programaciÓn didÁctica audiciÓn e linguaxe
Post on 10-Jul-2022
6 Views
Preview:
TRANSCRIPT
PROGRAMACIÓN
DIDÁCTICA
AUDICIÓN E LINGUAXE CURSO 2020-21
CEIP PLURILINGÜE
A MAGDALENA
PROGRAMACIÓN AUDICIÓN E LINGUAXE (CURSO 2020-2021)
Neste caso, no presente curso seremos unha mestra e un mestre os encargados
da intervención nesta medida de atención á diversidade. Para organizar as intervencións
e debido a casuística organizativa do centro, que se divide en dous edificios, un de nós
será o encargado de intervir co alumnado dos cursos inferiores (dende Educación
Infantil ata 3º de Educación Primaria) e o outro, dos superiores ( dende 4º de Educación
Primaria ata 6º).
A nosa actuación, regulada no Decreto 374/1996 do 17 de outubro, polo que se
aproba o regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de
educación primaria, recolle as seguintes funcións:
- Coordinar, en colaboración coa xefa de estudos, as cuestións relacionadas coa
educación e a estancia nos centros de alumnos con algún tipo de minusvalidez
física, psíquica ou sensorial.
- Colaborar coa comisión de coordinación pedagóxica na elaboración do plan de
actuación respecto ó alumnado con n.e.e.
- Orientar ó profesorado que imparta docencia ós alumnos con necesidades
educativas especiais, así como a eles mesmos e ós pais sobre cuestións de
interese para o seu desenvolvemento.
- Colaborar coa profesora titora e co resto de profesorado na elaboración das
adaptacións curriculares e no seguimento e avaliación das mesmas.
- Aquelas outras funcións que se lle puidesen asignar no ámbito de apoio ó
alumnado con necesidades educativas especiais.
Tamén na Orde 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e
funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de
Galicia regulada polo Decreto 120/1998, establécense as funcións do mestre de
Audición e Linguaxe. Estas son:
a) Asistir ás reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica.
b) Participar na avaliación inicial do alumando que acceda á educación secundaria
obrigatoria e, cando cumpra, naquelas sesións de avaliación que afecten a
alumnado con necesidades educativas especiais.
c) Colaborar na elaboración, seguimento e avaliación das adaptacións curriculares
individuais, así como medidas de reforzo, se é o caso, e daqueloutras dirixidas á
atención á diversidade do alumnado.
d) Prestarlle atención docente directa ó alumnado con necesidades educativas
especiais que así o requira, atención que, en xeral, se prestará no grupo no que
está integrado.
e) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lles poida asignar referidas
á orientación.
A nosa actuación co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
(definido no Decreto 229/2011,polo que se regula a atención á diversidade en Galicia)
centrarase especialmente en intervir nas dificultades ou alteracións na comunicación,
linguaxe e fala. Elaboraremos programas de intervención e realizaremos o seguimento
do ANEAE derivado polo Departamento de Orientación. A nivel de centro,
coordinarémonos coas titoras e outras especialistas que impartan docencia ó ANEAE,
obxecto da nosa intervención. Tamén estaremos en contacto coa comisión de
coordinación pedagóxica e co equipo de ciclo para colaborar na realización de plans de
actuación. Dentro do Departamento de Orientación, colaboramos e orientamos nos
aspectos referentes ó noso ámbito de actuación. En relación ó contexto, estaremos en
contacto coas familias para informalas das necesidades educativas das súas fillas/os, dos
avances e das posibles incidencias no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tamén
estableceremos vínculos con outras asociacións, Concello, e outros profesionais
externos ó centro que atendan ó mesmo alumnado ca nós, sempre seguindo as
directrices do Protocolo de Protección de Datos.
ALUMNADO
Neste ano académico, recibirán apoio de audición e linguaxe :
• 1 alumna con neae asociadas a Dificultades Motoras na fala.
• 2 alumna con neae asociadas a Retraso Madurativo e alteracións da fala e
linguaxe.
• 1 alumno con neae asociadas a Síndrome Xfráxil e Hipoacusia.
• 2 alumnas con neae asociadas a Alteracións da Fala (Dislalia e Taquilalia).
• 5 alumnos con neae asociadas a Retraso da Linguaxe.
• 1 alumno con neae asociadas a Ateracións da fala e Dificultades en
Lectoescritura.
• 1 alumno con neae asociadas a alteracións da fala (Disfemia).
• 1 alumno con neae asociadas a TEL.
