presentación ramón piñeiro lópez

Post on 01-Jul-2015

654 Views

Category:

News & Politics

5 Downloads

Preview:

Click to see full reader

TRANSCRIPT

Ramón Piñeiro LópezRamón Piñeiro López

Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas

20092009

Ramón Piñeiro López, naceu en Armea,

Láncara, Lugo o 31 de maio de 1915. Foi un

escritor, filósofo, ensaísta e político galego.

Morreu en Santiago de Compostela o 27 de

agosto de 1990.

A súa vidaA súa vida

BiografíaBiografía

Despois de cursar na capital da provincia o Bacharelato elemental, volta á súa vila para axudar nas tarefas agrícolas familiares e en 1930 comeza a traballar en Sarria.

En 1931, ano da proclamación da República, terá a oportunidade de asistir nesta vila a diferentes actos electorais. Un ano despois Piñeiro regresa a Lugo para estudiar o Bacharelato superior e, influído por un mitin do recén creado Partido Galeguista, Ramón participaría na creación da Mocidade Galeguista de Lugo.

Tras a guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras. Porén, Piñeiro, máis preocupado pola reagrupación clandestina do galeguismo, abandonaría definitivamente estes estudos. Cando a finais de 1945 os nacionalistas cataláns, vascos e galegos deciden tratar co goberno republicano exiliado en Francia, Piñeiro será designado como representante galego naquela xestión. De regreso sería detido e condenado a seis anos de prisión, dos cales cumpriría tres, de 1946 a 1949.

Xa libre, Piñeiro voltará a Galicia e desde entón vaise esforzar en mudar radicalmente a estratexia galeguista, prescindindo da opción política e reducíndoa cara á intervención cultural, o que provoca a desvertebración do Partido Galeguista. Este posicionamento e coñecido como "piñeirismo“.

O seu traballoO seu traballo

Froito do “piñeirismo”, será a fundación en Vigo de Galaxia (1950), a primeira iniciativa editorial galeguista de posguerra. Como director desta empresa e codirector da revista Grial, Piñeiro dedicarase á promoción e difusión da cultura galega.

A súa producción ensaística foi breve. A súa obra pódese dividir en dous bloques:

De carácter lingüístico-literario:• Olladas no futuro (1974)

De pensamento filosófico:• Siñificado metafísico da saudade (1951).• A saudade e Rosalía (1952).• Pra unha filosofía da saudade (1953).• Saudade e sociedade, dimensión do home (1975).

No ano 1967 ingresa na Real Academia Galega cun discurso titulado A lingoaxe i as língoas (1967). Xa en época democrática sae electo como deputado do Parlamento de Galicia polas listas do PSdG-PSOE, onde impulsa a Lei de Normalización Lingüística. Desde 1983 ata a súa morte, acontecida en Compostela en 1990, Ramón Piñeiro será presidente (o primeiro) do Consello da Cultura Galega.

Últimos momentosÚltimos momentos

Rubén Pérez Arias

4º ESO B

top related