA DESEÑADA
Phisax, habitante da igualdade. Xunta de Galicia
RECURSOS EN LIÑA
Educa Tolerancia:
http://www.educatolerancia.com/index.php?option=com_content&view=section&id=50&layou
t=blog&Itemid=59
Inclúe multitude de arquivos en formato PDF con material para país e nais, guías de linguaxe non
sexista, xogos, fichas de filmes, prevención da violencia de xénero, coeducación, historia das
mulleres en diferentes áreas etc.
Compilación de recursos para traballar o 25 de novembro feito pola mestra Mª Asunción García
Álvarez: https://sites.google.com/site/recursosviolenciadexenero/
Inclúe enlaces a unidades didácticas, literatura, librarías especializadas, blogues, documentais,
filmes, vídeos, música e cartaces.
VÍDEOS
Principiñas e princesiños: https://vimeo.com/126739397, Centro de Información á Muller do
Concello de Pontevedra.
O alumnado de Primaria fala e reflexiona sobre a imaxe estereotipada que proxectan os filmes e
contos infantís sobre as relacións entre homes e mulleres.
Sete vídeos sobre a violencia de xénero: http://nomasvg.com/documentos/recursos/siete-videos-
imprescindibles-contra-la-violencia-de-genero/
MÚSICA
Llorens Mellado, Ana: 150 canciones para trabajar la prevención de la violencia de género en el
marco educativo”, Concello de Valencia.
[http://www.valencia.es/ayuntamiento/tablon_anuncios.nsf/0/0CC09E4BC29FA942C1257C20004
087EF/$FILE/150%20canciones%20para%20trabajar%20la%20prevenci%C3%B3n%20de%20la%20
violencia%20de%20g%C3%A9nero%20en%20el%20marco%20educativo.pdf?OpenElement&lang=
1]
Inclúe unidade didáctica para diferentes etapas educativas, letra das cancións e actividades.
OUTRAS
Gondar Portasany, Marcial: Mulleres de mortos. Cara unha antropoloxía da muller galega. Ed.
Xerais
As mulleres na obra de Frei Martín Sarmiento 1695-1772. Xunta de Galicia
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
ANEXO 2 Con esta Breve guía de linguaxe inclusiva pódese traballar en 3º ciclo de
Educación Primaria e na ESO léndoa e mandando transformar exemplos
tirados de xornais, libros de texto etc., conforme ao aprendido nela.
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
Xa non tes escusas para seguires a utilizar
palabras ou expresións que invisibilicen as
mulleres.
Con todo, debes evitar recargar os textos con
barras inclinadas, e intentar utilizar palabras que
inclúan ambos os xéneros, como neste exemplo:
Os/as alumnos/as => O alumnado
Con todo, se non sabes que palabra utilizares,
tamén podes empregar perífrases:
O/a xefe/a de estudos → A xefatura de estudos
O/a cociñeiro/a → O persoal de cociña
Senón, tamén vos queda o recurso das arrobas:
alumn@s, nen@s, amig@s…
Poñamos o noso gran de area para
construír unha sociedade igualitaria!
PROXECTO DOCUMENTAL
INTEGRADO
ACTIVIDADES 25 NOVEMBRO
2015
ANEXO 3 Globos para empregar na preparación do lipdub. Cada persoa titora
fotocopiará os que precise nos folios de cores tamaño DIN A3 que vos
entregamos e pasarallo ao alumnado para que escriba nel un lema ou unha
palabra en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade entre homes
e mulleres.
Para 3º ciclo de Educación Primaria e Educación Secundaria pódeselle pedir
ao alumnado que transforme refráns ou frases feitas coñecidas, por
exemplo:
IMPORTANTE: Para que todos os grupos fagamos o mesmo, disporemos os
folios da seguinte maneira:
O alumnado que sexa o nº 1 do grupo utilizará un folio branco (así cando se
grave o vídeo saberase onde comeza cada grupo diferente). O resto do
alumnado, irá alternando folios de cor lila e rosa.
Os amores rifados
NON son os máis
amados
Quen ben te
quere NON te
fará chorar
top related