• 1 alumna con neae asociadas a alteracións da comunicacion (pendente informe
Saúde Mental).
PROGRAMACIÓN
Os obxectivos estarán expostos nos programas de intervención individuais, que,
en función das necesidades do alumnado variarán. Dun xeito xeral, serán os seguintes:
Alteracións da fala e linguaxe:
- Obxectivo xeral: mellorar a competencia lingüística do alumnado.
- Obxectivos específicos:
o Mellorar os procesos cognitivos básicos.
o Estimular a discriminación auditiva.
o Potenciar a capacidade de respiración e sopro.
o Favorecer a motilidade bucofacial.
o Acadar a correcta articulación dos fonemas con problemas.
o Mellorar a intención comunicativa.
o Normalizar a conduta.
o Establecer ambientes estruturados para facilitar a comprensión de
distintas situacións.
o Participar en situacións de interacción con adultos e con iguais, a través
de xogos.
o Comprender a polisemia lingüística, as frases feitas, as bromas, os
dobres sentidos e os absurdos.
o Aumentar a capacidade de atribuír estados mentais (inferencias) a
outras persoas.
o Aumentar o vocabulario tanto comprensivo coma expresivo.
o Ampliar a lonxitude das estruturas sintácticas.
o Xeneralizar os progresos a outros contextos mais funcionais.
- Actividades tipo:
o Discriminación de diferentes sons do entorno, fonemas, sílabas e
palabras.
o Imitar xestos faciais, emocións, praxias linguais, labiais, etc..
o Realizar a posición tipo dos fonemas problema, repetir sons
onomatopeiais, fonemas, sílabas, palabras, etc..
o Observar situacións sociais e facer preguntas para conseguir a súa
compresión.
o Repetir frases, facer expansións verbais mediante preguntas, secuenciar
historias, etc..
Alteracións en lectoescritura:
- Obxectivo xeral: mellorar a competencia lingüística do alumnado.
- Obxectivos específicos:
o Favorecer os prerrequisitos cognitivos básicos.
o Afianzar o proceso lectoescritor.
o Aumentar o vocabulario comprensivo-expresivo.
o Mellorar a comprensión oral e lectora.
o Xeneralizar os progresos a outros contextos mais funcionais.
- Actividades tipo:
o Conversa espontánea, xogo simbólico, etc...
o Atopar detalles nunha lámina con debuxos, detectar erros en debuxos
similares, memorizar sons, secuencias rítmicas ou palabras.
o Recordar o que fixo ou comeu o día anterior, describir actividades
realizadas, etc..
o Lectura de frases e contos breves, respostas a cuestións acerca da
lectura.
o Expresión escrita dirixida e espontánea.
o Exercicios de asociación e lóxica.
RECURSOS
- Materiais: materiais de elaboración propia, materiais comercializados e
recursos dixitais. Este curso unha alumna conta con unha tableta
proporcionada polo EOE para traballo individual.
- Persoais: mestra e mestre de Audición e Linguaxe, mestras de Pedagoxía
Terapéutica, Xefa do Departamento de Orientación, titoras, Xefa de Estudios,
familias e compañeiras ou compañeiros.
- Organizativos: intervencións coma mestres de Audición e Linguaxe, reunións co
Departamento de Orientación, reunións coa Comisión de Coordinación
Pedagóxica, reunións co Equipo Docente e familias.
- Espaciais: aula de Audición e Linguaxe e corredor.
METODOLOXÍA
Buscaremos sempre levar a cabo unha metodoloxía o máis lúdica posible, partido
dos intereses do alumnado e que estea graduada en dificultade, tal e coma explican
autores coma Bruner ou Vigotsky. Utilizaremos sempre o reforzo positivo.
As tecnoloxías da información e comunicación serán tamén utilizadas na nosa
intervención: traballaremos en momentos no ordenador que temos en clase. Así,
ademais da competencia comunicativo-lingüística (a cal promovemos principalmente
dende as nosas intervencións), traballaremos a competencia dixital.
AVALIACIÓN
Nun primeiro momento realizaremos unha avaliación inicial, mediante unha sesión-
entrevista, con resultados que nos facilitarán unha idea obxectiva das necesidades do
noso alumnado, as súas motivacións e intereses.
Ó mesmo tempo que intervimos, levaremos a cabo unha avaliación continua,
observando os posibles erros ou aspectos positivos para poder, desta maneira, variar
adaptar a intervención ás dificultades que presente o alumnado.
Por último, faremos unha avaliación final ou sumativa, mediante actividades, similares
as empregadas na nosa intervención, para determinar en que grao se acadaron os
obxectivos plantexados inicialmente.
Adaptación á situación polo SARS-Covid19
Durante o presente curso formarei parte do Equipo Covid do centro levando a cabo as
funcións que nel se me encomenden para organizar e coordinar a atención ao alumnado
con sintomatoloxía detectada durante o período lectivo.
Por esta causa, as sesións de audición e linguaxe levaranse a cabo nun espazo adaptado
no corredor, xa que a aula de AL é moi pequena e pouco ventilada. Contaremos con
unha mampara, proporcionada pola dirección do centro, para aqueles momentos nos
que teñamos que prescindir da mascarilla nos exercicios logopédicos.
Será imprescindible a desinfección de mans tanto no comezo como ao rematar as
sesións. O material empregado polo alumnado será desinfectado e posto en corentena
24h. As sesións veranse reducidas en 5 minutos para levar a cabo a limpeza dos materiais
e do espazo empregado.
As comunicación e titorías coas familias levaranse a cabo de forma telemática ou
telefónica, así como as coordinacións cos especialistas externos que interveñan co
alumnado.
Terase en conta nos Programas de intervención individuais, na medida que sexa posible,
o ensino telemático que poda derivar da gravidade da situación pola pandemia.
En As Pontes, a 22 de setembro de 2020.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 1
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
PROGRAMACIÓN ANUAL
AUDICIÓN E LINGUAXE
(CURSO 2020-2021)
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 2
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
ÍNDICE:
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.............................3
2. NECESIDADES........................................................................5
3. OBXECTIVOS..........................................................................6
4. TEMPORALIZACIÓN...............................................................9
5. METODOLOXÍA.....................................................................10
6. RECURSOS...........................................................................11
7. AVALIACIÓN.........................................................................12
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 3
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN
A programación que presento como mestre especialista en Audición e
Linguaxe para o actual curso, é un documento anual organizativo co fin de
ofrecer unha resposta educativa o máis axeitada posible ao alumnado con NEAE
(Necesidades Específicas de Apoio Educativo). Cabe sinalar que no artigo 71 da
LOE (Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación) acuñábase este termo
definíndoo como aquel alumnado que require atención educativa diferente á
ordinaria por presentar NEE (necesidades educativas especiais), por dificultades
de aprendizaxe, por altas capacidades intelectuais, por incorporación tardía ao
sistema educativo ou por condicións persoais ou de historia escolar. Hoxe por
hoxe, a LOMCE (Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a Mellora da
Calidade Educativa) inclúe tamén de forma diferenciada neste concepto ao
alumnado con TDAH. A resposta educativa a este alumnado realizarase por
medio de intervencións e medidas educativas que parten dos principios de
normalización, inclusión e non discriminación, dentro da igualdade de dereitos e
oportunidades.
No actual curso contémplase unha nova realidade educativa que ten como
eixo o Protocolo de Adaptación ao Contexto da COVID 19 nos centros de
ensino non universitario de Galicia cuxo obxectivo é protexer e previr no máximo
posible o risco de contaxio.
A presente programación ten en conta as medidas educativas que se
deben adoptar no curso académico 2020/2021 seguindo as instrucións do 30
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 4
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa.
Sendo a principal función do especialista en Audición e Linguaxe a de
estimular, previr e/ou rehabilitar calquera dificultade a nivel comunicativo-
lingüístico, a continuación, expoño cal será o meu papel como devandito
especialista no CEIP Plurilingüe A Magdalena, establecendo como eixo
transversal a coordinación co resto de profesionais que forman parte do
Departamento de Orientación, titores/as, familias e axentes externos.
O paso previo a determinar os obxectivos para este curso escolar é o de
a aplicación dunha avaliación inicial que nos permita coñecer a situación actual
do alumnado, as súas características e as súas necesidades e levar a cabo a
posterior toma de decisións.
Aplicada dita avaliación e tendo en conta os informes de cursos pasados,
determínase que alumnado asistirá á aula de Audición e Linguaxe.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 5
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
2. NECESIDADES
Agrupación do alumnado con NEAE segundo a etapa educativa na que
se atopan escolarizados, destacamos os seguintes casos de necesidades que
recibirán apoio pola miña parte como especialista de Audición e Linguaxe:
Nome Curso Nº Sesións R.E. ACS Promoción NEAE
U.A.B. 4º A 2 NEE asociadas ao
Trastorno do espectro autista (TEA)
Alta capacidade intelectual.
L.P.F. 5ºA 3 X Repetición
3ºEP
Dificultade de
aprendizaxe
K.B.B. 5ºA 3 Dificultade de
aprendizaxe
Z.A.B. 5ºA 2 Repetición
3ºEP Alteración da linguaxe
A.F.R. 5ºA 4 X Repetición
4ºEP TXD
I.C.L. 5ºB 4 X
TEA
I.R.S. 5ºB 2 Dificultade de
aprendizaxe. TDAH
combinado
É preciso sinalar que todos estes datos teñen carácter flexible debido a que hai
alumnado pendente de valoración e en proceso de observación.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 6
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
3. OBXECTIVOS
Unha vez determinadas as necesidades, procedemos a especificar cales
serían os obxectivos que se pretenden acadar o longo do curso escolar.
Dependendo do carácter dos mesmos destacamos os mencionados a
continuación:
● Obxectivos xerais:
- Dar unha resposta educativa axeitada as necesidades do alumnado.
- Lograr o desenvolvemento normalizado do proceso de comunicación.
- Garantir a inclusión do alumnado.
- Proporcionar pautas de orientación aos titores/as e familia do alumnado.
- Establecer unha coordinación con todos os profesionais que traballan co
neno/a, tanto internos como externos ao centro.
- Elaborar material didáctico para levar a cabo a intervención co alumnado.
- Garantir un ambiente de traballo tranquilo e relaxado.
- Apoiar dentro da aula ordinaria sempre que se considere necesario.
● Obxectivos específicos:
▪ Alteracións da fala.
- Mellorar a capacidade de discriminación auditiva de sons e fonemas.
- Potenciar a capacidade de respiración e sopro.
- Favorecer a mobilidade da zona orofacial.
- Lograr unha adecuada articulación de todos os fonemas do idioma.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 7
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
- Lograr unha adecuada articulación da combinación dos diferentes
fonemas.
- Xeneralizar as aprendizaxes a contextos espontáneos e funcionais.
- Lograr a relaxación dos músculos que interveñen na articulación da fala e
na respiración.
▪ Alteracións da linguaxe.
- Garantir a adquisición das capacidades favorecedoras do
desenvolvemento da linguaxe (prerrequisitos previos), tales como:
atención, memoria, imitación, percepción, razoamento lóxico…
- Evitar patróns de articulación incorrectos.
- Traballar o emprego adecuado dos diferentes elementos morfosintácticos
da linguaxe.
- Aumentar progresivamente o vocabulario propio da súa idade a nivel
expresivo e comprensivo.
- Promover o emprego das funcións da linguaxe adecuadas ao seu nivel de
desenvolvemento.
- Potenciar a intencionalidade comunicativa.
- Promover e mellorar as interaccións comunicativas cos seus iguais e cos
maiores.
- Favorecer a adquisición e/ou afianzamento dun adecuado proceso
lectoescritor.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 8
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
▪ Área morfosintáctica.
- Favorecer a conciencia sintáctica
- Desenvolver o uso correcto dos diferentes elementos morfosintácticos da
linguaxe.
- Establecer e afianzar o esquema oral simple.
- Desenvolver o uso de oracións compostas.
▪ Área semántica.
- Aumentar progresivamente o vocabulario, tanto a nivel expresivo como
comprensivo.
- Comprender as relacións semánticas entre as palabras.
- Ampliar os campos semánticos propios da súa idade.
- Favorecer a capacidade para establecer asociación, comparacións,
clasificacións, categorizacións e definicións sociais.
▪ Área pragmática.
- Desenvolver as función comunicativas orais axeitadas ao seu nivel de
desenvolvemento.
- Promover e mellorar a capacidade de participar en conversacións,
respeitando as normas do intercambio comunicativo.
- Desenvolver a capacidade de participar a nivel oral en actividades da vida
cotiá.
- Potenciar a intencionalidade comunicativa do alumnado.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 9
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
▪ Área semántica.
- Aumentar progresivamente o vocabulario, tanto a nivel expresivo como
comprensivo.
▪ Comunicación non verbal.
- Crear no alumno/a a necesidade de comunicarse e potenciar tanto a
iniciativa como a capacidade comunicativa.
- Favorecer a linguaxe non verbal a través do propio corpo.
- Implantar, cando sexa necesario, un SAAC que permita comunicarse coa
súa contorna máis próxima.
4. TEMPORALIZACIÓN
A temporalización dos apoios responden a un carácter totalmente flexible
e modificable atendendo sempre as necesidades e aos avances experimentados
polo alumnado.
Os contidos secuenciaranse por cursos e trimestres, de forma flexible e
adaptada á realidade do contexto e á avaliación inicial do alumnado.
Cabe sinalar que o centro conta con dous especialistas de Audición e
Linguaxe, polo que establecemos unha repartición do alumnado tendo en conta
por unha banda a continuidade do traballo do curso académico previo así como
a localización das respectivas aulas para minimizar no máximo posible, os
diferentes desprazamentos e contactos cos diferentes grupos.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 10
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
A atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
será seguindo os criterios de prioridade recollidos na programación do
departamento.
En canto aos espazos, nun principio, a totalidade das sesións levaranse
a cabo dentro da aula específica de Audición e Linguaxe debido ao carácter
específico das actividades a realizar e contando coa autorización previa da
familia naqueles casos nos que o alumnado non presente unha ACS. Devandita
aula seguirá os procesos de ventilación, distanciamento e limpeza, así como as
diferentes medidas específicas establecidas no Plan de Adaptación á
Situación COVID 19 elaborado polo Equipo Diretivo para o actual curso.
5. METODOLOXÍA
Os principios metodolóxicos nos que baseamos a nosa intervención
son aqueles que garanten o desenvolvemento do noso alumnado e que presten
especial atención á diversidade. Para iso, contaremos cunha metodoloxía
centrada: na detección e atención temperá de dificultades, na aprendizaxe
significativa que permita establecer vínculos entre os coñecementos previos e
os novos, nos centros de interese do alumnado, na aprendizaxe por
descubrimento, na aprendizaxe individualizada que garanta o axuste perfecto
das intervencións ás características e necesidades do alumnado, unha
aprendizaxe autónoma, unha aprendizaxe lúdica, motivadora e gradual
aumentando o nivel de complexidade de maneira progresiva e unha
aprendizaxe emocional que permita o coñecemento das diferentes emocións e
a aprendizaxe de cómo canalizar cada unha delas.
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 11
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
Pero para levar a cabo este tipo de metodoloxía será fundamental unha
coordinación interna con todos os profesionais que interveñen cos nenos/as,
unha coordinación externa cos axentes implicados no desenvolvemento do
alumnado e unha coordinación coas familias.
6. RECURSOS
Entre os recursos materiais que empregaremos ao longo do curso
escolar destacamos todos aqueles propios da aula de Audición e Linguaxe e
específicos para traballar cada unha das alteracións, destacando a maiores o
emprego das novas tecnoloxías mediante o ordenador e tablet e un robot como
elemento dinamizador e motivador así como a propia introdución á robótica.
En canto as espazos, a pesar de que maioritariamente se emprega a aula
específica de Audición e Linguaxe, sacarase proveito de outros espazos do
centro como: patios, aula de informática, biblioteca, entradas, etc. Todos estes
espazos serán empregados cumprindo as normas establecidas para o uso dos
mesmos.
En relación aos recursos persoais destacamos que o Departamento de
Orientación do centro conta con dous especialistas en Audición e Linguaxe e tres
especialista en Pedagoxía Terapéutica.
Neste apartado metodolóxico é preciso facer mención ao posible suposto
dun ensino non presencia. De aplicarse esta medida extraordinaria tendo en
conta a situación actual, actuaremos segundo o establecido no Plan de
Continxencia do CEIPP A Magdalena onde se establecen as medidas que se
CEIP PLURILINGÜE A MAGDALENA AS PONTES (15320) - A CORUÑA
TFNO: 881 – 930036 Correo E.: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Páx.web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/
Diego Cebreiro Fernández 12
CEIP Plurilingüe A Magdalena (2020-2021)
adpotarán no caso da suspensión da actividade lectiva presencial, sempre en
conformidade coas instrucións da autoridade sanitaria.
7. AVALIACIÓN
De maneira xeral, a avaliación responderá a tres momentos clave
diferenciando así entre unha avaliación inicial, xa mencionada, que nos permita
determinar o punto de partida do alumnado, unha avaliación formativa que
persegue consolidar éxitos, xestionar erros e regular todo o proceso de ensino-
aprendizaxe e, finalmente, unha avaliación sumativa que nos indica ata que
punto se acadaron os obxectivos propostos e que nos servirá como
retroalimnetación para futuras intervencións.
En canto aos instrumentos que empregaremos ao longo do curso para
levar a cabo dito proceso destacamos a observación directa, diarios, gravacións,
cuestionarios, entrevistas, rúbricas e os seus correspondentes indicadores de
logro.
top related